Como todos os anos, a nosa escola participa dentro do programa medioambiental de “Voz Natura”. Este ano na súa 14ª edición adícase á “AUGA” en todas as súas vertentes. Dende a escola tratamos de explicarlle aos nenos a importancia da auga como medio de vida para os ecosistemas fluviais e mariños, así como fonte indispensable para a vida humana, e inculcarlle a importancia dun uso correcto da mesma no cole e nas súas casas , para evitar que este ben se esgote. No cole os nenos de 5 anos crearon una mascota en forma de gota de auga que se chama “ GOTÍN ”, e vai ser a encargada de ensinarlle aos nenos a importancia da auga e nos acompañará en todos os proxectos que levemos a cabo ao longo de todo o curso.
O noso amigo GOTÏN vainos contar outras cousas importantes que facemos na nosa escola. Temos un invernadoiro que cultivamos todos os nenos (cada aula ten a súa parceliña), e que debemos coidar para que a nosa colleita medre ben, regandoa cada semana, quitándolle as herbas malas, etc.