Poemas magosto

Page 1

Don carballo chora landras na amencida. E don outono baballa néboa fría.

don labrego, de sombreiro, aplaude a don castiñeiro con variña de abelaira.

E don ourizo da chaira, como non se ten coa risa, cáenlle dentes de castaña. Helena villar e Xesús Rábade


Vén onda nós outono dacabalo do aire; nos camiños da fraga os ourizos xa abren. sintoo chegar contento da eterna viaxe enredando entre as follas, estreando friaxe. Ana María Fernández


O outono ten sono, non pode durmir ponlle unha mantiña que se queda axiña sereno e feliz.

Antonio García Teijeiro


levántate nebra do bico da serra! aí vén san martiño no seu cabaliño, Que te vai levar, que te vai pousar na tona do mar. Antonio Noriaga Varela


polos altos do pousadoiro anda unha nena cun zoscadoiro para zoscarlle ao vento nordés, porque lle puxo o paraugas de revés e mollouna todiña da cabeza oos pés. Xoán Babarro



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.