5 minute read
Viaxes
from EROSKI_ABRIL_2022_GALLEGO
by eroski
Escapadas inesquecibles PRETO DA CASA
Aínda non tes plans para a Semana Santa? Buscas ideas para faceres unha escapada esta primavera? Toma nota, porque che traemos os nosos destinos favoritos para que comeces a gozar da caloriña. Descúbreos!
GALICIA
Pensaches en facer un roadtrip por Galicia? Agora é o momento. Castro de Baroña
Un dos lugares que non deberías perder na túa viaxe a Galicia é este antigo depósito arqueolóxico, composto polos restos de vinte vivendas habitadas entre os séculos I a.C. e I d.C., que se atopa nun enclave natural das Rías Baixas. Dende o alto do castro cara á praia de Baroña poderás enxergar unha bonita vista. O seu acceso é gratuíto.
Combarro
Combarro
Hórreos, casas mariñeiras e cruceiros son os protagonistas desta preciosa localidade galega, coñecida como ‘a vila das meigas’. Se queres gozar ao máximo de Combarro recomendámosche pasear polas súas rúas e saborear cada un dos seus recunchos sen présas. E, de ser posible, alóxate polo menos unha noite nel para vivir o seu ambiente mariñeiro.
Delta do Ebro CATALUÑA
Comeza a moverte despois do inverno percorrendo algunha destas rutas en bici. Dende Deltebre ata a desembocadura do Ebro
A marxe do Deltebre reacondicionouse para se converter nun dos paseos fl uviais máis bonitos para percorrer en bicicleta. Unha boa opción é facer os 12 quilómetros que hai ata a desembocadura do río Ebro.
De L’Ampolla á Punta do Fangar
O primeiro treito do percorrido transcorre polo paseo costeiro do Baixo Ebro e logo transitarás por un camiño consolidado de area, que terás que realizar a pé ata chegar ao fi nal da Punta do Fangar, onde agarda por ti o seu característico faro branco e vermello. Para evitar problemas, o mellor é moverte sempre polos sendeiros sinalizados.
ATOPA O PLAN QUE MÁIS SE AXUSTA A TI
Costa ou montaña? Spa ou actividades ao aire libre? Cea gastronómica ou cata de viños?
Dispoñemos dunha gran variedade de temáticas e actividades que poñemos ao teu alcance para que elixas a opción perfecta para gozar dunha estadía curta preto da casa. Axudámoste a redescubrir as mellores xoias locais de cada rexión a través de máis de 20 categorías distintas para gozar en familia, con amigos ou en parella. E por seres socio de EROSKI club, benefíciate destes reembolsos que ingresaremos na túa tarxeta, unha vez gozada a experiencia que elixas.
PAÍS VASCO
A primavera é a tempada ideal para gozar da gastronomía, as paisaxes naturais e a cultura deste territorio.
Faro de Santa Catalina
Situado en Lekeitio, é o primeiro faro visitable do País Vasco. Nel hai un centro de interpretación da tecnoloxía de navegación, que che brinda a oportunidade de descubrir o interesante mundo dos faros e a súa importancia nas técnicas de navegación, amais de experimentar a sensación dos mariñeiros ao veren a luz do faro que os conectaba con terra fi rme e aprender sobre orientación, sinais, luces ou avistamentos de baleas.
Durante a túa visita percorrerás os cuartos nos que vivían o fareiro e a súa familia e poderás aplicar todo o aprendido nunha viaxe virtual a bordo dun pesqueiro que realiza a ruta dende Lekeitio a Elantxobe.
Faro de Santa Catalina
Reembolso
8%
á túa tarxeta EROSKI club (1)
En Viaxes EROSKI reserva de xeito seguro e fl exible
(1) 8% de reembolso na túa tarxeta EROSKI club ao mercares unha escapada en: https://escapadasviajeseroski.happytren.com/escapada Recibirás o reembolso nun máximo de 15 días despois da data de prestación do evento ou servizo.
6
Ofrecer máis produtos locais
Traballando xuntos pola AGRICULTURA FAMILIAR
En EROSKI sempre cremos no local e na agricultura familiar como o camiño para ofrecervos produtos de calidade, sostibles e que favorezan o crecemento da economía dos nosos pobos.
Por iso, somos parte do Comité Rexional de Agricultura Familiar de Euskadi (CRAF) e traballamos en colaboración con eles, e con outras institucións e organizacións, para mellorar a vida e asegurar o futuro dos labregos e labregas familiares.
QUE E? A agricultura familiar ocupa, entre outros, o 85% do territorio no País Vasco. Trátase de granxas e producións agrícolas xestionadas e operadas por unha familia e dependen principalmente da man de obra familiar, incluíndo mulleres e homes. Ofrecen produtos de calidade para a nosa alimentación, contribúen a manter a nosa cultura gastronómica, manteñen vivo o noso medio rural e son fonte de emprego directo e indirecto.
Durante os primeiros meses da pandemia evidenciouse máis ca nunca o valor desta agricultura familiar, xa que, a pesar da crise, as restricións e o confi namento, as pequenas hortas e cooperativas mantiveron a súa produción e aseguraron que sigamos a ter produtos sans e de calidade nos nosos mercados, tendas e supermercados. O PAPEL DO CRAF Para que a agricultura familiar teña o recoñecemento que merece, dende EROSKI traballamos no Comité para promover o papel clave dos labregos locais e a importancia estratéxica que teñen os cultivos familiares e para mellorar as políticas públicas a prol desta agricultura.
Dos 444 provedores que ten EROSKI no País Vasco, 291 son pequenos produtores locais. En España superan os 2.400, máis da metade dos 4.000 provedores cos que traballamos.
Descárgaa gratis
Tícket dixital: máis cómodo E sostible
Activa o tícket dixital na app EROSKI e esquécete do papel. Poderás consultar e descargar os teus tíckets cando queiras. Todo EROSKI no teu móbil!