CEP DE VENTÍN
Revista Escolar Curso 2010/11
LOIS—3ºA
A voz de Ventín
LIMIAR Xa veñen aí as vacacións. Queda xa moi pouco para rematar este curso que para os de 6º é o último en Ventín. Por un lado estamos un pouco tristes e por outro un pouco ilusionados. Tristes porque despois de pasar aquí, nalgúns casos ata nove anos da nosa vida, xa o temos como algo noso, e agora temos que marchar, deixando amigos e amigas doutros cursos, e profesores e profesoras que tamén dalgún xeito marcaron un pouco a nosa forma de ser e de actuar. Porque todos estes anos no colexio foron especiais. Por exemplo as festas, o Entroido, os Maios, … onde todos e todas o pasabamos moi ben e nos divertiamos moito. E tamén as excursións, sobre todo a que fixemos este último ano a Cantabria, na que pasamos cinco días enteiros cos nosos compañeiros e compañeiras, divertíndonos, ríndonos e facéndonos trasnadas uns aos outros. Tamén temos que recordar que estes anos foron moi importantes para as nosas posteriores aprendizaxes, xa que aquí están as bases do noso futuro. Estamos preocupados pero moi ilusionados porque empezamos unha nova etapa, a Educación Secundaria. Agradecemos a mestres e mestras, nenos e nenas, monitores e monitoras do comedor, conserxe, e a todo o persoal vinculado a este colexio de Ventín, pola súa entrega e dedicación, neste tempo que pasamos aquí. . Botarémolo de menos.
Boas vacacións!!!
1
Coordinou a presente edición da revista o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística Colaboran: Alumnado e mestres do CEP de Ventín
Publicación subvencionada pola: Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Presidencia: Secretaría Xeral de Política Lingüística
Curso 2010/11
A voz de Ventín
Limiar 1
Os animais da granxa 4
O proceso da la 6
Cantigas de 1º D As toupas da carballeira
10
7 Os artistas de 1º C 12
Viaxe á lúa 14
Como riman os meses do ano! Oso Ronaldo
19 21
16 Visita ao Mupega
Por e para ti
20 Visita á granxa do queixo
As nosas investigacións 24
22 Un pouco de humor 26
Conto: Os cinco lobetos 28
Os poetas de 3º C 32
Letras Galegas: Lois Pereiro Imitando a Lois Pereiro
36 39
Acrósticos
38 As adiviñas de 3º D
Luis Seoane A aula de Natureza de Ames
44 48
40 47
Os nosos poemas Abecedario de 4º C Ópera: A cincenta
53
Entrevista a Teresa García Costa Aula da Natureza
56 Viaxe a Cantabria 60 72
52
Portadas finalistas
54 Receita da amizade 58 Albúm de fotos 68
3
A voz de Ventín
4
PRIMEIRO A
A voz de VentĂn
5
A voz de VentĂn
6
A voz de VentĂn
7
A voz de VentĂn
8
A voz de VentĂn
9
A voz de Ventín
AS TOUPAS DA CARBALLEIRA Debido á gran curiosidade que as toupas da nosa carballeira despertaron nos alumnos de 1º B, decidímonos a averiguar máis sobre estes curiosos animaliños
10
Para seguir traballando neste tema fixemos unha gran toupa de papel de seda!
E tamén lemos o famoso libro…….
Por último fixemos unhas rimas moi divertidas, o final deixámolo para a vosa imaxinación…!!
A voz de Ventín
11
A voz de Ventín
OS ARTISTAS DE 1º C
Cristina
Carmela
Carlos
Olga
Begoña
Claudia
12
Vicki
Mila
MªJosé
Inma
Paz
Mariola
Alicia
Ubaldo
María Valencia
Elvira
Alfredo
Kati
Jesús
Raquel
Carina
Clara
A voz de Ventín
13
A voz de Ventín VIAXE Á LÚA Todo empezou en 1987 cando caeu un meteorito na terra. Aos poucos días aterraron os Atomic Twis, uns superheroes da Lúa que viñan para valorar os danos provocados e salvar o planeta se fose preciso. Por sorte, os danos non eran importantes, tan só un cráter de aproximadamente 3 metros de profundidade e 20 metros de diámetro, sen embargo atoparon un perigo para a terra moito peor. Os seus aparellos supersónicos detectaron aos do Lado Escuro, unha perigosa banda intergaláctica que tiña por obxectivo facer do noso planeta o seu vertedoiro espacial. Tras seguir as pistas atopadas chegaron ata unha vella fábrica abandonada de papel reciclado, en Washington D.C. (EE.UU). Logo dunha forte discusión retáronse as dúas bandas a un enfrontamento nos Xogos Lunáticos. O que perdera debería abandonar o planeta terra para sempre. Ash Vani, Pato Peligro, Lazy Vani e Doctor Coyote, membros dos Atomic Twis partiron de seguido para a Lúa onde se ían desenvolver os xogos. O mesmo fixeron os tres integrantes do equipo do Lado Escuro: Malo malote, Helmet o porco e Demo Vermello. A noticia difundiuse rapidamente polas redes sociais, todos os lunáticos agardaban con expectación os xogos. O presidente Barak Obama tamén se decatou da noticia e envioulles un telegrama aos Atomic Twis desexándolles boa sorte. Xa na Lúa empezaron os xogos, o mellor de tres sería o vencedor. A primeira rolda consistía en cociñar ovos fritidos con patacas fritidas.
14
Punto para os Atomic!!!, xa que Ash Vani fixo un prato para chuparse os dedos, seguindo a receita que lle ensinara a súa avoa Maruxa de Constelación. A segunda proba trataba dunha carreira de tres voltas ata a Vía Láctea. Esta vez, non puido ser, as naves dos contrincantes: Malo, Helmet e Demo viaxaban a anos luz dos nosos superheroes. Sentíndoo polo planeta terra, punto para o Lado Escuro!. Chegaron polo tanto empatados á proba final, a definitiva. Xogábanse o futuro do planeta azul nun partido de basket.. Todos na terra ollaban os seus televisores con nerviosismo. No primeiro cuarto os viláns levaron a iniciativa, pero os Atomic Twins, que eran fans do Obradoiro CAB, remontaron no terceiro cuarto. Ían empatados cando Pato Peligro meteu un mate sobre a bucina: Vitoria dos Atomic Conseguíronmo Estamos salvados Eses eran, entre outros, os berros de alegría que se oían desde a terra. Despois de anos, meses e días a terra recuperou o seu aspecto natural lonxe da influencia daqueles malvados extraterrestres que contaminaban o noso planeta, a banda do Lado Escuro, dos que nunca máis se soubo.
Antón Rivas Seijas—2º A A voz de Ventín
15
A voz de VentĂn
Como riman os meses do ano!
16
A voz de VentĂn
17
A voz de VentĂn
18
Oso Ronaldo... Os nenos e nenas de 2ºB escribimos todos xuntos un conto a partir de... Era unha vez un oso moi grande que non cabía na cova. Entón mudouse a outra máis grande. Este oso, que era moi lambón,foi ó médico .O Doutor púxoo a dieta e, ademais, mandouno facer footing sen descanso, ata estar sedento coma si estivese no deserto.E alí mesmo apareceu un camelo que lle dixo: -Vente comigo a nadar,teño unha piscina que vas a alucinar. Na piscina botaron unha carreira e o oso Ronaldo, case a bebe enteira. Chegou o amigo galo, que lles deu unha charla monumental. Ao saír da casa do camelo, Ronaldo pegouse un bo susto ao ver paseando polo barrio a un tigre tan pancho...Deus santo!... Correndo chegou a súa cova o noso amigo Ronaldo.Tivo que beber outra piscina para recobralo alento, así que despois, chamou por teléfono ó seu amigo o camelo: - O tigre é bo veciño e come flores do camiño.Mañá volta á piscina á media tardiña. E así remata un conto por todos os compañeiros/as composto.
FIN
A voz de Ventín
19
A voz de Ventín
Visita ao Mupega Os nenos/as de 2ºD, estivemos no Museo Pedagóxico Galego (Mupega), pasámolo, moi ben, e aprendemos moitas cousas.
Fixádevos ben, estamos nos pupitres e coas lousas dos nosos avós.
20
A voz de VentĂn
21
A voz de VentĂn
22
A voz de VentĂn
23
A voz de VentĂn
24
A voz de VentĂn
25
A voz de Ventín
Imos botar unhas risas Un día de moito frío Carmen Ía co seu pai pola rúa e dille o seu pai: -Papá que sorte teñen as linguas que sempre quentiñas na boca non?
Estaban un galego e dous árabes vendo un partido nunha torre acaba o partido perde o equipo árabe e di un dos árabes: -Por Alí!!! (que é un deus árabe)e tirase da torre e o outro árabe di: -Por Alá!!!( que é un deus árabe) e o galego di: -Pois nin por alí nin por alá eu baixo polas escaleiras.
-
Cal è o colmo dun cabalo?
- Pois ter silla e non poderse sentar. -
Cal é o colmo dun xardineiro?
-
Ter unha filla que se chame Margarida è que a deixen plantada.
O profesor de Jaimito estaba repartindo as notas: -Martìn un 10,Oscar un 8,Yago un 6,Jaimito un 0. -E porque a min un 0? -dixo Jaimito. -Porque copiastes a Yago-respondeu o profe. -Como o sabe? 26
- Porque as catro primeiras preguntas están iguais e na última Yago escribiu “ esta pregunta non me sae” e ti puxeches ”a min tampouco.”
Unha galleta ía pola rúa. -Son unha galleta ,son unha galleta. Un cazador disparoulle. Pum! A galleta: -Son unha rosquilla, son unha rosquilla: Cal é o colmo dun anano? Que un policía lle diga. ALTO!! Como se di en chino “espello”? Aitoilló. Como se di en alemán “o can come a rosquilla”? Troski Maska Roska.
Como se chama o mellor porteiro de Grecia? Nikolais Nikolareis. Cal é a cidade mais cagona? Chicago.
Como se di cinto en portugués? Abrazadeiro das cadeiras. Selección feita por 3º A
A voz de Ventín
27
A voz de Ventín
OS CINCO LOBETOS Había unha vez unha familia que vivía nun bosque afastado. A familia formábana catro persoas: o pai, que se chamaba Xacobo, a nai Ana, o fillo maior Cristián e a filla menor Laura. Tiñan un can que se chamaba Rex.
Un día Cristián e Laura foron a cazar con Rex. No medio do bosque atoparon unha loba violeta. Rex empezou a ladrar. Cristián atacouna coa escopeta pero Laura quitoulla e acariñouna coa man na cabeza. A loba quedou queda. Viron que non tiña dentes.
28
Aos cinco minutos apareceu un lobo verde.
De súpeto a loba caeu desmaiada. Laura e Cristián levárona ao veterinario e este mirouna. O lobo verde deulle un bico á loba.
Os veterinarios miráronlle a barriga e quedaron boca abertos: tiña cinco lobetos! Ao recuperarse levaron á loba e ao lobo a casa. Puxéronnos cómodos na cama e fóronse durmir toda a noite. A voz de Ventín
29
A voz de Ventín Ao amencer apareceron cinco lobetos xogando pola cama. Ana e Xacobo viron á loba, ao lobo e os cinco lobetos. Encantoulles quedarse con eles. Puxéronlle nome aos cachorros: ao máis pillabán chamárono Deberes, á máis lista Mili, ao máis xogantín Manchitas, á máis caprichosa Perla e ao máis comellón Gordi.
Un día os cazadores foron a cazar ao bosque. Deberes aprendeu a ouvear e ouveou tan forte que o escoitaron os cazadores. Laura e Cristián sacaron aos lobetos a xogar fora. Cando atoparon aos lobetos foron a por eles. Os rapaces entraron rápido na casa e os lobos tamén. Cristián empezou a contalos: Deberes, Perla, Manchitas e Mili. Faltaba Gordi. Laura mirou pola ventá e viu a Gordi tomando unha lambetada sentado no chan. Os cazadores atraparon a Gordi. Levárono a un zoolóxico. Rex e o lobo fixéronse moi amigos e foron rescatalo. Mentres Laura e Cristián coidaban á loba e aos catro cachorros. Rex e o lobo camiñaron trinta e dous quilómetros ata que chegaron á cidade de Irlanda. 30
Estiveron buscando por todas as rúas e non atoparon o zoolóxico. Só lles quedaba unha rúa. Foron á rúa que lles faltaba e alí estaba o zoolóxico. Entraron sen que se decatasen os gardas. Estaban dentro do zoolóxico! Foron a zona dos lobos e alí estaba Gordi coma sempre tomando xeados. Rex meteuse na gaiola e rescatou a Gordi, levárono de volta a casa e alí quedaron toda a familia unida.
3º B A voz de Ventín
31
A voz de VentĂn
32
A voz de VentĂn
33
A voz de VentĂn
34
A voz de VentĂn
35
A voz de VentĂn
36
A voz de VentĂn
37
A voz de Ventín Imitando a Lois Pereiro “GALICIA” para o alumnado de 5ºA é: A: auga, arbores, alalá e aprecio. B: bolboreta, berce, bico e bidueiro. C: carballos, coruscar, castiñeiros e costa. D: destacar, dadiva, deportiva, e dona. E: enchoupar, enamorar, encantar e enriquecer. F: festa, fiestra, fluvial, fada, fantasía e fascinante. G: galego, gaivota, gala e gaio. H: harmonía, honra, hórreoe horta. I: insua, industria, íntima, isco e ilusionada. L: libre, limpa, litoral e longa. M: moderna, máxica, musical e mariña. N: nacente, namoradeira, natural e néboa O: ondas, orgullo, outono e ouro P: ponte, paisaxe e primavera Q: queixo e quenlla R: rodaballo, resistente e rural S: seda, saúdo, sensación e suave. T: terra, traballadora e trasno. U: única, ulido, uvas e urbe. V: vaca, verán, vieira, voz, vento e veciña. X: xenial, xeada, xentil e xoia. Z: zamburiña, zoar, zarrapicar e zunido.
38
A voz de VentĂn
39
A voz de Ventín
AS ADIVIÑAS DE 3º-D
40
A voz de VentĂn
41
A voz de VentĂn
42
A voz de VentĂn
43
A voz de VentĂn
44
A voz de VentĂn
45
A voz de VentĂn
46
A voz de VentĂn
47
A voz de Ventín
OS NOSOS POEMAS Van pola praia e van navegar se lle caen os remos poden afogarrr!!!
No xigante mar a min gústame nadar e ao meu irmán no seu barco navegar
Juan Isabella
No ceo eu voxo vexo o mar os golfiños nadar e dous barcos navegar No medio do mar póñome a nadar e o meu irmán ponse a navegar
Laura
48
Leo
No extenso mar podes ver golfiños e tamén surfear. Que alucine!!! No fondo do mar vive un xigante calamar gustaríalle voar pero só sabe nadar. Adán
Alba Unha serea vai polo mar vendo un barco navegar e os paxaros do ceo desvianse para emigrar.
No ceo voo caio ao mar corro polo fondo e póñome a surfear
Antía
Carmen
Subo ao ceo baixo ao mar
collo unha táboa e póñome a surfear
Dani
Voo no ceo caio no mar empezo a navegar e tamén a nadar Eduardo
A voz de Ventín
49
A voz de Ventín No ceo hai anxos No mar un calamar No porto hai veleiros Para navegar
Eu buceo no mar gústame moito nadar vou cun barco a navegar e se hai olas a surfear Pablo
Marcos
Vou nadar póñome a bucear vou navegar e caio ao mar No ceo ando, no ceo voo e cos anxos vexo aos golfiños nadar
Ryan
Vexo o mar vexo ao mergulladores nadar vexo un barco navegar e eu nado sen parar
50
Sergio Ouro
Sara
Estou no ceo entérome que voo vexo o bonito mar e póñome a nadar Sergio Diego
O xigante MAR ponse a bucear despois a navegar e non se atreve a nadar
Oscar En pleno vo vendo navegar caínme ao fondo do bonito mar
Diego
Fago castelos de area vou para o mar e póñome a nadar
4º B Brais
A voz de Ventín
51
A voz de Ventín
Amables,
amistos@s
Bromistas,brillantes
Ñam,ñam...ric@s...
Cariños@s,competentes
orixinais,
Divin@s, divertid@s
precios@s
Elegantes,encantadores
Querid@s
Fabulos@s,fascinantes
Risoños
Guap@s,galeg@s
Saltaríns,sedutores
heroes
Tesouros,traballadores
Imaxinativ@s,intelixentes
Unid@s
Kiloestudios@s.
Valentes,
List@s,
xogadores,xeitos@s
limpi@s.
Maravillos@s,madur@s
52
Naturais,normais obedientes
valiosos
z angueir@s
O martes 1 febreiro 2011 , os nenos e nenas de 4º e 3º do colexio de Ventìn , fomos ao auditorio de Santiago a escoitar e ver a ópera de Cincenta. Era a primeira vez que iamos á ópera e algunhas cousas non as entendíamos. Na ópera había 3 ratiños: un tocaba o piano, outra o fagot, e por último unha retiña que era a narradora e explicaba a ópera. A retiña que facía de narradora era a fada madriña. A historia que fomos a ver na ópera, non era igual ca que me contaron cando era pequena. En vez de ser unha madrasta é un padrasto, Don Magnifico, que soña con que o príncipe se case con algunha das súas fillas Clorinda ou Tisbe. O príncipe disfrázase de criado para buscar unha parella que o queira como é, non por ser o príncipe, e despois do lío do zapato remata coma sempre casando o príncipe con Cincenta. Había moita música e en vez de falar, cantaban e falaban ao mesmo tempo. A ópera foi moi bonita e o ano que ven gustaríame ir outra vez . Ana, Manuel, Noelia, Paula, Antía, Dani, Martín , Sarai (4º C) A voz de Ventín
53
A voz de Ventín
O día 22 de marzo Teresa García Costa veu ao colexio,chegou pola tarde;contenta,activa e moi alegre respondeu ás nosas preguntas e contounos moitas cousas sobre ela. Teresa é moi activa, rápida e faladora e viaxeira. Contounos que había viaxado a Francia e a Italia e que de pequena tivo moitas bicicletas e unha que lle roubaron devolvéronlla ao cabo dunha semana e arranxada.Por último ensinounos o deseño da bicicleta de Leonardo de Vinci que nunca logrou facerse porque era toda de madeira. Ao acabar firmounos o libro “A Filla do ladrón de bicicletas” .
54
-Na súa biografía di que realizou talleres de danza. Que tipo de danza? - Practiquei danza contemporánea. A danza contemporánea supón unha axuda na miña faceta de actriz de teatro. A danza axuda á interpretación. - Está logrando ser o que pensaba ser cando era nena? - Creo que si, sempre me gustou a literatura, o arte e viaxar. -De pequena, cal era o seu libro preferido? - De pequena miña nai líame poemas de Neruda e de Rubén Dario pero sen dúbida o meu libro e O Principiño. - Este libro esta relacionado con algún episodio vivido na súa infancia? - Todo o libro ten relación coa miña infancia, a vila, os rumores, as conserveiras e tamén de nena fixen acrobacia. - Cando pensa unha historia tamén pensa o final ou vai sacando ideas. - Se na historia tes o final ben pensado xa tes o libro moi encamiñado. - Tivo algunha bicicleta como Celerífera? - Das dez bicicletas que tiven ningunha foi como Celerífera e iso que cada unha ten a súa historia. - Por que unha bicicleta co nome de Bolboreta? - Bolboreta era unha bicicleta italiana. Leva ese nome porque era unha palabra que aos meus amigos italianos lles gustaba moito. A palabra bolboreta soáballes moi ben. - Gustaríalle ilustrar un libro seu? - Ilustrar o meu propio libro é un dos meus soños. - Sabe moitos idiomas, aprender tantos, non foi moi difícil? - Non, foi moi fácil, tiña moitas gañas de aprender a falar outras linguas e sempre aprendín a través dos libros. - Que premio lle sorprendeu máis? - Sorprendeume gañar un premio. Tamén me sorprendeu gañar dous á vez, o Premio Merlín e Premio Manuel María no ano 2008. Gañar un premio é moi gratificante e o Premio Merlín supón a satisfacción de ter un libro moi lido. -“A filla do Ladrón de bicicletas”. De onde sacou a idea de que o pai de Serafina fora ladrón? -De pequena tiven unha bicicleta, Violeta, que lle tiña moito cariño,aínda que estaba bastante estragada. Un día roubáronma e despois dunha semana devolvéronma cos freos amañados; pensei entón nun ladrón cunha parte positiva. - Por que se chama Celerífera a bicicleta de Serafina? - Porque Celerífera evoca á velocidade, ao aire, a viaxar polo aire; tamén soa célebre a famosa… e se a bicicleta de Milo tivese nome chamaríase Solpor. A Milo gústalle pintar ao solpor. - Tamén é moi curioso o nome da protagonista “Serafina”. Houbo algún motivo para que se chamase así? -Si, o nome de Serafina ven de Serafín; e un serafín é un querubín, un anxo; un ser que pode voar coma os paxaros. - Inspirouse en alguén para o personaxe de Elías? Inspireime no mundo inventores e viaxeiros ; pero sobre todo en dous personaxes , un pintor e un escritor que viaxaron xuntos ata Ceilán e Xapón. - Por que na historia as bicicletas desaparecen a noite de San Xoán? As bicicletas desaparecen a noite de San Xoán por ser unha noite máxica, e a noite na que tradición agachar cousas e que aparezan noutro lugar. - En que pensaba para idear o personaxe de tía Perfecta? - Pensaba sobre todo nas madrastas dos contos. - Quen son os acróbatas da dedicatoria do libro? - Os acróbatas son todos os nenos e todas as nenas que lean o libro.
O alumnado de quinto curso felicita a Teresa polas horas divertidas que pasaron lendo o seu libro e danlle as grazas por contestar a todas as preguntas.
A voz de Ventín
55
A voz de Ventín Os días 27,28 e 29 de abril o alumnado de 5º curso visitou a antiga escola de A Ameixenda, hoxe rehabilitada como Aula da Natureza.
Chegamos pola mañá e recibiunos Patricia.
Patricia ensinounos a importancia que teñen plantas como a xesta e o codeso na recuperación dos nosos montes, e a función que desempeñan os xuncos nos terreos húmidos.
A Aula da Natureza conta cunha pequena horta onde se cultivan tomates, leitugas, amorodos e espinacas e tamén ten plantadas árbores froiteiras autóctonas. Unha das cousas que máis nos sorprenderon foi o funcionamento dunha balsa depuradora, plantas que limpan a auga que se verte polo lavabo e que dentro da balsa a auga circula cun motor que utiliza enerxía solar.
No interior vimos fotos de animais e plantas que habitan nos ríos galegos; aprendemos a diferenza entre un cabaliño do demo u unha libélula e tamén que moitos animais se disfrazan para enganar aos seus depredadores.
56
Logo subimos ao primeiro andar onde fixemos dous experimentos: 1ª– Observamos a descomposición das cores. Cortamos tres tiras rectangulares, de papel de filtro, do alto do vaso. Nunha tira pintamos unha raia de cor verde, noutra negra e na outra azul. Puxemos nun vaso 1cm de alcohol. Pegamos cada tira a un palillo e colgámolas do borde do vaso. As cores das liñas separáronse e quedaron moi bonitas.
2º– Ácido ou base. Repartimos caldo de lombarda en catro vasos pequenos. Ao primeiro vaso botámoslle limón e púxose de cor rosa. Ao segundo vaso botámoslle vinagre e púxose de cor vermello. Ao terceiro vaso botámoslle bicarbonato e púxose de cor azul. Ao cuarto vaso botámoslle deterxente e tornou para a cor amarela.
Ao final comprobamos se un xabón era de verdade de ph neutro como indicaba a etiqueta. Aprendemos moitas cousas e foi moi divertido.
A voz de Ventín
57
A voz de Ventín
INGREDIENTES: Alegría Amabilidade Diversión Optimismo Paciencia Preocupación Relaxación Risa Sinceridade Sociabilidade Verdade Xenerosidade
58
Amor Anti-enfado Anti-traición Axuda Bondade Compañeirismo Comprensión Comunicación Confianza Conversación Outros ingredientes que se vexan en certos momentos necesarios
Elaboración: Para facer os “espaguetis amistosos” hai que facer primeiro a salsa. Os ingredientes da salsa son: xenerosidade, alegría, risa e compañeirismo. Para facer a salsa hai que meter todo nun “bol” e mesturalo durante un tempo prudencial. Irase vendo como vai indo. Se a salsa queda espesa, hai que botar máis alegría, porque tanta mestura de emocións, fai que a salsa sexa pesada. Logo mestúrase todo cos espaguetis, que conteñen moitos ingredientes importantes (amor, amabilidade, comunicación, sinceridade, ...) e métese no “forno da amizade” un tempo, e tamén se irá vendo cando fai falla sacalo, para que saia ben torrado, pero sen que se queime. Bótase logo máis comunicación, que sexa abundante para empezar a fixar esa amizade, que xa vai collendo forma. Feito todo isto, vanse engadindo os demais condimentos e colocándoos de maneira que resulte atractivo á vista. Bótase optimismo, sinceridade, sociabilidade, comprensión, diversión, relaxación e confianza. Pero como os amigos non están só para o bo, hai que engadirlle tamén un pouco de preocupación polos demais, unha cullerada sopeira de bondade e duración para que sexa para sempre, e máis conversación; pero sempre sen pasarse, xa que se pode provocar ser pesado e iso non é bo. O resto dos ingredientes vanse engadindo segundo se vexa a súa necesidade. Tamén se poden ir engadindo outros, sempre considerados como positivos (paz, xustiza, cariño, ... ). E así xa tes a túa amizade feita. * A amizade sérvese quente, no mesmo momento en que queda preparada, e nunca como vinganza.
6ª CURSO
A voz de Ventín
59
A voz de Ventín
VIAXE A CANTABRIA 2011 (do 23 ó 27de maio) Este é o mapa do norte de España, onde se atopan as estradas e autoestradas polas que fixemos a nosa viaxe, e lugares polos que pasamos:
PRAIA DAS CATEDRAIS A praia de Augas Santas, coñecida de xeito turístico por praia das Catedrais, é un areal situado na parroquia da Devesa, no concello de Ribadeo. Ten unha lonxitude media de 1.500 metros, aínda que coa marea alta pode quedar reducida a 320 m, xa que está illada en varias porcións consideradas ás veces independentes. Ten un largo moi variable debido a que a preamar tapa toda a area en moitas partes dela, mentres noutras a baixa se descobre ata 100 m. A praia é aberta, con area branca e fina, bañada por unha ondada moderada. Entre os seus arcos agóchanse gran cantidade de especies de algas, moluscos, aves e vexetais.
CUDILLERO Cudillero é un pintoresco pobo de pescadores construído nas empinadas ladeiras de tres montes que rodean á cidade a modo de anfiteatro. É unha cidade de mariñeiros, con estreitas rúas e as súas características casas colgantes. Aos habitantes de Cudillero chámanse “Pixuetos” (Pix = peixe), quizais porque foi sempre este pobo un importante porto pesqueiro do Cantábrico, aínda hoxe, que sempre soe haber un camión frigorífico esperando na lonxa, desposto a levar o mellor
60 peixe a outros puntos de España, principalmente Madrid
GUGGENHEIM O Museo Guggenheim de Bilbao é unha das obras máis coñecidas do arquitecto canadense Frank Gehry,que foi o gañador do Premio Pritzker no ano 1989. É un museo de arte contemporánea localizado en Bilbao. Trátase dun dos varios museos da Fundación Guggenheim.
Solomon
R.
O museo foi aberto en 1997 é supón, canda a
ponte deseñada por Santiago Calatrava, un dos grandes impulsores da economía vasca que supuxo un esforzo de revitalización da cidade de Bilbao, levada a cabo polas administracións publicas do País Vasco.
CABÁRCENO O Parque da Natureza de Cabárceno está situado no val do Pisueña (comarca de Pas-Miera) a 15 quilómetros de Santander, situado nunha antiga mina de extracción de ferro, na localidade de Cabárceno do concello de Peganos (Cantabria, España). O parque de Cabárceno desenvolve tanto traballos de investigación relacionados coa conservación de especies en perigo de extinción, como coa educación ambiental. O parque é coñecido polo réxime de semilibertade dos us animais, pero tamén conta con rutas botánicas que permiten ver diferentes tipos de plantas, situadas normalmente xunto aos lugares máis visitados.
FUENTE DÉ Fuente Dé é un lugar dos máis turísticos de Cantabria, situado no mesmo pé dos Picos de Europa. Nesta paraxe nace o río Deva. Este lugar posee un teleférico que salva un desnivel de 753 m , con unha lonxitude de cable de 1.640 m. Á estación superior do teleférico chámase “El Cable”, alí existe un mirador sobre o val. O traxecto faise en pouco máis de 3 minutos.
A voz de Ventín
61
A voz de Ventín PICOS DE EUROPA Os Picos de Europa son unha formación montañosa da Cordilleira Cantábrica, ao norte da Península Ibérica. De valor paisaxístico importante, posúe numerosas especies únicas. Esta formación calcaria esténdese por Asturias, Cantabria e León e destaca altitudes, moitas veces superiores a 2.500 metros. Tan próximos están do Golfo de Biscaia que no seu punto máis ao norte está a só 15 km de distancia . Xeograficamente, os Picos de Europa están en sintonía coa Cordilleira Cantábrica, aínda que sexan consideradas como unha unidade independente de todo pola súa formación posterior. Eles ocupan unha superficie total de 64.600 hectáreas distribuídos entre as tres provincias. Da fauna presente nos Picos de Europa destaca o rebeco. A súa presenza nas zonas máis elevadas dos macizos resulta tan espectacular como sorprendente é a súa axilidade nun terreo tan difícil pois é o único que ousa aventurarse nos Picos ata as zonas máis altas. En lugares máis accesibles hai unha maior variedade de especies, como o corzo, o cervo, o xabarín, o raposo, o oso o el lobo. Nos ríos, a lontra, o merlo acuático, martiño peixeiro, o salmón atlántico e a troita. E sobre todo a peculiar pita do monte, aínda que a súa presenza é maior na Cordilleira Cantábrica, aquí tamén pódese escoitar o seu canto; onde convive co pito negro, a perdiz, o gato montés, o lirón, o esquío e a xeneta. Entre as máis de 100 variedades de aves que se poden atopar no parque natural, destacan as grandes rapaces, como a aguia real, a aguia cobreira, o voitre branco, o voitre leonado e o quebraosos. Tamén habitan a choia bico vermello, a choia bico amarelo e o corvo. E pódese observar o voo do “acentor”, a pica e o gorrión alpino. Por riba dos 1.500 metros, debido á altura e inclinación do terreo, a presenza de vexetación é limitada. A baixa estatura pode destacar a presenza de especies vexetais, como o freixo, o xenebreiro, o bidueiro, a nogueira ou o tileiro.
62
POTES Potes é un municipio da comunidade autónoma de Cantabria, que se encontra de camiño a Fuente Dé. Está situado no centro da comarca de Liébana, da cal é capital. A vila de Potes está situada na confluencia de catro vales, ademais de desembocar nela o río Quiviesa no río Deva, nacido este último en altitudes dos Picos de Europa. Potes disfruta dun microclima de tipo mediterráneo, que permite o cultivo de vide, co que se fai o coñecido “orujo” da zona, nogueiras e chopo. Durante a guerra civil, Potes veuse afectada por un incendio que destruíu o seu casco histórico, que máis tarde foi reconstruído, e ven a ser agora un Ben de Interese Cultural, coa categoría de conxunto histórico, dende o ano 1983.
SANTA MARÍA DE LEBEÑA A igrexa de Santa María de Lebeña encóntrase na localidade de Lebeña; pertence ao municipio de Cíllorigo de Liébana, na comunidade autónoma de Cantabria. Constitúe un dos máis notables testimonios de arte prerrománico en Cantabria, encuadrado dentro do denominado “arte de repoboación”. Foi declarada Monumento Nacional o 27 de marzo de 1893. A tradición di que os condes de Liébana edificaron a igrexa coa intención que albergase os restos de Santo Toribio, pero ao intentar descubrir a sepultura, tanto o conde como os seus servidores quedaron cegos. Ao recuperar a vista, arrepentido o conde Alfonso mandou construír a igrexa de Santa María e donouna ao Monasterio de San Martín de Turieno. Unha curiosidade natural deste monumento é o teixo que hai plantado xunto á igrexa , pode ter máis de mil anos, pois antes era costume plantar unha árbore desta especie ao finalizar a construción dun templo.
SANTILLANA DEL MAR Santillana del Mar é unha pequena cidade na comunidade autónoma de Cantabria, situado na costa occidental de Cantabria, , popularmente coñecida como a cidade das tres mentiras, porque non é nin santa, nin llana, nin ten mar. A cidade foi declarada un complexo histórico-artístico en 1889.
A voz de Ventín
63
A voz de Ventín A súas rúas son pavimentadas, e moitos baixos foron convertidos en tendas de venda de produtos típicos de Cantabria. Moitos son os alimentos, ofrecendo anchoas de Santoña, queixos cántabros, sobaos pasiegos,… Outros venden artesanía, no que predominan as esculturas de personaxes da mitoloxía cántabra. A cidade conta coa Colexiata, a xoia máis importante da arquitectura románica en Cantabria, do século XII. No centro da vila está a Praza de Ramón Pelayo. Preto de Santillana están as Covas de Altamira.
COVAS DE ALTAMIRA As covas de Altamira están situadas no municipio de Santillana del Mar, Cantabria, moi cerca da capital municipal. Nelas consérvase un dos ciclos pictóricos máis importantes da Prehistoria. Conteñen pinturas policromadas de animais, gravados, pinturas negras, vermellas, amarelas e violetas que representan animais, figuras antropomorfas, debuxos abstractos e non figurativos.. As pinturas aproveitan o relevo natural da rocha e ás veces modelan interiormente para dar sensación de volume e mobilidade. Están feitas con pigmentos minerais ocres, marróns , amarelos, e avermellados. Os contornos das pinturas están feitos con carbón. Para facer as pinturas utilizábase un utensilio a modo de pincel e un tubo polo que se sopraba a modo de aerógrafo. O lugar áchase situado nun punto estratéxico para poder aproveitar a rica fauna que habitaba as valgadas das montañas circundantes. Nos anos da década de 1960 comprobáronse diversos danos nas pinturas polas numerosas visitas turísticas. Altamira foi, entón, pechada completamente para o público en 1971, e reaberta parcialmente en 1982. Foi realizada unha copia da gruta por Manuel Franquelo e Sven .
64
Nebel, que estivo lista no ano 2000. A copia permite observar unha vista das pinturas polícromas da sala principal, así como doutras obras menores. Comprende tamén algunhas esculturas de rostros humanos, que non se podían ver na cova orixinal Foi declarada Patrimonio da Humanidade no 1985 e desde 2007 é un dos 12 tesouros de España.
COVAS DE EL SOPLAO A cova do Soplao encóntrase enclavada dentro da Serra do Escudo, nos municipios de Valdáliga e Rionansa, na comunidade Autónoma de Cantabria. Ten unha lonxitude total de case 17 km, e está situada a 540 m de altitudes obre o nivel do mar. Foi descuberta esta cova porque empezaron alí cunha explotación mineira, no século XIX, extraendo un mineral, chamado galena. Son unhas covas únicas pola abundancia e a calidade das chamadas formacións excéntricas, que son o mesmo que as estalagtitas e as estalagmitas, pero que non teñen un eixe determinado. Tampouco están ao igual quen a maior parte destas rocas por carbonato cálcico, senón que a principal composición destas é o aragonito.
TARAMUNDI: MAZONOVO A aldea de Mazonovo é unha unidade poboacional pertencente a Taramundi. Está situada no concello de Taramundi, no Principado de Asturias, a n só 250 m da capital municipal. Nesta localidade atópase un museo dedicado aos muíños de cereal, tanto de auga como manuais. O percorrido é o seguinte: A través dunha reportaxe dáse unha explicación da evolución dos muíños desde tempos prehistóricos ata os nosos días, así como as funcións de mantemento do muíño, necesarias para realizar unha boa molida. Seguidamente, a través dun túnel, accédese aos edificios e ao exterior do conxunto. Primeiramente, no edificio 1, obsérvanse os muíños de man, que pódense utilizar, así como a parte interior do muíño gravitatorio, cuxa roda, de 5 m de
A voz de Ventín
65
A voz de Ventín diámetro, atópase no exterior. Están tamén, o primeiro muíño hidráulico do que se ten noticia e o muíño medieval, ambos os poñen en marcha os visitantes. A través dun paseo polo canal de abastecemento, onde se pode observar a flora autóctona, atópanse outros dous muíños, o chino e o brasileiro, o primeiro manual, e o segundo hidráulico. Retornando polo canal, e entrando polo edificio 2, atopamos a central eléctrica que abastece ao conxunto,un moderno muíño desmontado para que se poidan ver as súas pezas , un muíño moderno funcionando ininterrompidamente, explicación práctica do funcionamento das pedras ao moer, un muíño cuxa pedra superior é de cristal... E seguidamente, no exterior atópase o muíño de mazos de madeira, construído totalmente en madeira de carballo, incluído o depósito de auga.
66
rte a a im ñ a str nhe A e ugge G do
Moi bonito o ambar do Soplao
Gustoume moito a excursión, aínda que as covas de Altamira quedáronseme escasas.
Que tres mentiras ten Santillana del Mar? Nin é Santa, nin é llana, nin ten mar.
Moitas excursión dentro dunha!!!
Q co ue a Ca s an legr bá ima ía, rc is en de o!! !! Eu non me portei moi ben, porque Cantabria ponme a cen
Gustoume moito os profes que nos tocou… Son moi divertidos!!!
Que vistas dende aquel teleférico!!!!
Se queres ver aos mestres comportarse como nenos e tamén queres vir a divertir, tes que ir a Cantabria!!!!
Menudas vistas dende as casas colgantes de Cudillero
Oxalá houbera unha excursión así todos os anos. Iría a todas!!!!! Para min o mellor da excursión foi a habitación, que cando vin ocn quen iba enchinme de emoción.
Maravillosa, simplemente Maravillosa!!!!!
A voz de Ventín
67
A voz de VentĂn
68
O noso meco
A voz de VentĂn
69
A voz de VentĂn
70
Ademais tamĂŠn conmemoramos ...
A voz de VentĂn
71
A voz de Ventín
PORTADAS FINALISTAS
Alba 1ºA
Marcos 4ºB
Sergio Diego 4ºB
Afife 6ºB
Daniel Fernández 5ºA
Paula 3ºA
Alba 6º B
Irene 1ºB
Laura 4ºC
Sara 5ºC
Claudia 3ºA
Natalia 2ºC
Sara 1ºC
Nico 6ºB
72
LUCÍA 1º C XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA Secretaría Xeral de Política Lingúística
CEP de Ventín Ventín – Biduido 15895 – AMES (A Coruña)