Boletín Eurocidade 12 GL

Page 1

EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 12 Xaneiro 2013

a eurocidade da auga

CONCELLO DE VERÍN

1

A Eurocidade Chaves-Verín participou no programa 'Xuventude en Movemento’ A Eurocidade Chaves Verín participou, os días 26 e 27 de outubro, no programa 'Xuventude en Movemento' ('Youth on the move'), que se desenvolveu en Tui (Pontevedra), e que se trata dunha iniciativa da Estratexia Europa 2020 para fomentar a mobilidade, educación, emprego e espírito empresarial entre a mocidade. Esta iniciativa incluíu a realización de actividades lúdico-educativas como Andaina Erasmus, seminarios -'Networking e busca de emprego', 'Innovación no ámbito rural', 'A ciencia como profesión' ou 'A formación profesional'-, debate 'Aprender idiomas en España’, concursos, concertos e maxia gratuítos, postos expositivos e actividades de celebración do vixésimo quinto aniversario do programa Erasmus. A Eurocidade Chaves-Verín contou cun representante no acto inaugural e un stand expositivo propio, entre os postos de entidades relacionados con mocidade e cooperación, no que persoal da Eurocidade informou sobre o proxecto, iniciativas comúns, eventos e o seu territorio. Ademais, e no marco do programa de animación, participou o grupo de música 'Clave' de Chaves que ofertou dous miniconcertos. 'Xuventude en Movemento' percorreu, da man da Comisión Europea e a colaboración de entidades rexionais e locais, varias cidades europeas para dar resposta aos retos a que se enfrontan na actualidade os/as mozos/as e así que teñan éxito na economía do coñecemento.

Conferencia-coloquio 'Sayago Peregrino: Ruta do Unicornio' na sede da Eurocidade Chaves-Verín Na sede da Eurocidade Chaves-Verín realizouse o 6 de novembro, a conferencia-coloquio 'Sayago Peregrino: Ruta do Unicornio'. A mesma foi impartida por Antonio Acha, director-xerente do balneario de Almeida de Sayago, que presentou o Proxecto Sayago Peregrino 2012, creado para promocionar a comarca de Sayago e a 'Ruta do Unicornio'. Unha ruta transfronteiriza que conecta Bragança co Camiño Portugués Interior de Santiago, e percorre as localidades de Almeida, Miranda do Douro, Bragança, Eurocidade Chaves-Verín, Xinzo de Limia, Ourense, Lalín, Santiago e Fisterra. O Proxecto Sayago Peregrino 2012 está organizado pola Asociación para el Desarrollo Económico Rural Integral de Sayago e o municipio de Almeida de Sayago (Zamora).

Exposición “12 Artistas da Eurocidade” no Centro Cultural de Chaves A Sala Multiusos do Centro Cultural de Chaves acolleu do 16 de novembro ao 31 de decembro a exposición '12 Artistas da Eurocidade', organizada polo Concello de Verín, Associação Chaves Viva, coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín e o Municipio de Chaves. Na mostra participan doce artistas (pintores, escultores e fotógrafos) verinenses e flavienses: Alvárias, António Pizarro, Carina Nascimento, Julio Pousada, Leonardo, Manuela Cabugueira, Manuela Pinheiro, Manuela Sánchez, Mário Lino, Marisa Pardo, Paulo Fontinha e Pedro Araujo. Esta mostra conxunta pretende retomar a promoción de exposicións conxuntas entre Chaves e Verín, ininterrumpidas ata 2008, dada a enorme riqueza existente no territorio da Eurocidade de artistas plásticos, co obxecto de apoiar, fomentar e dar a coñecer a creatividade e talento dos artistas locais, a través da realización de exposicións comúns de artistas flavienses e verinenses. PÁGINA 8

A conferencia 'Eurocidade Chaves-Verín: un territorio innovador para o desenvolvemento de oportunidades' no 1º Congreso Territorial do Noroeste Ibérico Na xornada do 9 de novembro, o campus Noroeste da UNED recibió a conferencia 'Eurocidade Chaves-Verín: un enclave innovador para o desenvolvemento de oportunidades', dentro do 1º Congreso Territorial do Noroeste Ibérico, impartida polo Secretariado Técnico Conxunto da Eurocidade. Este primeiro congreso naceu coa convicción de que existe unha realidade xeográfica, histórica e cultural con coherencia interna e susceptible de ser abordada desde postulados de cooperación, sostibilidade e cohesión social e territorial, de acordo cos principios e esixencias da Estratexia Territorial Europea (ETE) e coa idoneidade precisa para adaptarse á Axenda Territorial Europea (ATE), co propósito de constituír un evento de cooperación interterritorial que favoreza a integración dos pobos que conforman esa realidade apuntada: o Noroeste Ibérico, que comprende as catro provincias galegas, Asturias, León, Zamora e Salamanca, ao que engade o territorio da Rexión do Norte de Portugal. A conferencia 'Proxecto Eurocidade Chaves-Verín: un enclave innovador para o desenvolvemento de oportunidades' tuvo coma obxecto dar visibilidade ao proxecto de cooperación transfronteiriza Chaves-Verín, como un territorio innovador a nivel ibérico, no que en menos de catro anos de funcionamento xa se afianzou como un laboratorio de Eurocidadanía, n proxecto que representa todo un exemplo de integración cidadá a todos os niveis.

Unha ducia de mozos europeos participan no seminario 'A participación xuvenil nas agrupacións transfronteirizas' da Eurocidade A sede da Eurocidade Chaves-Verín acolleu do 19 ao 24 de novembro o seminario 'A participación xuvenil nas agrupacións transfronteirizas' na que participan unha ducia de mozos e mozas das Eurorrexións AquitaniaEuskadi e Ister-Granum (Hungría-Eslovaquia) e da Eurocidade ChavesVerín. Durante o acto inaugural na súa intervención ambos os dous alcaldes insistiron na importancia da Eurocidade coma un espazo onde se axuda a construír Europa, unha Europa que en Chaves e Verín construímos de abaixo a arriba e onde os mozos representan, xunto coa fronteira, a nosa maior oportunidade para crecer e superar as dificultades. Unha realidade que xa foi reflectida nas actuacións desenvolvidas nos últimos catro anos na Eurocidade Chaves-Verín como: creación dunha oficina de xuventude transfronteiriza -como punto de información, orientación e sensibilización sobre as oportunidades, programas e actividades da Unión Europea-, materialización dun local de ensaios transfronteirizo, organización de cursos de lingua portuguesa e castelá orientados á actividade profesional, implementación de cursos de formación en proxectos europeos ou exposicións colectivas de artistas. O devandito seminario tivo como obxecto impulsar que os/as representantes de colectivos e líderes xuvenís de distintas agrupacións transfronterizas europeas puideran debater sobre as súas propias realidades e compartir as súas experiencias sobre participación xuvenil; e así xerar novos materiais e recursos para o traballo coa xuventude. Así unha ducia de participantes compartiron as súas realidades con mozos europeos de cidades transfronterizas co obxecto de: visibilizar a realidade da xuventude residente en localidades transfronterizas, fomentar a participación xuvenil e a empregabilidade entre a xuventude das zonas europeas transfronteirizas en xeral, e das localidades participantes no seminario en particular, promover un espazo de intercambio de experiencias entre dinamizadores/as, facilitador/as e líderes xuvenís de rexións transfronterizas; proporcionar os medios para a creación dunha rede europea de localidades transfronterizas de cara a futuros proxectos conxuntos e xerar novos recursos e ferramentas para a promoción da participación xuvenil en áreas transfronterizas.


EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 12 Xaneiro 2013

a eurocidade da auga

CONCELLO DE VERÍN

2

Xornada informativa do Proxecto Arraiano na Eurocidade

'A Eurocidade da Auga', nova marca turística de Chaves e Verín

A sede da Eurocidade Chaves-Verín acolleu o 27 de novembro, unha xornada informativa, dirixida á cidadanía, sobre o proxecto Arraiano. Devandito proxecto, financiado pola Deputación de Ourense e o FEDER da Unión Europea, tivo coma obxectivo mellorar o benestar e a calidade de vida dos/as cidadáns/nas das comarcas de A Limia e Monterrei, nas que se cometeron actuacións de instalación de banda ancha de Internet, axudas ao comercio, melloras do contorno natural, de accesibilidade e mobilidade e preservación do patrimonio cultural.

Na sede da Eurocidade presentouse a súa nova marca turística 'A Eurocidade da Auga', asentada en novos produtos diferenciados neste ámbito: Guía Turística, Mapa Turístico e Mapa Xeoreferenciado. Durante a presentación da marca turística 'A Eurocidade da Auga', amosáronse os diferentes produtos diferenciados realizados no ámbito turístico. Xa que a actividade turística, especialmente a que se orixina da explotación dos recursos termais, etnográficos, gastronómicos ou patrimoniais asúmese como un dos principais catalizadores do desenvolvemento e creación de riqueza do espazo xeográfico Eurocidade Chaves-Verín. O obxectivo xeral dos concellos de Verín e Chaves é sentar as bases precisas para a creación dun destino turístico diferenciado centrado na saúde e o lecer. Un destino que atraia a viaxeiros/as, turistas ou visitantes a coñecer os nosos recursos e a nosa diferenciación como enclave transfronteirizo europeo, asentado na auga, viño e gastronomía. Por este motivo, as actuacións que se desenvolveron ata o momento (programas de termalismo, visitas guiadas pola Eurocidade, material e accións de promoción conxuntas ou presenza en feiras mediante un stand propio, único e diferenciado) engádense catro produtos novos que materializan a estratexia conxunta dos concellos: web de turismo, guía turística, mapa do territorio e mapa xeoreferenciado.

'III Festival de Teatro Entreculturas da Eurocidade’ A Casa da Cultura de Verín acolleu na primeira quincena de decembro as representacións do 'III Festival de Teatro Entreculturas da Eurocidade', no que participarán grupos e compañías de teatro amateur de Galicia e TrasOs-Montes. O festival estivo promovido pola Eurocidade Chaves-Verín dentro do seu programa de actividades de fomento da cultura transfronteiriza.

Campaña solidaria de Nadal 'Espalle alegría na Eurocidade Chaves-Verín’ A Eurocidade Chaves-Verín, Câmara Municipal de Chaves e Concello de Verín asociáronse este ano á campaña solidaria de Nadal, levada a cabo por cuarto ano consecutivo por Gráfica Sinal e pola asociación xuvenil A Voz da Juventude, alargando á mesma ao outro lado da raia, e convertendo así a iniciativa nunha campaña de solidariedade inédita de cooperación transfronteiriza, que uniu dúas localidades e dúas linguas nun único obxectivo común, para axudar a familias necesitadas do territorio da Eurocidade. Esta campaña dividiuse en varias actuacións: Recollida de alimentos non perecedeiros en carros solidarios en diferentes supermercados e visita a diferentes centros de estudo de Chaves para que os nenos/as puidesen participar nesta campaña. Tamén en diferentes actividades deportivas onde a entrada era a entrega dun alimento. Así como no concerto de clausura da campaña por parte da Academia de Música Daniel Louro. ”Cambie un xoguete por un piñeiro para o Nadal”, na que a poboación de Verín e Chaves que quiso adornar as súas casas cun piñeiro natural, poidan realizalo gratuitamente a cambio da entrega de xoguetes. Entrega de xoguetes usados para repartir entre os máis necesitados da Eurocidade. 'Espalle alegría na Eurocidade Chaves-Verín' comenzou o 3 de decembro, na sede da Eurociudade, onde o Coro Infantil do Agrupamento Dr Júlio Martins interpretou vilancicos diante dos rexedores de Verín e Chaves, e participou na decoración e arranque da árbore do Nadal da Eurocidade con menores verinenses, dando así inicio ás festas do Nadal.

Web de turismo Renóvase a web de turismo da Eurocidade Chaves-Verín, adaptándoa ao/á visitante, con acceso aos contidos principias de información en tres idiomas. Desde a mesma ofértase información nos seguintes apartados: - VEN E DESCOBRE/ COÑECE/ SABOREA/ CÓIDATE. A nova web tamén permite o acceso ao xeoportal turístico a través de un só clic e permite a descarga en PDF dos produtos turísticos Eurocidade: guía turística, guía de servizos, mapa, folleto promocional Eurocidade, folleto Eurocidade da Auga, folleto patrimonio balneario ou carta de aguas. Guía Turística da Eurocidade É a primeira guía turística dunha Eurocidade en Europa con información práctica ao/á visitante sobre o patrimonio histórico-artístico, arqueolóxico, natural, etnográfico, museos, termas e balnearios, enogastronomía, festas populares e as rutas de lecer. Esta guía compleméntase cun amplo anexo que recolle todos os servizos e recursos de interese ao/a visitante (hoteis, restaurantes, oficinas de información turística, museos e centros de interpretación). A guía reflicte a estratexia de complementariedade dos dous municipios co fin de deseñar un destino turístico único. A guía turística posicionarase en definitiva, como o primer producto de promoción turística e de comunicación da Eurocidade. Mapa turístico da Eurocidade O mapa turístico mostra o conxunto do territorio da Eurocidade e os planos dos centros urbanos de Verín e Chaves. No mesmo recóllense os principais recursos turísticos para visitar, xa catalogados na guía turística. Mapa Xeoreferenciado da Eurocidade A innovación e a incorporación das tecnoloxías aplicadas ao turismo son parte da estratexia dos concellos de Chaves e Verín, convertendo esta experiencia na primeira interactiva nunha Eurocidade na Unión Europea. O mapa interactivo xeoreferenciado permite ao/á turista, a través dun só clic, consultar todos os recursos turísticos dos dous municipios. O mapa aloxarase na páxina web da Eurocidade Chaves-Verín. E entre os recursos que o/a navegante pode ollar están: restaurantes, hoteis, patrimonio artístico, patrimonio natural, vida nocturna, campos de xogo e lecer, equipamentos culturais ou deportivos). Este completo catálogo interactivo permite ao/á visitante planificar a súa viaxe á Eurocidade, compartir nas redes sociais os seus recursos preferidos, exportar a información ao seu navegador ou Smartphone, e visibilizar a Eurocidade a través do Google Earth.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.