Pontevedra Fiestas 2019

Page 1

Festas da Peregr!na

2019

1


2


Festas da Peregr!na

2019

4 Entrevista a Carme da Silva Méndez, concelleira de Festas do Concello de Pontevedra 8 Venres 9 de agosto 10 Domingo 11 de agosto 12 Luns 12 de agosto 14 Martes 13 de agosto 16 Mércores 14 de agosto 18 Xoves 15 de agosto. Santa María 20 Venres 16 de agosto 23 Sábado 17 de agosto 26 Domingo 18 de agosto 26 Luns 19 de agosto 30 Concertos

Edita: Ayuntamiento de Pontevedra

3


Entrevista a Carme da Silva Méndez,

concelleira de Festas do Concello de Pontevedra

Este ano o calor resistiuse a chegar, pero o que non teñen freo son as festas de verán de Pontevedra, unha cita inescusábel dentro do calendario de verán de Galiza con máis de dous meses e medio de programación festiva, artística, cultural e de lecer que arrancou o pasado 21 de xuño co Surfing the Lérez e continuará até o gran colofón da Feira Franca, na primeira semana de setembro. Sen máis dilación, cales son os principais atractivos da programación deste ano? Coma sempre, o que soe levantar máis expectación son os concertos da praza do Concello, en plenas festas da Peregrina. Este ano temos a Tequila con Fondo Norte de teloneiro, un grupo fillo do Local de Música de Pontevedra; Ana Belén, o concerto de Máxima FM, Rozalén, Fredi Leis, Iván Ferreiro, Beret ou Lola Índigo. Pero as festas de verán de Pontevedra son moito máis que os concertos grandes. É música, animación e sorpresas en cada recuncho da cidade. Unha escolla moi variada. Unha das premisas coas que traballa a Concellaría de Festas é que a oferta sexa ampla e variada, que abarque moitos públicos diferentes, de tal xeito que calquera poida ter algo no que recrearse, gozar ou participar. Hai actividades para nenos e nenas, mozos e mozas, xente de media idade e tamén para persoas de idade. As festas de Pontevedra pretenden abrazar a todos os veciños e

4


Festas da Peregr!na veciñas, e a todos os que se queiran achegar a pasar con nós estas datas tan especiais. Que máis se lle ofrece ao público? Durante todo o verán a música está moi presente. Empézase cos concertos de bandas e continúa co Ricardo Portela, Festival de Jazz, Festixeve, Son da Serea que son os concertos do Local de Música, as xornadas musicais de San Roque, Paseantes ou a mesma oferta musical da Peregrina que se centra na praza do Concello e na Ferraría. Pero nunca deixamos de lado a programación infantil xa que Pontevedra é unha das cidades máis novas de Galiza: Animatrón, o ciclo do Teucro, a Batalla de flores son algúns dos exemplos. Pero tampouco pode quedar fóra a animación de rúa, que ten como principal reclamo o Itineranta que este ano chega ao seu décimo aniversario, converténdose nun referente de toda a península. En definitiva, un non parar. E todo remata volvendo á Idade Media… Pois si. A Festa do Demo métenos de cheo na Idade Media da man da Feira Franca. Que podemos dicir da Feira Franca… Que este ano, que é o seu vixésimo aniversario, quixemos adicala a todas aquelas persoas que durante todos estes anos a fixeron posible, que son moitas e moitas persoas. Ten que ser unha feira diferente e de homenaxe. Aínda estamos a tempo de lembrar que está aberta a oficina da Feira Franca para que se anoten persoas que queiran comer na rúa, a hostalería ou participar no mercado medieval.

pre acabe mirando para aquí onde conserva familia, amigos, coñecidos… e, cónstame, que os coida moito. Supoño que esa forma de ser, o ter sempre as súas raíces presentes, é o que fai que o queiramos tanto, e que sexa tan apreciado en Pontevedra. Un luxo ter a Manuel como pregoeiro, sempre amábel e colaborador.

2019

Facer unha programación de dous meses e medio de actos, non resultará fácil? Dende logo que non. Comezamos a traballar ao día seguinte de rematar a Feira Franca porque son moitos os contactos que temos que facer, os contratos, os encaixes… O equipo de Festas traballa arreo durante todo o ano para as Festas de Verán, tendo en conta que teñen outras citas igual de importantes como pode ser o Entroido que en Pontevedra é especialmente importante con centos de persoas na rúa. Como convencemos a unha persoa para que veña a gozar nas festas de Pontevedra? Teñen que saber que Pontevedra hai que vivila, vela, sentila… Que veñan! e logo, que vaian contando a súa experiencia por aí!

Tamén foi unha gran sorpresa o pregoeiro deste ano, Manuel Jabois. A verdade é que se presenta só. A súa traxectoria é coñecida en todo o Estado. É unha das persoas máis influíntes na actualidade no mundo da cultura e un destacado xornalista, columnista e tertuliano. Disto non fai falta falar, porque é moi coñecido. A parte que máis me gusta destacar de Manuel é o moito que lle quere a esta cidade como amosa nas súas colaboracións, onde Pontevedra soe estar moi presente: a cidade, as súas xentes, a súa sona… É moi subliñable que sendo unha persoa cunha vida asentada en Madrid e con tantos estímulos ao seu arredor, sem-

5


6


Festas da Peregr!na

2019

7


Venres 9 de agosto 18.00 h Apertura do recinto feiral

Sábado 10 de agosto 12.00 h Lectura do pregón desde a balconada do Pazo de Mugartegui a cargo Manuel Jabois e foguete de inicio das festas 12.30 h Pasacalles percorrendo, César Boente, Don Gonzalo, Ánimas, Curros Enríquez, Manuel Quiroga, Don Filiberto, Bastida, Alfóndega, Michelena e praza da Peregrina a cargo das agrupacións folclóricas: Turoqva, Os Alegres de Mourente, Os de Algures, Grupo Polavila, Os Afoutes do Canón de Pau, Gaiteiros das Rías Baixas, Duos Pontes e Celme para a ofenda floral. 13.15 h Traslado da carroza procesional para a ofrenda floral desde a praza de España pola rúa Michelena ata o santuario da Virxe Peregrina. 13.30 h Pasacalles a cargo da charanga OT 13.45 h Actuación nas prazas do centro histórico das agrupacións folclóricas: Os Alegres de Mourente, Gaiteiros das Rías Baixas, Os Afoutes do Canón de Pau, Os de Algures, Grupo Polavila, Duos Pontes e Celme. 14.00 h Entrega dos premios Amigos de Pontevedra 18.00 h Pasacalles a cargo da charanga OT

8

22.30 h Concerto de Tequila + Fondo Norte Praza de España 22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos 24.00 h Fogos de artificio no peirao das Corvaceiras


Festas da Peregr!na

2019

9


Domingo 11 de agosto 12.00 h Misa de pontifical no santuario da Virxe Peregrina

13.00 h Actuación nas prazas da cidade do grupo Os Fervellos do Pío 13.30 h Pasacalles a cargo da charanga OT 18.00 h Pasacalles a cargo da charanga OT 21.00 h Procesión da Virxe Peregrina danza gremial de cintas, século XVIII Praza da Peregrina 22.30 h Concerto de Ana Belén Praza de España 22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos

10


Festas da Peregr!na

2019

11


Luns 12 de agosto 12.00 h Pasacalles a cargo da charanga Mekánika 13.00 h Actuación do grupo Veira do Río nas prazas e rúas da cidade 18.30 h Pasacalles a cargo da charanga Mekánika 19.30 h Teatro infantil: Baobab Teatro Durme, Roque, Durme Praza do Teucro 21.00 h Concerto (Non Tan) Singular Banda de Música de Salcedo & Píscore Praza da Ferraría 22.30 h Concerto Máxima In Sessions, Jose Manuel Duro, Ransés López, Arturo Grao e Pablo Méndez Performance Praza de España 22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos

12


Festas da Peregr!na

2019

13


Martes 13 de agosto 12.15 h Pasacalles a cargo da charanga Festicultores Troupe 12.30 h Pasacalles a cargo do grupo Duos Pontes 18.00 h Pasacalles a cargo da charanga Festicultores Troupe 19.00 h Exhibición de Taekwondo Praza da Peregrina

19.30 h Actuación infantil: Expresión Produccións Un Dous Tres Praza do Teucro 21:00 h Concerto de Broken Peach Praza da Ferraría 22.30 h Concerto de Rozalén Praza de España 22.45 Verbena na Gran Vía de Montero Ríos

14


Festas da Peregr!na

2019

15


Mércores 14 de agosto 12.00 h Actuación do grupo Gaiteiros das Rías Baixas nas prazas e rúas da cidade 12:30 h Pasacalles a cargo da charanga Mil9 19.00 h Batalla de Flores Loureiro Crespo, Benito Corbal, Cobián Roffignac, Padre Amoedo 21.00 h Festa infantil, Shrek o Musical Praza de España 22.30 h Concerto BMP Panxea: A Paisaxe Sonora do Noso Planeta Coa colaboración de Abraham Cupeiro Praza do Teucro 22.30 h Concerto de Fredi Leis Praza da Ferraría 22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos

16


17


Xoves 15 de agosto Santa María 10.30 h Partidas simultáneas de xadrez Escola de Xadrez Pontevedra Avenida de Santa María 11.30 h Pasacalles a cargo da charanga OT 12.00 h Actuación do grupo de gaitas Os de Mourente 12.30 h Misa solemne e procesión de Santa María 17.30 h Xogos e tradicións populares Avenida de Santa María 19.00 h Concerto da Banda de Música de Salcedo Avenida de Santa María 19.00 h Pasacalles a cargo da charanga OT 19.30 h Actuación de Pinga Teatro A pirata Lola Praza do Teucro 21.00 h Concerto de Furious Monkey House Praza da Ferraría 22.30 h Concerto de Mitic Praza de España 22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos 23.00 h Verbena de San Roque Praza do Gremio de Mareantes 24.00 h Espectáculo pirotécnico Peirao das Corvaceiras

18


Festas da Peregr!na

2019

19


Venres 16 de agosto 11.15 h Actuación do grupo Os de Algures nas prazas e rúas da cidade 12.00 h Pasacalles a cargo da charanga Mil9 21.00 h Concerto de Xosé Lois Romero & Aliboria Praza da Ferraría 19.00 h Pasacalles a cargo da charanga Mil9 19.30 h Maxia, Javier Muro

Sin Salabim Praza do Teucro

20

20.00 h Misa solemne na Basílica de Santa María e procesión de San Roque. Avenida de Santa María, rúa dos Ferreiros, Afonso XIII, paseo de Colón e Capela de San Roque. Madamitas 22.30 h Concerto de Iván Ferreiro Praza de España 22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos


21


22


Sábado 17 de agosto

21.00 h Concerto de Banda Xangai Paza da Ferraría

Festas da Peregr!na

2019

12.00 h Pasacalles a cargo da charanga OT 13.00 h Pasacalles do grupo Veira do Río

22.30 h Concerto de Beret Praza de España

18.00 h Pasacalles a cargo da charanga OT

22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos

23


24


25


Domingo 18 de agosto 12.00 h Pasacalles a cargo de Os Zoqueiros do Porriño 12.15 h Pasacalles a cargo da charanga Mil9 12.30 h Pasacalles a cargo do grupo Os Fervellos do Pío 19.00 h Pasacalles a cargo da charanga Mil9

21.00 h Concerto de corais: Coral Alameda do Fogar do Maior, Coral Bella Helenes, Coral Voces Amigas de Mourente, Coral Helénica, Coral Polifónica de AC do Chopo, Coral Airiños de Campañó, Coral Polifónica de Salcedo. Praza da Ferraría 22.30 h Concerto de Lola Índigo Praza de España 22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos 24.00 h Fogos de artificio no peirao das Corvaceiras

Luns 19 de agosto 18.00 h Día infantil nas atraccións de feira

26


27


28


Festas da Peregr!na

2019

29


SÁBADO 10 DE AGOSTO 22.30 h Concerto de Tequila + Fondo Norte Praza de España DOMINGO 11 DE AGOSTO 22.30 h Concerto de Ana Belén Praza de España LUNS 12 DE AGOSTO 22.30 h Concerto Máxima In Sessions, Jose Manuel Duro, Ransés López, Arturo Grao e Pablo Méndez Performance Praza de España MARTES 13 DE AGOSTO 22.30 h Concerto de Rozalén Praza de España MÉRCORES 14 AGOSTO 22.30 h Concerto de Fredi Leis Praza da Ferraría XOVES 15 DE AGOSTO - SANTA MARÍA 22.30 h Concerto de Mitic Praza de España VENRES 16 DE AGOSTO 22.30 h Concerto de Iván Ferreiro Praza de España SÁBADO 17 DE AGOSTO 22.30 h Concerto de Beret Praza de España DOMINGO 18 DE AGOSTO 22.30 h Concerto de Lola Índigo

30


31


32


33


34


35


36


37


38


39


40


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.