10 minute read

Cafés e infusións

Next Article
Viaxes

Viaxes

Toma a vida

A SORBOS

Dende o espresso para o teu descanso expreso, ata o rooibos para o teu intre de relax. Café moído ou en gran. Té Oolong, Pu-erh, árabe ou matcha. Unha chea de cafés, tés e infusións para encheres a túa cunca de momentos. Porque a vida sabe mellor se a tomas a sorbos.

Cafés

FORTALEZA FO ORTALEZA

ESPERTAR

Un café ideal e intenso para gozalo con leite. 100% arábica.

CAFÉ EN GRAN E MOÍDO

En EROSKI atoparás unha variedade á medida de cada gusto e padal ao mellor prezo. Poderás optar por mercar o produto en gran ou moído.

EROSKI E ERO

CA AC

En E var a a gus o. o. Pod pro p

INTENSSISIMO

Café de torrado intenso, con notas que evocan ao cacao amargo. 100% arábica.

DESCAFEINADO FORTE

Os amantes do café intenso gozarán do seu auténtico sabor a café arábica.

Todas as cápsulas son compatibles co sistema Nespresso.

EXCELLENCE

Exquisito blend de cafés de acidez remarcada e fi no aroma. 100% arábica.

STARBUCKS®

BLONDE ESPRESSO

Café de torrado suave, lixeiro e delicado, de notas doces e vibrantes. NESCAFÉ® DOLCE GUSTO®

CAFÉ CON LEITE

Café de corpo xeneroso, con aromas torrados, coroado por unha cremosa capa de leite.

RISTRETTO ARDENZA

De sabor duradeiro, moi intenso, con potentes aromas torrados de froitos secos e cereais.

ESPRESSO INTENSO

Café expreso de gran corpo, cuberto dunha xenerosa capa de crema, con notas picantes e afroitadas.

ESPRESSO ROAST ESPRESSO SO ROA O ST

Café de torrado Caf Ca éd é etorrado addo oC f C t d intenso con corpo, sabor equilibrado e notas de froitos secos e cacao.

PIKE PLACE PIKE PLAC ACE

Café de torrado medio Caf Ca é d é de t e orrado a me m dioédeto d e equilibrado con notas sutís a cacao e froitos secos torrados.

DESCAFEINADO S DES D ESPRESSO ROAST P ESP

Café de torrado intenso Ca n con corpo e carácter, con corpo p e car c ácter, con tons acaramelados con tons acaramelados e doces. e doces.

Infusións

PLAYADITO

HERBA MATE

Do campo arxentino entino n ao teu mate xenuíno. Fonte natural de enerxía, er rxía, antioxidante, dixestiva e diurética. rética.

TETLEY TETLEY

ORIXINAL

Esta mestura clásica combina tés aromáticos de todo o mundo, creando un té sabedor e refrescante, para pódelo gozar ao longo de todo o día.

TWININGS

TÉ ENGLISH BREAKFAST e TÉ EARL GREY

O auténtico té británico, con máis de 300 anos de tradición. PG TIPS

TÉ NEGRO ORIXINAL

Popular mestura británica, que produce un sabor audaz e refrescante.

EROSKI

Desde as infusións máis tradicionais ata as BIO, para quen ten interese non só no produto senón tamén no seu modo de produción. Goza delas ao mellor prezo.

Dende a área de BCC Culinary Club impúlsase e foméntase a cultura gastronómica na sociedade a través de actividades formativas dirixidas a entusiastas que promovan a concienciación e o interese pola gastronomía.

Receitas deseñadas por BCC Culinary Club

OUTONO

Menú de tempada

Achegamos á túa mesa todo o sabor e as cores desta estación nun menú elaborado por BCC Culinary Club.

‘Carpaccio’ de caqui con queixo ‘mozzarella’

30’ | Moi doado | 4 porcións

• 3 caquis • 200 g de queixo mozzarella • 35 g de noces peladas • 30 ml de AOVE • Sal en escamas • 50 g de eiruga

NUTRI-SCORE

A B B C D E

Lavar o caqui e cortalo en láminas fi nas. Reservar.

Cortar a mozzarella en láminas fi nas. Reservar.

Picar as noces e torralas nunha tixola quente durante 1-2 minutos, sen as queimar. Deixar arrefriar.

Empratar alternando unha lámina de caqui con outra lámina de mozzarella. Colocar por riba as noces torradas e a eiruga. Engadir un chorriño de AOVE e sal en escamas. Tomar varias porcións de froita ao día axúdanos a levar unha dieta saudable. Aquí propoñemos unha receita para comezar o menú con froita de tempada por diante.

Entrecosto de becerro mariñado con cogomelos

1 h + 4 h | Doado | 4 porcións

• 700 g de entrecosto de becerro • 50 ml de mostaza de Dijon • 200 ml de AOVE • 100 ml de zume de limón • 150 ml de salsa de soia • Sal e pementa

Para a gornición de cogomelos:

• 400 g de cogomelos de tempada • 1 dente de allo • 30 ml de AOVE • Sal e pementa

Para a gornición de verdura:

• 120 g de cenorias mini • 6 allos tenros • 6 cebolas mini • 15 g de manteiga

NUTRI-SCORE

A B B C D E

Nunha cunca mesturar a mostaza de DIjon, a salsa de soia, o AOVE, o zume de limón, o sal e a pementa. Remexer ata acadar unha mestura homoxénea.

Introducir os entrecostos na cunca e mesturar ben ata que quede todo cuberto.

Cubrir a cunca con fi lme e deixar mariñar polo menos 4 horas na neveira. Pasado este tempo, sacar da neveira e deixar atemperar durante 30 minutos.

Engraxar unha tixola quente e cociñar os entrecostos 1-2 minutos por cada lado. Sacar a un prato e deixar repousar durante 1 minuto.

Para preparar os cogomelos, cortar os máis grandes pola metade.

Nunha tixola quente saltear os cogomelos co allo picado, un pouco de aceite, sal e pementa ata acadar unha cor dourada. Cociñar os cogomelos a unha temperatura alta durante pouco tempo para non perder volume. Sacar a un prato.

Para a gornición, lavar e pelar as cebolas mini e cortar un pouco da parte verde.

Quitar a parte verde dos allos tenros e partir en dous.

Saltear as verduras cun pouco de manteiga ata que estean glasadas.

Servir nun prato plano. Colocar o entrecosto sobre as verduras e ao seu carón a gornición de cogomelos salteados.

O mariñado é un bo xeito de lles dar diferentes sabores ás carnes e de acadar unha textura algo máis tenra e substanciosa.

Tiramisú de pomelo

1h | Doado | 10 porcións

• 2 pomelos • 350 g de queixo mascarpone • 150 g de azucre branco • 2 ovos • 10 biscoitos de soleta

NUTRI-SCORE

A B C C D E

Pelar os pomelos, estonalos e cortar en dous cada cuarto. Reservar. Extraer o zume de medio pomelo e reservar.

Nunha cunca, co batedor de varas, branquexar as xemas de ovo con 75 g de azucre.

Así que as xemas estean branquexadas, engadir o mascarpone, aos poucos, e seguir a bater ata acadar unha crema homoxénea.

Noutra cunca, montar as claras de ovo ata conseguir picos fi rmes.

Incorporar as claras de ovo montadas á crema de mascarpone

Unha proposta orixinal para consumir pomelo no seu mellor momento. Neste tiramisú compénsase o amargor da froita cun xarope doce e o queixo mascarpone.

con movementos envolventes. Meter nunha manga pasteleira e reservar na neveira ata o seu uso.

Nun cazo, botar o zume de pomelo, 5 ml de auga e 75 g de azucre. Ferver ata que o azucre se disolva e obteñamos un xarope. Deixar arrefriar.

Colocar en cada vaso unha base de biscoito de soleta, bañar co xarope de pomelo, engadir a crema de mascarpone e os cuartos de pomelo. Repetir 2-3 veces ata encher o vaso por completo.

Decorar con cachos de pomelo e unhas follas de menta.

Comentario dietético

Un menú con produtos de tempada outonal, que comeza con caquis, nos que destaca o contido de betacarotenos, que o corpo pode converter en vitamina A. O prato principal, acompañado de cogomelos e verdura, é entrecosto de becerro, que se considera semigraxo e que se recomenda consumir con moderación, ao achegar entre un 8-9% de graxas (a metade delas saturadas) e arredor dun 20% de proteínas de alta calidade. Para rematar e celebrar a chegada do outono e dos cítricos, un pouco de doce a base de pomelo. Polo seu contido alto en graxas e azucres debería ser unha sobremesa ocasional.

This article is from: