mero 3
017 | NĂş
Revista
Mon
2 igo | Ano tes de V
editorial
Revista Montes de Vigo | Ano 2017 | Número 3
Nun prazo arredor de 4 anos, o auxe do sendeirismo xa vai ser descomunal. Para ese momento en Montes de Vigo estaremos preparados. Levamos anos, dende que se trazaron as liñas estratéxicas do Proxecto Natureza Viva, NAVI, traballando en responder ás expectativas que teñen os cidadáns de Vigo e os propios comuneiros cos montes: todos esperamos unha función de expansión a través do uso social e deportivo dun monte que á vez sexa sustentable. Isto non se consegue fácil, para facer dos montes espazos viabeis necesítase unha complexa xestión económica, natural e ambiental que implica unha enorme responsabilidade para todos nós, os comuneiros. Cando fai uns 25 anos empezou a recuperarse o réxime de xestión comunitaria dunha gran parte dos territorios forestais do concello, comezou tamén un longo proceso de recuperación do ecosistema autóctono. Co tempo fóronse vendo os beneficios, ata o punto que común soa con insistencia como unha maneira en que os individuos, de forma solidaria, deciden sobre os seus recursos. Non hai mellor forma de previr incendios e de dar vida ao monte que cando este é habitado e as decisións asúmense de xeito colectivo en beneficio de todos. Estamos no camiño cara a un proxecto de futuro para Montes de Vigo con cada quilómetro de sendeiro avanzado, con cada conciencia gañada, con cada sendeirista que atopa nestes territorios unha forma de esparexemento san e sénteo como algo que hai que defender. O ano 2016 pode considerarse como o ano en que o proxecto Montes de Vigo tomou forma e o presente xa fai albiscar panoramas de longo prazo. Este ano alcanzáronse case 120 quilómetros de sendeiros perfectamente acondicionados e sinalizados en colaboración co Concello de Vigo para o goce da veciñanza de Vigo e do turista que, vindo doutras terras, pode coñecer o gran potencial e atractivo da cidade. Neste número compartimos un amplo traballo, para mellorar o coñecemento a fondo do que ofrecen cada unha das trece comunidades. E por outra banda, nunha ampla reportaxe afondamos nos resultados das xornadas creadas para reflexionar sobre o uso seguro para todos do monte evitando os seus riscos. Cremos que esta conciencia xa vai sendo clara na mentalidade do vigués e estamos orgullosos diso. Como o ritmo lento dos bosques, avanzamos orgánica e consistentemente.
sumario
Hoxe xa se comprendeu que o monte non é un lugar sen límites, co contacto organizado e sistemático todos imos comprendendo que é posible un tránsito pensado para o goce e satisfacción de usuarios e comuneiros.
4
Temas en común Xornadas sobre compatibilidade do uso social e forestal nos montes veciñais
10
A nosa xente Gregorio Ezequiel Álvarez
12
Os nosos montes Os montes veciñais en Vigo O retorno do carballo
45
Mellora do Monte Os nosos sendeiros suman xa 120 km Convenio para o fomento do emprego co Concello de Vigo
48
Outros usos do monte O deporte encontra o seu espazo na natureza
DIRECTOR | Daniel Rodríguez Cebreiro CONSELLO EDITORIAL | Uxío González Pérez, Enrique Novoa Fernández e Daniel Rodríguez Cebreiro FOTOGRAFÍAS | Rocío Amoedo Fernández, Carme Boente Cima, Guillermo Rodríguez Lijó, Indalecio Bastos Fernández, José Rey Gómez e Concello de Vigo EDITA | Mancomunidade de Montes de Vigo IMPRIME | Gráficas Garabal DEPÓSITO LEGAL | VG 224-2015 Na portada: Parque forestal de Beade, foto de Rocío Amoedo Fernández
[ marzo 2015 ] nº 01 // Montes de Vigo
3
TEMAS EN COMÚN
Un ecosistema natural que agocha perigos Un monte é un entorno natural en equilibro no que se poden atopar multitude de perigos que poden facer perigosa a práctica deportiva. Foto Pixabay.
Xornadas sobre compatibilidade do uso social e forestal nos montes veciñais Daniel Rodríguez Cebreiro
Facer da montaña un espazo seguro para todos e en todos os sentidos é obxectivo largamente perseguido polas xuntas reitoras dos montes veciñais de Vigo que levan tempo reclamando un marco que permita a compatibilidade entre o uso forestal e social. É unha sorte contar con monte na cidade na que se habita. Tamén é unha sorte contar co mar. Vigo é unha cidade privilexiada, ten mar e ten monte. Un privilexio que demanda unha xestión responsable por parte de todos os que o gozan. Cando a natureza foi tan xenerosa, cando a historia da cidade brindou tantas posibilidades de vida aos seus habitantes faise necesaria unha actitude consciente ante o territorio. Os Montes de Vigo tamén son privilexiados: están habitados. Comparativamente con outros montes, unha poboación de gran densidade da vida aos seus 4
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
espazos e permite que se vele por eles, polo seu mantemento e sostenibilidade. Faise necesario recordar que cando arden os montes en toda Galicia, adóitase argumentar que o seu abandono, a falta de roza, a perda do equilibrio na súa flora e fauna, a súa soidade, en definitiva, a perda de atención, está na raíz dos desastres que acaban con eles. En Vigo as trece comunidades de montes que os poboan reúnense seguindo a súa propia dinámica cada unha e, todas en conxunto, a través da Mancomunidade de Montes de Vigo, para xestionar de forma responsable o espazo verde no que habitan. Os obxectivos son múltiples pero destacaremos dous nesta ocasión: facer posible o mantemento de máis de 1500 ha de territorio natural e conseguir que dentro dunha orde, os bosques e os montes sexan espazos de hospitalidade para os veciños de Vigo. Existe unha relación de mutua observación entre os veciños dos montes e os do centro urbano. A percepción do natural como cousa pública e de todos
TEMAS EN COMÚN
evita comprender unha realidade: os montes de Vigo existen en réxime de propiedade en man común e isto outórgalles dereitos e deberes na xestión dos montes. Esta situación está regulada na Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia, que define os montes veciñais en man común como monte xermánico de natureza privada e colectiva. (Revista Montes de Vigo, Nº 1, páx. 10 “A compatibilidade entre usos nos Montes de Vigo. Normativa que lles afecta”). O monte é propiedade colectiva daqueles que teñen “casa con fumes”. E como a súa casa que é, velan e responden por el. Para ninguén é un segredo que son variados os riscos que pode haber no monte. Situacións tan simples como perderse, os posibles contratempos durante a estancia recreativa ou deportiva e mesmo o risco xerado pola realización das actividades forestais para a subsistencia do hábitat, obrigan a regular un uso organizado en base á normativa existente. A situación que se presentou en setembro do ano 2014, cando un ciclista que circulaba polos montes quedou gravemente ferido, fixo potenciar en maior medida o desenvolvemento de medidas que supoñan unha minoración do risco nos montes do concello de Vigo. Con anterioridade a ese feito, os montes de Vigo xa iniciaran a preparación de carreiros preparados para o tránsito seguro de paseantes a pé ou en bicicleta. Son preto de 120 quilómetros de sendeiros habilitados na actualidade ao longo de todo o concello de Vigo, coidadosamente sinalizados co obxectivo de permitir aos usuarios coñecer o lugar no que se atopan, os seus camiños, sitios de interese e risco. Isto non só con fins turísticos, senón tamén para prestar unha coidadosa atención ás características do terreo e permitir un tránsito seguro polo entorno no que se atopan.
As xornadas sobre a compatibilidade dos usos social e forestal nos montes veciñais
O uso social do monte, que ano tras ano se incrementa, fai necesario establecer unhas bases de consenso para que poida ser posible compatibilizar o uso deportivo e social cun uso forestal non exento de risco para que, entre a Administración, os propietarios e os posibles usuarios, se poida crear un ambiente de colaboración que permita esa compatibilidade de usos e se minimice o risco de accidentes nunha contorna variable como é a do noso monte. Co desexo de abrir canles de comunicación entre as partes interesadas, a Asociación Forestal de Galicia, a Mancomunidade de Montes de Vigo e a Confederación de Organizacións de Silvicultores de España
N
on sería bo prohibir o uso social dos
montes veciñais, senón regulado de forma clara e sinxela para definir os dereitos e obrigas dos usuarios
(COSE), organizaron dúas mesas de traballo o día 10 de xuño de 2016 e unha xornada de debate das conclusións das mesas sobre a compatibilidade dos usos social e forestal nos montes veciñais, que se celebrou o 11 de xuño de 2016 en Valadares (Vigo). Na mesa de traballo “O uso social do monte e a lexislación que o afecta”, moderada por Jesús Represas Represas, representante da Agrupación de Montes Veciñais Condado Louriña, participaron Calixto Escariz Vázquez (avogado), José Luis de la Fuente Martín (sarxento do Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil), Emilio Herrera (axente da Policía Local de Vigo), Juan José Vázquez Porto (xefe do equipo de Incendios da Unidade do Corpo Nacional da Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia), Amalia Pazos Pintos (xefa do Servizo de Montes de Pontevedra) e Xosé
Natureza en constante cambio A metereoloxía pode ser unha fonte adicional de perigos no monte. O efecto da auga e o vento ou a presenza de xeo son factores imprevisibles e difíciles de controlar. Foto Gerardo
[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
5
TEMAS EN COMÚN
A xornada Coa celebración de dúas mesas de traballo previa, procurouse aportar na mesa a visión de tódolos actores implicados no uso do monte dende unha perspectiva social
Alfredo Pereira Martínez (presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes). Na mesa de traballo “Uso social do monte: respectando a propiedade”, moderada por José Luis Campos Represas, representante da Asociación de Coutadas de Xinzo (Ponteareas), participaron Beatriz Figueroa Pérez (avogada), Daniel Benavides Alonso (xefe do Servizo de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en Pontevedra), Isidoro Hornillos Baz (presidente da Federación Galega de Atletismo), Guillermo Sande Covelo (director técnico e deportivo da Federación Galega de Ciclismo), Francisco Manuel Martínez García (presidente da Federación Galega de Espeleoloxía), Adolfo Puch Domínguez (presidente da Federación Galega de Montañismo) e Uxío González Pérez (presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo). A xornada tivo lugar no Centro Veciñal e Cultural de Valadares e foi inaugurada polo director xeral de Produción e Ordenación Forestal, Tomás FernándezCouto Juanas, quen participou tamén como relator xunto co avogado Calixto Escariz Vázquez, o sarxento
do SEPRONA José Luis de la Fuente Martín, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz Nieto e o vogal do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, Xosé Carlos Morgade Martínez. A sesión foi clausurada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero Álvarez. Esta iniciativa contou co patrocinio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, o Concello de Vigo, a Mancomunidade de Montes de Vigo e a Asociación Forestal de Galicia. Tanto nas mesas redondas como posteriormente, na xornada, concluíuse que non sería bo prohibir o uso social dos montes veciñais, senón regulalo de forma clara e sinxela, de maneira que non se cause prexuízo ao monte e aos seus lexítimos propietarios e que a Administración contribúa a soportar a carga económica que supón este uso social.
As diferentes vertentes dentro da xestión do monte veciñal
O avogado Calixto Escariz Vázquez, quen analizou a situación legal en canto aos usos do monte veciñal, destacou a importancia de entender a propiedade colectiva dos montes como unha figura xurídica contemplada na lexislación. Os usos do monte evolucionaron co tempo e aínda que na actualidade non se vive do monte, as comunidades cumpren funcións importantes. Segundo Escariz hai dúas vertente de uso. Por unha banda, a vertente social: “Non cabe dúbida que é un éxito que haxa unha demanda crecente para gozar do monte, iso é moi positivo. Pero é necesario ordenalo, sen causar danos nin aos montes e nin a eles mesmos porque faise necesario recordar que no monte hai infinidade de situacións que poden significar riscos para os usuarios”. Doutra banda, hai unha vertente económica: “Hai que buscar a sustentabilidade económica do monte asegurándose que o monte non quede abandonado por falta de capacidade de sosterse a si mesmo. A explotación forestal e social dos bosques contribúe de forma harmónica a súa sustentabilidade”.
A colaboración das forzas de seguridade para a redución do risco.
Os funcionarios do SEPRONA son á súa vez os responsables do cumprimento da normativa existente sobre o uso dos montes. Ás xornadas asistiu José Luis de la Fuente Martín, Sarxento de Protección da Natureza da Garda Civil. “O noso recurso é a lei. A lexislación recolle o que está prohibido ou autorizado e, en caso do seu incumprimento, a lexislación permítenos actuar. Resulta distinto cando se chama a atención a alguén
6
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
TEMAS EN COMÚN
N
o monte cabemos todos sempre
que se dea a comunicación e consenso necesario entre usuarios, propietarios e Administración simplemente porque vai por un sitio pechado, trátese de vehí- culos non autorizados, andando ou en bicicleta. Nós recollemos os dereitos do titular do monte e actuamos segundo a lei”. O sarxento explicou as autoridades perseguen distintos obxectivos cando se trata do control do monte: “Regular o acceso a esas pistas ou, vixiar a existencia de trampas ou outras accións con intención maliciosa poden ser algún deses obxectivos. Débese ter en conta que, por exemplo, poden existir nos montes tendidos para regular o paso de gando, caso moi diferente de cando ese tendido se fai con outra intención xa que, nese caso, a súa instalación ten outra interpretación”
Descoñecemento da propiedade forestal e das pistas e camiños forestais
A sociedade urbana galega ten un gran descoñecemento, non só do monte galego, senón dos seus lexítimos propietarios. Descoñécese que case a totalidade do monte en Galicia (un 97,8%) é privado e, como propiedade privada, non é posible o seu uso e goce sen o permiso dos seus donos. Derivado do anterior, a circulación e paso polos montes galegos non é libre e nese sentido, as administracións públicas deberían identificar a titularidade dos camiños e pistas para que os usuarios puideran diferenciar os camiños públicos dos privados.
A seguridade na práctica deportiva que se realiza no monte
Hai que darlle prioridade á seguridade durante a práctica deportiva no monte mediante un labor pedagóxico que deben desenvolver, entre outras entidades, as federacións. Unha boa canle para levar a cabo esa labor de formación podería ser a través das redes sociais xa que, ademais de realizar un labor de concienciación e formación xeneralista, podería servir para incidir en problemas concretos de determinadas prácticas ou restricións en áreas concretas (áreas de protección).
Xosé Carlos Morgade
O monte é democrático Entender o sentido da propiedade comunal é fundamental para comprender a xestión dos riscos do seu uso. Así o entende Xosé Carlos Morgade, Vogal do Xurado provincial de montes veciñais da provincia de Pontevedra. O sentido desta forma de compartir o uso dos montes ten a súa orixe no século XIX, cando era moi difícil traballalo senón era en colaboración. Dise que é democrático, aínda que non todos o aproveitaban de igual xeito, senón en función da necesidade de cada quén. Todos os produtos destas terras corresponden aos comuneiros, dende a madeira ata os cogumelos. Como contraprestación á sociedade, os montes cumpren funcións económicas, sociais e ecolóxicas: “os montes dan moitos servizos e pódense utilizar sen danalos”, afirma. Pero isto no acontece sempre e, por exemplo, o uso de vehículos de tracción nos montes ou o depósito de lixo supoñen unha importante molestia de cara a xestión do monte veciñal, representando un custo moi elevado a recuperación de esas infraestruturas danadas ou a retirada do lixo depositado.
Vogal do Xurado pronvicial de montes veciñais da provincia de Pontevedra, leva anos implicado na defensa da propiedade veciñal en Galicia
Tipos de seguros que cobren a práctica deportiva no monte
Unha das liñas de traballo abertas é a de explorar formas de contratación de seguros que protexan tanto aos comuneiros como aos usuarios. Esta situación non adoita ser un problema cando se trata de eventos e grupos grandes organizados, con todo si o é con grupos ou persoas illadas que asumen riscos sen esta protección. De aí a necesidade de estudar coas aseguradoras novos produtos específicos para [ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
7
TEMAS EN COMÚN
as necesidades do uso dos montes e evitar así as graves consecuencias dos custos humanos e económicos que o mal uso do monte pode carrexar tanto a usuarios como a comuneiros. En relación a isto, nas xornadas concluíse que sería conveniente que existisen pólizas de seguros que non fosen individuais senón para unha determinada zona ou, incluso, a escala municipal ou provincial. Con ese obxectivo, sería adecuado abrir unha liña de colaboración para analizar a creación destes produtos coas empresas de seguro máis especializadas neste tipo de pólizas. A gran maioría de participantes nas mesas de traballos consideraron esa posibilidade como moi interesante e que podería significar unha garantía para a propiedade en relación coa redución significativa do risco que na actualidade asume.
Futuro do uso deportivo do monte Un entorno natural ameazado polo risco dun uso inadecuado Un uso pouco sensible dun entorno natural como é o monte pode provocar danos cuantiosos dende o punto de vista ambiental e económico.
8
É necesario formar ao usuario do monte mediante un decálogo de cómo usar o monte co obxectivo de que se eliminen as friccións que se dan na actualidade. Esta formación debería apoiarse na lexislación vixente respecto dos vehículos a motor, de forma que o usuario poida coñecer os seus dereitos e obrigas podendo, ademais, evitar que sexa necesario inundar o monte de carteis co efecto visual negativo que iso supón. Para o uso non motorizado é necesario desenvolver unha lexislación clarificadora que facilite, tanto á
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
comunidade propietaria como ás forzas da orde (Garda Civil, Policía Autonómica e Policía Local) discernir as actividades legais das ilegais. Para esta xornada de traballo elaborouse un documento, titulado “Normativa e uso social do monte veciñal en Galicia”, onde se pretendeu recoller toda a lexislación establecida ao respecto. Deben crearse novos produtos de seguros que permitan reducir o risco que, na actualidade, asumen os propietarios ao permitir a práctica deportiva no seu monte. Todas as entidades que participaron na mesa están concienciadas de que a compatibilidade de usos pasa por ter un escenario libre de riscos que poidan resultar inasumibles polas partes, polo que creen conveniente facer un esforzo adicional para que eses produtos aparezan e se consoliden. A necesidade de que a Administración se involucre resulta evidente, polo que debe colaborar coas federacións e os representantes dos propietarios para que se creen as condicións necesarias para unha práctica segura do deporte no monte. Faise necesario regular e non prohibir. No monte cabemos todos sempre que se dea a comunicación e consenso necesario entre usuarios, propietarios e Administración para o mantemento das características que dotan de especial atractivo a este tipo de espazos.” •
TEMAS EN COMÚN
TEMAS EN COMÚN
Resumo das conclusión das mesas de traballo ææ É necesario educar á cidadanía sobre que son os montes veciñais e como se xestionan. É necesario que a Administración realice ou axude a realizar campañas de concienciación entre a poboación en xeral. ææ Sinalizar o monte veciñal (entradas principais) pode contribuír a un mellor uso, pero non é a solución. Non se pode encher o monte de carteis. É máis importante realizar campañas de concienciación. ææ Debe redactarse un código de boas prácticas de uso social ou un decálogo de boas prácticas deportivas e procurar a súa máxima difusión, especialmente nos montes periurbanos. Un lugar estratéxico de distribución son os comercios que venden artigos deportivos (por exemplo bicicletas). ææ Non prohibir o uso social, senón regulalo. ææ O uso social non debe prexudicar economicamente á comunidade nin medioambientalmente ao monte. ææ Debe realizarse un estudo de produtos de seguro (individual ou colectivo) e as súas posibilidades de aplicación. Este labor ten que realizarse en consenso entre comunidades propietarias, federacións deportivas e Administración (autonómica, local). Estudar o financiamento dos seguros segundo distintos niveis territoriais (Galicia, provincia, comarca, concello, monte ou agrupación de montes…). ææ Sería conveniente, se é posible, fixar un calendario de actividades de uso social nos montes veciñais e que tivera coñecemento del a Administración. ææ As comunidades deben acordar internamente que zonas se poden habilitar para a práctica segura das actividades deportivas ou de uso social. Estas zonas deben contemplarse no proxecto de ordenación e estar reguladas. ææ A construción de infraestruturas para prácticas deportivas e o seu uso debe ampararse en convenios entre as comunidades propietarias, concellos e federacións deportivas. ææ Debe estudarse a necesidade de nova lexislación que regule o acceso non motorizado aos montes, especialmente aos montes veciñais en man común.
Xornadas pola Compatibilidade dos usos social e forestal nos montes veciñais A elevada participación de comuneiros e usuarios dos montes veciñais aportou unha variedade de puntos de vista que enriqueceu os resultados obtidos ao longo das dúas xornadas de debate e posta en común de ideas.
Conclusións da xornada aberta ao público ææ A demanda do uso social dos montes debe terse en conta como unha oportunidade, non un problema. O monte debemos facelo sostible ambiental, económica e socialmente. Ampliar oferta de rutas diversas, dando maior atractivo aos nosos montes. ææ A Administración pública debe soportar o custo que supón ás comunidades de montes o uso social e aberto do monte veciñal, e á súa vez, realizar unha campaña de información intensa, acerca da propiedade e dereitos de uso dos montes. ææ É preciso facer unha campaña de divulgación para concienciar á sociedade sobre o carácter privado dos montes veciñais. ææ É necesario compatibilizar o uso social e forestal dos montes veciñais, sobre todo nos espazos periurbanos. ææ Hai que buscar unha fórmula de financiamento ás CMVMC dun seguro de responsabilidade colectiva polo uso social do monte. ææ Non se pretende negar o uso social dos MVMC, senón de regulalo, concienciar aos usuarios de que están usando un espazo privado e compensar ás comunidades de montes polo uso social da súa propiedade.
[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
9
A NOSA XENTE
Presidente da C.M.V.M.C. de Valadares
Gregorio Ezequiel Álvarez É un comuneiro bastante romántico, embelasado coa natureza, coa vida nos montes e cunha traxectoria que non deixa lugar a dúbidas: vive para a súa misión.
Gregorio Ezequiel desenvolve unha intensa actividade asociativa Este enorme esforzo pola súa parte faino unha persoa de referencia para calquera momento veciñal que se dea en Valladares.
Eurídice Castillo Martínez Falamos con Gregorio Ezequiel Álvarez, presidente da C.M.V.M.C. de Valladares. Pedímoslle unha cita para a revista Montes de Vigo cando conduce o seu coche: ven dunha asemblea, logo vai ao campo de futbol de Valladares e rematará o día cantando na coral. A súa actividade é vertixinosa e non a entende doutra maneira. Só a ve como unha loita permanente polo medio no que vive: “a única maneira de non traballar é traballar no que che gusta e a min gústame o que fago”, asegura. A vida de comunidade ocupa bastante do seu tempo. Non lle parece? Oxalá todos o puideran gozar, é un luxo. Podería falarme dos inicios da Comunidade de Valladares. Dende cándo recorda os montes?. Naceu con eles? Os meus inicios na Comunidade de Valladares os recordo dende que, con 24 anos, fun elixido alcalde de barrio polos veciños de A Garrida. Alí formei parte da
10
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
Xunta Parroquial, de onde naceu a comunidade de montes. Non nacín en eles porque son do barrio de Coia, dende onde divisábamos a Capela do Alba. Cada ano viñamos camiñando o 15 de agosto á Romaría do Alba. Cómo mudou todo despois de creada a Comunidade? O monte non pode ser para negocio senón para o goce das persoas. A creación da Comunidade fixo posible que a xestión dos montes fora controlada polos veciños e todo o beneficio que o monte reportara acabase repercutindo na veciñanza de Valladares. Defender á parroquia é o mesmo que defender Vigo. E a Mancomunidade de Montes de Vigo que aportou nese proceso? A nosa meta é o futuro dos nosos fillos e netos. Por iso cremos na defensa do monte, sempre miramos por el. Queremos esquecernos do eucalipto e a acacia e volver ás nosas orixes: cerdeiras, carballos, castiñeiros e piñeiros que son os propios do noso ecosistema. Estamos traballando máis fortes aínda entre todas as comunidades por ese proxecto común. E cómo se consigue ese obxectivo? O monte non é sustentable en termos económicos por si mesmo. As administracións deben saber e saben que investir nos montes é investir en saúde. O osíxeno que os nosos montes emiten fai posible a vida nas cidades, é como unha vacina contra a contaminación. E cobra vixencia agora que vemos esas grandes urbes onde se fai difícil a vida en medio desa nube escura. Cáles foron os principais logros da Comunidade? Centros culturais, equipamentos, fontes, sendeiros, asfaltados de algúns camiños, creación de postos de traballo, cursos, parques forestais, etc.
A NOSA XENTE
N
o seo da Comunidade de
Montes de Valladares queremos que o cidadán goce do monte, respetándoo E as principais metas?. Qué camiño queda por diante? A principal meta é a socialización do monte, onde poida convivir a natureza co ser humano. Respectando o medio pódese realizar todo tipo de deporte non agresivo, que non dane o medio ambiente. Un monte para todos, pero sabendo sempre quen son os seus donos. Algunha persoa foi histórica no recorrido da C.M.V.M.C. de Valladares? Valladares é un pobo loitador, non máis que ninguén, pero non menos que ningún. Personalizar é difícil porque sempre quedará alguén atrás. Mulleres e homes estiveron tirando sempre do carro veciñal. Houbo e hai líderes, pero un carreteiro, por moi bo que sexa, se non ten bos bois, poucas pedras poderá acarrexar. Qué significa para vostede ser presidente da Comunidade?. Dende cando o é? É unha bonita obriga que me encomendaron tódolos veciños e veciñas desta parroquia, porque a terra non é nosa. Tomámola prestada dos nosos fillos e a les debemos, no seu momento, devolverlla en mellores condicións das que a recibimos. É autosostible a Comunidade?. Si se logrou, Cómo se fixo? Podería referir moitas, pero non cabe dúbida que a máis importante é a construción do novo centro veciñal, conseguido tras unhas expropiacións para a construción da autoestrada de Baiona. A Comunidade esixiu que, en vez de diñeiro, se lle fixera o edificio que xestiona o Centro Veciñal e Cultural de Valladares e o gozamos tódolos veciños da parroquia e bisbarra, así como tódalas entidades parroquiais. Cómo desexa que sexa a relación con Vigo cidade? Nós queremos que o habitante urbano goce plenamente dos beneficios do monte, respectándoo e coidándoo. Se alí hai unha silva non hai porqué cortala ou pateala, ela sabe por qué está alí: son a vivenda de moitos animaliños.
Temos entendido que unha das principais apostas tecnolóxicas nos Montes de Vigo é a da videovixilancia do territorio dende Valladares. Isto é así? A vixilancia faise a través dunha cámara instalada na torre de comunicacións do monte Cepudo, que controla e grava os incidentes producidos nun radio de 10km, emitindo unha sinal de alerta a unha central de alarmas segundo as imaxes que capta deses sucesos. Esta instalación está en convenio coa empresa Autronic. E abarca fundamentalmente os montes de Valladares? Non, abarca todos os montes e, con elo, garantimos que se poida detectar un incendio en segundos. Se a iso lle sumamos que os nosos montes están habitados, vixiados polos veciños e coidados a través de recursos propios e os fondos aportados polo Plan de Emprego, en convenio co Concello de Vigo, podemos entender por qué levamos anos sen un lume. O traballo é preventivo co resultado de que os nosos montes está moi coidados •
O canicross Esta modalidade deportiva na que o can e o ser humano participan formando equipo, gaña adeptos ano tras ano nos montes de Valladares, sobre todo debido a espectacularidade visual que ten a proba. Na imaxe Oscar Piñeiro Pérez.
[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
11
OS NOSOS MONTES
Monte Alba. Foto Susi Suárez.
Os Montes Veciñais en Vigo Equipo da Área do Uso Social do Monte No concello de Vigo atópase unha das mancomunidades de montes veciñais máis importantes do estado, conformada por 13 entidades e que abrangue aproximadamente o 17% da superficie do concello (1.636,8 ha). A partir do Plan Estratéxico, a Mancomunidade de montes de Vigo e as súas comunidades membro propuxéronse promover o uso sostible dos montes comunais a través dun programa de creación de emprego e aproveitamento racional dos recursos económicos, sociais e culturais dispoñibles. Xunto coa función principal de conservar o monte comunal nun entorno periurbano a través da xestión forestal, engadiuse unha función cada vez máis presente: “...os montes de Vigo 12
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
teñen que ofrecer á cidade unha crecente variedade de usos en consoancia coas novas demandas; pero os diversos usos han de resultar sempre harmonizables coa primacía da función ambiental e a oferta de espazos de lecer de calidade”. Para garantir a xestión sostible do monte é preciso integralos na trama urbana en dobre senso: por unha banda, achegamento das comunidades de montes á sociedade dado que unicamente coa corta de madeira non se dá financiado de xeito ordinario a función social do monte; por outra banda, asumindo a cidadanía máis responsabilidade en consonancia cos servizos demandados, tanto directamente (asumindo o custe ou participando no seu mantemento) como indirectamente (a través das administracións públicas, con promoción e asunción de custos).
OS NOSOS MONTES
O
coidado dos montes non é
só medio ambiente, é tamén contribuír a vida saudable das persoas ses e viguesas. Os recentes cambios normativos en relación co emprego do lume no monte fixo retroceder o atractivo ofertado para as familias nos meses de verán, que é cando máis se empregan. Estase a facer un gran esforzo para conseguir que á Administración forestal entenda que as condicións nas que se atopan os parques forestais en Vigo deberían permitir que fosen unha excepción no tocante a aplicación desa norma, dado os coidados que as comunidades realizan dos mesmos e que esa excepcionalidade está permitida na Lei de Montes de Galicia.
Outras vías de achegamento á sociedade
A transformación forestal dos Montes de Vigo
Consecuencia destas liñas estratéxicas, nos últimos anos as comunidades de montes teñen realizado en primeiro lugar un importante exercicio de transformación da realidade do monte herdada da ditadura, moi centrada nun modelo productivista centrado no monocultivo de piñeiro e eucalipto. Os maiores esforzos tiveron lugar na paulatina plantación e rexeneración de especies autóctonas (castiñeiros, carballos, cerdeiras, etc) e nunha importante acción de erradicación da acacia como especie invasora, así como na progresiva adquisición de monte privado que co paso do tempo está quedando en desuso.
Os parques forestais
No obxectivo común de tratar de achegar os montes á cidadanía, asumido por tódolos membros da Mancomunidade de Montes de Vigo, os parques forestais teñen un papel relevante. Estes, conveniados na súa meirande parte co Concello de Vigo, foron un primeiro paso cun relativo éxito na acollida dos vigue-
Nos últimos anos estanse a explorar novas vías de achegamento á sociedade entre as que destaca a actuación “Polo uso social do monte” que, ao longo dos últimos cinco anos, está implantando novas formas de aproximación ao monte que van dende a promoción da rede de sendeiros locais de Vigo, en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente de Vigo e con máis de 120 quilómetros de sendeiros xa trazados, ata accións de dinamización dos parques e espazos forestais para grupos ou centros escolares, ou actividades de educación ambiental (por exemplo, coas conferencias “Froitos do monte” ou visitas escolares titorizadas) coa promoción do voluntariado nos montes de Vigo ou actividades deportivas diversas. Tamén son importantes as accións relacionadas coa promoción dos montes a través de actividades lúdico-deportivas como a presenza en Vigolandia no nadal, a Andaina polos montes de Vigo, a Trail Montes de Vigo dos tres últimos anos ou a I Marcha Ciclista polos Montes de Vigo na súa primeira edición. Aparte, tanto a mancomunidade como as comunidades de montes colaboran con entidades sociais, culturais ou deportivas naquelas iniciativas que permiten achegar a moitos públicos diferentes a un espazo natural e apto para multiples actividades como é o monte (festas populares, magostos, actividades micolóxicas, actividades naturalistas, probas deportivas, etc). [ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
13
OS NOSOS MONTES
Monte comunal en Vigo (datos 2006) Superficie
1.636,8 ha. (aprox. 17% da superficie do concello)
Usos
Social 56,7% - Produtor: 33,4% Protector: 9,9%
Especies destacadas
Piñeiro (53,4%) e Eucalipto (10,1%)
Actuacións recentes
Substitucións de eucaliptos e acacias por especies autóctonas. Adquisicións de novas parcelas de monte
Áreas Recreativas
35 ha. GR-53, PR-G1, PR-G5, PR-G9
Sendeiros
Rede de sendeiros locais de Vigo, en colaboración co Concello de Vigo. Rutas temáticas: do bosque, das esculturas, das mámoas
Patrimonio arqueolóxico
Gravados rupestres (45 catalogados), mámoas (12), castros (12), xacementos, asentamentos, etc
Superficie (ha) e porcentaxes dos montes
Beade
107 ha
6,5%
245,6 ha
15%
Cabral
165 ha
10,0%
Candeán
95,4 ha
5,8 %
Castrelo
6,9 ha
0,4%
Comesaña
43,6 ha
2,6%
Coruxo
241,7 ha
14,7%
Matamá
17,8 ha
1,0%
Oia
84,1 ha
5,13%
Saiáns
49 ha
2,9%
Teis
50 ha
3,0%
293,7 ha
17,9%
237 ha
14,4%
Bembrive
Resultados que se poden gozar cos cinco sentidos
Todo o relatado ata o de agora e froito dun lento traballo realizado por parte de centos de comuneiros, comuneiras e voluntarios que, de xeito desinteresado, tratan de manter un patrimonio natural que lle é propio pero que ten vocación de ser aberto á cidadanía de Vigo para que o coñeza e o use como un gran parque temático. A integración entre a diversa oferta que se pode atopar nos Montes de Vigo faise necesaria para poder gozar da nosa riqueza natural cos cinco sentidos. Con este obxectivo, neste número da revista preséntanse os diferentes montes que forman Montes de Vigo cunha referencia aos parques forestais que se poden atopar neles, as rutas de sendeirismo que os atravesan, os actos relevantes que se celebran neles e a evolución sufrida dende que pasaran a ser xestionados polos comuneiros e comuneiras pretendendo ser un escaparate do xa feito e un aliciente para seguir adiante no esforzo de transformación do entorno da cidade de Vigo porque aínda
14
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
Valladares Zamáns
queda moito percorrido por diante. Neste camiñar resulta imprescindible seguir contando co Concello de Vigo e con aqueles entes públicos e privados que desexan facer de Vigo un modelo de cidade integrada no seu entorno ou, visto dende o alto do monte, dun espazo natural que quere achegarse ao corazón da cidade •
OS NOSOS MONTES
Mancomunidade de Montes Veciñais de Vigo Constitución
1997
Nº Comunidades
13
Enderezo
Rúa Eira Vella, nº 4 – Saiáns, 36392-Vigo
Teléfono
606026045
Correo
info@montesdevigo.org
[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
15
OS NOSOS MONTES
Beade A Comunidade de montes de Beade mantén unha liña de actuación que combina a conservación do extenso monte ao seu cargo (107 hectáreas) coa diversificación en novas plantacións e coa paulatina adquisición de nova superficie. Dende o momento da constitución da comunidade a xestión forestal centrouse na substitución de eucalipto e acacia por especies autóctonas, chegando na actualidade a unha situación onde as especies máis destacadas xa son o piñeiro e o castIñeiro. Por outra banda, en espazos axeitados para ilo fixéronse plantacións experimentais de cerdeiras (5 hectáreas) e pseudosuga ou piñeiro de Oregón (15 hectáreas). No eido da acción social, a Comunidade de montes de Beade conta cunha ampla e diversificada actuación social dirixida cara a cidadanía viguesa e cara a parroquia de Beade. O parque forestal de Beade é un referente en Vigo, onde centos de familias poden gozar do seu lecer en calquera época do ano, así como facer sendeirismo (o sendeiro local de Beade ou un tramo do sendeiro panorámico de Vigo -GR-53-). A última acción a salientar neste entorno foi o miradoiro arredor do campo de fútbol, cunhas fermosas vistas panorámicas de toda a cidade. Na parroquia mantén unha estreita relación co Centro Social, Cultural e Recreativo de Beade, coa Comisión de San Esteban de Beade, coa Irmandade da Festa de Santa Ana e cos centros educativos (Colexio Otero Pedraio, Colexio Coutada e IES Beade). Nas instalacións da Comunidade de Montes desenvolven as súas actividades os clubs deportivos da parroquia (C.F. San Esteban de Beade, Fútbol Sala Beade), así como diversas iniciativas musicais (Oubeade), recreativas (visitas ao Parque Forestal por partes de centros educativos e asociacións, magostos, concentracións moteiras, etc) e deportivas (probas BTT, carreiras de orientación, rallies, etc). O primeiro domingo de agosto ten lugar a Festa do Monte ou da Sardiña, onde a Comunidade de Montes convida á parroquia e á cidade de Vigo a celebrar un día de romería no Parque Forestal de Beade. Tamén colabora na tradicional Festa da Cereixa de Beade.
16
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
Sendeiros e puntos de interese GR53 – Sendeiro panorámico de Vigo (vermello) PR-G5 – Senda do Eifonso (amarelo) Sendeiro Local de Beade-Bembrive (verde) 1. Parque forestal e miradoiro do campo de fútbol 2. Fonte das Regas e miradoiro do Alto de Quintián 3. Fonte e miradoiro dos Friales 4. Plantacións ao longo do sendeiro local de Beade
OS NOSOS MONTES
Datos de interese Constitución
1978
Nº Comuneiros/as
351
Comuneiros/as na parroquia
20%
Presidente/a
José Rodríguez Fernández
Enderezo
Coutada 42 , 36312-Vigo
Teléfono
649877474
Correo
montebeade@hotmail.com
Monte comunal
Parque Forestal BEADE Superficie: 93.000 m2 Convenio Concello: si Servizos:
Superficie
107 ha. (6,5% dos montes de Vigo)
Usos
Social 37% - Produtor: 63% - Protector:0%
Especies destacadas
Piñeiro, castiñeiro
Actuacións Recentes
Plantación de pseudosuga e de cerdeiras
Xestión do monte
Monte Ordenado
[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
17
OS NOSOS MONTES
Bembrive Os montes de Bembrive son xestionados dende 1945 pola Entidade Local Menor de Bembrive e teñen a particularidade, en relación co resto dos que conforman a Mancomunidade de Montes de Vigo, de ser de utilidade pública e conveniados coa Xunta de Galicia, que é a responsable de autorizar calquera actuación neles. Por superficie e masa forestal son dos máis grandes de Vigo (245 ha) e contan cunha predominancia de piñeiro e eucalipto, froito de políticas productivistas da época da dictadura, e en menor medida de castiñeiro e carballo, agás en zonas privilexiadas de bosque de ribeira ao carón do rio Eifonso onde a variedade de flora e fauna deu pé a configurar o Parque botánico “Arco da Vella”. Ao Parque forestal de Bembrive, limítrofe co concello de Mos, xúntanselle a Área recreativa do Pouso e a de Galleiro, esta última cun gran parque infantil a carón do CEIP Chans-Bembrive. Durante todo o ano, e fundamentalmente na primavera, acollen múltiple afluencia de familias da parroquia e de Vigo. Xunto con estes espazos, existe unha rede de pequenos sendeiros aptos para todos os públicos e para percorrer tanto a pé como en bicicleta ou a cabalo. A eles hai que engadir a Senda do Eifonso, un referente nos sendeiros PR-G e que nestes momentos está en fase de acondicionamento, así como o tramo de Bembrive do Sendeiro Local Bembrive-Beade conveniado co Concello de Vigo. Tamén o Sendeiro panorámico de Vigo, GR-53, atravesa o Parque Forestal de Bembrive. O complemento a toda esta oferta son a existencia de múltiples muíños en terreos dos montes, tanto no trazado do río Eifonso como na Área recreativa do Pouso, como a histórica aldea da Fraga, tanto por ser paso obrigado en tempos na comunicación coas terras de Louriñá para o comercio e os peregrinos a Santiago, como polo papel desempeñado na defensa contra a invasión dos portugueses no século XVII e dos franceses a principios do século XIX. Outro dos aspectos chamativos dos montes de Bembrive é a abundancia de auga, que permitiron a finais do século XIX crear as primeiras augas públicas de Vigo, cos traballos nas Minas de Champintiel, preto do campus de Vigo. A Casa das Augas, con uso actualmente en boa parte para a parroquia, sigue sendo unha das mostras da riqueza hidrográfica existente no monte.
18
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
Sendeiros e puntos de interese GR53 – Sendeiro panorámico de Vigo (vermello) PR-G5 – Senda do Eifonso (amarelo) Sendeiro Local de Beade-Bembrive (verde) 1. Parque Forestal de Bembrive 2. Area Recreativa do Pouso 3. Parque Infantil do Galleiro 4. Casa das Augas 5. Serradoiro hidráulico 6. Aldea da Fraga
OS NOSOS MONTES
Datos de interese Constitución
1945
Nº Comuneiros/as
Monte de utilidade pública
Comuneiros/as na parroquia
--
Enderezo
Praza Mosteiro 1, 36313Vigo
Teléfono
986423148
Correo
elmbembrive@gmail.com
Monte comunal Superficie
245,6 ha. (15% dos montes de Vigo)
Usos
Social 68,7% - Produtor: 30,3% Protector: 1%
Especies destacadas
Piñeiro, eucalipto, carballo e castiñeiro
Actuacións Recentes
Acondicionamento de áreas recreativas, viais interiores nos montes, Parque botánico “Arco da Vella”
Xestión do monte
Monte conveniado coa Xunta de Galicia e ordenado
Area recreativa do Pouso
Parque forestal de Bembrive
Superficie: nd Convenio Concello: Non Servizos:
Superficie: 99.719 m2 Convenio Concello: si Servizos:
[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
19
OS NOSOS MONTES
Cabral Os montes de Cabral son un claro exemplo de montes periurbanos en tránsito entre espazos tradicionalmente rústicos e espazos industriais, feriais e puramente urbanos, coa incursión de diversas vías de comunicación terrestre de alta capacidade. A Comunidade de Montes de Cabral adica un significativo 94% do uso do monte a uso social, resultando notorias as paulatinas substitucións de eucaliptos por especies autóctonas e unha estratexia de diversificación e incorporación de novas superficies de monte, co incremento da masa forestal de castiñeiros e carballos e coa entrada tamén de especies como a cerdeira e de novos proxectos que nos vindeiros anos se irán materializando. Toda esta realidade compróbase ao realizar un percorrido polo sendeiro local de Cabral, que conecta co GR-53 Sendeiro panorámico de Vigo nunha parte do seu trazado, ou se se quere polo tramo recentemente inaugurado da senda peonil polo Lagares e que cando estea rematado permitirá camiñar máis de 5 quilómetros á beira do río Lagares no seu tramo alto. A Comunidade de Montes de Cabral xestiona directamente tres parques forestais (o Carballal, Becerreira e Baladas) así como diversas áreas recreativas, unhas xa consolidadas e outras en proceso de creación. Con todo ilo é a comunidade de montes de Vigo que máis diversidade de espazos ofrece á cidadanía viguesa en xeral e á veciñanza de Cabral en particular. Unha cuadrilla de operarios traballa continuamente durante todo o ano no mantemento do monte, atopándose nunhas condicións excepcionais para a súa visita pola cidadanía, por sendeiristas ou por centros educativos Na súa acción social tamén destaca a oferta de espazos de actividade física e deportiva que pon a disposición das familias dos comuneiros, particularmente a piscina do Carballal, así como os que ten conveniados con diversos clubs como a U.D. Santa Marina ou o Club de balonman Carballal, en réxime de concesión con entidades deportivas e socioculturais ou en réxime de aluguer. O Castro de Crasto en Carballal e o Castro Castriño en Becerreira, xunto coa necrópole megalítica de Cotogrande son algúns dos conxuntos patrimoniais localizados nos montes de Cabral. Entre as festas máis destacadas celebradas en Cotogrande atópase a finais de agosto a Festa do Pan de Millo, organizada polo Centro Cultural e Recreativo de Cabral coa colaboración da Comunidade de montes.
20
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
Sendeiros e puntos de interese GR53 – Sendeiro panorámico de Vigo (vermello) Sendeiro Local de Cabral (verde) 1. Parque Forestal de Becerreira (Cotogrande) 2. Parque Forestal de Baladas (Cotogrande) 3. Parque Forestal de Carballal (Bandeira) 4. Área Recreativa Santa Mariña 5. Área Recreativa O Cotiño 6. Arboreto 7. Plantacións do Gorxal
OS NOSOS MONTES
Datos de interese Constitución
1980
Nº Comuneiros/as
948
Comuneiros/as na parroquia
42%
Enderezo
Baixada Igrexa 8, Cabral - Vigo
Teléfono
986487650
Correo
montesdecabral@gmail.com
Monte comunal Superficie
165 ha. (10% dos montes de Vigo)
Usos
Social 93,9% - Produtor: 0% - Protector: 6,1%
Especies destacadas
Piñeiro, castiñeiro e carballo
Actuacións Recentes
Plantación de carballos, castiñeiros e cerdeiras
Xestión do monte
Monte ordenado
Parque forestal de Carballal (monte Bandeira) Superficie: 13.453 m2 Convenio Concello: Non Servizos:
Parque forestal de Becerreira (monte Cotogrande) Superficie: 13.406 m2 Convenio Concello: Non Servizos:
Parque forestal de Baladas (monte Cotogrande) Superficie: 12.098 m2 Convenio Concello: Non Servizos:
[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
21
OS NOSOS MONTES
Candeán A Comunidade de montes de Candeán é dun tamaño intermedio (95 ha), combinando explotación forestal e uso social case na mesma proporción. Dende que pasou a uso veciñal nos anos noventa tivo lugar unha transformación importante ao apostar decididamente por unha variedade de especies autóctonas que substituísen a predominancia de acacia negra e eucalipto. Este cambio, no que ademais de castiñeiros e carballos se incorporaron bidueiros, cerdeiras, amieiros, acivros, choupos ou buxos, contrasta claramente coa situación dos montes particulares que circundan aos montes veciñais e que supoñen unha ameaza permanente. Ademais, a Comunidade de montes ten apostado por novas plantacións como a realizada en 2013 con 2000 oliveiras nunha hectárea de terreo, ou a creación de espazos de alto interese ecolóxico como a Lagoa de Seixos ou a Fonte do Verde Dada a extensión e características do Parque Forestal do Vixiador e dados os servizos que presta, os montes de Candeán son un dos referentes de ocio e práctica físico-deportiva entre a cidadanía viguesa, que se pon de manifesto todos os domingos do ano cunha importante afluencia e, particularmente, na primavera e verán. Aparte do sendeirismo, resultan singular a concentración de práctica de BTT e equestre Os montes de Candeán son atravesados polo GR-53, Sendeiro panorámico de Vigo, e dende hai tres anos pódese realizar un percorrido de case 9 quilómetros polo Sendeiro Local de Candeán, que tomou como base a xa existente senda das mámoas. O resultado é un autentico goce de variedade de flora e dun colorido chamativo nas distintas estacións, combinado cunha importante concentración de patrimonio arqueolóxico, onde destacan as mámoas do Vixiador, de Ferradouro, de Costa Freiría e Casa dos Mouros, así como a Necrópole de Chan dos Touciños. O primeiro domingo de setembro acada o seu máximo es plendor o monte coa tradicional Romaría do Vixiador na que miles de veciños da parroquia se concentran ante a convocatoria da Comunidade de Montes, a Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán, a Irmandade de Festas e a Xunta Parroquial.
22
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
Sendeiros e puntos de interese GR53 – Sendeiro panorámico de Vigo (vermello) Sendeiro Local de Candeán (verde) 1. Parque Forestal do Vixiador 2. Fonte do Seixo 3. Plantación de oliveiras 4. Necrópole 5. Mámoa Casa dos Mouros 6. Mámoa do Vixiador
OS NOSOS MONTES
Datos de interese Constitución
1995
Nº Comuneiros/as
201
Comuneiros/as na parroquia
13%
Enderezo
Rúa Devesa 25, 36317-Vigo
Teléfono
627505345
Correo
comunidade@montesdecandean.org
Web
www.montesdecandean.org
Monte comunal Superficie
95,4 ha. (5,8% dos montes de Vigo)
Usos
Social 37% - Produtor: 63% - Protector:0%
Especies destacadas
Piñeiro, castiñeiro
Actuacións Recentes
Plantación de pseudosuga e de cerdeiras
Xestión do monte
Monte ordenado
Parque forestal de Vixiador Superficie: 244.878 m2 Convenio Concello: si Servizos:
[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
23
OS NOSOS MONTES
Castrelos A Comunidade de montes de Castrelos é a máis reducida de Vigo (6,9 ha) e das que máis tarde se constituíu. Despois de múltiples litixios por parte dos veciños en recuperar os montes en mancomún, en 2003 conséguese unha resolución do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Mancomún a favor da comunidade en relación cos montes localizados no mesmo corazón de Vigo e distribuídos en tres zonas da parroquia de Castrelos. A labor da Comunidade de montes de Castrelos consiste na conservación dos montes e a súa posta a disposición da veciñanza para usos sociais, fundamentalmente no Monte da Mina, onde tamén se alberga a Asociación Veciñal de Castrelos. Son destacados os manantiais orixinarios nos montes de Castrelos. Algúns deles subministraban auga para os muíños comunais do Monte da Serra así como para as levadas que proporcionan auga ao Parque Municipal de Castrelos.
Sendeiros e puntos de interese 1. Monte da Mina 2. Monte da Serra 3. Monte de Outeiro
24
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
OS NOSOS MONTES
Datos de interese Constitución
1998
Nº Comuneiros/as
41
Comuneiros/as na parroquia
1,5%
Enderezo
Camiño da Galindra, 16, 3621-Vigo
Teléfono
986472758
Monte comunal Superficie
6,9 ha. (0,4% dos montes de Vigo)
Usos
Social 100% - Produtor: 0% Protector: 0%
Especies destacadas Actuacións Recentes
Acondicionamento parcelas
Xestión do monte
Monte Ordenado
[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
25
OS NOSOS MONTES
Comesaña A Comunidade de montes de Comesaña é unha mostra de como os montes das parroquias periurbanas foron contraéndose ata quedarse ceñidos aos espazos con fortes pendentes onde a expansión urbana non podía penetrar. Tamén sobre el incidiron as vías de comunicación de alta capacidade, como a VG-20. Resultado disto é un monte de 43,6 ha, con múltiples regatos e espazos dunha gran valía ecolóxica (destacando o entorno dos muíños de Talliños ou Fervenza das Lapas). Teñen relevancia os espazos etnoarqueolóxicos espallados en distintos lugares do monte, sendo significativos o Castro existente no monte de Casás, os diversos muíños e as rodeiras de carros por algúns dos camiños do monte. Na actuación da comunidade de montes primou a paulatina incorporación de especies autóctonas así como a adquisición e acondicionamento de novas superficies. Exemplos desta laboura foron a plantación de castiñeiros no recheo de Baños e a creación do Arboreto de Rego Loureiro de 3.500 m2 a carón da antiga incineradora. Nestas actuacións desenvólvense algunhas das actuacións de divulgación medioambiental que a Comunidade de montes soe realizar con centros educativos e grupos de sendeiristas. Para pór en valor o citado, polos montes de Comesaña trazouse, en colaboración co Concello de Vigo, o Sendeiro Local de Matamá-Comesaña, que ademais incorpora no seu trazado miradoiros naturais que permiten contemplar o desenvolvemento da cidade na parte noroeste. Ao longo destes anos a Comunidade de montes colaborou coa Asociación Veciñal e Cultural Nautilius, así como con diversos clubs deportivos (Comesaña Sporting Club, Unión Deportiva Comesaña), comisións de festas (San Andrés e Rosario), entidades sociais e culturais Anpa Párroco D. Camilo, Grupo Folclórico tradicional “Os Ventos de Comesaña” e Grupo de teatro “O Trasno Novo Teatro.
26
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
Sendeiros e puntos de interese GR53 – Sendeiro panorámico de Vigo (vermello) Sendeiro Local de Matamá-Comesaña (verde) 1. Parque Forestal de Aguieira 2. Arboreto 3. Plantación de castiñeiros 4. Castro de Casás 5. Muíños de Talliños 6. Fervenza das Lapas
OS NOSOS MONTES
Datos de interese Constitución
1992
Nº Comuneiros/as
144
Comuneiros/as na parroquia
7,6%
Enderezo
Camiño de Sanin 54, 36213Vigo
Teléfono
675514497
Correo
c.montescomesana@gmail. com
Monte comunal Superficie
43,6 ha. (2,6% dos montes de Vigo)
Usos
Social 94,1% - Produtor: 0% Protector: 5,9%
Especies destacada
Piñeiro, carballo e eucalipto
Actuacións recentes
Plantación de castiñeiros
Instrumento de ordenación
Monte ordenado certificado
Parque forestal de Aguiera Superficie: 30.000 m2 Convenio Concello: si Servizos:
[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
27
OS NOSOS MONTES
Coruxo Na Comunidade de montes de Coruxo combinase dun xeito claro como é posible a xestión forestal combinada coa conservación e con múltiples usos sociais. Sendo das comunidades de montes máis extensas (242 ha), máis da metade está adicada á explotación forestal herdada do pasado (piñeiro e eucalipto), se ben ao longo do tempo que leva en mans veciñais foise recuperando especies autóctonas (castiñeiros, carballos, etc) e, particularmente, regueiras cunha gran biodiversidade natural (a Regueira de Laxiade é un exemplo). Nos paseos polos montes de Coruxo en outono é posible contemplar un multicolor moi chamativo que pon de manifesto o traballo de transformación que se leva realizado. Esta estratexia forestal é complementada con actividades como a planta de tratamento de biomasa que está en funcionamento, ou actividades de silvicultura en fase de experimentación (micorrizados, etc). Polo lado do uso social, nos montes de Coruxo, dadas as súas particulares características, combínanse unha ampla variedade de disciplinas deportivas que se poden desenvolver, dende o sendeirismo e o campo a través ata as distintas modalidades de bicicleta e motociclismo de montaña. Para estas últimas, sobre todo, requírense aparte do permiso da Comunidade de montes, permisos especiais dados os riscos inherentes. Non en vano, nestes montes ten a súa sede o Mountanbike Club Ciclista de Coruxo. Ademáis, dende a perspectiva naturalista, arqueolóxica ou simplemente paisaxística (onde destacan os miradoiros de Outeiro da Raposa e de Maúxo Grande), os montes de Coruxo ofrecen oportunidades interesantes como son os diversos ecosistemas naturais existentes (de ribeira, de montaña...) ou espazos como o dos coleópteros, que fan as delicias de observadores ou visitas escolares Por outra banda, en Coruxo atópase algúns dos conxuntos de arte rupestre máis destacados do concello (petroglifo da Pedra Moura, petroglifo do Carballoso, petroglifo de Chan de Arriba, Mámoa de Chan Grande, entre outros). Dende a perspectiva xeolóxica, outra xoia atópase nas covas do Folón, que poñen tamén de manifesto a riqueza que hai no subsolo dos montes. O sendeiro local de Coruxo recolle partes destes contidos e pon de relieve a importante laboura realizada pola comunidade de montes.
28
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
Sendeiros e puntos de interese GR53 – Sendeiro panorámico de Vigo (vermello) Sendeiro Local de Coruxo (verde) 1. Área recreativa de Fragoselo 2. Parque Forestal de Chans 3. Planta de tratamento de biomasa 4. Regueira de Laxiade 5. Mámoa de Chan Grande 6. Petroglifo de Pedra Moura 7. Covas do Folón
OS NOSOS MONTES
Datos de interese Constitución
1992
Nº Comuneiros/as
115
Comuneiros/as na parroquia
6,5%
Presidente/a
Cruce subida de S. Sebastián con Estrada de Fragoselo- 36330 - Vigo
Enderezo
666164795
Teléfono
cdmvdc@hotmail.com
Correo
cmv@montesvalladares.com
Monte comunal Superficie
241,7 ha. (14,7% dos montes de Vigo)
Usos
Social 41,9% - Produtor: 52,2% Protector: 5,9%
Especies destacadas
Piñeiro e eucalipto
Actuacións Recentes
Plantación de diversas especies autóctonas
Xestión do monte
Monte ordenado e certificado
Parque forestal de Chans Superficie: 35.000 m2 Convenio Concello: sí Servizos:
[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
29
OS NOSOS MONTES
Matamá A última comunidade de montes en constituírse en Vigo foi a Comunidade de Montes de Matamá, en 2004. Dende ese momento iniciou un esforzo importante en recuperar os montes de Matamá e abordar o impacto que sobre eles tivo a construción da VG-20. Ao igual que as outras comunidades de montes a prioridade consistía na substitución paulatina do abundante eucalipto existente por especies autóctonas: o Miradoiro Outeiro de Deus é un claro exemplo. Tamén pouco a pouco vanse adquirindo parcelas de monte privado en boa parte abandonado, completando así áreas de monte para poder realizar unha xestión conxunta. Isto fai que os datos manexados no inventario de 2006 muden ano tras ano. Un particular esforzo está realizado no Parque forestal de Maruxento, xestionado con medios propios e que conta cun arboreto de 22 especies de árbores autóctonos. Tamén se acondicionou a Área Recreativa do Vilar para goce da parroquia, ao igual que a recuperación da Fraga da Alvorezas onde se está a desenvolver un proxecto de recuperación da vacaloura. No sendeiro local de Matamá-Comesaña realizado en colaboración co Concello de Vigo recóllense estes espazos, así como espazos de interese patrimonial e paisaxístico como as canteiras de pedra de Matamá, o petróglifo de Millaradas ou o muiño de Regueiras, unha recuperación na que a comunidade de montes colaborou co Colectivo Malaherba no 2011. Unha das vocacións da Comunidade de Montes é que os seus montes os seus montes sirvan para a recuperación medioambiental, a posta en valor dos montes, promovendo así mesmo un monte que se ha de converter nun espazo educativo no que grupos educativos poidan coñecer flora e fauna dos montes, así como curiosidades relacionadas coa súa fauna, flora, arqueoloxía, etc. A finais de xullo ten lugar a festa do comuneiro/a, na que a parroquia se congrega a carón do monte e póñense en valor as distintas actuacións realizadas aparte de deleitarse coa música e a convivencia.
30
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
Sendeiros e puntos de interese GR53 – Sendeiro panorámico de Vigo (vermello) Sendeiro Local de Matamá-Comesaña (verde) 1. Parque Forestal do Maruxento 2. Área Recreativa de Vilar 3. Fraga das Alvorezas 4. Miradoiro Outeiro de Deus 5. Canteiras de Matamá 6. Petroglifo de Millaradas 7. Muíño da Regueira
OS NOSOS MONTES
Datos de interese Constitución
2004
Nº Comuneiros/as
260
Comuneiros/as na parroquia
20,4%
Presidente/a
Rúa Castro 19, 36213 - Vigo
Enderezo
688914370
Teléfono
montedematama@gmail. com
Correo
www.montedematama.org
Web
www.montesvalladares.com
Monte comunal Superficie
17,8 ha. (1,0% dos montes de Vigo)
Usos
Social 94,1% - Produtor: 0% Protector: 5,9%
Especies destacadas
Piñeiro e carballo
Actuacións Recentes
Arboreto en Maruxento
Xestión do monte
Monte ordenado e certificado
Área recreativa de Vilar
Parque forestal de Maruxento
Superficie: 7.000 m Convenio Concello: Non Servizos:
Superficie: 22.000 m2 Convenio Concello: Non Servizos:
2
[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
31
OS NOSOS MONTES
Oia Nos montes de Oia pódese comprobar como o traballo continuado dunha Comunidade de montes intermedia (84 ha) compatibiliza os usos forestais cos usos sociais do monte. Unha superficie forestal cos monocultivos de piñeiro e eucalipto e a praga da acacia, vai logrando pouco a pouco encamiñarse a un sistema híbrido que permite incorporar especies autóctonas como o carballo, o castiñeiro ou o bidueiro, así como especies adicadas á produción forestal como o roble americano ou o plátano de sombra. Os montes de Oia presentan moito desnivel na súa orografía, o que complexiza a súa explotación e provoca que no momento que se quixo crear o parque forestal houbese que facer un importante movemento de terras, logrando un espazo moi acolledor e propicio para encontros familiares e de grandes grupos. Os demais espazos de uso social limítanse aos camiño que atravesan o monte e que permiten acceder a miradoiros como o dos Tres Outeiros ou ao miradoiro asociado á recente instalada Antena de Salvamento Marítimo. Dende estes miradoiros pódese comprobar nos días limpos a totalidade das Rías Baixas aparte da costa do termo municipal de Vigo. Esta actividade é promovida periodicamente cos centros educativos e con grupos de visitantes da parroquia. Na Fonte do Sapo conflúen os montes de Oia cos de Coruxo e Saiáns, así como cos de Priegue en Nigrán. Toda esta zona resulta moi atractiva para a práctica de sendeirismo, atravesándoos o Sendeiro Panorámico de Vigo, GR-53, e a súa variante GR-53.1. Tamén son destacadas as probas de trail como as que Montes de Vigo ten organizado nos tres últimos anos. Sendeiros e puntos de interese GR53 – Sendeiro panorámico de Vigo (vermello) GR53.1 – Variante 1 do GR53 cara Chandebrito e montes de Coruxo 1. Parque forestal de Oia 2. Miradoiro dos Tres Outeiros 3. Antena de Salvamento Marítimo 4. Fonte do Sapo
32
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
OS NOSOS MONTES
Datos de interese Constitución
1993
Nº Comuneiros/as
207
Comuneiros/as na parroquia
15,6%
Enderezo
Camiño Curras 34, 36392Vigo
Teléfono
659419097
Correo
manuestoni@hotmail.com
Monte comunal Superficie
84,1 ha. (5,1% dos montes de Vigo)
Usos
Social 36,5% - Produtor: 63,5% Protector: 0%
Especies destacadas
Piñeiro e eucalipto
Actuacións Recentes
Plantación en Carballoso
Xestión do monte
Monte ordenado e certificado
Parque forestal de Oia Superficie: 40.000 m2 Convenio Concello: si Servizos:
[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
33
OS NOSOS MONTES
Saiáns Na Comunidade de montes de Saiáns combínanse dun xeito moi gráfico o uso produtor, o uso protector e o uso social do monte. Ao igual que os montes de Oia próximos, a herdanza dos tempos pasados estaba marcada polo monocultivo do piñeiro e do eucalipto xunto coa acacia. Paulatinamente lográronse ir substituíndo por masas importantes de especies autóctonas, póndose de manifesto particularmente no parque forestal de Saiáns. Tamén se fixo un esforzo importante por conservar na parte baixa a Fraga de Cal de Outeiro e o entorno dos muíños e do castro de Estea. e por crear un espazo adicado especificamente a Piñeiros do mundo. O resultado do conxunto pódese comprobar ao realizar o sendeiro panorámico de Vigo, GR-53, ou ao realizar o sendeiro local de Saiáns. Nestes traxectos incorpórase o interese patrimonial e etnográfico recollidos no seu día na ruta etnoarqueolóxica de Saiáns. De feito, o Camiño Portugués pola costa introdúcese por estas paraxes dispondo ademais da Fonte da Medoña como paso obrigado. Outra vía para contemplar o traballo transformador que realiza a Comunidade de Montes de Saiáns ponse de manifesto cando se atravesan os soutos de castiñeiros subindo cara a parte alta dos montes en dirección ao impresionante miradoiro do Alto da Bandeira, dende onde se pode ollar o Val Miñor dunha maneira privilexiada. O último fin de semana de xullo realízase a Festa da Amizade, en colaboración coa Asociación de Veciños de Saiáns, relucindo con todo o seu esplendor nesas datas o monte.
Sendeiros e puntos de interese GR53 – Sendeiro panorámico de Vigo (vermello) Sendeiro Local de Saiáns (verde) 1. Parque Forestal de Saiáns 2. Piñeiros do mundo 3. Muíños da Estea 4. Castro Alto da Medoña 5. Fraga Cal de Outeiro 6. Alto da Bandeira
34
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
OS NOSOS MONTES
Datos de interese Constitución
1995
Nº Comuneiros/as
65
Comuneiros/as na parroquia
16%
Enderezo
Rúa Eido Vello 4, 36392-Vigo
Teléfono
606026045
Correo
uxiogonzalez@hotmail.com
Monte comunal Superficie
49 ha. (2,9% dos montes de Vigo)
Usos
Social 58% - Produtor: 40,5% Protector: 1,5%
Especies destacadas
Frondosas, piñeiro e eucalipto
Actuacións Recentes
Plantación de Piñeiros do mundo
Xestión do monte
Monte ordenado e certificado
Parque forestal de Saiáns Superficie: 24,000 m2 Convenio Concello: si Servizos:
[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
35
OS NOSOS MONTES
Teis A Comunidade de montes de Teis está circunscrita ao Monte da Madroa, cun total de 50 hectáreas de superficie, das que un 92,5% ten uso social e un 7,5% uso protector. Dende a perspectiva de uso social do monte destaca o Parque Forestal da Madroa, espazo de recreo para a veciñanza da parroquia de Teis e a cidadanía en xeral do concello, especialmente nos períodos primaverais e de verán. No seu entorno atópase un precioso miradoiro que permite achegarse a unha vista completa da ría. A súa constitución no ano 1997 estivo moi vencellada cunha intensa loita da veciñanza de Teis dende 1995 debido a que a autoestrada que comunica a AP9 coa A52, no seu paso pola Madroa, acabou por construír un falso túnel que destruíu o bosque autóctono existente, considerado como un importante reducto de carballeira atlántica con influencias mediterráneas. Ademáis, dende o principio o principal obxectivo foi revertir unha masa de piñeiro bravo procedente das plantacións dos anos 40, con problemas de viabilidade e infectado de acacia negra, buscando implantar un bosque atlántico baseado en carballo e castiñeiro. Neste proceso a Comunidade de Montes contou co apoio de Greenpeace e fíxose partícipe aos centros educativos da parroquia, buscando así conseguir unha fraga autóctona na que estean presentes todas as especies de árbores, arbustos e herbas que tradicionalmente existían no monte. Entre os proxectos desenvolvidos pola Comunidade de Montes atópase a senda botánica, a apicultura e a recuperación da vacaloura. A senda botánica está pensada como espazo de divulgación ambiental das especies existentes ao longo do percorrido trazado polo bosque atlántico e húmido, ata chegar ao regato, e logo polo bosque máis seco, de influencia mediterránea. A experiencia piloto de implantación no monte dun proxecto de apicultura pretende pór en valor a abella como especie imprescindible para o ecosistema e, particularmente, pola polinización das prantas e polos produtos directos que xera (mel, polen, propoleo, xalea real, ceras, etc). Tamén o proxecto de recuperación do hábitat da vacaloura resultou exitoso, converténdose así noutro atractivo para as accións de educación ambiental.
36
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
Sendeiros e puntos de interese GR53 – Sendeiro panorámico de Vigo (vermello) 1. Parque Forestal da Madroa 2. Miradoiro da Madroa 3. Arboreto
OS NOSOS MONTES
Datos de interese Constitución
1997
Nº Comuneiros/as
43
Comuneiros/as na parroquia
5,2%
Enderezo
Rúa Paradela 71, 36216-Vigo
Teléfono
606548308
Correo
cmontesteis@gmail.com
Monte comunal Superficie
50 ha (3,0% dos Montes de Vigo)
Usos
Social 92,5% - Produtor: 0% Protector: 7,5%
Especies destacadas
Carballos
Actuacións Recentes
Senda botánica, apicultura e recuperación da vacaloura
Xestión do monte
Monte ordenado
Parque Forestal de Saiáns Superficie: 30.000 m2 Convenio Concello: si Servizos:
[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
37
OS NOSOS MONTES
VALLADARES
Valladares A Comunidade de montes de Valladares conta coa maior extensión de terreo de todas as comunidades veciñais de Vigo (293,7 hectáreas), combinando case a partes iguais usos produtores, onde destaca o piñeiro (pinus pinaster), e usos sociais. Entre os maiores esforzos realizados nos últimos anos atópase a loita contra a acacia e a paulatina adquisición de novas parcelas nun espazo con abundantes particulares. Tamén se está apostando pola recuperación de especies autóctonas, sendo destacadas as crecentes plantacións de carballos e castiñeiros. Nos terreos da comunidade de montes atópanse os parques forestais do Monte dos Pozos e do Monte Cepudo, moi frecuentados pola cidadanía viguesa en diversas datas do ano. O Monte Cepudo e o Monte Alba son dous iconos no horizonte do casco urbano vigués: a famosa imaxe da antena e a capela no horizonte. Dende eles pódese contemplar unhas das mellores vistas panorámicas en 360 graos do sur da provincia de Pontevedra, así como realizar unha ruta moi chamativa de “Arte e Natureza”, con obras escultóricas de recoñecidos artistas de talla internacional. Por todos os espazos citados circula o sendeiro panorámico de Vigo (GR-53) e o sendeiro local de Valladares, recentemente trazado dentro do programa de sendeiros conveniado co Concello de Vigo. Con frecuencia a Comunidade de montes organiza andainas polos montes para dar a coñecer o seu patrimonio natural e etnográfico. A Comunidade de montes de Valladares conta con instalacións propias (a Casa dos montes ou antigo Baille vello e a Casa das novenas no Monte Alba), que en moitas ocasións son usadas por colectivos da parroquia e de fora dela. Son destacadas as cesións de espazos para o Centro Veciñal e Cultural de Valladares, para o Colexio Público Igrexa Valadares e para o Cemiterio particular de Valladares. Tamén é de salientar a colaboración con distintas entidades, como a Irmandade de San Campio ou clubs deportivos, ou iniciativas, como o Revoltallo ou FreixoRock, e a participación na recuperación de muíños e fontes localizados tanto nos montes como en entornas próximas. Nos terreos da comunidade de montes atópanse sendos castros catalogados (Castro do Monte Alba e Castro de Barrocas), así como as mámoas do Monte da Sobreira e o petroglifo da Tomada dos Pedros. Tamén cómpre sinalar a Cruz da Pinguela, a carón do cemiterio privado de Valladares, por ser un lugar negro na guerra civil. Durante agosto teñen lugar diversas festas nos montes de Valladares, destancando a Romaría da Virxe do Alba e San Bertolameu e as Festas de San Campio. 38
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
Sendeiros e puntos de interese GR53 – Sendeiro panorámico de Vigo (vermello) GR53.1 – Variante 1 do GR-53 cara Chandebrito (Nigrán) e montes de Coruxo PR-G5 – Senda do Eifonso (amarelo) Sendeiro Local de Beade-Bembrive (verde) 1. Parque forestal do Monte dos Pozos e miradoiro. 2. Parque forestal do Monte Cepudo e miradoiro 3. Monte do Alba e miradoiro. 4. Inicio da senda das esculturas 5. Cruz da Pinguela
VALLADARES
OS NOSOS MONTES
Datos de interese Constitución
1981
Nº Comuneiros/as
1080
Comuneiros/as na parroquia
60%
Enderezo
Estrada Xeral de Valladares, 261 – 36315 Vigo
Teléfono
986467053
Correo
cmv@montesvalladares.com
Web
www.montesvalladares.com
Monte comunal Superficie
293,7 ha. (17,9% dos montes de Vigo)
Usos
Social 51.6% - Produtor: 46% - Protector: 2.4%
Especies destacadas
Pinus pinaster
Actuacións Recentes
Adquisición de novas parcelas, novas plantacións de carballos e castiñeiros.
Xestión do monte
Monte ordenado, amojonado e controlado por localizador GPS
Parque forestal do Monte dos Pozos
Parque forestal do Monte Cepudo
Superficie: 110.000 m Convenio Concello: si Servizos:
Superficie: 42.200 m2 Convenio Concello: si Servizos:
2
[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
39
OS NOSOS MONTES
Zamáns A Comunidade de montes de Zamáns localízase na parroquia máis ao sur de Vigo e que conserva aínda a consideración de rural. É das de maior extensión forestal (237 ha), cunha xestión orientada fundamentalmente cara a explotación forestal e de protección combinada con dimensións sociais tanto para os comuneiros da parroquia como para a cidadanía en xeral. Destaca unha continua labor de reordenación do monte dirixida a contar cunha variedade de especies que supere o modelo monocultivo baseado no piñeiro e, en menor medida, no eucalipto. As amplas repoboacións con carballos e con castiñeiros micorrizados son claros exemplos desta accion e que xa van amosando os seus resultados. Tamén as adquisicións de novas superficies indican a clara vocación de consolidación dun monte mimado polo nutrido grupo de comuneiros activos nas labouras ordinarias. Outro traballo intenso consiste na limpeza do monte de cara a prevención dos nunca desexados incendios. Este feito é patente nos distintos percorridos dos sendeiros que atravesan os montes de Zamáns: a variante 2 do sendeiro panorámico de Vigo (GR-53.2), o sendeiro do Galiñeiro (PR-G1) e o sendeiro local de Zamáns. Ademais, nestes percorridos, é posible achegarse ás riquezas patrimoniais e naturais a carón dos montes: muíños de Zamáns (reconstruídos pola Comunidade de montes), muíño de Maquías e fervenza da Freixa, fundamentalmente. Na actividade social da Comunidade de montes de Zamáns destacan as colaboracións co Centro Cultural e Veciñal de Zamáns, con clubs deportivos e socioculturais da parroquia e cos centros educativos e entidades que solicitan a súa colaboración para a realización de diversas actividades. O 25 de xullo celébrase a festa do comuneiro cunha actividade comunitaria moi concurrida na área recreativa de Chan de Oural.
40
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
Sendeiros e puntos de interese GR53 – Sendeiro panorámico de Vigo (vermello) GR53.2 – Variante 2 do GR-53 cara Galiñeiro PR-G1 – Sendeiro do Galiñeiro (amarelo) Sendeiro Local de Zamáns (verde) 1. Parque forestal de Zamáns 2. Área recreativa Chan de Oural 3. Fervenza da Freixa 4. Acceso ao Galiñeiro
OS NOSOS MONTES
Datos de interese Constitución
1986
Nº Comuneiros/as
204
Comuneiros/as na parroquia
72%
Enderezo
Ctra. Zamáns 251, 36310Vigo
Teléfono
986468039
Correo
carmen@zamans.org
Monte comunal Superficie
237 ha. (14,4% dos montes de Vigo)
Usos
Social 44,5% - Produtor: 45,5% Protector: 10%
Especies destacadas
Piñeiro e carballo
Actuacións Recentes
Plantación de 1200 castiñeiros micorrizados
Xestión do monte
Monte ordenado e certificado
Sendeiros e puntos de interese
Parque forestal do Monte Cepudo
5. Muíño do Maquías 6. Muíños de Zamáns
Superficie: 50.000 m2 Convenio Concello: si Servizos:
[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
41
OS NOSOS TEMAS EN COMÚN MONTES
O retorno do Carballo Afonso Salvador Rodríguez González
No conxunto de montes periurbanos que circundan a cidade de Vigo, un número crecente de carballos está emerxendo entre a trama forestal, rompendo a hexemonía de piñeiros e eucaliptos, nun proceso lento pero continuo. Na súa inmensa maioría, estes carballos novos foron sementados pola propia fauna que habita nestes espazos, nomeadamente por especies 42
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
como o rato do monte e o gaio. Estes animais ocultan baixo o chan un grande número de landras de carballo durante o outono, como despensa alimenticia para o inverno. Unha nova conciencia de respecto cara as árbores autóctonas está levando a moitas comunidades de montes a conservar estes carballos ventureiros, que en ocasións forman superficies continuas de varias hectáreas de extensión. Nalgúns casos, este proceso natural de rexeneración da carballeira vese reforzado con plantacións de carballos autóctonos,
OS NOSOS MONTES
O
carballo está a romper
a hexemonía dos piñeiros e eucaliptos, nun proceso lento
Un ecosistema de gran riqueza natural
pero continuo
realizadas por xuntas de montes en man común. Xeralmente están integrados en repoboacións mixtas de frondosas de folla caduca, acompañados por especies como o castiñeiro, o bidueiro, a cerdeira ou o pradairo. Como resultado desta nova actitude cara o bosque autóctono, o carballo volve habitar lugares nos que había moitos anos que desaparecera.
Semellantes, mais non iguais
O carballo, de nome científico Quercus robur, é unha árbore robusta de grande porte, que pode acadar os 40 m. de altura. Moi lonxevo, coñécense exemplares de máis de 1.000 anos de vida. Pertence -como a faia e o castiñeiro- á familia das fagáceas. As súas follas son lobuladas e lampiñas, coa base do limbo acorazonada, e están unidas ás pólas por un diminuto pecíolo. Pero quizais a característica que mellor defina a nosa especie sexa o longo pedúnculo que sostén os seus conxuntos de flores femininas, que aparecen agrupadas en parellas ou tríos. Tras a fecundación, estas flores dan lugar ás coñecidas landras, froitos característicos do xénero Quercus. Por este motivo, a especie é coñecida tamén como “carballo pedunculado”. O carballo común distribúese pola maior parte de Europa, así como por Asia occidental. Na Península Ibérica ocupa o noroeste e o extremo norte, medrando na maior parte do territorio galego. Quercus robur non é porén o único carballo que podemos observar nos montes de Vigo. Aínda que de maneira moi localizada, medran tamén algúns exemplares de carballo cerquiño (Quercus pyrenaica), árbore de porte algo menor, que presenta unhas follas profundamente lobuladas e moi peludas, en particular no reverso. É unha especie que hibrida facilmente co protagonista deste artigo, dando lugar a árbores que presentan características intermedias (Quercus x andegavensis). No mesmo xénero Quercus está incluída tamén a sobreira (Quercus suber), de follas enteiras e perennes, moi escasa nos montes de Vigo, así como o carballo vermello americano (Quercus rubra), proce-
A presenza de fragas nos montes de Vigo veñen a aportar luz ao futuro dun monte diverso dende o punto de vista biolóxico, onde moitas especies de flora e fauna poden atopar un entorno onde crecer..
dente de Norteamérica, de grandes follas puntiagudas, que adquiren unha intensa cor vermella no outono.
Unha expansión truncada polo ser humano
O carballo permaneceu confinado en refuxios costeiros de clima benigno durante os períodos glaciais, mentres o interior de Galiza permanecía cuberto maioritariamente por matogueiras e vexetación herbácea adaptadas ao frío. Concluído hai aproximadamente 15.000 anos o último máximo glacial, o carballo comezou un proceso de expansión que o levaría a colonizar a maior parte do territorio galego, que quedaría cuberto por un inmenso bosque natural. Nesta selva primixenia habitaban animais emblemáticos, hoxe en día escasos ou raros, que sobreviven con dificultade nos últimos redutos de bosque autóctono galego. Especies como o oso, a marta ou o peto negro; máis tamén outras que por desgraza desapareceron en distintos momentos da nosa historia, como a pita do monte e o lince boreal. O dominio das grandes carballeiras resultou ser, sen embargo, moi efémero. Xa no comezo do megalitismo -VI milenio a. de C.-, os construtores de mámoas que habitaban o noroeste ibérico principiaron o proceso de deforestación, talando e queimando grandes extensións de bosque natural. Este foi substituído progresivamente por terras de cultivo, prados e matogueiras, medios demandados por unha nova economía baseada na agricultura e na gandeiría. Entre a Alta Idade Media e o século XIX, este proceso intensificouse con novos arroteamentos de superficies forestais, con especial incidencia durante os séculos XVII e XVIII. As talas de carballos destinados á produción de carbón vexetal, construción naval e outros usos reduciron [ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
43
OS NOSOS MONTES
ración dunha infinita variedade de pezas e utensilios. Nun momento en que os montes comunais de Vigo estaban cubertos maioritariamente de mato atlántico -necesario para a alimentación do gando e para o abonado dos campos-, @s veciñ@s mantiñan carballos nas estremas das súas fincas e nas tomadas ou coutadas. Estes carballos derramábanse periodicamente, nun sistema de aproveitamento tradicional que permitía a obtención de leña a partir das pólas, conservando as árbores con vida. Esta modalidade de manexo coñeceu unha variante moi singular nalgunhas parroquias periurbanas de Vigo, que consistía na existencia de carballos de propiedade particular en montes de carácter comunal, solapándose deste modo dúas formas distintas de propiedade nun mesmo espazo físico. Os donos destes carballos, plantados por algún antepasado familiar, aproveitaban en exclusiva os recursos que fornecían (principalmente, leña e landras).
Algo máis que unha árbore
Están nos topónimos Os vellos carballos constituían referentes xeográficos nas parroquias e, se ben a maior parte deles xa non existen, pasaron a formar parte da toponimia local.
finalmente as carballeiras á mínima expresión, de modo que a comezos do século XX os carballos xa apenas medraban aquí de forma illada en propiedades particulares, ou en pequenas carballeiras confinadas nos vales de máis dificil acceso. As masivas repoboacións forestais realizadas durante o período franquista non revertiron esta situación, senón que polo contrario contribuíron a agravala, provocando a progresiva substitución das árbores autóctonas por monocultivos de eucalipto e de diferentes especies de piñeiros.
Unha vella relación
A pesar da drástica redución da superficie ocupada polo carballo, este resultou ser imprescindíbel para a sobrevivencia dos nosos antepasados. Tanto é así, que até a extensión do cultivo do castiñeiro baixo o Imperio romano, as amargas landras do carballo común serviron de base para a elaboración do “pan de landra”, produto consumido polos poboadores da Ría de Vigo durante a Idade do Bronce, así como noutros períodos da nosa historia. Antes do colapso do sistema agrosilvopastoril galego, acontecido a mediados do século XX, o carballo fornecía as comunidades rurais de recursos fundamentais como leña, carbón vexetal, trabes e outros elementos estruturais de construción, taninos para o curtido de peles, ou madeira para a elabo-
44
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
Os vellos carballos (ao igual que as carballeiras) constituían referentes xeográficos nas parroquias e, se ben a maior parte deles xa non existen, pasaron a formar parte da toponimia local: O Carballo de Xaméndez (Candeán), O Carballo do Vello (no límite entre Coruxo e Chandebrito), O Camiño da Carballa (A Florida), etc. Algúns destes carballos estaban revestidos de propiedades máxicas, que nos remiten a antigos cultos animistas proto-históricos. Así, dicíase que o desaparecido Carballo da Fonte (Fragoselo, Coruxo) se puña a tremer cando alguén se lle achegaba cunha machada na man, disuadindo deste modo a aqueles que pretendían causarlle dano. Por outro lado, a coñecida como “Cañota de Nadal” era un cepo de madeira de carballo, que se deixaba consumir parcialmente na lareira durante as tres noites máis sinaladas da celebración natalicia. Esa cañota conservábase durante todo o ano nos fogares de Coruxo. Se se achegaba unha treboada botábase novamente a arder, pois o fume que producía tiña a virtude de protexer a casa dos lóstregos. A pesar de teren desaparecido moitos dos vínculos tradicionais que nos unían a esta especie, o carballo continúa a ser para nós a árbore autóctona máis representativa. Unha árbore que cumpre uns importantes servizos ecosistémicos, como a regulación do ciclo da auga e da temperatura, a creación de cortalumes verdes fronte os incendios ou o mantemento dunha rica biodiversidade. Por se todo isto fose pouco, a súa presenza no medio natural fai ademais que se vexa incrementado o valor social e as potencialidades económicas dos montes periurbanos.
CONVENIOS E COLABORACIÓNS
Os nosos sendeiros suman xa 120 km Tres novos carreiros sumáronse este ano á rede de sendas forestais de Montes de Vigo: o primeiro foi o acondicionamento dos muíños de Zamáns; logo, xa finalizando o ano, acondicionouse 1 km sobre o Río Lagares en Cabral e 7,5 km entre Monte Alba, Cepudo e dos Pozos, en Valladares. En Zamáns, a posta de longo estivo presta o día da III Andaina polos Montes de Vigo, cando se inaugurou a restauración dun precioso grupo de muíños datados en 1812, con roza de herba, limpeza do río, acondicionamento dos muíños e a súa sinalización. Os participantes desa andaina non desprezaron a invitación feita pola Comunidade e íanse quedando no acolledor lugar para facer unha parada de avituallamento. Manuel Alonso Cabral, Presidente dá Comunidade de Montes de Zamáns, estaba feliz e satisfeito do éxito dá andaina e do resultado do traballo e manifestounos o seu desexo: “Que a xente veña a gozar do monte, este lugar está acondicionado para o goce da familia viguesa e de todo aquel que se queira acercar a nosa terra”. O lugar ofrece un sitio encantador para pasar unha mañá de picnic a quen queira chegar ata o lugar, moi preto do embalse e a pouca distancia do Galiñeiro. A Comunidade de Montes de Cabral inaugurou o seu fermoso carreiro tres días antes de finalizar o ano. Foi un esforzo importante de acordo cos veciños para ir acondicionando todo o que o camiño ía ocupando ao seu paso. O carreiro forma parte dun proxecto de 5 km que irá avanzando conforme váianse solucionando as distintas situacións que cada tramo require. “Fíxose coa intención de servir á parroquia e crear emprego”, afirma Luís Rodríguez, presidente da Comunidade de Cabral. “Fixérono traballadores da parroquia e mercando todo na parroquia; chegamos a ter 60 persoas traballando
Tramo do sendeiro inaugurado a carón do río Lagares Creación de emprego e mellora do entorno aproveitando un dos elementos da paisaxe con maior posibilidades de ser gozado, o río. Foto Diego Cabaleiro
neste traxecto”. Rodríguez reivindica todo o esforzo feito desde 2012. “En plena época de crise, cando os veciños estaban sen traballo en Cabral houbo traballo e progreso. Rexeneramos o río, xa é fácil ver patos salvaxes”. Para Rodríguez a idea de monte é compatible con progreso e desenvolvemento das persoas e afirma que, sendo dos máis pequenos en territorio, en xestión atópanse entre os máis activos de Galicia. Finalmente, Valladares sumou este ano, á espera do panel e a inauguración, 7,5 km máis de camiños. Afirma o Presidente da súa comunidade, Gregorio Álvarez que este tramo ten excelentes vistas panorámicas do Val Miñor e Rande, complementadas co paseo pola ruta das esculturas e zonas arborizadas con plantacións autóctonas. Nos 120 km incorpórase o GR-53, sendeiro que atravesa a mayoría dos parques forestais de Vigo, e os 8 sendeiros locais que se levan facendo dende o ano 2014 no marco do convenio da Concellería de Medio Ambiente e Montes de Vigo e no que participou activamente o voluntariado de sendeiros do programa medioambiental Camiño a Camiño adscrito a esta concellería. ECM
Posta en valor da riqueza etnográfica de Zamáns A rehabilitación dos muíños de Zamáns, feitos no 1812 e que aportaron prosperidade aos veciños durante moitos anos, foi unha aposta recente da Comunidade de Montes de Zamáns . Hoxe, un sendeiro local complementa ese esforzo dos veciños.
[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
45
CONVENIOS TEMAS EN COMÚN E COLABORACIÓNS
A capacidade de transformar paisaxe en arte
Cada imaxe, cando atravesa a súa lente, instálase a vivir alí e ata dá a impresión que nela seguen pasando cousas. Así de vivas son as fotografías de Susi Suárez, gañadora do premio “Descobre Vigo desde os seus montes”, patrocinado por El Corte Inglés para a Andaina polo Montes de Vigo. Ela levou o premio na especialidade “Paisaxes da Andaina”.
“O que me gusta de viaxar coa cámara é que me leva a descubrir lugares novos, a cámara agudiza a mirada”, e matiza: “pero o que máis me gusta fotografar son os meus montes”. Esta afección vénlle de pequena, cando ao facer a primeira comuñón regaláronlle o seu primeiro equipo, gardado como un tesouro. A súa formación é autodidacta: libros, manuais, cursos e moita, moita práctica. Se cremos que no seu perfil publica moito ela di que non ten nin comparación con todo o rexistro que fixo da paisaxe galega. Para esta viguesa hai algo moito máis atractivo na natureza como suxeito, “vexo máis complicado fotografar ás persoas, a natureza ofrece infinitas posibilidades, non a cambio por outro tema”, afirma. E para aumentar aínda máis a experiencia creou un grupo facebook de afeccionados á fotografía cos que cada vez máis amplía o radio e afina o ollo na procura de captar os matices naturais. Algún exemplo? Por suposto, a nosa fantástica fotografía de portada e outras colaboracións nesta revista.
Achegando o monte aos cativos Unha nova experiencia que abre importantes oportunidades para a expansión da nosa mensaxe foi a participación, por primeira vez este ano, de Montes de Vigo en Vigolandia, a Festa do Nadal dirixida aos nenos e as familias da cidade que ten lugar dende hai 14 anos no IFEVI. A nosa actividade ocupou 150 m² de superficie e tivo unha entusiasta acollida entre os asistentes. “Quén habita Montes de Vigo?”, “Un nadal respectuoso co monte”, “Comuneiros/as por un día”, unha parede de escalada así como xogos populares foron algúns dos obradoiros propostos para dar a coñecer o traballo forestal, a creación de novos sendeiros, as actividades sociais e probas deportivas, entre outros aspectos que se desenvolven no territorio ocupado polos Montes de Vigo. Entre o 26 e o 30 de decembro desenvolveuse esta actividade a fin de ofrecer unha experiencia directa sobre a razón de ser e o sentido da nosa labor. O evento tivo unha parte teórica e formativa a través dunha exposición fotográfica que explicaba o día a día no coidado dos montes que rodean á cidade, o seus nomes, a súa xeografía, os seus tesouros. Isto era o 46
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
complemento porque o fundamental era que os nenos puideran ter a vivencia dos montes na súa propia linguaxe: a linguaxe lúdica, a do xogo. Miradoiros nos montes” deseñouse para coñecer as árbores e animais que habitan a montaña. “Parques forestais” permitiu comprobar o traballo que se realiza nos nosos montes. En “Parques infantís” abriuse o campo para levar a cabo accións como as que adoitan facer as familias cando veñen a gozar da nosa oferta de saídas á natureza . Por último, en “Escalada no Galiñeiro” reproduciuse a experiencia que se pode ter ao acudir ao Galiñeiro a escalar. A mostra tivo tanto éxito, que non era raro ver ás familias e en especial aos nenos, percorrendo o IFEVI para acadar pistas que permitisen alcanzar os obxectivos propostos no noso particular “rastrexo”. Nesta actividade, Montes de Vigo sumouse á iniciativa do Concello de Vigo, promotora da festa vacacional xunto con outras institucións como o propio IFEVI, Bombeiros de Vigo, Policía, e diversas empresas e institucións. Resultou moi divertido e a vez estimulante poder contactar con tantas persoas logrando facer toda unha sementa.
CONVENIOS E COLABORACIÓNS
Convenio para o fomento do emprego co Concello de Vigo
Roza manual selectiva, poda, rareo e control de especies invasoras son algúns dos traballos realizados grazas a axuda aportada polo Concello de Vigo dentro do Convenio para o fomento do emprego. Foron 31 as persoas contratadas que realizaron os traballos en máis de 160ha distribuídas de forma uniforme polos Montes de Vigo. Carme Boente, responsable técnico do programa e técnica da Asociación Forestal de Galicia, considera moi satisfactorios os resultados dos traballos desenvoltos “xa que se conseguiu complementar os traballos desenvoltos polas comunidades propietarias, levando a cabo tódolos traballos establecidos nos seus instrumentos de ordenación forestal”. Realizar estas actuacións conxuntas está permitindo que se acaden os obxectivos establecidos no plan de traballos desenvoltos pola Mancomunidade: ææ Estase a conseguir unha estrutura arbórea equilibrada nos Montes de Vigo que permita o mantemento dun réxime hídrico estable nos nosos montes e, dese xeito, que Vigo poida seguir contando cos mananciais que na actualidade nutren a cidade e as súas parroquias; ææ Estase a reducir o risco de lume con tarefas de prevención que permiten manter afastado dos Montes de Vigo a lacra dos incendios forestais que asola a nosa terra de forma periódica e, derivado deses traballos de prevención, créase unha barreira para que eses lumes non cheguen ás casas que rodean a cidade;
ææ Mantense despexada a contorna das rotas de sendeirismo e dos bens de interese histórico co traballo do persoal contratado pola Mancomunidade e o esforzo do voluntariado; ææ Mantéñense despexados os accesos ao monte para os veciños de Vigo e todos aqueles que queren descubrir a riqueza dos Montes de Vigo poida acceder por un entorno accesible e seguro; ææ Estase potenciando o bosque atlántico coa aposta decidida polas frondosas autóctonas que, de forma progresiva e continua, están a dominar de novo a paisaxe dos Montes de Vigo. O carballo do país, o castiñeiro e o bidueiro volven a ter relevancia nos nosos montes, aportando á paisaxe o colorido que roubara a aposta polo monocultivo; ææ Grazas a unha loita constante, estase a gañar a batalla ás especies invasoras, principalmente a acacia negra, que dominaba anteriormente extensas zonas dos nosos montes. O traballo foi distribuído equitativamente entres os distintos montes que conforman Montes de Vigo. Cada comunidade propón os traballos que consideraría máis adecuados nos seus montes e o equipo técnico da Mancomunidade dálle corpo a unha proposta conxunta que responda aos obxectivos establecidos. Cinco anos de colaboración entre a Mancomunidade e o Concello de Vigo están logrando rematar o traballo iniciado polas comunidades propietarias: Estase a transformar os Montes de Vigo en montes para as persoas •
Sinatura do Convenio para o fomento do emprego entre a Mancomunidade e o Concello de Vigo Son cinco anos de estreita colaboración co Concello de Vigo que están convertendo aos Montes de Vigo nun espazo seguro para o goce das persoas. Foto Joarov.
Traballos para a prevención de incendios forestais Estes traballos resultan fundamentais para que os Montes de Vigo se convertan nunha barreira para o avance do lume. Na imaxe, traballos de roza no monte veciñal de Matamá
[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
47
OUTROS USOS DO MONTE
O deporte encontra o seu espazo na natureza Eurídice Castillo Martínez Ben sexa andando, correndo ou en bicicleta, o certo é que aos poucos imos enchendo os nosos montes de experiencias que convidan a vivir a natureza enriquecendo corpo e mente.
III Andaina polos montes de Vigo
As andainas comezaron como parte do proxecto de abrir o monte á cidade a través do sistema de carreiros que ano tras ano se amplía co programa Medio Ambiental do Concello de Vigo, Camiño a camiño e, grazas a iso, co paso do tempo vaise amosando aos vigueses que pasear polos Montes de Vigo é un goce seguro e cheo de vida. Este ano inaugurouse o tramo de Zamáns e acondicionouse toda a zona dos Muíños
48
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
que claramente atrapou a atención dos usuarios. Non se resistiron á delicia de sentar, sacar as súas propias merendas e comelas mentres escoitaban o rumor da auga pasando polo pequeno parque acondicionado polos comuneiros. A idea levada a cabo en Montes de Vigo é a de crear circuítos e carreiros circulares, trazados con toda seguridade e sinalizados de forma adecuada para, de ese xeito, reducir calquera posibilidade de perda ou riscos innecesarios na montaña. Para iso, unha importante cantidade de voluntarios medioambientais, se esforzan na mellora continua dos trazados, á vez que os manteñen en condicións adecuadas para que eles mesmos e todo aquel que queira achegarse, poida gozar da obra realizada. A Andaina Montes de Vigo alcanzou no ano 2016 a súa terceira edición coa asistencia de máis de 1000 persoas que chegaron dende toda a cidade nos seus coches ou no sistema de autobuses dispostos polo Concello dende distintos puntos da cidade. Para Chus Lago, Concelleira de Medio Ambiente e Vida Saudable, que tamén participou nesta actividade, o obxectivo cada ano é que “a xente entenda que pode vir os domingos para camiñar por uns montes que relocen, non é só o medio ambiente, é tamén contribuír á vida saudable das persoas; están preparados para ser transitados de forma autónoma, polo que se poden visitar sen necesidade de monitores”.
OUTROS USOS DO MONTE
Para esta edición escolléronse tres tramos. O primeiro transcorría entre Comesaña e Zamáns, ao longo de 12 km de recorrido. O segundo tramo recorría o sendeiro local de Beade-Bembrive rematando tamén no parque forestal de Zamáns, ao longo de 18,3 km e, por último, a andaina remataba percorrendo o sendeiro local de Zamáns, recentemente estreado, cunha distancia de 8,5 km.
I Marcha ciclista Montes de Vigo
Moitos dos carreiros que se están a habilitar nos Montes de Vigo están preparados para ser transitados cun medio tan próximo como a bicicleta. Foron 85 os participantes da I Marcha Ciclista polos Montes de Vigo que se desenvolveu nun asollado día 2 de outubro. A estes primeiros inscritos xa se lles pode considerar pioneiros dunha actividade que nace con vocación de quedar no tempo. A asociación Golpe de Pedal Vigo, foi a entidade organizadora desta primeira edición en perfecta confluencia con Montes de Vigo e co obxectivo de “fomentar formas de transporte máis amables co medio ambiente e as persoas”. O percorrido da Marcha Ciclista transcorreu por sendeiros de Candeán, Cabral e Teis. A convocatoria foi un pouco rápida, pero os asistentes reflectiron con entusiasmo que a semente quedou ben asentada. Convocouse para as 11 dá mañá e saíu finalmente ás 11.20 tras a recollida de dorsais. O Concello de Vigo
O
coidado dos montes non
é só medio ambiente, é tamén contribuír a vida saudable das persoas
Máis de 1000 persoas participaron na III Edición da Andaina polos Montes de Vigo Nunha edición máis, unha serpe multicolor encheu os Montes de Vigo de calor humano.
apoiou coa presenza do Concelleiro de Tráfico, Carlos López Font, e o Concelleiro de Fomento, Limpeza e Contratación, David Regades Fernández, que se animou tamén a participar na proba coa súa bicicleta de montaña. O evento foi apoiada por empresas que asumen como propio o compromiso de promulgar un uso responsable dos nosos montes: Supermercados Froiz, Augas de Mondariz, Marka Informática e 2.0 Club BTT aportaron o seu grao de area para que esta primeira edición da marcha polos Montes de Vigo vise a luz. Unha mención especial en esa colaboración merece Bicicleando, que se implicou de forma activa co evento dende o primeiro momento. O percorrido levou aos participantes polos montes de Candeán, Cabral e Teis, rematando a proba no par[ marzo 2017 ] nº 03 // Montes de Vigo
49
OUTROS USOS DO MONTE
Os montes de Candeán, Teis e Cabral teñen condicións ideais para o uso da bicicleta Escoller os montes de Candean, Teis e Cabral como escenario para a I Marcha Ciclista Montes de Vigo non foi casualidade. As súas condicións fanos ideal para este tipo de eventos.
que forestal do Vixiador, despois do avituallamento no miradoiro do Zoo. Uxío González, presidente dá Mancomunidade de Montes de Vigo e José Manuel Suárez, presidente da asociación A Golpe de Pedal Vigo mostráronse satisfeitos desta primeira edición e convencidos do nacemento dunha nova costume nos Montes de Vigo.
III Trail e I Carreira Popular Montes de Vigo
Esta edición da Trail Montes de Vigo foi a proba final da Copa Galega de Carreiras de Montaña 2016, organizada ao longo do ano pola Federación Galega de Montañismo en diferentes lugares da xeografía galega. Converteuse nunha ocasión para que corredores de toda Galicia medisen as súas capacidades nos nosos montes.
Bo ambiente entre os participantes Aínda que é unha competición, non todo é gañar. Moitas participantes achegáronse aos Montes de Vigo non con animo de gañar a proba, senón de gozar de boa compañía nun entorno especial. Foto Joarov.
50
Montes de Vigo // nº 03 [ marzo 2017 ]
Nesta edición, a Organización decidiu facer un terceiro circuíto de menor distancia e dificultade, co obxectivo de achegar o goce de correr no monte a persoas de perfís diferentes ao tradicional participante nas carreiras por montaña e, así, converter o monte nun campo de entreno para eses corredores que, ademais de cultivar o seu corpo coa práctica do deporte, queren facelo nun entorno saudable e natural. As probas, que se celebraron conxuntamente o 30 de outubro do 2016, congregaron a máis de 250 participantes, homes e mulleres, noveles e veteranos, dispostos a correr no medio da natureza. A esixencia foi máxima pois, ademais de facerse entrega dos premios da carreira, os resultados do Trail serviron para resolver a clasificación final de Copa Galega. O evento, organizado conxuntamente por Montes de Vigo, Clube de Montaña Xistra e a Federación Galega de Montañismo, contou co Concello de Vigo e Decathlon Vigo como patrocinadores principais. Xunto a eles, a Xunta de Galicia–Deporte Galego, Master Cadena-Hermida, Coca Cola, Frutas Nieves, Massini, Aceites Abril, Inquedanzas sonoras e C.F. Coruxo fixeron posible que a proba contase cos recursos e loxística suficientes para que ese soleado día de outubro se convertese en todo un goce para os corredores. Mención especial, sen dúbida, merecen todos aqueles colaboradores particulares que, situados en cada cruce de perigo ao longo dos diferentes trazados, lograron que non se producise ningún dano significativo •
ONDE NOS PODE
ATOPAR? FACEBOOK * WWW.FACEBOOK.COM/MANCOMUNIDADEMONTESVIGO * WWW.FACEBOOK.COM/MONTESDEVIGO/ TWITTER * //TWITTER.COM/MONTESDEVIGO INSTAGRAM * //WWW.INSTAGRAM.COM/MONTESDEVIGO/ CAMIÑO A CAMIÑO * //CAMINOACAMINOVIGO.BLOGSPOT.COM.ES/ GOOGLE PLUS * PLUS.GOOGLE.COM/U/0/111040037863481301409
UNHA RIQUEZA
A CARÓN DE VIGO
Rúa Eira Vella, nº 4
www.montesdevigo.org
Saiáns, 36392-Vigo
montesdevigo.blogspot.com
606026045
info@montesdevigo.org
www.montesdevigo.org montesdevigo.blogspot.com