EROSKI_JUNIO_2021_GALLEGO

Page 40

este mes

Saca a rolla, degusta e viaxa Poñemos na túa copa todas as terras, as cepas, as terras, os eidos e os vales, o mar e os ríos. Máis de 700 caldos para que percorras o país do viño desde a túa casa. A orixe está en cada botella, o destino elíxelo ti. Nós achegámoste esta pequena cata de viños exclusivos de EROSKI coa que comezar un percorrido polas zonas vinícolas máis coñecidas.

DO RÍAS BAIXAS AIXAS Perfecto para acompañar peixes e mariscos, o sabor do viño Rías Baixas mergúllanos nun refrescante baño no mar. Anae Branco Elaborado con uva Albariña de Galicia. Aromático, afroitado e con matices florais. O mellor compañeiro de mariscos, moluscos, peixes e sushi. Servir entre 10-12 ºC.

DOC RIOJA Dicir Rioxa é falar de recoñecemento e prestixio, dunha cultura que respecta a tradición por riba de todass as cousas. Arnalte Branco Brillante, de cor verde cristalina. Destaca polo seu aroma suave e afroitado, que e lembra a variedade de uva Macabea, da que se obtén. Ideal para acompañar aperitivos, tapas, arroces, ensaladas, carnes brancas, peixes e mariscos. Servir entre 6-8 ºC.

Arnalte Rosado Viño novo cunha sutil cor rosa guinda. Destaca polo seu aroma suave. Ideal con aperitivos, tapas, para gozar con verduras, churrasco, ensaladas, carnes brancas, pasta e embutido. Servir entre 6-8 ºC. Arnalte Tinto Novo Elaborado con uvas da variedade Araúxo. Destaca pola súa cor vermella cereixa e aromas de froita vermella. Con certa carnosidade en boca e un final lixeiramente cálido. Marida con carnes vermellas ou o de caza, asados, aves, carnes brancas, embutidos, queixos curados ou queixos azuis. Servir entre 14-15 ºC.

40

40-41_Vinos_V7GAL.indd 42

19/5/21 15:44


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.