PROXECTO LECTOR DE CENTRO (P.L.C.)
MARCO NORMATIVO Os cambios no marco legal educativo dos últimos anos sitúan a educación lectora no centro de todas as miradas. • LOE(BOE do 4 de maio de 2006) • RD 1513/2006 de 7 de decembro • RD 1631/2006 de 29 de decembro • D 130/2007, do 28 de xuño (DOG)
LOE • Art. 19,24 e 26 Establecen que a lectura no ensino básico deberá ser traballada desde todas as áreas, e que para fomentar o hábito lector dedicarase un tempo diario á mesma na EP Asemade, recoñécese o caracter instrumental da mesma e considérase un elemento esencial no desenvolvemento das diferentes competencias básicas. • Art.113(completo) Dedicado a regular o papel das bibliotecas escolares.
RD 1513/2006 de 7 de decembro RD 1631/2006 de 29 de decembro Establecen as ensinanzas mínimas para EP e ESO Art.6 e 7 Referidos ás competencias básicas. Supón o recoñecemento explícito da lectura como “factor fundamental/primordial para o desenvolvemento das competencias básicas”
A afirmación de que a lectura constitue un factor fundamental no desenvolvemento das competencias básicas e que estas deben de ser abordadas desde todas as áreas do ensino básico, está a recoñecer a necesidade dun tratamento integral e planificado da lectura desde todas as materias que, ademáis de favorecer a competencia lectora contribúa a desenvolver as demáis competencias básicas. COMO CONSECUENCIA, OS DECRETOS AUTONOMICOS QUE DESENVOLVEN OS CURRÍCULOS DE EP e ESO DEBEN FORMULAR DISPOSICIÓNS QUE ESTABLEZAN A ELABORACIÓN DE PROXECTOS LECTORES.
DECRETOS GALEGOS • Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.(anexo IV).
INCLÚEN UN ANEXO QUE RECOLLE AS CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO LECTOR DE CENTRO E OS ASPECTOS QUE NEL DEBEN RECOLLERSE
O PLC é un documento de referencia obrigada PLC
integra
inclúese
PEC
TODAS AS ACTUACIÓNS DO CENTRO
destinadas FOMENTO DA LECTURA E ESCRITURA
ADQUISICIÓNS DAS COMPETENCIAS BÁSICAS
多COMO SE ELABORA O PLC? PLC
AREAS
elabora
coordina
recursos
CLAUSTRO
RESPONSABLE BIBLIOTECA
BIBLIOTECAS
MATERIAS
CICLOS
DE CENTRO
DE AULA
¿EN QUE AFECTA Á PRÁCTICA DIARIA O PLC? PLC PAL PXA
• É o referente para a elaboración dos programas ou PLANS ANUAIS DE LECTURA (PAL) • O PLC e o PAL están incluidos na PXA.
¿CANDO E COMO FACELO? Desenvolvemento
A medio prazo. • documento aberto. •Avaliado e revisado anualmente.
Punto de partida (en función dos resultados)
Análise do contexto •Cuestionarios. en materia de •Probas obxectivas. lectura •Observación…
Planeamento das actuacións que o centro levará a cabo
Intervencións que se van realizar no centro en relación coa lectura, escritura e as habilidades informativas
CONSENSUADO
POR TODO O PROFESORADO
•Traballo nas aulas. •Biblioteca do centro •Animación á lectura. •Tempo para lectura. •Informática(internet)
“Os centros educativos deberán tomar decisións consensuadas que permitan: •
• • • •
A existencia dunha biblioteca escolar como centro de recursos da información, da lectura e da aprendizaxe, dinamizadora da vida educativa e da vida cultural do centro. A integración das fontes informativas, en calquera soporte (impreso ou electrónico) no tratamento dos contidos curriculares. A formación de lectores e lectoras competentes e a creación e consolidación do hábito lector. O desenvolvemento de actitudes favorables á lectura mediante a creación de ambientes lectores, entre outras estratexias. O funcionamento da biblioteca escolar como factor de compensación social.
FUNDAMENTOS
• Garantirá a paulatina capacitación do alumnado nas competencias básicas. • Empregará cun enfoque funcional as distintas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) • Traballarase :
– Con todo tipo de textos (literarios, expositivos, xornalísticos...) – En todo tipo de soportes (impreso ou electrónico)
• Incidirá na identificación de:
– A finalidade da lectura – As estratexias de comprensión lectora.
• Cada profesor-a incluirá na súa programación:
– as actividades que se prevean no proxecto. – Un tempo mínimo para a lectura e a inclusión de prácticas de comprensión e fomento da lectura e da escritura.
Conclusión Entendemos o PLC coma un proxecto de intervención educativa, integrado no PEC, que pretende o desenvolvemento das competencias lingüísticas do alumnado,o fomento do hábito lector,o desenvolvemento da alfabetización informacional mediante a actuación planificada e coordinada. Este plan deberá incluír principios xerais e estratexias didácticas que, desde a consideración da lectura como obxecto e medio de ensino e aprendizaxe, empurren o desenvolvemento das competencias básicas e das áreas curriculares. Deberá, tamén, recoller actuacións globais que involucren a todo o centro nun proxecto de biblioteca , destacando o papel da biblioteca do centro e as bibliotecas de aula como recursos fundamentais para o ensino e a aprendizaxe. Por último, debería artellarse coma eixe do traballo lector no desenvolvemento de todas as competencias básicas.