Newsletter da Eurocidade nº2

Page 1

Eurocidade Chaves-Verín c h a v e s - v e r i n

Nº 2 - Febreiro 2010

UE FEDER Invertemos no seu futuro

Saúdos dos alcaldes, Percorrido un ano desde a primeira publicación da newsletter, imos continuar a transmitir as accións, eventos e actividades que, no ámbito deste proxecto, se realizan e reflexionan os avances e pasos que, desde xullo de 2007, coa entrada de Verín no Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, comezamos a desenvolver en conxunto. Para a Eurocidade, o ano de 2009 supuxo un gran impulso na configuración dunha zona franca social e na divulgación do proxecto desde o punto de vista institucional, académico e comunitario. A Eurocidade, ademais de ser presentada a deputados e senadores portugueses e galegos, e de ser exemplo de investigación e coñecemento de estudantes, investigadores e profesores de distintas universidades europeas, participa activamente no proxecto europeo “URBACT-EGTC”, que coloca en rede varias entidades transfronteirizas de Europa e pretende concretar intercambios e traballos sobre o desenvolvemento das súas ferramentas de gobernación transfronteiriza local. Por outra banda en 2009, a Eurocidade, en conxunto con máis 11 entidades transfronteirizas que traballan actualmente na fronteira hispano-lusa, participou na constitución da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas, formando actualmente parte da súa comisión executiva. Ao mesmo tempo, a realización de numerosas actividades nos ámbitos da educación e deporte contribúen nunha maior interacción dos cidadáns flavienses e verinenses que, simultaneamente se familiarizan co concepto e significado que constitúe a Eurocidade, de modo que, desde o inicio, son os propios cidadáns os que van dando forma á zona franca, a través da participación en actividades deportivas, educativas e culturais. Esperamos que con esta publicación, os destinatarios da newsletter poidan seguir periodicamente o que se realiza na Eurocidade, e no seu camiño en dirección á consolidación dun espazo común para os cidadáns de Chaves e Verín.

João Gonçalves Martins Batista Alcalde-Presidente Municipio de Chaves Juan Manuel Jiménez Morán Alcalde-Presidente Concello de Verín

O Proxecto da Eurocidade foi aprobado na 1ª convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2007-2013 A “Eurocidade Chaves-Verín” constitúe un proxecto pioneiro a nivel da Península Ibérica e tamén de Europa, exemplarizando un novo modelo de cooperación de segunda xeración que vai máis aló da colaboración institucional, e do sumatorio de simples programas e iniciativas de cooperación, potenciando a asunción de que é posible adoptar un novo modelo de cidadanía europea. O proxecto da “Eurocidade Chaves-Verín” pretende a posta en común dos recursos, a través do planeamento e xestión conxunta de servizos e equipamentos dos municipios fronteirizos de Verín e de Chaves. Entendeuse que a mellor forma de alcanzar esta meta sería a través da cooperación estratéxica, fundamentada en complementariedades, recursos endóxenos e nunha historia de convivencia secular, seguindo as orientacións da UE e aproveitando os instrumentos que esta institución pon a disposición da cooperación sustentada. Aprobado pola Comisión Europea, o Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2007-2013, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, promove o desenvolvemento das zonas fronteirizas entre España e Portugal e permite aproveitar as amplas redes de cooperación existentes que se están a desenvolver desde 1989, con execución de proxectos de infraestruturas materiais, ás que se incorporaron progresivamente outros sectores como o turismo, servizos sociais, medio ambiente, innovación tecnolóxica, sanidade, educación ou cultura. En febreiro de 2009, o proxecto da Eurocidade Chaves-Verín foi aprobado polo Comité de Xestión do POCTEP, dentro do eixo prioritario de cooperación e xestión conxunta para a integración socio-económica e institucional. A súa aprobación permitirá a concretización das liñas de acción definidas na “Axenda Estratéxica da Eurociudad ChavesVerín”. Ademais dos municipios de Chaves e Verín, o grupo do proxecto está constituído polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia, polo Instituto Portugués da Juventude e pola Deputación de Ourense. En primeiro lugar, o proxecto pretende dotar a Eurocidade Chaves-Verín dunha estrutura que garanta un funcionamento eficiente, constituíndo o Gabinete de Apoio Técnico e estando aínda en curso a rehabilitación da antiga aduana española en Feces de Abaixo, onde se instalará a futura “Xanela da Eurocidade”.

O proxecto da Eurocidade está estruturado en 3 eixos estratéxicos: Eixo 1 - Eurocidadanía: Preténdese envolver as poboacións no proxecto, para que coñezan as vantaxes da cooperación transfronteiriza. Neste eixo, a principal prioridade pasa pola creación dunha tarxeta do eurocidadán e pola creación dunha oferta de servizos comúns. En colaboración coas institucións de apoio á mocidade está en curso a implementación do Despacho da Mocidade e do Local de Ensaios Transfronteirizos. A Axenda Cultural da Eurocidade e o desenvolvemento de actividades de formación para unha eurocidadanía son as accións que pechan este eixo. Eixo 2 Dinamización Económica: O obxectivo é promover a creación dun tecido económico competitivo, emprendedor e capaz de xerar valor engadido. Preténdese fomentar a cooperación activa dos distintos axentes sociais, así como dos principais recursos endóxenos, nos sectores do turismo, comercio e empresas. A creación dunha Unidade de Desenvolvemento de Produtos Turísticos, a promoción dunha Fronteira Comercial Aberta e a creación dun Forum Económico e Empresarial da Eurocidade son as accións de maior relevancia. Eixo 3 - Desenvolvemento Sostible : Preténdese inventariar, coñecer, preservar e dinamizar o patrimonio natural común, a través da realización dun Estudo do Patrimonio Natural, Cultural e Histórico en torno ao río Támega e asentar as bases para a planificación conxunta do territorio.


Eurocidade Chaves-Verín

Nº 2 - Febreiro 2010

Memoria de Actividades da Eurocidade Chaves-Verín Xaneiro

- Promoción e realización de dous cursos de formación de lingua portuguesa - Presentación do proxecto Eurocidade aos deputados da Asemblea da República de Portugal polo distrito de Vila Real, aos deputados por Ourense no Parlamento da Galicia e no Congreso dos Deputados e aos eurodeputados Portugueses e Galegos - Caseta da Eurocidade na 3ª Edición da Feira Sabores & Saberes- de Chaves Febreiro - Caseta da Eurocidade no X Salón Galego de Gastronomía e Turismo, Xantar 2009 (Expourense) - Celebración dun protocolo de cooperación do Concello de Verín-Municipio de ChavesUTAD, para a realización de bolsas de estudios para alumnos da UTAD no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade - Participación dos institutos de Chaves no desfile de Entroido de Verín

- Seminario Temático 'Conurbacións transfronteirizas: potenciación da gobernación interna' do proxecto URBACT-EGTC, que contou coa participación en Chaves de representantes da política rexional europea e expertos na gobernación de entidades transfronteirizas Abril - Participación no Foro de Educación - Chaves 2009

Xullo-Agosto - 2ª Xornadas de Convivencia entre nenos de Chaves e Verín -Convive coas Linguas-

- 1ª Carreira Eurocidade Chaves-Verín

-

- Presentación do proxecto 'Eurocidade' no marco da celebración da IV Reunión da Comisión Luso-Española para a Cooperación Transfronteiriza, celebrada en Évora Abril-Xuño - 1º Torneo Eurocidade de Fútbol-Sala interparroquial Maio

- 1ª Edición do programa turístico de benestar da Eurocidade Chaves-Verín - Aprobación da candidatura do proxecto da Eurocidade Chaves-Verín presentada ao POCTEP

- 2ª edición do Programa Termalismo Social da Eurocidade

Marzo

- Celebración conxunta do Día Mundial da Infancia, coa realización de actividades no Pavillón Municipal de Deportes de Verín

- O proxecto Eurocidade suscita interese académico e institucional. Estudantes franceses da Universidade de Tours, acompañados por estudantes e profesores da Universidade do Porto visitan a Eurocidade Chaves-Verín

- Participación da Eurocidade no Seminario da Rede Ibérica, celebrado en Cáceres. En devandito seminario creouse a Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas da fronteira luso-española para actuar como lobby ante as institucións españolas, portuguesas e europeas

- Convocatoria dun novo curso de lingua portuguesa e española

- 1ª Ruta de sendeirismo da Eurocidade, na que cidadáns de Chaves e Verín percorreron unha das antigas rutas do contrabando

- Caseta da Eurocidade na Feira do Lázaro e na 2ª Edición do Certame Gastronómico - Vila de Verín-

para a organización conxunta de actividades extraescolares para o curso 2009-10

Xuño

- 1ª Reunión sobre seguridade e educación viaria, co obxecto de sentar as bases para a realización dun proxecto común no devandito ámbito - Participación da Eurocidade en Expo-Cidades do Eixo-Atlántico, en Vila Nova de Gaia - 1ª Reunión dos institutos de Chaves e Verín

Apertura da “Bibliopiscina” onde os nenos terán a disposición libros en portugués, galego e castelán

Setembro - 1º Torneo Internacional de Xadrez da Eurocidade Outubro - Organización da Semana de Educación e Seguridade Viaria na Eurocidade - Firma da Carta Europea de Seguridade Viaria polos municipios de Chaves e Verín - Participación na 9ª edición de Termatalia Feira Internacional do Turismo Termal, Te r m a l i s m o , Ta l a s o t e r a p i a e S p a (Expourense) Novembro - Eurocidade Chaves-Verín premiada como “Destino Turístico do Futuro”, concedido pola revista española “Viaxes e Turismo” Decembro - Lanzamento do 1º Concurso Fotográfico “Recursos Históricos e Naturais da Eurocidade Chaves-Verín” - Lanzamento do concurso para a creación da mascota da Eurocidade, “CHAVÍN”

Chaves e Verín asinan a Carta Europea de Seguridade Viaria

O presidente da Cámara Municipal de Chaves, João Batista, e o alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán asinaron o 16 de outubro de 2009 a Carta Europea de Seguridade Viaria, impulsada pola Comisión Europea co fin de reducir o número de vítimas de accidentes de tráfico. Esta actuación permitirá desenvolver accións concretas, entre os municipios de

Chaves e Verín, no ámbito da educación e seguridade viaria como son: realización de charlas-coloquios dirixidas a grupos de risco -alumnos/as de centros educativos, embarazadas, 3ª Idade e persoas con discapacidade ou mobilidade reducida-, reforzo do traballo das forzas e corpos de seguridade na regulación e ordenación do tráfico, desenvolvemento de campañas de seguridade viaria destinadas a reducir os accidentes de tráfico, promoción de cursos de educación viaria anuais co obxectivo de indicar cal debe ser o comportamento como peón, pasaxeiro e condutor; eliminación de barreiras arquitectónicas, mantemento e reposición de sinais de tráfico e sobre todo, repetir en anos posteriores, a 'Semana da Seguridade e Educación Viaria' na Eurocidade Chaves-Verín. Nesta actividade participaron a Dirección General de Tráfico, Jefatura Provincial de Tráfico, Agrupación Guardia

Civil de Tráfico de Verín, Policía Local de Verín, Policía de Segurança Pública e Guarda Nacional Republicana de Portugal. E a través da realización de charlas-coloquios e xornadas prácticas, como exposicións, exhibicións de medios, teatro ou actividades con karts, mostráronse actuacións conxuntas en materia de educación e seguridade viaria aos cidadáns das localidades de Verín e Chaves.


Eurocidade Chaves-Verín A Eurocidade Chaves-Verín presente en Termatalia 2009

En 2009, por segunda vez, Verín e Chaves acudiron de forma conxunta á Feira Internacional de Turismo Termal “Termatalia” que se celebrou entre o 16 e 18 de outubro de 2009 no recinto feiral de Expourense. Durante as tres xornadas da feira, os visitantes puideron coñecer o patrimonio termal, histórico e turístico de ambos municipios, unidos dende a antigüidade pola

auga, e a nova carta de augas da Eurocidade Chaves-Verín -realizada coa idea de ofertala aos restaurantes e hostaleiros das dúas cidades para que a usen cos seus clientes á semellanza do que se fai cunha carta de viños-; así como, degustar a auga minero-medicinal dos mananciais de Sousas, Cabreiroá e Fontenova e recibir masaxes gratuítosefectuados por especialistas das Termas de Chaves - Spa do Imperador. Ademais, sorteáronse tarxetas-regalo para estancias con aloxamento, programas termais ou ceas nos seguintes establecementos de Chaves e Verín. Termatalia converteuse no referente mundial para os profesionais do turismo termal, coa participación de expositores de catro continentes, e actuando como un nexo de unión entre Europa e América Latina.

Nº 2 - Febreiro 2010

Eurocidade premiada como “Destino Turístico de Futuro” A Eurocidade Chaves-Verín recibiu o premio de 'Mellor Destino Turístico de Futuro', concedido pola revista Viajes y Turismo, que distingue aos destinos nacionais e internacionais con iniciativas innovadoras e pioneiras no ámbito do desenvolvemento turístico. Este galardón recoñece o patrimonio termal, histórico e turístico dos municipios de Chaves e Verín; así como, a labor de divulgación do destino e a asociación deste ao termalismo, saúde, benestar e natureza. Nesta edición, a revista Viajes y Turismo tamén premiou a Galicia como “Completo destino turístico mirando cara ao Ano Xacobeo”. Xunto con Galicia, na sección nacional, resultaron galardoadas Ciudad Real, El Puerto de la Cruz, San Nicolás de Tolentino (Gran Canaria), D.O. Jamón de Teruel ou a comarca Entreparques de Castilla-La Mancha, entre outros. Xa dentro do apartado internacional os premios repartíronse entre India, a rexión de Campania (Italia), Malopolska (Polonia) e Madeira (Portugal).

Concurso para a creación do “CHAVÍN” a Mascota da Eurocidade Chaves-Verín Os concellos de Chaves e Verín convocan un concurso para deseñar a mascota da Eurocidade. “Chavín” será utilizada en todas as actividades deportivas, educativas e culturais que se realicen nos dous municipios. O concurso, que está destinado aos colexios de primaria e secundaria de ambos municipios, é de tema libre e ten por obxecto a creación dunha mascota que representará a Eurocidade. Os traballos deben ser colectivos, podendo estar realizados en calquera tipo de material. Cada escola poderá participar cun traballo, cunhas dimensións máximas de 40x75 cm. O traballo vencedor recibirá un ordenador e o primeiro exemplar da

mascota. Todos os participantes recibirán un certificado de participación. A maqueta da mascota vencedora será adaptada a un modelo en 3D, podendo sufrir modificacións en canto ás cores e o material. Os traballos deberán ser entregados antes do 26 de marzo de 2010, no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade -Concello de Verín e Divisão de Educação e Desporto da Câmara Municipal (Chaves)-. Os resultados do concurso serán publicados na Axenda cultural da Eurocidade correspondente ao mes de maio, indicándose igualmente o lugar e data da exposición de todos os traballos que terá lugar nos meses de maio e xuño no Municipio de Chaves e Concello de Verín.

I Concurso Fotográfico “Recursos Históricos e Naturais da Eurocidade Chaves-Verín” A Eurocidade promove a primeira edición do Concurso Fotográfico “Recursos históricos e naturais da Eurocidade”, destinado aos nenos e mozos de ambos municipios, co obxectivo de incentivar a súa capacidade artística, o interese pola fotografía e a importancia dos recursos naturais, históricos e culturais das dúas localidades. O concurso está destinado a nenos/as e mozos/as con idades entre os 6 e 15 anos. O tema será libre, así como os procedementos técnicos a adoptar, debendo obedecer ao tema xenérico. Os traballos deberán ser individuais e non está permitida a fotografia manipulada. Poderán ser entregadas

en papel fotográfico (20x15) ou en formato dixital, a través dun CD. Cada participante poderá participar con tres exemplares. O vencedor recibirá unha máquina fotográfica. Os resultados serán publicados na Axenda Cultural da Eurocidade do mes de maio de 2010, indicando igualmente o lugar e a data da exposición de todos os traballos, que terá lugar nos meses de maio e xuño do 2010, no Concello de Verín e na Câmara Municipal de Chaves. Os interesados deberán contactar co Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade - Concello de Verín e Divisão de Educação e Desporto da Câmara Municipal (Chaves)-.


Eurocidade Chaves-Verín

Nº 2 - Febreiro 2010

A Eurocidade Chaves-Verín elabora un Plan de Acción Local para solucionar obstáculos administrativos Representantes políticos e técnicos dos concellos de Chaves e Verín reuníronse, en Chaves, co obxectivo de elaborar un Plan de Acción Local destinado a solucionar os obstáculos administrativos e legais que xorden, no día a día, na organización das actividades que leva a cabo a Eurocidade Chaves-Verín. Durante a reunión, os participantes abordaron as competencias e vías de financiamento coas que conta cada municipio, factores que propician a cooperación e solucións aos obstáculos xurdidos.

Ademais, destacouse a importancia de involucrar aos cidadans e representantes dos axentes socio-económicos na xestión da

Eurocidade a través de comités consultivos. Devandito Plan de Acción Local estase elaborando no marco do proxecto URBACT-EGTC no que a Eurocidade participa como socio, xunto con outras entidades transfronteirizas do resto da Unión Europea. Esta iniciativa permite a Eurocidade coñecer os proxectos e maneiras de xestionar doutras entidades, así como exportar as actividades realizadas conxuntamente polos municipios de Chaves e Verín.

2º Torneio de Futsal Inter-freguesias/pobos Eurocidade Chaves-Verín A E u r o c i d a d e C h a v e s - Ve r í n promove, entre os meses de marzo e xuño, a 2ª edición do “Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín”. Este torneo ten como obxectivos principais ocupar o tempo libre dos eurocidadáns de forma saudable, promover o intercambio e a convivencia deportiva entre as diferentes parroquias dos dous municipios, e dinamizar as instalacións deportivas existentes. A actividade está dirixida a todas as parroquias de Chaves e Verín, que poderán participar cun único equipo, constituído por

individuos de ambos sexos. Os xogos terán lugar nos polideportivos de ambos concellos ata a clasificación dos vencedores de cada serie, que pasarán aos oitavos/cuartos de final. A partir desta fase, os xogos serán realizados no Pavillón Municipal de Chaves, coa final marcada para día 20 de xuño de 2010, integrada nas actividades da 7ª Semana do Deporte Flaviense. Os equipos de Chaves e Verín, interesados en participar na competición, deberán inscribirse ata o vindeiro 12 de marzo no Pavillón Municipal de Verín.

A Eurocidade Chaves-Verín presente en “Sabores e Saberes” A E u r o c i d a d e C h a v e s - Ve r í n participou, por terceiro ano consecutivo, na mostra 'Sabores e Saberes', celebrada os días 29, 30 e 31 de xaneiro de 2010 en Chaves. O obxectivo desta participación foi presentar aos visitantes información sobre este proxecto pioneiro de cooperación entre os dous municipios fronteirizos. Ademais, a caseta contou cunha exposición de artesanía e gastronomía da comarca de VerínMonterrei, para dar a coñecer as principais tradicións desta zona, así como coa figura do 'cigarrón', a personaxe máis emblemática do Entroido de Verín.

Enlaces de Interese Municipio de Chaves: http://www.chaves.pt Concello de Verín: http://www.verin.es Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular: http://www.eixoatlantico.com Instituto Portugues da Xuventude: http://ipj.juventude.gov.pt Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade: http://www.xuventude.net Deputación Provincial de Ourense: http://www.depourense.es POCTEP (Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013) http://www.poctep.eu

Eurocidade Chaves-Verín Av. da Cooperação, Edif. Inditrans, 5400-573 Chaves (PORTUGAL); Tel.: (+351) 276 928 003 Praza do Concello, 1, 32600 Verín (ESPANHA); Tel./Fax: (+34) 988 410 000 / 001 E-mail: europa@eurocidadechavesverin.org


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.