AO INVERNO
Receitas e trucos gastronómicos saudables para lles dar calidez e lixeireza aos teus pratos co mellor da tempada
sumario
04 Neste número
06 O máis top do mes
07 ... E en redes
08 Verduras de inverno: arroupados polas capas da cebola, o porro, a col...
10 Cebola: un básico con matices
14 O rustrido perfecto
18 Descubre as coles de Bruxelas
24 Verduras conxeladas: prácticas e con todos os seus nutrientes
26 Kiwi: explosión de vitaminas, cor e sabor
28 Peixes planos: o rodaballo é o rei
30 Carnes brancas
36 Beleza: todo o necesario para o coidado do bebé
38 O último nas nosas tendas
40 As vantaxes de EROSKI club
42 Ser solidario: plan para o 2025
44 Viaxes: o top 5 en tendencias
47 Vales aforro
50 Novas
Iker Pérez de Arenaza Responsable de EROSKI
club
AFEBREIRO, un mes que abriga
sí que chega o frío, a natureza desprega o seu enxeño regalándonos unha despensa inzada de auténticos tesouros. As hortalizas de inverno, como as cebolas coas súas capas, que lle dan profundidade a calquera receita; os porros, que converten os pratos nunha delicia reconfortante, ou as lombardas e coles de Bruxelas, que enchen a cociña de cor e de carácter, son o recordatorio perfecto de que cada estación trae a canda ela ingredientes especiais para nutrirnos e reconfortarnos.
Neste número, espimos estas xoias de tempada, frescas e mais conxeladas, e exploramos outras
EDITOR
EROSKI S. COOP.
delicias invernais como o kiwi, os peixes planos e as carnes brancas -coello, polo e pavo-, ideais para unha alimentación equilibrada, deliciosa e sempre a bos prezos.
Ademais, contámosche as últimas novidades, as vantaxes por seres socio de EROSKI club e propostas para celebrares San Valentín. Tamén aproveitaremos para che descubrirmos o calendario de causas solidarias para este 2025, porque axudar a quen o precisa segue a ocupar un lugar destacado na nosa mesa.
Prepárate para gozar do inverno como nunca antes, con receitas, consellos e moito sabor.
Barrio San Agustín s/n.
48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211
Directora: Ainhoa Oyarbide
Redactora xefe: Manuela Díaz
Foto de portada: @virginiamartin_photo
REALIZACIÓN E EDICIÓN
Factoría Prisa Noticias, S. L. U. Valentín Beato, 44. 28037 Madrid
Tel. +34 915 386 104
Difusión: Controlada por OJD Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com
Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 85. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38
Depósito Legal: BI-222-2015
Prohibida a reproducción total ou parcial de textos ou fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.
O máis TOP deste MES
SanEspecialValentín
UNHA CEA
QUE NAMORA
Pon o mandil e deixa entrar o amor na cociña. Prepara unha cea con algúns dos deliciosos e abraiantes pratos do taboleiro ‘Receitas que namoran’ de Pinterest de EROSKI e goza do pracer de cociñar a carón de quen queres. Entre risos, sabores e un e outro brinde, descubrirás que, ás veces, o ingrediente máis importante é compartir o momento.
CAVA, AMORODOS e un brinde de película
Hai combinacións que parecen feitas para o amor, e poucas tan icónicas coma o cava e os amorodos. A acidez desta bebida realza as notas doces da froita, creando un equilibrio perfecto e un estoupido de sabor que esperta os sentidos en cada grolo.
QUÉRETE MOITO
O mellor agasallo que te podes dar é ese intre de te quereres a ti mesma. Un peeling suave e unha máscara facial con produtos belle é o combo perfecto para que a túa pel brille e ti te sintas ben. Quererse e coidarse é, sen dúbida ningunha, o mellor acto de amor. Contas con mil ideas na nosa perfumería para agasallarte e agasallar!
EROSKI SELEQTIA
A nosa ‘lovemark’ para ese intre especial
ESTE SAN VALENTÍN NON DEIXES NADA AO CHOU. EROSKI SELEQTIA É A ELECCIÓN PERFECTA. COS SEUS PRODUTOS ‘GOURMET’ DE ALTA COCIÑA A PREZOS ASEQUIBLES PODES REGALAR UN DETALLE EXQUISITO, PREPARAR UNHA CEA MEMORABLE OU GOZAR DUN PETISCO DELICIOSO E CÓMODO.
...E EN REDES
Coñece todo o que se coce nas nosas redes sociais
Fenómeno fan ‘Marcapropista’
@martasimonet
Quen dixo que as marcas propias non poidan ter club de fans? O fenómeno ‘Marcapropista’ irrompeu en xaneiro nas redes e cada vez somos máis os que non nos podemos resistir a compartir os nosos produtos favoritos de EROSKI. Calidade, prezo, amor local, innovación… que converte o cotián en tendencia. Ti tamén es #marcapropista e #aforrista?
TOP3 RECEITAS
@Guille Varela tráenos unha versión deliciosa e saudable da receita Mac and Cheese, ben máis lixeira ca a orixinal e igual de reconfortante.
Toma nota das tres receitas de polo que @nutrisinexcusas prepara na airfryer. É imposible decidir cal probar primeiro!
PREMIOS E MÁIS PREMIOS
Un solombo Wellington 100% vexetal?
Non o creo! @ariadnajorda faino nun chiscar de ollos con produtos EROSKI.
Este 2025 @eroski.oficial botou a andar con sorteos que son incribles! Dende unha Polaroid das que che fan sentir todo un influencer, ata unha noite de hotel e un obradoiro de Cociña Gourmet Donostiarra en Basque Culinary Center. Os oito gañadores e os seus acompañantes pasárono de marabilla cociñando cos chefs da escola. E haberá máis sesións coma esta. Valas perder? Sigue as nosas redes, porque van vir cousiñas ben chulas! Pista: encántanos o vermello e San Valentín.
ARROUPADOS
coas verduras de
INVERNO
Como unha “bufanda de inverno”, tal como a recreou Quevedo, a cebola é un refuxio cálido que abraza os nosos sentidos. A súa sinxeleza transfórmase en calor ao cociñala, e é a base de pratos que nos reconfortan. Coma ela, a verza, a lombarda, as coles de Bruxelas, a alcachofa... desmóntanse cada inverno para arrouparnos con cada unha das súas capas, proporcionándolles sabor aos nosos pratos e calor ao noso corpo.
A suavidade doce da cebola acaramelada, a tenrura crocante das coles de Bruxelas asadas cun toque de mel ou a melosidade das alcachofas ao vapor enriquecen a nosa dieta e convídannos a redescubrirmos o pracer de cociñar con produtos de tempada, respectando o seu ritmo natural e garantindo o seu mellor sabor. Son ingredientes versátiles, de carácter rústico e reconfortante que conecta co celme do que chamamos comfort food: comida que nos abraza dende o primeiro bocado. Este inverno, déixate envolver pola calor das hortalizas.
Torta Tatin de porros
6
• 1 lámina de follado
• 5-6 allos porros
• 50 ml de vinagre de sidra
• 1 cullerada de AOVE (15 ml)
• 1 culleriña de mel
• Tomiño limoeiro
• Sal e pementa acabada de moer
Limpamos e toramos os allos porros en rodas grosas.
Nunha tixola ou recipiente apto para o forno mesturamos o aceite e o vinagre e reducímolos un minuto. Engadimos o mel e o tomiño e quentamos ata integrar. Colocamos o allo porro e salpementamos.
40’-54’
0,89€
POR RACIÓN
Prequentamos o forno a 180 ºC e introducimos o recipiente uns 20 minutos ata que os porros estean tenros e dourados.
Sacamos do forno e cubrimos co follado. Picamos e facemos uns lixeiros cortes para que saia o vapor.
Enfornamos a 200 ºC uns 15 minutos ata que estea dourado o follado e burbulle o recheo por todos os lados.
Sacamos a torta e virámola amodiño coa axuda dun prato.
Decoramos con tomiño limoeiro fresco.
É tendenci
A torta Tatin é un xeito enxeñoso de aproveitar os porros transformándoos nun prato elegante e delicioso, ideal para unha cea especial ou como entrante nun xantar festivo.
O porro, ao se cociñar devagar, adquire un sabor doce e suave, que se equilibra coa textura crocante da masa de follado.
Este prato transforma a receita orixinaria de mazá mantendo o toque doce e agrícola que a caracteriza, pero cun xiro salgado e vexetal.
#AlimentaLoQuePiensas
UN BÁSICO
con matices
A cebola é moito máis ca un ingrediente básico. Sen ela, moitos dos sabores que consideramos caseiros non existirían. Dende as delicadas chalotas ata os robustos porros, doces ou picantes, cada tipo de cebola achégalle o seu propio carácter á cociña, elevando calquera receita. Ademais, son baixas en calorías, ricas en antioxidantes e vitamina C e un diurético natural que favorece a eliminación de toxinas. Atoparalas nas nosas froiterías EROSKI por xunto, en mallas de entre 500 g e 2,5 quilos, peladas e colleitadas no teu contorno máis próximo, e poderalas recoñecer co distintivo da túa zona.
CEBOLA AMARELA
De sabor intenso e lixeiramente picante en cru, é doce e suave ao cociñala. A súa textura é firme, con capas grosas e crocantes.
Perfecta para rustridos, caldos e guisos. Para aproveitar ao máximo a súa dozura, acaramélaa devagar durante 30 minutos cun chisco de sal, aceite de oliva e, de xeito opcional, manteiga.
Sempre bos prezos S Sep prezezos
CEBOLA VERMELLA
Máis suave ca a amarela, cun toque doce e menos picante. Crocante en cru, con capas máis finas e menos densas.
E agora, tamén pelada
Sempre bos prezos S Sep prez ezzos
Este formato buti, dun quilo, é o tamaño ideal para ter sempre á man na cociña. E, ademais, está sempre a bos prezos.
Ideal para ensaladas, salsas e cebiches. Proba a mariñala con limón e sal para lles dar un toque fresco aos teus pratos.
CEBOLA DOCE
De sabor moi suave, case sen notas picantes, tenra e substanciosa, é a máis dixestiva, xa que contén menos compostos sulfurosos.
Ideal para ensaladas e receitas en cru, e mais para asar enteira cun chorriño de aceite e herbas.
DE ORIXE RECOÑECIDA
A cebola doce EROSKI NATUR procede de Fuentes de Ebro (Zaragoza), ten DOP e selecciónase de xeito individual polo seu tamaño e aspecto. Caracterízase por ter forma de globo e cor branca palla. Case non pica e o seu sabor é máis doce do habitual. Atoparala por xunto e en formato de medio quilo.
CEBOLIÑA
Cun sabor suave e delicado e un toque fresco que lembra ao allo tenro. A súa textura é crocante na súa parte branca e máis tenra nos talos verdes. Está no seu mellor momento en primavera e verán.
a e verán.
Perfecta en ensaladas, sopas asiáticas ou tacos.
Aproveita os talos en caldos ou cremas, incorpóraos nunha tortilla de patacas ou tritúraos con queixo crema, iogur ou aguacate para un dip cremoso e aromático.
A MÁIS DOCE
A ceboliña doce
EROSKI Natur ten maior calibre e destaca pola súa dozura e sabor suave.
CHALOTA
Sabor refinado que combina a dozura da cebola cun toque a allo. Con menos auga que outras cebolas, é carnosa e compacta.
Ideal para bases de salsas ou asada enteira para acompañar peixes ou carnes.
CEBOLIÑA FRANCESA
CEBOLA CHATA
Sabor doce e delicado, cunha lixeira acidez. Textura compacta, tenra e substanciosa ao cociñala.
Fantástica para guisos, salsas ou acaramelada como acompañamento.
Pódela glasar nunha tixola con manteiga e azucre para acompañar pratos de carne.
ALLOS PORROS, ESE PRIMO INSUBSTITUÍBLE
De sabor moi doce, case non pica. É firme, pero máis tenra e menos fibrosa ca a cebola convencional.
e menos fibrosa c r frixir en aros ou eng llora o Unha das preferidas en Galicia.
Na cociña: perfecta para asar, frixir en aros ou engadir en hamburguesas e bocadillos. En cru, mellora o sabor das ensaladas sen dominar demasiado.
RECEITAS CON RAÍZ LOCAL
De sabor suave e lixeiramente doce, cun toque herbáceo.
É tenro ao cociñalo, pero máis fibroso ca as cebolas.
Goza del en cremas, sopas ou tortas salgadas.
Asa os porros enteiros e sírveos con salsa romesco para un prato sinxelo e delicioso.
Aproveita a zona verde escura para caldos.
Sempre bos prezos S Sep prezezos de aquí É bo que sexa
A cebola é un símbolo da conexión co natural, o local e o estacional, protagonista de pratos tradicionais.
PORRUSALDA (País Vasco): neste prato, a cebola comparte escenario co allo porro e as patacas, creando un caldo sinxelo, pero á vez profundamente nutritivo.
CACHÓN ENCEBOLADO (Cantabria): unha receita onde a cebola acaramelada toma o protagonismo, abrazando o sabor do choco nunha combinación doce e mariña irresistible.
EMPANADA (Galicia): esta preparación sempre comeza cun substancioso rustrido de cebola, pemento e tomate.
TUMBET (Baleares): un delicioso guiso de verduras con berenxenas, pementos e tomate, que toma o seu carácter e profundidade da cebola acaramelada.
TERNASCO ASADO (Aragón): a cebola combínase con herbas e aceite de oliva para lle dar dozura e suavidade á carne.
PISTO (Navarra): a cebola, o tomate e a cabaciña son o trío estrela desta preparación.
Sopa de cebola francesa
• 500 g de cebolas doces
• 25 g de AOVE
• 550 ml de caldo de polo
• 450 ml de auga
• 4 rebandas (duns 100 g) de pan rústico do día anterior
• 20 g de queixo emmental
Pelamos e cortamos en rodas finas as cebolas.
Nunha pota quentamos o aceite e douramos as cebolas a lume
medio-alto durante uns 30 minutos removendo decontino. Engadimos o caldo e mais a auga e deixamos cocer durante uns 15 minutos a lume suave. Prequentamos o forno. Torramos as rebandas cun pouco de queixo.
Eliximos catro cuncas aptas para o forno e botámoslle a cada unha a sopa, unha rebanda de pan e queixo relado. Introducímolas no forno e gratinamos uns 4-5 minutos ata que o queixo se derreta e teña cor dourada.
Unh sop con moit histori
Nada en París, no século XVIII, esta sopa humilde era un alimento reconfortante por mor dos seus ingredientes básicos: cebolas acarameladas, caldo e pan. A súa sona aumentou ao se converter nun clásico servido nos bistrós, onde o gratinado de queixo lle deu ese toque irresistible. É unha icona da gastronomía francesa.
#AlimentaLoQuePiensas
0,56€ POR RACIÓN
O rustrido
PERFECTO
Un bo rustrido é a base dunha morea de receitas que conquistan o padal. Esa mestura de cebola, allo e outros ingredientes que, ao se cociñaren devagar, liberan todo o seu sabor creando a esencia de pratos como arroces, guisos ou salsas. E nesta base imprescindible na cociña, a cebola, coa súa dozura e suavidade, é o primeiro ingrediente en saír á escena, achegándolle unha profundidade única a calquera receita.
UNHA BASE ESENCIAL SEMPRE A BOS PREZOS
A clave do rustrido é cociñalo a lume lento e darlle tempo para que os sabores se mesturen e concentren. Con ingredientes de calidade sempre a bos prezos, como os que che presentamos, seguro que sabe mellor.
Sempre bos prezos S Sep prezezos
ASÍ QUE RUSTRA, AGREGA UN ALLO PICADO
BOTA ACEITE DE OLIVA VIRXE EXTRA NUNHA TIXOLA
CANDO ESTEA QUENTE, ENGADE UNHA CEBOLA PICADA FINAMENTE
E, PARA REMATAR, UN CHISCO DE SAL
Sempre bos prezos S Sep prezezos 1 2 3 4 5 6
Sempre bos prezos S Sep prezezos
Sempre S Sep prez ezzos
INCORPORA TOMATE
Sempre bos prezos S Sep prez ezzos
Sempre bos prezos S Sep prez ezzos
Sempre bos prezos S Sep prezezos
DE XEITO OPCIONAL, PODES ENGADIR PEMENTO VERDE OU VERMELLO, SEGUNDO O MATIZ QUE BUSQUES
Se vas con présa
Non chores máis
Sazonador de cebola e cebola en anacos EROSKI.
Tips de proveit mento
CONSERVA
Para conservar a cebola cómpre gardala nun lugar fresco e seco.
CONXELA
Podes conxelar a cebola picada para utilizala nas túas receitas.
Fai unha boa tixola de rustrido e conxélao en bolsiñas ou xeos para utilizalo rapidamente en guisos, sopas, arroces, pastas ou para o prebe das empanadas.
Tamén podes conxelar cebola acaramelada para usala en hamburguesas, pizzas, ensaladas ou acompañar carnes.
#alimentaLoQuePiensas
CON OU SEN
CEBOLA?
A eterna pregunta que divide os amantes da tortilla de patacas. En EROSKI, sexas dos que defenden o toque doce que achega a cebola ou dos que prefiren o sabor máis puro das patacas, tes onde elixir.
Con cebola acaramelada.
Veggie con cebola.
1,08€ POR RACIÓN
Ensalada de cebolas asadas con
aliño de noces
Para a ensalada
• 4 cebolas doces medianas
• 1 fío de AOVE
• 50 g de queixo fresco de cabra
• Brotes de eiruga
• Sal e pementa negra moída
Para o aliño
• 4 culleradas de AOVE
• 2 culleradas de vinagre de mazá
• 1 manchea de noces picada finas
• Sal e pementa acabada de moer
• 1 chisco de caiena moída
Prequentamos o forno a 200 ºC, con calor por riba e por baixo.
Pelamos as cebolas e cortámolas en rodas de 1-1,5 cm.
Pincelamos unha bandexa de forno e colocamos as rodas de cebola repartidas sen se solaparen. Pincelamos con AOVE e salpementamos.
Metémolas no forno prequentado durante uns 30 minutos, ata que estean transparentes. De querermos douralas un chisco, poñemos ao final 1-2 minutos o grill. Sacámolas do forno e deixámolas amornar. Preparamos o aliño mesturando os ingredientes nun frasco. Pechámolo e axitamos para emulsionar. Reservamos. Para montar a nosa ensalada, poñemos os brotes de eiruga nunha capa por baixo e colocamos enriba as cebolas de xeito que queden enteiras as rodas grosas. Engadimos o queixo de cabra rompéndoo cos dedos e, para rematar, aliñamos coa vinagreta. Servir decontado para que a eiruga non murche e o queixo amorne coa calor das cebolas.
Que son os fitoquímicos?
Son compostos naturais dos alimentos vexetais beneficiosos para o teu organismo polas súas propiedades antioxidantes e antiinflamatorias. Están presentes en froitas, hortalizas, legumes e sementes e son os responsables das cores e aromas de moitos vexetais. A cebola, por exemplo, ten quercetina, que achega unha potente acción antioxidante. Apta para dietas lactovexetarianas.
#AlimentaLoQuePiensas
fala Sunions para
Doce sen bágoas
AÍNDA NON PROBACHES SUNIONS®?
PROBA A PRIMEIRA CEBOLA
NQUE NON CHE FARÁ CHORAR
unca cortar cebolas foi tan doce e divertido. Sunions® chegou para alegrar todas as cociñas.
Son moitas as maneiras nas que a cebola forma parte das grandes receitas. Ata agora, cortar cebola non era tarefa doada, e menos sen chorar.
Con Sunions deixarás de chorar ao preparares delicias na túa cociña.
A calidade e dozura de Sunions asegura pratos deliciosos e dun sabor único. Son moitas as posibilidades que ofrece Sunions na túa cociña, xa que podes consumila en múltiples pratos en cru ou cociñada:
Sunions crúa en ensalada, nun sándwich. Sunions acaramelada para acompañar calquera receita.
Sunions salteada con outras verduras.
Sunions en tortillas.
Sunions non pode faltar na túa cesta da compra: achégalles grandes beneficios ás túas receitas e ao consumidor.
SEN BÁGOAS. Sunions é a única cebola que non che fai chorar e non irrita os teus ollos. É unha grande innovación, que che permitirá seguir gozando de cociñar sen ter que buscar trucos para non chorar cortando cebola.
MÁIS DOCE CADA DÍA. O sabor é moi importante para elaborar ricas receitas. Con Sunions terás o mellor sabor, suave e doce á vez, que enriquecerá os teus pratos.
CROCANTE. Próbaas crúas nunha ensalada, nun sándwich (igual se che saltan as bágoas de
Andrés, 46 anos Sunions revolucionou o meu xeito de cociñar. Onde estaban todo este tempo? . .
emoción!) e tamén elaboradas en calquera dos teus guisos.
CHORAR É NATURAL, SUNIONS TAMÉN. As cebolas Sunions son o resultado de tres décadas de traballo agronómico tradicional para conseguir unhas cebolas saborosas, doces, suaves e sen bágoas! Sunions son 100% naturais e 100% produción dos nosos eidos en España.
Isabel, 26 anos
Tamara, 35 anos
Sunions é a cebola perfecta para consumir en cru. Pola súa textura e dozura, é a verdadeira revolución
Sunions é perfecta para unha ensalada, unha pizza ou un cebiche de robaliza e lagostinos .
#CHORAPORQUEQUERES Cando se fai por gusto, chorar é un pracer. Nas nosas redes sociais podes atopar ideas, receitas e historias para chorar de risa, de emoción e de pracer.
SABOR POR DENTRO Capas por fóra,
Oinverno agasállanos con verduras arroupadas en coradas capas. Alcachofas, repolos e lombardas, ideais para fortalecermos o corpo nesta época do ano, e as delicadas coles de Bruxelas, que destacan polo seu verde intenso e a súa versatilidade, que as tornan un imprescindible para os que buscan sabor e saúde.
Son unha das verduras con máis antioxidantes e unha auténtica explosión de nutrientes como fibra e vitaminas C e K. Non deixes de probalas asadas, salteadas con allo e touciño crocante ou mesmo cun toque asiático ao wok, con salsa de soia e sésamo. Preparacións que che axudarán a redescubrir o seu sabor e incorporalas ás túas receitas favoritas.
Ademais, agora están no seu mellor momento. Elixe os ollos ben pechados, duros e verdes. Se vés pola froitería, animámoste a te deixares conquistar polas cores e sabores de febreiro. As coles de Bruxelas non te defraudarán!
Atoparalas en conserva, conxeladas e frescas nas nosas froiterías
1,95€
POR RACIÓN
Inxestion de Referencia (IR) para un adulto
Salmón á prancha con coles de Bruxelas
Deixar o arroz integral en remollo unhas 2 horas.
Que che cheg ?
• 2 lombos de salmón (500 g)
• 12 coles de Bruxelas
• 1 cullerada de salsa de soia baixa en sal
• 2 culleriñas de sementes de sésamo
• 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra
+1 fío de AOVE para o salmón
• 1/2 ceboliña picada en brunoise
• 1 dente de allo espremido
• 1 cunca de arroz integral (200 g)
• 1 cunca de zume de laranxa
• 1 cunca de auga
(ou a que pida o arroz)
• Reladura de laranxa
• 2 moedas de xenxibre
• Sal e pementa
Rustrir a ceboliña en 1 cullerada de AOVE, engadir o allo e deixar 1 minuto. Engadir o arroz e sofritir.
Incorporar o zume de laranxa e a auga (todo quente) e mais a reladura de laranxa e o xenxibre. Deixar cocer o arroz. Retirar o xenxibre para servir.
Limpar as coles de Bruxelas retirando a primeira capa de follas e partilas pola metade. Cociñalas 2 minutos ao vapor e escorrelas ben.
Poñer unha tixola ao lume cunha cullerada de AOVE. Engadir as coles e cociñar.
É un prato completo cun moi bo perfil nutricional que contén proteína saudable, verduras e cereal integral. O mellor broche final a este menú é unha sobremesa de froita.
#AlimentaLoQuePiensas
Engadir a salsa de soia e as sementes de sésamo e mesturar ben. Reservar.
Cociñar os lombos de salmón á prancha cun fío de AOVE e salpementalos.
Servir o salmón sobre unha cama de arroz e as coles co seu zume por riba.
Máis verduras nos teus pratos
Fabas con alcachofas e mexillóns
4120’
• 800 g de fabas brancas en conserva
• 175 g de alcachofas en conserva
• Mexillóns
• 1 ceboliña
• 3 allos
• 20 ml de AOVE
• 50 ml de viño branco
• 200 ml de caldo de peixe
• Pementa negra e caiena
• Perexil fresco
1,64€
POR RACIÓN
Lavar as fabas baixo a auga da billa e, ben escorridas, botalas na pota xunto co viño branco.
Remover cunha culler de pau e deixar un par de minutos para que o alcohol se evapore.
Engadir o caldo e deixar cocer a lume medio sen tapar uns 15 minutos.
Queres comer un pr to único?
#AlimentaLoQuePiensas UNHA RACIÓN
Colocar ao lume unha pota grande con dúas culleradas de AOVE. Cando estea quente engadir a ceboliña picada e os dentes de allo machucados e refogar.
Escorrer as alcachofas sobre papel absorbente e cortar en cuartos, reservando tres ou catro metades. Botar no guiso as alcachofas xunto cos mexillóns e cociñar uns 5 minutos.
Salpementar ao gusto, esparexerlle perexil picado e un chisco de caiena moída. Deixar cocer un par de minutos. Torrar os cuartos de alcachofas reservados nunha tixola antiadherente cunhas pingas de aceite.
Esta receita incorpora nunha porción:
• Proteína das fabas e mexillóns.
•Hidratos de carbono e fibra dos legumes e verdura.
•Pouca graxa en forma de aceite.
Un prato saudable que podes completar cunha ensalada ou engadir outro peixe como bacallau e gambas, un ovo cocido ou máis verduras.
TIPS SAUDABLES
Podes rebaixar a cantidade de sal tan só aclarando ben as fabas e as alcachofas, optando por conservas e caldos baixos en sal ou substituíndo o caldo de peixe por auga.
Servir o guiso decorado coas alcachofas torradas e un pouco de perexil picado.
1,68€ POR RACIÓN
Potaxe de garavanzos e kale
(a remollo dende o día anterior) 1 h 20’ 4
• 300 g de garavanzos
• 250 g de xarrete
• 1 cenoria, 1 allo porro e media cebola
• Auga, sal, 1 chisco de bicarbonato e 1 folla de loureiro
Para o rustrido de kale
• 200 g de kale
• 1 cebola, 2 tomates relados e 2 dentes de allo
• Media culleriña de pemento picante
• 1 cullerada de AOVE
A noite anterior, poñer en remollo en auga morna os garavanzos co bicarbonato. Botar auga fría nunha pota e engadir as verduras e mais a carne. Poñer a cocer e ir
1,13€
POR RACIÓN
escumando para quitar as impurezas. Cando comece o fervor, engadir os garavanzos e deixar cociñar. Na pota rápida faranse en 30 minutos e na pota tradicional, en dúas horas.
Coar o caldo e reservar. Separar a carne e as verduras. Triturar algúns garavanzos cun pouco de caldo, a cenoria e a cebola e engadilo ao caldo xunto cos garavanzos.
Nunha tixola, facer un rustrido coa cebola e o allo, engadir o pemento, agregar o tomate relado e deixar evaporar a auga. Engadir o kale e saltear. Botar o rustrido no caldo e servir.
Verduras enfornadas con crocante de coliflor
60’ 4
• 1 porro
• 200 g de col
• 100 g de chícharos
• 250 g de patacas
• 60 g de aceite de oliva
• 50 g de queixo feta
Para o crocante:
• 200 g de coliflor
• 40 g de queixo parmesano
• 80 g de noces
Prequentar o forno a 180 ºC. Pelar as patacas e cocelas en abundante auga ata que estean tenras. Trituralas coa axuda dun garfo e reservar. Engadir o aceite de oliva a unha tixola e refogar o porro ata que comece a dourarse.
Incorporar á tixola a col cortada e refogar durante cinco minutos. Engadir nunha cunca grande todas as verduras xunto ao queixo feta e remover ata integrar. Colocar as verduras nunha fonte de enfornar e reservar.
Elaboración do crocante
Triturar a coliflor e introducila nunha cunca xunto ao queixo parmesano relado e as noces trituradas. Mesturar ata obter unha masa uniforme. Incorporar a mestura de coliflor sobre as verduras e enfornar durante uns 20 minutos aproximadamente.
Fabas pintas con verduras especiadas
4 3 h (12 h de remollo)
• 400 g de fabas pintas
• 3 culleradas de AOVE
• 3 dentes de allo
• 1 folla de loureiro
• Auga fría
• 1 ceboliña
• 1 cenoria en rodas
• 4 tomates relados
• 1 pemento verde
• ¼ de culleriña de caiena moída
• 1 culleriña de pemento doce
• 1 culleriña de comiño
• Perexil e coandro
• Sal
• Pementa negra fresca
Poñer as fabas en remollo durante unha noite en auga fría. Ao día seguinte, escorrelas e poñelas nunha pota cunha cullerada de AOVE e dous dentes de allo con pel, deixar sofritir un pouco e cubrir con auga fría.
Deixar cocer as fabas entre 2 e 2 horas e media, asustándoas -engadindo un pouco de auga fría na pota- tres veces cando comece o fervor.
Así que estean cocidas, separar por un lado as fabas e por outro o caldo. Reservar.
Nunha pota poñer dúas culleradas de AOVE e rustrir a ceboliña picada en brunoise, un dente de allo, a cenoria e o pemento verde en dados durante uns 5 minutos. Engadir o tomate relado e as especias e deixar cociñar outros 5 minutos.
Incorporar as fabas e 1 vaso do caldo de cocción e deixar cociñar entre 5 e 10 minutos a lume suave co tello posto para que os sabores se impregnen.
Esparexer o coandro e o perexil picado e servir.
Tip s ud ble
As especias teñen boas propiedades nutricionais, dan sabor e permiten diminuír o uso de sal.
#AlimentaLoQuePiensas
UNHA RACIÓN CONTÉN:
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
0,99 € POR RACIÓN
PAÍS VASCO
Receitas con PRODUTOS DE AQUÍ
OPaís Vasco é terra de tradicións culinarias únicas e de produtos que destacan pola súa calidade e carácter. As fabas pintas arabesas, un tesouro da horta vasca, son o ingrediente estrela de moitas receitas que celebran a riqueza gastronómica da rexión, como esta elaborada polo Basque Culinary Club.
Crema de fabas con ovo en flor e
‘utney’ de
piparras
• 250 g de fabas pintas arabesas cocidas
• 150 ml de caldo de ave
• Sal e pementa
• 4 ovos
• 100 g de piparras
• 20 g de azucre moreno
• 50 ml de vinagre de mazá
• 25 ml de auga
• 5 g de comiño
Crema de fabas
Triturar nun procesador de alimentos as fabas xunto co caldo de ave. Salpementar ao gusto. Quentar nun cazo e axustar a consistencia con máis caldo se cómpre. Manter en calor.
Ovo en flor
Cortar filme en forma de cadrado. Escachar un ovo e atar. Cocer en auga fervendo 3-4 minutos. Sacar e reservar.
‘Chutney’ de piparras
Cortar as piparras en brunoise. Nun cazo, quentar a auga, o azucre e o vinagre ata que o azucre se desfaga. Engadir as piparras e o comiño e cociñar a lume lento 10 minutos. Reservar.
Empratado
Botar a crema, colocar o ovo e decorar cunha cullerada de chutney
FABA PINTA ARABESA
Receitas deseñadas por:
Recoñecida co distintivo Eusko Label dende 1999, esta faba caracterízase polo seu pequeno tamaño, forma ovalada e pintas rosáceas. Destaca pola súa escasa pel e pola súa excepcional finura ao padal. Cultivada nas comarcas de montaña e nos vales, a súa produción é respectuosa co medio natural e segue técnicas tradicionais como a colleita manual e o secado natural.
Verduras conxeladas
FRESCURA NO SEU MELLOR MOMENTO
As verduras conxeladas son moito máis ca unha solución práctica: son o reflexo da natureza na súa máxima expresión. Colleitadas no seu punto óptimo de madureza e conxeladas decontado, conservan todo o seu sabor, textura e nutrientes para que as tomes como se acabasen de saír da horta. Dende as coles de Bruxelas ata as alcachofas, cada bocado é unha invitación a encher os teus pratos de calidade e frescura, sen importar a estación.
Produto xa lavado e cortado, listo para botalo na pota e gozar dun prato san e saboroso
EROSKI SELEQTIA
Chícharos ben tenros e corazóns de alcachofa de Navarra e Murcia. Un auténtico luxo de sabores testados polo Basque Culinary Center! As verduras EROSKI SELEQTIA ultraconxélanse en menos de 24 horas tras a colleita, o que garante toda a súa frescura e sabor. Máis frescas, imposible!
EROSKI
Dende feixóns planos e redondos, minestras de verduras, espinacas, coles de Bruxelas, alcachofas e coliflor, ata verduras xa cortadas e listas para elaborar as túas receitas. As verduras conxeladas EROSKI obtéñense no seu mellor momento e ultraconxélanas empresas líderes no sector. E son totalmente naturais xa que non teñen aditivos nin conservantes.
AS ALCACHOFAS BABY SON TENRAS E
SUBSTANCIOSAS E OFRECEN TODO O SABOR SEN A TEXTURA FIBROSA. E OS CHÍCHAROS SON CREMOSOS E TENROS, DE PEL FINA E SABOR SUAVE E LIXEIRAMENTE DOCE. NOTARÁS A DIFERENZA!
ESPINACAS CORTADAS
Follas tenras e saborosas que, en tan só uns minutos, poderás levar á túa mesa para gozares dun primeiro prato, de gornición ou como ingrediente estrela en calquera das túas receitas. Divididas en catro porcións de 100 g cada unha para maior facilidade.
CORAZÓNS DE
ALCACHOFA EN ANACOS
Seleccionados da parte máis tenra da alcachofa, o corazón, poderalos incorporar doadamente en todas as túas receitas grazas ao seu cómodo tamaño. Descubre o doado que é darlles un toque especial a todas as túas comidas.
CHÍCHAROS FINOS
Obtivéronse e conxeláronse no intre perfecto para que goces duns chícharos de calidade. Debullados, limpos e listos para cociñar, só precisan uns minutos de cocción. Se queres aforrar tempo na cociña, sen perder calidade, serán o teu aliado perfecto.
MINESTRA DE VERDURAS
Unha delicada selección de verduras e hortalizas. Os ingredientes obtivéronse e conxeláronse no seu momento óptimo para que goces da mellor calidade. A que agardas para gozares de todo o sabor desta minestra?
ENSALADA RUSA
Con exquisita pataca e os chícharos superfinos Findus. Unha combinación de sabores, texturas e cores reunidas nunha apetitosa e refrescante receita. Cada ingrediente obtívose no seu momento óptimo.
RUSTIC POTATOES
Cachelos con pel. Supersabedores!
PATACAS FRY’N’DIP Deliciosamente curvadas, perfectas con todas as salsas.
PATACAS GOLDEN LONG
Longas e extrafinas, cun crocante sen igual.
CHÍCHARO FINO
Seleccionouse con moito coidado, colleitouse e ultraconxelouse para gardar todo o seu sabor e propiedades nutricionais. É ideal como primeiro prato, como ingrediente para salteados e minestras ou como gornición para carnes e peixes.
+ VITAMIMAS
O kiwi pasou de ser unha froita exótica a converterse nun imprescindible nas nosas mesas, conquistándonos coa súa explosión de sabor. En inverno, esta pequena xoia está no seu mellor momento, ofrecendo un extra de frescura e nutrientes que nos axuda a coidar a nosa saúde e a cumprir coa recomendación de consumir 5 pezas de froita ou verdura ao día.
NA COR ESTÁ O GUSTO
Sabías que a cor da polpa dos kiwis tamén marca a diferenza?
Nas froiterías de EROSKI poderás atopar dúas variedades. Os kiwis verdes, coa súa textura lixeiramente firme e o seu toque ácido, son perfectos para quen busca frescura e enerxía. En cambio, os kiwis amarelos destacan pola súa dozura natural e a súa suavidade, ideais para quen prefire un bocado máis delicado. Atoparalos por xunto, envasados, de produción local e as mellores pezas de marcas como Zespri. Goza do toque ácido do Zespri Green e descubre a irresistible dozura do Zespri Sungold. Atrévete a probar ambos os dous e deixa que a cor te conquiste!
Como incorporar o kiwi na túa dieta
Ao natural: tómao a calquera hora.
Almorzo: bota rodas de kiwi na túa avea ou iogur.
Ensaladas: combina moi ben con aguacate, queixo fresco ou espinacas.
Zumes e batidos: tritura o kiwi con espinacas, plátano e auga de coco.
Salsas para carnes ou peixes: tritura kiwi cun toque de lima, mel e xenxibre e acompaña pratos de polo, salmón ou mesmo tofu.
Tóppingpara torradas: unta pan con queixo fresco e engade kiwi, un pouco de mel ou sementes de chía.
Espetos: Alterna anacos de kiwi con amorodos, melón e uvas.
Proba as nosas bandexas de froita cortada con kiwi listas para comer.
OPCIÓNS SEMPRE
A BO PREZO
Nas nosas froiterías atoparás distintas variedades de kiwis sempre a bos prezos, como o kiwi aforro ou os deliciosos Zespri.
PAÍS VASCO
PARA BOTAR A ANDAR O DÍA
O SEU POTENTE EFECTO LAXANTE FAI QUE SEXA UN IMPRESCINDIBLE NO ALMORZO. AMAIS DE FIBRA, TEN MÁIS DO DOBRE DE VITAMINA C CA UNHA LARANXA, ÁCIDO FÓLICO, POTASIO E MAGNESIO
Sempre bos prezos S Sep prezos os
SABOR LOCAL
Nas nosas tendas do País Vasco, na tempada de inverno, atoparás kiwis de produción local procedentes de pequenas explotacións da costa biscaíña e guipuscoana. A produción de kiwis medrou nos últimos anos e ofrece froitos con cada vez maior tamaño e calidade. Tamén dispós de kiwis locais en Galicia, Navarra, A Rioxa e Baleares.
2,10€ POR RACIÓN
Tortaletas de kiwi
4 25’
Para a base
• 220 g de abelás torradas
• 1 culleriña de cacao desgraxado e sen azucre
• 2 culleradas de manteiga
• 1 chisco de sal
Para o caramelo de dátil
• 1 cullerada de sementes de chía
• 125 ml de auga
• 125 g de dátiles sen carabuña
• 1 culleriña de extracto de vainilla
• ¼ de culleriña de canela en po
Para o recheo
• 4 kiwis
• 250 ml de queixo crema 0%
• 1 aguacate pequeno
• Zume de 1 lima
• 1 cullerada de xarope de agave
Para decorar
• 4 kiwis
Preparar a base triturando os ingredientes. Forrar as tortaletas e levalas ao frigo.
Preparar o caramelo de dátil poñendo en remollo as sementes de chía durante 10 minutos e trituralas co resto dos ingredientes.
Poñer un par de culleriñas de sobremesa de caramelo de dátil na base de cada pasteliño (se sobra, podémolo gardar nun tarro na neveira).
Triturar os kiwis co queixo, o aguacate, o zume de lima e o xarope de agave e cubrir cada pasteliño.
Decorar cada pasteliño con láminas de kiwi.
Tips saud bles
Usa froitos secos no canto de fariña. Opta por dátiles no canto de azucre.
Apta para dietas lactovexetarianas.
#AlimentaLoQuePiensas
PEIXES PLANOS, sabor de nivel
Coa súa carne fina e sabor delicado, especies como a meiga ou rapante, o rodaballo ou o linguado alcanzan o seu mellor momento nos meses de frío, e é en febreiro cando a súa calidade adquire o seu punto máximo. Todos eles teñen en común que son planos, deliciosos e que se capturan nas nosas costas. Ademais, son unha excelente fonte de proteína de alta calidade, con baixos niveis de graxa e ricos en ácidos graxos omega 3, magnesio e iodo.
Meiga ou rapante: o seu sabor delicado faino perfecto para preparar á prancha, rebozado ou en papillota.
Meiguiña: son meigas máis pequenas. Ideais para fritir ou preparar en sopas e caldos.
Linguado: un peixe delicado e de textura fina. Pódese tomar nunha gran variedade de pratos. Próbao á meunière. ou con algunha salsa lixeira.
Limanda ou mendo: semellante á meiga, a súa carne é tenra e delicada. Atoparala a ‘Sempre Bo Prezo’.
San Martiño: ten unha mancha escura nos costados e a súa carne é branca e zumarenta, cun sabor exquisito. Adóitase preparar ao forno, á prancha ou en caldeiradas.
Rodaballo: o rei dos peixes planos, cunha carne máis grosa e saborosa. En febreiro está no seu mellor momento. Cocíñase ao forno ou á grella e é moi apreciado na alta cociña pola súa versatilidade.
Rodaballo con salsa de mexillóns e limón
420’
• 800 g de rodaballo
• 500 g de mexillóns
• 1 folla de loureiro
• 1 limón
• 1 ramiña de perexil
• 1 culleriña de maicena
• 2 culleradas de AOVE
• Sal e pementa moída e en gran
Cocer os mexillóns ao vapor coa folla de loureiro, uns grans de pementa e un dedo de auga. Así que abran, retiralos do lume e deixalos arrefriar. Coar, reservar o caldo e separar os mexillóns das súas cunchas.
Unha receita ideal para celebrar SAN VALENTÍN
Cortar medio limón en rodas e espremer a outra metade. Lavar o perexil, secalo e picalo. Pedir na peixería que separen os filetes de rodaballo da espiña e que os corten en supremas. Cocer ao vapor xunto coas rodas de limón durante 12 minutos. Mesturar un vaso do caldo dos mexillóns coa maicena e quentar no lume ata que comece a espesar. Engadir os mexillóns sen cuncha, o zume de limón, dúas culleradas de aceite, sal, pementa e perexil picado. Servir o rodaballo coa salsa de mexillóns e limón.
4,65€
POR RACIÓN
SANSOSTIBLE SUPERFÁCIL DE PREPARAR
PARA OS AMANTES da cociña saudable
Prodemar quere ter un detalle moi especial en San Valentín cos verdadeiros amantes da cociña saudable. Ao mercares rodaballo Prodemar poderás gañar unha airfryer, a aliada perfecta para comer san e delicioso.
COIDA DE QUEN MÁIS QUERES
As frixideiras de aire gañaron un lugar nas cociñas modernas grazas aos seus grandes beneficios.
Menos graxa: aire quente no canto de aceite.
Acabado uniforme: crocante por fóra e tenro por dentro.
Aforra tempo: cociñado máis rápido e de maneira máis eficiente.
Máis limpo: non mancha nin deixa cheiro.
SABOROSO E SOSTIBLE
O rodaballo Prodemar é unha elección perfecta para quen, sen renunciar ao mellor sabor, busca unha opción rica en proteínas, baixa en graxas e chea de nutrientes esenciais, como os ácidos graxos omega 3, que favorecen a saúde cardiovascular e o benestar xeral. A isto súmase o seu compromiso coa sustentabilidade, que garante unha orixe responsable e respecto polo ecosistema mariño.
GAÑA UNHA ‘AIRFRYER’
Merca Prodemar e participa en www.promoprodemar.com para gañares unha airfryer, ideal para unha cociña saudable e deliciosa. Saberás ao instante se gañaches!
Este San Valentín, celebra con Prodemar o amor pola saúde e o mellor sabor.
SOBRE AS CARNES BRANCAS QUE NON COÑECÍAS curiosidades
As carnes de ave e coello pertencen ao grupo das chamadas “brancas”. Esenciais nunha dieta equilibrada por mor do seu baixo contido en graxas, do seu alto valor proteico e da súa fácil dixestión, son unha opción saudable que che ofrece moito máis do que imaxinas. Na nosa carnicería atoparás diferentes cortes segundo as receitas e preparacións que necesites. Enteiras ou en filetes, desosadas, zancos, ás, xamonciños…
O SEGREDO DA PEITUGA DE PAVO:
MÁIS PROTEÍNA CA A CARNE VERMELLA
Se buscas unha carne coa maior achega proteica, a peituga de pavo é insuperable. Con aproximadamente 30 g de proteínas por cada 100 g, supera ata a cortes tradicionais de carne vermella, como o solombo de becerro.
Sempre bos prezos S Sep prezos os
Aforra tempo e cartos co pavo fileteado para abrir e directo á tixola.
CARNE BRANCA E AFUMADOS?
ABOFÉ QUE SI!
O polo, e tamén o pavo, poden protagonizar receitas de afumados, unha técnica que salienta o sabor destas carnes. Proba a afumar as ás de polo ou filetes de pavo con madeiras como maceira ou nogueira, e sorprende cun toque gourmet na túa grella.
Sempre bos prezos S Sempos
Sempre bos prezos S Sep prezos os
A TÉCNICA DO ‘BRINING’: UN EXTRA DE TENRURA
Sabías que mergullar carnes brancas nunha salmoira antes de as cociñar transforma a súa textura?
O brining é un truco utilizado polos chefs para que pezas como a peituga de polo ou pavo queden moito más tenras. Só precisas auga, sal, azucre e especias. Déixaas repousar unhas horas antes de as cociñar e o resultado será espectacular, especialmente en asados ou á prancha.
A CARNE BRANCA MÁIS
LIXEIRA E CON MENOS
COLESTEROL: O COELLO
Contén menos de 5 mg de colesterol por cada 100 g, moito menos ca o polo. Ademais, é a carne branca máis ecolóxica, xa que a súa crianza ten un menor impacto ambiental en comparación con outras.
ZANCO DE POLO DESOSADO, O CORTE MÁIS SUBSTANCIOSO
Aínda que a peituga de polo é famosa por ser magra, o zanco desosado ten unha vantaxe: o seu maior contido de graxa intramuscular faino ideal para receitas que requiran carnes tenras e substanciosas, como espetos, curry ou ramen. Ademais, ao desosalo, redúcese o tempo de cocción, converténdoo nun corte práctico para o día a día.
Sempre bos prezos S Sep prezos os
Non enredes desosando!
Sabías que o coello é perfecto para pratos gourmet como medallóns en salsa de cogomelos ou guisos mediterráneos?
O PAVO, PREMIO Á CARNE MENOS GRAXA
A peituga de pavo encabeza a lista das carnes menos graxas, con menos de 1 g de graxa por cada 100 g. Séguea de preto a peituga de polo sen pel, con 2 g de graxa por cada 100 g.
Un estufado de pavo con verduras e especias é unha saudable e deliciosa opción sobre todo en inverno. Sela o pavo nunha tixola, rustre as verduras, engade pemento, loureiro e tomiño e incorpora caldo de verduras. Así que bote a ferver, cocíñao a lume lento media hora.
Coello á mostaza
• 1 coello pequeno (1,4 kg), cortado en 6 a 8 anacos
• 40 ml de AOVE
• 10 g de fariña
• 300 g de cebola
• 400 ml de caldo de polo
• 200 ml de auga
• 15 g de mostaza de gran enteiro
Salsa de mostaza
• 2 ramas de tomiño
• 12 follas de xarxa
• 15 g de mostaza de Dijon
• 5 g de alcaparras picadas (1 culleriña)
• 125 g de iogur grego
• 15 g de ceboliño (¼ de cunca)
AS CARNES DE AVE E COELLO QUE OFRECEMOS EN EROSKI CONTAN CON CERTIFICADO DE BENESTAR ANIMAL, QUE GARANTE UNHA PRODUCIÓN ÉTICA E AVALÍA ASPECTOS COMO A ALIMENTACIÓN, O ALOXAMENTO, A SAÚDE E O COMPORTAMENTO DO ANIMAL.
Sempre bos prezos S Sempos
Salpementar o coello e douralo cun chorriño de aceite. Retirar. Na mesma tixola ou pota, rustrir a cebola picada miúda, engadir a fariña e cociñar un par de minutos. Botar o caldo de polo e mais a auga. Agregar a mostaza, as ramas de tomiño fresco e as follas de xarxa. Introducir o coello na salsa e cociñalo a lume medio uns 20 minutos.
Retirar as ramiñas de tomiño. Engadir o iogur grego e as alcaparras e cociñar uns cinco minutos máis. Cubrir o coello coa salsa e decorar con ceboliño picado.
EROSKI NATUR
Os polos EROSKI Natur teñen crecemento lento e a súa alimentación é 100% vexetal e rica en millo (mínimo 50%), de aí o seu ton amarelo, ben bo de recoñecer. A súa carne é máis tenra e firme, cun punto óptimo de engraxamento e un sabor máis intenso, moi apreciado. Es dos que xa só elixen EROSKI Natur?
3,49€
POR RACIÓN
Á mariñaxe!
O polo é esa carne branca que conquista pola súa lixeireza, sabor suave e mil posibilidades na cociña. É perfecto para quen busca pratos saudables e deliciosos como caldos reconfortantes, guisos saborosos ou tenras peitugas á prancha para unha opción lixeira. E se lle dás un toque especial? Propoñémosche tres opcións que son tendencia para mariñar o polo e transformar as túas receitas. Esta técnica proporcionaralle sabor e textura á carne. Goza del!
1. MARIÑADO DE MOSTAZA E MEL
• 1 cullerada de mel
• 1 culleriña de mostaza
• Sal e pementa
• Zume de 1/2 limón
• 1 cullerada de aceite de oliva
Introducir o polo (peituga, ás, coxas, zancos, polo en cachos…) nunha bolsa.
• Tomiño fresco
2. MARIÑADO DE CURRY
• 1 cullerada de curry
• 1 iogur natural
• 1 cullerada de pasas
• Sal
3. MARIÑADO DE SALSA DE SOIA E LIMA
• 1 dente de allo
• Zume de 1/2 lima
• 1 cullerada de aceite de oliva
• 4 culleradas de salsa de soia
Ingredientes
• Coandro
• Sal
Elaboración
Engadir os ingredientes do mariñado e pechar a bolsa.
Masaxear a carne co mariñado.
Deixar macerar durante polo menos dúas horas antes de utilizar a carne.
Cociñar na airfryer a 180 °C durante 20 minutos, virándoo á metade da cocción.
20 MIN
POR RACIÓN
Acompáñao con verduras, crúas ou pouco feitas
O pavo, a diferenza do polo e do coello, destaca pola súa textura especialmente tenra e polo seu sabor suave pero lixeiramente máis intenso, que o converte nun punto intermedio entre estas carnes brancas. Ademais, é unha das carnes máis magras, con menos graxa mesmo ca o polo, e o seu perfil nutricional posiciónao como un imprescindible en dietas equilibradas. Proba a combinalo con verduras crúas ou pouco feitas, unha tendencia que pisa forte na cociña saudable. Anímaste con esta receita?
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestion de Referencia (IR) para un adulto
Solombo de pavo con tallaríns de cabaciña
4 1 h
• 650 g de solombo de pavo
• 2 dentes de allo
• 100 g de mel
• 4 culleradas de mostaza de Dijon
• 3 culleradas de auga
• Sal e pementa
• Ceboliño
• Un pouco de aceite
Tallaríns de cabaciña
• 200 g de cabaciña
• 100 g de espinacas
• 1 dente de allo
• 2 culleradas de aceite
Prequentar o forno a 200 ºC. Salpementar os solombos de pavo.
Nunha tixola, botar o aceite e, cando estea quente, incorporar a carne. Dourar os solombos tres minutos por cada lado. Incorporar o allo e cociñar ata que comece a tomar cor a carne. Engadir o mel, a mostaza, a auga e mesturar. Salpementar de novo e remover para integrar todo ben.
Cociñar un par de minutos na tixola e introducir no forno ata que os solombos estean cociñados.
Tallaríns
Cortar a cabaciña co espirilizador e reservar.
Botar nunha tixola o aceite e refogar o allo ata que comece a dourarse.
Incorporar a cabaciña e refogar durante uns dous minutos.
S Sepos
Sempre bos prezos
Retirar da tixola e deixar escorrer sobre un coador.
Engadir as espinacas na tixola e refogar dous ou tres minutos.
Incorporar de novo a cabaciña e integrala coas espinacas. Servir os solombos de pavo a carón dos tallaríns e esparexerlles por riba o ceboliño.
Faino máis s ud ble
• Prescinde do mel, eliminando así os azucres.
• Pódese preparar tamén cunha salsa de soia baixa en sal, pesto...
Adozar con dátiles
Agrega dátiles picados ou pasta de dátiles nas túas receitas de sobremesa. Esta tendencia saudable en repostería fai que a cantidade de azucres que inxiras sexa menor. Malia a súa dozura, os dátiles teñen menos calorías e un índice glicémico menor ca o azucre refinado por mor do seu contido en fibra.
PROBACHES A CREMA DE OVO CON FROITA?
Uns cachiños de amorodos, kiwi, pexego, nectarina, plátano… vanlle xenial!
Apta para dietas ovolactovexetarianas.
Cociñar en familia é divertido #alimentaloquepiensas
CREMA DE OVO SEN AZUCRE
6 RACIÓNS / DIFICULTADE 1 / 10 MIN
750 g de leite semidesnatado
8 xemas de ovo
25 g de amidón de millo
½ vaíña de vainilla
Canela
Pasta de dátil
4 dátiles sen carabuña
75 ml de auga
1. Cubrir os dátiles con auga e triturar ata obter unha pasta.
2. Poñer a quentar o leite nun cazo. Engadir a pasta de dátil e mesturar ata que se disolva. Engadir a media vaíña de vainilla e retirar do lume antes de que ferva o leite.
3. Botar as xemas de ovo nunha cunca xunto ao amidón de millo e verter o leite con axuda dun coador para evitar que caia algún anaquiño de dátil.
4. Mesturar ben coas variñas e volver verter no cazo. Cociñar movendo de xeito constante a variña ata que a mestura espese.
5. Repartir as cremas en recipientes individuais e deixar que arrefríen por completo na neveira. Decorar con canela en po.
QUÉROCHE
BEBÉ
Os produtos para bebé EROSKI están pensados para che ofreceren a mellor calidade. Dende alimentos nutritivos e saudables ata produtos de hixiene deseñados con suavidade e agarimo, dermatoloxicamente testados e hipoalerxénicos. E, ademais, aseguramos sempre bos prezos. Temos todo o que che cómpre para coidares dos máis pequenos, porque sabemos o importante que é o teu bebé para ti.
RAZÓNS PARA ELIXIRES PERFUMERÍA INFANTIL EROSKI
Adaptados á suave e delicada pel dos bebés. Sen parabenos, sen fenoxietanol e sen alcohol (agás a colonia, que é baixa en alcohol).
Dermatoloxicamente testados e hipoalerxénicos. Formulados para minimizar riscos de alerxias. Fórmulas veganas: sen ingredientes de orixe animal.
BASTONCIÑOS DE SEGURIDADE
Extremos 100% de algodón e variña de papel.
Biodegradables.
Dermatoloxicamente testados.
ESPONXAS
Tacto suave e forma anatómica.
XEL E XAMPÚ EXTRA SUAVE
O xampú mantén a suavidade natural do cabelo do bebé, cóidao e límpao cun agradable perfume.
O xel respecta a delicada pel do bebé e límpaa sen danala nin irritala.
Aptos para uso diario, mesmo en peles sensibles.
COLONIA BAIXA EN ALCOHOL
A súa agradable sensación de frescor mantense durante horas.
Para uso diario e en formatos de 500 ml e 100 ml.
Consello de uso: aplicar sobre a roupiña do bebé.
RAZÓNS PARA ELIXIRES ALIMENTACIÓN INFANTIL EROSKI
Receitas coidadosamente seleccionadas, de sabor suave, equilibrado e delicioso.
Achegan vitaminas, minerais e fibra, que favorecen o desenvolvemento físico e mental do teu bebé.
Recomendadas a partir dos 6 meses.
TARRIÑOS EROSKI BIO
Elaborados con ingredientes procedentes da agricultura ecolóxica.
Cun sabor e textura natural, as súas receitas de alto valor nutricional garanten as necesidades nutricionais do bebé. Como feitos na casa!
BOLSIÑAS
Aptas para intolerantes á lactosa e alérxicos á proteína do leite (agás a que contén galleta).
100% froita, sen azucres engadidos. Conteñen vitamina C.
Fomentan a autonomía do bebé, xa que os pequenos aprenden axiña a termar delas. Son moi seguras e prácticas.
Non precisan frío, achegan enerxía saudable e sonche unha solución ben boa como petisco.
Sen conservantes, sen colorantes e sen glute.
FROITA
Sen azucres engadidos.
Sen leite.
HORTALIZAS CON CARNE DE POLO OU BECERRO
Con aceite de oliva virxe extra.
Moi baixos en sal.
*As bolsiñas de froita e os tarriños cumpren coa lexislación Baby Food, que regula materias primas cunhas características específicas no tocante á súa selección e aos pesticidas utilizados no seu cultivo, para garantir o mellor produto para os bebés e nenos.
SMILITOS DE MILLO
Para merendar! Eco e sen azucre nin sal engadidos. Só millo e aceite de oliva virxe extra!
E DESCUBRE TODA A NOSA GAMA DE TOALLIÑAS
GALLETAS DE ESPELTA E MAZÁ
Unhas galletas ben redondas! Eco, sen azucre engadido e cun toque de 100% froita.
TARRIÑO DE PAVO CON VERDURAS Ecolóxico e sen azucre engadido nin aditivos. Feito en Xerez, pero como o farías ti na casa!
Contas cunha gran variedade de toalliñas EROSKI. As basic ao mellor prezo, con aloe vera, sen perfume, para peles atópicas, etc.
Formuladas sen parabenos, sen fenoxietanol, sen ftalatos, sen alcohol e con pH neutro. Son hipoalerxénicas e están testadas baixo control pediátrico e dermatolóxico.
o último
PERLAS PERFUMADAS
Un fogar con fragrancia é
un fogar con estilo
Transforma calquera espazo da túa casa cos nosos ambientadores en perlas EROSKI, a solución perfecta para gozares dun aroma constante e agradable mentres decoras cun toque orixinal. Cada perla está deseñada para liberar suavemente a súa fragrancia ao longo do tempo, creando un ambiente fresco e acolledor en cada recanto. Agora, o aroma “Roupa limpa” únese á refrescante opción “Lima”, con novo deseño e nova fórmula, para que elixas o que máis che guste. Dálle á túa casa un aire único, constante e con estilo!
BEBIDA GO
Refresca o teu día cunha nova opción baixa en calorías
Goza do sabor refrescante e lixeiro das nosas novas bebidas Go EROSKI, perfectas para te hidratares ao longo do día. Cunha fórmula baixa en calorías, estes refrescos de sabor limón e laranxa están pensados para quen busca unha opción saborosa e liviá sen comprometer o sabor. Tanto se elixes a lata de 33 cl ou o práctico formato de 1,5 litros, podes contar cunha alternativa refrescante.
IOGUR GREGO NATURAL
Cóidate co noso
iogur grego lixeiro
Descubre o sabor delicado e cremoso do novo iogur grego natural lixeiro EROSKI, agora dispoñible en formato individual de seis unidades. Perfecto para tomalo en calquera intre. Con só un 2% de materia graxa, este iogur é reducido en graxas e calorías, e conta cun Nutri-Score A, o que o torna unha opción saudable e deliciosa. Unha maneira máis lixeira de gozar das túas sobremesas e das túas salsas favoritas sen renunciar ao seu sabor.
Bocados de sabor e respecto ao océano
Goza do sabor auténtico do noso atún claro en conserva con aceite de oliva, un produto que combina tradición, calidade e respecto polo mar. Certificado co selo MSC, este atún é capturado por barcos que garanten unha pesca responsable. Ademais, conta co selo ‘Pescado a cana’, que avala o seu método de pesca artesanal e selectiva, que evita capturas accidentais e protexe o fondo mariño. Perfecto para ensaladas, recheos, pastas, canapés, hamburguesas de peixe, etc. Delicioso!
Elixe o teu agasallo
...E ademais, sorteo! Do ao
Velaquí algunhas das 60 marcas que chegan con PREMIO este mes. EROSKI club quere premiar a túa fidelidade e, só por mercares algunha delas, podes conseguir UN AGASALLO e participar no SORTEO dunhas vacacións para toda a vida. 1 28 de xaneiro de febreiro
Como consigo o agasallo?
1 Ser de EROSKI club.
2 Apuntarte á promoción ao pasares por caixa ou aquí.
3 Alcanza un gasto de 30 € en máis de60marcasdurantenovembroe de 60 marcas durante novembro e decembro. Combínaas como queiras!
4 Recibirás un código. Introdúceo en travelclub.es/eroskipremio/ e elixe o teu agasallo (1) .
Ademais, participa no SORTEO
Que marcas participan?
Elixe entre cafeteira italiana Magefesa, táboa de cortar de bambú Haizea by Martin Berasategui, porta alimentos térmico, botella de aceiro inoxidable e vaso térmico.
Se te apuntaches á promoción, por cada 5€ de compra nas marcas, consegues unha participación automática para o SORTEO dunhas VACACIÓNS PARA
(1) Promoción válida do 01/1/25 ao 28/2/25. Recibirás o código regalo por e-mail, SMS ou ao pasares por caixa. Agasallo a elixir entre cafeteira, táboa de cortar Haizea by Martin Berasategui, porta alimentos térmico, botella de aceiro inoxidable e vaso térmico. Suxeitos a variación de catálogo. Máis información en: eroski.es/sorteo-club/
TODA A VIDA. Se gañas, conseguirás 3,6 millóns de puntos Travel Club para trocares por viaxes gratis ou polo que queiras do catálogo.
E moitas máis!
VANTAXES POR PAGARES
COA TÚA TARXETA
AFORRO DO
Queres saber máis sobre este aforro?
En que compras se aplican
Nas túas compras fóra de EROSKI pagadas coa túa tarxeta de pagamento EROSKI club, que teñan data de valor entre o día 1 e o último día do mes.
Onde e cando consultar este aforro EROSKI devólveche automaticamente este importe o día 5 do mes seguinte. Podes consultar o teu aforro no apartado ‘O meu saldo’ en eroski.es ou na túa app EROSKI.
Como podo revisar os meus movementos do mes
En eroski.es/gestiones-pago/ accedendo a: Detalles>Consultas de movementos>Busca avanzada, seleccionando datas e Límite Externo e poderalos exportar para revisalos devagar..
Consulta condicións en www.eroski.es/tarjeta-de-credito-eroski/
polas túas compras realizadas en establecementos fóra de EROSKI: tendas de moda, restaurantes, salóns de peiteado, cinema, gasolineiras de Repsol, Campsa e Petronor, etc. 1% 4%
Aforra ata un
E ademais, aforra en Apúntate
Nas estacións de Servizo Repsol, Campsa e Petronor pagando e vinculando a túa tarxeta de pagamento EROSKI club cunha tarxeta Repsol Máis.
Se consomes entre 50 e 100 litros ao mes, aforrarás un 2%.
Se superas os 100 litros ao mes, o teu aforro será dun 3%
E ademais por usares a túa tarxeta de pagamento EROSKI club fóra de EROSKI consegues o teu aforro extra do 1%
12 MESES DE SOLIDARIEDADE
Presentámosche o Plan de Solidariedade 2025 para axudar a quen máis o precisa.
Grazas á vosa colaboración, no 2024 contribuímos con 1,2 millóns de euros a proxectos sociais, reforzando ese espírito cooperativo que nos une. Desde que comezamos este camiño no 2020, levamos recadados máis de 8 millóns de euros para apoiar as persoas que máis o precisan, colaborando con centos de entidades sen ánimo de lucro.
Todo isto foi posible grazas aos vosos pequenos xestos, como dicirdes “si” no
datáfono ao pagardes con tarxeta. Só son uns céntimos, entre 10 e 20 dependendo de se a vosa compra supera os 30 euros. Un detalle sinxelo, pero cun grande impacto. Ademais, fostes clave para lle dar forma ao Plan de Solidariedade 2025. Máis de 3.700 persoas participastes coas vosas ideas e votacións a través da nosa web, axudándonos a elixir as causas deste ano.
No 2025, súmate unha vez máis. Cada xesto conta, e xuntos podemos seguir a cambiar vidas.
PROXECTOS SOLIDARIOS
PRESENTADOS
ENTIDADES PARTICIPARON NA
CONVOCATORIA DO PLAN DE SOLIDARIEDADE 2025
Atención a persoas con enfermidades raras
Vivir cunha enfermidade rara non só implica enfrontarse á propia doenza, senón tamén a un camiño cheo de incerteza. Moitas veces, pasan anos ata lograr un diagnóstico e os tratamentos adoitan ser limitados ou inexistentes. Para as familias, isto supón unha loita cotiá chea de retos e, a miúdo, de soidade.
A túa colaboración pode marcar a diferenza. Seguro que coñeces a alguén que lles pon cara a estas enfermidades: un veciño, un amigo ou mesmo un familiar. Axudar é máis doado cando pensamos nas persoas que nos rodean. No País Vasco, por exemplo, podes apoiar a Fundación Isabel Gemio, que investiga sobre distrofias musculares. En Galicia, a Asociación Galega de Lupus traballa en novos tratamentos e diagnósticos máis rápidos.
A nivel estatal, este mes axudamos á Asociación Española da Síndrome de Rett, que busca mellorar a autonomía de quen a padece, e a Apoyo Dravet, que utiliza a intelixencia artificial para mellorar os coidados de pacientes con epilepsia.
Porque cada xesto conta. Axudemos xuntos.
TOP5 Tendencias viaxeiras para 2025
Os destinos turísticos deste novo ano combinan máis ca nunca natureza, sustentabilidade e experiencias culturais únicas. Dende paisaxes remotas ata cidades vibrantes reinventadas, velaquí che presentamos o top 5 de tendencias viaxeiras que conquistarán a aventureiros, familias e amantes do exclusivo. Estás preparado para descubrires a túa vindeira escapada soñada?
1MAURICIO
Paraíso tropical no Índico
O destino perfecto para os que buscan praias de ensoño, luxo e natureza exótica. Poderás practicar snorkel e mergullo, quedar abraiado con impresionantes fervenzas e visitar a Terra das Sete cores, en Chamarel, ou o Parque Nacional Black River Gorges.
2COLOMBIA
Diversidade, cultura e paisaxes únicas
Visita praias caribeñas en Cartaxena e Santa Marta, os impoñentes Andes, a selva amazónica e as súas plantacións de café. Percorre tamén as rúas das impresionantes Bogotá ou Medellín, onde se funde modernidade e cultura, ou goza do encanto colonial de Villa de Leyva.
3 ZANZÍBAR
O encanto da illa das especias
O destino perfecto para os que buscan exotismo e tranquilidade. As súas augas turquesas e arrecifes de coral son ideais para mergullarse e relaxarse. Stone Town, o seu casco histórico, é un labirinto de rúas estreitas con arquitectura árabe, india e africana, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. A illa tamén é famosa polas súas plantacións de especias, os seus seráns inesquecibles e a súa atmosfera única.
4 XAPÓN
Cultura e beleza natural Perfecta fusión de tradición e modernidade. Tokyo, coa súa vibrante vida urbana, tecnoloxía de vangarda e gastronomía única, contrasta coa serenidade de Kioto, fogar de templos históricos e xardíns zen. En primavera, as cerdeiras en flor tinguen a paisaxe de rosa, mentres que en inverno, os Alpes Xaponeses ofrecen espectaculares vistas nevadas. Non deixes de ir ao Monte Fuji, unha icona nacional, e ás relaxantes augas termais dos Onsen.
5 % Reembolso a 3 4
5 UZBEKISTÁN
A xoia da Ruta da Seda
Anímaste a seguires as pegadas de viaxeiros, mercadores e exploradores que abriron pontes entre Occidente e Oriente hai séculos? Este percorrido pola ruta da seda é unha viaxe á cerna da historia e da aventura. Hoxe, percorrela significa internarse en paisaxes de ensoño, dende as maxestosas montañas de Asia Central ata os vibrantes bazares de cidades lendarias como Samarcanda, Bujará e Jiva, poboadas de maxestosos mausoleos, madrasas e mercados vibrantes.
5
á túa tarxeta EROSKI club
Reserva na túa axencia de viaxes azulmarino e leva un 5% de reembolso na túa tarxeta EROSKI club para reservas realizadas do 1 ao 28 de febreiro do 2025, nos destinos seleccionados.
En azulmarino reserva de xeito seguro e flexible
FACEMOS EROSKI novas
Finalistas dos Premios da Semana Europea de Prevención de Residuos
As diferentes actividades de EROSKI para previr o desperdicio alimentario motivaron que sexamos finalistas dos Premios da Semana Europea de Prevención de Residuos.
Acampaña de promoción de ‘froitas e hortalizas feas’, coa que dende EROSKI tratamos de sensibilizar os consumidores sobre o desperdicio alimentario ofrecendo a un prezo máis competitivo produtos con deficiencias estéticas, pero perfectamente aptos para o consumo, unida ás iniciativas que dende EROSKI puxemos en marcha para previr o desperdicio servíronnos para sermos finalistas na categoría de ‘Empresa’ dos
Premios da Semana Europea de Prevención de Residuos, que se fallarán en xuño do 2025.
Os proxectos finalistas representarán a Euskadi en Europa e foron seleccionados entre as 225 iniciativas que presentaron a súa candidatura. Tamén resultaron finalistas a Deputación Foral de Biscaia, a axencia de innovación sostible Duara de Bilbao, o Colexio Público Maestro García Rivero (Atxuriko Eskola) de Bilbao e mais a surfista Garazi Sánchez.
MEDIMOS SORRISOS A PROL DA INFANCIA
Co obxectivo de facer realidade 14 proxectos destinados a mellorar a calidade de vida dos nenos e colectivos vulnerables nas Illas Baleares, EROSKI inaugurou en Palma a duodécima edición da súa campaña solidaria ‘Mide Sorrisos’. Baixo o lema “Pequenos heroes, grandes sorrisos”, a campaña chegou aos supermercados con tres regras-calendario coleccionables. Estas regras, dispoñibles nas caixas ao prezo de 1 €, presentáronse como un símbolo para continuar a sumar esforzos en beneficio da infancia.
Así o celebramos!
PLATAFORMA DE ELORRIO: 50 ANOS DE CRECEMENTO E INNOVACIÓN
A plataforma de Elorrio cumpriu medio século de historia e celebrou o seu aniversario nunha festa á que acudiron arredor de 300 traballadores, familiares e amigos. Unha divertida xornada de portas abertas que serviu para coñecer o traballo diario das e dos compañeiros de plataformas e para gozar de todo tipo de actividades que serviron para reforzar os valores e a cultura da organización. A Plataforma de Mercadorías Xerais de Elorrio naceu en 1974 para lles dar servizo aos puntos de venda de EROSKI. Despois de 50 anos de andaina, segue a poñer o foco no crecemento e na innovación. E como non todos os días se cumpren 50 anos, as e os traballadores da plataforma quixeron celebrar ao grande un aniversario tan redondo.