O que che quere ben...
Coida de ti, inspírate, sorpréndete, suxíreche novas ideas e receitas e, sobre todo, faiche aforrar







A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.


08


Coida de ti, inspírate, sorpréndete, suxíreche novas ideas e receitas e, sobre todo, faiche aforrar
A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.
08
www.eroski.es
12
04 Neste número
06 O máis top do mes
07 ... E en redes
08 O que che quere ben... Báixache o prezo en 700 produtos EROSKI
12 Ensaladas, tamén no inverno
16 Elixe a túa salsa
28
18 Ramen
20 Cuscús sen segredos
22 Unha lata para ti
24 Temporada de amorodos
26 Berenxena
28 Bacallao skrei: xoia ártica
32 Alimentación cruzada para a túa mascota
44 18
34 Infoodencers
36 Beleza
38 O último nas nosas tendas
40 As vantaxes de EROSKI club
42 Ser solidario
44 Viaxes: Eslovenia
47 Vales aforro
50 Novas
Iker Pérez de Arenaza Responsable de EROSKI club
rich Fromm dicía, na Arte de amar, que o amor non é só un sentimento, senón un acto de compromiso e responsabilidade. Amar ben é coidar, ofrecer o mellor dun mesmo e xerar benestar no outro. En EROSKI pensamos que o “ben querer” se traduce en te axudar a aforrar sen renunciares á calidade, en propoñerche opcións saudables e en inspirarte con ideas para que goces da cociña. Por iso, seguimos a traballar para que aforres. En marzo baixamos os prezos en 700 produtos EROSKI, que se suman aos centos que rebaixamos nos últimos meses, reafirmando o noso compromiso coa calidade e o aforro intelixente. Produtos tan indispensables como as latas, que che sacan de calquera apuro; alimentos básicos como o aceite de oliva e outros máis especiais que non queremos que deixes de probar como a burrata
EROSKI SELEQTIA ou os espárragos con DO Navarra EROSKI.
Amosámosche os últimos produtos que atoparás nas nosas tendas a prezos máis baixos e que che permitirán coidarte de xeito total ou alimentar a túa mascota. E lembra que mantemos un carro de produtos EROSKI por menos de 70 euros con todo o que precisas para a vida cotiá. Porque traballamos para que cada compra sexa sinónimo de calidade, confianza e, por suposto, aforro. Non esquecemos os produtos de tempada, que están no seu mellor momento e ao mellor prezo, como os amorodos, as berenxenas e o apreciado bacallau skrei. Contámosche ideas para tirares deles o máximo proveito, e receitas e trucos para que, dunha soa ollada, fagas unha boa elección. Porque o que che quere ben, coidarate.
EDITOR
EROSKI S. COOP.
Barrio San Agustín s/n.
48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211
Directora: Ainhoa Oyarbide
Subdirectora: Lucia Goicoechea
Redactora xefe: Manuela Díaz
Foto de portada: @virginiamartin_photo ACCEDE Á REVISTA NO SEU FORMATO DIXITAL en calquera intre do día dende o teu móbil
REALIZACIÓN E EDICIÓN
Factoría Prisa Noticias, S. L. U. Valentín Beato, 44. 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104
Difusión: Controlada por OJD Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com
Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 85. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38
Depósito Legal: BI-222-2015
Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.
EN EROSKI, AS MULLERES
SON O MOTOR DO NOSO DÍA A DÍA.
O 77% DO NOSO EQUIPO
SON MULLERES E O 74%
OCUPAN POSTOS DE RESPONSABILIDADE. XUNTAS CELEBRAMOS O 8M E SEGUIMOS A TRABALLAR A PROL DA IGUALDADE.
1
Se buscas frescura e comodidade, tes que probar as novas verduras envasadas ao baleiro EROSKI. Teñen o sabor, a textura e mais os nutrientes das hortalizas que se acaban de cortar e, con elas, poderás preparar de maneira rápida deliciosas cremas, caldos ou pistos. Desenvolvéronse en colaboración con AZTI, centro tecnolóxico líder no eido alimentario, que garante produtos máis saudables e sostibles.
4
DEIXA ABRAIADO O MELLOR PAI DO MUNDO
Dedícalle un tempo a preparar ese día tan especial con detalles que sabes que lle encantan. Un prato de xamón EROSKI SELEQTIA e un bo viño tinto, como o Solagüen Crianza DOC Rioja (Arabesa), para falardes das vosas cousas e dicirlle: “Grazas por todo. Quéroche”.
Como nos gusta aforrar e evitar o desperdicio, este mes non perdas a campaña de froitas e hortalizas ‘feas’, refugadas pola súa estética, pero a mellor prezo. (*) Suxeito a dispoñibilidade en tenda.
Coñece todo o que se coce nas nosas redes sociais
Estamos na procura de Marcapropistas auténticos. 100% real, non fake. Es un deles?
Cales son os teus produtos favoritos e as marcas EROSKI que sempre levas no carriño?
Algúns dos nosos clientes revélannos os seus produtos preferidos e por que o son. Porque ser Marcapropista é un estilo de vida: buscar calidade e aproveitar os bos prezos de EROSKI como un auténtico experto.
Perdiches o sorteo exprés de dous packs de pintaunllas belle “The reds” de edición limitada? Quedaches coas ganas de participar no sorteo dunha tarxeta regalo de 100 € polo día dos namorados?
Permanece atento ás nosas canles, porque en abril volvemos á carga con novos sorteos. Haberá carros e moitas máis sorpresas. Non os perdas!
Non os perdas... Alegraranche o día!
Se a túa filla che colle o móbil no súper, vai quentando o forno para preparares a súa receita favorita.
Ás veces é mellor non dicir nada! Se non que llo pregunten a @juankyworld. Es dos que deixan aparcado o teu “carri” para ir polo último produto da lista?
Patrizia Vitelli, @foodiario, unha das nosas colaboradoras habituais, ensínanos a preparar esta deliciosa ensalada de pavo crocante. Un prato completo que che deixará abraiado.
Sempre pensamos que unha boa alimentación pode e debe estar ao alcance de todos e, por iso, hai 48 anos lanzamos os primeiros produtos de marca propia en España. Nacían así as nosas marcas EROSKI, que hoxe che ofrecen todo o que precisas para o teu día a día coa confianza de sempre e a un prezo axustado. Pero queremos ir alén diso. E agora baixámoslles aínda máis os prezos a 700 produtos EROSKI, porque coidamos que a calidade debe estar sempre ao alcance de todos. E para que vexas que mercar en EROSKI é barato, propoñémosche, ademais, un carro de produtos EROSKI para que non che falte de nada por menos de 70 euros. Porque, o que che quere ben, faiche aforrar.
Iogur grego natural
L. Casei natural azucrado e amorodo
Pan de molde 100% integral
de atún Queixo de untar lixeiro
Pistacho torrado sen sal
Atún claro en aceite de oliva
Lasaña boloñesa
PARA A CEA DO VENRES
Tortillas de trigo
PARA A DESPENSA
Papel hixiénico 3 capas
Tomate frito con aceite de oliva virxe extra
Feixón verde redondo
Maxi Burger
PARA O BAÑO
Champiñón enteiro
@shoothecook en colaboración con EROSKI prepara estes tápers ‘bos, bonitos e baratos’ con arroz, polo e champiñóns para levares ao traballo.
PARA A TÚA MASCOTA
Bolsas de lixo
Aceite
Olilán 0,4
Xel Flor de azar e améndoas
Papel hixiénico húmido
Paté con polo e verduras
Barriñas tenras con salmón
PARA CANDO FAS EXERCICIO
Bebida isotónica limón e laranxa
Batido proteínas de chocolate e vainilla
UN DETALLE NO DÍA DO PAI
ACOMPÁÑAO
DUNHA DELICIOSA SOBREMESA
Desodorizantes en spray: Gold,
Nata para montar
4 10’ (2 h de frigorífico)
Para a panacota
• 3 follas de xelatina
• 225 ml de nata para montar
• 2 culleradas de azucre
• 5 ml de extracto de vainilla
• 300 ml de quefir BIO EROSKI
Para o acompañamento e decoración
• 2 laranxas EROSKI Natur
• 1 granada
• 40 g de uvas verdes
• Hortelá
Hidratar a xelatina en auga fría. Quentar a nata co azucre e o extracto de vainilla ata que fumee, retirar do lume e diluír a xelatina escorrida. Unha vez diluída, engadir o quefir e mesturar ben.
1,08€ POR RACIÓN
Botar un pouco de panacota en cada vaso e arrefriar durante polo menos 2 horas.
Espremer unha laranxa e cortar a outra en cuarteiróns sen pel, debullar a granada e cortar as uvas pola metade.
Unha vez xelificada a panacota, decorar coas froitas cortadas, un pouco de zume de laranxa e follas de hortelá.
Para lograr a presentación da imaxe, colocar os vasos inclinados sobre aros metálicos de empratado ou moldes de madalenas.
NUTRI-SCORE C
A B D E C
Consulta aquí a lista de produtos do carro
Produtos frescos: hortalizas, froitas, pan, peixe, mexillóns e carne branca.
Despensa básica: aceite, arroz, pasta, conservas de tomate e atún.
Produtos que cho poñen BEN fácil: fabas cocidas, remolacha cocida e pelada, feixóns verdes, filetes de pescada conxelados...
Esenciais para un almorzo, petisco ou merenda saudable: leite, iogures, café, froitos secos, pan integral, froitas…
Produtos para o coidado persoal e do fogar: xel de ducha, desodorizante, papel hixiénico e limpador WC.
POR MENOS DE
1. BUSCA O PREZO MÁS BAIXO
Enche a túa cesta con máis de 700 produtos EROSKI que identificarás na túa tenda e no súper en liña cunha frecha.
2. NON PERDAS AS OFERTAS
Como a segunda unidade ao 50% en moitos produtos.
3. MERCA PRODUTOS DE TEMPADA
Están no seu mellor momento e ao mellor prezo.
4. GOZA DOS BENEFICIOS DE SERES SOCIO
A tarxeta de socio EROSKI club é gratuíta e só ofrece
Produtos sen graxa de palma. Produtos con contido reducido en sal.
Carne e leite con certificados de benestar animal.
Peixes con certificado GGN ou MSC.
Produtos con Nutriscore, para que elixas con toda a información.
Cosméticos clinicamente testados.
Papel hixiénico con celulosa de orixe responsable, con certificación FSC®.
beneficios: ofertas exclusivas, días nos que che devolvemos o IVE ou vales desconto personalizados.
5. E UN 4% MÁIS SE ES OURO
Coa tarxeta OURO terás un aforro dun 4% en todas as túas compras en EROSKI, gasolineiras, ópticas etc. E coa tarxeta de pagamento EROSKI club devólvenche un 1% das túas compras en restaurantes, ximnasios, moda, cinema…
6. FAITE DO PLAN PARA FAMILIAS
Se es socio EROSKI club e tes fillos de ata 12 anos faite do Plan Familias 0·12. É gratis e permíteche aforrar ata un 2% en todas as túas compras.
Marzo trae días impredicibles, pero o teu menú non ten por que selo. As ensaladas tépedas son a opción ideal para gozares no cambio de estación dunha comida completa, equilibrada e reconfortante sen gastares de máis. Ademais, son perfectas para lles dar unha nova vida ás sobras e reducir o refugallo. Máis variedade, máis sabor e máis aforro na túa mesa. Aproveita os produtos EROSKI que baixaron de prezo e que farán da túa ensalada un prato irresistible.
APROVEITAR TODO
Queda un pouco de polo asado? Esmiúzao e pono sobre unhas follas verdes.
Sobrou arroz? Salteado con verduras e froitos secos é un prato novo.
Unhas patacas cocidas sen utilizar? Engádellas a unha ensalada con feixóns verdes e ovo. Riquísimo!
#AlimentaLoQuePiensas
Hidratos: arroz, quinoa, pasta, cuscús… (máis información na páx. 20).
Proteína: polo, legumes, ovo, conservas… (máis información na páx. 22).
Engade un toque quente
Incorpora ingredientes como gambas, gulas ou verduras salteadas.
Textura crocante
Engade froitos secos, sementes, flocos de millo ou pan torrado para lle dar un toque crunchy.
Un extra de suavidade
A mozzarella fresca achega cremosidade. Proba a esmiuzala como toque final.
Verduras frescas ou cociñadas de tempada (máis información na páx. 26).
Un extra de graxas saudables: froitos secos, aguacate, aceite de oliva...
Aproveita os nosos imprescindibles que baixaron de prezo.
Xoga con ingredientes de tempada
Unha vinagreta de laranxa e mel, un toque de limón ou un pesto de noces.
Dálle un extra de profundidade e sabor con tomates secos. Tritura uns cantos cun pouco do seu propio aceite, engade un toque de vinagre balsámico e un chisco de ourego. Perfecto para ensaladas con legumes ou cereais.
5’ 4
• 200 g de espinacas
• 320 g de bacallau desalgado
• 40 g de noces
• 1 laranxa
• 16 olivas negras sen carabuña
• 2 culleradas de AOVE
• 1 cullerada de zume de laranxa
engadir as noces picadas finas, fóra dunhas poucas que reservaremos para decorar. Reservar.
Preparar a vinagreta, mesturando o AOVE, o zume e a reladura de laranxa, o vinagre e o sal. Emulsionar e reservar.
Sempre bos prezos S Sep prezos os
Ensalada de verduras ao forno e lentellas
• 300 g de cabaza
• 300 g de remolacha
• 4 culleradas de AOVE
• 240 g de lentellas pardinas
• 1 cebola mediana
• Eiruga Vinagreta de mel
• 3 culleradas de mel
• 3 culleradas de vinagre
• 8 culleradas de AOVE
• 1 culleriña de mostaza de Dijon
• Sal e pementa negra moída
Poñer nunha pota a lume medio-alto as lentellas con abundante auga e sal. Cando chegue a ebulición, baixar o lume e cociñar 20 minutos. Sacar as lentellas, enxaugalas en auga fría e deixalas escorrer. Reservar.
Prequentar o forno a 200 ºC. Pelar e picar a cabaza e mais a remolacha en anacos duns 2 cm. Colocalas nun bol grande, salpementar, engadir o aceite de oliva e traspasalas a unha fonte para forno. Enfornar uns 20 minutos ou ata que estean tenras.
Cortar a cebola en anacos pequenos. Reservar.
Bater nun bol o vinagre, o sal e a pementa ata que o sal se disolva no vinagre. Agregar o mel, a mostaza de Dijon e mais o aceite e bater cunhas varas ata emulsionar.
Poñer as lentellas nunha fonte, engadir as verduras asadas, a cebola, a eiruga e mesturar. Engadir a vinagreta de mel e volver mesturar.
• Reladura de laranxa
• 1 cullerada de vinagre de mazá
• Sal e especias
Nunha tixola, cun fío de AOVE, saltear o bacallau durante 30 segundos e, no último intre,
Nunha fonte, colocar unha cama de espinacas frescas. Engadir as olivas, a laranxa en cuarteiróns sen nada da parte branca, o bacallau e regar coa vinagreta.
Esparexer por riba o resto das noces picadas e servir decontado.
Sempre bos prezos S Sep prezos os
fala Pink Lady® para
Coqueta coma poucas, a Pink Lady® é a mazá que máis tempo está na árbore antes de chegar aos estantes de EROSKI. Será porque lle leva o seu tempo madurar (é a primeira en florecer e a última en se colleitar) polo que é tan única? En calquera caso, require un seguimento constante e o saber facer inimitable dos produtores de Pink Lady®, durante todo o ano!
700 HORAS DE TRABALLO MANUAL POR HECTÁREA
Unha media dun 20% máis ca outras variedades
Dende a poda das árbores en febreiro ata a colleita dos froitos a finais de outubro, as mazás Pink Lady® son coidadosamente vixiadas e coidadas polos produtores con respecto pola terra, o tempo e as persoas.
TERRAS SELECCIONADAS
Todos estes coidados débense realizar en terras selectas para que Pink Lady® desenvolva a súa personalidade organoléptica, a súa textura crocante e a súa cor única. Por iso, é cultivada nas rexións de Lleida e Xirona por 80 familias apaixonadas.
Demasiado bonita e demasiado saborosa, a mazá PinKids® ten todas as mellores características da súa irmá maior Pink Lady®: a mesma calidade, a mesma cor característica, unha textura crocante e un sabor igual de único. PinKids® é tan deliciosa coma Pink Lady®! A única diferenza? É máis pequena, para que os nenos poidan gozar dunha porción que cabe perfectamente nas súas mans e
na súa boca. Forma parte dun enfoque antidesperdicio, un dos firmes compromisos de Pink Lady® Europa.
Pink Lady®: saborosa, única e xenerosa!
Unha cor inigualable que a fai recoñecible entre todas.
Unha carne crocante e substanciosa, dunha finura sen igual.
Xenerosamente redondeada, a súa forma carnosa promete unha delicadeza perfecta. Un sabor inimitable: as notas de amorodos silvestres, vainilla, lichi e rosa mestúranse nun equilibrio perfecto entre doce e ácido.
N ESTILO PA
PAN DE ESPECIAS ESTILO TORRADA FRITA, DÚO DE PINK LADY® CRÚA E ACARAMELADA E CREMA DE MASCARPONE AVAINILLADA
Máis información: http://www.manzana-pinklady.com/
Se hai un truco infalible para lle dar vida a unha receita calquera, é elixir unha boa salsa. Dan transformado pratos sinxelos en bocados irresistibles, engadindo matices de sabor e textura en segundos. En EROSKI sabémolo, e por iso ofrecémosche unha selección de salsas, que baixan os seus prezos, listas para converter cada comida nunha experiencia deliciosa. Atrévete a experimentar e descubre como unha salsa o pode cambiar todo.
PARA ENSALADAS
Salsa de iogur
Lixeira e refrescante, é o complemento ideal para ensaladas, kebab ou verduras asadas. A súa frescura tamén a torna unha boa opción para mariñar peixes ou para acompañar cebiches.
PARA PATACAS
Salsa alioli
O seu sabor intenso e cremoso realza peixes á brasa ou ao forno. Por certo, tamén está deliciosa con patacas e carnes.
Salsa César
O aderezo imprescindible para a perfecta ensalada César, aínda que tamén combina xenial con bocadillos ou wraps.
Salsa de queixo Cremosa e saborosa.
PARA CARNES PARA PIZZAS
Salsa grellada
Un toque afumado e doce para carnes á grella, ás de polo ou como ingrediente en sándwichs e tacos. Tamén para pizzas!
PARA PASTAS
Salsa boloñesa O clásico italiano por excelencia para acompañar pasta, encher berenxenas ou darlle unha volta a unha lasaña caseira.
Salsa ricotta
A súa cremosidade e toque suave fana ideal para as pastas.
Salsa de tomate
A base perfecta para unha pizza caseira cun sabor auténtico e equilibrado.
Salsa basílico
O aroma da albáfega fresca daralle un aire italiano aos teus pratos..
Salsa napolitana
Feita con tomate, cebola, cenoria e allo, é a base ideal para pratos sinxelos cun toque mediterráneo, tanto en pastas, como en carnes e verduras asadas ou ao forno.
As salsas non son só un extra, senón un ingrediente clave para lle dar personalidade a calquera prato. Entre elas, o pesto destaca como unha opción versátil, fresca e chea de sabor. Realza ensaladas e é o toque perfecto para pastas, carnes, peixes e ata para as torradas. Ademais, a súa base de ingredientes naturais convérteo nunha alternativa saudable e fácil de preparar na casa.
DE ORIXE XENOVESA, O SEU NOME PROVÉN DO VERBO ITALIANO “PESTARE”, QUE SIGNIFICA “MACHUCAR” OU “TRITURAR”, E FAI REFERENCIA Á SÚA ELABORACIÓN TRADICIONAL EN MORTEIRO.
Pesto xenovés: con albáfega, piñóns e queixo parmesano.
Pesto vermello (Pesto rosso): incorpora tomates secos e améndoas. O seu sabor é máis intenso e lixeiramente doce.
Pesto de eiruga: cun toque picante natural.
Pesto de espinacas e noces: unha versión máis suave e cremosa.
Pesto de pistachos: unha variante siciliana cun sabor lixeiramente doce.
Pesto vegano: substitúe o queixo parmesano por froitos secos triturados.
A salsa pesto Alla Genovese EROSKI SELEQTIA está elaborada en Italia e foi testada polo Basque Culinary Center. Amais de albáfega, piñóns e aceite de oliva virxe extra, contén queixos con denominación de orixe italiana como grana padano DOP e Pecorino Romano DOP relado.
• 2 cuncas de albáfega fresca
• 50 g de piñóns (pódelos substituír por améndoas, noces ou pistachos)
• 1 dente de allo
• 50 g de queixo parmesano relado
• 100 ml de aceite de oliva virxe extra
• Sal e pementa ao gusto
Tritura todos os ingredientes. Axusta a textura engadindo máis aceite se cómpre. Sazona ao gusto Gárdao nun frasco hermético na neveira e consúmeo nuns días.
O ramen fíxose un oco nas nosas mesas como unha opción reconfortante que combina sabores intensos e texturas variadas.
A súa versatilidade faino ideal para adaptarse a todo tipo de dietas, desde veganas ata baixas en carbohidratos. É unha opción perfecta para xantares ou ceas equilibrados, amais de ser fartureiro.
O MÁS TÍPICO PREPÁRASE CON CARNE, VERDURAS E, ÁS VECES, MARISCO OU PEIXE. O OBXECTIVO É OBTER UN SABOR PROFUNDO E COMPLEXO. A SÚA ELABORACIÓN REQUIRE PACIENCIA E CÓMPRE COCIÑALO A LUME LENTO.
Tonkotsu: intenso e contundente. Elaborado con ósos de porco, que lle dan espesor, xelatinosidade e unha cor esbrancuxada.
Shio: lixeiro e case transparente, elabórase a base de ósos de polo e porco.
Shoyu: elaborado con ósos de polo, caldo lixeiro de peixe, verduras e salsa de soia. É aromático e de cor escura.
Miso: cremoso e con carácter grazas á pasta de miso, feita con salsa de soia e sal mariño, que lle achega sabor umami.
CO CALDO FEITO SÓ QUEDA engadir carne de porco fileteada (chasu), alga nori, ovo cocido, brotes de soia, ceboliña e noodles, entre outros.
O RAMEN COMBINA TODOS OS GRUPOS
ALIMENTICIOS NUNHA CUNCA
Carbohidratos: os fideos proporcionan enerxía.
Graxas saudables: aceites aromáticos ou sementes de sésamo.
Proteínas: ovo, carne (como porco ou polo) ou tofu adoitan enriquecer o prato.
Vitaminas e minerais: os tóppings como algas, brotes de bambú, espinacas ou ceboliña engaden fibra, antioxidantes e micronutrientes.
1. Base: aproximadamente 1 litro de caldo. Caldo de carne EROSKI.
2. Condimentos: engade 2 culleradas de miso, 1 de salsa de soia, un dente de allo relado e un toque de xenxibre. Cociña 5 minutos. Allo e Xenxibre EROSKI
3. Fideos: coce fideos de ramen (podes usar noodles instantáneos).
4. ‘Tóppings’: engade ovo cocido (pódelo mariñar en soia), espinacas, ceboliña, algas nori, polo ou tofu. Tofu e ovos EROSKI.
5. Toque final: un chorriño de aceite de sésamo daralle máis sabor.
A palabra ramen é unha adaptación xaponesa que une os caracteres chineses “ra” (estirar) e “men” (fideo), de xeito que concentra o celme deste prato: fideos estirados e servidos nunha deliciosa sopa.
1,09€
POR RACIÓN
Achega hidratos de carbono, graxas saudables e proteína de boa calidade do ovo e do tofu. Engadindo unha ración de verduras e unha sobremesa, podemos obter un menú completo. Apta para dietas ovovexetarianas.
#alimentaLoQuePiensas
735’
• 800 ml de caldo de verduras
• 200 ml de auga
• 250 g de fideos para ramen
• 200 g de tofu
• 6 cogomelos
• 1 manchea de espinacas por cunca
• 2 ovos
• Media cullerada de AOVE
• 2 culleradas de salsa de soia baixa en sal
• 2 moedas de xenxibre fresco
• Zume de 1 lima
• ¼ de culleriña de caiena moída
• O verde de 1 ceboliña ou ceboliño para decorar
• Sésamo negro para decorar
Quentar o caldo de verduras e a auga coa salsa de soia, o xenxibre, as especias, os cogomelos e as espinacas. Ferver durante tres minutos. Reservar coa tapa posta. Secar e cortar o tofu en cadradiños e saltear con AOVE. Reservar.
Cocer os ovos para que queden ao punto 6-7 minutos e reservar.
Ferver auga nunha pota e botar os fideos. Retirar do lume, tapar e deixar cocer 5-6 minutos. Reservar.
Á hora de empratar en cada cunca, colocar os fideos, botar o caldo coado, engadir os cogomelos, o medio ovo, o tofu salteado e as espinacas e colocar ao estilo ramen a ceboliña picada e o sésamo negro. Regar cun chorriño de lima.
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestion de Referencia (IR) para un adulto
Elaborado con sémola ecolóxica de trigo duro 100% da mellor calidade, é unha opción saudable e fácil de preparar que, ademais, está agora a prezo máis baixo.
MELLOR CON PROTEÍNA
Se o que queres é consumir máis proteínas, o ideal é combinar o cuscús con legumes para obter todos os aminoácidos esenciais.
1 CUNCA DE AUGA OU CALDO POR 1 CUNCA DE CUSCÚS 1
1. Quenta auga cun chorriño de aceite de oliva e un chisco de sal. Con caldo, quedará máis solto e con mellor sabor.
2. Podes engadir cúrcuma ou comiño para aromatizalo.
3. Así que ferva, retira do lume e engade o cuscús.
4. Tapa e deixa que repouse 5 minutos.
5. Solta os grans cun garfo e engade un pouco máis de aceite ou especias ao gusto.
A Unesco recoñeceu no 2020 o cuscús como Patrimonio
Cultural Inmaterial da Humanidade pola súa importancia na cultura mediterránea.
SE BUSCAS MÁIS AFORRO
Unha ensalada de orixe bérber que gaña cada día máis fans. É fácil, prepárase nuns minutos e está deliciosa.
Mestura cuscús e garavanzos cocidos, olivas negras, tomate e cogombro en dados, menta e perexil. Adereza con zume de limón, AOVE e sal.
• 300 g de cuscús
• 1 cullerada de harissa ou pemento moído picante
• 1 culleriña de allo en po
• 1 culleriña de cebola en po
• 1 culleriña de menta en po
•1 cullerada de AOVE
• Auga
• 1 berenxena grande ou 2 pequenas
• 1 cullerada de pemento afumado doce
• Sal
• Pementa acabada de moer
• Menta fresca picada
Lavar as berenxenas e cortalas con pel en dados.
Salpementar, engadir o pemento afumado e ½ cullerada de AOVE e deixar macerando mentres preparamos o cuscús.
Mesturar o cuscús coa harissa ou o pemento moído, o allo, a cebola e a menta en po.
Cocer o cuscús xa aderezado segundo as indicacións do envase. Non adoita levar máis de cinco minutos.
Saltear as berenxenas especiadas con media cullerada de AOVE.
Servir nunha cunca o cuscús coroado coas berenxenas
salteadas e coa menta fresca picada esparexida por riba.
0,75€
POR RACIÓN
Busca os ingredientes en EROSKI Sempre bos prezos S Sepos
Sexa cal sexa o teu estilo na cociña, hai unha lata perfecta para ti. Son grandes aliadas para comer ben, para elaborar receitas e pratos rápidos, saudables, versátiles e con produtos imprescindibles no teu día a día. Verduras no seu punto, peixes substanciosos, proteínas listas para usar… Calidade cunha longa vida útil que evita desperdicios. E o mellor de todo: agora podes encher a túa despensa aproveitando latas que baixaron de prezo e seguir comendo ben sen gastar de máis. Velaquí tes a selección ideal para cada momento.
PARA UN PRIMEIRO PRATO
RÁPIDO E SABOROSO
CANDO PRECISAS UNHA SOLUCIÓN FÁCIL E DELICIOSA, ESTAS CONSERVAS SON AS TÚAS MELLORES ALIADAS
Champiñóns enteiros: perfectos para os salteares con allo ou para os engadires nunha crema. Alcachofas en lata: melosas e listas para un arroz, unha pizza ou un revolto.
PARA QUEN TOLEA POLAS ENSALADAS OU OS ACOMPAÑAMENTOS
INGREDIENTES LISTOS PARA ELEVAR CALQUERA ENSALADA, TOSTA OU APERITIVO
Pementos do piquillo: doces e versátiles, perfectos para encher.
Espárragos en talos: sabor delicado con moita fibra.
Chícharos con cenoria: cor e frescura nun abrir e pechar de lata.
VARIEDADE DE OPCIÓNS PARA UN PLUS DE OMEGA 3 E PROTEÍNA
Bonito en escabeche, en aceite de oliva ou en lata grande: ideal para ensaladas e pratos completos.
Prata do Cantábrico: sabor intenso e calidade premium.
Atún claro en aceite de oliva: un básico infalible para todo tipo de receitas.
PARA CONSUMIRES CONSERVAS
Nutrición garantida: conservan unha boa parte dos nutrientes e permiten gozar de produtos de tempada todo o ano.
Cero desperdicio: ao teren unha longa caducidade -entre 1 e 5 anos-, evitan o desperdicio de comida.
Practicidade total: non precisan refrixeración e ábrense en segundos. Son perfectas para xantares ou ceas improvisadas.
Personaliza a túa despensa: procura ter sempre á man latas versátiles como garavanzos, atún ao natural, millo ou pementos asados. Salvaranche de calquera imprevisto e poderás elaborar unha ensalada rápida, salsas exprés ou un aperitivo.
Revisa antes de abrir: se unha lata está inchada, oxidada ou moi golpeada, mellor non se arriscar. Podería perder o selado e permitir a entrada de bacterias.
PARA QUEN SE COIDA SEN RENUNCIAR AO SABOR
SE BUSCAS REDUCIR O SODIO NA TÚA DIETA SEN PERDER CALIDADE
Millo sen sal nin azucre: doce sabor natural.
Peituga de pavo ao punto de sal: lixeireza e sabor equilibrado.
Peituga de polo natural: proteína lista para comer sen excesos de sal.
Aproveita os zumes, porque non se guinda nada. O escabeche de mexillóns e berberechos é un potenciador de sabor en arroces, ensaladas ou, mesmo, para mariñar polo ou tofu. E o aceite das conservas de peixe pódelo usar en aliños, salteados ou para faceres maionesa caseira cun toque de mar.
Deixa repousar os peixes en conserva uns minutos antes de servilos para realzares o seu sabor.
Se che sobra, traslada o contido a un bol de cerámica ou cristal, conserva na neveira ou conxela, segundo o tempo que estimes para o seu próximo uso.
#AlimentaLoQuePiensas
Doces, tenros e cun arrecendo inconfundible, os amorodos inauguran con nota cada ano a primavera. Malia a súa fraxilidade e delicada textura son pequenas píldoras de vitamina C, antioxidantes e fibra, perfectas para gozar de xeito saudable.
Proceden de Huelva.
En tenda, só en marzo e abril. Son de cor brillante, forma e tamaño uniforme e a súa carne é firme e saborosa.
Necesitan poucos tratamentos durante o seu cultivo, o que favorece o coidado do medio natural e, ademais, resisten moi ben o transporte.
*A dispoñibilidade de amorodos EROSKI Natur está suxeita á tempada de colleita. En caso de non estaren dispoñibles, non se ofrecerán. Consulta na túa tenda máis próxima.
1. Elixe un formato axeitado á necesidade do momento. En EROSKI contamos con caixas de amorodos de 1 quilo, bandexas de ata medio quilo, terrinas refrixeradas, e ata amorodos conxelados.
2. Non os laves antes de gardalos, só ao os consumires: coa humidade estráganse antes.
3. Quítalles o rabiño só antes de comelos.
4. Usa un recipiente con papel absorbente.
5. Colócaos na parte menos fría da neveira (caixón de verduras) e evita amorealos.
6. Conxélaos para que duren máis tempo: para que non se peguen, conxélaos primeiro espallados nunha bandexa e logo pásaos a unha bolsa. Son perfectos para smoothies e sobremesas.
7. Fai marmelada.
Ecaterina Ciumasu
Especialista en froitería do hipermercado de Llodio (Araba).
“En EROSKI dámoslles prioridade aos amorodos de preto, o que significa que chegan máis axiña á tenda e conservan mellor o seu sabor. No verán chegan de Araba, Segovia ou Navarra e en inverno e primavera, de Huelva. Obtéñense á primeira hora da mañá e, 48 horas despois, están xa nas nosas tendas, listos para os tomares”.
Ou proba a marmelada de amorodo EROSKI BIO. É de amorodo ecolóxico e ten o 70% de froita.
8. Macera os amorodos para potenciar o seu sabor e alongar a súa frescura: córtaos e mestúraos cunha cullerada de vinagre de mazá e unha de azucre por cada cunca de amorodos.
Déixaos repousar na neveira 30 minutos. Ideais para lles dar un toque especial ás ensaladas, acompañar con iogur ou para facer unha sobremesa con nata.
• 300 g de amorodos
• 2 culleradas de zume de limón
• 60 g de azucre +2 culleradas para preparar os moldes
• 5 claras de ovo
• 1 cullerada de fariña de millo
• Manteiga
• 80 g de azucre
• Azucre glas
Prequentar o forno a 180 ºC. Engraxar o molde con manteiga e esparexerlle un chisco de azucre.
Cortar os amorodos pola metade e cociñalos a lume lento 3 minutos.
Retirar, bater e pasar por un coador.
Volvelos poñer ao lume xunto co zume de limón e mais o azucre, remover ata
4 15’
que se disolva o azucre e subir a lume medio. Deixar que chegue a ebulición. Disolver a fariña de millo na auga. Engadírllela aos amorodos e mesturar ata incorporar. Levar o frigorífico. Bater as claras de ovo ata que se formen picos suaves. Engadir o azucre aos poucos e seguir batendo ata conseguir picos firmes e brillantes. Engadir parte das claras montadas ao puré de amorodos e 1/3 das claras, mesturando delicadamente con movementos envolventes. Agregar o resto das claras, con coidado de que non se baixen, e seguir mesturando ata obter unha masa uniforme. Repartir nos moldes e enfornar durante 12-15 minutos. Esparexer por riba azucre glas.
4 15’
• 12 amorodos
• 8 queixos mozzarella mini
• 1 aguacate
• 3 mancheas de espinacas
• 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra (AOVE)
0,48€
POR RACIÓN
• 1 cullerada de vinagre de Módena
• Sal e pementa acabada de moer
• Sésamo torrado e alfábega
Nunha cunca, engadir o vinagre de Módena, o aceite de oliva virxe extra, o sal, a pementa acabada de moer, un par de follas de alfábega e mesturar ata que se integre todo. Reservar a mestura. Lavar e secar os amorodos, retirándolles o rabiño. Partir e poñer a macerar xunto coa vinagreta.
Extraer a carne do aguacate e cortala en láminas.
Na fonte de servir, colocar unha cama de espinacas, poñer no centro os amorodos macerados e escorridos, as láminas de aguacate arredor, repartir as bóliñas de mozzarella, cubrir coa vinagreta e esparexer por riba o sésamo torrado.
A tempada de berenxena está a piques de chegar á súa fin. É coma se o inverno reservase o seu mellor bocado para lle dar a benvida ao bo tempo. Zumarentas, tenras e deliciosas, despedimos a berenxena como merece: con algunhas das receitas máis irresistibles. E aproveita que, ademais, están no seu mellor momento e ao mellor prezo.
Afumadas?
Se es dos que aínda teñen unha cociña con gas, proba a colocar as berenxenas directamente sobre a reixa do queimador coa chama a lume alto. Quítalle a tona e quedarache unha polpa sedosa e afumada. Deliciosa!
Déixaas “suar”
Para eliminar o seu amargor, corta a berenxena en rodas, esparéxelle sal por riba e déixaa repousar 30 minutos. Sécaa con papel de cociña e, despois, cocíñaa á prancha.
Evita que absorba demasiado aceite
A súa carne é como unha esponxa. Para que non se enchoupe de graxa, mergúllaa en auga durante 30 minutos e sécaa ben con papel de cociña antes de cociñala para evitar salpicaduras.
#AlimentaLoQuePiensas
Silvia García Campos
Especialista en froitería no hipermercado de Artea (Biscaia)
“Cando os clientes me preguntan como escoller unha boa berenxena, sempre lles digo que reparen en tres cousas: pel brillante, firmeza e mais o rabiño. Se a pel está opaca ou engurrada, é sinal de que non está fresca. Debe ceder un chisco ao premer nela, pero sen estar branda. E o rabiño, canto máis verde e fresco se vexa, mellor”.
Aceite de oliva afroitado, sal e limón.
Iogur, ceboliña picada e herbas.
Polo, coma nesta moussaka
Filetes de peituga de polo mariñada. Más zumarentos, máis tenros!
• 2 berenxenas
• 1 cebola
• 30 ml de AOVE
• 20 g de piñóns
• Menta e perexil frescos
• Sal e pementa
Para a salsa
• 80 g de tahini
• 1 cullerada de sirope de agave
• 1 cullerada de salsa de soia
Cortar a cebola á xuliana e rustrila con AOVE e sal a lume lento.
Cortar a berenxena cunha mandolina en láminas finas. Salpementar e cociñar á grella con AOVE. Preparar a salsa
mesturando os ingredientes. Servir as berenxenas coa cebola por riba, a salsa e os piñóns torrados.
Rematar coas herbas frescas.
Substitúe o sirope por mel, quentándoo un pouco para que sexa máis fácil de mesturar.
• 500 g de berenxenas
• 1 cunca de arroz
• 2 ceboliñas
• 2 culleriñas de AOVE
• 4 cacahuetes
• Coandro e sésamo
• Auga
Salsa
• 2 culleriñas de Maizena
• 2-4 culleradas de auga
• 2 culleradas de salsa de soia baixa en sal
• 4 culleriñas de vinagre de arroz doce
• 1 culleriña de xenxibre relado
• 1 dente de allo relado
• 2 culleriñas de AOVE
• 1 culleriña de tabasco
Prequentar o forno a 200 ºC, con calor por riba por baixo. Cortar as berenxenas en rodas e enfornar 25-30 minutos. Viralas á metade do tempo. Así que estean mornas, cortalas en 6/8 cuñas.
• 600 g de berenxenas
• 100 g de bulgur
• 110 ml de auga fervendo
• 40 ml de AOVE
• 50 g de olivas sen carabuña partidas pola metade
• 25 g de froitos secos
• 45 g de ceboliña fresca picada fina
• 1 ½ culleradas de zume de limón e a súa reladura
• 125 ml de iogur natural sen azucre
• Coandro e menta frescos
Cociñar o arroz. Disolver a Maizena con dúas culleradas de auga e engadir o resto de ingredientes.
Nun wok ou tixola fonda, a lume medio, engadir o aceite e cociñar a ceboliña en rodas.
Engadir a salsa e deixala espesar. Agregar a berenxena e remover. Servir e decorar con coandro, sésamo e os cacahuetes.
Aderezo de especias
• 2 dentes de allo relados
• 2 culleriñas de comiño
• 2 culleriñas de coandro
• 1 culleriña de pemento picante
• 2 culleradas de tona de limón envinagrado
• 40 ml de AOVE
• ¼ de culleriña de sal
Prequentar o forno a 200 ºC, con calor por riba e por baixo.
Mesturar os ingredientes do aderezo e reservar. Partir as berenxenas pola metade. Repartir o aderezo por riba e enfornar 40 minutos. Cocer o bulgur. Engadirlle o AOVE, o limón, o coandro, a menta, os froitos secos, a ceboliña e as olivas. Remover ben. Servir cunhas culleradas de iogur menta fresca e coandro.
Firme, substancioso e cun sabor delicado, o bacallau skrei é unha auténtica xoia do mar que, cada inverno, chega dende as frías augas do Ártico. A súa viaxe de máis de 1.000 km ata as costas de Noruega confírelle unha textura única e un perfil nutricional excelente, rico en proteínas e omega 3. Un peixe de tempada que só se captura entre xaneiro e abril. Unha delicia que non pode faltar na cociña!
Alto contido en proteínas e omega 3, perfecto para una dieta equilibrada.
Frescura garantida: dende que se captura ata que chega ás nosas tendas pasan só cinco días.
Baixo en graxa e de fácil dixestión, é ideal para ceas lixeiras sen renunciar ao sabor.
Respecto ao medio natural certificado polo Consello Noruegués de Produtos do Mar. O selo Skrei garante unha pesca baixo un rigoroso sistema de control para a conservación da especie e a calidade do produto. Ademais, a xestión sostible da poboación de skrei está recoñecida pola WWF e certificada polo Marine Stewardship Council (MSC).
En papillota: descubre esta técnica saudable e moi sinxela, e outras moitas receitas de bacallau paso a paso, na nosa canle de YouTube.
LILIÁN RIVEROS
Especialista en peixería no hipermercado de Castro Urdiales (Cantabria)
“Encántame o bacallau e cando chega o skrei á peixería, sei que é o momento de gozalo na súa mellor versión. Gústame recomendar o skrei EROSKI Natur, xa que garante unha carne firme, substanciosa e con todo o seu sabor e que respecta o mar, para que sigamos gozando deste manxar durante moito tempo. Recoñeceralo porque é máis alongado e delgado, pero tamén polos seus selos de calidade. Non dubides en probalo! É un peixe versátil que se pode preparar de mil maneiras e, este mes, témolo sempre a bo prezo en EROSKI”.
para compr r e conserv r
Repara na etiqueta: o auténtico skrei leva o selo de calidade de Noruega. E o noso skrei EROSKI Natur, así o garante.
Gárdao na neveira entre 0 e 4 ºC e consúmeo en 24-48 horas para gozalo no seu mellor momento.
Quérelo conxelar? Mellor en porcións e ben envolto para evitar queimaduras polo frío.
#AlimentaLoQuePiensas
POR RACIÓN
4 30’
• 800 g de bacallau skrei
• 30 ml de AOVE
• 300 g de tomates cherry
• 100 ml de auga
• 240 g de alcachofas en conserva
• 1 cebola morada
• 2 dentes de allo
• 80 g de olivas negras
• Sal e pementa branca
• Ourego
• Perexil fresco
• 1 limón
Botar un par de culleradas de aceite nunha tixola e rustrir a cebola cortada á xuliana grosa. Así que amoleza, engadir os allos laminados.
Cando o allo se doure, agregar os tomates cherry. Cociñar un par de minutos e engadir 100 ml de auga. Cociñar a lume medio ata que amolezan. Agregar as alcachofas en metades e as olivas negras. Salpementar e retirar do lume.
Poñer nunha fonte de forno e colocar por riba os lombos de bacallau cun chorriño de aceite. Enfornar a 200 ºC durante 15 minutos.
Sacar do forno e engadir ourego, perexil fresco picado, un chisco de sal e o zume de medio limón.
Déixao atemperar antes de cociñalo: así non perde zumes e mantén a súa textura firme.
Non o sobrecociñes: faise rápido e a baixa temperatura para que quede tenro.
Busca os ingredientes en EROSKI
Seca ben a pel se a queres crocante: pásaa pola tixola quente cun pouco de aceite.
Prescinde do sal se queres: o bacallau e mais os outros ingredientes achegan moito sabor.
#AlimentaLoQuePiensas
UNHA RACIÓN CONTÉN:
4 RACIÓNS / DIFICULTADE 1 / 25 MIN
400 g de macarróns integrais
1 cebola e 1 porro
2 cenorias medianas
1 pemento amarelo
Media cabaciña
150 g de champiñóns
30 ml de aceite de oliva
200 g de tomate triturado
Sal e½ culleriña de pementa branca
Ourego e alfábega
75 g de queixo parmesano en po
A B D E C
NUTRI-SCORE A
É un prato completo: cereal integral, proteína de calidade, unha porción de verduras e graxa saudable.
Ao usar pasta integral aprovéitanse todas as partes do cereal, o que aumenta a achega de proteína, fibra, vitaminas e minerais.
Ao faceres a salsa, deixa parte das verduras sen triturar, para que os cativos se vaian afacendo á súa textura.
Apta para dietas lactovexetarianas.
#AlimentaLoQuePiensas
1. Pelar e cortar as verduras en cachiños pequenos e refogalas nunha tixola fonda cun par de culleradas de aceite de oliva ata que amolezan.
2. Engadir o tomate triturado, un chisco de sal, pementa branca, ourego e unhas follas de alfábega. Cociñar durante 15 minutos, ata que as verduras estean tenras. Se cómpre, engadir un pouco de auga á metade da cocción.
3. Triturar a salsa botando man dun batedor.
4. Cocer os macarróns nunha pota con abundante auga fervendo ata que estean cociñados. Coalos e mesturalos coa salsa.
5. Servir cun pouco de queixo parmesano en po.
fala Edgard Cooper para
Edgard & Cooper son dous cans. Os seus donos non deron atopado unha comida abondo nutritiva e saudable para eles, así que decidiron crear a súa propia con ingredientes de verdade. Nada de comida lixo.
E así naceu a nosa marca!
De que falamos ao falarmos de “comida de verdade nutritiva”?
A diferenza das máis das marcas de alimentación para mascotas, nós utilizamos carne fresca cociñada a baixa temperatura no canto de fariñas de carne. Todos os antioxidantes e nutrientes das nosas receitas son de orixe natural.
Grazas a isto, conseguimos conservar todo o sabor e facilitar a dixestión dos nosos amigos de catro patas.
Traballamos acotío para nos achegarmos á nosa meta: converternos na marca de alimentación para mascotas máis sostible do mundo no 2025.
CERO EMISIÓNS DE CARBONO
ENVASES 100% SOSTIBLES
Receitas para todos!
En Edgard & Cooper non nos esquecemos de ninguén: dende os cans máis lambereteiros ata os gatos máis esixentes, pasando polos cachorros ata chegar aos nosos queridos seniors. Creamos receitas para todos os gustos. Penso, comida húmida (latas e patés), snacks e sticks dentais. Para que non poidan deixar de sorrir. E este ano lanzamos a nosa nova gama de gato, que cumpre con tooodas as súas expectativas. Miau!
SUBMINISTRACIÓN 100% ÉTICA on
Ademais, o 1% das nosas vendas vai destinado á Fundación Edgard & Cooper para apoiar proxectos en beneficio de cans e gatos arredor do mundo
Descubre o noso mundo en edgardcooper.com/es
Sabemos que a túa mascota é parte da familia e por iso querémosche ofrecer o mellor para ela. Coas últimas tendencias en alimentación a prezos máis baixos, coidar do teu compañeiro cadelo ou gato e aforrar é posible. Unha boa alternativa é a alimentación cruzada (cross feeding), que consiste en combinar comida seca (penso) e húmida (latas e sobres) na súa dieta. Esta práctica non só introduce variedade en textura e sabor, senón que tamén asegura que a túa mascota reciba todos os nutrientes esenciais para mantela forte e feliz.
TRUCOS PARA APLICAR A ALIMENTACIÓN CRUZADA
1. Consulta co veterinario antes de comezar.
2. Fai os cambios de maneira gradual: introduce a comida húmida aos poucos mesturada co penso seco e vai aumentándoa.
3. Variedade con moderación: ofrece diferentes tipos de comida húmida e seca, pero evita cambiar de marca ou tipo de alimento demasiado a miúdo para non causares problemas dixestivos.
4. Observa as reaccións: repara en como reacciona a túa mascota aos cambios. Se notas algún problema dixestivo ou variación no seu comportamento, consulta co veterinario.
Nutrición Completa
Equilibrio entre hidratación e alimentación
Estimula o apetito
Control do peso
MIX DE CARNE PARA CANS
Equilibrio de proteína e graxa.
GATO
ESTERILIZADO
Cun 30% de polo e con fibras vexetais para evitar a formación de cálculos renais.
PATÉ PARA CANS
Con polo e verduras.
PATÉ PARA RAZA PEQUENA
Con polo, pavo e verduras.
BOCADIÑO PARA GATOS
Tres variedades de peixe e carne, ambos con verduras.
Alimentos formulados por expertos en nutrición animal e elaborados con materias primas seleccionadas, sen colorantes e enriquecidos con vitaminas e minerais. Temos en conta as súas etapas vitais (cachorro – adulto – sénior) e especificidades, como razas pequenas en cans e esterilizados en gato.
PRO+
Alimentación rica en proteínas de alta calidade, que contribúe á masa muscular, e de fácil dixestión, con resultados probados. Descubre a nova era da nutrición para o teu gato ou can!
FIT &DELICIOUS
Receitas húmidas Fit&Delicious, nutricionalmente adaptadas a gatos esterilizados e a cans pequenos (<10kg)… Irresistiblemente sas!
Bolsiñas de comida húmida en salsa con saborosas receitas de carne para gatos de todas as idades.
Bolsiñas de comida húmida en xelatina con saborosas receitas de peixe para gatos de calquera idade.
Ofrece catro sabores de comida húmida para unha nutrición plena e equilibrada.
Receitas de comida húmida de calidade en bolsiña para unha nutrición equilibrada.
GOURMET GOLD
A máis ampla gama de exquisitas e creativas receitas para o teu gato.
GOURMET REVELATIONS
Unha suave mousse bañada cunha deliciosa salsa.
Cando se trata de alimentar as nosas mascotas, o máis importante é ofrecerlles o mellor. Os posbióticos están a revolucionar a súa alimentación ao melloraren a súa saúde intestinal, fortaleceren o seu sistema inmunolóxico e reduciren a inflamación. Estes compostos bioactivos favorecen a produción de ácidos graxos esenciais e promoven unha vida máis longa e saudable para as nosas mascotas. En Grrreat! son pioneiros na inclusión de posbióticos nas receitas. A súa gama de produtos inclúe alimentos húmidos, secos, cross feeding e snacks, todos deseñados para proporcionar os beneficios dos posbióticos de maneira efectiva e deliciosa. Algúns dos seus produtos destacados son as croquetas Grrreat! Digest Pavo, con pavo fresco e posbióticos para previr problemas dixestivos, e as bandexas de húmido Grrreat! Skinpet tenreira, ideais para unha alimentación equilibrada e saborosa e que melloran o estado de pel e pelo.
Xente nova que quere transformar o futuro a través da alimentación. Queremos que sexan os verdadeiros ‘influencers’.
Bread Free utiliza a biotecnoloxía para transformar o glute da fariña de trigo.
Daniel Gómez-Bravo está á fronte da primeira empresa do mundo que elabora fariña de trigo apta para celíacos, mediante a combinación da biotecnoloxía e os subprodutos da industria agroalimentaria. O seu obxectivo é facerlles a vida más doada ás persoas que sofren de celiaquía, ofrecendo un produto sen glute e co mesmo sabor, textura e propiedades que ten a fariña de trigo.
Como naceu Bread Free?
Na universidade, a unha amiga miña diagnosticáronlle celiaquía con 18 anos e comezamos a lle buscar solucións a este problema. Comezamos a investigar e decatámonos de que ninguén fixera fariña de trigo sen glute ata agora. E decidímonos a emprender.
Por que a vosa fariña de trigo sen glute transforma o futuro da alimentación?
Todos os produtos sen glute para celíacos elabóranse con fariñas con amidón de millo, de arroz, de lentella, e velaí a razón pola que non son apetecibles. Utilizando fariña de trigo apta para celíacos podemos
acadar produtos que estean bos, que sexan saudables e baratos.
Cal é o seu proceso de elaboración? Quitádeslle o glute ao glute?
Con axuda da biotecnoloxía, transformamos o glute dunha fariña convencional para que non afecte á poboación celíaca e conseguimos un produto de moita calidade. Unha das vantaxes da nosa fariña é que preservamos a maior parte da proteína da fariña. Os produtos para celíacos a miúdo non teñen practicamente contido de proteína e, de o teren, adoitan ser moi caros ou non teñen un bo sabor. Nós damos preservado boa parte do contido proteico.
Buscades o sabor a un prezo económico e con calidade. Como se fai iso?
Estamos a traballar para obter produtos de boa calidade e bo sabor, mirando moito o compoñente nutricional, para ofrecer produtos que sexan sans. Así que vaiamos escalando o volume do noso negocio, poderemos ir abaratando as custas para que, ao final, calquera persoa poida levar unha dieta sen glute sen se preocupar polos cartos.
Que tipo de receitas se poden preparar coa vosa fariña?
Pódese facer calquera tipo de alimento ao que esteas afeito: pans, biscoitos, galletas…
Estímase que entre 480.000 e 960.000 persoas poderían ser celíacas no noso país. Cres que cada vez hai máis persoas con celiaquía?
Incrementáronse as técnicas de diagnóstico, o que fixo que cada vez sexan máis as persoas celíacas. Ademais, o consumidor busca unha dieta máis equilibrada, saudable e personalizada. Hai moitas persoas que non son celíacas, pero que levan unha dieta sen glute por outros motivos, como a enfermidade de Crohn, intestino irritable, dermatite…
Sodes conscientes de que estades a impulsar un cambio social?
Abofé! Hai moitísimos celíacos que están a agardar por novas solucións, porque non se pode elixir. Ser celíaco non é unha opción.
Como imaxinas a alimentación do futuro?
Que calquera persoa poida comer o que precisa sen ter que renunciar a ningún tipo de experiencia, sen ter que afrontar un gasto excepcional e podendo gozar do bo comer e dunha experiencia organoléptica moi boa. Iso é o que imaxino.
Para rematar, cales son os vosos plans?
Queremos ser os fabricantes de fariña de trigo sen glute máis grandes a nivel mundial.
Un prato sen glute para chuchar os dedos...
O bacallau ao forno.
Algo do teu traballo que sexa pan comido?
Acender a luz na oficina todas as mañás.
Se Bread Free fose unha sobremesa, cal sería?
Un brownie quente.
Que non pode faltar na túa xornada para que non se che faga máis longa ca un día sen pan?
Falar coa miña familia.
Con que quedas: unha baguette, un pan de molde ou un pan de pita?
Un pan de pita.
#AlimentaLoQuePiensas
20% de desconto con EROSKI CLUB
En máis de 200 produtos específicos sen glute, de marca propia e mais doutros fabricantes. Só tes que ser socio de EROSKI Club –é gratis– e pertencer á Asociación de Celíacos de Euskadi (EZE), á Asociación Celíaca da Rioxa (ACERI), á Asociación Celíacos de Navarra (ACN), á Asociación de Celíacos das Illas Baleares (ACIB) ou á Associació Celíacs de Catalunya.
O teu mellor cómplice de beleza son os produtos da nosa marca belle, que te aloumiñan dos pés á cabeza agora a prezos aínda máis baixos. Marzo é o mes perfecto para te renovares e velaquí tes todo o que precisas para te coidares con produtos irresistibles que baixaron o seu prezo. Valos perder?.
Suavidade, hidratación e un toque de frescura con dous produtos imprescindibles.
Un extra de nutrición para un cabelo san e brillante, con máscaras capilares adaptadas a cada necesidade.
LOCIÓN CORPORAL HIDRATANTE
Con niacinamida, aloe vera e extracto da alga coñecida como caviar verde, que axudan a reforzar a barreira epidérmica e a manter a túa pel suave, elástica e profundamente hidratada.
CREMA CORPORAL
CON ALOE VERA
Contén zume de aloe vera, con propiedades hidratantes, protectoras e calmantes. A manteiga de karité e o aceite de améndoas doces axudan a nutrir a pel devolvéndolle a súa flexibilidade e suavidade.
MÁSCARA OURO MÁXICO
Tratamento intensivo con aceites de argán e xoxoba e queratina, que achegan nutrición, reparación, suavidade e brillo.
MÁSCARA LISO&LUMINOSO
Contén queratina e proteínas de seda para nutrir e protexer o cabelo, facilitar o peiteado e deixalo liso e brillante durante máis tempo.
MÁSCARA COR RADIANTE
Formulada especialmente para cabelos tinguidos ou con mechas, inclúe aceite e salvado de trigo e aceite de camelia para coidar e fortalecer o cabelo, á vez que axuda manter a cor por máis tempo.
Accesorios de beleza e produtos clinicamente testados, coa máxima garantía grazas á política interna “Requisitos de Seguridade e Saúde de EROSKI para produtos cosméticos”, que dá un paso máis no esixido pola lexislación.
Unha pel limpa e hidratada é a clave dunha beleza radiante.
CREMA FACIAL PROFIRM
Un extra de agarimo con todo o necesario para unha manicura e pedicura impecables.
Reduce a aparición de engurras, potencia a firmeza e mellora a hidratación. Combina aminoácidos esenciais con ácido hialurónico e extracto de acmella, rico en espilantol.
Sabías que o cartón dos envases procede 100% de fontes responsables, con certificación FSC®?
CONTORNO DE OLLOS INTENSIVO
BOLSAS E OLLEIRAS PROCELLULAR
Combina células nai de kiwi con ácido hialurónico e o activo patentado Phylderm®
Vexetal, que axudan a atenuar bolsas, engurras e olleiras.
Oftalmoloxicamente testado.
XEL LIMPADOR FACIAL
Elimina restos de maquillaxe e impurezas e deixa a pel hidratada e fresca por mor do aloe vera e do extracto de cogombro. Non contén xabón, é hipoalerxénico e está oftalmoloxicamente testado.
DISCOS DESMAQUILLANTES
Discos 100% algodón e branqueados sen cloro para unha limpeza máis respectuosa coa túa pel.
QUITAESMALTES SEN ACETONA
Elimina suavemente o esmalte sen resecar a unlla. Con vitamina E e provitamina B5.
CREMA DE MANS REPARADORA
Con aceite de xoxoba, alantoína e glicerina para reparar, protexer e hidratar en profundidade as mans secas.
CORTAUNLLAS CON LIMA
Especialmente indicado para o corte das unllas dos pés.
CEPILLO DE UNLLAS E LIMA ACOLCHADA 2 CARAS
O TOQUE DE PROTECCIÓN E COR
Fórmula #10 free
Cos mellores produtos de depilación a prezos máis baixos.
MÁQUINA
RECARGABLE
Cabezal basculante e ergonómico, tres follas cromadas e banda con aceites de argán e aguacate.
MÁQUINA
DEPILATORIA
EROSKI BASIC
Con dobre folla e banda lubricante con aceite de argán, aloe vera e vitamina E.
BANDAS DEPILATORIAS
Bandas ergonómicas con fórmula xel, que proporcionan unha depilación máis suave coa pel.
POLBO COCIDO NA SÚA AUGA
Apetéceche gozar dun polbo ben sabedor sen complicacións? Daquela debes probar o novo polbo cocido na súa auga EROSKI. Ten un sabor excepcional por mor do seu proceso de cocción único, no que o polbo cru se introduce nunha bolsa e se coce na súa propia auga, co que se garante que todo o seu sabor quede atrapado dentro. E non o guindes! O líquido que solta é perfecto para lles dar un toque extra aos teus arroces ou para cociñares patacas tipo cachelos.
RECEITA DE POLBO Á FEIRA
Coce unhas patacas pequenas coa auga do polbo cocido. Párteas en rodas e fai unha cama con elas nun prato. Coloca por riba o polbo en cachos e previamente quentado no microondas. Esparéxelle por riba pemento doce, aceite de oliva virxe extra e escamas de sal.
É TENDENCIA
Unha cocción longa permite extraer nutrientes como coláxeno, xelatina, e minerais como calcio e magnesio. Considéranse beneficiosos para mellorar a saúde articular, a pel, os ósos e a dixestión.
ARRANXO PARA CALDO
Se es de quen tolea por un bo caldo caseiro para gozar dunha cea reconfortante, manter o xaxún ou tomar algo quente a calquera hora do día, tes que probar o novo arranxo para caldo EROSKI. Unha soa bandexa inclúe todos ingredientes necesarios para preparar un delicioso cocido ou caldo. Caracterízase polo seu gran contido en ósos, especialmente o de costela, que achega un sabor intenso, e xelatina, o que lle dá corpo e textura aveludada ao caldo.
1 de marzo
Bótalles unha ollada a algunhas das 70 marcas con PREMIO que atoparás nas nosas tendas. Grazas a EROSKI Club, só por mercares algunha delas, podes conseguir UN AGASALLO e participar no SORTEO dunhas vacacións para toda a vida.
1 Ser de EROSKI club.
Como consigo O AGASALLO?
2 Apuntarte á promoción ao pasar por caixa ou a través do QR.
3 Alcanzar un gasto de 25 € en máis de 70 marcas durante marzo e abril.
4 Recibirás un código. Introdúceo en travelclub.es/ eroskiregalo/ e elixe o teu agasallo (1) .
APÚNTATE
n
XOGO DE TIXOLAS MAGEFESA
Tixolas de 18, 20 e 24 cm con antiadherente, acabado pedra libre de PFO, fabricadas en aceiro esmaltado vitrificado e con fondo difusor.
TORRADOR JATA
Con dúas rañuras de 131 x 32 mm. Inclúe tapa, recollecables e bandexa recollemigas. Ten unha potencia de 750 W e unha voltaxe de 230 V.
COITELO ARCOS
Dálle á túa cociña un toque de gastronomía asiática co coitelo santoku Niza de 180 mm, provisto de alvéolos. A súa folla de 180 mm é de aceiro inoxidable Nitrum®.
de abril
Se te apuntaches á promoción, por cada 5 € de compra nas marcas, consegues unha participación automática para o SORTEO dunhas VACACIÓNS PARA TODA A VIDA. Se gañas, conseguirás 3,6 millóns de puntos Travel Club para trocares por viaxes gratis ou polo que queiras do catálogo.
E moitas máis!
(1) Promoción válida do 01/03/25 ao 30/04/25. Se cumpres cos requisitos (apúntaste e alcanzas un gasto de 25 € nas marcas participantes), recibirás un código por e-mail, SMS ou ao pasares por caixa, para cambiar o teu agasallo. Regalos suxeitos a variacións de catálogo.
*Sorteo valorado en 3,6 millóns de puntos Travel Club, que se lle ingresarán ao/á gañador/a para trocar por viaxes ou polo que queira do catálogo Travel Club. Consulta condicións en eroski.es/sorteo-club/
Detrás de cada cifra hai unha historia, unha persoa que precisa apoio para recuperar a súa vida. No 2023, 36.582 mulleres foron atendidas por sufriren violencia de xénero, un dato que vai en aumento
O proxecto “Atención e asesoramento profesional a través do “Teléfono/Chat ANAR” contra a violencia de xénero en nenos/ as e adolescentes” está dirixido a calquera persoa menor de idade que padeza violencia de xénero e proporciona orientación psicolóxica.
(En todas as provincias con tendas EROSKI, agás Baleares, Galicia, e Cataluña).
CRUZ VERMELLA GALICIA
Co programa “Pontes cara ao emprego: itinerarios pola igualdade”, Cruz Vermella Galicia promove o protagonismo das mulleres no mundo laboral mediante ferramentas que favorezan o seu apoderamento, capacitación e desenvolvemento profesional.
e que nos lembra a necesidade de axudar. Acompañalas no camiño cara ao seu benestar, apoiándoas para que dean recuperado a súa autoestima, a súa autonomía e a súa confianza é o realmente importante.
FUNDACIÓN INTEGRA BALEARES
A través do programa “Contigo: un traballo contra a violencia”, a Fundación Integra apoia a persoas en exclusión social severa e a persoas con minusvalidez para que teñan unha nova oportunidade na súa vida mediante programas de formación en habilidades laborais e dixitais impartidos por voluntarios.
En EROSKI cremos no poder da solidariedade e, por iso, destinámoslles as vosas achegas a estas mulleres, para lles dar unha nova vida. Porque cada paso conta. Grazas!
O Programa “Amiga” ofrece terapia psicolóxica, asesoramento legal, axudas económicas, mediación para inserción laboral e acompañamento aos recursos públicos de apoio para previr que as vítimas volvan cos maltratadores ou comecen outras relacións abusivas.
(En todas as provincias con tendas EROSKI, agás Baleares, Galicia, e Cataluña).
Sobre o papel, pode parecer que un país pequeno como Eslovenia ten pouco que lle ofrecer ao visitante. Pero nada máis lonxe da realidade, xa que este territorio, situado no corazón de Europa, ten unha gran diversidade de paisaxes e mais unha cultura e unha historia fascinantes, onde as cidades comparten protagonismo coas montañas, os lagos e as costas. Un país inspirador que agora podes descubrir (aforrando) coa túa tarxeta EROSKI Club.
Liubliana: a xoia
A capital de Eslovenia, dominada polo seu impoñente castelo, é unha cidade vibrante. As súas rúas empedradas, prazas cheas de vida e edificios de estilo barroco e modernista convértena nun destino encantador para percorrer a pé. A ponte do
Dragón, decorada con estatuas destes animais mitolóxicos que honran a lenda de Xasón e os argonautas, ou o Mercado Central, cos seus postos ao aire libre, onde se poden degustar algúns dos pratos típicos deste recuncho de Europa, son dous lugares de visita obrigada.
Lago Bled: o conto de fadas
Rodeado polos Alpes Xulianos, ofrece diversas actividades ao aire libre, como sendeirismo, ciclismo, remo e natación no verán; mentres que, no inverno, pódese patinar sobre a súa superficie xeada.
Piran, Portorož e Izola: a costa
Aínda que Eslovenia só ten 46 quilómetros de costa, conta con encantadoras cidades costeiras cunha forte influencia veneciana. Piran, coas súas
estreitas rúas de pedra e a súa arquitectura medieval, é a máis pintoresca. Portorož é coñecida polas súas praias, spas e casinos, mentres que Izola é ideal para gozar da gastronomía local, a base de peixe fresco e marisco preparados ao estilo mediterráneo.
Nova Gorica: a beleza das rosas Xusto á beira da cidade italiana de Gorizia, Nova Gorica é un destino cunha enerxía especial. Coñecida como a “cidade das rosas”, conta con fermosos xardíns e avenidas floridas para pasear e relaxarse.
O Karst: encanto medieval Coas súas rúas empedradas e casas de pedra, Štanjel, unha das vilas máis antigas da rexión do Karst, transporta os visitantes a tempos pasados. No seu castelo
medieval, con impresionantes vistas da campiña circundante, pódense atopar diversas exposicións de arte e eventos culturais.
Turismo sostible
Eslovenia foi recoñecida como un dos destinos máis sostibles do mundo. No 2016, foi o primeiro país en recibir o título de “Destino Verde” polo seu compromiso coa conservación do medio natural e o ecoturismo. Moitas cidades e parques naturais promoven prácticas ecolóxicas, desde o uso de enerxías renovables ata a redución de plástico e a preservación da biodiversidade.
Agora a túa axencia de viaxes azulmarino achégache este gran destino con saídas desde Albacete, Alacante, Almería, Asturias, Badaxoz, Bilbao, A Coruña, León, Málaga, Pamplona e Zaragoza.
Reembolso a
á túa tarxeta EROSKI club 5 %
Reserva na túa axencia de viaxes azulmarino e leva un 5% de reembolso na túa tarxeta EROSKI club para reservas realizadas do 1 ao 31 de marzo do 2025, nos destinos seleccionados.
En azulmarino reserva de xeito seguro e flexible
Os Premios Krea, que naceron para distinguir as iniciativas máis innovadoras de Grupo EROSKI, cumpriron a súa XI edición cunha cerimonia celebrada no BEC de Barakaldo.
Nesta ocasión, presentáronse 97 candidaturas que demostraron contribuír a alcanzar os obxectivos xerais de EROSKI, e valoráronse especialmente aquelas que impulsan a mellora da imaxe, que reforzan as nosas tendas como a elección favorita dos clientes e que poñen en marcha no seu día a día boas prácticas comerciais. Na categoría “+ Comerciantes”, o primeiro premio recaeu no EROSKI Center Son Moix, pola súa candidatura ‘Krecemos juntos’. O segundo lugar foi para o equipo de
Explotación de Supermercados EROSKI Vegalsa, pola súa candidatura ‘A nosa Cociña EROSKI en GLOVO’, seguidos por Rexión Cataluña Sur de Caprabo, por ‘Non hai pan que por ben non veña!’.
Na categoría “+ Dialogantes” resultou gañador o EROSKI Center Llucmajor, pola súa iniciativa ‘EROSKI Llucmajor PLUS’, seguido por Rexión Sur de Supermercados Norte, por ‘Compañeira Contigo’ e EROSKI Urbil, pola súa candidatura ‘Subindo o nivel de enerxía’.
A categoría “+ Rendibles” distinguiu o traballo de Familia Oporto, por ‘Escalando en WhatsApp’, seguido por EROSKI Bilbondo, por ‘Que nunca che falte de nada’, e polo equipo de Rexión Sur de Supermercados Norte, por ‘Ouro 24 quilates’.
Dotar de novos coñecementos, habilidades e ferramentas específicas os profesionais de frescos é unha das claves para seguirmos a avanzar con éxito cara aos nosos retos estratéxicos. En EROSKI somos especialistas en frescos e sabemos que aprender e manterse ao día é fundamental para mellorarmos a satisfacción dos nosos clientes. Poñendo o foco no desenvolvemento profesional, 242 especialistas en frescos participaron na quinta edición de Fresh Máster, un programa formativo que reforza o noso compromiso coa excelencia e que proporciona coñecementos de gama de produto e manipulación, ciencia dos alimentos, nutrición e saúde, para podermos asesorar os nosos clientes.
O 23 de xaneiro abriu as súas portas un novo EROSKI Center (Avda. Xuxán nº 6 e Rúa A Canteira s/n), no barrio coruñés de Eirís. A tenda pon á disposición dos clientes máis de 16.000 referencias de produtos, dos cales o 33% son frescos. Outra das novidades é o espazo “Cociña in situ”, no que os clientes poden atopar pratos caseiros, saudables e elaborados con produtos de proximidade -amais de menús completos- a prezos competitivos. Solucións culinarias xa listas para consumir en calquera lugar ou no propio establecemento, que conta, ademais, cunha zona de comedor.