Santa compaña

Page 1

A SANTA COMPAÑA Houbo unha vez un grupo de mulleres que se xuntaban no muiño para pasar o serán. Coñecíanse desde sempre, por máis que fosen de orixe diferente. Unha delas púxose a falar da Santa Compaña. -Viñamos da pesca, o meu home e mais eu. Pescaramos moito e estabamos moi satisfeitos, pois teríamos para comer durante toda a semana. Á volta, era noite pecha, pero como era lúa chea, podiamos ver o que nos rodeaba. No cume do acantilado, pola pendente, foi cando vimos a Santa Compaña, pódovolo afirmar. Todos os da Santa Compaña tiñan os brazos levantados, érache cousa de moito medo. O meu home non a viu e eu, cando llo contei non me creu, ao meu pai tamén llo contei e tratoume de tola, dixo que non llo contara a ninguén. Sei perfectamente que vin á Santa Compaña e ata estou disposta a xuralo sobre as sagradas escrituras! Outra muller tomou entón a palabra. -Eu tamén vin a Santa Compaña! Un día, atopbame na ventá, unha noitiña de verán. Miraba ao ceo porque o ceo estaba fermoso, entón vina diante de min, ía como un tornado. Tanto medo collín que me voou a pañoleta! Logo mirei pola banda do mar e vin paxaros que daban voltas en redondo sobre a praia e tamén sobrevoaban á Santa Compaña. Estábanche todos ben en orde, dirixíanse á praia de Melide costeando a beira do mar. Alí hai un promontorio e é onde saltan por riba dos penedos e desaparecen detrás. Outra muller interveu na conversa. -Créote -dixo- aínda que persoalmente non a teña visto nunca. Contáronme moitas veces que non se lle aparece a todo o mundo. O que ten medo ou o que non quere vela endexamais a verá. Hainos valentes que a poden percibir, aínda que debe ser de noite e con claro de lúa. -Certamente-dixo a primeira muller- non resulta doado de esquecer. É terrorífica para quen non son amigos de Deus. -Por que os da Santa Compaña son mortos? -preguntou a muller que nunca a vira. -Claro que son! E logo de onde vén que non se lles poda tocar? Non son seres vivintes! -Non che sei o que é! -dixo ainda a outra-. Pero nunha ocasión vin unha luz que se desprazaba, grandísima que xiraba como os raios do sol. -Vou explicarvos como é. Primeiro vese unha luciña que se transforma nunha roda de fogo, e por derás hai outras semellantes, pero pequechas. E se miras ben decátaste de que vai diante un home vivo que porta unha luz na punta dun pau grande. Ese home é moi perigoso, pois se vos agarra traspásavos a "faldra". De ADR CASTELAO RIANXO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.