A rata luisa viaxa polos faros

Page 1

CONTOS DA RATA LUร SA

Mon Daporta

Unha viaxe รก costa


Como xa hai que non viaxan (cousas do traballo e o tempo) van aproveitar hoxe para saĂ­ren cos nenos.


Non saben que escoller, se ir ao monte ou ir ao mar


Gañou ir á costa…


Prepáranse …e alá van.


Non está de praia aínda que sae o sol, pero para camiñar é unha boa ocasión


E indo pola estrada atoparon indicado un sitio que non viran


…e cara alá marcharon.


E no sitio atoparon tamĂŠn ao fareiro


co que estiveron de palique unha chea de tempo.


Contoulles dos faros, de como funcionan, para que serven …e moitas máis cousas. Os faros son torres con luz, situadas ao pé da costa, para servirenlle de guía aos navegantes. Existen desde a antigüidade. O faro de Alexandría, da época romana, era coñecido como unha das sete maravillas da Idade Antiga.


Ind铆canlle con c贸digos de luz, chispazos e ocultaci贸ns, porque cada faro ten un diferente, o lugar no que se atopan.


Os faros estรกn equipados con lรกmparas moi potentes, reforzadas con sistemas de lentes que aumentan a intensidade da luz e a distancia desde a que se poden ver.



Hai faros en moitos puntos da costa. E de todas as ĂŠpocas


o máis antigo é a Torre de Hércules, da Coruña.


O mรกis novo o de Punta Nariga.


Hainos de dese単o moderno como o de Punta Frouxeira.


de importancia internacional como o de Fisterra.


E tamén está o primeiro faro do Estado que se alimentou con corrente eléctrica, o do Cabo Vilán.


Ademáis dos faros hai outras luces, tamén moi importantes, porque sinalan rumbos seguros e obstáculos ocultos á vista.


As luces de enfiada. Son parellas de luces co mesmo código que están situadas a certa distancia e unha a maior altura que a outra. Cando se navega con elas aliñadas lévase un rumbo seguro, libre de obstáculos. Para seren identificadas de día as torres tamén están pintadas coas mesmas cores.


Torre alta da enfiada da Coru単a na punta Fieiteira (Oleiros)


E hai outras luces, que podiamos chamar de circulación, que indican por onde se pode pasar ou por que banda hai que deixar un obstáculo. Son de cor verde ou vermella e hai que pasalas presentándolle a banda do barco que se alumea coa mesma cor. Os soportes están pintados da mesma cor que a luz que emiten para seren útiles de día


Farola de entrada ao porto do Grove


TamĂŠn hai boias e balizas que son obxectos flutuantes fondeados para sinalar, por medio de luces ou de cores, un perigo e a zona pola que se pode navegar libremente.


Ao longo da costa galega hai case 300 sinais. Contando os luminosos (faros, farolas e outras luces) cegos (sen luz) e sonoros.


Estaban tan felices co que lles contaron que se lles foi a tarde e non se enteraron.


Despedironse amigos do seĂąor fareiro agradecĂŠndolle moito todo o que aprenderon.


E como era tarde volveron å casa. Moito non pasearon, pero ‌que ben o pasaran! Xa pensaban ir ver, en canto poideran, o resto dos faros da costa galega.


Luísa, Roxelio e máis os ratiños esperan que vos gusten estes seus contiños. Abur!

COUSIÑAS FEITAS NA CASA As imaxes do faro de Alexandría e a da lámpara e óptica dun faro son da internet.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.