Un león na biblioteca

Page 5

Un león na biblioteca

MICHELLE KNUDSEN ilustrado por KEVIN HAWKES

Tradución: María Alonso Seisdedos

Primeira edición, 2023

© 2006 Michelle Knudsen, texto

© 2006 Kevin Hawkes, ilustracións

© Para esta edición: 2023 Ediciones Ekaré

Av. Luis Roche, Edif. Banco del Libro, Altamira Sur. Caracas 1060, Venezuela

R/ Sant Agustí, 6, baixos. 08012 Barcelona. España www.ekare.com

Publicado baixo acordo con Walker Books Ltd. Londres SE11 5HJ

Título orixinal: Library Lion

Todos os dereitos reservados. Non se permite a reprodución total nin parcial deste libro, nin o seu almacenamento nun sistema informático nin a súa transmisión en ningunha forma ou medio, sexa este electrónico, mecánico, fotocopia, gravación ou calquera outro sen permiso previo e por escrito da editorial.

ISBN 978-84-125929-6-2 · Depósito legal B.8120.2023

Texto composto na fonte New Clarendon

Este produto está feito de materiais reciclados e doutras fontes controladas

En agarimoso recordo a Carol J. Buckley, estrela coruscante da Biblioteca Universitaria de Cornell, que sempre tiña sitio no corazón para outro amigo. Estrañámoste.
M. K.
A Priscilla, a nosa primeira bibliotecaria persoal.
K. H.

Un león na biblioteca

MICHELLE KNUDSEN

ilustrado por KEVIN HAWKES

EDICIONES EKARÉ

BIBLIOTECA

Un día entrou un león na biblioteca.

Pasou por diante do mostrador de préstamos e foi dereitiño aos andeis.

Don Firmín Ferreño saíu ás carreiras cara ao despacho da directora.

—Dona Ledicia! —gritou.

—Aquí non se corre —recordoulle dona Ledicia Valboa, sen levantar a vista.

—É que temos un león… —explicou don Firmín—… na biblioteca!

—Infrinxiu algunha norma? —preguntoulle dona Ledicia.

Éravos moi puntillosa en cuestión de normas.

—Iso non —recoñeceu don Firmín—.

A verdade é que non.

—Pois déixeo estar.

O león deambulou pola biblioteca adiante. Usmou no catálogo de fichas.

Cofou a cabeza contra a colección de novidades.

Avanzou calandiño ata o recuncho dos contos e deitouse a durmir.

Ninguén sabía moi ben o que facer. Na biblioteca non había normas para os leóns.

Axiña chegou a hora do conto. Ningunha norma prohibía a asistencia de leóns á hora do conto.

A contacontos estaba algo nerviosa. Mesmo así, leu o título do primeiro libro en voz alta e clara. O león levantou a vista e sentou. A contacontos seguiu lendo.

O león quedou a escoitar o seguinte conto. E o seguinte. Agardou por outro máis, pero os nenos erguéronse para marchar.

que ir indo.

O león mirou os nenos. Mirou a contacontos. Mirou os libros fechados. Entón ruxiu moi forte.

—Rematou a hora do conto —díxolle unha cativa—. Hai

MICHELLE KNUDSEN traballou en bibliotecas das cidades de Nova York e de Ithaca, nos Estados Unidos. É autora dun gran número de obras de literatura infantil. Sobre Un león na biblioteca comenta: «Calquera persoa á que lle gusten as bibliotecas sabe que son lugares especiais, máxicos, onde todo o mundo é benvido e onde todo parece posible. Coñecín moitos amigos marabillosos nas bibliotecas, tanto nas páxinas dos libros como entre a xente que traballa con eles. Leóns aínda non, pero nunca se sabe!».

KEVIN HAWKES ilustrou moitas obras de literatura infantil premiadas. Sobre Un león na biblioteca di: «Ilustralo foi como volver ás bibliotecas que coñecín de neno. Non imaxino nada mellor que compartir unha hora do conto cun león de meu. Quería que as ilustracións me recordasen esa época sinxela na que entrar na biblioteca era tan emocionante como unha visita ao zoo. Ou mellor aínda!».

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.