3 minute read

Reducir o azucre e o sal

A inxestión habitual de alimentos azucrados ou con gran cantidade de sal ten un efecto negativo na nosa saúde. Para reducir o seu consumo só hai que buscar distintos xeitos de substituír estes ingredientes. Por sorte, existen moitas alternativas e todas están ao teu alcance.

AROMA E SABOR

As especias son un dos mellores aliados que existen para reducir o sal nas nosas receitas. Ben para aliñar unha ensalada, ben para adubar carnes, condimentar un arroz ou darlles un toque especial ás sobremesas, danlles sabor e realzan o gusto orixinal dos alimentos. En EROSKI atoparás unha gran variedade, envasadas en cómodos frascos de cristal.

Substituír o sal por especias

O sal é o condimento máis popular da cociña e iso lévanos, en ocasións, a consumilo en exceso. Non só polo que lles engadimos aos pratos, senón tamén porque o conteñen certos alimentos, como os friames, os queixos ou os pratos precociñados.

ALTERNATIVAS PARA ADOZAR

Combinar froita -en cachiños ou batida- con iogures, queixo, leite ou bebidas. Canto máis madura estea, máis adozará. Os plátanos maduros son un bo ingrediente para moitas sobremesas. Bater as froitas, non as espremer nin as licuar, para non desperdiciar ningún dos seus compoñentes. Así conservarán a súa fi bra e a absorción dos azucres será menor e máis lenta. No canto de doces e larpeiradas, proba a froita deshidratada. Ao eliminar a auga, concéntrase moito o seu sabor doce, mais mantén as propiedades saudables.

Ao cociñar, podemos substituír o azucre das receitas por alternativas como a pasta de dátil, uvas ou ameixas pasas ou hortalizas de sabor doce, como a cenoria, a cabaza ou o boniato. Utilizar canela ou aroma de vainilla para lles dar sabor aos lácteos, batidos e sobremesas. É recomendable afacer o padal a sabores menos doces e diminuír a No ca súa inxestión progresivamente. Se lle proba engadimos nós o azucre a un iogur, a elimin unha sobremesa ou, por exemplo, ao o seu cacao soluble dos almorzos, podemos propi elixir a cantidade e reducila.

Reeducar o padal

Sabemos que, polo xeral, tomamos azucres en exceso e non precisamente dos ‘bos’, que son os que conteñen as froitas e os lácteos naturais. Seguro que somos moitos os que os queremos reducir, pero non nos resulta doado ao estarmos afeitos a eses sabores.

lo, ao demos

Elixir produtos reducidos en sal

Un xeito ben doado de diminuír a inxestión de sal na dieta é optar por produtos reducidos neste nutriente. En EROSKI atoparás moitas opcións. n ar os

MELLORAMOS CADA DÍA AS NOSAS MARCAS

Estamos comprometidos coa redución constante de graxa saturada, sal e azucre nos produtos EROSKI, reformulando as receitas cando é necesario para lograr un mellor perfi l nutricional.

This article is from: