7 minute read

Peixe con selo MSC

Next Article
Beleza

Beleza

Comprometidos CO MAR

A pesca con certifi cado de sustentabilidade gaña terreo nas nosas tendas. Alén dos mostradores de peixería, tamén podes atopar produtos co selo azul MSC en conservas e conxelados.

Elixir peixe sostible é un bo xeito de colaborar se queres poñer o teu gran de area na conservación dos recursos mariños para as xeracións futuras.

O ano pasado, en EROSKI superamos as 3.600 toneladas en compras de peixe con certifi cación de sustentabilidade. Do total, arredor de 2.000 toneladas corresponden a peixe certifi cado polo Marine Stewardship Council (MSC) e 1.600 toneladas a peixe de acuicultura con selo GGN (GLOBALG.A.P.).

Ao optar por peixe co selo azul es parte activa do movemento da pesca sostible no mundo e contribúes a uns mares cheos de peixes para o futuro. Convidámoste a descubrir e a degustar a nosa gran variedade de peixe con selo MSC! BONITO DO NORTE RESERVA CUCA Elaborado con materia prima do mar Cantábrico, seleccionada mediante artes de pesca tradicionais e procedente de pesqueiras sostibles MSC. Madúrase seis meses para que o aceite de oliva da mellor calidade penetre, co que se acadan un sabor e mais unha textura inigualables.

FRESCOS

PAÍÑOS DE SURIMI, SURIMI RELADO, BACALLAU DESALGADO ESFARAGULLADO E AUTÉNTICAS DE AGUINAGA EROSKI Para preparares unha ensalada, un prato ao momento ou, simplemente, para petiscar, goza das nosas gulas, surimi e bacallau desalgado, elaborados a partir de peixe sostible certifi cado.

CONSERVAS

BONITO DO NORTE PESCADO CON CANA EROSKI SELEQTIA O noso bonito do norte péscase un a un con anzol, de xeito artesanal.

ATÚN EN ACEITE DE OLIVA VIRXE EXTRA ECOLÓXICO CALVO Atún pescado con cana con certifi cación MSC e aceite de oliva virxe extra ecolóxico certifi cado polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

CONXELADOS

PRATAS DE AGUINAGA EROSKI E DIVINAS DO MAR EROSKI BASIC Elaboradas con peixe certifi cado MSC, as pratas e divinas conxeladas son perfectas para teres sempre na casa e salvarte de calquera apuro.

A colaboración con EROSKI foi clave para impulsar a pesca sostible certifi cada no noso país, especialmente na canle de fresco, onde EROSKI foi pioneira en ofrecer peixe con selo azul nas súas peixerías.

Laura Rodríguez Zugasti, directora de Marine Stewardship Council (MSC) en España e Portugal

FILETES E TOROS DE PESCADA EROSKI Este peixe ultraconxélase tras a súa captura, o que permite manter o seu sabor, textura e calidades nutricionales. Temos cortes e presentacións para todos os gustos: con e sen pel, fi letes, toros, lombos, etc.

Procedente dunha pesqueira sostible certifi cada MSC. www.msc.org/es

BONITO DO NORTE

Calidade e tradición

O bonito do norte en aceite de oliva EROSKI SELEQTIA é o exemplo dunha conserva de gran calidade que se elabora de xeito artesanal. Ademais, a captura do peixe realízase respectando o mar e a sustentabilidade das súas especies.

Obonito do norte en aceite de oliva EROSKI SELEQTIA elabórase nun proceso artesanal que leva a cabo a conserveira Zizzo Billante Hermanos (Mutriku, Guipúscoa) con bonitos pescados con cana sempre durante os meses de xullo e agosto.

Esta pequena empresa familiar fundouse en 1912, cando Francesco Zizzo deixou a súa Sicilia natal para vir a España e aventurarse na pesca e na elaboración da anchoa do Cantábrico. Cos anos, ampliaron a variedade de peixes cos que traballan, pero sen perderen o legado do seu fundador: a calidade, ante todo. PROCESO ARTESANAL O embotado do noso bonito comeza partíndoo e coa posterior cocción en salmoira. Despois, o peixe repousa entre 24 e 48 horas para perder a humidade adquirida durante a cocción e asemade gañar textura e fi rmeza. Logo, o bonito límpase á man e córtase en fi letes.

Cada tarro contén entre 4 e 5 lombos de bonito cubertos cun aceite de oliva de sabor suave. Utilízase este tipo de aceite para non enmascarar o sabor desta xoia do noso mar. Así que remata o proceso, os tarros descansan durante un período mínimo de tres meses para obteren o aroma e a textura correctos.

Este coidado proceso súmase á cata do Basque Culinary Center para facer deste bonito un pracer extraordinario en calquera momento.

Procedente dunha pesqueira sostible certifi cada MSC. www.msc.org/es

2,41€

POR RACIÓN Receitas que nunca fallan

Milfollas morno de bacallau con vinagreta de froitos secos

• 2 lombos de bacallau desalgado (250 g) • 1 remolacha cocida • 1 cebola vermella • Brotes de leitugas variadas

Vinagreta:

• 3 culleradas de vinagre de viño branco • 3 culleradas de aceite de noz • 3 culleradas de aceite de oliva virxe extra • 1 cullerada de sobremesa de mel suave • Unha manchea de froitos secos • Sal e pementa acabada de moer

ELABORACIÓN. Preparamos a vinagreta mesturando todos os ingredientes e cortamos en láminas a cebola vermella e mais a remolacha.

Poñemos os lombos de bacallau nun recipiente apto para microondas cubertos cunha cullerada de auga e programamos uns 2-3 minutos a temperatura máxima. O xusto para que as lascas de bacallau se separen. Para montar o prato, colócanse unhas lascas de bacallau, báñanse coa vinagreta de froitos secos e cóbrense coa cebola, a remolacha e as leitugas variadas. Sérvese decontado.

COMENTARIO DIETÉTICO Unha combinación de nutrientes moi variada de fontes saudables como peixe (branco neste caso), verduras, froitos secos e aceites. Destaca a achega de proteínas e de graxas cardiosaudables. Truco. Esta receita pódese elaborar tamén con pescada ou mesmo con peixes afumados como bacallau ou salmón. Racións: 4

Difi cultade Elaboración

10’

NUTRI-SCORE

A A B C D E

UNHA RACIÓN CONTÉN:

KCAL 245

12%

GRAXA 18g

26%

GRAXAS SATURADAS 2,3g

12%

AZUCRES 5,6g

6%

SAL 0,5g

9%

fala Sunions para Nin unha bágoa

POR QUE POÑER NA TÚA VIDA AS CEBOLAS QUE NON TE FAN CHORAR?

Na vida hai moitos motivos para chorar, pero xa nunca máis por cortar cebolas. Porque na cociña, se che caen as bágoas, ten que ser de pracer!!

Incrible pero certo. Non me fan chorar! .

AS PRIMEIRAS CEBOLAS SEN BÁGOAS DE ESPAÑA

Sen bágoas

Sunions son as únicas cebolas que non te fan chorar nin irritan os teus ollos. Unha grande innovación na cociña para gozar ao elaborares os teus pratos sen ter que buscar trucos para non chorar.

Doces

O sabor é moi importante para elaborar ricas receitas. Con Sunions terás o mellor sabor suave e doce que enriquecerá os teus pratos.

Crocantes

Próbaas crúas nunha ensalada, nun sándwich (se cadra sáltanche as bágoas de emoción!) e tamén elaboradas en calquera dos teus guisos. A min gústame a tortilla con cebola, pero levaba anos sen a facer para evitar as bágoas

Chorar é natural, Sunions tamén

As cebolas Sunions son o resultado de tres décadas de traballo agronómico tradicional ata acadar unhas cebolas saborosas, doces, suaves e sen bágoas! Sunions son 100% naturais e 100% produción dos nosos campos en España.

#LLORAPORQUEQUIERES

Cando se fai por gusto, chorar é un pracer. Nas nosas redes sociais podes atopar ideas, receitas e historias para chorar de risa, de emoción e de pracer.

Se ves este pack, pono na túa cesta. As Sunions cada vez están en máis tendas e supermercados. CHORARÁS SE NON AS PROBAS!

Estas cebolas están xenial. Utilizarémolas nas nosas ensaladas e nada de choros As mellores cebolas que hai, sen dúbida. Se as probas xa non queres outras. Nin choras, nin pican. En fi n, un manxar se che gustan as cebolas .

This article is from: