Eurocidade Chaves-Verín c h a v e s - v e r i n
Nº 4 - Marzo 2011
UE FEDER Invertemos no seu futuro
Saúdo dos alcaldes, Tras unha dura travesía, a Eurocidade ChavesVerín chegou a un punto de inflexión na súa folla de ruta, un punto de non retorno no que as bases están asentadas e os obxectivos inícialles, xa plasmados na Axenda Estratéxica no ano 2008, foron consolidados. En tres anos de funcionamento afianzámonos como un verdadeiro laboratorio de eurocidadanía e apostouse fortemente por nós dende a Eurorrexión e dende Europa para desenvolver un proxecto que representa un exemplo de integración cidadá a todos os niveis. Agora, xa comezado o ano 2011, temos por diante unha nova singladura, avalada unha vez máis pola UE e chea de retos que afrontamos coa mesma ilusión e entrega que o primeiro día. Deste espírito deixouse constancia na pasada reunión estratéxica do 4 de xaneiro onde o Grupo de Traballo da Eurocidade, presidido polo Conselleiro Alfonso Rueda, analizou o escenario aberto coa aprobación de novas candidaturas europeas. Un destes proxectos é o Centro de Formación Turístico-Termal e de Investigación da Auga cuxo obxectivo é consolidar a Eurocidade como destino de saúde e benestar europeo. Algunhas das accións previstas a curto prazo e que verán a luz nos próximos meses son: o lanzamento do Carné de Eurocidadán que simbolizará a unión e pertenza dos cidadáns a este territorio e que permitirá o acceso universal e compartido ás instalacións deportivas, culturais e de recreo dos dous barrios; a presentación da guía turística da Eurocidade "Dous países, un destino" ou o manual de boas prácticas para os comerciantes dun lado e do outro da raia. Os nosos obxectivos a medio prazo pasan por transformar a rede sanitaria de ambos os dous municipios nunha cidade da saúde, crear unha rede de transporte público que interconecte os dous barrios e poñer as bases para facilitar unha educación internacional sen barreiras. Non obstante, a asimetría institucional entre os dous países fai necesario seguir incrementando as nosas relacións institucionais para solucionar algúns dos problemas que transcenden o eixe de competencias da Eurocidade e permitan un aumento da mobilidade na fronteira. É unha realidade que a Eurociudade está de moda, a diario vemos noticias nos medios de comunicación dos éxitos que vimos obtendo, como o noso recente premio á excelencia polo "Proxecto de Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves-Verín" que a Comisión Europa outorga aos compromisos máis destacados de 2010 na Carta Europea de Seguridade Viaria. Todo iso avala o noso traballo e compromiso por seguir mantendo o liderado da cooperación local transfronteiriza e implicar a todo o tecido social e empresarial, especialmente nun momento de grave crise económica. En definitiva, achegar a Eurocidade aos flavienses e verinenses para que vexan nela un sentimento de orgullo e de posibilidades reais económicas, de benestar e de desenvolvemento. Joâo Gonçalves Martins Batista Alcalde-Presidente Municipio de Chaves Juan Manuel Jiménez Morán Alcalde-Presidente Municipio de Verín
A EUROCIDADE CHAVES-VERÍN CONTARÁ CUN CENTRO DE FORMACIÓN TURÍSTICO-TERMAL E DE INVESTIGACIÓN DA AUGA E UN SERVIZO DE TRANSPORTE TRANSFRONTEIRIZO O pasado 4 de xaneiro, a localidade de Verín acolleu unha nova reunión do Grupo de Traballo da Eurocidade Chaves-Verín, na que Alfonso Rueda Va l e n z u e l a , c o n s e l l e i r o d e P r e s i d e n c i a , Administracións Públicas e Xustiza aceptou a presidencia do mesmo e tamén se repartiron os primeiros carnés de Eurocidadáns aos representantes institucionais presentes. No acto presidido por Rueda Valenzuela, e que contou ca presencia do coordinador da Comunidade de Trabalho Galiza-Norte de Portugal CCDR-N, Nuno Almeida, o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Plácido Álvarez, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, o presidente do Municipio de Chaves, João Gonçalves Martins Batista, o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, a administradora da Delegação Turismo Saúde e Bem Estar - Entidade Regional de Turismo do Porto e Norte de Portugal, Ana Ladeiras, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús María Gamallo Aller, o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, o delegado territorial de Ourense, Rogelio Martínez González, e o xefe do negociado de Desenvolvemento Local e Recursos Europeos Deputación de Ourense, Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa González, presentáronse no só o informe do Secretariado Técnico Conxunto realizado por Luis Meiriño, secretario da Comisión Executiva da Eurocidad, no que se explicaron as actuacións realizadas e futuras-, senón tamén o 'Estudio de Transportes da Eurocidade' -a cargo de Miguel Rodríguez Bugarín-, 'Centro de Investigación Turístico-Termal e Investigación da Auga' -efectuado por Carmen Pardo López-, 'Cidade da Saúde' -realizado por Xoan Vázquez Mao- e “Estratexia de cooperación institucional da Rexión do Norte' -a cargo de Nuno Almeida-.Ao longo do mesmo, o secretario xeral do Eixo Atlántico indicou que, ata o momento, se cumpriron todos os compromisos e calendarios asumidos polo Grupo de Traballo da Eurocidade, tanto no referente á presentación da Axenda Estratéxica, “presentada en menos dun ano e que recolle o que a poboación de Verín e Chaves quere que sexa a Eurocidade”, a aprobación de candidaturas europeas presentadas e a remodelación da estrutura operativa, encargada de coordinar os novos proxectos da Eurocidade, e que estará conformada por un Grupo de Traballo, presidido por Alfonso Rueda, unha Comisión Executiva por Jesús Gamallo Aller e un Secretariado Técnico acompañado dun gabinete de apoio técnico. Con respecto ás candidaturas, o Vázquez Mao recordou que nestes dous anos, a Eurocidade Chaves-Verín, logrou catro proxecto aprobados, tres POCTEP (Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España Portugal), e un URBACT, “algo inusual, pero que revela o traballo ben feito por parte da Eurocidade”, dos que os dous xa se realizaron e os restantes “poranse en marcha a finais de xaneiro ou principios de febreiro”. Unha destas candidaturas é a do Centro de Formación Turístico-Termal e de Investigación da Auga, presentado aos asistentes por Carmen Pardo López, secretaria xeral para o Turismo. Un proxecto, cun orzamento de 1.786.923,20 euros -75% financiado por Fondos Feder- e no que colaboran a Deputación de Ourense, Secretaría Xeral para o Turismo e Turismo do Porto e Norte de Portugal,
Sociedade Portuguesa de Hidroloxía Médica e Asociación de Termas de Portugal. O mesmo ten como obxectivo a construción e posta en funcionamento do Centro de Formación TurísticoTermal e de Investigación da Auga Transfronteirizo, conformado por unha Escola Hostaleira Termal (Verín) e un Balneario-Escola e Laboratorio de Investigacións Termais e da Auga (Chaves). Unha acción destinada ao desenvolvemento da formación de calidade, investigación e promoción como destino de saúde e benestar de GaliciaNorte de Portugal, para lograr a consolidación do Clúster da Auga, e na que tamén se incluirá unha ruta transfronteiriza termal e da auga, similar a actuación 'Rutas do Viño de Galicia e Norte de Portugal'. Por outra banda, o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, presentou un 'Estudio de Transportes da Eurocidade', que abre a posibilidade de poñer en funcionamento un servizo de transporte público entre Verín e Chaves e que “sería o primeiro da Península Ibérica”, indicou o secretario xeral do Eixo Atlántico, “tanto na fronteira de España con Portugal como con Francia”. Tamén Vázquez Mao, durante a presentación de 'Cidade da Saúde', indicou que nun prazo inferior a dous meses celebrarase unha reunión entre os titulares de sanidade de Galicia e Portugal, “co obxecto de que se comece a traballar na planificación e compartimento de recursos e servizos á poboación entre os dous municipios e rexións, é dicir, dar máis con menos”. Unha cuestión apoiada polo titular de Presidencia que indicou que “a Eurocidade, tanto cos proxectos realizados como futuros, revela a existencia dun modelo de cooperación transfronteiriza na que os cidadáns poidan comprobar os efectos positivos e beneficios da mesma, e conforman un exemplo para toda a fronteira entre Galicia e Norte de Portugal”. Ademais engadiu que os proxectos presentados son de “transcendencia inmediata “, como o “de termalismo, no que se aproveitan os recursos de aquí e alá, e situarase á cabeza en materia de recursos termais de Galicia e norte de Portugal” ou “o de transporte entre o barrio norte e sur, como indicaron diferentes poñentes, e que reflicte un xeito de expresar a compenetración e cooperación existente entre Chaves e Verín”. Na mesma liña expresouse o rexedor de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, que entregou xunto co seu homónimo de Chaves, João Gonçalves Martins Batista, os primeiros carnés do Eurocidadán, e afirmou que “os dous municipios teñen o reto de ser un laboratorio de construción de cidadanía europea, destinado a mellorar a calidade de vida de verinenses e flavienses”.
Eurocidade Chaves-Verín
Nº 4 - Marzo 2011
MEMORIA DE ACTIVIDADES DA EUROCIDADE CHAVES-VERÍN SETEMBRO
NOVEMBRO
iVI Maratona Rota do Presunto Chaves-
iII Semana da Educación
Verín iVisita
e Seguridade
Viaria da Eurocidade Chaves-Verín i4º
técnica de unha delegación do
goberno
EMAX - Encontro e Mostra Asociativa
Xuvenil de Portugal e Galiza i5ª Edición do Programa de Termalismo
brasileiro á Eurocidade
Social Eurocidade Chaves-Verín
OUTUBRO iEurocidade presente enTermatalia
DECEMBRO
iExposición
iXornadas do Empreendedorismo da
“Arte e Actividades da
Eurocidade Chaves-Verín
Eurocidade
iCampaña de Nadal: dinamización do
Chaves-Verín “
Comercio tradicional.
iPresentación do proxeto nos centros
educativos da Eurocidade
PRÓXIMAS ACTIVIDADES FEBREIRO
XUÑO
XULLO
iFeira de Sabores & Saberes de C h a v e s
iDia Mundial da Infancia
iConvive coas Linguas 2011
MARZO
i3º Torneo de Futsal Inter-freguesias/
iDesfile infantil do Entroido de V e r í n
ABRIL
AGOSTO iConvive coas Linguas 2011
Pobos - semifinais e final i3ª Andaina da Eurocidade
SETEMBRO
i3º Torneo de Futsal Inter-freguesias/
iSemana Europea da Mobilidade
Pobos
( incluido o dia da bicicleta na Eurocidade
iMaios na Fronteira
i3ª
iFeira do Lázaro
Eurocidade
Semana de Seguridade Viaria na
MAIO
OUTUBRO
i3º Torneo de Futsal Inter-freguesias/
iTermatalia 2011
Pobos
NOVEMBRO
i6ª Edición do Programa de Termalismo
iSeminario
Social
“Eurocidade Chaves-Verín:
novos desafios”
iIº Fórum de Educación na Eurocidade
i7ª Edición do Programa de Termalismo
Chaves- Verín: “Educación para a Saúde”
Social.
TRABALLADOR FRONTEIRIZO En virtude da normativa comunitaria, o termo
No ámbito fiscal, os convenios bilaterais de dobre
EURES Transfronterizo Galicia-Norte Portugal
"traballador fronteirizo" designa a todo traballador
tributación, determinan o réxime tributario dos
Dentro desta rede, EURES Transfronterizo
que desempeñe o seu labor no territorio dun
traballadores fronteirizos. No caso das relacións
Galicia-Norte Portugal, foi creado para dar
Estado membro e resida no territorio doutro
entre España e Portugal, non hai unha zona
información específica ligada á mobilidade
Estado membro, ao que regresa en principio cada
fronteiriza, sendo a tributación no Estado de
fronteiriza de traballadores e empresarios nesta
día ou polo menos unha vez por semana. Con
residencia.
Eurorrexión. O Servizo EURES Transfronteirizo:
todo, esta definición, que ademais dos elementos
A REDE EURES
intrínsecos de desprazamento desde o domicilio
Creada en 1993, EURES é unha rede de
demandas de emprego na área fronteiriza Galicia-
* Facilita o acceso á información sobre ofertas e Norte de Portugal;
ao traballo a través dunha fronteira conserva a
cooperación entre a Comisión Europea e os
condición temporal do regreso cotián ou semanal
servizos públicos de emprego europeos dos
ao domicilio, só se aplica á protección social dos
Estados membros e outras organizacións
traballadores afectados no interior da Unión
asociadas. O propósito de EURES é facilitar
Europea.
información,
asesoramento
e
Unha vez finalizado o contrato de traballo, antes
contratación/colocación (procura de emprego)
de regresar ao seu país de orixe é importante
aos traballadores e empresarios, así como a
regularizar a súa situación no país de traballo na
calquera cidadán que desexe beneficiarse do
Seguridade Social. Tamén debe solicitar: * os modelos E301 e E303 na Seguridade
principio da libre circulación das persoas. Nas rexións fronteirizas de Europa EURES ten
Social para poder recibir o seu subsidio de
unha importante misión que cumprir para informar
desemprego no seu país de residencia, e
e axudar a resolver os problemas de todo tipo que
* o modelo E205, coa historia dos descontos, no país, da entidade de traballo.
poidan experimentar os traballadores que cruzan a diario a fronteira e as empresas nas que traballan.
* Informa sobre lexislación dos dous países en materia laboral, fiscal, social...; * Proporciona elementos informativos sobre condicións de vida e de traballo a ambos lados da fronteira; * Orienta en materia de formación e prácticas profesionais na rexión fronteiriza.
Eurocidade Chaves-Verín Programa Termalismo Social 5ª Edición
Unha delegación do Goberno brasileiro visita a Eurocidade Chaves-Verín
A nova edición do Programa de Termalismo Social, e xa son cinco, comenzou o día 9 de novembro e rematou ata o 18 do mesmo mes. Esta 5ª edición permite que as persoas maiores de 50 años acudan durante nove días, aos diferentes tratamentos que, en cada caso, o médico hidroloxista lles prescriba na consulta que se realiza no primeiro día. O valor do paquete desde 125 euros, según a tipoloxía e o número de tratamentos que o participante decida escoller, tras a consulta médica e respectiva prescrición clínica. O participante terá acceso ás prácticas termais que constan na táboa dos Programas de Termalismo Terapéutico en vigor, con un desconto do 50% sobre o prezo oficial. No paquete inclúese: transporte en autobús ata as Termas de Chaves e regreso a Verín, consulta do médico e acompañamento de enfermería, material necesario para acceder aos tratamentos termais (chancas, gorro e bolsa), así como albornoz e toallas durante os tratamentos. Esta edición consolidouse co aumento do número de participantes pasando de 22 que acudiron na 4ª edición a 40 participantes en esta última.
Nº 4 - Marzo 2011
Unha delegación do Goberno brasileiro composta por cinco membros pertencentes ás Meso-Rexións de Alto Simoneo, Vale do Río Acre e Gran Fronteira Mercosur visitan a Eurocidade Chaves-Verín, co obxecto de coñecer e intercambiar proxectos en materia de política de cohesión europea. Nesta visita, enmarcada dentro dun Memorando de Entendemento entre a Comisión Europea e o Ministerio de Integración de Brasil asinado en novembro de 2007, os participantes foron recibidos na localidade galega polo presidente da Câmara Municipal de Chaves, João Gonçalves Martins Batista, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, que realizaron unha breve presentación do proxecto de cooperación transfronteiriza da Eurocidade.
As Xornadas Luso-Galaicas congregan a 120 persoas e varios especialistas na materia “Pola súa localización, historia e vivencia, o municipio de Chaves ten no contexto do turismo cultural e relixioso un papel esencial, xa que é un territorio con moitas ofertas, sobre todo no turismo de saúde e benestar”, así o adiantou o alcalde na sesión inaugural das IV Xornadas Luso-Galaicas de Turismo Cultural e Relixioso, que se realizaron en Chaves, os días 29 e 30 de Outubro. João Batista salientou, por iso, a importancia da explotación dun recurso fundamental para a economía da rexión: a auga. Ao longo dos dous días, a iniciativa contou con 120 participantes e un conxunto de especialistas de elevada calidade para debater varios asuntos, entre eles o “desenvolvemento do turismo cultural e relixioso en territorios de fronteira”, referíndose a título de exemplo o proxecto da Eurocidade Chaves-Verín, e os “novos camiños para o desenvolvemento do turismo cultural e relixioso”, como os novos desafíos para os camiños de Santiago en Tras-osMontes.“É fundamental coidar, promover e dinamizar os camiños de Santiago porque son unha gran riqueza da nosa identidade” referiuse nas xornadas un estudoso da ruta Xacobeo, Francisco Singul, adiantando que “fixar e sinalar eses camiños esixe un gran esforzo por parte dos Gobernos e dos gobernos autónomos locais”..
Con posterioridade, trasladáronse ao edificio da antiga aduana de Feces de Abaixo (Verín), que se converterá nos vindeiros meses na futura sede da Eurocidade, e a cidade lusa de Chaves onde recibiron información sobre os proxectos Esol (Xestión enerxética sostible en entidades locais transfronterizas) e o da Eurocidade Chaves-Verín, por parte do Gabinete Técnico desta iniciativa.
Campaña para a recollida de xoguetes e alimentos na Eurocidade Chaves Verín
Control conxunto da GNR e Guardia Civil, no marco das accións da Eurocidade Chaves-Verín
Baixo o lema 'comparte sorrisos e ilusións' a Eurocidade Chaves-Verín, Câmara Municipal de Chaves, Concello de Verín, Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) e Pro-Centro (Asociación para a promoción da zona urbana de Chaves) organizaron unha campaña de recollida de xoguetes e alimentos Esta campaña permitiu a recollida de xoguetes (novos e usados) e alimentos non perecedoiros que se repartiron entre diversas entidades benéficas. Mentres que os xoguetes se entregaron aos/ás nenos/ás do orfanato da localidade lusa de Chaves o día 23 de decembro coa axuda de “Pai Nadal”, os alimentos foron destinados aos maiores do municipio de Verín coa chagada dos “Reis Magos de Oriente”, co efecto de concienciar as dúas poboacións da importancia de axudar nestas datas de Nadal aos que menos teñen e regalarlles un sorriso e unha ilusión.
O día 24 de setembro, a autovía das Rías Baixas (A52) acolleu un control de tráfico conxunto da Guardia Civil e a Brigada de Tránsito Guardia Nacional Republicana, destinado a compartir metodoloxía e procedementos prácticos co obxecto de perfeccionar as accións a desenvolver no ámbito da seguridade viaria -avalado por protocolos de colaboración entre os Ministerios de Interior de España e Portugal-. Unha actuación enmarcada dentro das actividades impulsadas pola Eurocidade Chaves-Verín con motivo da adhesión dos dous municipios á Carta Europea de Seguridade Viaria. A adhesión á mesma permite desenvolver accións concretas, entre os municipios de Chaves e Verín, no ámbito da educación e seguridade viaria
Exposición 'Artes Plásticas e Actividades da Eurocidade ChavesVerín’
A Casa do Escudo de Verín acolleu ata o 9 de outubro a exposición 'Artes Plásticas e Actividades da Eurocidade Chaves-Verín', que recolle os cadros dos vencedores da primeira edición do Concurso Fotográfico 'Recursos históricos e naturais da Eurocidade' e o destinado a creación da mascota 'Chavín'. Unha mostra que tamén viaxará a Chaves, onde será visitada por alumnos das escolas do municipio, estando a data por designar. A mostra, que tamén inclúe imaxes de todas as actividades culturais e deportivas realizadas durante este ano en ambos municipios, e unha pequena presentación onde se enseña aos nenos que é e que fai a Eurocidade, foi visitada por alumnos/as de infantil e primaria do CEIP Amaro Refojo, CEIP Princesa de España e Colexio María Inmaculada, ao longo de toda a semana
.
Eurocidade Chaves-Verín 4º EMAX Encontro e Muestra Asociativa Xuvenil de Portugal e Galicia O 20 e 21 de novembro, o pavillón municipal da cidade lusa de Chaves acolleu a cuarta edición do EMAX Encontro e Mostra Asociativa Xuvenil de Portugal e Galicia, destinado a asociacións xuvenís e grupos informais de mozos/as. Esta actividade está organizada pola Federação Nacional das Associações Juvenil, conta coa colaboración do Municipio de Chaves, Instituto Portugués de Juventude, Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, Espazo Xuvenil ou a Eurocidade Chaves-Verín, entre outras institucións galegas e portuguesas. A participación das asociacións xuvenís no EMAX encádrase en dúas modalidades principias: Encontro de Asociacións Xuvenís -momento dado aos dirixentes asociativos para que sexan reflectidos temas de interese común, con foco particular sobre a relación de cooperación transfronteiriza e nas oportunidades que de aí proveñen- e Mostra asociativa Xuvenil - espazo para compartir experiencias asociativas e mostra pública do traballo desenvolvido polas asociacións xuvenís pasando polas máis distintas áreas, desde o Cine, Teatro, Artes, Deporte, Animación, Prensa, Formación, entre outras. Cada asociación poderá amosar, in situ e dunha forma dinámica o seu traballo. Daráselle prioridade ás propostas de actividades interactivas co fin de involucrar aos visitantes e participantes en tódolos espectáculos-.
Entrega de premios dos concursos para a Creación da Mascota da Eurocidade e o de Fotografía O pasado día 17 de decembro, o presidente da Câmara Municipal de Chaves entregou un ordenador á clase vencedora do 1º premio do Concurso “A Mascota da Eurocidade Chavín” -de 5º B da Escola EB2,3 de Vidago/Chaves- con motivo da festa de Nadal da Agrupación de Vidago. Durante a cerimonia, o alcalde flaviense felicitou aos vencedores e salientou a importancia da participación de toda a comunidade escolar nestes proxectos educativos. A mascota da Eurocidade, o “Chavín”, será utilizada en todas as actividades deportivas, educativas e culturais que se realicen nos municipios de Chaves e Verín. O premio do concurso de fotografía “Recursos Históricos e Naturais da Eurocidade” será entregado posteriormente en Verín, en data a designar, xa que a escola vencedora do concurso é desta localidade española. Estes dous concursos foron programados no inicio do ano 2010, sendo convidadas a participar escolas ou persoas en nome individual. O xurado reuniuse en xuño, elixindo os tres primeiros postos de cada concurso. A Escola EB2,3 de Vidago/Chaves (clase do 5ºB) foi a vencedora do concurso da mascota e a alumna Andrea de Dios López, do Instituto Xesús Taboada Chivite de Verín acadou o primeiro lugar no concurso de fotografía.
Nº 4 - Marzo 2011
Máis de mil participantes no VI Maratón BTT 'Rota do Presunto' na Eurocidade Chaves Verín O día 19 de setembro tivo lugar a VI Maratón BTT 'Rota do Presunto', organizada por o BTT Club de Chaves e enmarcada dentro do proxecto da Eurocidade Chaves-Verín, na que participaron un total de 1.072 persoas procedentes de diferentes puntos do norte de Portugal e da comunidade autónoma de Galicia. Esta proba, que conforma o evento deportivo con maior participación cidadá no municipio de Chaves, contou con tres percorridos e niveis de dificultade distintos: -maratón (de 93 quilómetros, 4/5 -físico- e 3,5 -técnico-), -media-maratón (de 54 quilómetros, 3/5 físico- e 3,5 -técnico-) -paseo guiado para acompañantes (de 22 quilómetros, 1/5 -físico- e 1,5 -técnico-).
-Ruben Alexandre Dias Nunes de Team Oliveira / Lapierre / Mavic (02:04:30) -Miguel Macedo de Faioes/Streetbikes/Mun. Chaves (02:04:34) -Ricardo Manuel da Silva Santos de Team Oliveira / Lapierre / Mavic (02:04:39). Nesta ocasión a tradicional 'Rota do Presunto' ampliou o seu percorrido a territorio español atravesando os municipios de Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós-, co fin de incentivar a converxencia deportiva, cultural e ambiental entre os dous municipios, e observar a fronteira como unha oportunidade de desenvolvemento territorial e socioeconómico, na que se incentiven a utilización dos servizos comúns como instrumento dinamizador da convivencia entre a poboación de ambos territorios.
Os tres percorridos se iniciaron e finalizaron no forte S. Neutel en Chaves, e os primeiros participantes que chegaron na proba de maratón foron: -Ivan Nascimento de BTT Matosinhos (03:20:36), -Francisco Fernandes de Liberty Seguros/Run&Bike/BTCC (03:23:26) e -Nuno Almeida de Valbike / Chaves (03:23:36) mentres que os primeiros en alcanzar o final en media-maratón foron:
3º Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín convivencia deportiva entre as diferentes parroquias dos municipios de Verín e Chaves, e dinamizar as instalacións deportivas existentes. A actividade está dirixida a todas as parroquias de ambos municipios, que poderán participar cun único equipo.
A Eurocidade Chaves-Verín organiza, entre os meses de marzo e xuño, a 3ª edición do “Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín”. Este torneo ten como obxectivos principais ocupar o tempo libre dos eurocidadáns de forma saudable, promover o intercambio e a
Os xogos realizaranse nos polideportivos dos dous concellos ata a clasificación dos vencedores de cada serie, que pasarán aos oitavos/cuartos de final. A partir desta fase, os xogos terán lugar no Pavillón Municipal de Chaves e/ou Pavillón Municipal de Verín, coa final marcada para día 5 de xuño de 2011, enmarcada dentro das actividades da 8ª Semana do Deporte Flaviense. Os equipos de Chaves e Verín, interesados en participar na competición, deberán inscribirse ata o vindeiro 18 de febreiro no Centro Cultural de Chaves ou no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade situado na casa consistorial de Verín (de 9 a 14 horas), respectivamente.
'II Semana da Educación e Seguridade Viaria' da Eurocidade Chaves Dende o día 2 ao 5 de novembro, a Eurocidade Chaves-Verín organiza a 'II Semana da Educación e Seguridade Viaria', destinada a mostrar actuacións conxuntas aos cidadáns das dúas poboacións, en materia de educación e seguridade viaria. Esta iniciativa amosa un proxecto innovador no ámbito da educación e seguridade viaria dado que ofrece a posibilidade de unir esforzos e intercambiar experiencias, dar maior solidez á cooperación transfronteiriza existente para a realización de controis de seguridade conxuntos entre as forzas e corpos de seguridade lusos e españois -avalados por protocolos de colaboración entre os Ministerios de Interior de ambos países-, e conforma o punto de partida dun proxecto de colaboración transfronteirizo no ámbito da Educación e Seguridade Viaria, que pretende dotar aos verinenses e flavienses das actitudes e coñecementos idóneos para a adquisición de boas prácticas que eviten accidentes na estrada. Como obxectivo está reducir o número de vítimas de accidentes de tráfico, inclúese á realización de accións concretas como: charlas-coloquios
dirixidas a grupos de risco -alumnos/as de centros educativos, embarazadas, 3ª Idade e persoas con discapacidade ou mobilidade reducida-, promoción de cursos de educación viaria anuais co obxectivo de indicar cal debe ser o comportamento como peón, pasaxeiro e condutor; eliminación de barreiras arquitectónicas, mantemento e reposición de sinais de tráfico e a repetición da 'Semana da Seguridade e Educación Viaria' na Eurocidade Chaves-Verín. Na organización desta 'II Semana da Educación e Seguridade Viaria' colaboran a Xefatura Provincial de Tráfico, Agrupación Guardia Civil de Tráfico de Verín, Policía Local de Verín, Guardia Civil de Verín, Cruz Vermella Monterrei, Consorcio Contra Incendios e Salvamento da C o m a r c a d e Ve r í n , G u a r d a N a c i o n a l Republicana, Polícia de Segurança Pública, Corporaçôes de Bombeiros de Chaves, Protecção Civil e Governo Civil de Vila Real, Câmara Municipal de Chaves e Concello de Verín. E na mesma celebraranse de forma conxunta o seminario internacional 'Autovía. Unha nova realidade', charlas-coloquio de
sensibilización, así como xornadas prácticas, que inclúen actividades con karts, exhibicións de medios, teatros, simulacro de excarceración dun accidente de tráfico, ou exposición de materiais didácticos sobre seguridade viaria, entre outros.
Eurocidade Chaves-Verín Máis de 750 nenos recibiron ó Pai Nadal con trineo e renos en Chaves Con moita alegría e euforia, máis de 750 nenos de varios xardíns de infancia e escolas do 1º ciclo de Chaves recibiron ao Pai Natal, acompañado polos seus sete renos, o pasado xoves, día 16, na praza Xeneral Silveira, en Chaves. Desde os máis pequenos até aos propios pais ou avós, todos, quixeron abrazar ao Pai Natal ou aproveitaron para realizar unha fotografía ao seu lado. Despois de chegar até ao Pai Natal e recibir un chocolate coa imaxe do velliño das barbas brancas, os nenos seguiron até á Ludoteca do Pai Natal, situada no antigo cine-teatro, na rúa de Santo António, onde permanece até ao próximo día 23, podendo ser visitado por todos. Esta é unha actividade organizada pola Eurocidade Chaves-Verín, en colaboración co Municipio de Chaves, o Concello de Verín, a Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) e a ProCentro Asociación para a Promoción do Centro urbano de Chaves, que no día 23, trasladarase a Verín para poder confraternizar cos nenos da localidade.
Nº 4 - Marzo 2011
A Eurocidade Chaves-Verín presente en Termatalia 2010 Por terceiro ano consecutivo, Verín e Chaves acudiron de forma conxunta á Feira Internacional de Turismo Termal “Termatalia”, que se celebrou entre o días 15 e 17 de outubro no recinto feiral de Expourense. Durante as tres xornadas da feira, os visitantes puideron coñecer o novo stand deste proxecto de cooperación transfronteiriza, baixo o lema 'Eurocidade da Auga'. Devandito stand, que se utilizará en todas as feiras e actuacións que se promovan no ámbito da Eurocidade, está conformado por oito paneis onde se recollen imaxes representativas dos municipios de Chaves e Verín. A Casa do Escudo, Torre do Menagem, centro histórico de Chaves o a figura do cigarrón son algunhas das fotografías que os visitantes de Termatalia poideron ver nestes paneis, nos que o nexo de unión é a auga mineral e o termalismo, representados polo río Támega e os diferentes balnearios de ambas localidades. Ademais no interior do stand, que ten como tema central a fusión do termalismo e augas mineiro medicinais, proxectouse un vídeo sobre as actividades realizadas no marco deste proxecto pioneiro a nivel da Península Ibérica e tamén de Europa, exemplarizando un novo modelo de cooperación de segunda xeración que vai máis alá da colaboración institucional, e do sumatorio de simples programas e iniciativas de cooperación, potenciando a asunción de que é posible
adoptar un novo modelo de cidadanía europea. Tamén se repartiron folletos informativos referentes ao patrimonio balneario, carta de augas da Eurocidade, boletíns informativos; así como material promocional de ambos municipios e das Termas de Chaves. O Spa do Imperador. Termatalia converteuse no referente mundial para os profesionais do turismo termal, coa participación de expositores de catro continentes, e actuando como un nexo de unión entre Europa e América Latina. Con accións consolidadas como a bolsa de Contratación, Misións Comerciais de importadores e operadores de turismo, o Encontro Internacional sobre o Auga e Termalismo, Bar de Augas ou as recreacións de Espazos Balnearios converteuse a esta feira nunha cita relevante no mercado do turismo de saúde.
“Día do Emprendedor” na Eurocidade Chaves - Verín A Eurocidade Chaves-Verín organiza o 9 de decembro o 'Día do Emprendedor', destinado a impulsar e apoiar a figura dos homes e mulleres con espírito emprendedor, tanto de aqueles que xa crearon unha empresa no seu día como os que o fagan no futuro Esta xornada, que se realizou no Auditorio do Centro Cultural de Chaves e que contou con preto de 150 participantes, converteuse nun punto de encontro onde presentar e discutir casos de logro e reflexionar sobre as oportunidades de negocio que eventualmente poidan xurdir, non só a través da cooperación, senón tamén na identificación, diferenciación e potenciación dos recursos existentes. O programa de actividades previstas para o 'Día do Emprendedor', terá inicio tras a presentación das xornadas por parte do presidente da Câmara Municipal de Chaves, João Gonçalves Martins Batista, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán. Esta iniciativa está dividida en catro bloques.
No primeiro deles, “Presentación de oportunidades de negocio na Eurocidade”, exporanse relatorios sobre a fronteira comercial aberta, o cooperativismo como oportunidade para os emprendedores, proxecto da Eurocidade ChavesVerín e ideas de negocio na mesma. No segundo, “Presentación de servizos de apoio ao emprendedor na Eurocidade”, os poñentes abordarán os servizos técnicos ofertados pola Antena Local de Verín da Cámara de Comercio de Ourense e ACISAT/ADRAT. Xa durante o terceiro, “Paneis temáticos sobre coooperación transfronteriza empresarial”, amosarase información sobre a cooperación transfronteriza, economías de escala e dinamización empresarial, así como o papel dos emprendedores. Para concluír, o cuarto bloque, “Emprendedores con historia”, no que participarán empresarios dos tres sectores produtivos -agricultura, industria e servizos- de ambos municipios.
A Eurocidade Chaves-Verín aposta pola creación dun Directorio Comercial da Eurocidade A Eurocidade Chaves-Verín está a traballar na creación dunha Fronteira Comercial Aberta, coa que impulsar e incrementar as opcións de compra dos/as eurocidadáns/nas, así como incentivar o atractivo das zonas comerciais na Eurocidade, creando espazos para ir de compras e lecer. Por este motivo, a Eurocidade Chaves-Verín, a través dos seus municipios e en colaboración con AEVER (Asociación de Empresarios de Verín), ACISAT (Associação Empresarial do Alto Tâmega), ProCentro (Associação para a Promoção do Centro Urbano de Chaves) e a Antena Local de Verín da Cámara de Comercio de Ourense, creou un Directorio Comercial da Eurocidade, con información completa en diferentes idiomas, de todos os establecimientos comerciais e de servizos existentes na zona, o que permitirá o seu
acceso por tipo de servizo e facilita a súa exploración, a través do site da Eurocidade. Unha iniciativa na que a Eurocidade ChavesV e r í n g u s t a r í a q u e o s comerciantes/empresarios participarán de modo activo, mediante a súa inscrición gratuíta neste Directorio Comercial que se localiza na site www.eurocidadechavesverin.eu. Para inscribir o seu establecemento comercial ou de servizos, os interesados poden facelo a través da páxina web da Eurocidade ou achegándose o Gabinete de Apoio Técnico situado no Concello de Verín ou no Edifício Polis, Ladeira da Trindade, nº 17, en Chaves Nota: todos os participantes poden exercer o seu dereito de acceso, cancelación e oposición para o uso dos deus datos no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade ou a través dos contactos que se encontran dispoñibles na web..
Eurociudad Chaves-Verín Eurocidade Chaves-Verín presente Na Feira “Sabores e Saberes”
Nº 4 - Marzo 2011
A Eurocidade Chaves-Verín galardoada nos ‘Premios de Excelencia en Seguridade Viaria’
Por cuarto ano consecutivo, a Eurocidade ChavesVerín participou na mostra “Sabores e Saberes”, que se celebrou os dias 4, 5 e 6 de febreiro, en Chaves. O obxectivo principal desta participación foi de informar aos visitantes sobre as actividades desenvolvidas por este proxecto de cooperación transfronteiriza; así como divulgar e promover as tradicións artesanais e gastronómicas de VerínMonterrei, coa colaboración de varios artesáns da zona de Verín, que mostraron os seus produtos ao longo do certame. Durante os tres días do evento, miles de persoas pasaron polo recinto da feira, para apreciar a artesanía e a gastronomía. O stand da Eurocidade suscitou moito interese entre os visitantes, a xulgar polas dúbidas e preguntas realizadas, máis concretamente sobre as accións deste proxecto de cooperación transfronteiriza, ou con respecto a tradicional figura do ‘Cigarron’, característico do Entroido de Verín.
O día 2 de febreiro a Eurocidade ChavesVerín recibiu un dos galardóns dos ‘Premios de Excelencia en Seguridade Viaria’, entregados pola Comisión Europea en Bruxelas aos seis compromisos máis destacados de 2010 na Carta Europea da Seguridade Viaria. Unha iniciativa que destaca as prácticas máis innovadoras realizadas no marco desta carta, creada pola Comisión Europea no ano 2001 co obxecto de reducir o número de vítimas dos accidentes de tráfico, e que premia as actuacións destinadas a mellorar a seguridade viaria e salvar vidas nas estradas europeas. O Proxecto de Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves-Verín ten como obxecto establecer un marco cara á implementación desta iniciativa innovadora no ámbito da educación e seguridade viaria, que poida servir de laboratorio de boas prácticas para outras zonas fronteirizas da Comunidade Europea, na que unir esforzos e intercambiar experiencias e dar maior solidez á cooperación transfronteiriza existente para a realización de controis de seguridade conxuntos entre as forzas e corpos de seguridade lusos e españois, nunha zona transfronteiriza habitada por máis de 60.000 persoas.
Comisario de Transportes, participaron Sílvio José Sevivas da Silva e Fernando Castro Salgado como representantes dos municipios de Chaves e Verín, que mostraron aos presentes a realidade do Proxecto de Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves-Verín, así como as actuacións desenvolvidas no mesmo durante estes últimos anos. Esta xornada tamén incluíu a sinatura da Carta Europea de Seguridade Viaria por parte de novos membros e a realización dos workshops sobre os seguintes temas “Actividades de seguridade viaria internacionais na próxima década”, “Seguridade viaria profesional: como construír unha solución integrada” e “Seguridade viaria na cidade: como mellorar a seguridade dos usuarios vulnerables”.
Durante o acto, presidido por Siim Kallas, vicepresidente da Comisión Europea e
A Eurocidade Chaves-Verín participa no IX Plenario da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal A sede da Fundação de Serralves en Porto acolleu a celebración do IX Plenario da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, no que o titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo tomou a presidencia deste organismo. Despois de dous anos desde o último plenario, este foi o momento de realizar un balance das actividades desenvolvidas en varias temáticas de interese para a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como: a reforma da súa Comunidade de Traballo, a dinamización do seu Observatorio Transfronterizo, o estudo de novos de modelos de xestión compartida de equipamentos e servizos colectivos de proximidade en zonas transfronteirizas de baixa densidade, os fondos comunitarios adicados á cooperación transfronteiriza, a consolidación da Agrupación Europea de Cooperación Territorial de GaliciaNorte de Portugal e os proxectos da Eurocidade Chaves-Verín. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo manifestou a súa intención e empeño en continuar, e se é posible mellorar o bo traballo
realizado, referíndose á Eurocidade Chaves-Verín como bo exemplo de cooperación. O futuro da Eurocidade Chaves-Verín pasará, a corto prazo, por desenvolver unha cidade da saúde transfronteriza onde verinenses e flavienses compartan servizos sanitarios incrementando deste modo a calidade e especialidades médicas; así como unha liña de transporte que conecte ambos municipios e unha promoción turística baseada na formación e potenciamento da auga termal a través do Centro de Formación TurísticoTermal e de Investigación da Auga. Ademais, o acceso ao amplo abanico de servizos municipais compartidos aos que xa poden acceder os/as veciños/as de Chaves e Verín, e que se ampliarán grazas a Tarxeta do Eurocidadán como sinal de identidade da eurocidadanía. Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e presidente do Grupo de Traballo da Eurocidade Chaves-Verín expuxo ao longo do plenario que a “Eurocidade Chaves-Verín representa un exemplo de cooperación transfronteriza no que converxen os
ámbitos económico, social e cultural de tal modo que a fronteira conforma unha oportunidade para o desenvolvemento”. Ademais, trasladou aos presentes que “nun momento no que a fisonomía das cidades cambia tan rapidamente, o feito de aproveitar as oportunidades a través do desenvolvemento de obxectivos estratéxicos claros como a sostenibilidade territorial, dinamización económica e eurocidadanía implica que o aproveitamento dos recursos redunde na redución de custos evitando a duplicidade en equipamentos”. No acto no que tamén participaron o presidente do Municipio de Chaves, João Gonçalves Martins Batista, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, asináronse protocolos sectoriais co Centro de Cooperação Transfronteriço, a Confederación de Empresarios de Pontevedra e a Associação Empresarial de Portugal; o protocolo da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés entre a Consellería de Medio Rural e o Instituto de Conservação da Natureza e da Biodiversidade, e presentouse o libro ‘Unha Eurorrexión, entre dous séculos”.
CONTACTOS
Gabinete de Apoio Técnico á Eurocidade Chaves-Verín
Município de Chaves
Verín Praza do Concello, 1 32600 Verín (España) Tel.: (+34) 988 411 000 Fax: (+34) 988 411 900 Chaves Largo de Camões 5400-150 Chaves (Portugal)
Largo de Camões 5400-150 Chaves (Portugal) Tel.: (+351) 276 340 500/1/2 Fax: (+351) 276 327 724 Responsable da Eurocidade no Municipio de Chaves: Agostinho Pizarro E-mail: stc.chaves@eurocidadechavesverin.eu Concello de Verín
Emails Portelo da Eurocidade: info@eurocidadechavesverin.eu
Praza do Concello, 1 32600 Verín (España) Tel.: (+34) 988 411 000/1 Fax: (+34) 988 411 900 Responsable da Eurocidade no Concello de Verín:
Gabinete de Apoio Técnico gat.mjoserivero@eurocidadechavesverin.eu gat.josesousa@eurocidadechavesverin.eu gat.pablorivera@eurocidadechavesverin.eu
Pablo Rivera E-mail: stc.verin@eurocidadechavesverin.eu
Gabinete de Comunicación (Chaves): press.chaves@eurocidadechavesverin.eu Gabinete de Comunicación (Verín): press.verin@eurocidadechavesverin.eu