5 minute read
Viños
from EROSKI_JUNIO_2021_GALLEGO
by eroski
Saca a rolla, degusta e viaxa
Poñemos na túa copa todas as terras, as cepas, as terras, os eidos e os vales, o mar e os ríos. Máis de 700 caldos para que percorras o país do viño desde a túa casa. A orixe está en cada botella, o destino elíxelo ti.
Nós achegámoste esta pequena cata de viños exclusivos de EROSKI coa que comezar un percorrido polas zonas vinícolas máis coñecidas.
Arnalte Rosado
Viño novo cunha sutil cor rosa guinda. Destaca polo seu aroma suave. Ideal con aperitivos, tapas, para gozar con verduras, churrasco, ensaladas, carnes brancas, pasta e DOC RIOJA embutido. Servir Dicir Rioxa é falar de entre 6-8 ºC. recoñecemento e prestixio, DO RÍAS BAIXAS AIXAS dunha cultura que respecta Arnalte Tinto Novo Perfecto para acompañar s a tradición por riba de todas Elaborado con uvas peixes e mariscos, o as cousas. da variedade Araúxo. sabor do viño Rías Destaca pola súa cor Baixas mergúllanos nun Arnalte Branco vermella cereixa e aromas refrescante baño no mar. Brillante, de cor verde de froita vermella. Con cristalina. Destaca polo seu certa carnosidade Anae Branco aroma suave e afroitado, que en boca e un fi nal Elaborado con uva Albariña lembra a variedade de uva lixeiramente cálido. Marida de Galicia. Aromático, Macabea, da que se obtén. con carnes vermellas afroitado e con matices Ideal para acompañar o ou de caza, asados, fl orais. O mellor compañeiro aperitivos, tapas, arroces, aves, carnes brancas, de mariscos, moluscos, ensaladas, carnes brancas, embutidos, queixos peixes e sushi. Servir peixes e mariscos. curados ou queixos azuis. entre 10-12 ºC. Servir entre 6-8 ºC. Servir entre 14-15 ºC.
e
DO NAVARRA Ao abeiro do castelo de Olite, a sede real que, durante a Idade Media, aloxou reis e princesas, prodúcense uns viños novos cheos de carácter.
Echave Branco
Elaborado cunha coidada selección de uvas, destaca o seu aroma de matices froiteiros. Agradable e suave en boca, sobresae a súa vitalidade e frescura. Servir entre 10-12 ºC.
Echave Rosado
Obtense dos primeiros sangrados das uvas, cun estrito control de temperaturas na súa elaboración. O ton rosado vai acompañado de intensos aromas froiteiros. Destaca a súa fi nura en boca. Servir entre 10-12 ºC.
Echave Tinto Novo
Este viño recolle a expresión da terra do vello reino de Navarra, que se manifesta nas súas variedades altamente froiteiras. A súa cor e aroma é o fi el refl exo das froitas do bosque. Servir entre 14-16 ºC.
EMPEZA A VIAXE AQUÍ DO RIBERA DE DUERO A cabalo entre Valladolid e Burgos, os viños desta rexión son froito do esforzo e da paciencia dos viticultores, valores que se transmitiron dende a época dos cabaleiros medievais que cabalgaron por estas terras.
Monsalvez Tinto Novo
Elaborado con uvas seleccionadas da variedade Tinta do País. De cor vermella morada con reberetes azulados, aroma a amora e marmelada, resulta sedoso en boca, amable e con gran carácter froiteiro. Servir entre 14-15 ºC. IXP TIERRA DE CASTILLA A cultura vitivinícola está profundamente arraigada en Castela-A Mancha, unha rexión onde o clima lle proporciona ao viño corpo, equilibrio e frescor.
Bronte Branco Verdello
O potencial aromático da variedade Verdello, cos seus ricos matices froiteiros e fl orais, pódese apreciar neste viño fresco. De atractiva cor amarela limón con refl exos dourados, en nariz presenta intensos aromas a fi úncho e a feo cunha marcada lembranza a pel de pexego e a froita madura. Servir entre 8-10 ºC.
Bronte Branco Chardonnay
Elaborado a partir da variedade de uva Chardonnay, de orixe francesa e de recente incorporación na zona de cultivo da Terra de Castela. De cor amarela pálida con matices dourados e grande expresión varietal. Ten un aroma intenso a mazá, pexego, fi úncho e froitas tropicais sobre un sutil fondo mineral. Servir entre 10-12 ºC.
DO VALDEPEÑAS Lealdade aos seus viñedos e aos seus viños. Así é a xente que, en Valdepeñas, se dedica ao cultivo da vide dende tempos inmemoriais. E así son os viños que saen das súas adegas.
Tierra Leal Rosado
Elaborado con uva Araúxo, é aromático, con toques de grosella, fresco e ideal para tomar con sopas, peixes e mariscos. Servir entre 8-10 ºC.
Tierra Leal Branco
Elaborado con uvas da variedade Airén ou Valdepeñas. Fresco, rico en aromas primarios, acidez media e cun grande equilibrio en boca. Para acompañar peixes, mariscos, sopas e aves. Servir entre 8-10 ºC.
Tierra Leal Novo
Elaborado con uva Araúxo, cunha maduración especialmente coidada. De cor rubí brillante, gusto lixeiro e harmónico, acompaña ben as carnes, arroces e patés. Servir entre 14-16 ºC.
TENA, a marca líder en incontinencia urinaria, presenta TENA Protects, un programa de sustentabilidade que pon o foco na redución da súa pegada de carbono nun 50% de cara ao 2030.
TENA Protects,
un programa de sustentabilidade enfocado a reducir o impacto ambiental
TENA fundouse para coidar das persoas, para mellorar as súas vidas e axudalas a vivir con confi anza e seguridade. Pero esta noción de coidado, na actualidade, estaría incompleta se non entendemos que coidar das persoas tamén signifi ca coidar do noso planeta.
Neste contexto, sabedores de que temos a responsabilidade de axudar con achegas concretas, desenvolvemos TENA Protects.
Que é TENA Protects?
É un programa de actuación que promove a sustentabilidade a través de tres liñas de innovación e desenvolvemento: Innovamos para mellorar o benestar das persoas. Investigamos para atopar novos modos de aumentar a calidade de vida mellorando asemade a pegada ambiental dos nosos produtos.
Innovamos para facer máis con menos. Para logralo, buscamos utilizar materiais de primeira calidade, introducir deseños máis intelixentes e producir utilizando enerxía 100% renovable en todas as nosas plantas de produción en Europa.
Innovamos para crear unha sociedade circular. Traballamos en produtos e servizos para unha sociedade na que reciclar e reutilizar é cada vez máis importante. Por iso, a idea é desenvolver envases 100% reciclables e utilizar materiais que poidan ser parcial ou totalmente reutilizables.
A priori poden parecer obxectivos ambiciosos, pero como dixo o poeta Antonio Machado, “faise camiño ao andar” e, paso a paso, queremos deixar unha pegada máis positiva no planeta.