PROXECTO LECTOR

Page 1

PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” 1. INTRODUCCION O presente documento é o resultado da reflexión do profesorado do centro respecto dos obxectivos e actividades a incluir no PROXECTO LECTOR do centro ao longo de varios meses. Trátase sinxelamente dun “borrador” que deberá ser correxido e mellorado ao longo da súa aplicación no curso 2008/2009 . No último trimestre dese curso debe procederse a avaliación do mesmo para introducir as correccións necesarias, co fin de elevar a definitivo o mesmo no curso 2009/2010. Ao remate de cada un dos trimestres os ciclos e departamentos realizarán o seguimento da posta en funcionamento do proxecto, nunha sesión adicada a tal fin. Asemade, as programacións de aula deberán ter en conta o recollido nese proxecto, incluindo un plan anual de lecturas para cada nivel .

Fundamentación teórica

“ Creo que vale a pena ler porque os libros ocultan países maravillosos que ignoramos, conteñen experiencias que non vivimos xamais. Un é indudablemente mais rico despois da lectura…” Adolfo Bioy Casares

O Proxecto Lector de Centro que a administración educativa propón poñer en marcha través da LOE ( Artigos 19.2 / 24.7 /25.5 ), ó longo dos dous próximos anos, ven xustificada, a lo menos, polos seguintes aspectos. En primeiro lugar o elevado fracaso escolar no ensino abrigatorio entorno ó 35% e as tasas de abandono tamén bastante elevadas. Fracaso escolar que moitos autores atribúen en parte a deficiencias en lectura e escritura dos alumnos, “ A lingua é o instrumento mediante o cal organizamos o pensamento e é dende esta idea desde dónde podemos establecer unha relación clara entre mala estructuración da linguaxe e fracaso escolar” ( Daniel Cassany, 1994 ) Por outro lado o recoñecemento do baixo nivel conseguído polo alumnado en comprensión lectora cando se toman datos e se comparan cos de países do entorno europeo ( Informe Pisa 2006 ) nos que ocupamos lugares pouco destacados. Ademais os cambios aportados polas novas tecnologías e a sociedade da información requiren cambios na maneira de actuar na escola e de ensinar e aprender. O alumnado precisa contar cun axeitado nivel de lectura e escritura que lle permita ó acceso e manexo da información como vía para a aprender nun mundo globalizado e en rede. Tamén os estudios e investigacións no campo da lectura e da escritura contribúen a fundamentación teórica do proxecto lector. Bruno Bettelheim, EEUU 1983, “ Aprender a leer”, Frank Smith, México 1985 “ Comprensión de la lectura”, Emilia Ferreiro e Ana


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” Teberosky, México 1978 “ Los sistemas de escritura en el desarrollo del niño “ . Por citar algunos dos autores que producen un cambio de enfoque sobre os métodos de ensinar a ler e escribir. A novidade introducida foi contemplar, por un lado, aspectos da persoalidade dos aprendices non tidas en conta ata agora e que xogan un papel moi importante na adquisición do proceso lector como son a afectividade, a persoalidade, o ambiente no que se produce a aprendizaje e mismo os materiais empregados. Por outro, a consideración simultanea e non lineal no proceso de aprendizaje lector, un novo concepto na comprensión da lectura mais aló das propias palabras do texto, a necesidade de facer explícitas as estrategias de aprendizaje. No noso país estas novas ideas foron incorporadas a LOXSE ( 1990 ). Autores como César Coll, Daniel Cassany, 1994 “ Enseñar lengua”, Carlos Lomas, 1994 “ La enseñanza de la lengua y el aprendizaje de la comunicación”, xunto con un numeroso grupo de autores que contribúen a difundir a reforma educativa co ánimo de actualizar metodoloxías ancladas no pasado. Outros campos de estudio sobre pensamento e linguaxe da man de autores tan destacados como Piagét e Vigostky tamén teñen un lugar destacado no campo da aprendizaje en xeral e da lectura e escritura en particular. Piagét afirma que primeiro é o desarrollo e logo a aprendizaje. Vigostky afirma polo contrario que a aprendizaxe produce desarrollo. Estas dúas teorías que en principio parecían contrapostas actualmente son consideradas complementarias. Outro feito destacado para a práctica é que a aprendizaje social prodúcese antes ca individual con grandes repercusións na metodoloxía. Ademais, non deberemos esquencer os estudios sobre a literatura infantil-xuvenil como recurso para o proceso lecto escritor e a formación de lectores activos. Aquí tamén nos atopamos con numerosos autores pero por razóns de espacio nomearemos solo algúns. Paul Hazard, 1950 coa súa famosa e clásica obra marcou o inicio do interés por este campo, “Los libros, los niños y los hombres “, George Jean, 1988 “El poder de los cuentos”, Vladimir Propp, 1972 “Morfología del cuento, A. Nobile, 1990 “ Literatura infantil y juvenil “, que ten un capítulo adicado a literatura infantil e xuvenil en España ( 1939-1990 ). Por último, salientar que a elaboración e posta en marcha do Proxecto lector, danos a oportunidade de renovar algunhas prácticas escolares xurdidas do proxecto de traballo. Con seguridade, etas prácticas innovadoras contribuirán á mellora das habilidades en lectura e escritura.do alumnado do centro. Marco lexislativo. LOE(BOE do 4 de maio de 2006) RD 1513/2006 de 7 de decembro RD 1631/2006 de 29 de decembro LOE Art. 19,24 e 26 Establecen que a lectura no ensino básico deberá ser traballada desde todas as áreas, e


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” que para fomentar o hábito lector dedicarase un tempo diario á mesma na EP e un tempo específico na práctica docente de todas as materias, no caso da ESO. Asemade, recoñécese o caracter instrumental da mesma e considérase un elemento esencial no desenvolvemento das diferentes competencias básicas. Art.113(completo) Dedicado a regular o papel das bibliotecas escolares. A afirmación de que a lectura constitue un factor fundamental no desenvolvemento das competencias básicas e que estas deben de ser abordadas desde todas as áreas do ensino báico, estase a recoñecer a necesidade dun tratamento integral e planificado da lectura desde todas as materias que, ademáis de favorecer a copetencia lectora contribúa a desenvolver as demáis competencias básicas. RD 1513/2006 de 7 de decembro RD 1631/2006 de 29 de decembro COMO CONSECUENCIA, OS DECRETOS AUTONOMICOS QUE DESENVOLVEN OS CURRÍCULOS DE EP e ESO DEBEN FORMULAR DISPOSICIÓNS QUE ESTABLEZAN A ELABORACIÓN DE PROXECTOS LECTORES. DECRETOS GALEGOS Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.(anexo IV). Decreto 133/2007, do 5 de xuño , polo que se establece o currículo da ESO INCLÚEN UN ANEXO COMUN AOS DOUS QUE RECOLLE AS CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO LECTOR DE CENTRO E OS ASPECTOS QUE NEL DEBEN RECOLLERSE Establecen as ensinanzas mínimas para EP e ESO Art.6 e 7 Referidos ás competencias básicas. Supón o recoñecemento explícito da lectura como “factor fundamental/primordial para o desenvolvemento das competencias básicas”


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” 2. OBXECTIVOS XERAIS

2.1. Fomentar o gusto pola lectura. 2.2. Potenciar o hábito lector. 2.3. Mellorar a comprensión lectora.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

EDUCACIÓN INFANTIL


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

OBXECTIVOS 1. FOMENTAR O GUSTO POR LER a) Despertar o interese cara a lectura. b) Disfrutar coa lectura, escoita de contos, narracións e outros textos. c) Valorar a linguaxe escrita como medio de comunicación, expresión, disfrute e información. 2. POTENCIAR O HÁBITO LECTOR a) Organización o funcionamento da biblioteca de aula. b) Involucrar aos pais na lectura mediante o préstamo de libros. c) Ler diferentes tipos de textos. 3. INICIAR A LECTO-ESCRITURA DE FORMA COMPRENSIVA a) Ofrecer recursos e motivacións necesarias para a consecución dunha lectura comprensiva. b) Apreciar os detalles máis relevantes dunha narración. c) Comprender accións, sensacións, sentimentos,… en distintas situacións ou textos. d) Producir textos escritos e/ou orais que supoñan para o neno/a o disfrute e a satisfación persoal. e) Evitar que o neno/a ante un texto se sinta “incapaz de”.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” ACTIVIDADES A. LECTOESCRITURA A.1. LECTOESCRITURA 3 ANOS Uso exclusivo de maiúsculas. •

Elaboración de carteis cos nomes das distintas partes da aula, dos materiais, etc. Decoración da aula.

Asociar o seu nome coa súa foto.

Repasar a grafía do seu nome. Imitalo.

Escribir o seu nome e outros nomes.

Elaborar contos e fichas co nome dos personaxes dos contos.

Elaborar debuxos a partir dos contos traballados.

Lectura pictográfica con elementos próximos e cotiáns.

Xogos con letras móbiles, facendo o seu nome e outros, murais, etc.

Xogos no ordenador, poñer o seu nome ou localizar letras (vogais principalmente).

Xogos de discriminación visual de vogais e pequenas palabras relacionadas coa unidade traballada.

Buscar diferenzas entre os nomes traballados: longo curto, que letras ten, etc. Tamén os títulos e nomes de personaxes.

Escoitar e memorizar contos e cancións.

Copiar da pizarra algúns nomes significativos.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” A.2. LECTOESCRITURA 4 ANOS Uso de maiúsculas e minúsculas (só vogais). Amplíanse as actividades realizadas en 3 anos, aumentando en dificultade e engadindo: •

Copiado de pequenos textos: poesías, adiviñas, trabalinguas...

Elaborar xogos de asociación coas fotos dos nenos/ás e os seus nomes (en maiúsculas e minúsculas).

Facer debuxos e poñelos nomes a cada elemento do debuxo.

Confección dun libro de cancións.

Nomear e colorear debuxos que leven a/as vogais traballadas.

Recortar de revistas ou xornais palabras que leven as vogais traballadas.

Grafomotricidade das vogais.

Comprensión e dramatización de escenas dos contos traballados.

A.3. LECTOESCRITURA 5 ANOS Neste nivel utilizamos fundamentalmente na lectoescritura os nosos propios contos secuenciados, co seu material de xogo e as fichas de lectura, que serven de reforzo e ampliación do vocabulario traballado en cada conto. Ó principio, os contos serán reducidos e as actividades moi sinxelas, pero logo irán aumentando en complexidade en todos os aspectos (textos máis amplos, maior vocabulario, maior número de consoantes, maior número de tarxetas no xogo, maior complexidade nas fichas de lectura…) A partir do conto traballaremos cada consoante paulatinamente con todas as vogais e a súa grafía. Os contos constarán de: A) Un cartel grande con viñetas e texto. B) Actividades realacionadas co texto para traballar na aula: 1. Lectura comprensiva e localiazación das palabras significativas (coa letra dada).


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” 2. Facer un debuxo para cada unha das palabras significativas do conto e ademáis recortar a parte do xogo correspondente, para asociar nome e debuxo e comezar a xogar. 3. Traballaremos as frases: lectura xa dada e ilustración feita polos nenos/as. 4. Lectura en grupo e individual do conto. 5. Recortar as frases do conto e ordealas. 6. Escritura do texto. 7. Permitir que varíen o final do conto. METODOLOXÍA ¿Cómo presentamos os contos? 1. Presentación do texto global e lectura por parte do profesor/a. 2. Presentación das persoaxes, destacando o fonema que interesa (en maiúscula e en minúscula). 3. Lectura dos textos de cada escena. Lectura combinada (len os nenos/as axudados polo profesor). 4. xogo de asociación: palabra (maiúscula e minúscula)-debuxo. 5. lectura individual de cada neno co seu conto e realización de actividades: a) Colorear ou debuxar cada escena. b) Lectura do vocabulario. c) Relacionar debuxo-nome (maiúscula e minúscula). d) Recortar e ordear o conto. O xogo Constará de tarxetas con palabras e tarxetas con debuxos que deberán asociar correctamente. Todos os contos estarán relacionados co xogo en canto a palabras e a debuxos. Unha vez que vaian asociando palabra-debuxo correctamente, poderán formar tamén frases pero para iso o xogo deberá contar con nexos, verbos e números. O xogo, por suposto, igual que os contos, o principio constará de palabras e debuxos limitados xa que se o alumno se atopa con un número excesivo de palabras e debuxos desanimaríase e confundiríase. Isto non descarta a posibilidade de ampliar o xogo con palabras motivadoras suxeridas polos alumnos/as, ainda que non aparezan nos


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” contos e teñan algunha letra que ainda non se vira na aula; polo que sería convinte alguns casilleiros en blanco, que nos permitirán incluir o vocabulario suxerido polos alumnos/as. Deste xeito poderán xogar de forma individual ou en grupo e cada neno/a ten o seu propio xogo, permite que cada un xogue o seu ritmo. Ten outras opcións como que a profesora lles pida que busquen unha palabra determinada, que formen unha frase que ela propoña ou que diga calquera neno/a nun momento dado. As palabras irán escritas en maiúsculas e minúsculas. B. CONTO DE IDA E VOLTA Consiste nun préstamo semanal no que cada neno/a leva para a súa casa un libro (os venres). Os alumnos/as de 3 anos comezan con esta actividade no terceiro trimestre. As familias deben implicarse por que son estas as encargadas de ler os contos e axudar os nenos/as a completar un “caderniño” de seguimento cos títulos dos contos, data da lectura e avaliación, isto último a través de iconos (caras). RECURSOS En todas as aulas haberá un rincón reservado á biblioteca de aula onde os nenos/as manexan contos.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

er

1 Ciclo de Educación Primaria

OBXECTIVOS OBXECTIVO XERAL PARA O PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” “Valorar a importancia da lingua escrita para desenvolverse no medio habitual e como enriquecemento persoal”. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA O PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA

1.- Fomentar o gusto pola lectura: 1. Descubrir a lectura como medio de comunicación e enriquecemento persoal. 2. Familiarizarse coa estructura e o coñecemento das persoas relacionadas cos libros (portada, contraportada, editorial, autor/a, ilustrador/a). 3. Descubrir outros tipos de soportes comunicativos: revistas, periódicos, cómics, contacontos, catálogos. 4. Desenvolver o sentido crítico á hora de elexir lecturas (desenrolo da personalidade). 5. Practicar a lectura de forma autónoma en parte do tempo de lecer.

2.- Potenciar o hábito lector 6. Utilizar a biblioteca da aula na que teña cabida todo tipo de textos (narracións, cómics, revistas, periódicos...), aprender a manexalos e a coidalos. Aumentala con aportacións particulares, ben para que queden definitivamente, ou para que os demáis desfruten dalgún relato que nos resultou divertido. 7. Destinar un tiempo específico para a lectura: • na aula . • en familia. • na biblioteca.

3.- Mellorar o nivel de comprensión lectora 8. Utilizar técnicas de lectura eficaz: movemento dos ollos, rapidez mental, entrenamento de memoria, anticipación.

ACTIVIDADES 1.- Fomentar o gusto pola lectura


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” Disfrutar lendo 9. Na aula: libros procedentes da biblioteca do colexio, das súas casas, elaborados por equipos na clase, cedidos pola biblioteca municipal... 10. En familia: compartindo a lectura coa súa familia. Na casa daráselle prioridade á lectura tendo en conta unhas pautas: • Falar sobre libros, revistas, noticias da TV. • Converter a TV en aliada, fixarse nos programas e películas preferidos e buscar libros relacionados. • Crear un ambiente adecuado, cómodo, luminoso, espacioso. 11. En voz alta polo profesor: todo tipo de textos, enfatizando a entoación, pausas, silencios. 12. Visitando exposicións: salón do libro infantil, salón do cómic. 13. Visitando páxinas web: • www.juntadeandalucia.es/averroes/cepco3/fondolector • www.cnice.es (inglés) • www.indicedepaginas.com • www.pequenet.com (todos los cuentos) • www.cuadernosdigitales.com -Utilizando programas informáticos relacionados coa lectura: clic, juegolec, Bit. -Elaborando xogos, títeres, carteis. -Investigando curiosidades en Internet. -Utilizando material do Seminario de Lectura Eficaz elaborado no centro. Familiarizarse coa estructura dun libro e coas persoas relacionadas con el 14. Realizar una “ficha-tipo” dos libros que vaiamos lendo, donde se inclua: título, autor/a, ilustrador/a, editorial, tema, gustoume ou non,

unha

actividade alusiva ao contido (sopa de letras, encrucillados, diferenzas, de punto a punto, encadeados, árbol de palabras). Archivalas en: “Lin no 2008”


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” 15. Visita dalgún contacontos, ilustrador, periodista, bibliotecaria,… para que valoren o traballo que fan. 16. Acostumarse a respectar as normas de comportamento nas bibliotecas: préstamos, devolucións, silencio, mantemento adecuado dos libros, recoñecemento dos axeitados para a súa idade.

Desenrolar o sentido crítico á hora de elixir un libro (desenrolo da personalidade) 17. Traer da casa, o libro que máis nos gustara para recomendarllo aos compañeiros, explicándolles o por qué. 18. Reflectir na “ficha-tipo” se nos gustou un libro, se non é así, ter libertade para cambialo. 19. Elexir nunha posta en común, o libro favorito do mes. Colocarase nun atril de honra.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

2.- Potenciar o hábito lector


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” Utilizar os libros 20. Necesidade de coidar os libros porque son un material de todos. 21. Necesidade de revisar o estado dos mesmos cada certo tempo para reparalos, así como comunicarllo ao profesor cando vexan algún deteriorado. 22. Respectar as normas do préstamo e intercambio de libros, sexan da biblioteca ou propios. 23. Valorar o alto coste dos libros e a necesidade de conservalos en bo estado.

Destinar un tempo dentro do horario para leer 24. Lectura individual na mesa do profesor. 25. Lectura individual en voz alta. 26. Lectura colectiva.

Lectura en familia 27. Prestar libros para levar á casa. O control levarao o profesor. 28. Rexistro do libro lído na “ficha-tipo”. 29. Reflexo, no Cartel de Libros, se me gustou ou non, con gomets de colores diferentes. 30. Motivación á lectura do libro mellor valorado. 31. Creación de “Lin no 2008”. Arquivo de fichas de libros que van lendo.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

3.- Mellorar o nivel de comprensión lectora Levar a cabo técnicas para conseguir unha boa fluidez lectora e entoación 32. Lectura diaria individual co profesor. 33. Lectura por parte dos alumnos das diferentes actividades a realizar na aula. 34. Lectura (unha sesión semanal) primeiro silenciosa e despois colectiva, con entoación, pausas, corrixindo erros e tratando de evitar silabeo, regresións, seguimento co dedo...

Levar a cabo técnicas para conseguir unha boa comprensión 35. Activar os coñecementos previos a partir da portada, unha lámina, unha fotografía, debuxos... 36. Conversar sobre o título. 37. Formular hipóteses sobre o contenido. 38. Explicar o significado de palabras descoñecidas. 39. Revisar as ideas principais. 40. Diferenciar entre: Presentación/Nó/Desenlace. 41. Comprender a mensaxe do texto.

Ampliar o vocabulario e utilizalo 42. Escribir en tiras de cartolina as palabras difíciles e colocalas no recuncho das palabras ( revisaránse cada mes). 43. Construir frases con elas. 44. Preguntar na casa palabras antónimas ou sinónimas e facer con elas unha posta en común. 45. Elaborar un conto colectivo cos datos aportados anteriormente.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

METODOLOXÍA O proceso de ensinanza –aprendizaxe da lectura construese a través do traballo de diferentes tipos de textos, mediante a asimilación de contidos conceptuais e a través da realización de actividades, tanto de forma oral coma escrita. A iniciación á aprendizaxe da lectura realízase en Educación Infantil e vaise afianzando na Educación Primaria. Ao inicio do 1º Ciclo de E. Primaria contemplaremos varios aspectos: 46. Partir do nivel de desenrolo lector que cada alumno posee. 47. Avanzar gradualmente do máis simple ao máis complexo, dos coñecementos previos á nova información. 48. Ter en conta os intereses desta idade: • Historias que contan a vida de nenos/as coma él. • Historias de aventuras, de fantasía e humor. • Lendas e contos de sempre. • Poemas, adiviñas. 49. Valorar que o alumno responda positivamente. 50. Aproveitar os erros para mellorar a tarefa. 51. Favorecer as relacións interpersoais en actividades coma o xogo. Por eso partimos do XOGO, un medio eficaz, natural e fácil para adquirir unha boa fluidez e comprensión lectora. Trataremos o XOGO como unha actividade exploradora, de aventura e de experiencias, como un medio de comunicación indispensable para o desenvolvemento intelectual do neno (incluimos tipos de xogos e obxectivos dos mesmos). Ademáis do XOGO, o CONTO, é a outra gran arma da Metodoloxía no 1º Ciclo. A través do CONTO, o neno entra en contacto cos personaxes que viven unha situación de conflicto, que se soluciona coa intervención adecuada. Os elementos que compoñen o CONTO son tan atractivos que rapidamente captan a atención do neno, proporcionándonos innumerables posibilidades para estimular a creatividade e o inxenio.

ESTRATEXIAS


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

1.- Antes da lectura 52. Activación dos coñecementos previos: imaxes, lámina de portada, títeres... 53. Observación, descripción, comprensión. • Conversación sobre as imaxes, lámina de portada... • Conversación sobre a contraportada. • Conversación sobre o libro. • Formulación de hipótesis sobre o contenido. • Identificación de propósitos e focalización da atención sobre a lectura.

2.- Durante a lectura 54. Comprensión do que se está lendo ou escoitando. 55. Realización de novas prediccións sobre a lectura. 56. Revisión das ideas principais de cada capítulo. 57. Relaciona a nova información cos coñecementos previos.

3.- Despois da lectura 58. Resumir as ideas principais de toda a historia e chegar á mensaxe que nos quere trasmitir o texto. 59. Analizar os obxectivos e prediccións adecuados. • Comprensión literal: • Datos do texto. • Recoñecemento de personaxes. • Relacionar o lugar cos sucesos acontecidos. • Ordenar temporalmente os sucesos.

• Comprensión estructural: ♦ Diferenciar diálogo de narración. ♦ Diferenciar idea principal de secundarias. • Comprensión interpretativa:


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” ♦ Deducir información que non aparece no texto. • Comprensión crítica: ♦ Poñerse no lugar do autor/a e intentar ver as intencións coas que escribiu o libro.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

XOGOS DE LECTURA 1.- Xogos de atención 60. Obxectivos • Despertar a atención. • Enriquecer o vocabulario. • Reforzar a ortografía. 61. Tipos de xogos • Palabras repetidas. • Palabras parecidas. • Palabra diferente. • Cruciletras. • Xogos de habilidade visual. • Xogos de lectura selectiva.

2.- Xogos de vocabulario 62. Obxectivo • Desenrolar e enriquecer o vocabulario e a ortografía. 63. Tipos de xogos • Letras desordenadas. • Completar palabras. • Encontrar palabras. • Xogos de sinónimos e antónimos. • Encadenados. • Sopa de letras. • Encrucillados. • Árbores de palabras. • Reloxiograma. • Autopanal.

3.-Xogos de sintaxe e estilo


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” 64. Obxectivos • Desenrolar a comprensión. • Traballar o razoamento lingüístico. • Reforzar a sintaxe. 65. Tipos de xogos • Textos con espazos en branco. • Frase intrusa. • Ordenar texto. • Puzzles. • Buscar os gazapos. • Descubrir a frase.

4.- Xogos de entrenamento da memoria inmediata 66. Obxectivos • Desenvolver a comprensión. • Reforzar a memoria inmediata. 67. Tipos de xogos • Cuestionario de comprensión lectora. • Memorizar palabras. • Memorizar expresións. • Memorizar detalles. • Memorizar frases.

CONCLUSIÓN A lectura no 1º Ciclo de Educación Primaria deberá ser sobre todo DIVERSIÓN, de aí que sempre irá unida ao XOGO, sen esquecer outros aspectos que xa plantexamos anteriormente como a comunicación, información, etc. que, a través do proceso metodolóxico e as actividades descritas, levarannos á acadar o principal obxectivo proposto: “Valorar a importancia da lengua escrita para desenvolverse no medio habitual e como enriquecemento persoal”


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

2º CICLO E.P.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” OBXECTIVOS ESPECÍFICOS Fomentar o gusto pola lectura. -

Despertar nos nenos/as o gusto pola lectura valorándoa como fonte de “ lecer e pracer”. Valoración e aprecio de textos orais (galegos e casteláns) como fonte de coñecemento da cultura e como recurso e disfrute persoal. Despertar a curiosidade hacia historias e relatos partindo do coñecido. Desenrolar a imaxinación e a fantasía a través de lecturas atractivas. Iniciar e ir profundizando no uso dos libros: a) como fonte de pracer. b) Como fonte de aprendizaxe.

Potenciar o gusto pola lectura. -

-

Acadar que a linguaxe escrita sexa para o neno/a un medio de comunicación atractivo( tanto informativo como de pracer). Potenciar e favorecer a lectura dentro e fóra do entorno escolar. Fomentar a lectura diaria. Introducir ao alumno/a nas novas tecnoloxías en temas relacionados coa lectura. Tansmitir o pracer de ler e a fonte de coñecemento que a lectura ofrece. De cara a estar informados: a) Potenciar a comprensión das informacións relevantes en textos de situacións cotiás de relación social ( correspondencia, normas, regras de xogo…) b) Potenciar a información en textos procedentes de medios de comunicación social ( xornal, anuncios, titulares…) c) Potenciar despois da información a integración de todos os coñecementos para: contrastar información, clasificar, comparar, interpretar… Interese por textos escritos como fonte de aprendizaxe e como medio de comunicación de experiencias e de regulación da convivencia. Utilización de elementos gráficos e para-textuais, con grao crecente de dificultade, para facilitar a comprensión ( ilustracións, gráficos).

Mellorar o nivel de comprensión lectora -

Utilizar a linguaxe oral e escrita como instrumento de comprensión e análise de textos, organización de textos… Traballar a linguaxe oral/escrita tendo por base textos adaptados ás idades. Comprensión de dierentes tipos de textos. Ler diariamente ( en grupo e individualmente). Motivar ao alumno hacia o traballo con diferentes textos para que aprendan a elaborar os seus propios coñecementos. Fomentar a imaxinación.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” -

Acadar que o diccionario forme parte do material do alumno e que o utilice nos momentos de lectura. Lectura persoal, silenciosa e en voz alta de obras adecuadas á idade e aos intereses do alumnado. Lectura guiada e expresiva de textos narrativos e poéticos de literatura infantil, adaptacións de obras literarias clásicas e de literatura actual en diversos soportes. Comprensión, memorización e recitado de poemas co ritmo, pronuncia e entoación axeitados. ACTIVIDADES

-

-

Traballo con lecturas na aula: narrativa,diálogo,descripción, poesía… Lectura grupal en voz alta. Lectura silenciosa individual. Preparación de lecturas na casa. Lecturas e comprensións con: preguntas, resumes en voz alta e por escrito, debuxos, preguntas sobre o texto aos compañeiros… Lecturas de obras de teatro en alto, representando cada alumno unha personaxe. Memorizar diálogos. Dadas unhas personaxes inventar unha obra propia, por grupos ou de forma conxunta na aula. Memorizala,facer decorados, vestuario e representala. Inventar contos e narracións seguindo o esquema e tras recoñecer en outros lidos as partes: presentación, nó e desenlace. Elaborar historias partindo do lido ( unha personaxe, unha situación, unha paixase… Inventar poemas despois de traballar a rima, os versos e as estrofas. Memorizar e recitar poemas, trabalinguas, adiviñas, refráns… Facer descripcións de personaxes, obxectos, paisaxes, etc… que aparezan nas lecturas. Describir o noso entorno, os nosos compañeiros, os amigos…unir para facer pequenos relatos. Traballar o cómic: ler, comentar (debuxos e diálogos).Intentar facer un cómic persoal e outros en grupos para que formen parte da biblioteca propia e da aula. Facer xogos coa linguaxe partindo de textos lidos: agrupacións, errores, emparellamentos, encrucillados, sopa de letras… Buscar no diccionario palabras descoñecidas das lecturas.Facer con eles frases para incluir en textos colectivos ou en traballos individuais. Facer traballos en grupos buscando información en diferentes libros( biografía dada) de diferentes bibliotecas, de internet, etc. Retomar as bibliotecas da aula para ter na clase un número de libros suficiente que nos permita un traballo satisfactorio.Os libros deberíanse cambiar trimestralmente, facer intercambios entre aulas, coas bibliotecas do centro, do concello, da familia etc. Traballos sobre o libro que se está a ler: ditados diarios por parte dun alumno/a, lectura conxunta e individual do ditado, correción do ditado por parte do alumno…


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” -

-

-

-

Lecturas obrigatorias para a época de vacacións cos libros propios para así ir formando unha biblioteca familiar propia. Intentando deste xeito que se valoren mais os libros. Traballo na biblioteca de aula: organizala, clasificar libros, reparar libros, forrar libros, facer fichas bibliográficas, nomear encargados semanais para préstamos, levar o ficheiro de entradas e saídas, coordinar coa biblioteca do centro, do concello, elaborar carnet de lector, facer grupos de lectura… Traballo con libros: • antes da lectura: estudar portada e contraportada, diálogo sobre o título, hipóteses sobre o contido, aventurar un final da historia, reflexión sobre os debuxos que conteña, traballo sobre o autor do libro… • lectura silenciosa: e en voz alta do libro participando alumnado e profesor. • despois da lectura: traballos de comprensión, de vocabulario (diccionario), de ortografía, gramática…,de investigación sobre determinados aspectos do contido, valoración e crítica do texto lido, estudo das personaxes, elaboración de distintos finais… Facer traballos con contos, obras de teatro, prensa, búsqueda de información en Internet, selección de bibliograía para ler… Buscar información en diferentes medios para a elaboración dos distintos traballos que xurdan nas diferentes áreas ou materias. Ler expresivamente textos de tipoloxía variada con fluidez e entonación adecuadas para: deleitar a outras persoas, dar a coñecer un texto propio, compartir e escritos producidos nas diferentes variables das linguas galega e castelán.información, compartir textos que gustaron moito. Comprender textos orais


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” METODOLOXÍA Estratexias metodolóxicas que servirán de guía: -

Partir sempre do nivel lector do alumnado O alumnado ademáis das lecturas obrigatorias terán liberdade para elexir outras lecturas. Elexir un repertorio de modelos lectores que o mestre executará como exemplo. Establecer un “contador “ de lecturas e libros para cada alumno. Ler marcando signos gráficos e de puntuación. Primar o sentido e comprensión da lectura sobre a velocidade. No recriminar fallos para non humillar ao lector. Promover xestos que den dinamismo á lectura. Aplicar a todas as áreas a metodoloxía aplicada. Elaborar normas de repecto e uso da biblioteca.Ter responsables semanais. Visitar bibliotecas públicas e por suposto a do centro con asiduidade. Adicar 30/ 20 minutos diarios á lectura diaria, despois do recreo. Fomentar a creación dunha biblioteca de uso persoal.

Estratexías: Antes da lectura: -

Activación de coñecementos previos sobre a lectura. Observación, descripción e comprensión de: título, debuxos, láminas, portadas, contraportadas. Formulación de hipóteses sobre o contido.

Durante a lectura: -

Traballos de escoita (comprensión) Traballos de lectura silenciosa. Traballos de lectura colectiva en voz alta.

Despois da lectura: -

Responder a preguntas de comprensión literal, crítica e interpretativa. Solucionar actividades de habilidade visual, atención, memoria etc. Reescribir textos literarios e non literarios cos que está a traballar.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” AVALIACIÓN Avaliaremos sobre todo: -

Participación en situacións comunicativas que se dan na aula. A capacidade e actitude de intervención en diferentes situacións de comunicación oral. O respecto das normas existentes O desenvolvemento da capacidade de comprensión e de producións orais. Especial fincapé no recoñecemento de ideas principias, selección de información e capacidade para facer deducións partindo do lido e escoitado. Capacidade de expresión partindo de diferentes contextos, empregando léxico e formas lingüísticas axeitadas a unha intervención comunicativa. Habilidades para narrar e reproducir textos lidos. Comprobar se o alumnado establece relacións entre coñecementos previos, experiencias e informacións contidas en textos. Verificar o uso de estratexias de comprensión: anticipación de hipóteses, explicitar obxectivos, estratexias de resolución de dificultades léxicas( diccionario) e de integración (reler). Elaborar e rescribir textos acordes a situacións da lectura empregando estratexias de planificación, textualización, revisión do escrito… Valorar o uso dos medios de información. Preténdese constatar a capacidade de ler comprensivamente en voz alta, lectura silenciosa, diferentes textos, facendo fincapé na entonación, na fluidez e na expresividade. Avaliar o uso da literatura infantil (castelán e galego) axeitada como fonte de pracer e modelo para a expresión (escrita e oral). Comprobar a presenza dunha actitude positiva de cara a lectura e dunha progresiva entonación lectora. Valorarase a participación do alumnado en actividades de biblioteca e no uso da mesma.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

TERCEIRO CICLO E.P.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” OBXECTIVOS ESPECÍFICOS 1.-FOMENTAR O GUSTO POLA LECTURA 1.1.”Utilizar adecuadamente a biblioteca e os seus diferentes departamentos(biblioteca central e de aula) como fonte de recursos variados para o desfrute e o pracer de ler”(currículo)* 1.2.”Utilizar a lectura como fonte de pracer e de enriquecimento persoal, e aproximarse a obras relevantes da tradición literaria galega para desenvolver hábitos lectores.”* 1.3.Seleccionar textos adecuados aos gustos e intereses do grupo

2.-POTENCIAR O HÁBITO LECTOR 2.1.”Utilizar adecuadamente a biblioteca e os seus diferentes departamentos(biblioteca central e de aula) como fonte de recursos variados para a obtención de informacións variadas.”* 2.2.”Utilizar os medios de comunicación social e as tecnologías de ainformación e da comunicación para obter, interpretar e valorar informacións e opinións diferentes”* 2..3 Dar sentido á lectura dos textos(para que lemos) 2.4.Ler trimestralmente un libro en cada unha das áreas de lengua e de Coñecemento do Medio 2.3. Recoller noticias de prensa(en formato dimpreso e dixital) 2.4.Potenciar o uso das TIC na búsqueda de información. 3.-MELLORAR A COMPRENSIÓN LECTORA 3.1. “Comprender e expresrase oralmente e por escrito de xeito adecuado nos diferentes contextos da actividade social e cultural cotiá.* 3.2.”Comprender textos literarios de xéneros diversos procedentes da literatura infantil e xuvenil galega, adecuados en canto a temática e complexidade e iniciarse no coñecemento das convencións específicas da linguaxe literaria”* 3.3.Memorizar poemas 3.4Resumir texots 3.5.Buscar , localizar e identificar informacións na biblioteca do centro e na biblioteca de aula, nas enciclopedias e na internet. 3.6.Usar os diccionarios e enciclopedias para buscar información. 3.7.Identificar as diferentes partes dun texto. *currículo de E.P.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

2.ACTIVIDADES DE BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN: • Lectura de textos procedentes dos medios de comunicación social: webs infantís e xuvenís, noticias , entrevistas cartas á dirección do xornal. • Lectura de textos para aprender e para informarse: o Folletos informativos. o Folletos publicitarios. o Prensa. • Lectura de informacións procedentes de diferentes soportes: gráficos, esquemas, ilustracións, hipertextos. • Uso dirixido das TIC para a localización, selección, interpretación e organización da información. • Uso das bibliotecas, incluíndo as virtuais, para obter información. DE TEXTOS LITERARIOS • Lectura silenciosa e en voz alta de obras adecuadas á idade e intereses:  Contos  Comic  Novela •

Lectura guiada de textos narrativos da literatura infantil, adaptacións de obras literarias clásicas e literatura actual en diversos soportes: o Impreso o Dvd o Libros virtuais o Internet • Lectura comentada polo profesor de poemas, relatos e obras tetarais. • Lectura guiada polo profesor para a aprendizaje do uso das estrategias de control do proceso lector: o Anticipación o Formulación de hipótesis o Relectura… USO DAS BIBLIOTECAS • Visitas guiadas á biblioteca do centro para coñecer a súa organización: o Catalogación o Funcionamento • Participar en clubes de lectura, actividades organizadas pola biblioteca…


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

3.ESTRATEXIAS ANTES: 1. Facer explícito o obxectivo e a funcionalidade da lectura: •

¿Para que imos ler este texto?

¿Para que nos vai servir?

¿Qué información queremos obter?

2. Comprender os propósitos implícitos e explícitos da lectura: •

Contexto: título, soporte, tipo de texto, forma(gráficos)

Prediccións sobre o contido e a forma.

Preguntas en relación co propósito do texto.

3. Activar os coñecementos previos pertinentes: •

¿Qué sabemos sobre o tema?

¿Temos máis información?

Vocabulario que se coñece sobre o tema.

4. Ensinar previamente o vocabulario necesario: •

Palabras técnicas.

Palabras de pouco uso.

Palabras de múltiples significados

5. Precisar como se lerá: •

Por parágrafos.

Subliñando.

Lectura silenciosa ou en voz alta.

Destacando vocabulario…


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

DURANTE: 1. Elaborar e probar prediccións de diverso tipo: •

Comprobar hipóteses e prediccións e formular outras novas.

Modelizar o profesor.

2. Realizar inferencias e resolver dúbidas de comprensión: •

O profesor serve de modelo.

Manipular textos.

Representación gráfica do texto

3. Revisar ou recapitular periodicamente o contido: •

Resumir cada parágrafo

Ir memorizando

4. Avaliar o contido e a forma do texto en relación co propio coñecemento e o externo ao texto.

DESPOIS: 1. Resumir e sintetizar o coñecemento: tema e ideas principais: •

Elaboración de resumes,esquemas, mapas conceptuais …

Converter enunciados en substantivos.

Textos diferentes mesturados para separar

2. Accións con motivo da lectura: representación, mural, resume: •

Representación, mural, resume

Formato para resumir o contido .

Forma parte da finalidade explicitada antes da lectura

Supón a “exposición” do aprendido.

3. Xeralizar o coñecemento: •

Conceptos aprendidos tras a lectura.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” 4. Avaliar a resposta do texto ás expectativas previstas: •

Se me gustou ou non

Se me sorprendeu

Se o recomendaría (o libro)

4.-METODOLOXÍA 4.1.Actuacións comúns en todas as áreas: Cada vez que os alumnos vaian realizar unha lectura deberemos integrar as estratexias arriba citadas(antes, durante e despois) , clarificando a intención da lectura asi como a forma de enfrentala(en voz alta, en silencio, colectiva…) Esto afecta tanto á lectura dun libro, dun tema ou aos enunciados das diferentes actividades dos libros de texto. Será fundamental nas primeiras sesións que o profesor modelice o proceso, guiando os pasos a seguir, procurando paulatinamente que este vaia sendo asumido polo alumnado. 4.2Selección de textos: Á hora de elaborar as programacións teremos en conta os diferentes tipos de textos que queremos traballar , e se estos se encontran suficientemente representados e debidamente seleccionados nos libros de texto de uso do alumnado. De non ser asi, os complementaremos cunha selección personal ou de nivel ou ciclo. No mesmo sentido evitaremos no posible a reiteración excesiva dos tipos de texto nas diferentes áreas, focalizando algúns tipos de textos naquelas áreas máis apropiadas a tal fin(o traballo dos textos informativos pode tratarse moito mellor e máis sistemáticamente en coñecemento do Medio, os gráficos e diagramas teñen máis sentido en matematicas ou coñecemento do medio que en lingua galega,etc). (Esta revisión dos textos nos facilitará a decisión de continuar ou cambiar as editoriais, no momento en que se dea a posibilidade ). Traballaremos textos contínuos e textos discontinuos, tanto impresos como en formatos dixitais.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

Textos continuos Descrición: • • •

De persoas De animais De lugares

Narración: • • • • •

Contos Novela Comic Correspondencia(gráfica e e-mail) Noticias xornalísticas

Exposición: • Texto explicativo • Texto informativo • Texto expositivo Argumentación: • Cartas dos lectores ao xornal Instruccións: • Receitas • Regras de xogos • Instruccións de aparatos sinxelos

Textos descontinuos Formularios Follas informativas Anuncios Gráficos Diagramas Taboas Listas Mapas


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

4.3.TEMPOS DE LECTURA • • • •

Cada día dedicarase un tempo á lectura nas diferentes áreas (lectura de libros, textos, enunciados…) atendendo ás actividades e estratexias xa mencionadas. A principio de curso se establecerá un horario semanal para a lectura de textos literarios no “plan de lectura”(ver actividades) Trimestralmente se lerá un libro(en lingua galega e lingua castelán) común para todos os alumnos. Ao largo do curso, en cada unha das restantes áreas se determinará un libro, relaciónado coa asignatura para traballar (do xeito que se determine no plan anual).

Os libros sinalados anteriormente formarán parte do ITINERARIO LECTOR que se establecerá no “plan anual de lectura”


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

5.RECURSOS 5.1.BIBLIOTECA DO CENTRO 5.2.BIBLIOTECA DE AULA Cada aula contará cunha biblioteca de aula , cun fondo permanente de consulta e un fondo temporal que se establecerá a principio de cada curso e poderá ser renovado trimestralmente mediante intercambio entre aulas ou a través da biblioteca do centro.Os titores, consultado todo o profesorado da aula e procurando unificar criterios dentro do ciclo, solicitarán ao equipo de biblioteca os libros que consideren convenientes asi como as novas adquisicións que lles parezan oportunas.

5.3.USO DAS TIC A búsqueda e selección de información a través das TIC formará parte das actividades do plan lector no ciclo, especialmente nas areas de lingua coñecemento do medio: • • • • •

Uso de buscadores para buscar información. Visitas virtuais a museos, e webs infantís e subvenís Biliotecas virtuais Uso do blog da biblioteca, aportando comentarios sobre os diferentes contidos e elaborando textos para a súa incorporación ao blog. Realización de proxectos e traballos.

5.4.RECURSOS EXTERNOS • Orientacións ás familias. • Coordinación coa biblioteca pública. • Coordinación con outras institucións 5.4.1ORIENTACIÓNS ÁS FAMILIAS •

Nas reunións de principio de curso se prestará especial atención a explicar aos pais osa aspectos máis destacados do Proxecto de centro, animando a estes a que animen aos seus fillos a ler e compartan con eles algúns deses momentos, dando exemplo e procurando que o libro e as TIC formen parte da conversa diaria na casa, así como a importancia de aproveitar calquera ocasión para regalarlles un libro e acompañalos a que eles mesmos o elixan.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

EDUCACIÓN SECUNDARIA


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” 3. METODOLOXÍA 3.1

Actuacións comúns de todo o profesorado • Lectura en todas as áreas •

Sempre que se planifiquen nas aulas actividades de lectura, intentarase que sexan textos adecuados á situación de comunicación na que se está a traballar, e se non ten relación cos temas traballados, contextualizarase a lectura facendo unha presentación previa do fragmento ou texto completo explicando os obxectivos que se van traballar con el, os contidos e as actividades, se é o caso.

Teremos en conta que os obxectivos e finalidades da lectura poden ser varios, e a actuación previa á lectura adaptarase a estes obxectivos: -

Evadirse, encher o tempo de lecer. Buscar unha información concreta. Seguir unha pauta ou instrucións para realizar determinadas actividades. Informarse dun determinado feito. Confirmar ou refutar coñecementos previos. Aplicar a información obtida da lectura para realizar un traballo.

Os tipos de textos e xéneros textuais que diferenciamos son os seguintes: Textos continuos Descrición Narración Exposición e Argumentación Argumentación Instrutivos Preditivos

3.2

Ensino das estratexias lectoras.

Textos descontinuos Formatos (textos formalizados) Notificacións e anuncios Esquemas e gráficas Cadros e matices Mapas


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” As estratexias de comprensión lectora son procedementos de carácter elevado, que implican a presenza de obxectivos que cumprir, a planificación das accións que se desencadean para logralos, así como a súa avaliación e posible cambio. As estratexias lectoras que se traballarán son as seguintes: • Antes da lectura: • Para que lemos un texto: -

-

-

Para obter unha información precisa, por exemplo para buscar unha data de nacemento ou dun feito histórico sinalado; para consultar unha determinada información nun periódico; para buscar unha palabra nun dicionario. Para seguir unhas instrucións: cando o profesor ou profesora redacta as instrucións para facer un traballo; para comprender como son os pasos para realizar determinados experimentos. Parar obter unha información de carácter xeral; é dicir, extraer as ideas xerais dun texto. Se hai que elaborar unha monografía sobre algún tema, por exemplo, deben seleccionarse de entre todas as obras as que estean máis acordes co noso propósito e por iso primeiro debemos ter unha idea ampla das obras. Para aprender algo. A lectura será máis pausada e atenta. Revisar un escrito propio. Por pracer. Para comunicar un texto a un auditorio. Para practicar a lectura en voz alta. Para dar conta de que se comprendeu.

• Estratexias encamiñadas a activar os coñecementos previos: •

Dar algunha información xeral sobre o que se vai ler. Axudar ó alumnado a fixarse en determinados aspectos do texto que poidan activar os seus coñecementos previos. Animar ó alumnado a que expoñan o que coñecen sobre o tema.

Durante a lectura: • Lectura compartida: -

Lectura compartida de profesor e alumnado, e tras a lectura o profesor fai un resumo do lido, pide aclaracións ou explicacións sobre determinadas dúbidas que xera o texto; formula preguntas; establece prediccións sobre o que queda por ler, reiniciándose o ciclo. Intentarase que o alumnado sexa lector activo, que constrúa unha interpretación do texto a medida que o le.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” •

Lectura independente: -

Proporcionar ó alumnado materiais preparados co propósito de que practique pola súa conta algunhas estratexias que se practicaron na lectura compartida. Presentar textos con lagoas, textos ós que lles faltan palabras que deben ser inferidas polo lector.

• Despois da lectura: •

Idea principal: É importante ensinar a identificar a idea principal dun texto en función dos obxectivos de lectura que se perseguen. Para iso explicarase en que consiste a idea principal e exemplificarase cun texto coñecido; activaranse os coñecementos previos relevantes e recordarase por que se vai ler ese texto; centrarase a atención do alumnado no que se busca, sinalando de que trata o texto que se vai ler, e finalmente buscarase outra idea principal que atenda a outro obxectivo de lectura.

Resumo: Teremos en conta as catro regras que os lectores utilizamos para resumir o contido dun texto: -

Omitir aquela información que para os propósitos da lectura se pode considerar pouco importante. Seleccionar a información importante e suprimir a que resulta obvia, redundante e innecesaria. Xeneralizar, é dicir, abstraer dun conxunto de conceptos un de nivel superior capaz de englobalos. Construír unha nova información que substitúa á anterior e integrala nos nosos coñecementos.

Non debemos esquecer que o resumo debe conservar o significado xenuíno do texto do que procede, pero tan pouco útil resulta que o resumo sexa unha case reprodución do texto, como que sexa tan xeral que non aporte a información específica daquel. •

Formular e responder preguntas pertinentes, coherentes co obxectivo que se persegue mediante a lectura. Poden ser: -

Preguntas de resposta literal no texto. Preguntas nas que a resposta require que o lector relacione diversos elementos do texto e que nalgún grao realice inferencias. Preguntas nas que a respostas esixen a intervención do coñecemento e opinión do lector.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” •

Planeamento integrador da lectura nas distintas áreas lingüísticas •

Recomendación das lecturas apropiadas a cada área.

4. ACTIVIDADES POR CICLOS 4.1

Lectura nas áreas de lingua. Exemplos de actividades de lectura •

Exercicios de predicción para estimular ó alumnado na lectura •

Establecer predicións sobre o texto.

Realización dun cuestionario sobre hábitos e gustos de lectura de cara á escolla de textos e libros.

Imaxina cal pode ser o argumento dun libro a partir da portada ou do título.

(De aplicación á escrita). Fai unha lista de palabras (adxectivos, substantivos, verbos...) que penses que aparecerán nun texto do que só coñeces o título.

Encontrar incoherencias nun texto.

Exercicios despois de feita a lectura •

Fichas de lectura coas que facermos un arquivo.

Realización de lecturas equivocadas para que investiguen o que é incorrecto (cambiarlle o nome a personaxes, o lugar onde transcorren os feitos...).

Presentación dos personaxes dun libro debuxados e despois eles teñen que saber con quen se corresponden.

¿Están ou non están? Mesturar personaxes reais dun libro con outros inventados para que indiquen cales son falsos.

Facer fichas con frases dos personaxes dunha obra para que indiquen quen son.

O Combate: dividilos en grupos; cada grupo preparará tres preguntas sobre o libro de lectura/ou un texto que leran todos. Gaña o grupo que máis preguntas responda dos demais.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” • •

4.2

Gravación de lecturas en formatos mp3-mp4.

Comparación de textos •

Diferentes descricións de personaxes/paisaxes...

A mesma noticia en varios periódicos.

Textos (ou o mesmo texto) con diferentes rexistros formais.

Lectura dramatizada de textos teatrais

Conversión en pezas de teatro de textos presuntamente poéticos, narrativos...

Lectura na sesión (semanal, diaria...) de lectura • Propor lista de libros de temática diversa. Acompañar a lista dunha reseña ou resumo para que o alumnado poida elixir con algún criterio o libro que van ler. • Propoñer a lectura dun libro e o encontro co autor dese libro. Comentario de fragmentos doutros libros do mesmo autor na aula. • Lectura na aula de clásicos adaptados. • Creación de blogs coa finalidade de facer brevísimas antoloxías de poemas, ben por temas, xeracións ou etapas. • Lectura de narracións breves, de autores e temática diversa na aula. • Acudir á representación dunha obra teatral e facer unha crítica teatral onde se recollan aspectos literarios e espectaculares. • Propoñer a redacción dunha carta dirixida ó autor da obra, lida na aula, facendo un comentario crítico da mesma e formulando preguntas das que o alumnado queira respostas.

4.3

Lectura nas áreas restantes • Lectura analítica e crítica dos textos propios de cada materia. • Intervencións sobre o vocabulario vangardista para o alumnado ou específico da temática a tratar.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” • Uso de lecturas complementarias extraídas de distintas fontes como prensa, revistas, páxinas web, etc. para reforzar coñecementos adquiridos. • Lectura selectiva de textos propostos polo profesorado en soporte informático. • Lectura e posta en común das respostas do alumnado ás cuestións propostas, co obxectivo de provocar reflexión sobre as solucións aportadas. 4.4

Apoio ó alumnado Aquel alumnado que presente carencias nos hábitos lectores recibirá apoio específico segundo as súas dificultades, con actividades concretas tendentes á superación das mesmas.

4.5

Proposta de actividades

Proporcionar ó alumnado materiais preparados co propósito de que practique, coa axuda do profesorado de apoio, algunhas estratexias que se exercitaron na lectura compartida.

Presentar ó alumnado materiais específicos adecuados ás súas características.

Incentivar ó alumnado á participación en todas aquelas actividades relacionadas coa animación á lectura que se programen no Centro.

Utilización de textos acompañados de ilustracións que desempeñen un papel predominante.

Animación á lectura •

Que entendemos por animación •

Desenvolver no alumnado o hábito lector, de xeito que a lectura se converta nunha actividade pracenteira e escollida libremente .

Proposta de actividades •

Posta en marcha do Club de Lectura.

Creación dun blog de biblioteca.

Gravación de lecturas en formato mp3.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” •

Facilitar textos amenos aportados polo profesorado, dentro da biblioteca de aula, en situacións imprevistas, de xeito que non se produzan tempos baleiros nas aulas.

Finalidade da animación •

Comprensión do argumento.

Adquisición da capacidade de escoita, comprensión e retención.

Desenvolvemento da capacidade analítica e creativa: repetir e recrear a partir do contado ou lido.

Relación do oral co escrito.

Descubrimento do libro físico, iniciándose á vez na linguaxe da imaxe.

Evolución na lectura activa e pasiva.

4.6 Avaliación da lectura •

Que avaliar •

Le de maneira adecuada e empregando distintos tipos de lectura.

Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo correctos, incidindo especialmente na adecuación ós patróns fonéticos da lingua usada e na atención ós patróns fonéticos da lingua usada e na atención ós signos de puntuación.

É quen de ler, en voz alta e en soidade, e comprender textos e de resumilos e debater sobre eles.

Actitudes cara á lectura: familiaridade, predisposición, hábitos, gusto e pracer ao ler.

Relaciona o lido cos seus coñecementos e experiencias, ben de forma oral ou escrita.

Aumentar os coñecementos históricos, literarios e culturais coa lectura e análise de textos.

É capaz de manexar fontes escritas: que, como e onde se pode obter información dun texto escrito.

A velocidade lectora.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” •

Entende os sinais do texto: signos gráficos, tipográficos...

Ser quen de realizar unha lectura analítica.

Extrae información concreta e exprésaa con palabras diferentes ao texto lido.

Sabe identificar o tema xeral dun texto e os temas secundarios, inferíndoos das informacións que se repiten nos textos.

É capaz de recoñecer e comentar os contidos implícitos, a “lectura entre liñas”.

Utiliza o vocabulario específico das lecturas noutros contextos e incorpórao ao seu léxico persoal.

É capaz de expor unha opinión sobre a lectura persoal dunha obra completa ou dun fragmento, tendo en conta o seu contexto histórico, a estrutura xeral. Os elementos caracterizadores do xénero, o uso da linguaxe e o punto de vista do autor.

É quen de construír textos escritos seguindo o modelo de texto lido e comentado na aula.

Le con fluidez, comprensión e actitude crítica, considerando a lectura como fonte de pracer, ampliación da experiencia, coñecemento do patrimonio cultural e como estímulo para unha práctica literaria propia.

Adquire criterios propios na selección de lecturas.

Instrumentos de avaliación inicial •

Realización dun cuestionario sobre hábitos e gustos de lectura de cara á escolla de textos e libros: cando le, onde le, que libros le, cantos le...

Fichas de observación: para comprobar como le en voz alta ou en silencio: pronuncia, posición do corpo, comportamento ocular, erros na verbalización...

Instrumentos de avaliación procesual •

Análise de exercicios da aula Instrumentos de avaliación final

Cuestionarios tipo test.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” •

Probas: redaccións, resumos, creación de textos, exposicións orais, debuxos... Integración das tecnoloxías da información e da comunicación na mellora da lectura. Non podemos enfocar unha didáctica da lectura na actualidade sen termos en conta os cambios que se están a producir no ensino e na sociedade: a extensión obrigatoria da educación até os dezaseis anos, o influxo doutras formas de comunicación ( a televisión, o vídeo, internet, as videoconsolas, os ordenadores...) e doutras mensaxes asociadas á cultura de masas, o cambio nos hábitos culturais da adolescencia, o auxe doutras maneiras de disfrutar o tempo libre... A capacidade de sedución das mensaxes iconoverbais emitidas pola televisión, o cine, o cómic... está eliminando a asociación entre lectura e evocación de mundos de ficción, e asemade, sen esixir ningún esforzo por parte do vidente, a diferenza do esforzo que require a obra escrita do lector. Este traballo propón, precisamente, a unión da lectura con ese mundo tan atractivo para os adolescentes que é o das novas tecnoloxías, o dos novos soportes audiovisuais. As TICs permitiríannos traballar os textos, literarios ou non, dunha maneira totalmente diferente. Poñamos varios exemplos de actividades concretas: -

Convertemos un relato de Manuel Rivas nunha fotonovela (utilizamos unha cámara dixital e o programa Powerpoint)

-

Dámoslle vida a diferentes prexuízos lingüísticos a partir de distintos esquetches gravados cunha cámara dixital e, previamente, pensados e escritos polo alumnado na aula. (Utilizamos Pinnacle Studio 10)

-

Realizamos un vídeo clip musical con letra do noso alumnado sobre temas de actualidade (Gravacións de voces en wav, imaxes en Pinnacle Studio 10…)

Estas son só algunhas propostas concretas que nos permitirían traballar a literatura e a lingua dunha maneira diferente nas nosas aulas. Este proxecto pretende incidir en tres aspectos, fundamentalmente, que teñen unha relevancia esencial na aprendizaxe: •

a motivación do alumnado cara o ensino


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

o gusto e a mellora do hábito e da comprensión lectora

a potenciación da oralidade e das linguaxes non verbais, primordialmente as xestuais

A motivación do alumnado Polas razóns antes comentadas, a maneira de ler na nosa sociedade está a cambiar. Por que non aproveitarmos a motivación que supón para un cativo ou cativa ser partícipe dun vídeo clip ou dunha curtametraxe para levalo previamente á lectura dun texto? Que mellor maneira de traballarmos na aula os verbos ou o estilo directo que facendo os diálogos dun guión cinematográfico, do que ademais van ser protagonistas? Estas actividades permiten traballar aspectos tan pouco atractivos para o alumnado como a memorización ou a escrita de textos literarios. A mellora do hábito e da comprensión lectora É evidente que un alumno motivado pola realización de actividades como as anteriormente comentadas vai ler máis e mellor. Máis, porque atenderá a lectura como parte dun proceso cara a consecución dunha meta e dun traballo atractivo. Mellor, porque non é a lectura que se fai para aprobar unha proba de comprensión, senón que é unha lectura máis profunda, aquela que comporta levar o texto á realidade: reflectir sobre os diálogos, pensalos e escribilos se non os hai, imaxinar os espazos nos que ocorren os feitos, caracterizar aos personaxes (descrición física, vestiario, xestualización…). Ademais este traballo ofrécelle un resultado final da lectura, unha proba do que fixo: a fotonovela, a curtametraxe, o vídeo clip, etc. A educación lectora debe animar aos adolescentes non só a ler textos senón tamén a escribilos mediante a manipulación de formas lingüísticas e mediante a imitación de modelos expresivos da tradición literaria, académica e científica universal e da galega en particuar. A aprendizaxe da escrita convértese noutro dos eixos dunha educación lectora que pon a énfase en conceptos como actividade, xogo, expresión e creatividade.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” A potenciación da oralidade e das linguaxes non verbais Nas actividades que vimos de describir, a lectura e a escrita teñen unha grande relevancia. Máis unha das virtudes deste proxecto está, ao noso ver, na potenciación que se lle dá á oralidade (presente en case todos os traballos audiovisuais que faremos) e das linguaxes non verbais. As novas tecnoloxías ofrecen, en relación ao ensino tradicional, unha vantaxe engadida no tratamento da oralidade: permiten gravala, reproducila e corrixila sen grandes esforzos, isto é, un avance de grande importancia para a avaliación da oralidade, sobre todo para a súa autoavaliación. Isto permitiría que a fala fose obxecto nas diferentes clases dunha programación continua e dunha reflexión sistemática como a que se produce ao redor da lingua escrita ou do texto literario. Por iso é necesario que a clase sexa un escenario comunicativo onde se observen e analicen os usos orais propios e alleos con instrumentos teóricos e metodolóxicos que favorezan tanto a reflexión sobre o intercambio oral dentro e fóra da aula como a corrección e mellora das producións orais dos alumnos e das alumnas. Os alumnos/as guiados polo profesor/a terán que elaborar o material para iniciar unha “Biblioteca audiovisual” que todo o mundo poderá consultar a través dunha páxina web que estaría tamén dentro das tarefas da realización do proxecto. O primeiro paso sería o estudo en Internet e nos medios de comunicación audiovisuais de todos aqueles “xéneros” audiovisuais que poderían formar parte da nosa biblioteca: - Vídeoclips - Curtametraxes - Documentais - Fotonovelas - Banda deseñada - Podcast - Blogs -…


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL” A partir de aí teríamos que observar cales son as características de cada xénero e repartirmos e decidirmos en que proxectos imos traballar este curso.

BIBLIOTECA.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

A biblioteca será un dos elementos fundamentais que permitirá levar a cabo o proxecto lector de centro. Debe ser o referente do centro para articular as actividades de lectura, escritura e investigación, dotando dos recursos necesarios en todos os formatos para levar a cabo as iniciativas que se propoñan, Para que o anterior sexa posible será necesario que centralice todos os fondos do centro, aínda que temporalmente ou puntualmente se atopen en outros espacios do centro. RECURSOS 1. Biblioteca central: OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: • Difundir a colección e facer que circule e se use no centro. • Realizar actividades de animación e formación de usuarios nos distintos niveis. 2. Biblioteca de aula: OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: • Abastecer a aula dos volumes necesarios, xa sexan diversos títulos ou o número necesario de volumes dun mesmo título, para a lectura de carácter obligatorio que se realice nas programacións anuais de ciclo. • Dotar dos volumes necesarios para os traballos documentais que se programen para o curso nas programacións de aula, mediante o préstamo ás aulas contemplado dende a biblioteca central.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

• Fomentar e impulsar un miniclube de lectura na que todos os alumnos aporten os seus recursos (libros ou calquera outro soporte), cun fin lúdico fomentando a lctura por pracer.

3. Horario e Equipo de Biblioteca Para que poida levarse adiante todo o anterior compre dispoñer dun equipo de Biblioteca estable cunha disponibilidade horaria suficiente. Neste sentido, o PROXECTO LECTOR do centro remítese ao xa recollido no documento de incorporación ó PLAMBE(Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) e incluido nas últimas modificacións ó PEC, respecto de ambos temas. • Horario de apertura da biblioteca coincidindo co horario lectivo. • Destinarase a metade do horario lectivo do Responsable de Biblioteca para desenvolver as actividades previstas. En todo caso, a Biblioteca disporá dun membro do equipo de Biblioteca durante o horario lectivo. • Reservarase unha sesión semanal para cada un dos grupos para actividades de biblioteca e TIC ACTIVIDADES 1 FORMACION DE USUARIOS: o Guía de biblioteca. Será un documento que reflexará horarios, normas, servicios, difusión de actividades do centro… e ço mismo tempo serça unha maneira de contacto coas familias. o Guías de lectura, nas que se recollerán orientacións e recomendacións para os distintos niveis. o Taboleiro de biblioteca e expositores de novidades para dar a coñecer os fondos que se van adquirindo. o Un boletín do lector que periódicamente dea a coñecer as actividades e novidades da biblioteca.


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

o Blog da biblioteca, enlazado coa páxina web do centro e con distintos blogs de lectura da rede de bibliotecas escolares. o Servicio de préstamos diario para todos os niveis durante a hora do recreo.

2 ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN: o Exposicións periódicas de novidades. o Conmemoracións de días elexidos polo claustro e contemplados na programación anual. o Celebración de efemérides. o Clube de lectura. o Contacontos

PROGRAMACIÓN DE BIBLIOTECA O traballo articularase en dous proxectos ou centros de interese que enlazarán e darán continuidade ás actividades que se propoñan no centro do dende todos os ámbitos e niveis. No horario de todos os cursos contemplarase unha hora semanal de biblioteca, e diariamente haberá servicio de préstamo e apertura de biblioteca nos recreos. Todos os ciclos realizarán unha visita á biblioteca pública municipal durante o curso. FORMACIÓN DE USUARIOS:


PROXECTO LECTOR DO CPI “VICENTE OTERO VALCARCEL”

PRIMEIRO TRIMESTRE: O equipo de biblioteca realizará formación de usuarios do primeiro ciclo de Primaria dedicando de catro a seis sesións.

SEGUNDO TRIMESTRE: A formación de usuarios levariase a cabo co segundo ciclo de Primaria e abarcaría tres sesións. TERCEIRO TRIMESTRE: O terceiro ciclo dedicaría de dúas a tres sesións de biblioteca á formación de usuarios centrándose no traballo de búsqueda de información en soporte informático (TICS), enlazando cos taballos documentais propostos na programación anual de aula. A etapa de Educación Infantil realizará neste trimestre unha visita á biblioteca do cole. ANIMACIÓN Á LECTURA: Dende a biblioteca e relaccionado co centro de interese acordado na programación anual propoñerase unha actividade por trimestre/grupo que realizará o equipo de biblioteca. ¿eso? Dende Secundaria fomentarase a lectura mediante o clube de lectura “de leria” USO DAS TIC Incluirá , ademáis dos obxectivos e actividades concretadas neste documento, o proxecto elaborado polo grupo de traballo do centro , unha vez x¡sexa aprobado polo claustro.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.