Dossier proxecto herbarium

Page 1


Herbarius Umbrarum é unha selección de serigrafías feitas a partir de plantas recollidas na cidade de Vigo e arredores. O obxectivo é capturar mediante serigrafía a sombra dunha planta que deriva nunha figura única. Con este proxecto pretendo representar e simplificar as formas das plantas pero tamén resaltar a súa fraxilidade e elegancia.

Detalle da sombra proxectada no chan dunha flor de Camomila.

Sombra das Trifolium proxectada sobre unha lámina xa serigrafiada coa mesma especie.


Unha planta é un ser vivo efémero no tempo, para a súa conservación e futuro estudio se utiliza o método do herbario que consiste en recolectar, prensar e secar especimes para a súa clasificación, sen embargo mediante a serigrafía se pode multiplicar a súa impronta de forma indefinida para que perdure.

Comparación entre o fento e o resultado do proceso de insolado da pantalla.

Pantalla revelada na que se pode apreciar a silueta que deixou o corpo do fento.


O proxecto xurdiu dunha casualidade cando quixen facer unha proba no taller sen ter que imprimir un fotolito, para iso recollín un fento e o coloquei na insoladora. Ao observar o resultado descubrín que tanto por ser un elemento plano coma polas formas das súas siluetas ou a infinita variedade de especies que existen, as plantas me ofrecen un amplo repertorio co que poder traballar e investigar na procura das imaxes máis interesantes e que mellor se adapten ao proceso serigráfico. A imaxe resultante é totalmente recoñecible, aínda despois de facer varias probas con cores e realizando patróns poñendo as plantas en diferentes posicións. Seguindo esta liña me dispuxen a trazar un plan para levar a cabo o meu proxecto que consta de varias fases.


FASE 1: RECOLECCIÓN

A primeira parte do proceso desenvolveuse totalmente fora do taller. Foi un traballo de campo, literalmente. Dende marzo do 2015, aproximadamente, me dediquei a dar paseos polos parques, xardíns, praias e arredores da cidade de Vigo na búsqueda de especimes interesantes para o proxecto. Para a recolección debo sempre levar comigo tesoiras, papel de xornal e un libro groso para usar a modo de prensa.

Recolectando flores en paseos polo campo.

Velaquí o meu kit de prensa móbil.


FASE 2: CLASIFICACIÓN

En canto chego a casa lles dou a forma desexada para prensalas. O tempo que deben estar na prensa depende da humidade atmosférica ou da propia planta, segundo o grosor, tamaño, etc. Unha vez secas e prensadas, pego cada especime sobre unha folla de papel cebola para que funcione coma fotolito. Moitas veces as teño que reconstruír polo delicadas que son.

Nesta foto se pode ver como coloco con coidado a planta no periodico para logo prensala.

Velaquí o método que utilizo para prensar, a Enciclopedia Salvat de Ciencias Médicas ;)


FASE 3: SERIGRAFIADO

Unha vez preparados os fotolitos coas herbas ben secas e prensadas xa pode dar comezo o proceso de serigrafiado. A transparencia coa planta orixinal se coloca directamente sobre a insoladora para que a luz fixe a sĂşa sombra sobre pantalla. Despois de a revelar xa se pode reproducir as veces que se queira. Neste caso, para comezar, fixen tiradas de 10 por especime con tinta negra sobre papel branco para obter un gran contraste.

Detalle dunha pantallas insoladas coas plantas.

Proceso de serigrafiado sobre papel coa pantalla no brazo serigrĂĄfico.


O HERBARIO

É importante conservar ben as plantas e clasificalas. Para levar a cabo o herbario, que funciona tamén a modo de catálogo ou mostrario, tiven que facer un traballo de investigación para identificar as distintas especies. Empreguei ferramentas en internet coma foros especializados ou aplicacións de móbil coma PlantNet. Tamén procurei axuda de profesionais do ámbito coma Fernando Vilaboa, encargado xeral do Xardín Histórico de Castrelos, que me axudou na procura e identificación de varios especimes nos Xardíns do Museo Quiñones de León. Na seguiente páxina amoso unha relación de imaxes dalgúns especimes no seu hábitat, secados e finalmente serigrafiados. Detalle do Herbarium emcadernado.


Trifolium repens

Recollida nas inmediacións da ETEA (Av. La Marina Española, s/n)

Trifolium pratense

Recollida nas inmediacións da ETEA (Av. La Marina Española, s/n)


Pteris cretica

Recollida nos Xardíns do Museo Quiñones de León (Parque de Castrelos, Av. de Castrelos, s/n)

Tecomaria capensis

Recollida nos Xardíns do Museo Quiñones de León (Parque de Castrelos, Av. de Castrelos, s/n)


Ginkgo biloba

Recollida nas inmediacións do Monte do Castro (Rúa Marqués Alcedo)

Jasminum nudiflorum

Recollida nos Xardíns do Museo Quiñones de León (Parque de Castrelos, Av. de Castrelos, s/n)


Calystegia silvatica

Recollida no parque de Pizarro (Camiño Mañucas)

Digitalis purpurea

Recolloda nas inmediación de VigoSónico (Camiño do Portal, Valladares)


ESTAMPADOS

Despois de facer probas de serigrafiado con varias plantas e ver que a imaxe funcionaba, tanto polas súas formas como porque seguen a ser recoñecibles tras o proceso, puiden seguir avanzando no proxecto. Escaneei e tratei dixitalmente cada serigrafía e comezei a traballar con elas para facer patróns coa idea de realizar estampados sobre teas.

Bolsa estampada con Pteris Cretica (Fento Creta).

Camiseta estampada con Pteris Cretica (Fento Creta).


CONTINUIDADE

No momento de comezar este proxecto era moi importante para min que tivese continuidade, que puidese evolucionar nas formas e nos soportes no que se aplica. Creo que este proxecto aínda pode dar moito máis de sí. É por iso polo que sigo adiante cunha nova etapa investigando coa cor e a figura sobre sombra principal.

Traballando nas liñas sobre a mancha.

Debuxo a liña final.


CONTINUIDADE

O seguinte paso foi darlle un toque de debuxo científico baseándome na serigrafía principal. Para iso empreguei a pantalla orixinal coa sombra para facer un degradado con cores similares ás da planta. Sobre esa mancha principal calquei a silueta e debuxei o recheo.

Pantalla insolada co debuxo a liña.

Debuxo a liña sobre mancha de cor.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.