EROSKI_ABRIL_2022_GALLEGO

Page 44

viaxes

Escapadas inesquecibles

PRETO DA CASA

Aínda non tes plans para a Semana Santa? Buscas ideas para faceres unha escapada esta primavera? Toma nota, porque che traemos os nosos destinos favoritos para que comeces a gozar da caloriña. Descúbreos!

GALICIA Pensaches en facer un roadtrip por Galicia? Agora é o momento.

Castro de Baroña

Combarro

Un dos lugares que non deberías perder na túa viaxe a Galicia é este antigo depósito arqueolóxico, composto polos restos de vinte vivendas habitadas entre os séculos I a.C. e I d.C., que se atopa nun enclave natural das Rías Baixas. Dende o alto do castro cara á praia de Baroña poderás enxergar unha bonita vista. O seu acceso é gratuíto.

Delta do Ebro

Combarro Hórreos, casas mariñeiras e cruceiros son os protagonistas desta preciosa localidade galega, coñecida como ‘a vila das meigas’. Se queres gozar ao máximo de Combarro

recomendámosche pasear polas súas rúas e saborear cada un dos seus recunchos sen présas. E, de ser posible, alóxate polo menos unha noite nel para vivir o seu ambiente mariñeiro.

CATALUÑA Comeza a moverte despois do inverno percorrendo algunha destas rutas en bici.

Dende Deltebre ata a desembocadura do Ebro A marxe do Deltebre reacondicionouse para se converter nun dos paseos fluviais máis bonitos para

percorrer en bicicleta. Unha boa opción é facer os 12 quilómetros que hai ata a desembocadura do río Ebro.

De L’Ampolla á Punta do Fangar O primeiro treito do percorrido transcorre polo paseo costeiro do Baixo Ebro e logo transitarás por un camiño consolidado de area, que terás que realizar a pé ata chegar ao final da Punta

do Fangar, onde agarda por ti o seu característico faro branco e vermello. Para evitar problemas, o mellor é moverte sempre polos sendeiros sinalizados.

44

44-45 Viajes_GAL.indd 44

18/3/22 16:01


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook

Articles inside

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.