Receita do Samaín
Chulas de Cabaza Escóllese unha cabaza laranxa e ben madura para que estea doce. Cócese en auga con un pouco de sal. Pode quitárselle a pen antes de cocela ou despois. Colócase a carne da cabaza xa cocida nun pano e escórrese moito para quitarlle toda a auga. Hai que retorcer ben o pano, que quede como unha masa dura. Engádesenlle uns ovos batidos e azucre ao gusto e mistúrase todo. Frítense con bastante aceite ben quente, botando a masa nunha tixola con unha culler, cada cullerada é unha chula. Despois de fritidas bótaselles un pouco de azucre por riba ao gusto. Deixaas arrefriar un anaquiño e xa están listas para comer!!!
1. Fai unha lista dos ingredientes que empregaches na receita. ______________ ______________ ______________ ______________