O APALPADOR O vello Apalpador é unha figura lendaria galega, tamén chamado Pandigueiro. Un xigante de barba vermella, con boina e casaca esfarrapada e chea de remendos. Gústalle fumar en pipa. Vive nas devesas e bosques do leste de Galicia, polo Courel, Cebreiro e Trives. Este xigante, de oficio carboeiro, baixa das devesas nos días 24 ou 31 de decembro e apalpa as barriguiñas dos cativos. Se estan cheas di: «así, así esteas todo o ano» e senón fica calado. Despois, deixa unha presiña de castañas para que non pase fame durante todo o ano e tamén algún agasallo elaborado artesanalmente.
1. Cal pensas que pode ser o apalpador? Arrodea.
2. Que outro nome recibe o Apalpador?
3. Cal é o oficio do Apalpador?