EROSKI_FEBRERO_2022_GALLEGO

Page 8

este mes FRESCOS PAÍÑOS DE SURIMI, SURIMI RELADO, BACALLAU DESALGADO ESFARAGULLADO E AUTÉNTICAS DE AGUINAGA EROSKI Para preparares unha ensalada, un prato ao momento ou, simplemente, para petiscar, goza das nosas gulas, surimi e bacallau desalgado, elaborados a partir de peixe sostible certificado.

CONSERVAS BONITO DO NORTE RESERVA CUCA Elaborado con materia prima do mar Cantábrico, seleccionada mediante artes de pesca tradicionais e procedente de pesqueiras sostibles MSC. Madúrase seis meses para que o aceite de oliva da mellor calidade penetre, co que se acadan un sabor e mais unha textura inigualables.

Comprometidos

CO MAR A pesca con certificado de sustentabilidade gaña terreo nas nosas tendas. Alén dos mostradores de peixería, tamén podes atopar produtos co selo azul MSC en conservas e conxelados.

E

lixir peixe sostible é un bo xeito de colaborar se queres poñer o teu gran de area na conservación dos recursos mariños para as xeracións futuras. O ano pasado, en EROSKI superamos as 3.600 toneladas en compras de peixe con certificación de sustentabilidade. Do total, arredor de 2.000 toneladas corresponden a peixe certificado polo Marine Stewardship Council (MSC) e 1.600 toneladas a peixe de acuicultura con selo GGN (GLOBALG.A.P.). Ao optar por peixe co selo azul es parte activa do movemento da pesca sostible no mundo e contribúes a uns mares cheos de peixes para o futuro. Convidámoste a descubrir e a degustar a nosa gran variedade de peixe con selo MSC!

BONITO DO NORTE PESCADO CON CANA EROSKI SELEQTIA O noso bonito do norte péscase un a un con anzol, de xeito artesanal.

ATÚN EN ACEITE DE OLIVA VIRXE EXTRA ECOLÓXICO CALVO Atún pescado con cana con certificación MSC e aceite de oliva virxe extra ecolóxico certificado polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

8

08-09 MSC_GAL.indd 42

18/1/22 16:41


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.