11 minute read
Bonito do norte
from EROSKI_JULIO_2021_GALLEGO
by eroski
BONITO DO NORTE EROSKI NATUR Pescado un a un
Ata outubro, nas nosas peixerías atoparás bonito do norte, un peixe que se converteu no rei do verán grazas ás súas propiedades e ás súas moitas posibilidades gastronómicas. O noso bonito péscase a cana, un a un, e faino unha frota certifi cada co selo de MSC, o que garante que se capturou de xeito respectuoso co mar e co mantemento das demais especies.
Entre xuño e setembro, os bonitos concéntranse preto das costas do mar Cantábrico. É cando saen as frotas dos portos do País Vasco, Cantabria e Galicia para a súa captura. Ao se tratar de pesqueiras desas zonas, impulsamos a súa economía local e mais o seu tecido social.
Os bonitos péscanse a cana un a un. É un tipo de captura tradicional e artesanal que practicamente non se modifi cou dende os seus inicios. Os barcos que pescan no Cantábrico durante a costeira do bonito do norte adoitan facer saídas longas de ata 15 días.
Antes de comezar coa captura do bonito, os barcos pescan anchoa ou xarda, que se van utilizar como cebo e que se manteñen vivas nos viveiros de auga de mar da embarcación.
Os bonitos detéctanse dende o máis alto do barco. Este colócase enriba do banco de peixes e os mariñeiros botan o cebo vivo. Ademais, pulverizan auga para lles faceren crer ás presas que a embarcación é outro banco natural de peixes.
Os mariñeiros alíñanse na borda do barco, equipados con canas provistas de anzois e, cando pican os peixes, sóbenos a bordo un a un, o que permite seleccionar aqueles exemplares de maior calidade. Así evítase tamén bater ou esmagar o peixe, como acontece ao se capturar con redes, e garántese a mellor carne.
Así que se pesca, o bonito colócase nunha fi ta transportadora que o leva ao viveiro para mantelo en auga fría. Ao rematar, todas as pezas trasládanse á adega, onde se conservan con xeo ata a súa descarga no porto.
Tras a poxa no porto, en menos de 24 horas chega ás nosas peixerías. Nos mostradores pódelo adquirir enteiro ou en distintos cortes -toros, ventrecha, cocote, cola ou lombo-. Os nosos especialistas prepárano ao teu gusto: límpancho, sérvenche a cantidade que precisas e asesórante sobre que peza é a máis axeitada para cada receita.
AS MELLORES PARTES
O cocote do bonito é substancioso e de sabor suave, os seus lombos teñen unha carne magra e sen espiñas, os toros son saborosos e doados de preparar case en calquera receita, a cola é a parte menos graxa e ten poucas espiñas e a ventrecha é a peza máis tenra e apreciada.
COCOTE LOMBOS TOROS
COLA
VENTRECHA
MIL XEITOS DE PREPARAR O BONITO
Foto: AZTI
Procedente dunha pesqueira sostible certifi cada MSC. www.msc.org/es MSC MSC-C-55670
SOSTENIBLE SOSTIBLE
Se na nosa peixería elixes bonito do norte EROSKI Natur, amais de gozares dun peixe de gran calidade, asegúraste de que se trata dun produto que cumpre con todas as garantías de sustentabilidade. Así o certifi ca o selo azul de MSC.
1,30 €
POR RACIÓN Receitas que nunca fallan
Ensalada de bonito confeitado
• 250 g de bonito do norte • 400 ml de aceite de oliva virxe extra (AOVE) • 3 dentes de allo • 1 tona de limón • 1 folla de loureiro e unhas pementas negras • Sal
Para a ensalada: • 6 corazóns de alcachofa (poden ser en conserva) • Media cebola vermella • 8 olivas negras
Para o aliño: • 2 culleradas do aceite co que confeitamos o bonito • 1 cullerada de vinagre de sidra ou zume de limón • Sal e pementa negra
ELABORACIÓN. Partir o bonito en cadrados e machucar os allos.
Poñer unha tixola ou pota de paredes altas cun chorro de AOVE a lume alto. Así que o aceite estea ben quente engadir os anacos de bonito e os allos machucados e selar por todos lados o bonito.
Engadir o resto do aceite ata que se cubra o bonito. Agregar tamén as pementas negras, o sal, as follas de loureiro e a tona do limón. Baixar o lume e deixar cociñar de 8 a 10 minutos ou ata que o bonito tome cor branca e ao introducir a punta dun coitelo comprobemos que estea cociñado por dentro.
O bonito pódese gardar co aceite nun frasco de cristal esterilizado e o aceite sobrante utilízase despois para aderezar ensaladas ou outros pratos.
Para a ensalada, poñer uns tacos de bonito confeitado nun prato, engadir os corazóns de alcachofa, unhas láminas fi nas de cebola vermella e unhas olivas negras picadas e aliñar co aderezo.
COMENTARIO DIETÉTICO É recomendable consumir produtos de tempada, así que propoñémosche esta receita de bonito, para que goces deste saudable peixe azul. Podería ser un prato completo aumentando a cantidade de verdura e engadindo un pouco de pataca cocida, por exemplo. Propiedades nutricionais. O bonito contén proteínas de alta calidade e, ao ser un peixe azul, tamén contén ácidos graxos omega 3 e vitaminas liposolubles como a D e a A, aínda que é menos graxo ca o atún ou o salmón. Sabías que...? O uso de especias axúdanos a reducir o sal e a lles dar diferentes sabores e aromas aos nosos pratos.
Racións: 4
Difi cultade Elaboración 35’
NUTRI-SCORE
A A B C D E
UNHA RACIÓN CONTÉN:
ENERXÍA 234
12%
GRAXA 16,88G
24%
GRAXAS SATURADAS 2,82G
14%
AZUCRES 4,84G
5%
SAL 0,57G
10%
Abre, cóidate, consérvate
O peixe en conserva gústalle a todo o mundo e é un básico ideal para incluír en ensaladas, petiscos, bocadillos, ou mesmo en receitas máis elaboradas. Para o teu momento chef e para o teu momento chof, cando non che apetece cociñar, en EROSKI ofrecémosche máis de 400 manxares do mar con todas as proteínas, vitaminas e minerais do peixe fresco.
BONITO EN ACEITE DE OLIVA BAIXO EN SAL EROSKI Elaborado de xeito artesanal e pescado a cana, unha arte de pesca máis respectuosa co medio natural, ao non capturar de xeito accidental outras especies.
ATÚN CLARO CALVO EN ACEITE DE OLIVA DOADO DE SACAR Grazas á última innovación de Calvo, fácil de sacar, agora o teu atún sae só. Un novo envase máis fácil de abrir, cómodo e respectuoso co medio natural, xa que leva menos aceite pero a mesma cantidade de atún.
ATÚN CLARO EN ACEITE DE OLIVA ALBO Cen por cen lombos de atún, sometidos a catro limpezas á man, para garantir que na lata só vaia a mellor parte. O sabor e a textura do lombo son moi superiores e é máis apreciado ca outras partes do peixe. ATÚN EN ACEITE DE XIRASOL ISABEL A mellor selección de lombos de atún con aceite de xirasol. Isabel é a única marca con fabricación 100% AENOR Atún de Pesca Responsable, o que signifi ca que coida dos océanos e das persoas.
ATÚN CLARO CALVO ATÚNCLAROCA ALVO EN ACEITE DE OLIVA LA ESPAÑOLA É a unión perfecta para os consumidores que buscan unha calidade superior.
ARTESANAL
Boísimo. Baixo en sal e con bo sabor. Utilizámolo para a ensalada, empanadillas, etc. Non falta na casa.
Sandra (clienta de EROSKI)
ATÚN EN ACEITE DE XIRASOL CAMPOS Un práctico formato que converteu a Campos en líder. Agora, co selo de Atún de pesca responsable. VENTRECHA DE ATÚN CAMPOS É a parte máis substanciosa e saborosa do atún claro e tamén a máis apreciada. Un produto coidado, perfecto para os amantes do gourmet. Garantía de calidade e de pracer para o teu padal.
SAUDABLE
De buscares as máis saudables, as opcións ao natural e as reducidas en sal deberían ser a túa primeira elección. ATÚN CLARO SÚPER O O ATÚNC N CLAR NATURAL ISABEL AB ANATURAL ISA Garante o sabor aGarante o sa máis natural do atún dmáisn s natural al l claro, grazas á súa cla laro, ro graza zas saz tecnoloxía exclusiva t l í patentada, que permite manter o sabor con só unha pinga de auga.
PER
O OUTRAS CONSERVAS
ATÚN CLARO AO NATURAL EROSKI O noso atún claro en conserva cumpre cos principios da Fundación Internacional para a Sustentabilidade da Pesca (ISSF). Todo o peixe procede de capturas realizadas por barcos autorizados, co que se evita a pesca non regulada.
As xoubiñas en lata son unha opción perfecta para que os nenos gocen de todos os benefi cios do peixe azul. Pódense incluír en bocadillos, ensaladas, tortillas, etc. SALMÓN AO NATURAL CALVO SALMÓN AO NATU TURAL CAL ALVOÓ Perfecto para as persoas que seguen uns hábitos de vida saudables. Un xeito doado e sinxelo de incluír nas túas receitas a cantidade de proteína e omega 3 recomendada para o consumo diario.
BONITO EN ACEITE DE BONITO EN ACEIT I E OLIVA CAMPOS Elaborado á man con lombos de calidade extraordinaria e co tamaño perfecto, para extraer lascas e preparar deliciosas receitas con bonito do norte. SARDIÑAS ISABEL SAR AR RDIÑ D AS A ISA SA ABEL Preparadas de xeito tradicional e cun delicioso sabor. O seu alto contido en omega 3 convérteas nun alimento recomendado nunha dieta saudable.
BONITO DO NORTE LA MUTRIKUARRA A mellor materia prima obtida con métodos tradicionais e a combinación das mans máis sabias e as máis modernas tecnoloxías. Saboroso, saudable e con infi nitas posibilidades culinarias. MEXILLÓN EN ESCABECHE ALBO Os mellores mexillóns, seleccionados, limpos e colocados a man. Engádeselles escabeche, pero coa receita orixinal da marca, para quen sabe apreciar un sabor potente. SARDIÑAS BAIXAS EN SAL EROSKI A opción favorita para aqueles que buscan levar un estilo de vida saudable.