EROSKI_ENERO_2022_GALLEGO

Page 42

este mes

REDUCIR O AZUCRE E O SAL A inxestión habitual de alimentos azucrados ou con gran cantidade de sal ten un efecto negativo na nosa saúde. Para reducir o seu consumo só hai que buscar distintos xeitos de substituír estes ingredientes. Por sorte, existen moitas alternativas e todas están ao teu alcance.

Substituír o sal por especias O sal é o condimento máis popular da cociña e iso lévanos, en ocasións, a consumilo en exceso. Non só polo que lles engadimos aos pratos, senón tamén porque o conteñen certos alimentos, como

os friames, os queixos ou os pratos precociñados.

AROMA E SABOR As especias son un dos mellores aliados que existen para reducir o sal nas nosas receitas. Ben para aliñar unha ensalada, ben para adubar carnes, condimentar un arroz ou darlles un toque especial ás sobremesas, danlles sabor e realzan o gusto orixinal dos alimentos. En EROSKI atoparás unha gran variedade, envasadas en cómodos frascos de cristal.

42

42-43 Sal y azucar_GAL.indd 18

17/12/21 20:17


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.