Comprensión lectora sobre O apalpador O Apalpador é un home moi grande que vive nas montañas de Lugo, ocupado durante todo o ano en facer carbón. Come froitos silvestre e porcos bravos que caza no monte. Viste un traxe vello e cheo de remendos, e unha boina. Fuma en pipa e ten barba. O Apalpador, todos os 24 de decembro baixa das montañas para visitar aos nenos e nenas galegas. Cando están durmidos tócalles a barriga para ver se están fartos ou teñen fame. Se están fartos di: “así, así esteas todo o ano”- e déixalles unha presa de castañas. Se teñen fame non di nada, pero déixalle castañas igual. Tamén pode deixar algún agasallo máis agochado en calquera lugar da casa e que os nenos e nenas temos que buscar ao erguernos. Estes agasallos soen ser manualidades que o Apalpador elabora coas súas mans ao longo do ano coa madeira dos montes do Caurel. https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=D7U4P1gPSTA https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=OFiu2B_zWew https://www.youtube.com/watch?v=_yfllOeEniM&feature=player_embedded http://issuu.com/bibliosbardos/docs/apalpador/1?e=0 https://www.youtube.com/watch?v=JmAfI4ucKJc&feature=player_embedded
1. Onde vive o apalpador?
2. A que se dedica?
3.
Que come?
4.
Como viste?
5. Que día visita aos nenos e nenas de Galicia?
6.
Que lles fai aos nenos e nenas?
7.
Que lles di?
8.
Deixa algún agasallo?
9.
Por que crees que se lle chama apalpador?
10. Fai unha descrición de 10 liñas do apalpador.
Debuxa un cómic sobre a historia do apalpador. Non olvides poñer diálogos.
Investiga sobre outros personaxes característicos do Nadal , como por exemplo a bruxa befana, Kris Kringle ou Scrooge. Despois fai unha redacción sobre a súa historia.