1 minute read

Un león na biblioteca

Michelle Knudsen

ilustrado por KEVIN HAWKES

Advertisement

Ediciones Ekar

Un día entrou un león na biblioteca.

Pasou por diante do mostrador de préstamos e foi dereitiño aos andeis.

Don Firmín Ferreño saíu ás carreiras cara ao despacho da directora.

—Dona Ledicia! —gritou.

—Aquí non se corre —recordoulle dona Ledicia Valboa, sen levantar a vista.

—É que temos un león… —explicou don Firmín—… na biblioteca!

—Infrinxiu algunha norma? —preguntoulle dona Ledicia.

Éravos moi puntillosa en cuestión de normas.

—Iso non —recoñeceu don Firmín—.

A verdade é que non.

—Pois déixeo estar.

O león deambulou pola biblioteca adiante. Usmou no catálogo de fichas.

Cofou a cabeza contra a colección de novidades.

Avanzou calandiño ata o recuncho dos contos e deitouse a durmir.

Ninguén sabía moi ben o que facer. Na biblioteca non había normas para os leóns.

Axiña chegou a hora do conto. Ningunha norma prohibía a asistencia de leóns á hora do conto.

A contacontos estaba algo nerviosa. Mesmo así, leu o título do primeiro libro en voz alta e clara. O león levantou a vista e sentou. A contacontos seguiu lendo.

O león quedou a escoitar o seguinte conto. E o seguinte. Agardou por outro máis, pero os nenos erguéronse para marchar.

que ir indo.

O león mirou os nenos. Mirou a contacontos. Mirou os libros fechados. Entón ruxiu moi forte.

This article is from: