Boletín Informativo Eurocidade GL n.º 13

Page 1

EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 13 Abril 2013

a eurocidade da auga

CONCELLO DE VERÍN

1

Unha delegación de Ayamonte e Vila Real de Santo Antonio visitou a Eurocidade

Foron dados os primeiros pasos para a constitución dun Foro Xuvenil Transfronteirizo

Unha delegación política e técnica da recente constituída Eurocidade Ayamonte-Vila Real de Santo Antonio desprazouse o 11 de xaneiro ás localidades de Verín e Chaves, co obxecto de coñecer de primeira man todos os pasos a seguir nas actuacións de promoción, reforzo da cohesión social ou revalorización dos recursos da zona. Escolleuse a Verín e Chaves por ser un referente ibérico en proxectos de cooperación transfronteiriza a nivel local, ademais de ser a primeira Eurocidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Esta delegación foi recibida na sede da Eurocidade Chaves-Verín polos rexedores Joâo Batista e Juan Manuel Jiménez que lles ensinaron as instalacións e explicaron a realidade deste proxecto transfronteirizo. A continuación, o Secretariado Técnico Conxunto efectuou unha exposición deste proxecto, desde o seu inicio, as iniciativas postas en marcha; así como as futuras, os resultados alcanzados ata o momento e as barreiras existentes aínda no ámbito ca cooperación transfronteiriza. Ademais de coñecer in situ o funcionamento da Eurocidade tamén compartiron experiencias de traballo, xa realizadas en Verín e Chaves, que poden ser beneficiosas e extrapolables aos/ás cidadáns/nas de Ayamonte e Vila Real de Santo Anton.

O equipo de dinamización do futuro Foro Xuvenil Transfronteirizo, xunto con persoal técnico da Oficina de Información Xuvenil Transfronteiriza, mantiveron días diversas reunións con colectivos formais e informais de Chaves e Verín, co obxecto de traballar conxuntamente no proceso de formación deste foro xuvenil. As reunións desta iniciativa, plantexada nunha reunión informativa xeral o pasado mes de novembro, foron convocadas sectorialmente, creándose catro grupos temáticos -sociais, musicais, deportivos e culturas, xuvenís e de estudantes- para favorecer a interacción entre os/as asistentes. Co fin de avanzar na formalización do Foro Xuvenil Transfronteirizo, fixáronse os prazos para que os colectivos interesados en participar no proxecto envíen as súas propostas de candidaturas para estar representados no órgano directivo. Aínda que xa foron preto de 30 colectivos de ambas localidades os que xa participaron na fase inicial de creación desta iniciativa. O Foro Xuvenil Transfronteirizo busca, por un lado, converterse nun espazo de participación democrática da mocidade de Chaves e Verín, a partir do cal os colectivos que realizan o seu traballo dentro do territorio da Eurocidade poidan aportar as súas opinións respecto das inquedanzas e necesidades existentes entre a mocidade local, dende unha perspectiva transfronteiriza. E por outra banda, tamén persegue servir de lugar común de encontro e de intercambio de experiencias entre os mozos e mozas dos dous municipios, co obxecto de poder xerar novos proxectos conxuntas de participación.

A Eurocidade presente no Congreso 'Os retos das cidades intelixentes' A Eurocidade participou no panel 'Os retos no eGoberno e a participación cidadá nas cidades intelixentes'. Unha presentación da Eurocidade ChavesVerín como exemplo de Goberno e de cooperación intelixente, destinada a converterse nun laboratorio de eurocidadanía para desenvolver un proxecto que representa todo un exemplo de integración cidadá a todos os niveis de participación cidadá realizadas nestes últimos cinco anos de financiamento como territorio a nivel ibérico, tamén se abordaron os retos da cooperación tranfronteiriza no horizonte 2020. O Congreso 'Os retos das cidades intelixentes', que tivo como principal obxectivo a normalización do concepto Smart City en España, articulouse en sete bloques de relatorios nos que se abordaron as claves da estratexia europea para as cidades intelixentes, e os retos a corto-medio prazo en: mobilidade e transporte, seguridade física e lóxica, xestión de recursos naturais, eficiencia enerxética na xestión de infraestruturas e edificios, eGoberno e participación cidadana. Tamén contou con catro demostracións de tecnoloxías aplicables ás Cidades Intelixentes: 'Orama, un novo sistema de comunicación', 'Cómo os smartphones poden mellorar unha cidade', 'Windsmart, enerxía eólica para smart cities' e 'Bildtec, un tradutor universal'.

A Eurocidade acolleu o certame 'Sabores de Chaves' O 1 de febreiro inaugurouse a oitava edición da mostra 'Sabores de Chaves', que durou ata o domingo 3. Esta edición presentou unha imaxe renovada, inaugurando cun novo ciclo na promoción e revalorización dos produtos locais de Chaves e Verín. Promover os sabores tradicionais xenuínos e auténticos de elevada calidade e reputación son os obxectivos do certame. Non faltou o fumeiro, o famoso xamón, o Pastel de Chaves, Folar, mel e viño da rexión, acompañados por momentos de animación coa actuación de diversos grupos de Chaves e Verín. Nesta edición preténdeuse dar especial relevancia á conxugación dos esforzos e recursos do proxecto da Eurocidade Chaves-Verín, como instrumento económico e social común. A través da Eurocidade, o certame tamén ampliou a súa participación aos/ás produtores/as e artesáns/nas residentes en Verín. PÁGINA 8

A Eurocidade Chaves-Verín acolleu a Feira do Lázaro 2013

A Eurocidade Chaves-Verín acolleu, por sexto ano consecutivo, a Feria do Lázaro e o Certamen Gastronómico "Vila de Verín", que se celebrou os días 16 y 17 de marzo no Pavillón Municipal de Verín. O obxectivo principal foi impulsar o desenvolvemento económico da Eurocidade a través da aposta polas feiras tradicionais e a promoción da enogastronomía e artesanía de ambos lados da raia. O recinto feiral, que contou cunha caseta atendida por técnicos do Gabinete de Apoio Técnico, informou aos visitantes sobre as actuacións desenvolvidas neste proxecto de cooperación transfronteiriza. Ademais, na caseta da Eurocidade estiveron presentes as Termas de Chaves - O Spa do Imperador, que aportaron información dos seus programas de termalismo terapéutico. Por outro lado, esta caseta acolleu a realización do concurso 'Canto sabes da Eurocidade Chaves-Verín', no que participaron máis de de 110 persoas, os que responderon correctamente ás dez preguntas que se facían sobre a Eurocidade entraron nun sorteo no que se repartiron os seguintes premios: un estuche de vino da Denominación de Orixen Monterrei, unha cea para dúas persoas no Restaurante Brasil, un tratamento vigor para dúas persoas nas Termas de Chaves - O Spa do Imperador e un pack de merchandising da Eurocidade. Ao longo da xornada do domingo, a Banda Musical de Vila Verde da Raia, participou na procesión e posterior misa en honra a San Lázaro.


EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 13 Abril 2013

a eurocidade da auga

CONCELLO DE VERÍN

2

Menores de Chaves e Verín conmemoraron o Entroido na Eurocidade

Os/As nenos/as da Eurocidade, como en anos anteriores, participaron nos desfiles de Entroido, de modo conxunto, que se celebraron nas localidades de Verín e Chaves nos días 07 e 08 de febreiro. Na xornada da mañá, 85 alumnos/as das escolas EB1 de Cimo de Vila e Águas Frias e dos 2.º e 3.º anos da EB1 de Casas dos Montes desprazaronse ata Verín para participar no tradicional 'Desfile Infantil' do Entroido de Verín Xa o venres 08 de febreiro, tivo lugar o desfile polas rúas da localidade de Chaves. Baixo o lema “Vacinar + Educar = Mellorar” (un tema proposto polo Serviço de Pediatria do Hospital de Chaves no ámbito da campaña pedagóxica desenvolvida por este centro) Con esta iniciativa conxunta preténdese o intercambio de tradicións de Entroido entre os dous lados da fronteira, e impulsar a convivencia entre os menores flavienses e verinenses, permitíndolles vivir un día diferente de animación e cor.

A Eurocidade Chaves-Verín presente na asemblea xeral da RIET Os 23 integrantes da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas, entre os que se encontra a Eurocidade Chaves-Verín, que representan á totalidade dos territorios da fronteira hispano-lusa e que representa máis de 210.000 empresas en da fronteira máis longa de Europa, formuláronlle ao Secretario de Estado de Desenvolvemento Rexional de Portugal e a altos responsables do Ministerio de Asuntos Exteriores de Portugal así como ao Embaixador Español en Portugal, entre outras autoridades, a esixencia de solucións para o seu desenvolvemento. A Asemblea Xeral da RIET, reunida en Coimbra, coa participación por primeira vez das organizacións empresariais de toda a fronteira hispanolusa, aprobou presentar os responsables da axenda do próximo Cumio Ibérico, unha serie de demandas que consideran claves para o desenvolvemento deste territorio. Ademais, a RIET propuxo recuperar os 600 millóns de euros de Fondos Comunitarios Interreg, que o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero desviou cara a outras fronteiras. Reunidos en catro ámbitos: mobilidade, infraestruturas, desenvolvemento económico e articulación social, a Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas aprobou as seguintes medidas que serán remitidas ás axendas do próximo Cumio Ibérico.

'Circuíto de creatividade' na Eurocidade Chaves-Verín A sede da Eurocidade Chaves-Verín (antigua aduana de Feces de Abaixo) acolleu ata o 1 de abril a exposición 'Circuíto de creatividade', conformada por obras de oito artistas lusos e galegos. O principal obxectivo do proxecto foi promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude, para que os/as mozos/as se queden a vivir e a traballar na zona transfronteiriza galego-portuguesa. Nesta mostra participaaron autores como Andrea Valado Díaz, Tania Pérez Arribas, Aída Rodríguez Donoso, Jacobo Lorenzo Nespereira, Joan Morera Arbones, Lis María García Calvo, Hugo Moreira Flores e Inês Bravo.

A Eurocidade convertese nunha 'Smart Community' Os alcaldes de Verín e Chaves, Juan Manuel Jiménez Morán e João Gonçalves Martins Batista respectivamente, asinaron un convenio con Jorge Cebreiros Arce, presidente da Asociación Multisectorial de Nuevas Tecnologías de la Información e Comunicación (INEO), co obxecto de formar parte do proxecto nacional IntelligenTIC, permitindo desta forma sentar ás bases para transformarnos na primeira Eurocidade intelixente da Península Ibérica. Este proxecto baséase na necesidade de identificar puntos de encontro entre as AEIs implicadas nalgún dos seis piares de actuación das Smart Cities: economía, persoas, goberno, mobilidade, ambiente e vida diaria. O obxectivo é poñer en marcha proxectos intersectoriais, integrados nunha estratexia única, baseada na sostibilidade e a eficiencia. "Coa firma deste convenio, ratificámonos na nosa aposta pola innovación vinculada á mellora da eficiencia, facendo posible que grazas á colaboración entre as agrupacións empresariais innovadoras e as administracións locais poidamos poñer en marcha proxectos intersectoriais capaces de dotar a Chaves e Verín dunha mellor xestión, unha maior mobilidade e duns niveis de eficiencia enerxética superiores aos actuais nos que os avances tecnolóxicos sirvan para integrar a todos os axentes que interveñen na súa xestión diaria, e facer da Eurocidade unha comunidade intelixente, eficiente, moderna e sostible", recordou o alcalde de Verín.

A Eurocidade inauguraron a exposición de artes plásticas '18 Artistas Eurocidade Chaves-Verín' A Sala Multiusos do Centro Cultural de Chaves acolleu a exposición '18 Artistas Eurocidade Chaves-Verín', unha mostra colectiva de artistas dos dous municipios. Participaron en esta exposición de artes plásticas nove artistas flavienses e nove verinenses: Agostinho da Silva, Alfredo Cabeleira, Dinis Ponteira, Fernanda Reis, Leonel Santos, Nuno Duque, Priscila , Ricardo Costa, Sílvio Manuel, Anxos Borjas, Aurora López, Beny, Fernando Barreira, Iolanda Rodríguez, Karma Gösbur, Marilar Salgado, Santamarina y Xosé Rivada. Tras Chaves, a exposición tamén visitará o Vidago Palace Hotel en maio, a Biblioteca Municipal de Valpaços en xuño e a Casa do Escudo de Verín en xullo. Esta iniciativa pretende retomar a promoción de exposicións conxuntas entre Chaves e Verín, dada a enorme riqueza existente no territorio da Eurocidade de artistas plásticos, co obxecto de apoiar, fomentar e dar a coñecer a creatividade e talento dos artistas locais, a través da realización de exposicións comúns de artistas flavienses e verinenses.

A Eurocidade satisfeita pola decisión de non esixir a guía de cirulación a vehículos comunitarios en Portugal A Dirección de Impostos sobre Vehículos da Autoridade Tributaria e Alfandegueira de Portugal ditou un oficio que flexibiliza os supostos nos que ha de obterse a denominada Guía de Circulación para circular polo país para transportistas cuxos vehículos estean matriculados na UE. O oficio 35018/2013 de data 14 de marzo de 2013 vén a modificar os supostos en que ha de obterse a Guía de Circulación para circular por Portugal cando o vehículo está matriculado nun Estado membro da Comunidade Europea. En concreto, por medio do devandito oficio suprímese a obriga de obtela se o vehículo lixeiro de uso profesional matriculado e propiedade de empresa de país membro da Unión Europea é conducido por un/unha empregado/a da mesma que non teña establecida a súa residencia en Portugal. No caso de residir o/a traballador/a en territorio portugués, si sería obrigatorio tramitar o oportuno procedemento para obter a referida Guía. A Eurocidade Chaves-Verín mostra a súa satisfacción polo resultado do traballo realizado en conxunto con outras entidades de cooperación transfronteiriza co fin de flexibilizar os requisitos para a obtención da referida guía de circulación en beneficio dos empresarios españois.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.