7 minute read

Viaxes

Next Article
Beleza

Beleza

Punta Vela, Mazarrón

Vive o verán da túa vida na Costa Cálida

Esquécete das présas, das masas, das obrigas e do tictac do reloxo. Na Costa Cálida só te terás que deixar levar polos seus mares -o Mar Menor e o Mediterráneo-, polo seu clima privilexiado, con máis de 300 días de sol ao ano, e polos seus 1.001 sabores, que fi xeron desta terra a Capital Española da Gastronomía 2021. Preparado para vivires o verán da túa vida? De ser así, só tes que visitar a Rexión de Murcia.

Los Cocedores, Águilas

PARAÍSO DE AUGA SALGADA Reláxate mentres escoitas o son das ondas e gozas de interminables paseos por praias infi nitas, de areas fi nas e douradas ou, se o prefi res, podes desconectar e buscar a calma en calas escondidas, que son pequenos paraísos solitarios e agardan pola túa chegada. Nas zonas do Mar Menor, A Manga, Mazarrón e Águilas atoparás praias para todos os gustos que se adaptarán á perfección ás túas preferencias.

DENDE O FONDO OU A SUPERFICIE Libera adrenalina e practica todo tipo de deportes náuticos no Mar Menor, a lagoa salgada máis grande de Europa: vela, surf, kitesurf, paddle surf... Atréveste? E se o que chama a túa atención é o fondo mariño, estás de sorte. A Costa Cálida posúe dúas reservas mariñas protexidas (Cabo de Palos-Islas Hormigas e Cabo Tiñoso) e a maior concentración de pecios históricos afundidos do Mediterráneo. Síntete como peixe na auga e descubre unha incrible biodiversidade e praderías de posidonia cheas de vida.

A Manga

Baía de Mazarrón

DESTINO SEGURO A Rexión de Murcia ofrécelles un seguro gratuíto de asistencia de viaxes aos seus turistas nacionais e internacionais. Cóbrelles os gastos sanitarios, de transporte e aloxamento a aqueles visitantes que viaxen a este territorio, queden nun establecemento turístico regulado e resulten contaxiados pola COVID-19. Toda a información en: www.murciaturistica.es.

Las Amoladeras, A Manga 1.001 SABORES NA CAPITAL ESPAÑOLA DA GASTRONOMÍA Acompaña todos os teus plans cos 1.001 sabores da Rexión de Murcia, os mesmos que fi xeron que esta sexa a Capital Española da Gastronomía 2021. Veraste obrigado a ampliar o teu vocabulario gastronómico ao probares bocados como a famosa mariñeira, a tapa máis icónica de Murcia; o arroz caldeiro, típico das zonas de Cartaxena e o Mar Menor, ou o paparajote, a sobremesa por excelencia da rexión, que podes acompañar cun potente café asiático.

Reembolso

5%

á túa tarxeta EROSKI club (1) En Viaxes EROSKI reserva de xeito seguro e fl exible e, se acontece algo, anula sen gastos

(1) 5% de reembolso na túa tarxeta EROSKI club para as reservas efectuadas dende o 1 de xullo ata o 31 de xullo e para estadías ata o 30 de outubro do 2021. Reservas na nosa web e en ofi cinas de Viaxes EROSKI. Oferta non acumulable.

Máis vantaxes por seres socio

Seguimos a repartir millóns de premios

Só por seres socio EROSKI club, achégate ao teu centro EROSKI, realiza unha compra igual ou superior a 30 € e, ao paso por caixa, daranche un boleto. Ábreo e descubre se tes premio. EROSKI club está a repartir máis de 1.500.000 premios directos e, ademais, tamén podes participar nun gran sorteo (1).

Tes outro boleto dixital adicional na app EROSKI. Se xa tes a app EROSKI, accede á función ‘Descubre xogando’ e proba sorte. Se non a tes, pódela descargar gratis e ter ao momento o teu boleto dixital.

1.500.000

agasallos directos e un gran sorteo

Que che pode tocar? Dende premios directos, como agasallos con Travel Club, produtos EROSKI gratis ou vales de puntos, ata unha participación no gran sorteo do verán.

E que é o gran sorteo? No gran sorteo pódeche tocar dende un Peugeot 3008 híbrido en subscrición gratis de 24 meses con BIPI, dez premios dunha viaxe valorada en 1.000.000 de puntos, ata cinco premios dun ano de compra gratis con cadanseus 2.000 € para gastalos en EROSKI.

Para participar só tes que amosar os vales de participación que tocan nos boletos ou probar sorte no boleto dixital.

O outro día fi xen unha compra e déronme un boleto. Abrino e tocoume unha cadeira de praia! Ademais, entrei na ‘app’ de EROSKI e tocoume unha participación no gran sorteo. Ogallá me toque a viaxe!

(1) Sorteo dunha subscrición de BIPI a un Peugeot 3008 híbrido durante 24 meses. Do 17/06/21 ao 11/08/21 consegue un boleto por cada tícket de 30 € ou máis con tarxeta EROSKI club en supermercados e hipermercados EROSKI. Consulta en: eroski.es/sorteo-eroskiclub/

Goza do verán con Tulipán!

Coa calor chegan as agardadas vacacións de verán. Praia, sol e descanso... Sen dúbida, a época do ano preferida por todas as familias. E é que o verán está para gozar e para seguir coidándonos sen renunciar ao sabor.

Tulipán, a marca de margarina vexetal que leva máis de 70 anos acompañando as nosas familias, propón que a cociña sexa o punto de encontro durante a tempada estival.

Tulipán é unha aposta segura pola naturalidade para calquera intre do día. Grazas á súa nova receita sen aceite de palma con 100% ingredientes naturais e vitaminas A,D e E, conseguiredes que todas as vosas receitas sexan máis deliciosas e saudables ca nunca, xa sexan doces ou salgadas. Ademais, é apta para intolerantes ao glute e contén ingredientes naturais que todos coñecemos. Probástela xa?

Poderedes elixir entre Tulipán Orixinal (elaborada con vitaminas A, D e E e nutrientes esenciais) e Tulipán con Sal (o sabor do Tulipán de sempre, cun toque de sal), ambas as dúas con 100% ingredientes naturais e agora sen aceite de palma.

Grazas á súa versatilidade como ingrediente, os máis pequenos poderanse converter nos chefs da casa, cociñando as receitas máis deliciosas utilizando a froita como ingrediente principal: dende un irresistible biscoito de plátano ata melón acaramelado. Por que non lles dar ese toque naturalmente delicioso ás vosas receitas estivais con Tulipán?

Este verán, Tulipán é o voso mellor aliado na cociña!

Grazas por colaborares coa Operación quilo!

Opasado 31 de maio, puxemos en marcha nos nosos establecementos a Operación Quilo, coa que a Federación Española de Bancos de Alimentos ( FESBAL) aspiraba a recadar as doazóns coas que axudar aos colectivos máis desfavorecidos.

Querémoslles agradecer a todos os nosos clientes do País Vasco, Navarra, Galicia e as Illas Baleares a participación nesta recolleita, que se levou a cabo a través de doazóns ao paso por caixa. Grazas á vosa solidariedade, demos recadado máis de 196.000 euros, que lles permitirán aos Bancos de Alimentos dispoñer de arredor de 185.000 quilos de alimentos ou, o que é o mesmo, de 500.000 comidas coas que cubriren as necesidades de milleiros de familias que hoxe o precisan.

UN MODELO DE TENDA MÁIS INCLUSIVO

Os nosos centros de Galicia e Asturias xa dispoñen dunha Guía de atención ao cliente con discapacidade visual, realizada en colaboración coa ONCE, para lles prestarmos un apoio efi ciente aos clientes con discapacidade visual e facermos das nosas tendas lugares inclusivos para todos.

Con esta guía queremos achegar o noso gran de area para conseguir unha sociedade máis inclusiva. É tamén a primeira acción deste tipo na que se recollen pautas xerais e recomendacións para dirixirse, comunicar e prestarlles apoio ás persoas con discapacidade visual. Nela tamén se fai alusión aos cans guía, para saber como actuar na súa presenza.

Amais da edición deste manual, impartiuse unha formación teórica-práctica nos propios supermercados, para poder comprobar de primeira man as limitacións que viven as persoas con discapacidade visual ao faceren a compra.

Os teus produtos favoritos en oferta, sempre contigo.

A App EROSKI amósache as ofertas que máis che interesan tendo en conta as túas preferencias e tenda habitual, para que poidas aforrar ao mercares. Todo EROSKI no teu móbil! Descárgaa gratis en:

This article is from: