4 minute read
Viaxes
ANDALUCÍA
Aforra e goza de Andalucía, un auténtico paraíso para as túas viaxes, no que as temperaturas benignas se alían coa maxia das súas vilas e unha espléndida oferta hoteleira. Repartida entre dous amores, o apracible e livián mar Mediterráneo e o agresivo e emocionante océano Atlántico, a costa andaluza bríndache a posibilidade de te perderes nos seus vermellos seráns e nas súas augas rachadas polo vento de Levante.
COSTA DO SOL, Marbella
A Costa do Sol, pioneira e orixe do turismo andaluz, espállase dende o extremo oriental da provincia de Málaga ata Sotogrande (San Roque), nas costas gaditanas. Nela sitúanse municipios como Torremolinos ou Marbella, que foron a avanzada do turismo en Andalucía. A súa situación mediterránea, a proximidade co norte de África e Serra Nevada, coas maiores alturas da Península, protexen este litoral dos fríos ventos do norte. Trátase dun microclima subtropical, con 320 días de sol ao ano e unha temperatura media de arredor dos 20 °C. Cantís, calas e extensas praias confi guran a paisaxe desta cobizada costa.
Porto Banús
1
Serra Nevada
COSTA TROPICAL
Nas súas vilas atopamos pegadas de antigas civilizacións e un rico patrimonio monumental, sinal da importancia histórica desta zona. Á beira do mar sitúanse as cidades máis modernas e orientadas ao goce do clima e as praias, con complexos turísticos que converten a Costa de Almería no lugar ideal para viaxar.
Parque Natural Cabo de Gata-Níjar
Parque Nacional de Doñana
COSTA DA LUZ, Huelva
Dende a foz do río Guadiana á do río Guadalquivir atopamos unha serie de amplas praias de branca area, onde se unen e combinan a auga, as dunas e os piñeirais. Ofrécenlle ao visitante dende un animado ambiente en áreas totalmente equipadas ata lugares salvaxes e solitarios. iiratopam
Tarifa
COSTA DA LUZ, Cádiz
A súa situación e o seu magnífi co clima fi xeron que esta zona fose cobizada dende hai milenios por tartesos, fenicios, gregos, romanos, visigodos ou árabes. Moitos son os atractivos que se suceden nos 200 quilómetros da area máis fi na e dourada da Península.
Reembolso
5%
á túa tarxeta EROSKI club (1)
En Viaxes EROSKI reserva de xeito seguro e fl exible
(1) Para reservas con destino Andalucía efectuadas ata o 30 de setembro do 2022 e para estadías ata o 31 de decembro do 2022. Agás taxas e cotas de xestión.
DAR ESPERANZA ante a incerteza
As dúbidas e a inseguridade fan que sexa máis duro convivir cunha doenza e as súas consecuencias. No caso das enfermidades raras (ER) é especialmente complicado por mor do descoñecemento, as difi cultades de acceso a profesionais especializados, ou mesmo a falta de diagnóstico.
Aínda que se considera que as enfermidades raras (ER) afectan a unha de cada 2.000 persoas, son moitos os que conviven con estas doenzas en todo o mundo, dende os propios pacientes aos seus familiares.
Só en España calcúlase que máis de tres millóns de persoas de todas as idades sofren algunha enfermidade rara. Este colectivo é especialmente vulnerable polas necesidades específi cas que leva consigo convivir con patoloxías xenéticas, crónicas, multisistémicas e dexenerativas, xa que o descoñecemento que rodea a estas doenzas difi culta o acceso á información necesaria e á localización de profesionais ou centros especializados. Ademais, a crise da COVID-19 empeorou esta situación, ao descoñecer as implicacións do virus coa enfermidade e ao ver afectada a súa atención.
A través da Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER) e da Asociación de Fibrose Quística de Euskadi (ARNASA), este mes propoñémosche axudar as persoas con enfermidades raras e as súas familias reforzando a atención directa e terapéutica.
Grazas polo teu “si” ao pasares por caixa.