3 minute read
Iogures, quefi res e outros lácteos
from EROSKI_JUNIO_2021_GALLEGO
by eroski
Iogures, sabores, amores
Para levar ao traballo ou darlle sabor ao teletraballo. Para elaborar unha receita top ou engadir como tópping. Namorarte dos iogures, quefi res e doutras variedades vai ser ben doado coas máis de 600 opcións que che ofrecemos.
Se queres gozar dos lácteos e facelo coidándote, os naturais serán a túa elección, xa que só conteñen leite e fermentos e non engaden azucre nin edulcorantes. En EROSKI atoparás todo tipo de opcións: dende os iogures de toda a vida a variedades como o quefi r, ecolóxicos, elaborados con leite de cabra, etc.
SAUDABLES
O quefi r EROSKI elabórase seguindo a receita tradicional e obtense por medio da fermentación de diferentes lévedos e bacterias. Non contén azucres nin edulcorantes engadidos. Novos iogures e quefi res elaborados con leite pasteurizado procedente da agricultura biolóxica. Son naturais e non teñen azucre engadido. En tarro de cristal de dúas e tres racións.
Quefi r para beber e Quefi r para comer con culler EROSKI. Iogur e Quefi r de cabra EROSKI BIO e Iogur e Quefi r de vaca EROSKI BIO.
ECOLÓXICOS
Axuda a coidar o teu benestar dixestivo do b xeito máis natural e x delicioso. Está feito d con ingredientes 100% co naturais e de alta na calidade. Contén millóns ca de fermentos, que son de probióticos, e os seus p bífi dus exclusivos.
Quefi r Natural, Natural desnatado 0% e Natural Activia.
Pola súa achega de calcio, fósforo, vitamina A e outros nutrientes, os iogures enteiros naturais poden formar parte dun almorzo equilibrado e substituír a outros produtos menos saudables que se converteron en habituais. Podes acompañar o iogur enteiro cunha manchea de froitos secos ou adozalo con dátiles, froita, canela, etc.
Estes iogures son ideais para levar polo seu formato e pola cantidade que contén o envase.
Esteban (cliente de EROSKI)
PARA BEBER
Os iogures líquidos son unha interesante opción para ter en conta pola súa facilidade para transportalos e tomalos en calquera lugar.
Iogur líquido de amorodo e Iogur líquido de amorodo e plátano EROSKI.
GOURMET
Iogures elaborados con ingredientes seleccionados para gozar de toda a cremosidade e sabor en cada cullerada.
Iogur de leite de ovella con arandos, con castañas e con cereixas Doncel. Deliciosa combinación de cremoso iogur natural de leite de ovella criada no País Vasco cunha base de confeitura de arandos, framboesa, cereixa e puré de castaña. Sobremesa de sabores auténticos e tradicionais e de altísima calidade. Para padais esixentes, é ideal en calquera momento do día. O seu formato: envase de cristal de 140 gramos.
Grego de amorodo EROSKI Esta variedade contén toda a cremosidade dos iogures gregos e un intenso sabor ao mellor prezo. Este iogur parte da auténtica receita tradicional grega para conseguir a máxima exquisitez e ofrecerche así unha experiencia única. A suavidade, o equilibrio e a incomparable cremosidade da masa branca nacen do coñecemento e mimo empregado na elaboración. Ademais, combínanse con deliciosas froitas seleccionadas. OIKOS pexego e OIKOS mango e maracuxá. Deliciosos iogures 100% vexetais elaborados por Alpro, que transformou a forma de cultivo para asegurar a sustentabilidade dos seus produtos. Usa soamente ingredientes respectuosos co planeta, conseguindo cero emisións de carbono e cero residuos na súa produción. Alpro mango e piña e froita da paixón.