5 minute read
Beleza
ÁCIDO HIALURÓNICO
imprescindible para a pel e o cabelo
Manter bonitos e hidratados a pel e o cabelo require de tratamentos baseados en ingredientes innovadores como o ácido hialurónico. Un principio activo con moitos benefi cios, que se está a empregar cada vez máis en produtos de cosmética facial e agora, como novidade, en produtos capilares.
Que benefi cios nos achega?
Recupera os niveis de hidratación da pel e do cabelo por mor da súa gran capacidade para atraer e reter a auga. Prevén e reduce a aparencia das liñas de expresión e engurras, achegando fi rmeza. Achégalles luminosidade e elasticidade á pel e mais ao cabelo. Favorece a creación de coláxeno e elastina, que contribúen a manter unha boa estrutura da pel e da fi bra capilar. Nestas páxinas, explicámosche os benefi cios do ácido hialurónico, os tipos que existen e propoñémosche unha selección dos mellores produtos cosméticos con este compoñente que atoparás nas nosas tendas.
Que tipos existen?
Nas fórmulas cosméticas, normalmente atopamos dous tipos de ácido hialurónico:
De alto peso molecular ou macro
Non penetra en profundidade, senón que se deposita sobre a pel ou a fi bra capilar formando unha fi na película viscoelástica, que reconstitúe o manto hidrolipídico, protexendo a capa máis superfi cial. Ten capacidade para reter gran cantidade de auga, actuando como humectante, cun efecto alisador das engurras e rexenerador da fi bra capilar.
De medio a baixo peso molecular ou micro
Penetra máis profundamente na pel ou na fi bra capilar, atravesándoa, xa que a súa molécula é máis pequena. Por iso, axuda a combater as engurras dende o interior obtendo como resultado unha pel máis fl exible e fi rme e proporciónalle resistencia e protección ao cabelo.
belle
CREMA FACIAL Contén espilantol, ingrediente de orixe vexetal que axuda a reducir as microcontraccións faciais, relaxando as liñas de expresión, e reforza a rede de coláxeno. Ademais, inclúe extracto de alga fucus, de acción reafi rmante, e extracto de cebada, que favorece a elasticidade e fi ltros solares. SERUM CON ÁCIDO HIALURÓNICO COMBINADO E DERMOTENSEUR® Tratamento avanzado para preservar a fi rmeza e vitalidade da pel e combater signos de cansazo, engurras e liñas de expresión. Fórmula concentrada a base de ácido hialurónico de alto e baixo peso molecular combinado cun potente activo de orixe natural con efecto tensor e reafi rmante.
SÉRUM CON ÁCIDO HIALURÓNICO COMBINADO E POLLUSTOP® Contén ácido hialurónico de alto e baixo peso molecular e Pollustop®, activo antipolución, que crea un escudo protector fronte á contaminación ambiental e a luz azul das pantallas e que reduce as marcas de estrés na pel, devolvéndolle a luminosidade natural ao teu rostro.
Os cosméticos da gama belle están clinicamente testados e non conteñen parabenos
belle NATURAL
O ácido hialurónico de orixe vexetal é un ingrediente aceptado pola cosmética natural ou ecolóxica certifi cada. Na gama belle NATURAL –con certifi cado COSMOS Natural avalado por Ecocert– podes atopar distintos produtos con este ingrediente.
AGUA MICELAR Combina ácido hialurónico con extractos vexetais, como aloe vera, de efecto protector e refrescante; rosa alpina, cogombro e algas para lle proporcionar á pel unha limpeza suave e confortable e axudar a mantela coidada. CREMA DE NOITE REAFIRMANTE Combina ácido hialurónico con extractos vexetais como o bambú, que achega luminosidade e suavidade, ou a xara, que neutraliza os radicais libres. Tamén contén aceite de noz de macadamia, de acción calmante. Proporciona un efecto reafi rmante, antioxidante e nutritivo.
CONTORNO DE OLLOS Combina ácido hialurónico con aceite de améndoas, manteiga de karité e extracto de granada para loitar contra o avellentamento do contorno dos ollos por mor das súas propiedades rexeneradoras, hidratantes e antioxidantes.
MÁSCARA REENCHEDORA Con ácido hialurónico concentrado. Mantén a hidratación durante 24 horas e enche e alisa a pel do rostro ao instante. O seu tecido de algodón xaponés ultrafi no adhírese doadamente á pel e proporciona unha sensación de frescor moi agradable.
A gama Revitalift Filler con ácido hialurónico enche as engurras e recupera a elasticidade da pel devolvéndolle volume e un aspecto máis novo.
L´OREAL
SÉRUM REMODELADOR Enchedor de engurras, devólvelle o volume ao rostro e deixa a pel máis suave, fi rme e elástica. O segredo está na súa fórmula, con ácido hialurónico ultraconcentrado (100 mg).
SÉRUM ANTIENGURRAS Cunha alta concentración de ácido hialurónico puro (1,5%) enche as engurras e hidrata e alisa visiblemente a pel. Nunha semana, esta recupera a súa elasticidade e móstrase máis fi rme e tonifi cada. AMPOLAS CON ÁCIDO HIALURÓNICO Tratamento de sete ampolas reenchedoras. En só sete días deixan a pel do rostro visiblemente hidratada e carnosa. O seu formato monodose hermético é moi cómodo e doado de usar.
CREMA DE DÍA Con ácido hialurónico concentrado, que enche as engurras e que lle devolve o volume ao rostro. Está enriquecida con fi broxyl, un extracto reafi rmante de orixe vexetal, que axuda a encher a pel progresivamente.
Amais de ser benefi cioso para a pel, o ácido hialurónico tamén coida do noso cabelo, e proba diso é a nova gama HIDRA Hialurónico de L’Oreal.
MÁSCARA, XAMPÚ, ACONDICIONADOR E SÉRUM O poder do ácido hialurónico, agora no teu pelo! Consegue 72 horas de hidratación e luce un pelo máis brillante e con máis corpo con esta nova gama de produtos para coidar o cabelo.