EROSKI_JULIO_2021_GALLEGO

Page 10

este mes

BONITO DO NORTE EROSKI NATUR

Pescado un a un Ata outubro, nas nosas peixerías atoparás bonito do norte, un peixe que se converteu no rei do verán grazas ás súas propiedades e ás súas moitas posibilidades gastronómicas. O noso bonito péscase a cana, un a un, e faino unha frota certificada co selo de MSC, o que garante que se capturou de xeito respectuoso co mar e co mantemento das demais especies.

Entre xuño e setembro, os bonitos concéntranse preto das costas do mar Cantábrico. É cando saen as frotas dos portos do País Vasco, Cantabria e Galicia para a súa captura. Ao se tratar de pesqueiras desas zonas, impulsamos a súa economía local e mais o seu tecido social.

Os bonitos péscanse a cana un a un. É un tipo de captura tradicional e artesanal que practicamente non se modificou dende os seus inicios. Os barcos que pescan no Cantábrico durante a costeira do bonito do norte adoitan facer saídas longas de ata 15 días.

Antes de comezar coa captura do bonito, os barcos pescan anchoa ou xarda, que se van utilizar como cebo e que se manteñen vivas nos viveiros de auga de mar da embarcación.

Os bonitos detéctanse dende o máis alto do barco. Este colócase enriba do banco de peixes e os mariñeiros botan o cebo vivo. Ademais, pulverizan auga para lles faceren crer ás presas que a embarcación é outro banco natural de peixes.

10

10-11_Bonito_V2_GAL.indd 16

18/6/21 17:57


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.