Fomento do Galego 2012

Page 1

PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO


Curso 2011-2012 O día un de setembro do dous mil once, e segundo establece a Lei 3/1983 do 15 de xuño de normalización lingüística, no relativo ao uso do galego no ensino nos niveis non universitarios, e no desenvolvemento da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; e en aplicación do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia; constitúese o Equipo de Dinamización da

Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro de Vigo, quedando composto polos seguintes membros:

Coordinadora: ....................................................... Eugenia González Tabarés

Mestres/as representantes:

Educación Infantil: ........................................... Álvarez Piñeiro, Mª Eugenia Prieto Toro, Teresa 1º Ciclo de Primaria: ....................................... Fuentes González, José Eliseo 2º Ciclo de Primaria: ....................................... García Cajaraville, Mª Luisa Fernández González, Pilar

Orientadora : ...................................................... Rodríguez Domínguez, Jesusa


CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO

I.- ENTORNO SOCIAL

O CEIP Pintor Laxeiro de Vigo é un Centro Público de Educación Infantil e Educación Primaria, situado no entorno da Praza América, no centro da cidade, zona de expansión comercial e de servizos, na que a idade da poboación é, en termos xerais, heteroxénea e cun nivel económico e un grao de formación medio. Non obstante hai que resaltar que na súa área de influencia hai asentada unha importante poboación de inmigrantes, sobre todo hispanos e chineses, que matriculan aos seus fillos neste Centro, e tamén recibimos nenos/as procedentes de Centros de Acollida e, polo tanto con necesidades de adaptación a realidade que envolve ao Centro e ao seu nivel cultural. Pero, en xeral, o entorno familiar é de inquedanza e preocupación polos seus fillos/as, e con expectativas medias pola súa formación académica.

CARACTERÍSTICAS DO CENTRO O noso Centro conta con seis unidades de Educación Infantil e doce de Educación Primaria. Ademais posúe dúas aulas de atención a diversidade (Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe) e conta con servizo de Orientación Educativa. Posuímos un alumnado duns catrocentos alumnos/as e uns trinta docentes que xunto coa ANPA, en representación das familias, constitúen a nosa Comunidade Educativa. O EDLG leva anos constituído e traballando na galeguización e dinamización do Centro, tanto a nivel administrativo como na práctica docente, así como no fomento do uso do galego a nivel oral e escrito por parte do profesorado e do alumnado.


II.- CONTORNO DO CENTRO No curso 2007 – 2008 o EDLG, elaborou e pasou unhas enquisas as familias, ao profesorado e ao alumnado; para coñecer a realidade lingüística do noso entorno e consecuentemente do noso alumnado, contando cun alto índice de participación en todos os sectores . Tendo en conta que falamos dun colexio urbano no que o medio no que se desenvolve é castelanfalante, segundo indica o mapa sociolingüístico de Galicia, o mesmo que a maioría dos medios de comunicación cos que está en contacto o noso alumnado; partimos de que a realidade lingüística do Centro ten como indicador que gran parte dos alumnos/as son castelán falantes. Tamén temos que ter en conta que na pregunta feita aos pais/nais que matricularon aos seus fillos en 4º de Educación Infantil, saíu maioritario o ensino en castelán. Dun total de 50 matrículas, 29 pediron o castelán, 4 o galego, 3 en castelán – galego e 14 non sabe ou non contesta; polo que quedou establecido o castelán como lingua materna en Educación Infantil. Estas enquisas son actualizadas cada ano coa pregunta aos pais/nais dos nenos/as que veñen novos ao Colexio: Cal é a lingua materna do seu fillo ou filla?. O mesmo ocorre co profesorado que se incorpora ao Centro.

III.- INFORMACIÓN OBTIDA NAS ENQUISAS 1.-SITUACIÓN DO PROFESORADO: ✔

A lingua habitual do profesorado é maioritariamente o castelán.

A lingua empregada no centro educativo é maioritariamente o castelán.

A capacidade do profesorado para empregar o galego na actividade docente é media/alta.

A disposición do profesorado para facer cursos de reciclaxe, co obxectivo de acadar unha capacitación axeitada é moderada.

A dispoñibilidade do profesorado para impartir a docencia en galego é competencialmente e actitudinalmente boa.

2.- SITUACIÓN DO ALUMNADO: ✔

A lingua habitual do alumnado na casa é o castelán.

A lingua habitual do alumnado cos amigos/as é o castelán.

A lingua usada polo alumnado no ámbito escolar é, maioritariamente, o castelán e o galego por igual.

A lingua materna do alumnado de Educación Infantil é o castelán.


3.- SITUACIÓN DAS FAMILIAS: ✔

A lingua na que aprendeu a falar o fillo/a é masivamente o castelán.

A lingua que se fala habitualmente na casa é, maioritariamente, o castelán.

A lingua que usa o rapaz/a coas súas amizades é, maioritariamente, o castelán.

OUTROS DATOS DE INTERÉS ➢

A presenza da lingua galega na documentación administrativa, rotulado, etc. é plena.

O emprego da lingua galega nas interaccións co alumnado, coas familias e con outras institucións é moderado.

O emprego da lingua galega nas interaccións co alumnado en contextos informais é moderado.

O emprego da lingua galega por parte do persoal non docente do centro é ningún.

O emprego da lingua galega por parte da ANPA é ningún.

O emprego da lingua galega na realización das actividades extraescolares é ningún.

A dotación de fondos en galego na biblioteca é aceptable.

A visibilidade das accións do ENDL é ampla.

IV.- CONCLUSIÓN: O noso colexio sitúase nun contexto no que predomina o castelán e o noso alumnado é maioritariamente castelanfalante cunha lingua familiar e cunhas interaccións comunitarias que usan como lingua habitual o castelán. A lingua materna na que se vai impartir o ensino en Educación Infantil, por elección das familias, é o castelán. Está situado no centro da cidade, cunha ampla presenza de alumnado inmigrante que procede de forma maioritaria de América Latina cunha competencia en lingua galega moi deficiente. Polo que se refire ao profesorado vemos que maioritariamente é castelanfalante, pero conta cunha boa competencia no dominio da lingua galega e a súa actitude cara á mesma é moderadamente positiva cara o galego, así como a súa colaboración nas actividades dinamizadoras do galego que propoña o ENDL


OBXECTIVOS DO PROXECTO LINGÜÍSTICO + Este Equipo Dinamizador da Lingua Galega comeza este ano un novo proxecto en colaboración co resto dos Equipos docentes do Centro, que terá carácter plurianual no que se traballará o cooperativismo é, tendo como tema para este ano: “O mar e a pesca” A nosa pretensión é dar continuidade a este proxecto nos cursos vindeiros.

OBXECTIVOS PARA O CONTORNO:

 Traballar en estreita colaboración con outros organismos normalizadores e dinamizadores da lingua galega. Actividades: 

Correlingua, organizada pola Asociación Sociopedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega, A Mesa pola Normalización Lingüística e distintos Concellos galegos (Concello de Vigo).

Colaboración co Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, asistindo as reunións convocadas polo mesmo e participando nas actividades programadas.

 Intercambiar experiencias e actividades con centros educativos do entorno. Actividades: 

Teatro Interescolar, co intercambio de obras entre colexios dos concellos de Vigo, Nigrán e Baiona.

Celebración do Entroido, coa celebración dun desfile no que os disfraces teñen relación co tema de traballo. Participa toda a comunidade educativa . Tamén degustamos produtos típicos do Entroido.

Prensa Escolar. A nosa revista escolar Encontros, que se elabora ao longo de todo o ano, distribúese entre todos os sectores da Comunidade e Administración Educativa.


 Usar as novas tecnoloxías para difundir experiencias. Actividades: 

Actualización do noso blogue: Dinamiza Estamos en: bloguerdinamiza.blogspot.com

Publicacións periódicas no apartado de Equipos de Dinamización da Lingua Galega dentro da páxina web do centro: www.edu.xunta.es/centros/ceippintorlaxeiro

Montaxe da Revista Escolar Encontros e da Postal de Nadal

Elaboración de vídeos, do Faladoiro de Outono e do Faladoiro de Primavera.

 Dinamizar a lingua galega. Actividades: 

Celebración dos Faladoiros, nos que o alumnado ten que investigar, preparar, coordinar, memorizar, interpretar, etc., actividades en galego

Teatro Interescolar, representación de obras en galego dentro e fora do centro escolar.

Publicacións no blogue dinamizador, os traballos e actividades realizadas, que poderán ser vistos por todos aqueles que así o desexen .

Actualización, dentro do apartado EDLG, de todo aquilo que se vai facendo e das novas que xurdan.

Visita de escritores en lingua galega, que lles falará das súas vivencias e da obra que, os alumnos/as, leron e traballaron nas aulas.

Participación no Correlingua, colaborando coa pancarta e coa lectura do Manifesto.

Semana de Cine en Galego, visualizando e traballando películas proxectadas en lingua galega.

Celebración das Letras Galegas, participando na proposta de actividades programadas en honor do homenaxeado, tanto a nivel de aula como de Centro.

Sesións de Conta- contos, lendo e representando contos para os máis pequenos.


OBXECTIVOS PARA O ALUMNADO:

 Dinamizar a lingua galega, especialmente a nivel oral. Actividades: 

Celebración dos Faladoiros.

Teatro Interescolar.

Publicacións no blogue dinamizador.

Visita de escritores en lingua galega.

Participación no Correlingua.

Semana de Cine en Galego.

Celebración das Letras Galegas.

Sesións de Conta- contos.

 Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego como en castelán. Actividades: 

Celebración dos Faladoiros.

Teatro Interescolar.

Visita de escritores en lingua galega.

Semana de Cine en Galego.

Celebración das Letras Galegas.

Revista escolar Encontros.

Sesións de Conta- contos.

 Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade Escolar. Actividades: 

Postal de Nadal.

Taller de disfraces.

Teatro Inter escolar.

Publicacións no blogue dinamizador e na páxina web do Centro.

Revista Escolar.


 Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada. Actividades: 

Ambientalidade.

Celebración dos Faladoiros.

Teatro Interescolar.

Publicacións no blogue dinamizador.

Visita de escritores en lingua galega.

Participación no Correlingua.

Semana de Cine en Galego.

Celebración das Letras Galegas.

Revista Escolar.

Sesións de Conta- contos.

 Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social. Actividades: 

Ambientalidade.

Taller de disfraces.

Visita de escritores en lingua galega.

Participación no Correlingua.

Celebración das Letras Galegas.

Revista Escolar.

 Contribuír á dinamización lingüística. Actividades: 

Teatro Interescolar.

Visita de escritores en lingua galega.

Participación no Correlingua.

Semana de Cine en Galego.

Celebración das Letras Galegas.

Sesións de Conta- contos.


 Promover a lectura como vía de acceso a información. Actividades: 

Publicacións no blogue dinamizador e na páxina web do Centro.

Lectura de libros en galego

Visita de escritores en lingua galega.

 Potenciar a lectura en lingua galega. Actividades: 

Faladoiros.

Publicacións no blogue dinamizador.

Lectura de libros en galego dentro do Proxecto Lector

Visita de escritores en lingua galega.

Revista Escolar.

Sesións de Conta- contos.

 Favorecer a integración dos alumnos/as non galegos no emprego da nosa lingua. Actividades: 

Teatro Interescolar

Publicacións no blogue dinamizador

 Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das festas tradicionais galegas: magosto, Entroido, …; e participar activamente na programación do Centro para o Día das Letras Galegas. Actividades: 

Ambientalidade.

Postal de Nadal.

Taller de disfraces.

Celebración das Letras Galegas.


OBXECTIVOS PARA O PROFESORADO:  Garantir que o profesorado teña plena competencia para desenvolver o seu labor docente. Actividades: 

Revista Escolar.

Comunicacións en galego (documentos, avisos aos pais,…).

 Intentar que o alumnado que ten o castelán como lingua vehicular adquira plena competencia en galego. Actividades: 

Teatro interescolar.

 Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto en galego como en castelán. Actividades: 

Celebración dos Faladoiros.

Visita de escritores en lingua galega.

Semana de Cine en Galego.

Celebración das Letras Galegas.

Revista Escolar.

Sesións de Conta- contos.

OBXECTIVOS PARA O CENTRO:  Crear máis espazos de uso do galego. Actividades: 

Taller de disfraces.

Celebración dos Faladoiros.

Publicacións no blogue dinamizador e na páxina web do Centro.

Semana de Cine en Galego.

Celebración das Letras Galegas.

Revista Escolar.

Colaboracións.


 Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego. Actividades: 

Ambientalidade.

Postal de Nadal.

Celebración dos Faladoiros.

Teatro Interescolar.

Publicacións no blogue dinamizador e na páxina web do Centro.

Participación no Correlingua.

Revista Escolar.

 Tratar de mellorar a competencia lingüística do galego para que conleve unha repercusión positiva no seu uso. Actividades: 

Revista Escolar.

MEDIDAS A ADOPTAR 

Dar prioridade ao uso do galego oral dentro da nosa Comunidade Escolar, dado que é a lingua minoritaria no noso Colexio.

Procurar conseguir todo o material didáctico posible en lingua galega.

Dar prioridade ao uso do galego nas TICs, en todos aqueles sistemas operativos e programas nos que sexa posible facelo.

Dar a coñecer as nosas actividades co uso das novas tecnoloxías.

Establecer canles de comunicación entre os distintos Ciclos e Departamentos para optimizar os recursos educativos.

Desenvolver de forma oral o galego nun clima de uso habitual no que non exista prexuízo cara a este idioma.


DESCRIPCIÓN DAS ACTIVIDADES

Tendo en conta que a función deste Equipo é fundamentalmente dinamizadora, buscamos actividades alternativas ás exclusivamente docentes, nas que o alumnado poida pasalo ben traballando “en e para o galego”. Por iso propoñemos as seguintes actividades:

 Ambientalidade OBXECTIVOS:  Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.  Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das festas tradicionais galegas e participar activamente na celebración do Día das Letras Galegas.  Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.

ACTIVIDADE: Os murais que se fan nas aulas con motivo das festas tradicionais galegas, en colaboración co Equipo de Actividades Extraescolares; e os que se fagan co tema de traballo anual, en colaboración co Equipo de Biblioteca; e que adornan os nosos corredores ao longo de todo o curso escolar, estarán en lingua galega. (Outono, Nadal, Día da Paz, Entroido, Letras Galegas, O mar e a pesca). Propoñen: Todos os Equipos do Centro. Colabora todo o profesorado. Participa todo o alumnado. Actividade plurianual


 Postal de Nadal

OBXECTIVOS:  Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade Escolar.

 Uso das novas tecnoloxías.  Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das festas tradicionais.  Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.

ACTIVIDADE: Actividade plurianual Como cada ano por estas datas o EDLG elixe un tema e establece as bases para a elaboración dunha postal de Nadal que se traballará nas aulas respectivas, para, despois da súa montaxe e impresión da mesma, enviar ás familias. Para este curso pretendemos que as bases sexan semellantes as de cursos anteriores e o tema a tratar estará dentro de “O mar e a pesca”. Organiza o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Colaboran os titores Participan todas as aulas. Destínase a toda a Comunidade Escolar do noso Centro.


 Taller de disfraces

OBXECTIVOS:  Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade Escolar.  Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.  Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.  Crear máis espazos de uso do galego.  Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das festas tradicionais galegas: magosto, Entroido,…

ACTIVIDADE: De cara a celebración do Entroido, e tendo como tema “O mar e a pesca”, o equipo docente de Educación Infantil elaborará os disfraces que lucirán os nenos e nenas desta etapa educativa no desfile do Colexio. Para elo, e con tempo suficiente, crearanse os talleres de disfraces, que terán lugar os martes pola tarde, e nos que traballarán de forma conxunta profesoras e pais/nais destes nenos/as. En primaria pedirase a colaboran das familias para elaboralo. Propoñen esta actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Actividades Extraescolares. Colaboran profesoras e pais/nais de Educación Infantil e de Primaria.


 Faladoiros OBXECTIVOS:  Dinamizar a nivel oral a lingua galega.  Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa en galego.  Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto en galego como en castelán.  Realizar actividades integradoras que favorezan o achegamento da nosa lingua ao alumnado non galego.  Crear máis espazos de uso do galego.  Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.

ACTIVIDADE: Son unha forma de expresión oral, lúdica e educativa na que o alumno disfruta preparando e participando nunha serie de actividades que lle permiten ver que o galego tamén é unha fonte de pracer e diversión. Traballamos dous faladoiros, denominados: Faladoiro de Outono, que faremos ao longo do Primeiro Trimestre, mentres dure o outono, e Faladoiro de Primavera, que se preparará para a Semana das Letras Galegas. A proposta do EDLG, e partindo dun tema dado ou ben con tema libre si así o acordamos, cada aula prepara unha actividade ( poemas, recitados, cantigas, bailes, lendas, contos, tradicións,…) para, na data fixada, representar diante dos seus compañeiros de Ciclo ou de Centro, atendendo a organización que en cada intre se faga do mesmo. De cada Faladoiro farase unha montaxe fotográfica e un vídeo no que queda plasmado a actividade que realiza cada grupo de nenos/as participantes. Esta actividade supón que os nenos e nenas teñen que:  Levar a cabo un traballo de búsqueda da actividade que van preparar.  Adaptar a mesma a súa idade e aos medios cos que contan para traballala.  Memorizar o texto e aprender as pautas para a súa representación.  Traballar en equipo co resto do grupo ou da clase.  Facer, en moitos casos, a tradución ao galego. É esta unha actividade plurianual. As pautas para a súa celebración correspóndenlle ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Da preparación encárganse os titores. Contamos tamén coa colaboración das familias. Participa todo o alumnado.


 Teatro Intercentros OBXECTIVOS:  Motivar a adquisición dunha boa competencia galega.

comunicativa en lingua

 Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.  Contribuír á dinamización lingüística.  Intercambiar experiencias e actividades con centros educativos do entorno, tanto do Concello de Vigo como doutros concellos veciños (Nigrán).  Familiarizar ao alumnado con actividades teatrais na procura da súa socialización.  Usar as novas tecnoloxías para difundir experiencias.  Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade Escolar.  Favorecer a integración dos alumnos/as non galegos no emprego da nosa lingua.  Intentar que o alumnado que ten o castelán como lingua vehicular adquira plena competencia en galego.  Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.

ACTIVIDADE: O grupo de teatro do Centro, formado por tres profesoras do mesmo, prepara cos seus alumnos/as obras que ao longo do curso será representada tanto no noso Colexio, para nenos/as, profesores/as e pais/nais, como en outros centros do Concello de Vigo, Nigrán e Baiona. Trabállase en colaboración co Concello de Vigo, que subvenciona parte da actividade e coa Escola de Teatro. E asistimos as xornadas organizadas por estes organismos. Esta actividade vense realizando dende hai varios anos. Propón a actividade o Grupo de Teatro do Centro. Conta coa colaboración das familias. Colaboran na mesma o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Equipo de Actividades Extraescolares. Participan varios grupos de alumnos/as, profesoras do grupo de teatro e pais/nais dos nenos/as participantes.


 Actualización do blogue de dinamización da lingua galega: Dinamiza OBXECTIVOS:  Tratar de mellorar a competencia lingüística do galego.  Usar as novas tecnoloxías para difundir experiencias.  Dinamizar a lingua galega  Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade Escolar.  Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.  Promover a lectura como vía de acceso a información.  Potenciar a lectura en lingua galega.  Favorecer a integración dos alumnos/as non galegos no emprego da nosa lingua.  Intentar que o alumnado que ten o castelán como lingua vehicular adquira plena competencia en galego.  Crear máis espazos de uso do galego.  Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.  Intercambiar experiencias e actividades con centros educativos do entorno.

ACTIVIDADE: O EDLG vai facer uso das novas tecnoloxías para dar a coñecer as nosas experiencias e actividades a toda a Comunidade Escolar e a outros Centros Educativos que así o desexen. Ao longo do ano actualizaremos o noso blogue dinamizador da lingua galega e faremos as pertinentes publicacións no mesmo. Actividade que comezou o curso pasado coa elaboración do mesmo e que terá continuidade nos próximos cursos escolares. Propón e elabora a actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Participa todo o alumnado do Colexio, que terá aceso a mesma e na que se publicarán as súas actividades.


 Actualización da páxina web do Centro no apartado do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

OBXECTIVOS:  Tratar de mellorar a competencia lingüística en galego.  Usar as novas tecnoloxías para difundir experiencias.  Dinamizar a lingua galega.  Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade Escolar.  Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.  Potenciar a lectura en lingua galega.  Favorecer a integración dos alumnos/as non galegos no emprego da nosa lingua.  Intentar que o alumnado que ten o castelán como lingua vehicular adquira plena competencia en galego.  Crear máis espazos de uso do galego.  Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.  Intercambiar experiencias e actividades con centros educativos do entorno.

ACTIVIDADE: O EDLG, facendo uso das novas tecnoloxías dará a coñecer as súas actividades a toda a Comunidade Escolar e a outros Centros Educativos que así o desexen. Ao longo do ano actualizaremos o noso apartado dentro da páxina web do noso centro publicando os traballos realizados ao longo do ano por este Equipo. Actividade que comezou o curso pasado coa elaboración da páxina web e que terá continuidade nos próximos cursos escolares. Propón e elabora a actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Participa o profesorado do EDLG.


 Visita de escritores en lingua galega

OBXECTIVOS:  Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego como en castelán.  Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.  Contribuír á dinamización lingüística.  Promover a lectura como vía de acceso a información.  Potenciar a lectura en lingua galega.

 Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto en galego como en castelán.

ACTIVIDADE: Nesta ocasión o disfrute consiste na celebración dunha xornada de convivencia cun escritor en lingua galega, do que de antemán leron unha obra, e que lles contará as súas vivencias como escritor. Programado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Biblioteca. Participa o alumnado do Terceiro Ciclo de Primaria.


 Participación en campañas de concienciación

OBXECTIVOS:  Intercambio de experiencias e actividades con centros educativos do entorno.  Uso das novas tecnoloxías para difundir experiencias.  Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Contribuír á dinamización lingüística.  Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.  Eliminar todo tipo de prexuízos cara o galego.

ACTIVIDADE: Dende hai uns anos os nosos alumnos/as participan no CORRELINGUA, acto que se convoca anualmente e no que despois de concentrar aos nenos/as dos distintos colexios no Concello, faise unha andaina reivindicativa en prol da lingua galega ata o Parque de Castrelos. Colaboraremos coa pancarta reivindicativa. Propón a actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Pode inscribirse todo o Centro.


 Semana do cine en galego

OBXECTIVOS:  Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego como en castelán.  Uso das novas tecnoloxías para difundir experiencias.  Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Contribuír á dinamización lingüística.  Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto en galego como en castelán.  Crear máis espazos de uso do galego.

ACTIVIDADE:

Proxección diaria, durante unha semana dun filme en galego, que se traballará na clase antes e despois da súa visualización. O EDLG programará as actividades a realizar. Programado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Participa todo o alumnado do noso Colexio.


 Semana das Letras Galegas

OBXECTIVOS:  Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.  Contribuír á dinamización lingüística.  Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das festas tradicionais galegas e participar activamente nas actividades do Día das Letras Galegas.  Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto en galego como en castelán.  Crear máis espazos de uso do galego.

ACTIVIDADE: Durante esta semana organizaranse varias actividades; unhas que se programarán coordinadamente entre os distintos Ciclos e Departamentos, e outras que se prepararán para a súa realización a nivel de aula. Para as actividades de aula o EDLG encargarase de elaborar unha unidade didáctica sobre o homenaxeado deste ano e facilitará as de outros colectivos que nos teñan mandado a súa por esas datas. Por outra banda coordinará as actividades conxuntas e tamén facilitará ao profesorado unha serie de propostas a realizar e os recursos necesarios para poder levalas a cabo. Incluirase nesta semana as actividades do Faladoiro de Primavera. Celebraranse as xornadas de teatro, pola mañá para o alumnado do Centro e pola tarde para pais e nais. Montarase a exposición de carteis sobre a vida e obra do homenaxeado no ano 2012. Programa e organiza estas actividades o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Actividades Extraescolares. Destinado a toda a Comunidade Educativa.


 Revista Escolar OBXECTIVOS:  Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego como en castelán.  Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade Escolar.  Uso das novas tecnoloxías para a súa elaboración.  Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.  Potenciar a lectura e a escritura en lingua galega.  Garantir que o profesorado teña plena competencia para desenvolver o seu labor docente.  Crear máis espazos de uso do galego.  Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.  Tratar de mellorar a competencia lingüística do galego para que conleve unha repercusión positiva no seu uso.

ACTIVIDADE: Está concibida como o órgano de expresión da nosa Comunidade Educativa e ten carácter anual. Coordinará esta actividade o EDLG, contando coa colaboración de todo o profesorado e todo alumnado do Centro. O seu obxectivo será buscar e seleccionar traballos e noticias relacionadas cos contidos curriculares, con actividades complementarias organizadas polo Centro ou co tema de traballo anual. A nosa revista escolar é Encontros. O tema central deste ano será “O mar e a pesca” e contará con todos aqueles traballos, actividades, debuxos, etc., cos que os nosos colaboradores desexen participar. Propón o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Colabora todo o profesorado e alumnado do Centro. Destínase a toda a Comunidade Educativa.


 Colaboracións OBXECTIVOS:  Traballar en estreita colaboración con outros organismos normalizadores e dinamizadores da lingua galega.  Colaborar cos distintos Equipos e proxectos do Centro. ACTIVIDADE: Consideramos que para dinamizar a lingua galega fai falla un labor coordinado de todos os sectores de ámbito social. Por elo estamos dispostos a traballar en estreita colaboración co Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, co Coordinador de zona da Consellería, coa Coordinadora Galega dos Equipos Dinamizadores da Lingua Galega e con todos aqueles equipos que traballen na dinamización e uso do galego. Neste curso escolar o EDLG, na súa interrelación cos diferentes “Equipos do Centro”, colaborará tamén cun novo Proxecto aprobado recentemente: “Proxecto Xogo”; introducindo no seu programa actividades de tipo lúdico para o fomento do galego. Encárgase o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 Sesións de Conta contos OBXECTIVOS:  Motivar a adquisición dunha boa competencia comunicativa en lingua galega.  Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Contribuír á dinamización lingüística.  Potenciar a lectura en lingua galega.  Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto en galego como en castelán. ACTIVIDADE: É esta unha actividade lúdica que consideramos interesante porque se fomenta conxuntamente o uso do galego e o da lectura. Consiste en que os nenos e nenas maiores (Terceiro Ciclo de Primaria) lean e preparen a representación dun conto (dramatización, Guiñol, …) para os máis pequenos (Educación Infantil). Propón o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.


ANEXO II CADRO–RESUMO DE ACTIVIDADES

TEMPORALIZACIÓN

Todo o curso

TÍTULO ACTIVIDADE

Ambientalidade

RESPONSABLES DEPARTAMENTO Dinamización Lingüística Extraescolares

DESTINATARIOS/AS

ORZAMENTO

Alumnado de Primaria

Infantil

e

Material funxible papel continuo, pinturas de cores, tesoiras, pegamento …

Alumnado de Primaria

Infantil

e

Material bibliográfico

Biblioteca Novembro

Decembro

Faladoiro de Outono

Postal Nadal

Dinamización Lingüística

Dinamización Lingüística

Material necesario para a realización das actividades

Megafonía

Comunidade Educativa

250 €

Cartolinas, pinturas de cores, ordenador. Imprenta

Todo o curso

Actualización do blogue de dinamización da lingua galega: Dinamiza

Dinamización Lingüística

Alumnado do Centro

Ordenador , conexión internet

Todo o curso

Publicacións e actualización do apartado do EDLG na páxina web do Centro

Dinamización Lingüística

Profesorado e alumnado do Centro.

Ordenador , conexión, internet

Febreiro

Taller de disfraces

Dinamización Lingüística

Alumnos/as Infantil

Educación

100€

Material funxible: cartolinas, pinturas, tesoiras, pegamento, …


Febreiro e Abril

Dinamización Lingüística

Visita escritores

Biblioteca

Alumnos/as Terceiro Ciclo de Educación Primaria

Libros de lectura do autor que nos visita.

Todo o curso

Elaboración de Unidades Didácticas sobre “O mar e a peca”

Dinamización Lingüística

Profesorado do Centro

50 €

Bibliografía para consultar

Maio

Participación en campañas de concienciación (Correlingua)

Dinamización Lingüística

Alumnado de Primaria

200€

Autobús para acudir ao Concello

Maio

Unidade Galegas

Dinamización Lingüística

Profesorado do Centro

Bibliografía para consultar

Maio

Exposición de carteis sobre a vida e obra do homenaxeado

Dinamización lingüística

Alumnado de Primaria

Paneis para colocar os carteis

Maio

Faladoiro de Primavera

Dinamización Lingüística

Alumnado de Primaria

Material bibliográfico.

didáctica

Letras

Megafonía Maio

Dinamización Lingüística

Xornadas de Teatro

200€

Comunidade educativa

Extraescolares

Autobús para o desprazamento. Material funxible

Grupo de Teatro

Material bibliográfico Xuño

De outubro a maio

Semana do cine en galego

Dinamización Lingüística

Dinamización Lingüística

Revista Escolar

Alumnos/as de Infantil e Primaria

Películas de vídeo Proxector 1400 €

Comunidade educativa

Material funxible (folios, pinturas,..) Ordenador Imprenta

Todo o curso

Colaboracións con organismos e equipos

outros

Dinamización Lingüística

Todo o alumnado profesorado do centro

e

Material funxible para elaborar os xogos.


Segundo e Terceiro Trimestre

Sesións de Conta contos

Dinamización Lingüística

Alumnado Infantil

de

Educación

A coordinadora do proxecto comprométese a desenvolver as actividades programadas no caso de obter o financiamento suficiente

En Vigo, a 17 de febreiro de 2012

Visto e prace de directora do Centro

Nome e apelidos: Eugenia González Tabarés Mª Paz Fernández López

Material diverso segundo a actividade que se vai realizar, e a petición do monitor que a leva a cabo.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.