BEN.ESTAR.COIDANDO
GUÍA DE APOIO ÁS PERSOAS COIDADORAS NO EIDO DA DEPENDENCIA
Edita: Concellaría de Educación, Servizos Sociais e Igualdade Concello de Fene (A Coruña) Autoría: SENES CIT S.L Participaron na realización: Paloma Seijo Anca María Vázquez Lavandeira Lidia Romero Fabal Genoveva Sayago Martínez Ilustración e maquetación: Eva Bello Alonso
ÍNDICE PRESENTACIÓN
5
INTRODUCIÓN
7
COIDANDO NA CASA
9
QUEN SON AS PERSOAS COIDADORAS? 11 EN QUE CONSISTE COIDAR? 13 Tarefas frecuentes das persoas coidadoras 14 POR QUE SE COIDA? 15 17 CANDO SE CONVERTE UNHA PERSOA EN COIDADORA? Fases de adaptación á situación de coidado 18 POR QUE É DIFÍCIL COIDAR? 21 A SATISFACCIÓN DE COIDAR 25 27 COMO COIDARSE PARA COIDAR MELLOR? Sinais de alerta na persoa coidadora 28 QUE FACER ANTE A SOBRECARGA? 29 Recoñecer e modificar determinadas emocións e sentimentos negativos 29 Poñer límites 31 Pedir axuda á familia 32 COMO PREVIR SITUACIÓNS DE SOBRECARGA? 33 Coidarse máis 33 Planificar as actividades de coidado 35 Manter reunións familiares 36 Pensar no futuro 36 CALES SON OS DEREITOS DAS PERSOAS COIDADORAS 37
COIDADOS COTIÁNS Á PERSOA DEPENDENTE
39
CONSELLOS PRÁCTICOS PARA O COIDADO 41 A HIXIENE 45 MOBILIZACIÓNS 55 A INCONTINENCIA URINARIA 61 ÚLCERAS POR PRESIÓN 65 ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN 69 MEDICAMENTOS 75 77 QUE FACER EN SITUACIÓNS DIFÍCILES NO COIDADO? 87 ACTIVIDADES DEREITOS DAS PERSOAS DEPENDENTES 91
GLOSARIO DE TERMOS NORMATIVA DE INTERESE BIBLIOGRAFÍA MÁIS INFORMACIÓN
93 95 99 101 ÍNDICE
3
PRESENTACIÓN Dende a Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade preocupámonos pola formación, o benestar e o apoio ás persoas coidadoras de persoas dependentes do noso municipio. O Programa Ben.Estar.Coidando, actividade que xurdiu no ano 2010, e continuou durante o 2011 e 2012 tivo como obxectivo principal o de fortalecer emocional, psicolóxica e fisicamente a estas persoas coidadoras que, sen ningún tipo de preparación, se atopan de súpeto ante a situación de ter que coidar a algún familiar dependente e ter que realizar tarefas para as que non teñen os suficientes coñecementos: mobilizacións, curas, dietas, apoio emocional, aseos... E o máis importante: Estar ben para poder coidar ben, de aí o nome deste Programa: Ben.Estar.Coidando. A experiencia foi altamente gratificante e positiva tanto para o alumnado, o profesorado e as profesionais responsables municipais como para min como concelleira de Servizos Sociais e Igualdade. Por iso buscamos rematar o Programa editando esta guía que recolle os aspectos básicos do coidado da persoa dependente e o autocoidado da persoa coidadora, á vez que difunde a posta en valor deste labor fundamental cara a toda a sociedade. Coidar a un familiar dependente non sempre é doado e, en numerosas ocasións supón unha notable fonte de tensións. O desempeño do rol de persoa coidadora está asociado a importantes niveis de sobrecarga emocional e física, así como numerosos custos persoais, afectando ao traballo e/ou aos estudos, á vida familiar, á parella, á saúde, ao lecer e tempo libre..., en definitiva, á vida en xeral. Sopórtanse cada día problemas físicos, emocionais que repercuten en numerosos aspectos da vida cotiá. A dependencia do familiar non só cambia a vida deste senón tamén a da persoa coidadora, a propia vida e a do resto da familia. Mediante esta guía pretendemos dar a coñecer unha serie de estratexias que permitan á persoa coidadora estar menos triste, sentir menos angustia, gozar un pouco máis no día a día... Estratexias que lle posibiliten, en suma, vivir mellor a etapa de persoa coidadora. Do mesmo xeito, preténdese tamén instruír, formar e achegar coñecementos teóricos e prácticos, que lles permitan desenvolver mellor as tarefas de coidado, coñecendo a enfermidade, as técnicas de mobilización, primeiros auxilios, curas, dietética e alimentación... Esperamos que esta guía sexa de utilidade tanto cara ao coidado da persoa dependente coma ao da propia persoa coidadora. Fene (A Coruña), maio 2014
Juana Barro Couto Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade Concello de Fene (A Coruña)
PRESENTACIÓN 5
INTRODUCIÓN Segundo o Dicionario da Lingua da Real A vida das persoas dependentes determina as actividades das familias e das perAcademia Galega, coidar é: soas da súa contorna máis próxima. Isto 1. Ter a idea, opinión ou sospeita de significa que a atención ás necesidades (aquilo que se expresa) diarias das persoas dependentes comeza con frecuencia na casa. 2. Pór atención en (aquilo que se di ou fai) para obter un bo resultado.
3. Dedicar atención a (algo ou alguén), procurando que non lle suceda nada malo, que non lle falte o necesario, etc.
Afrontalo con responsabilidade é importante, e a guía Ben.Estar Coidando que a continuación se presenta aspira a facilitar esta tarefa.
Coidar un ser querido pode ser unha das experiencias máis gratificantes. Non obstante, esta tarefa non está libre de dificultades e problemas. Dun axeitado coidado e autocoidado derivarase unha mellor calidade de vida diaria tanto para a persoa coidadora, como para a persoa dependente. E veranse favorecidos aspectos como a capacidade de prestar os coidados de forma serena e con sensación de control, o aumento das capacidades para atender mellor á persoa dependente, en definitiva, a idoneidade de afrontar con éxito as tarefas do coidado. Ben.Estar Coidando: Guía Básica de Apoio a Persoas Coidadoras non Profesionais, pretende proporcionar unha serie de coñecementos e consellos útiles aos coidadores e coidadoras para, nunha primeira parte aprender a coidarse, e nunha segunda axudar a sobrelevar os coidados e atencións cotiáns a unha persoa dependente.
INTRODUCIÓN 7
COIDANDO NA CASA
COIDANDO NA CASA
QUEN SON AS PERSOAS COIDADORAS? As persoas coidadoras non profesionais, ou tamén denominadas coidadoras familiares, son aquelas que ante a aparición dunha situación de dependencia nun membro da familia asumen as tarefas de coidado, de provisión de necesidades e de apoio nas actividades da vida diaria. A persoa coidadora non profesional presta estes coidados de forma desinteresada e, xeralmente, asume a responsabilidade principal do coidado podendo recibir apoios doutros membros da familia ou de servizos provistos por un terceiro.
afortunadamente os homes participan cada vez máis no coidado das persoas dependentes, ben como coidadores principais ou ben como axudantes das coidadoras principais, o que significa un cambio progresivo da situación.
Polo xeral, a familia é a que asume a maior parte do coidado destas persoas (en Galicia supón máis do 80% da axuda). En cada familia adoita haber unha persoa coidadora principal a que asume a maior parte da responsabilidade dos coidados da persoa dependente. Oito de cada dez persoas que están a coidar a un familiar dependente en España son mulleres (esposas, fillas e noras principalmente) entre 45 e 65 anos de idade. Unha das principais razóns de que a maioría das coidadoras sexan mulleres débese á educación recibida e as mensaxes que transmite a sociedade. Na actualidade aínda persiste a concepción social de que a muller está mellor preparada que o home para o coidado; posto que se lles presupón, ás mulleres, máis capacidade de abnegación, de sufrimento e unha maior voluntariedade. A pesar do claro predominio das mulleres, QUEN SON AS PERSOAS COIDADORAS? Coidando na casa 11
EN QUE CONSISTE COIDAR? Coidar é unha situación que moitas persoas acaban experimentando ao longo das súas vidas. A experiencia de cada persoa coidadora é única. Xa que son moitos os aspectos que fan que esta experiencia difira dunha persoa a outra. Algúns dos aspectos que condicionan esta experiencia son: o por que se coida, a quen se coida, a relación previa coa persoa coidada, a causa e o grao da dependencia, a axuda que prestan outros membros da familia, as esixencias marcadas, etc. Aínda así, existen características comúns á maioría das situacións nas que se prestan coidados: Coidar implica unha dedicación importante de tempo e enerxía. Leva consigo tarefas que non son sinxelas e que poden non ser cómodas e agradables. É unha actividade que, normalmente, non se previu e para a que a persoa coidadora non se preparou previamente. As persoas coidadoras enfróntanse a máis problemas de saúde (físicos e/ou psicolóxicos) que a poboación non coidadora. Coidar é unha experiencia positiva, emotiva e gratificante na que a persoa coidadora adoita dar máis do que recibe.
EN QUE CONSISTE COIDAR? Coidando na casa 13
TAREFAS FRECUENTES DAS PERSOAS COIDADORAS: Coidar implica moitas e variadas actividades de prestación de axuda. Aínda que as áreas nas que se prestan coidados e as tarefas que implica a devandita axuda dependen de cada situación particular, moitas das tarefas habituais son comúns á maioría das situacións de coidado. Axudar e apoiar para a realización de actividades básicas da vida diaria (comer, realizar o aseo persoal, vestirse, etc.) Axudar e apoiar para actividades instrumentais da vida diaria (visitas médicas, mantemento do fogar, administración dos cartos, etc.) Axudar e apoiar para o desprazamento tanto dentro do domicilio como fóra. Supervisión na toma de medicamentos e o coidado da saúde da persoa dependente. Realizar pequenos labores de enfermaría. Resolver situacións conflitivas derivadas do coidado (por exemplo, cando se comporta de forma axitada) Facer moitas pequenas cousas (por exemplo, levarlle un vaso de auga, achegar a radio, etc.) Coidar a unha persoa que depende da nosa axuda para satisfacer as súas necesidades, pode ser unha experiencia moi conmovedora e satisfactoria. Unha gran parte das coidadoras e coidadores acaban descubrindo a íntima satisfacción de ser útiles para outras persoas. 14 Coidando na casa EN QUE CONSISTE COIDAR?
POR QUE SE COIDA? A maioría das persoas que coidan a unha persoa dependente están de acordo en que se trata dun deber moral que non debe ser eludido e que existe unha responsabilidade social e familiar e unhas normas sociais que deben ser respectadas. Non obstante, non é esta a única razón que pode levar ás persoas a coidar aos seus familiares ou persoas achegadas. As persoas coidadoras tamén sinalan outros motivos para prestar coidados: Por motivación altruísta, é dicir, para manter o benestar da persoa coidada porque se entenden e comparten as súas necesidades.
Para evitar que outros membros da familia ou veciños e veciñas critiquen o feito de trasladar a un familiar a un centro residencial.
Por reciprocidade, porque antes a persoa coidada foi quen coidou.
Para obter a aprobación social da familia, amizades, veciñanza e da sociedade en xeral por prestar coidados.
Pola gratitude e estima que lle amosa a persoa coidada. Por sentimentos de culpa do pasado: algunhas persoas coidadoras tómanse o coidado como unha forma de redimirse, de superar sentimentos de culpa creados por situacións do pasado.
POR QUE SE COIDA? Coidando na casa 15
CANDO SE CONVERTE UNHA PERSOA EN COIDADORA? Na inmensa maioría dos casos, unha persoa non se converte en coidadora dun día para outro. Isto é así porque a maior parte das causas de dependencia son trastornos ou enfermidades que implican un deterioro progresivo, asociado a un tamén progresivo aumento da súa necesidade de axuda nas actividades da vida cotiá, é dicir, da dependencia.
coidado. Probablemente tampouco se decate de que se encontra nunha situación que pode manterse durante moitos anos. A cal, posiblemente, implicará un progresivo aumento da dedicación en tempo e enerxía. Pouco a pouco, sen apenas ser consciente diso, a persoa adoita ir integrando o seu novo papel de coidadora ou coidador na súa vida diaria.
O proceso de adquisición deste novo papel ou rol inflúe substancialmente na forma en que posteriormente se presten os coidados e en como se senten as coidadoras e coidadores.
Durante o tempo que se pode prolongar unha situación de coidados, as persoas implicadas experimentan cambios nas distintas áreas da súa vida. Estes cambios transforman os roles e responsabilidades Algunhas das diversas formas en que ata ese momento tiveran os membros que adoita comezar o coidado son as do núcleo familiar afectado. seguintes: Tras unha enfermidade aguda e unha hospitalización ou accidente que requira un período de convalecencia. Tras un período de fraxilidade física asociado a un envellecemento biolóxico normal que, pouco a pouco, esixe máis axuda. A causa dunha enfermidade dexenerativa da que existían algunhas evidencias, como pode ser a enfermidade de Alzheimer. Frecuentemente, no inicio do coidado, a persoa que coida aínda non é plenamente consciente de que é o membro da familia sobre o que vai recaer a maior parte do esforzo e responsabilidade do
CANDO SE CONVERTE UNHA PERSOA EN COIDADORA? Coidando na casa 17
FASES DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN DE COIDADO A pesar de que as circunstancias que rodean a cada situación de coidado son distintas e que o proceso de axuste á nova situación varía dunha coidadora ou coidador a outro, pódense distinguir unha serie de fases de adaptación que son experimentadas pola maioría das persoas coidadoras. Non obstante, dada a gran variedade que existe entre as persoas, é probable que estas fases non se produzan en todos os casos. Fase 1: negación ou falta de conciencia do problema Nos primeiros momentos do proceso é frecuente que a persoa coidadora utilice a negación como un medio para controlar medos e ansiedades. Deste xeito, é común atoparse con que á familia lle custa aceptar as evidencias de que o seu ser querido padece unha enfermidade (ou varias) que o leva a necesitar a axuda. Este estadio é, normalmente, temporal, conforme a persoa enferma vai tendo máis dificultades para manter a súa autonomía a familia vaise facendo consciente desta nova situación de dependencia.
Fase 2: busca de información e xurdimento de sentimentos difíciles A medida que a persoa que proporciona os coidados vai aceptando a realidade da situación de dependencia, empeza a darse conta de que a enfermidade do seu ser querido non só vai influír na vida deste, senón que tamén vai alterar profundamente a súa propia vida e a das persoas que a rodean. Nesta fase, as persoas coidadoras adoitan comezar a buscar información para aprender o máximo posible acerca do trastorno ou trastornos que sofre a persoa dependente e sobre as súas posibles causas. Buscar información é pois, unha estratexia básica de afrontamento.
Neste momento son moi comúns entre as coidadoras e coidadores os sentimentos de malestar pola inxustiza que supón que lles tocase vivir esa situación. O enfado, ou, na súa versión máis intensa, a ira, son respostas humanas completamente normais en situacións de perda do control da propia vida e as súas circunstancias. A medida que aumenta a intensidade da dependencia funcional do ser querido, increméntase a perda de control por parte das persoas coidadoras co conseguinte incremento en frecuencia e intensidade dos seus sentimentos de ira, enfado e frustración. Estas emocións son, nestes casos, especialmente difíciles de manexar, debido a que as persoas coidadoras non saben identificar ben cal é o obxecto do seu malestar. A consecuencia disto maniféstanse con frecuencia os sentimentos de culpa. Afrontar estas emocións sen ter os medios axeitados para expresalas vai ser difícil para a persoa. É aconsellable tomar conciencia destes sentimentos e falar deles de xeito claro e sincero con algunha persoa da súa confianza ou con profesionais.
18 Coidando na casa CANDO SE CONVERTE UNHA PERSOA EN COIDADORA?
Fase 3: organización dos coidados
Fase 4: adaptación
Sendo conscientes desta nova situación e contando coa vontade da familia para compartir a responsabilidade do coidado, coas axudas técnicas necesarias e co apoio doutras institucións chega o momento de organizar e optimizar todos estes recursos e así acadar o seu benestar.
Con ese aumento do control sobre a súa situación e o recoñecemento de que como coidador ou coidadora será capaz de manexar e soportar os cambios e desafíos que supón e suporá a situación de coidado, xorde un novo período de adaptación. Neste momento do coidado, as coidadoras e coidadores son máis caEste período de reorganización terá paces de manexar con éxito as demancomo resultado o desenvolvemento das da situación, sendo máis hábiles na dun patrón de vida máis normalizado. expresión das súas emocións, especialA persoa que proporciona os coidados mente a tristura e a pena. sentirase progresivamente con máis Aprenden a coidar mellor de si mesmas. control sobre a situación e aceptará Están máis dispostas a buscar a axuda mellor estes cambios na súa vida. doutras persoas con experiencias similares.
Fases de adaptación: NEGACIÓN OU FALTA DE CONCIENCIA DO PROBLEMA
BUSCA DE INFORMACIÓN
ORGANIZACIÓN DOS COIDADOS
ADAPTACIÓN
Adoitan facerse, nesta fase, máis independentes, dedicando máis tempo a realizar actividades recreativas e sociais. Poden buscar e encontran outras fontes de apoio emocional, tales como reforzar as amizades ou crear outras novas. A pesar do aumento das responsabilidades e o avance da enfermidade a persoa coidadora pode lograr unha boa adaptación. Xa que pode ter unha actitude máis serena que nos primeiros momentos da enfermidade. Este pode ser un bo momento para reflexionar a fondo acerca dos recordos da relación que mantivo no pasado co seu familiar dependente e comezar a reconstruír unha imaxe de como era antes de que a enfermidade mostrou os seus primeiros signos, imaxe que fará máis confortable e significativo o labor da persoa que coida.
CANDO SE CONVERTE UNHA PERSOA EN COIDADORA? Coidando na casa 19
POR QUE É DIFÍCIL COIDAR? É difícil coidar porque as persoas non estamos preparadas para asumir este novo rol. Nunca esperamos que nos toque a nós. Non resulta doado aceptar que un ser querido, que en moitas ocasións asumiu o noso propio coidado, deixa de ser autónomo. Tamén resulta difícil coidar porque esta nova responsabilidade implica unha gran dedicación de tempo e esforzo, levando consigo cambios profundos nas relacións familiares, no traballo e na situación económica, no tempo libre, na saúde e no estado de ánimo. Cambios nas relacións familiares. Un dos cambios que as coidadoras e coidadores manifestan de forma máis clara respecto á súa situación refírese ás relacións familiares. Poden aparecer conflitos familiares polo desacordo entre a persoa que coida e outros familiares en relación co comportamento, decisións e actitudes duns ou outros cara á persoa dependente ou pola forma en que se proporcionan os coidados.
POR QUE É DIFÍCIL COIDAR? Coidando na casa 21
Ás veces o malestar con outros membros da familia é debido aos sentimentos da coidadora ou coidador principal acerca de que o resto da familia non é capaz de apreciar o esforzo que realiza.
Cambios na saúde Algo moi frecuente nas persoas coidadoras é o cansazo físico e a sensación de que a súa saúde empeorou dende que coidan do seu ser querido. De feito non é unha sensación, senón que cando se comparan a persoas que coidan, con persoas sen esa responsabilidade, as coidadoras e coidadores experimentan en maior medida cansazo, dificultades para durmir e problemas físicos derivadas das tarefas do coidado.
Outro aspecto típico é o cambio de roles, xa que, por exemplo, a filla se converte en coidadora da súa nai variando así a dirección na que se produce o coidado habitual de pais e nais a fillas e fillos. Este cambio de papeis require unha nova mentalidade respecto ao tipo de relación que existía anteriormente e Cambios no tempo libre. esixe á persoa coidadora un esforzo de Coidar unha persoa dependente esixe adaptación. moito tempo e dedicación. Unha parte É frecuente que a persoa dependente substancial do tempo que antes se se traslade a vivir ao domicilio da persoa dedicaba á familia, ao ocio, ás amizades, hai que dedicalo agora a afrontar esta que asume o seu coidado. tarefa. O coidado dunha persoa dependente É frecuente que a persoa coidadora implica moitas tarefas, tempo e dediperciba que non ten tempo para o cación. Un tempo e unha dedicación seu ocio; mesmo é posible que non que en ocasións a parella ou os fillos e se dedique ese tempo a si mesma fillas botan de menos para eles. polos sentimentos de culpa que lle produce pensar que mentres se dedica Cambios no traballo tempo a si mesma está a abandonar e na súa situación económica. a súa responsabilidade. A redución de Para moitas persoas coidadoras é con- actividades en xeral e, sobre todo, das flitivo manter un traballo á vez que se actividades sociais é moi frecuente e realizan as tarefas de coidados. está moi relacionada con sentimentos Nalgunhas ocasións teñen a sensación de tristura e de illamento. de abandonar á persoa maior para ir ao traballo e noutras a de estar a incumprir co traballo. COIDADOS Tamén son frecuentes as dificultades económicas, xa sexa porque diminúen os ingresos pola diminución da dediOcio cación laboral ou porque aumentan os Amizades gastos derivados do coidado da persoa Familia dependente. Traballo
22 Coidando na casa POR QUE É DIFÍCIL COIDAR?
Cambios no estado de ánimo Ás veces, a experiencia de coidar, día a día, a unha persoa dependente pode producir a aparición de sentimentos non desexados como poden ser: Sentimentos de tristura e indefensión ante a situación de declive que perciben no seu familiar. Sentimentos de enfado e irritabilidade cando perciben a súa situación como inxusta ou o seu labor como pouco recoñecido. Sentimentos de preocupación e ansiedade pola saúde da persoa dependente, pola súa propia saúde, polos conflitos familiares asociados, pola falta de tempo para todo, etc. Sentimentos de culpa por enfadarse coa persoa á que se coida, por pensar que non fai todo o que se pode, por desexar que a persoa dependente morra (para que deixe de sufrir ou para liberar a persoa coidadora desa situación), por descoidar outras responsabilidades, etc. Pero a experiencia de coidar a outra persoa tamén achega sentimentos positivos á persoa que asume o coidado. O simple feito de que a persoa que queremos se encontre ben fai que todo o esforzo e a nosa entrega se convirta nunha satisfacción persoal.
POR QUE É DIFÍCIL COIDAR? Coidando na casa 23
A SATISFACCIÓN DE COIDAR Co visto ata o de agora pódese chegar a considerar que os cambios que se suceden durante o tempo de coidado son unicamente negativos, pero non é así, moitos poden ser positivos. Coidar a unha persoa dependente pode ser, a pesar das dificultades e a dureza da situación, unha experiencia moi satisfactoria para a persoa coidadora. Acontece así cando supón loitar por alguén a quen se quere, a quen se desexa expresar cariño e interese. Tamén, ás veces, as persoas coidadoras descobren que posúen unhas calidades que ata entón non coñecían e, non son poucas as coidadoras e coidadores que manifestan ter evolucionado a través das situacións asociadas ao coidado.
A SATISFACIÓN DE COIDAR Coidando na casa 25
COMO COIDARSE PARA COIDAR MELLOR? Debido a que a vida da persoa coidadora adoita xirar en torno á satisfacción das necesidades da persoa dependente á que coida, moitas deixan as súas propias vidas nun segundo plano. Esta situación, perfectamente comprensible, significa frecuentemente que as tensións e o malestar que experimentan moitas persoas coidadoras proveñen do feito de que se lles esquecen as súas propias necesidades en beneficio das da persoa dependente á que coidan. Un nivel de autoesixencia demasiado elevado pode propiciar a aparición de pensamentos, sentimentos ou condutas que se converten en sinais de alerta dunha posible situación de sobrecarga. Detectar estes indicadores de esgotamento e estres por parte da persoa coidadora é o primeiro paso que permitirá unha redefinición do seu papel, orientándoa cara unha xestión das atencións máis saudable.
COIDARSE PARA COIDAR MELLOR Coidando na casa 27
SINAIS DE ALERTA NA PERSOA COIDADORA Problemas físicos:
Problemas emocionais: Enfadarse con facilidade, aumento da Perda de enerxía, sensación de cansairritabilidade. zo continuo, sono. Mal humor. Palpitacións, tremores de mans, moCambios frecuentes de humor ou de eslestias dixestivas, xaquecas, etc. tado de ánimo. Aumento ou diminución da fame. Sentimentos de tristeza, frustración, Empeoramento do estado de saúde xeculpa, etc. ral. Sentimentos de preocupación e ansieNon admitir a presenza de síntomas dade. físicos que se xustifican mediante Reacción de compaixón. outras causas alleas ao rol de coidadora ou coidador. Dar demasiada importancia a pequenos detalles.
Problemas sociais: Illamento.
Problemas de memoria e dificultades de concentración.
Non admitir a presenza de síntomas psicolóxicos que se xustifican mediante outras causas alleas ao rol de coidadora ou coidador. Menor interese en actividades e persoas que anteriormente eran obxecto Condutas problemáticas: Problemas de sono: espertarse ao de interese. amencer, dificultades para conciliar o Sentir vergoña pola conduta da persono, durmir demasiado, etc. soa dependente. Consumo excesivo de bebidas con cafeíAusencia de vida social. na, alcohol ou tabaco. A relación de axuda afecta negativaConsumo excesivo de pastillas para durmente á relación con outros membros mir ou outros medicamentos. da familia. Trastornos alimentarios. Problemas no lugar de traballo. Actos rutineiros repetitivos como, por exemplo, ordenar ou limpar continuamente. Tratar a persoas da familia de forma menos amable do habitual.
As persoas coidadoras que queiran gozar dun maior benestar tanto emocional coma físico así como desenvolver un óptimo rendemento nas tarefas relacionadas co coidado, necesitan ter en conta a importancia do seu coidado. Para iso, terán que aprender a coidarse.
28 Coidando na casa COIDARSE PARA COIDAR MELLOR
QUE FACER ANTE A SOBRECARGA? RECOÑECER E MODIFICAR DETERMINADAS EMOCIÓNS E SENTIMENTOS NEGATIVOS O estado de ánimo da persoa coidadora determina a relación que establece coa persoa dependente. Co obxecto de modificar os sentimentos que poden resultar prexudiciais, é preciso en primeiro lugar identificalos de forma clara. Así pois, o primeiro paso será fomentar o autorecoñecemento das propias emocións e sentimentos que con frecuencia poden ser negativos. Rabia e irritabilidade As persoas coidadoras de persoas dependentes experimentan con frecuencia un aumento da irritabilidade, converténdose en persoas malhumoradas e enfadándose con facilidade. Esta reacción acostuma a ser emocional, xa que pretende liberar tensións emocionais acumuladas que veñen determinadas polo comportamento da persoa que se coida, pola falta de colaboración por parte doutros familiares, pola sensación de impotencia ante a situación, etc. O primeiro que debemos ter presente é que se trata de reaccións normais en situacións de coidado. Recoñecelas e falar destas con outros familiares e amizades pode servir de axuda. Non obstante, debemos ter presente que a expresión destes sentimentos require buscar o momento adecuado, unha vez pasado o episodio que desencadeou o enfado, intentando que a demora temporal non sexa demasiado grande. QUE FACER ANTE A SOBRECARGA Coidando na casa 29
Cando nos enfadamos, debemos saír, se é posible, do lugar no que nos atopamos, tomarnos un descanso e reflexionar sobre a situación. A distancia física pódenos axudar a avaliar de novo un feito conflitivo.
mentos, é positivo intentar combatelos con sentido do humor, actividades, buscando relacións sociais, etc. Culpa
A culpa convértese en algo negativo para quen a sofre, xa que aumenta máis É conveniente revisar se estamos a a carga psíquica e consume enerxía malinterpretar as intencións da persoa que poderiamos dedicar á persoa dependente, cambiar aquilo que con- dependente. verte una situación en algo difícil e estresante, á vez que asumimos o que é Os sentimentos de culpa aparecen con invariable. Os exercicios de relaxación frecuencia cando as autoesixencias da tamén poden servirnos de axuda para persoa coidadora son demasiado elevadas como para poder satisfacelas. superar estas situacións. O primeiro paso para superar estes Tristura sentimentos de culpa consiste en idenÉ moi probable que a situación de coida- tificalos e aceptalos como normais na do dunha persoa dependente fomente situación que se está a vivir e poder sentimentos de tristura e depresión. A expresalos. É necesario analizar de intensidade destes sentimentos pode novo a situación e valorar todo o que se chegar a interferir nas atencións que realizou como coidador ou coidadora, ofrece a coidadora ou coidador. deixando de lado as deficiencias e erros. Recoñecer aquelas situacións que As persoas coidadoras teñen que ser desencadean un incremento da tristura realistas respecto ás súas capacidades permitiranos cambialas ou evitalas, ou e definir prioridades nas súas accións ben avalialas de novo para encontrar as- para non ter que establecer obxectivos pectos positivos. Aínda que temos que desmesurados. aprender a tolerar este tipo de senti-
30 Coidando na casa QUE FACER ANTE A SOBRECARGA
POÑER LÍMITES É importante poñer límites na axuda que se ofrece á persoa dependente, tendo presentes as propias limitacións como coidadoras ou coidadores e evitando dar máis axuda da necesaria á persoa dependente. O obxectivo final sempre deberá ser contribuír aos sentimentos de utilidade do noso familiar ou persoa próxima mediante a participación no seu propio coidado, favorecendo así a súa propia autonomía. A necesidade de poñer límites aparece cando a persoa dependente: Culpa á coidadora ou coidador da súa situación ou de erros que este comete de forma involuntaria. Fai reproches aos coidadores ou coidadoras.
Como podemos dicir NON? Escoitando e pedindo que detalle a demanda, se é necesario, para poder entendela ben. Cunha resposta directa explicándolle a non necesidade de axuda. Repetindo a mesma resposta poñendo énfase na nosa amabilidade e proximidade afectiva. Buscando alternativas. Finalizando efusivamente, mostrando a nosa satisfacción pola situación resolta.
Finxe síntomas para chamar a atención. Pide máis axuda do imprescindible. Esperta ás persoas coidadoras durante a noite máis do necesario. Rexeita axudas que facilitan as tarefas de coidado. Mostra un comportamento agresivo cara ao coidador ou coidadora. Ante estas demandas de atención desproporcionadas é importante que a persoa coidadora saiba dicir NON. Nalgunhas ocasións, facelo sen sentirse mal, nin culpable pode resultar difícil. Por esta razón, é importante acompañar as nosas respostas con argumentos que resulten comprensibles e evitar, na medida do posible, dar escusas ou dar a impresión de non atención. QUE FACER ANTE A SOBRECARGA Coidando na casa 31
PEDIR AXUDA Á FAMILIA A responsabilidade de coidar non debe recaer exclusivamente sobre unha única persoa, é importante compartir con outras persoas a responsabilidade e as tensións que supoñen o feito de coidar a una persoa dependente. Non obstante, moitas persoas coidadoras non piden axuda ás súas familias e amizades porque pensan que se trata dunha responsabilidade exclusivamente súa, non queren molestar a outras persoas, pensan que será interpretado como un signo de debilidade, cren que o ofrecemento debería de xurdir das demais persoas ou porque pensan que ninguén vai coidar igual de ben que a persoa coidadora. O certo é que algúns membros da familia poden non participar nas atencións á persoa dependente, posto que non ven o problema en toda a súa magnitude, ou ben porque se senten culpables por non colaborar e elixen evitar a situación. Nestas situacións, é recomendable facer reunións familiares co obxectivo de distribuír as responsabilidades. É importante ter en conta que, aínda que familiares e amizades poden proporcionar unha axuda fundamental á persoa coidadora, en ocasións esta pode non ser suficiente e resultará preciso recorrer aos servizos sociais, entidades ou asociacións de axuda para o coidado de persoas dependentes, onde poderán atopar información sobre os distintos recursos e axudas, xestión de solicitude e acceso, orientacións sobre o coidado, etc.
Pedir axuda á familia Expresar de forma clara e concreta o tipo de axuda que necesita. Se as persoas da familia non participan de xeito voluntario, é bo dicirlle que tipo de axuda necesita. Evitar formas de comunicación demasiado agresivas que poidan provocar respostas defensivas, nin inhibidas que faciliten a negativa á súa petición. Se é posible, reunir a todas as persoas que poidan axudar para organizar e coordinar os tempos e as posibilidades de cada unha. Valorar positivamente a axuda ofrecida xa que non existe unha única forma de coidar. Evitar conflitos familiares. Expresar confianza e satisfacción pola axuda que ofrecen os demais membros da familia.
32 Coidando na casa QUE FACER ANTE A SOBRECARGA
COMO PREVIR SITUACIÓNS DE SOBRECARGA? COIDARSE MÁIS Garantir unha boa saúde tanto física coma psicolóxica da persoa coidadora é garantir unha boa atención á persoa dependente. O coidador ou coidadora non ten que esperar a sentirse exhausta para preocuparse do seu propio benestar, senón que este ten que ser unha prioridade, algo que lle dará forzas para continuar e lle axudará a previr sentimentos de soidade e illamento. Algúns aspectos a coidar son:
bilidade corporal, o equilibrio e a coordinación. A nivel psicolóxico, tamén comporta beneficios xa que mellora o estado anímico, favorece a relaxación e a diminución da tensión emocional que acumula a persoa coidadora no seu día a día. Non estamos a falar unicamente da practica dun deporte, senón a que o feito de andar ou ir en bicicleta pode comportar beneficios importantes para a saúde da coidadora ou coidador.
1. Durmir
En primeiro lugar, a persoa coidadora debe durmir o suficiente, se é posible 7 ou 8 horas, se isto non fora posible porque a persoa dependente a esperta polas noites, debe procurar alternarse con outro membro da familia ou persoa coidadora. É recomendable realizar antes de deitarse, algún tipo de actividade relaxante, que elimine a tensión de todo un día de actividade, isto axudará a conciliar o sono. A persoa coidadora debe atopar momentos distribuídos ao longo da xornada, na que pare e descanse, non é unha perda de tempo. Tamén pode dedicalos a actividades relaxantes coa persoa dependente: oír música, ler, ver unha película, algunha actividade manual, etc. 2. Facer exercicio Facer exercicio físico permite mellorar o sono, fortalece o sistema cardiovascular e respiratorio, incrementa a resistencia muscular, favorece a axilidade, a flexiCOMO PREVIR AS SITUACIÓNS DE SOBRECARGA Coidando na casa 33
3. Seguir unha dieta equilibrada, comer alimentos sans e respectar os horarios En ocasións as tarefas a realizar ou a atención que necesita a persoa dependente poden alterar a dinámica da persoa coidadora, interferindo, entre outros, no horario das súas comidas. Planificar e programar as actividades e tarefas previamente pode axudarnos a seguir un horario. 4. Evitar o illamento
obrigas que implica o seu rol. As afeccións e intereses poden representar un xeito de evitar o illamento, á vez que achegan aspectos gratificantes e positivos. É recomendable xestionar o tempo libre destinado a realizar actividades mediante a elaboración dun programa de actividades, igual que o facemos para os coidados. 6. Saír da casa En numerosas ocasións, a coidadora ou coidador e a persoa dependente comparten domicilio as 24 horas do día. Desta forma, a persoa dependente dificilmente pode desprenderse do seu rol, nin tan sequera de xeito puntual. É importante buscar a forma na que a separación física entre as dúas persoas se faga efectiva, malia que só sexa durante breves intervalos de tempo. É necesario buscar alternativas viables que favorezan saír da casa como por exemplo, pedir a colaboración á familia ou ás amizades, dirixirse aos centros de servizos sociais do barrio, asociacións de voluntarios, solicitar servizos de axuda a domicilio, etc. Desta forma, a persoa coidadora conseguirá evitar a sensación desagradable de vivir atrapado nunha situación.
A miúdo a persoa coidadora deixa de realizar as actividades que realizaba anteriormente. A atención da persoa dependente pode esixir moitas horas de dedicación que reducen a posibilidade de compartir momentos con outras persoas. Inevitablemente, esta situación conduce a un illamento que pode relacionarse posteriormente con estrés ou esgotamento. É importante que o coidador ou coidadora manteña as relacións sociais que lle son gratificantes. Se non dispón de tempo para facelo, pode pedir a colaboración a outros membros da familia. Manter unha rede social significativa, ademais de proporcionar diversión e entretemento, pode tamén significar unha fonte de empatía, comprensión e apoio emocional que 7. Descansar colabore a diminuír a carga da persoa Tal e como comentabamos, é importante encontrar tempo para deixar coidadora. momentaneamente a responsabilidade de atender á persoa dependente. 5. Manter afeccións e intereses É importante que a persoa coidadora Non obstante, non sempre é posible manteña un equilibrio entre as propias abandonar o domicilio durante un breve necesidades e intereses persoais e as período de tempo. 34 Coidando na casa COMO PREVIR AS SITUACIÓNS DE SOBRECARGA
Nestes casos pode ser útil practicar algunhas técnicas de relaxación, pensar en algo agradable ou darse un capricho. Sempre que sexa posible, recoméndase pasar un anaco nun cuarto distinto ao que se atope a persoa que coidamos. Non descoidar a atención do resto da familia. PLANIFICAR AS ACTIVIDADES DE COIDADO Ningunha persoa está preparada dende un principio para facer fronte ás responsabilidades e dificultades que comporta coidar a unha persoa dependente. Para poder facilitar a nosa tarefa de coidados, á vez que velamos polo noso benestar, é necesario deseñar un plan de acción que axude a ter claras cales son as actividades que temos que realizar e de que xeito. Esta planificación evitará imprevistos e axudaranos a dispoñer de tempo para gozar doutras actividades gratificantes.
Consellos para elaborar un plan de actividades:
Elaborar unha lista con todas as tarefas que se deben realizar. Resulta práctico clasificar as tarefas por orde de importancia e verificar aquelas que a persoa dependente pode facer por si mesma e animala a facelas. Anotar o tempo aproximado que se precisa para cada unha. Facer outra lista con actividades que lle gustaría facer. Ordenalas de maior a menor importancia. Anotar o tempo aproximado que precisa cada unha. Confeccione unha única lista de tarefas, priorizando e intercalando tarefas.
Na elaboración do plan de acción é recomendable contar coa opinión e/ou participación doutros membros da familia, algo que fomentará a súa implicación na atención á persoa dependente. COMO PREVIR AS SITUACIÓNS DE SOBRECARGA Coidando na casa 35
MANTER REUNIÓNS FAMILIARES Unha boa forma de previr posibles problemas é que todos os membros da familia se reúnan e expresen libremente o que cren que é mellor respecto a cada situación que se estea a debater. Por outra parte, é importante que todas as persoas da familia compartan a información básica sobre a situación concreta, as súas complicacións e sobre as reaccións emocionais que se suscitan. PENSAR NO FUTURO Coidar unha persoa dependente é unha carreira de fondo, que pode afectar moitos ámbitos da vida durante moito tempo, con frecuencia non se sabe ata cando. Prever problemas e situacións futuras permite anticipar e planificar posibles solucións. Para facelo, será imprescindible, entre outros aspectos, coñecer a evolución da enfermidade, trastorno ou problemática que orixinou a situación de dependencia. Recoméndase implicar outros membros da familia nun acordo explícito que faga referencia a futuras accións. Familiares, amizades e profesionais poden achegar outros puntos de vista. Para rematar, recordemos que coidar pode converterse nunha experiencia positiva e gratificante. Non debemos esquecer que pode permitir descubrir capacidades, calidades ou aptitudes de nós mesmos que sería difícil descubrir doutra forma. Ademais, esta situación permite establecer unha relación máis próxima e íntima coa persoa coidada.
36 Coidando na casa COMO PREVIR AS SITUACIÓNS DE SOBRECARGA
CALES SON OS DEREITOS DAS PERSOAS COIDADORAS
As persoas coidadoras teñen dereito: A coidar de si mesmas, dedicando tempo e facendo actividades simplemente para elas sen sentimentos de culpa, de medo e sen autocrítica. A manter facetas da súa propia vida que non inclúan a persoa á que coidan, xusto como o farían se esa persoa estivese sa. A experimentar sentimentos negativos (tristura, rabia ou enfado) por ver enfermo ou estar a perder a un ser querido. A resolver por si mesmas aquilo que sexan capaces e o dereito a preguntar e pedir axuda a outras persoas para resolver aquilo que non comprendan, recoñecendo os límites da súa propia resistencia e forza. A buscar solucións que se axusten razoablemente ás súas necesidades e ás dos seus seres queridos. A ser tratadas con respecto por aqueles e aquelas aos cales solicitan consello e axuda. A cometer erros e ser desculpadas por iso. A ser recoñecidas como membros valiosos e fundamentais da súa familia mesmo cando os seus puntos de vista sexan distintos.
A quererse a si mesmas e admitir que fan o humanamente posible. A recibir consideración, afecto, perdón e aceptación polo que fan pola persoa querida á que coidan. A aprender e a dispoñer do tempo necesario para aprendelo. A admitir e expresar sentimentos, tanto positivos coma negativos. A dicir non ante demandas excesivas, inapropiadas ou pouco realistas. A seguir desenvolvendo a súa propia vida e gozando dela. A liberarse de sentimentos e pensamentos negativos, destrutivos e infundados, aprendendo a manexalos e controlalos. A rexeitar calquera intento que faga a persoa coidada para manipulalas facéndoas sentir culpables ou deprimidas. A estar orgullosas polo labor que desempeñan e aplaudir a coraxe que teñen que reunir moitas veces para satisfacer as necesidades da persoa da que coidan. A demandar que se fagan máis esforzos para optimizar a axuda.
DEREITOS DAS PERSOAS COIDADORAS Coidando na casa 37
COIDADOS COTIÁNS Á PERSOA DEPENDENTE
COIDADOS COTIÁNS Á PERSOA DEPENDENTE
CONSELLOS PRÁCTICOS PARA O COIDADO Coidar dunha persoa dependente esixe á persoa coidadora un nivel de competencias e habilidades suficientes que lle permitan seleccionar a atención máis axeitada en función das necesidades detectadas e prestar os coidados seguindo criterios e da calidade. MELLORANDO A AUTONOMÍA As persoas dependentes poden necesitar axuda en moi diversas actividades da vida diaria. Nesta maior ou menor dependencia inflúen moitos aspectos, non só a deterioración da saúde, o ambiente físico no que vive a persoa dependente ou as actitudes e a forma de actuar da familia e outras persoas próximas, tamén teñen unha gran influencia sobre o grao de autonomía que amosa.
Neste caso, pode dicirse que a axuda que se está prestando é excesiva e ten como consecuencia que a persoa en situación de dependencia deixe de practicar algunhas habilidades co que, cada vez lle resulta máis difícil levalas a cabo. As recomendacións que se ofrecen a continuación son un intento de orientar ás persoas coidadoras para que lles sexa máis doado fomentar as capacidades de autonomía na persoa dependente Pero estas suxestións non adoitan ter un efecto inmediato. Senón que a persistencia das mesmas e a súa incorpoación na rutina diaria, permite ás persoas coidadoras atopar novas formas de axudar a ela mesma e á persoa coidada.
En moitas ocasións, as persoas coidadoras, preocupadas porque a persoa dependente estea o mellor atendida posible poden correr o perigo de sobreprotexela. Por exemplo, cando a persoa á que coidan amosa dificultades nalgunha tarefa diaria, responden facendo a cousa no seu lugar; ou ao observar o esforzo que debe facer a persoa dependente, inmediatamente lle atenden e non contribúen a que esta realice as actividades cotiáns con autonomía, o cal, aínda que supuxera máis tempo investido na realización da tarefa, contribuiría, en gran medida, a favorecer a autonomía funcional da persoa que recibe os coidados.
CONSELLOS PRÁCTICOS Coidados cotiáns á persoa dependente 41
Consellos para favorecer a autonomía: Observar que consecuencias ten sobre a persoa dependente actuar de distinta maneira: substituíla, animala, eloxiala, substituíla nas actividades cotiáns. Centrar a atención no que a persoa pode facer, nas súas capacidades. Potenciar as posibilidades e habilidades. Preparar o contorno para favorecer a autonomía. Usar os produtos de apoio necesarios. Atender as condutas autónomas, non ignoralas nin deixalas pasar, posto que á larga, provoca que deixen de facerse. Premiar a autonomía. Facilítase a autonomía cando se lle fai saber á persoa dependente a satisfacción que produce que actúe de maneira autónoma. É útil comentar o motivo de recoñecemento ao tempo que se felicita con xestos e manifestacións afectivas (unha palmada no lombo, unha caricia, un sorriso, un grazas, etc.)
Non impedir a realización de comportamentos autónomos, nin reprochalos, posto que se unha conduta independente lle sigue un reproche ou crítica (non te levantes soa, é mellor que pidas axuda, non che vaia a pasar algo, … ) é posible que non volva a realizarse. Sempre que se poida, non prestar atención ás condutas dependentes. Como, por exemplo, cando a persoa dependente está emitindo unha queixa ou unha demanda excesiva ou tratando de facer sentir culpable á persoa coidadora por non axudarlle na tarefa.
Cando a persoa dependente responde con dificultade aos intentos de favorecer a autonomía, aconséllase: Contestar con frases que demostren confianza nas súas posibilidades: “sei que podes facelo.” Propoñer a actividade como algo que lle pon a proba: “veña, imos probar o que podes facer, eu axudareite.” Ser persistente. Se non se consegue a colaboración da persoa dependente nos primeiros intentos, é útil repasar as actuacións que se propoñen e intentalo outra vez, cando se sinta preparada. Desaconséllase discutir. É conveniente deixar algo de tempo e volver a intentalo noutro momento que se considere máis favorable. 42 Coidados cotiáns á persoa dependente CONSELLOS PRÁCTICOS
MELLORANDO A AUTOESTIMA A maior parte das persoas senten moito orgullo da súa autonomía. Pero cando unha situación de dependencia lles fai perder esa autonomía, a súa autoestima xeralmente sofre. A persoa dependente podería sentir que non vale nada ou que é unha carga para a súa familia. O primeiro paso para que a persoa dependente teña un bo concepto de si mesma é que se sinta capaz de realizar as tarefas cotiáns. Se a persoa coidadora é capaz de potenciar a súa autonomía sentirase máis competente. Modos de mellorar a autoestima: Potenciar a autonomía é unha boa forma de potenciar a autoestima. Permitir que a persoa dependente tome as decisións que lle afectan e consultar as súas preferencias fará que sinta que ten control sobre a súa propia vida. A persoa dependente debe sentir as decisións como obxectivos propios. Por exemplo, a opinión da persoa dependente é importante cando haxa que realizar cambios na súa casa, cando sexa preciso utilizar outros servizos ou axudas externas ou cando sexa preciso trasladala.
Compartir as preocupacións e ter en conta os seus consellos. Procurar que a persoa dependente asuma responsabilidades na medida das súas capacidades. Pódeselle pedir, por exemplo, que quite e poña a mesa, que faga a cama, que coide as plantas, etc. Hai que ter en conta que é máis fácil manter costumes que crealas. Respectar a intimidade durante as tarefas de coidado, xa que isto conleva frecuentemente unha gran proximidade física entre a persoa coidadora e a que se coida. Costumes como chamar á porta da súa habitación ou respectar os seus desexos de permanecer a soas son aconsellables para salvagardar a súa intimidade.
Conseguir que a persoa en situación de dependencia se sinta útil. Para iso pode pedírselle que realice tarefas sinxelas das que teñamos a seguridade de que as pode facer (dobrar a roupa mentres a persoa coidadora pasa o ferro, etc.). Tamén poden simplificarse as tarefas que se lle piden para que poida ir facéndoas paso a paso. CONSELLOS PRÁCTICOS Coidados cotiáns á persoa dependente 43
TRATANDO CON RESPECTO E DIGNIDADE Frecuentemente unha persoa coidadora non profesional coñece moito á persoa á que coida: o que lle gusta, as súas fortalezas e debilidades individuais ademais dos seus desexos e necesidades. É moi fácil caer nunha actitude protectora cando se coida a outra persoa, especialmente se esta é unha persoa querida. Faise, polo tanto, necesario comprender que, a non ser que a persoa estea pasando por un trastorno cognitivo (demencia, ACV ou outro problema de saúde), aínda toma decisións sobre a súa vida. Isto pode ser difícil para a persoa coidadora, pero debe estar alerta para non caer na sobreprotección.
Respectar o seu dereito a elixir: Ao tomar decisións, exércese o control sobre a propia vida. É importante que a persoa decida sobre os seus coidados. Se a persoa ten problemas cognitivos, pode ser útil ofrecer dúas alternativas, non máis, para favorecer a elección. Cando a persoa coidadora pensa que unha decisión é pouco importante, debe intentar poñerse no lugar da outra persoa e valorar por qué é importante para ela. Se a persoa dependente se nega a tomar os medicamentos ou toma decisións que puideran ser perigosas, a coidadora ou coidador debe intentar negociar unha posible solución.
Unha das necesidades humanas máis importantes é o respecto e a dignidade, e esta dignidade non cambia cando a per- Tratar con dignidade: soa sofre unha situación de dependencia. Escoitar as preocupacións da persoa dependente. Existen moitas cousas que a persoa coidadora pode facer para garantir que a persoa á que coida reciba respecto e dignidade, dereito básico de todo ser humano.
Pedir a súa opinión e actuar en consecuencia.
Respectar a súa privacidade física e emocional:
Facer participar á persoa dependente en tantas decisións como sexa posible.
Pechar a porta cando a persoa se asea e usa o baño.
Incluíla na conversación. Non falar dela como se non estivera presente.
Chamar á porta antes de entrar na habitación.
Ter en conta a súa idade e as súas capacidades. No caso de ser unha persoa adulta, tratala como tal.
Non comentar información privada con outras persoas, aínda que sexan membros da familia, sen o expreso consentimento da persoa dependente.
44 Coidados cotiáns á persoa dependente CONSELLOS PRÁCTICOS
HIXIENE A hixiene persoal é o coidado que nos damos para preservar a saúde. Os obxectivos da hixiene son: • Fomentar a limpeza, a eliminación de microorganismos e excrecións corporais. • Mellorar a nosa imaxe. • Proporcionar comodidade, relaxación e frescura. • Acondicionar a pel. Debemos procurar que a hixiene incida sobre o coidado bucal, o baño ou ducha completa ou parcial, o lavado ou arranxo do pelo, o coidado das uñas e o coidado dos pés. Algunhas destas actividades deberán efectuarse a diario e outras a intervalos semanais, pero é recomendable sempre que se poida que a persoa dependente programe os seus propios coidados, dándolle o tempo suficiente para realizalos e axudando ou supervisando cando sexa necesario.
HIXIENE Coidados cotiáns á persoa dependente 45
O BAÑO OU A DUCHA Bañarse ou ducharse representan unha serie de operacións que poden ser moi complexas para algunhas persoas dependentes, polo que é habitual que se produza un forte rexeitamento á hora de formular o baño ou a ducha, o que require paciencia, flexibilidade e amabilidade por parte do coidador ou coidadora: • Invitar á persoa a dar un baño ou unha ducha falándolle suavemente e con calma e facéndolle ver que despois do baño se sentirá moi a gusto.
pasada con auga, cunha esponxa enxaboada lavar o corpo sempre de arriba abaixo (dende a cabeza aos pés) rematando pola zona xénito-anal que hai que lavala de diante cara a atrás, despois acla• Escoller o momento do día en que a rar con auga no mesmo sentido. Deben persoa estea menos confusa. Tratará de usarse luvas para estes traballos e para crearse rutina. manipular roupa sucia e cueiros. • Todo o proceso debe realizarse devagar, • Non deixar a persoa sen vixilancia duse existe présa é mellor deixalo para outro rante o baño, aínda nos casos en que o momento. realice por si mesma. • Manter a máxima privacidade posible.
• Unha vez realizado o baño ou ducha, proceder ao secado minucioso, insistindo • Verificar que a temperatura da auga é a nas dobras e zonas de risco. Para secar axeitada. as costas máis doadamente, poden utilizarse toallas provistas de lazos. • Ter preparado todo o necesario: toallas, esponxas, xabóns, etc. • No momento do secado, pode estudarse coidadosamente a pel por se existisen • Acompañar á persoa e invitala a que se irritacións ou alteracións. ispa tranquilamente. • Regar o corpo cunha crema hidratante • Axudala a entrar e saír da bañeira para para evitar que a sequidade da pel proevitar posibles caídas. voque irritacións ou feridas. • Pedirlle, se pode facelo, que se enxaboe e se aclare, supervisando cando sexa preciso. Existen cepillos e esponxas especiais (co mango máis longo) para facilitar o acceso a zonas difíciles, como as costas ou os pés.
• En membros superiores e inferiores, o lavado, secado e masaxe debe realizarse dende a zona distal, máis alonxada do corpo, cara á proximal, favorecendo o retorno venoso.
• Proceder ao vestido con roupa limpa, • No caso de que non poida, acomodar á animando á persoa a que se vista por si persoa na cadeira de ducha, darlle unha mesma en función das súas capacidades. 46 Coidados cotiáns á persoa dependente HIXIENE
Entrar ou saír da bañeira: Para entrar: situarse detrás da persoa, suxeitando os seus antebrazos cruzados entre si.
Para saír: A persoa maior suxéitase polos ombros de quen a axuda, mentres este a mantén agarrada polas cadeiras.
Un baño ou ducha son as mellores formas de manter a hixiene persoal e debe optarse por elas sempre que sexa posible. En calquera caso, é conveniente recordar que os obxectivos da hixiene persoal son manter a limpeza corporal e evitar os malos olores; polo tanto, poden utilizarse outras formas de aseo distintas, como son o baño na cama ou o baño de toalla. HIXIENE Coidados cotiáns á persoa dependente 47
ASEO DA PERSOA DEPENDENTE ENCAMADA: O aseo da persoa encamada 1- Retíranse a colcha e as mantas da cama, íspese á persoa dependente e déixaselle cuberta cunha saba. 2- Comezamos o aseo, exponse a zona do corpo que se estea a lavar, o resto queda cuberto. Comezamos pola cara, orellas e colo; despois axilas, tórax, brazos, mans, abdome, pernas e pés; para rematar coa zona xénito-anal que debe lavarse sempre de diante cara a atrás. 3- Debemos poñer auga quente e limpa frecuentemente na almofía. 4- Para lavar as costas da persoa dependente hai que poñerlle de lado, sempre é mellor que a coidadora ou coidador lle xire cara a si para evitar a caída da cama.
Consellos baño de cama ou toalla:
Lávase á persoa dependente de abaixo a arriba, empezando polos pés, pernas, xenitais, corpo, brazos e cabeza, lavándolle a cara, o colo e as orellas. Utilízanse distintas esponxas para as diferentes partes do corpo. En zonas de maior suciedade, aplicar vaselina, deixala actuar e proceder ao seu lavado posterior.
Debe moverse á persoa dependente con coidado, ladeándoa suavemente para facilitar a total limpeza do corpo. Pódeselle facer visible a sensación de confort. Podemos dicirlle o ben que ule e o ben que se debe sentir. Procurar que non se arrefríe.
5- Unha vez lavada e seca a persoa, vestirase con roupa limpa, cepillaráselle os dentes, peitearase, afeitará ou maquillará e cortaránselle as uñas se é preciso. Finalmente, cambiarase a roupa da cama.
48 Coidados cotiáns á persoa dependente HIXIENE
Facer a cama da persoa encamada 1- Retírase a colcha e a manta da cama e colócanse enriba dunha cadeira próxima. A persoa dependente queda cuberta cunha saba. 2- Volver á persoa dependente cara a un extremo da cama e deixala alí deitada. 3- Enrolar toda a roupa sucia da cama formando un rodete xunto ao corpo da persoa. 4- Estender completamente unha saba baixeira, enrolándoa ata a metade, colocando a parte enrolada xunto á persoa. 5- Someter ben tirantes os extremos da saba baixo o colchón. 6- Volver á persoa dependente cara ao outro lado da cama. 7- Retirar a saba sucia e desenrolar a saba limpa e estirala completamente, someténdoa baixo o colchón. 8- Incorporar suavemente á persoa dependente para cambiarlle a almofada. 9- Colocar a saba de arriba limpa e colocar as mantas e a colcha.
HIXIENE Coidados cotiáns á persoa dependente 49
• Cepillar as uñas e cando sexa preciso O cepillado diario requírese para que o cortalas moderadamente en forma recabelo conserve a súa saúde, para es- dondeada, sen introducir a punta das timular a circulación sanguínea no coiro tesoiras nos bordos para evitar feridas. cabeludo, distribuír o sebo no talo piloso e axudar ao peiteado. Os cabelos:
No coidado do cabelo das persoas dependentes debemos ter en conta: • Deben manter unha lonxitude axeitada que permita o seu lavado periódico, • Se a pel das mans está reseca hai que polo menos unha vez á semana. aplicar unha crema hidratante. • O xampú debe ser suave e adecuado a cada tipo de cabelo, aplicándoo cunha Os pés: lixeira masaxe. O coidado dos pés é esencial en persoas • O secado realizarase coa toalla ou co dependentes, sobre todo nas que sofren secador a temperatura non moi quente. diabete: • O peiteado ou cepillado do pelo da • A limpeza dos pés realizarase con auga parte posterior da cabeza pode resultar morna e xabóns neutros e estará seguidifícil polo que ás veces a persoa deda dun concienciudo secado, sobre todo pendente pode precisar axuda. Existen nos espazos interdixitais. no mercado cepillos e peites especiais • As uñas cortaranse con regularidade. para facilitar o peiteado. Debido a que tenden a endurecerse cortaranse despois do baño, procurando As mans: que o bordo quede recto e liso. É conveniente lavar as mans con frecuencia e sempre despois de ir ao cuar- • Pódese aproveitar o momento da to de baño, ao levantarse e antes das limpeza para inspeccionar a pel en buscomidas. Debemos seguir as seguintes ca de pequenos cortes ou cambios de coloración. normas: • Humedecer mans e antebrazos con- • Lubricar a pel cunha crema hidratante, non o facer entre os dedos. cienciudamente. • Fregar as mans entre si varias veces, • Acudir ao podólogo con regularidade. limpando con especial coidado as dobras interdixitais. • Evitar aneis ou pulseiras apertados que impidan unha boa limpeza ou dificulten a circulación do sangue. 50 Coidados cotiáns á persoa dependente HIXIENE
• A dentadura quitarase cada noite, a Nas persoas dependentes as dobras menos que exista contraindicación para requiren un coidado especial. Hai que iso, e somerxerase nun recipiente con vixiar sobre todo o colo, as axilas, auga con esencia de menta ou algún as inguas, os espazos interdixitais produto apropiado, cambiando a solución (especialmente os pés), o pregamento a diario. das articulacións, a zona submamaria • Cando a prótese dental se axuste mal na (levantando os peitos), a do baixo ventre boca, debe visitarse ao dentista para que a readapte. Nalgunhas dentaduras que e a dobra interglútea: • Lavar con auga e xabón neutro e secar non se axustan axeitadamente poden ser útiles produtos en forma de pegamento minuciosamente. ou almofadas adhesivas. • Se aparecen gretas ou prurito debe avisarse ao médico. Lentes e audiófonos: • Protexer os lugares que representen A súa limpeza realizarase diariamente. un risco grave. Os lentes deben lavarse con auga morna e xabón e secarse cun papel absorbente. O coidado bucal: Os audiófonos poden lavarse con auga e xabón, sempre que non se humedeza a Require unha atención diaria: parte electrónica, e esta limparase cun • O cepillado dentario elimina restos de papel secante. comida e prevén a carie. As dobras da pel:
• O cepillo debe ser pequeno, con porcas A hixiene íntima: de dureza intermedia e mango anatómiPode ser difícil lavar as partes íntimas co. dunha persoa polo pudor persoal que • Cepillaranse todas as superficies den- pode ocasionar. Non obstante a hixiene tarias, realizando oito ou dez pasadas nesta zona é indispensable posto que como mínimo, movendo o cepillo dende existen numerosas dobras cutáneas que, a enxiva ata a coroa con movementos por falta de hixiene, poden irritarse e rotatorios curtos. infectarse. • Debe enxaugarse a boca con auga ou A zona xénito-anal debe lavarse sempre locutorio bucal. de diante cara a atrás. • Realizar periódicas.
revisións
odontolóxicas
A prótese dental: • A dentadura postiza debe limparse despois de cada comida e antes de deitarse, cun cepillo duro.
O afeitado: Os homes deben afeitarse cada día e arranxarse bigote, patillas e barba con regularidade. • Debe utilizarse boa luz e un espello axeitado.
HIXIENE Coidados cotiáns á persoa dependente 51
• Se lle treme o pulso suxírese o uso de máquina eléctrica tendo coidado coas engurras e dobras da pel. • En caso de ferida hai que cortar a hemorraxia e previr a infección. • Rematar cunha loción ou crema hidratante para despois do afeitado. Adornarse e maquillarse: Recoméndase estimular á persoa dependente a que continúe o hábito de coidar a pel mediante limpeza e hidratación. Tamén se aconsella a utilización de perfumes e colonias ao seu gusto e o uso de adornos (pulseiras, reloxos, pendentes, colares, broches, etc.) No caso das mulleres, sempre que fose costume habitual, un toque de maquillaxe (nos ollos ou nos beizos).
52 Coidados cotiáns á persoa dependente HIXIENE
ROUPA E VESTIDO A función principal do vestido é manter a temperatura do corpo e protexer dos axentes externos, pero non hai que esquecer que a roupa limpa e atractiva axuda a dar sensación de dignidade e individualidade. Polo tanto, as coidadoras e coidadores, debemos animar á persoa dependente a que se arranxe e vista soa coa mínima axuda posible e reforzala dicíndolle o elegante e guapa que está cando se viste e arranxa con esmero. A elección de pezas de vestir:
O calzado:
• A roupa adaptarase ás posibilidades individuais de manipulación e uso.
• Os zapatos deben ser de pel e forrados polo interior.
• O vestido debe permitir liberdade e • Os zapatos deben ter piso antiesvarante. amplitude de movementos. • Os equipos almofadados adoitan propor• Son preferibles os tecidos naturais e as cionar sensación de benestar. teas lavables que precise pouco pasado do ferro. • Os calcetíns deben ser de tecido que permitan a transpiración do pé e deben • Hai que eliminar roupa difícil de poñer e ter elásticos que suxeiten sen oprimir. quitar: evitar pezas axustadas, colos e puños estreitos e pechados, xéneros pouco • Hai que asegurarse de que os zapatos, elásticos, etc. equipos e calcetíns axustan correctamente e non producen rozamentos ou • Son doadas de poñer e quitar pezas presións. abertas por diante. • Ás veces é útil substituír os cordóns dos • Os peches, abotoaduras e cremalleiras, zapatos por gomas ou velcro. pódense substituír por elásticos e fitas de velcro. Na roupa interior feminina, o • Non debe usarse calzado tipo chancla. peche colocarase por diante e os tirantes serán elásticos e axustables. • É preciso simplificar o vestiario da persoa dependente invitándoa a eliminar do seu roupeiro todo o que non use habitualmente e non corresponda á estación do ano. HIXIENE Coidados cotiáns á persoa dependente 53
AXUDAS PARA O VESTIDO E O CALZADO Parte superior do corpo: Pode facerse sentado ou de pé. Débese comezar polo brazo con maior discapacidade. A persoa coidadora introducirá a súa man pola manga da peza e collerá a man da persoa dependente, a continuación, meterá suavemente a manga ao longo do brazo, despois colocarase a outra manga. Parte inferior do corpo: Realizarase máis comodamente tombado na cama. Para poñerse os pantalóns comezarase primeiro metendo a perna con maior discapacidade, a continuación métese a outra perna, despois sóbense os pantalóns ata as cadeiras e por último ata a cintura. Son útiles as axudas técnicas deseñadas ao efecto e a substitución de cremalleiras por elásticos ou tiras de velcro.
54 Coidados cotiáns á persoa dependente HIXIENE
MOBILIZACIÓNS
A ter en conta: • Protexemos á persoa dependente en cada mobilización. • Protexémonos a nós mesmas e nós mesmos.. • Antes de mobilizar, pensamos como o imos facer. Cada persoa é diferente e debemos adaptarnos á súa situación. • Para realizar calquera mobilización adoptamos a posición de banqueta, é o punto de partida de cada mobilización: - As costas rectas facendo coma se tivesemos unha “faixa lumbar”. -Flexionamos os xeonllos separando os pés para manter o equilibrio. - Mantemos os brazos pegados ao corpo. (costas rectas - xeonllos semiflexionados) • Se traballamos dúas persoas comunicámonos e coordinámonos. Contamos 1, 2 e 3 antes de mobilizar. • Pedimos apoio á persoa dependente. • Podemos axudarnos de diferentes elementos: roupa, mobiliario, etc. • Todo o tempo, falamos e tranquilizamos á persoa dependente, contámoslle o que imos a facer.
MOBILIZACIÓNS Coidados cotiáns á persoa dependente 55
INCORPORACIÓN NA CAMA: 1. Persoa dependente boca arriba. 2. Coidora ou coidador situado ao lado da cama, apoiando o xeonllo máis próximo á cabeza da persoa dependente na cama, á altura da cintura da persoa encamada. 3. Suxeitaralle polas costas coa man do mesmo lado do xeonllo e polo brazo coa outra. 4. Nesta posición o coidador ou coidadora cambiará o peso do corpo da perna apoiada na cama á que está no chan, incorporando á persoa dependente e deixándoa sentada na cama. É necesario colocarlle algún apoio detrás das costas (unha almofada) para axudarlle a manter a postura.
56 Coidados cotiáns á persoa dependente MOBILIZACIÓNS
DESPRAZAMENTO Á CABECEIRA DA CAMA: Coa persoa incorporada: É conveniente que estas manobras as realicen dúas persoas. Coa persoa incorporada, trátase de levala ata a cabeceira da cama. 1. Cada unha das persoas coidadoras situarase a un lado da cama. 2. Cada unha delas colocará o seu xeonllo enriba da cama. 3. Colocarán os seus ombros debaixo da axila da persoa dependente para distribuír o peso e ter unha postura segura. 4. A man do xeonllo flexionado suxeitándolle os membros inferiores e a outra apoiada na cama. 5. Nesta posición levamos á persoa dependente cara o cabeceiro da cama. Coa persoa deitada boca arriba: É conveniente que estas manobras as realicen dúas persoas. Persoa dependente deitada boca arriba: trátase de levala ata a cabeceira da cama. 1. Cada coidador ou coidadora a cada lado da cama, xeonllo afastado do cabeceiro flexionado sobre a cama, brazo do mesmo lado debaixo da axila da persoa dependente suxeitándoo polas costas (ombro-omoplato). 2. Dobrar as pernas da persoa dependente ou colocar unha enriba da outra. 3. Agarrándose ao cabeceiro da cama e facendo forza coa perna flexionada os coidadores e coidadoras levan á persoa encamada á cabeceira da cama. MOBILIZACIÓNS Coidados cotiáns á persoa dependente 57
DEITARSE NA CAMA:
ERGUERSE DA CAMA:
1. A persoa debe aproximarse de fronte á cama. Se usa bastóns, andadeira, etc. deixaraos o máis preto posible.
1. A persoa dependente deitada de lado preto do borde da cama.
2. Sentarase no bordo da cama, pero ben dentro. 3. A continuación, elevará primeiro unha perna e despois outra, mentres fai que o peso do corpo recaia sobre os membros superiores, que os terá colocados a ambos os dous lados do corpo, situándose seguidamente no centro da cama.
2. Deixa caer as pernas sobre o bordo da cama, primeiro unha e despois outra, ao tempo que levanta o corpo empurrando coa man sobre a cama á altura do peito. 3. O coidador ou coidadora colocará unha das súas pernas trabando as da persoa dependente para evitar que esvaren.
TRASLADO CAMA-CADEIRA NO CASO DUNHA PERSOA QUE FAGA PÉ: 1. Coa persoa dependente sentada na cama, o coidador ou coidadora pasa os brazos baixo as súas axilas, rodeándolle o tórax e suxeitándoa polas costas. 2. Os pés do coidador ou coidadora estarán separados (posición de banqueta), trabando cun deles as pernas da persoa dependente. 3. O coidador ou coidadora xirará á persoa dependente ata colocala de costas á cadeira, flexionará as pernas mentres o senta lentamente. Se este pode, apoiarase mentres nos repousabrazos da cadeira.
58 Coidados cotiáns á persoa dependente MOBILIZACIÓNS
TRASLADO CAMA-CADEIRA NO CASO DUNHA PERSOA TOTALMENTE DEPENDENTE: Modo 1: 1. Necesítanse dúas persoas. A cadeira debe situarse moi preto da cama. A persoa dependente encontrarase sentada na cama e coas mans na cintura. 2. Unha delas sitúase detrás da persoa dependente cun xeonllo na cama, pasando os brazos polas súas axilas e suxeitándoa polos antebrazos. 3. A outra persoa coidadora sitúase aos pés da cama e suxeita as pernas da persoa dependente, cunha man por debaixo das coxas e outra dos papos da perna. 4. Traslado á cadeira. Modo 2: 1. Incorporar á persoa dependente e colocala no bordo da cama. 2. Cada unha das persoas coidadoras situarase a un lado da persoa dependente e de fronte á cama.
3. Colocarán os seus ombros baixo as axilas da persoa dependente e pasan a man por debaixo das súas coxas. A man libre apóiase na cama. 4. Elevar a persoa e ao chegar á cadeira apoiar a man no repousabrazos para descargar, flexionando lixeiramente as pernas (posición de banqueta).
MOBILIZACIÓNS Coidados cotiáns á persoa dependente 59
DEITAR Á PERSOA SOBRE O COSTADO DEREITO a- Man dereita da persoa dependente baixo a almofada. b- Brazo esquerdo recollido sobre a cintura. c- Perna esquerda flexionada co pé baixo o xeonllo dereito. d- Para facer xirar á persoa dependente agarraráse o seu brazo esquerdo coa man esquerda e o seu xeonllo esquerdo coa man dereita. INCORPORACIÓN NA CADEIRA: Para evitar que a persoa dependente esvare cara a diante ata saírse da cadeira é conveniente que se sente ben atrás, coas costas rectas, coas cadeiras e xeonllos formando ángulos rectos e os pés ben apoiados no chan. Ás veces, é conveniente poñerlle unha almofada atrás, nos ombros, para mantela ergueita. 1. Colocar os brazos da persoa dependente dobrados na cintura e as pernas preto da cadeira. 2. O coidador ou coidadora colócase por detrás coas pernas ben pegadas ao respaldo, lixeiramente abertas e flexionadas (posición de banqueta), rodeando cos seus brazos o tórax da persoa dependente, suxeitaralle os antebrazos facendo presión consistente.
TRASLADO CADEIRA-CADEIRA: 1. Para unha persoa dependente que se manteña en pé e camiñe, a persoa coidadora debe colocarse fronte a ela, rodear o tórax e abrazala por debaixo das axilas ao tempo que os seus pés traban os da persoa dependente. 2. Flexionamos os xeonllos lixeiramente e facendo contrapeso co corpo incorporámolo. 3. Para sentar á persoa dependente danse os mesmos pasos en sentido inverso. No caso de facer estas manobras con cadeiras de rodas é importante ter os repousapés levantados e as rodas freadas.
3. Nesta posición, empurraremos cara a atrás na cadeira.
60 Coidados cotiáns á persoa dependente MOBILIZACIÓNS
A INCONTINENCIA URINARIA A incontinencia urinaria é a perda involuntaria de ouriños. Tratamento ou terapia rehabilitadora: Un método útil de tratamento para a incontinencia é o readestramento vesical ou reeducación de esfínteres. Consiste en establecer un horario adecuándose ao ritmo de evacuacións da persoa; o normal é ir ao baño de 5 a 8 veces ao día: ao levantarse pola mañá, antes de cada comida, antes de ir a durmir, unha vez pola noite se é necesario e durante o resto do día unha vez cada 2 ou 3 horas. Dispositivos para recoller ouriños: Dispositivos condutivos:
As sondas vesicais e os colectores levan os ouriños normalmente ao que se chaman bolsas de ouriños, das que hai varios Son os que recollen os ouriños, transpórtipos: tanos e almacénanos nalgún recipiente. a. Bolsas de cama, con capacidade para Hainos de dous tipos: 1.500-2.000c.c. Utilízana aquelas persoas 1. Sondas vesicais, son sistemas con- que non saen da casa ou van en cadeiras dutivos de recolección interna. Son tu- de rodas. Son desbotables. bos introducidos na vexiga a través da b. Bolsas de perna, con capacidade para uretra. Adoitan colocarse en casos de 500-700c.c. Suxéitanse á cara interna da retencións urinarias (prostatismos, in- perna para que queden disimuladas e se tervencións urinarias, etc.) e sempre por poidan baleirar sen desconectar. indicación médica. O persoal de enfermaría é quen coloca e retira as sondas. 2. Colectores peneanos, son sistemas condutivos de recolección externa para homes. Son parecidos aos preservativos e rematan nun tubo que conduce os ouriños a un recipiente. Os colectores deben cambiarse cada día.
a
b
• A bolsa non debe colocarse nunca por enriba da vexiga da persoa incontinente para evitar que os ouriños fagan o percorrido contrario. • O tubo que se conecta ao colector ou á sonda debe estar situado perpendicularmente cara a abaixo e nunca envolvido na perna ou na cintura. • A lonxitude do tubo debe ser a axeitada, nin moi curto, nin moi longo.
INCONTINENCIA Coidados cotiáns á persoa dependente 61
Dispositivos absorbentes: Están formados por unha serie de estruturas superpostas que recollen os ouriños, almacénanos, evitan que saian polos lados e manteñen á persoa seca. Os máis usados son os cueiros con suxeición propia e desbotables. Para escoller o tipo de cueiro...
A ter en conta:
• A cintura da persoa para elixir o talle. • O tipo de incontinencia para seleccionar a capacidade de absorción de acordo coa cantidade de ouriños emitidos. • O tipo de vida da persoa incontinente. Unha persoa encamada precisa absorbentes doados de colocar e retirar; unha persoa activa necesita que sexan seguros e cómodos. • Aínda que una persoa leve cueiros, estes non deben substituír nunca o uso do váter. Débese ir cada 2 ou 3 horas e evitar que estea demasiado tempo húmida, para evitar problemas de lesións da pel e infeccións. Colocación cueiro persoa encamada: 1. Situarse a un lado da cama e poñer á persoa de lado, sempre de cara a ela.
Colocación cueiro persoa de pé:
1. Abrir o absorbente, estendelo e colocalo nas costas da persoa á altura da 2. Estender o absorbente enriba da cintura, cos adhesivos cara dentro. cama, cos adhesivos cara atrás á altura da cintura da persoa. 2. Pasar o absorbente entre as pernas e 3. Colocar á persoa encamada boca axustar os elásticos. arriba e pasar o absorbente entre as pernas coidando que os laterais queden 3. Abrir os adhesivos e fixalos. ben axustados. 4. Abrir os adhesivos e fixalos.
62 Coidados cotiáns á persoa dependente INCONTINENCIA
Algúns consellos de hixiene: • Revisar con frecuencia os cueiros e cambialos se é necesario. O contacto prolongado dos ouriños coa pel aumenta o risco de infección e favorece a irritación da pel. • Limpar e secar ben a pel de toda a área cada vez que cambie a compresa ou cueiro. • Aplicar crema protectora ou vaselina por toda a zona que abrangue o cueiro. • Comprobar diariamente que non hai arrubiamento ou irritación cutánea nalgunha parte da súa pel. • Vixiar a cor e o olor dos ouriños por se houbese infección Colocación da cuña 1. Colócase á persoa encamada de lado, de cara ao coidador ou coidadora. 2. A cuña colócase no seu lugar en posición vertical, lévase á persoa encamada á posición boca arriba e estíranselle as pernas. 3. Para sacar a cuña a persoa coidadora debe ir ao outro lado da cama. 4. Colócase a perna máis próxima flexionada co pé debaixo do xeonllo da outra perna. 5. A man esquerda da persoa coidadora empurra o xeonllo, mentres que coa dereita se retira a cuña. 6. Volvemos a poñer á persoa dependente boca arriba.
INCONTINENCIA Coidados cotiáns á persoa dependente 63
ÚLCERAS POR PRESIÓN
Trátase dun dos problemas máis frecuentes que se producen en persoas con mobilidade reducida. As úlceras por presión ou escaras son as feridas producidas pola necrose dos tecidos debida á presión que exerce o corpo sobre distintas estruturas (camas, cadeiras, sillóns, etc.) durante un tempo prolongado. Adicionalmente outros factores como a hixiene inadecuada, a mala hidratación da pel, a mala alimentación ou desnutrición, facilitan o seu desenvolvemento. A presión exercida pola forza da gravidade do corpo dunha persoa
encamada ou sentada non é uniforme sobre toda a pel, senón que se concentra e é maior naquelas zonas de apoio onde hai prominencias óseas. Polo tanto, haberá zonas de especial risco onde será máis frecuente a aparición de úlceras. É característico destas úlceras que se estendan con rapidez pola superficie danada, facéndose moito maior a zona afectada. Deterioran a calidade de vida da persoa dependente e agravan o seu pronóstico. Por iso é tan importante a prevención con coidados axeitados.
ÚLCERAS POR PRESIÓN Coidados cotiáns á persoa dependente 65
Prevención das úlceras por presión: 1. Colaborar ao mantemento dun bo estado xeral da persoa dependente. Bo estado nutritivo, de hidratación, de estímulos sensoriais e de comunicación e axeitado control de patoloxías médicas. 2. Axeitada hixiene e limpeza da pel • O baño realizarase con auga morna, xabón neutro, non debe ser agresiva na fricción da pel, debe ser coidadoso no secado, prestando especial atención ás zonas de dobras. • Non se usarán colonias nin alcohol que resequen e irriten a pel. • No caso de persoas con incontinencia haberá que prestar especial atención para evitar maceracións da pel debido á humidade. • No momento do baño realizarase unha inspección da pel en busca de arrubiamentos, escoriacións ou ampolas, en todas aquelas zonas de relevo óseo. • A roupa da cama debe permanecer limpa e seca, sen engurras e que non faga compresión sobre ningunha zona. 3. Establecer un tratamento postural, consistente na adopción de posturas axeitadas, no uso de dispositivos que amortecen a presión e cambios de postura segundo o ritmo horario establecido. 4. Establecer un plan de mobilización progresivo, comezarase coa sedestación na cama, primeiro coas pernas estendidas nela e despois suspendidas; unha vez se manteña a estabilidade e o equilibrio do tronco, iniciaranse as manobras de cama a cadeira, para posteriormente, nalgúns casos tratar de recuperar a deambulación.
CAMBIOS POSTURAIS: Persoa deitada cara arriba:
• Cabeza aliñada coa columna. • Tronco endereitado. • Mans xunto ao corpo ou sobre o abdome. • Pernas estiradas. • Pés en ángulo de 45º (dedos apuntando ao teito), pódese utilizar unha táboa para que sirva de tope na pranta dos pés, para que estes non tendan a caer. • Utilizáranse dispositivos de almofada baixo da cabeza, colo, escápulas, cóbados, sacro e papos da perna (de forma que os talóns queden elevados e non descansen sobre a cama)
Persoa deitada de lado: • Cabeza aliñada coa columna. • Unha almofada debaixo da cabeza e outra nas costas para manter a posición. • Almofada protectora baixo o brazo superior. • Adiantar a perna superior, flexionando o xeonllo e almohadillando entre as pernas. • Talóns ao aire con protección baixo a perna inferior.
66 Coidados cotiáns á persoa dependente ÚLCERAS POR PRESIÓN
Persoa sentada: • Usar preferentemente una cadeira de brazos con respaldo alto, ángulo de 90º, debendo evitar o deslizamento cara abaixo e posibles rozamentos. • Cabeza ergueita, aliñada coa columna. • Cadeiras e xeonllos en flexión de 90º. • Uso de repousapés. • Protección en: colo, costas e cu.
AXUDAS TÉCNICAS PARA A PREVENCIÓN DAS ÚLCERAS POR PRESIÓN:
No mercado existen variados dispositivos para intentar diminuír a presión: - Estáticos ou inmóbiles: pranchas de escuma, almofadas, almofadado con algodón, coxíns, etc. Colócanse nas zonas de máximo risco dependendo da postura. - Dinámicos: colchóns e coxíns antiescaras de contido aéreo, mediante un dispositivo eléctrico alternan a presión interior do colchón, redistribuíndo a presión exercida nas distintas zonas de apoio.
Os cambios posturais aconséllanse realizalos cada 2 horas, con descanso nocturno de 6-8 horas, sempre que o estado da persoa dependente o permita.
Recoméndase utilizar sistemas dinámicos naquelas persoas dependentes identificadas como de risco medio ou alto; mentres que as proteccións estáticas se limitan ás persoas dependentes de baixo risco. Deste xeito, pódense utilizar para protexer distintas zonas (talóns, xeonllos e cóbados) aínda que se usen dispositivos dinámicos.
É conveniente levar un rexistro escrito das horas de cambio e a posición que corresponde, que irá rotando.
O uso de sistemas de amortecemento, en ningún caso evita a necesidade de realizar cambios posturais.
A posición en decúbito prono, boca abaixo, non se recomenda.
ÚLCERAS POR PRESIÓN Coidados cotiáns á persoa dependente 67
ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN Unha nutrición equilibrada consiste en comer variedade de alimentos, alcanzar o “equilibrio enerxético” e situarnos no peso recomendado. Peso (kg) = calorías + enerxía gastada Tendo en conta que as necesidades caloríficas varían en función da idade e o crecemento, o sexo, o clima, a saúde, o sono e as actividades que desenvolva cada persoa. Normas xerais para combinar unha comida: 1- Vela no seu conxunto, tratando de equilibrar todas as comidas do día. 2- Combinar pratos fortes con outros máis lixeiros, distribuíndo os alimentos ricos en proteínas ao longo de todo o día. 3- Evitar a reiteración de pratos ricos en hidratos de carbono nunha soa comida.
Consellos dieta equilibrada: 1. Incluír os catro grupos básicos de alimentos: produtos lácteos, legumes e froitas, carnes e pescados e pans e cereais. 2. Incluír unha maior inxestión de vexetais, froitas e grans enteiros. 3. Unha menor inxestión de azucre refinado e alimentos ricos en azucre. 4. Unha menor inxestión de alimentos ricos en graxas, tratando de substituír a maior parte de graxas animais por graxas vexetais. 5. Unha menor inxestión de graxas animais e seleccionar carne de aves con menos graxas. 6. A inxesta de auga debe ser superior ao litro e medio, cada día.
4- Calcular as cantidades de alimentos de acordo coas necesidades nutricionais da persoa a quen vai dirixido.
ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN Coidados cotiáns á persoa dependente 69
Consellos para unha boa preparación de alimentos: É preferible que os alimentos estean no seu punto máis próximo á súa forma natural.
A ter en conta:
• Evitar os purés, sempre que se poida. • Evitar os zumes, é preferible comer a froita enteira. • En caso de cocer os alimentos non o facer con demasiada auga, nin durante moito tempo xa que as altas temperaturas destrúen as vitaminas. • As carnes que pasen control veterinario non convén que estean demasiado feitas. Non obstante é conveniente cociñar durante máis tempo as carnes de caza. • Non abusar dos fritos, non máis de tres veces por semana. Evitar a utilización reiterada do mesmo aceite para fritir. • Débese limitar a ración de sal nas comidas e limitaranse igualmente os condimentos fortes e as bebidas alcohólicas. • O lavado das verduras será breve e con auga corrente, evitar deixalas en remollo durante horas. • Os alimentos cociñados deben servirse temperados, tamén os líquidos. • As froitas e verduras non se deben almacenar durante demasiado tempo. • Non desconfiar dos alimentos ben conxelados e que non se desconxelasen previamente.
70 Coidados cotiáns á persoa dependente ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN
Alimentacións especiais: Nalgunas enfermidades a dieta é unha parte fundamental do tratamento. Sempre será o médico quen aconselle un tipo ou outro de dieta. A continuación preséntanse as máis frecuentes: Dieta hipocalórica (1.500 cal.) Indicacións: Sobrepeso.
1- As calorías consumidas deben ser inferiores ás gastadas. 2- O recorte calorífico farase sobre todo en alimentos ricos en graxas e hidratos de carbono, estes de forma máis limitada. 3- Manterase a inxestión de proteínas, minerais, vitaminas e auga. 4- Aconséllase repartir a comida a inxerir en catro ou cinco tomas ao día. 5- O profesional médico é quen decidirá o número de calorías totais que ten que achegar a dieta.
Dieta hiposódica (pobre en sal) Indicacións: HTA, insuficiencia cardíaca, edema, cirrose hepática, insuficiencia renal, etc.
1- Non se permite o uso de sal na mesa nin na condimentación de alimentos. 2- Suprimiranse os alimentos ricos en sal (embutidos, conservas, precociñados, caldo en cubiños, xamón, bacallau seco, queixos, etc.) 3- Non se usará bicarbonato sódico nos alimentos. 4- Evitaranse os laxantes salinos e outros medicamentos que conteñan sales de sodio. 5- Débese ter precaución con algunhas augas minerais que conteñen bicarbonato sódico.
Dieta gastrohepática (de protección gástrica) Indicacións: Gastrite e úlceras gástricas e duodenais.
1- Serviranse cantidades pequenas de comida a intervalos frecuentes. 2- A dieta estará formada sobre todo de alimentos brandos pouco irritantes: leite, ovos, peixes brancos, carnes (nin porco, nin de caza), purés de legumes, de verduras e hortalizas, etc. 3- Aconséllase preparar os alimentos de forma sinxela (asados, cocidos ou á prancha), sen aderezalos nin os condimentar.
ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN Coidados cotiáns á persoa dependente 71
Dieta depresora do colesterol Indicacións: Elevado colesterol sérico.
1-A dieta debe incluír alimentos pobres en graxa (graxas animais) e ricos en proteínas de alta calidade, evitaremos os doces concentrados. 2- Reducirase o exceso de peso se existise. 3- Suprimiranse: produtos lácteos, chocolates, xema de ovo, aceite de coco, touciño, manteiga, bebidas alcohólicas e azucradas. 4- Prepararanse os alimentos de maneira que se elimine a maior cantidade de graxa, é dicir, preferiblemente cocidos, asados e á prancha. 5- O porfesional da medicina é quen decidirá o número de calorías totais que ten que achegar a dieta.
Dieta para persoas diabéticas Indicacións: Persoas diabéticas.
1- Diminuír o número de calorías da dieta para chegar ao peso ideal. 2- Diminuír a achega de azucre concentrada (caramelos, azucre, pasteis, etc.) 3- Non se pode reducir en exceso a achega de hidratos de carbono na dieta porque isto encheríaa de graxas co conseguinte risco de arteriosclerose. Débense dar o 45% das calorías en forma de hidratos de carbono complexos (patacas, pan, pastas, etc.) 4- A toma de alimentos debe ser regular, aumentando o número e frecuencia das inxestións.
Dieta branda Indicacións: Incapacidade tolerar a dieta sólida.
1- Dieta variada, ben tolerada pola persoa dependente e doada de dixerir. 2- Prepararase mediante formas culinarias sinxelas e estará formada polos seguintes alimentos: leite, ovos, peixes, aves de curral, carne de vaca picada, cereais de trigo, millo ou arroz, froitas fervidas, etc. 3- Desaconséllase tomar froitas, hortalizas cruas, cereais integrais, carne de tenreira ou porco, condimentos fortes, etc.
de
Todas as dietas descritas poden ter consistencia normal, branda ou turmix. 72 Coidados cotiáns á persoa dependente ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN
Alimentación por sonda Indicacións: Cando o estado da persoa dependente non permite a inxestión oral, pero o seu aparato dixestivo é capaz de asimilar o alimento. 1- Existen varias formas de alimentación por sonda, o persoal médico elixirá a máis axeitada ás características da persoa. 2- Deben seguirse unha serie de precaucións antes de iniciar a toma: a. Asegurarse de que a sonda está no estómago pasando un pouco de auga (30cc.) antes da toma e ao finalizar. Isto debe realizarse coa persoa incorporada. b. Aspirar cunha xiringa antes de dar o alimento; se existe retención non se pode dar. c. Cando se produza unha regurxitación hai que aspirar con rapidez.
Recomendacións a seguir para a nutrición por sonda a domicilio:
1- Cambiar o esparadrapo que fixa a sonda cada tres días e que sexa esparadrapo hipoalerxénico. 2- Limpar diariamente labios e foxas nasais con algodón ou gasa húmida e aplicar logo vaselina. 3- Limpar diariamente dentes e enxivas. 4- Administrar a solución a temperatura ambiente para evitar diarreas. 5- Administrar a toma lentamente en aproximadamente tres horas. 6- Manter a persoa semiincorporada mentres dure a toma e durante unha hora despois. 7- Se é posible pesar unha vez por semana. 8- Realizar controis analíticos periodicamente. 9- En caso de diarrea, febre, vómitos ou outro proceso que poida modificar a pauta de administración, avisar ao persoal médico.
ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN Coidados cotiáns á persoa dependente 73
MEDICAMENTOS Medicamento é a substancia, simple ou O que debe saber a persoa sobre o composta, que se administra con fins medicamento que lle recetaron: terapéuticos. 1. É importante insistir no que a persoa dependente debe saber sobre o medicaDose é a cantidade determinada dun mento que lle receitaron cando sae da medicamento que se dá dunha vez. consulta do médico: Dose diaria é a suma das doses que de- Debe coñecer o nome do medicamento e para que serve, é dicir, a función princiben administrarse en 24 horas. pal do medicamento. Os medicamentos só se deben consumir 2. Como se debe aplicar o medicamento. por consello do médico. Este profesional Isto inclúe saber a vía de administración debe ser quen os recomende e quen (se son comprimidos será oral, se é crediga as doses que se deben administrar. ma será tópica, se son supositorios será rectal, etc.) e a dose, así como as veces Os medicamentos son substancias que que ten que repetir a dose ao longo do se administran con fins curativos, pero día. ningún deles está libre de efectos tóxi3. O tempo que debe durar o tratamencos. to. Son causa de toxicidade: a sobredosificación; a alerxia ao medicamento; a idiosincrasia ou resposta especial da persoa ao medicamento; o coñecemento incompleto do medicamento; a avaliación incorrecta das condicións da persoa enferma; as interaccións medicamentosas (efectos que se poden producir ao asociar dous ou máis fármacos) e os efectos secundarios (efecto non desexado dun fármaco consecuencia da súa acción farmacolóxica).
4. Debe coñecer se o medicamento receitado pode producir algún efecto indesexable. 5. Debe saber se durante o tratamento debe adoptar algún tipo de precaución especial: non conducir; non inxerir alcohol, non expoñerse ao sol, etc.
MEDICAMENTOS Coidados cotiáns á persoa dependente 75
Precaucións básicas do uso de medicamentos: 1. Os medicamentos non se deben acumular; no caso de persoas que sofran enfermidades crónicas, convén ter na casa unicamente os de uso diario. 2. Os medicamentos gardaranse sempre no seu envase e gardarase o prospecto. 3. Algúns fármacos necesitan conservarse en refrixerador; esta necesidade vén sinalada no envase cun asterisco en vermello (*)
7. Se a persoa dependente debe tomar máis dun medicamento recoméndase a elaboración dun esquema horario para facilitarlle a correcta administración. Un exemplo de esquema horario é o seguinte:
Medicamento 1 Medicamento 2 Medicamento 3 Medicamento 4
Almorzo Comida 1/2 1/2 0 1 1 1 0 0
Merenda 0 0 1 0
Cea 1 0 1 1/2
4. O lugar da casa destinado a gardar os medicamentos debe estar fóra do alcance dos nenos e nenas e das persoas que teñan perturbadas as súas facultades mentais.
8. Cando se teñen problemas para recordar ou controlar as tomas é útil preparar cada noite a medicación do día seguinte en compartimentos illados segundo a hora do día á que se deben administrar. Desta forma, se as pastillas están no seu lugar é 5. Todos os medicamentos teñen sinalada porque non se inxeriron. no seu envase unha data de caducidade, data a partir da cal non debe utilizarse o 9. É importante conservar os medicamedicamento. mentos sempre no seu envase orixinal. Isto evitará que en momentos de urxen6. É preciso levar unha orde para adminis- cia se poida confundir esta medicación trar os medicamentos. con outra. • Un medicamento que se administra unha vez ao día convén facelo sempre á mesma hora e asocialo a un acto que se repita cada día. • Cando se administra dúas veces ao día (cada doce horas) farase por exemplo ás 9 e ás 21 h. • Se se administra tres veces ao día (cada 8h.) o máis cómodo é facer as tomas nas seguintes horas: 8h, 16h e 21h. • Se é preciso administralo catro veces ao día (cada 6 horas) normalmente elíxense as 6h, 12h, 18h e 24h.
10. Algunhas persoas dependentes necesitan levar consigo a medicación. Estes fármacos deben levarse sempre en envases específicos coa dose prescrita polo persoal médico.
76 Coidados Coidadoscotiáns cotiánsáápersoa persoadependente dependente MEDICAMENTOS
QUE FACER EN SITUACIÓNS DIFÍCILES NO COIDADO? Durante o coidado, poden aparecer determinadas situacións que supoñen unha maior dificultade para a convivencia familiar e, incluso, ocasionalmente, un perigo potencial tanto para a persoa dependente como para a que coida. A conduta é a expresión da interacción entre a persoa e a contorna. A persoa dependente que presenta condutas desaxustadas e potencialmente dañinas para o seu benestar ou o das persoas achegadas, non é a culpable das mesmas, senón que require apoio do contexto para axustar o seu comportamento. Polo tanto, en moitas ocasións, a intervención non se centra en modificar a conduta senón a contorna, facéndoa máis axeitada a esa persoa e as súas circunstancias. A continuación propóñense unha serie de pautas de actuación ante os comportamentos problemáticos máis frecuentes.
SITUACIÓNS DIFÍCILES NO COIDADO Coidados cotiáns á persoa dependente 77
ENFADO E AGRESIVIDADE Inclúense neste apartado todas aquelas condutas que manifestan anoxo ou agresividade por parte da persoa que recibe os coidados e que comprende dende xestos ou expresións corporais (ceño fruncido) ata agresións físicas, pasando por agresións verbais (insultos, berros), deixar de falar ou molestar, etc.
Causas: Cando sente que se está invadindo o seu espazo persoal, por exemplo, no aseo. Cando se sente incapaz ou frustrada por non poder realizar as actividades máis básicas: vestirse, comer, andar, etc. Como reacción ante unha acción da persoa coidador, por exemplo, a coidadora ou coidador sae un momento e a persoa séntese abandonada. Como consecuencia dun estado de ánimo deprimido. Ante cambios na contorna inmediata ou nas rutinas. Como efecto secundario dalgunha medicación. Como reacción a un estado de confusión. Ante sentimentos de soidade ou por necesidade de atención. Ante determinados comportamentos doutras persoas.
Actuacións ante a conduta agresiva: 1. Consultar ao persoal médico. Para valorar se a conduta pode ser debida a efectos secundarios da medicación. Para determinar se pode existir algún problema físico ou enfermidade que poida estar influíndo na aparición dese comportamento, etc. 2. Fomentar a autonomía. Ao fomentar a autonomía auméntase a confianza e a seguridade da pesoa en si mesma. O sentimento de frustración por non ser independente pode provocar agresividade. 3. Manter rutinas na vida diaria. Os cambios producen malestar e confusión, polo que hai hai que introducilos progresivamente. 4. Propor obxectivos realistas: Planear actividades ou tarefas ao alcance das habilidades ou capacidades da persoa. Se unha tarefa é moi complexa, tratar de dividila en partes máis sinxelas e alcanzables. Explicar en todo momento o que ten que facer, paso a paso.
78 Coidados cotiáns á persoa dependente SITUACIÓNS DIFÍCILES NO COIDADO
5. Ignorar a agresividade. Non prestar excesiva atención á persoa cando está agresiva ou insultante. Non reforzar condutas agresivas. 6. Premiar a amabilidade. Cando a persoa actúe de forma beneficiosa para as persoas que a rodean (tranquilamente, pedindo ou preguntando algo amablemente ou colaborando) da bo resultado eloxiala e recompensala (escoitando con atención, respondendo efectivamente, etc.) 7. Permanecer con tranquilidade e actuar con cautela. 8. Buscar alternativas que impidan a agresividade como poden ser: Se a persoa empeza a facer comentarios con ton agresivo, pódeselle dicir algo como: “Vou sentar ao seu carón para que me conte que lle ocorre”. Favorecendo, desta forma, a expresión dos seus propios sentimentos. Se a forma de agresión é física, beliscando ou dando manotazos, pódese procurar que a persoa teña as mans ocupadas. Por exemplo, se ocorre cando se está lavando a unha persoa, pedirlle que suxeite cunha man a esponxa e coa outra o bote de xabón.
A persoa coidadora non debe:
Tomar a agresividade como algo persoal. Enfrontarse. Levantar a voz. Iniciar movementos bruscos pois, poden ser malinterpretados. Aumentar os sentimentos de ameaza ou alarma. Non achegarse á persoa rápidamente nin por detrás. Ter pensamentos do tipo: isto soamente pasame ao meu, vai acabar comigo, etc. Chamar a moitas persoas ante estas situacións. Usar restricións físicas, cando a persoa está agresiva son facilmente interpretadas á súa vez como unha agresión e xera maior agresividade.
9. Distraer a atención da persoa. 10. Eliminar obxectos peligrosos e asegurarse de que non se fará dano.
SITUACIÓNS DIFÍCILES NO COIDADO Coidados cotiáns á persoa dependente 79
ILLAMENTO, SOIDADE E TRISTURA Estas circunstancias non propoñen dificultades á persoa que realiza os coidados de forma tan directa, chamativa e inmediata como outras máis evidente (deambulación, agresividade, etc.). non obstante, precisamente o seu silencio é o que as fai perigosas e de gran risco cando se cronifican as súas manifestacións máis directas (perda de apetito, illamento, etc.) e as consecuencias derivadas.
Causas:
Existen moitas razóns polas que as persoas en situación de dependencia poden sertirse tristes: Dificultades para manter o contacto con amizades e persoas coñecidas. Dificultades para o autocoidado. Dificultades para moverse e realizar actividades fóra do domicilio. Diminución da autoestima.
En moitas ocasións as enfermidades que provocan dependencia dificultan a realización de actividades pracenteiras. Non realizar estas actividades contribúe en gran medida ao illamento, á soidade e, polo tanto, ao sentimento de tristura. Manifestacións: Cando unha persoa está triste, prodúcense unha serie de cambios na súa maneira de ser habitual que deben ser tidos en conta: Goza menos ou deixa de gozar con algunhas actividades que antes lle gustaban: ver a televisión, comer certas comidas, charlar sobre un determinado tema, etc. Cánsase máis rápidamente do normal. Ten cambios de humor bruscos, por exemplo, irrítase con rapidez. Chora con máis frecuencia e sen que haxa un suceso claro que o provoque. Durme peor: descansa mal, durme moito ou pouco. Amósase máis nerviosa, preocupada ou axitada. Séntese inútil, un estorbo, sente que ninguén se preocupa por ela, etc.
Actuacións ante a inactividade e a tristura:
1. Favorecer o control da persoa sobre a súa propia vida. Moitas persoas que están tristes non atopan sentido á súa vida e non ven ningunha razón para seguir vivindo. Ademais poden sentir que non teñen ou perderon o control sobre a súa vida. a persoa séntese menos capaz e emocionalmente frustrada. Por esta razón, conseguir que teñan responsabilidades é sempre unha boa maneira de axudarlle a vencer a tristura, por exemplo, tarefas da casa, ter un animal de compaña ou calquera outra actividade agradable para a persoa. Así mellorará tanto a súa saúde física como mental. 2. Propiciar o sentimento de utilidade. Asegurarse de que as actividades que a persoa intente levar a cabo sexan útiles para ela ou para as demais, de forma que poida sentirse satisfeita do seu labor.
80 Coidados cotiáns á persoa dependente SITUACIÓNS DIFÍCILES NO COIDADO
3. Motivar á persoa na realización de exercicios agradables. Elixir coa persoa as actividades que lle resulten máis agradables, interesantes e recompensantes para ela e animala a participar e poñelas en práctica. 4. Favorecer a participación da persoa dependente en grupos de actividades. Estes grupos son moi útiles para aumentar a motivación, a autoestima, as relacións persoais, a actividade e para previr a depresión. A oportunidade de falar con outras persoas e o ser estipulado para a realización de actividades axuda a previr e superar a tristeza.
Tampouco é recomendable presionar constantemente para que o atenda un profesional. Deste modo só se conseguirá que se aille máis. CONDUTA PERSEVERANTE E REPETICIÓNS
Trátase de comportamentos que consisten en condutas repetitivas ou perseverantes, tanto verbais como físicas (xestos, movementos) poden ter a súa orixe en distintas actuacións da vida das persoas en situación de dependencia: inseguridade, problemas cognitivos, estados de ansiedade, 5. Facilitar que a persoa se relacione con axitación, etc. outros: familiares, amizades, etc. Actuacións ante a 6. Escoitar e falar: conduta perseverante: Darlle apoio, escoitar os seus 1. Manter a calma e responder ás presentimentos e intentar entendela. guntas pausadamente. Falar con ela e intentar descubrir 2. Responder ás preguntas con clariaquelo que poida motivala e gustarlle. dade, concretando o máximo posible. Animala a participar nas conversas. 3. Distraer á persoa con outra actividade. 7. Fomentar a actividade física. 8. Consultar cos profesionais da saúde mental. Cando os sentimentos de tristura e malestar sexan moi severos e frecuentes. 9. Non insistir nin presionar á persoa: Non se debe insistir constantemente sobre a necesidade de que se debe facer algo para saír do estado de tristura, xa que só se conseguirá aumentar os seus sentimentos de frustración e desánimo.
4. Tratar de responder sen enfadarse ou sen argumentar, por exemplo, sen dicir é a última vez que cho digo.
5. Crear un ambiente agradable no que a persoa se senta cómoda. 6. Proporcionar axudas para a memoria no caso de que a persoa repita actos ou preguntas por esquecemento: calendarios, notas, ter as cousas á vista, etc. 7. Tratar a axitación se se pensa que é a causa desta conduta.
SITUACIÓNS DIFÍCILES NO COIDADO Coidados cotiáns á persoa dependente 81
DEAMBULACIÓN En ocasións, as persoas dependentes poden camiñar durante moito tempo, aparentemente sen motivo ou obxectivo algún, dunha maneira desorientada. En principio, a deambulación non ten por qué ser un problema e só comeza a selo, cando se produce en lugares inadecuados e con consecuencias negativas, tales como ter risco de caídas, sufrir un accidente, exporse a unha temperatura desaconsellable, causar danos ao mobiliaro ou outros enseres, amósase agresiva, etc.
Factores favorecedores: Sensación de desvalimento se non está resente a persoa coidadora. Aburrimento, sobre todo en persoas que precisan actividade física. Desorientación. Agrávase pola noite na que o silencio e a escuridade favorecen a perda de contacto coa realidade. Necesidade de chamar a atención. Reacción de frustración ante un esquecemento ou ante a propia situación de dependencia. Molestias físicas: dor, sentir calor ou frío, necesidade de ir ao baño, etc. Problemas de vista u oído que provoca confusión.
Actuacións ante a deambulación: 1. Crear un ambiente seguro e agradable: coidar a iluminación, retirar mobles innecesarios, etc. 2. Permitir a deambulación: Mentras que non haxa perigo para a persoa, permitir que a persoa deambule. Se non é perigoso para ninguén, non prestar atención á deambulación (non reforzar) Cando a persoa se atope facendo outras actividades distintas á deambulación, eloxie a súa actitude (reforzar outras condutas) 3. Facilitar a orientación: Ter as cousas ordenadas, en sitios habituais.
Usar sinais de orientación: carteis no baño, na habitación, na cociña, etc. Manter rutinas. 4. Asegurar que a persoa en situación de dependencia sabe onde está a persoa coidadora e como pode localizala. 5. Favorecer a actividade. Buscar actividades que interesen ou distraigan á persoa (paseos, tarefas domésticas, actividades manuais, etc.) 6. Distraer:
Comezar outra actividade para distraer á persoa e que esta deixe de deambular. Falar de outras cousas, ver fotografías ou falar do pasado.
7. Dirixir a deambulación cara lugares seguros. 8. Fomentar a relación e a comunicación.
82 Coidados cotiáns á persoa dependente SITUACIÓNS DIFÍCILES NO COIDADO
AXITACIÓN Cando se fala de axitación faise referencia a un estado de intranquilidade, excitación e/ou condutas repetitivas que a persoa non pode controlar, que carecen dunha finalidade aparente e que están presentes de forma continuada. Polo xeral, a axitación pode ser unha manifestación de ansiedade ou de estrés, aínda que tamén pode ser unha vía de expresión de múltiples síntomas nunha persoa que non os pode expresar doutra maneira.
Manifestacións:
Anda con pasos rápidos. Frótase as mans reiteradamente. Repite preguntas constantemente. Balancéase, rasca, rabuña, golpea, etc. Xoga cos tiradores das portas. Cambia os mobles de lugar. Intenta escapar da casa. Fai ruídos sen finalidade aparente. Xeme, laméntase, salouca. Comunícase con xestos ameazantes (berros, empuxóns, etc.) Presenta resistencia ao coidado, por exemplo ao baño.
Actuacións ante a conduta axitada: A primeira actuación debe ser buscar as circunstancias que fan que a persoa se comporte deste xeito. Unha vez que coñecemos tales circuntancias é máis fácil tomar medidas para corrixir e/ou previr esta conduta. 1. Posibles problemas de saúde: dor, enfermidade física ou mental, problemas sensoriais. Consultar ao persoal médico, especialmente se os síntomas de axitación son repentinos e se acompañan doutros síntomas, como por exemplo, confusión ou taquicardia. 2. Efectos da medicación ou doutras substancias: Consultar á médica ou médico para que revise e controle a medicación. Eliminar a cafeína, alcohol e outros estimulantes. 3. Sensación de incomodidade: valorar se a roupa molesta, se a temperatura é a axeitada, etc. 4. Limitacións físicas e de comunicación que lle impiden relacionarse co seu medio: Potenciar o uso de produtos de apoio que favorezan a comunicación no caso de alteracións sensoriais. A axitación pode desaparecer ou diminuir co tempo a medida que a persoa asimila as súas limitacións. 5. Cansazo ou agotamento: Programar un descanso axeitado. Controlar os niveis de actividade e axustalos á persoa.
SITUACIÓNS DIFÍCILES NO COIDADO Coidados cotiáns á persoa dependente 83
6. Exceso de estímulos (ruído excesivo, xente, radio, televisión):
Favorecer a realización dalgún exercicio físico aínda que sexa pasivo.
Eliminar ou suavizar a fonte de estrés.
9. Esixencia de habilidades que superan Atopar ou crear un ambiente cómodo e a súa capacidade, impaciencia da persoa coidadora: tranquilo onde levar a persoa. Non poñer á persoa en situacións Poñer música suave, usar cintas de reorientadas ao fracaso. laxación. 7. Enfado ou desconcerto da persoa coidadora: Manter a calma ao interactuar coas persoas que mostran axitación. Usar un ton de voz doce e falar amodo. Controlar as emocións. 8. Necesidade de chamar a atención das demais (por aburrimento, falta de actividade e estado de ánimo deprimido):
Dividir as tarefas en partes máis sinxelas para que a persoa dependente poda lograr pequenos éxitos.
Manter espectativas apropiadas respecto ao que a persoa pode e non pode facer. Non mostrar nerviosismo. Falar sosegadamente. Proporcionar seguridade.
Cando existan razóns para pensar que 10. Traslados de domicilio: o comportamento se debe a estas Manter rutinas diarias e cambiar o causas, e sempre que a axitación non menos posible a vida diaria. sexa intensa ou perigosa para a persoa Minimizar os efectos do traslado, dependente ou para as demais. Unha procurando que exista una cierta boa estratexia consiste en ignorar tal similitude entre os diversos domicilios, comportamento. Aínda que ao prinpor exemplo, que se parezan os cipio pode aumentar a súa axitación dormitorios nas distintas casas, que os para captar a atención, non convén obxectos sexan os mesmos que estean preocuparse, xa que en pouco tempo situados máis ou menos igual, etc. diminuirá ou desaparecerá. Convén mostrar tranquilidade e atención cando a persoa se mostre tranquila ou agradable. Fomentar a práctica de actividades e tarefas construtivas (xardinería, dobrar a roupa, tarefas de clasificación, etc.) Manter a calma. Unir comunicación verbal e non verbal.
84 Coidados cotiáns á persoa dependente SITUACIÓNS DIFÍCILES NO COIDADO
PROBLEMAS DE SONO
Actuacións ante os problemas de sono:
1. Buscar as causas. Observar se existe algunha circunstancia especial que poiCausas: da estar influíndo en que a persoa non No sono poden influír tanto factores in- poida durmir ben (ruídos, perocupacións, trínsecos do organismo (idade, estado necesidade de ouriñar, etc.) e adoptar mefisiolóxico, patróns do sono), condutuais didas para solucionalo. (forma de actuar que o facilitan ou difi- 2. Consultar ao médico ou médica: cultan) e ambientais (temperatura, luz, Preguntar se a medicación que toma ruídos, etc.) a persoa dependente pode ter efectos sobre o sono. Factores ambientais: a temperatura, a dureza do colchón, o compartir cuarto, o Consultar se os medicamentos que tipo de cama, etc. inflúen na calidade do se utilizan para durmir son precisos. sono. Os ruídos provocan diminución da Ás veces perden eficacia co tempo ou cantidade de sono profundo e aumenpoden ter efectos indesexables. tan a frecuencia dos despertares noc3. Preparar a habitación para durmir. turnos. Debe ser silenciosa, cunha temperatura Falta de actividade: as persoas que re- axeitada e ben ventilada. Evitar os ruídos ducen a súa actividade e realizan pouco é moi importante. exercicio físico teñen máis problemas de sono.
4. Utilizar a habitación só para descansar. Sempre que as condicións da casa o permitan convén evitar que no dormitorio Cambios nos hábitos do sono. Horarios se realicen actividades distintas como especiais. comer, ver a televisión, ler, falar por teléfono, etc. Consumo de bebidas alcohólicas, café e 5. Non permanecer na cama durante o tabaco. día. Pasar bastante tempo na cama, a pesar de durmir pouco, pode agravar as Alimentación insuficiente ou inadecuadificultades. Pode que unha das razóns da. polas que se permaneza moito tempo na cama sexa a de que non se ten nada que Factores emocionais: preocupacións, facer. Unha boa opción é a de propoñer inquedanzas, estados de ánimo baixos, actividades para facer pola mañá. etc. 6. Comer saudablemente: Outros: xubilación, enfermidades, camEvitar comidas copiosas antes de ir bios de domicilio, cambios no funcionapara a cama. mento mental ou físico. Evitar excitantes (té, café, alcohol) durante as horas anteriores a deitarse.
SITUACIÓNS DIFÍCILES NO COIDADO Coidados cotiáns á persoa dependente 85
7. Realizar actividades relaxantes para favorecer o sono: Escoitar música. Tomar un baño. Ler algo distraído. Facer exercicios de relaxación. 8. Non dar demasiada importancia ao non durmir. Se a persoa lle costa durmir, suxestionar que non se obsesione con volver a quedarse durmida e poñer en práctica algunhas das medidas propostas anteriormente. 9. Manter horarios fixos. Manter un horario fixo para deitarse e levantarse é unha das suxestións máis importantes de cara a facilitar o sono.
86 Coidados cotiáns á persoa dependente SITUACIÓNS DIFÍCILES NO COIDADO
ACTIVIDADES Durante toda a nosa vida realizamos actividades, xa sexan físicas, sociais, domésticas ou profesionais. Nun momento dado se temos que interromper esa dinámica de actividade, a nosa vida e horarios desestrutúranse, podendo aparecer sentimentos de baleiro e de inutilidade. A situación das persoas dependentes, en moitas ocasións, vainos incapacitando e illando progresivamente impedindo manterse activos e participar da vida da familia, da casa ou da súa comunidade. É moi importante que as persoas dependentes realicen actividades para: Manter a capacidade funcional da persoa afectada: os movementos, os xestos, a súa capacidade de facer, etc. Evitar o aburrimento e o illamento progresivo. A actividade é inimiga da depresión. Diminuír a dependencia. Devolver a autoestima. A súa participación nas actividades, a idea de axudar ao seu coidador ou coidadora, de volver a ser útil, refiren un impacto positivo na imaxe que a persoa dependente ten de si mesma. Minimizar as consecuencias da dependencia e dar á persoa a posibilidade de utilizar o seu potencial ao máximo. É necesario saber ou descubrir de que é capaz a persoa dependente e propoñer as actividades que poñan en xogo as capacidades que lle quedan, non as que xa perdeu. Constitúen momentos de relación positivos e íntimos entre a persoa depedente e o seu coidador ou coidadora.
ACTIVIDADES Coidados cotiáns á persoa dependente 87
Aspectos a ter en conta na proposta de actividades: 1. A correcta realización da actividade non é o obxectivo principal, senón a participación e o feito de que a persoa dependente teña a sensación de poder facer cousas, ben ou mal. 2. Non se trata de xulgar nin examinar a súa capacidade, o que a persoa pode facer correctamente, trátase de facela participar nunha actividade da que se sinta responsable sen correr o risco de ser xulgado por fracasar. 3. Non deben propoñerse actividades que se considere que poden levar ao fracaso. Debemos basear as actividades no que a persoa mantén, nunca no que perdeu. Non serve de nada propoñerlle actividades que xa non pode desenvolver, o seu sentimento de fracaso pode espertar reaccións negativas, depresivas, agresivas cando se de conta da súa incapacidade. Por iso hai que coñecer cales son as capacidades da persoa para propoñerlle actividades nas que poida participar.
5. O coidador ou coidadora non debe realizar a actividade no lugar da persoa, senón con ela. Aínda que leve máis tempo. Aínda que haxa que repetila. 6. Hai que deixar á persoa que participa na actividade o tempo que necesita para realizala. É necesario encontrar un equilibrio, tan malo é alongar a actividade demasiado tempo, como meter présa na súa realización. 7. Non se trata de organizar actividades en todo momento, senón de dosificar as actividades propostas, facer pausas e darse un respiro. Tampouco se trata de sentirse culpable por estar coa persoa á que coidamos sen facer nada, porque estar ao seu lado é de por si unha actividade. 8. A participación debe ser voluntaria e libre, nunca obrigada, aínda que si motivada continuamente e mesmo recompensada dalgunha forma.
4. Débese ter en conta, no caso de persoas que sufran demencia, pode darse o caso de actividades que onte realizaba e hoxe xa non saiba.
88 Coidados cotiáns á persoa dependente ACTIVIDADES
Criterios para a elección de actividades Cando a persoa dependente é un adulto, débese infantilizar o menos posible, tanto no enfoque coma na presentación. As actividades propostas deben ser concretas e de uso recoñecido. Non deben ser perigosas. Ollo cos materiais e as ferramentas! Deben estar seleccionadas para non enfrontar a persoa coa súa perda de capacidades. Deben estar centradas nas actividades e nos movementos familiares. As tarefas familiares son as últimas en esquecerse (a labor de gancho, o punto, o dominó, as tarefas domésticas, etc.) Deben ser de doada realización. A duración ideal depende da actividade, sería bo organizarse para que dure entre 20 e 30 minutos.
Algúns trucos para ter éxito: • Dividir a actividade en secuencias, dando as instrucións de xeito claro para cada unha delas. • Empezar a actividade no punto no que a persoa pode levala a cabo con éxito. • Utilizar a pedagoxía do modelo, é dicir, empezar a actividade nós para mostrar o que ten que facer a persoa dependente. • Preparar previamente o material se é necesario. • Eliminar distraccións: apagar a radio ou a televisión. • Dirixirse á persoa dependente sen falar ao mesmo tempo con outra persoa.
• Situarse nun lugar tranquilo que non sexa de paso. • Ofrecer posibilidades de elección sinxelas (simplificar as preguntas) • Elixir as actividades que son coñecidas pola persoa dependente e que foron para ela satisfactorias. • Sempre que se poida intentar construír unha rutina en torno á actividade, é dicir, que a actividade se desenvolva sempre do mesmo xeito, ao mesmo ritmo e á mesma hora do día. • Non xulgar a realización senón a participación. Animar e felicitar sempre.
En función da actividade que realicemos os beneficios serán uns ou outros, por exemplo, as actividades artísticas (pintura, modelado, manualidades, etc.) proporcionan ás persoas que as practican o desenvolvemento da autoexpresión, a creatividade, a sensibilidade, a comunicación, a participación, etc.. ACTIVIDADES Coidados cotiáns á persoa dependente 89
Ademais, a maior parte das actividades poden considerarse como un “achegamento terapéutico”, non só un “pasar o rato”. Algunhas actividades a propoñer son: 1. ACTIVIDADE FÍSICA: Que pasee a miúdo, facer unha pequena táboa de ximnasia de 20 minutos diarios para que mova as articulacións. Os exercicios deben adaptarse á situación de dependencia da persoa, así poden ter que realizarse sentados en cadeiras e/ou con materiais rechamantes como globos, aros, etc. 2. ACTIVIDADES DOMÉSTICAS: a. Facer a cama. b. Varrer ou pasar a aspiradora. c. Poñer e quitar a mesa. d. Secar os pratos. e. Dobrar a roupa etc. f. Na cociña: elaborar receitas sinxelas e coñecidas: ensaladas, sobremesa (torta de galletas, biscoito, macedonia, etc.), torradas-sándwichs, etc. Ou realizar procesos: amasar, pelar, picar, machucar, debullar, etc. g. Actividades de clasificación e orde: fotos, cociña-alimentos. 3. MANUALIDADES: Recortes e colaxe; modelado con barro, miga de pan, pasta de sal; facer tarxetas de felicitación de Nadal, de cumpreanos, de nacemento, etc.; debuxar e/ou pintar; facer flores de papel, de tea; labores de ganchillo, de bordado, calceta, etc.
4. AFECCIÓNS: Costura, coidado de plantas, animais, coleccionismo, bricolaxe, encrucillados, etc. 5. ACTIVIDADES RELIXIOSAS. 6. ACTIVIDADES PARA REALIZAR SÓ: Ver a televisión, elixindo os programas; lectura de xornais, revistas, novelas, etc. 7.XOGOS: Petanca, palabras encadeadas, damas, dominó, cartas, parchís, bingo, xadrez, etc. 8. MÚSICA: Escoitar música, tocar un instrumento, bailar ou cantar como forma de distraerse e, no caso de persoas maiores, recordar situacións e experiencias vividas. 9. RECORDO DO PASADO: Ver fotos, facer a árbore xenealóxica, visitar lugares da infancia, narrar historias, contar cousas do pasado, falar de todo o que recorde, mesmo que o escriba. 10.RELACIÓNS INTERPERSOAIS: Actividades coa familia, no caso de persoas maiores cos netos, fomentar a visita dos familiares e amigos, veciños.
90 Coidados cotiáns á persoa dependente ACTIVIDADES
DEREITOS DAS PERSOAS DEPENDENTES As persoas en situación de dependencia terán dereito, con independencia do lugar do territorio do Estado español onde residan, a acceder, en condicións de igualdade, ás prestacións e servizos previstos na Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, nos termos establecidos na mesma. Así mesmo, as persoas en situación de dependencia gozarán de todos os dereitos establecidos na lexislación vixente, e con carácter especial dos seguintes: A gozar dos dereitos humanos e liberdades fundamentais, con pleno respecto da súa dignidade e intimidade. A recibir, en termos comprensibles e accesibles, información completa e continuada relacionada coa súa situación de dependencia. A ser advertido de se os procedementos que se lle apliquen poden ser utilizados en función dun proxecto docente ou de investigación, sendo necesaria a previa autorización, expresa e por escrito, da persoa en situación de dependencia ou quen a represente. A que sexa respectada a confidencialidade na recollida e o tratamento dos seus datos, de acordo coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. A participar na formulación e aplicación das políticas que afecten ao seu benestar, xa sexa a título individual ou mediante asociación.
A decidir libremente sobre o ingreso en centro residencial. Ao exercicio pleno dos seus dereitos xurisdicionais no caso de internamentos involuntarios, garantíndose un proceso contraditorio. Ao exercicio pleno dos seus dereitos patrimoniais. A iniciar as accións administrativas e xurisdicionais en defensa dos seus dereitos. No caso dos menores ou persoas incapacitadas xudicialmente, estarán lexitimadas para actuar no seu nome quen exerzan a patria potestade ou quen ostenten a representación legal. Á igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal, en calquera dos ámbitos de desenvolvemento e aplicación da Lei. A non sufrir discriminación por razón de orientación ou identidade sexual.
A decidir, cando teña capacidade de obrar suficiente, sobre a tutela da súa persoa e bens, para o caso de perda da súa capacidade de autogoberno. DEREITOS DAS PERSOAS DEPENDENTES Coidados cotiáns á persoa dependente 91
GLOSARIO DE TERMOS
Autonomía: é a capacidade de con- Necesidades de apoio para a autrolar, afrontar e tomar, por propia iniciativa, decisións persoais acerca de como vivir de acordo coas normas e preferencias propias así como de desenvolver as actividades básicas da vida diaria.
tonomía persoal: son as que requiren
as persoas que teñen discapacidade intelectual ou mental para facer efectivo un grao satisfactorio de autonomía persoal no seo da comunidade.
Dependencia: é o estado de carácter Coidados permanente en que se atopan as persoas
non profesionais: é a atención prestada a persoas en situación que, por razóns derivadas da idade, enfer- de dependencia no seu domicilio, por permidade ou a discapacidade e ligadas á fal- soas da familia ou da súa contorna, non ta ou á perda de autonomía física, mental, vinculadas a un servizo de atención prointelectual ou sensorial, precisan da aten- fesionalizada. ción doutra ou outras persoas ou axudas importantes para realizar as actividades oidados profesionais: son os coibásicas da vida diaria ou, no caso das per- dados prestados por unha institución soas con discapacidade intelectual ou en- pública ou entidade, con ou sen ánimo fermidade mental, doutros apoios para a de lucro, ou profesional autónomo. Entre súa autonomía persoal. as súas finalidades atópase a prestación de servizos a persoas en situación de dectividades Básicas da Vida pendencia, xa sexa no seu fogar ou nun Diaria (ABVD): son as tarefas máis centro. elementais da persoa, que lle permiten desenvolverse cun mínimo de autonomía sistencia persoal: é o servizo de e independencia, tales como: o coidado apoio e acompañamento para a vida inpersoal, as actividades domésticas dependente e a promoción da autonomía básicas, a mobilidade esencial, recoñecer persoal prestado por un ou unha asistente persoas e obxectos, orientarse, entender persoal. e executar ordes ou tarefas sinxelas.
C
A
A
romoción da autonomía: os Actividades instrumentais da vida P servizos de promoción da autonomía te-
diaria (AIVD): son aquelas que lle permiten á persoa adaptarse ao seu contorno, implican outras funcións imprescindibles para o desenvolvemento normal da vida, son funcións máis elaboradas como: facer a compra, cociñar, manexar os cartos, o control da medicación, o uso de transporte, a comunicación, etc.
ñen por finalidade desenvolver e manter a capacidade de controlar, afrontar e tomar decisións acerca de cómo vivir de acordo coas normas e preferencias propias, facilitando a execución das actividades básicas da vida diaria.
GLOSARIO DE TERMOS
93
Prevención
da
situación
de
Graos de dependencia: os graos de
dependencia: constitúen todas aquelas dependencia figuran recollidos no artigo
medidas encamiñadas a conseguir que unha persoa se manteña o maior tempo posible con capacidade para valerse por si mesma. Aínda nos casos de autonomía reducida, sempre se pode intentar potenciar ao máximo as capacidades residuais da persoa, no plano físico, das relacións e/ou da vontade. A prevención da dependencia é un aspecto moi importante dos coidados. Para iso, as persoas que coidan deben fomentar e perseguir: o benestar físico, emocional, material, as relacións persoais e interpersoais, a actividade diaria e a participación na comunidade das persoas que coidan e que se atopan en situación de dependencia.
26 da Lei 39/2006 de promoción de autonomía e atención á dependencia: Grao I. Dependencia moderada: cando a persoa necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria, polo menos, unha vez ao día ou ten necesidades de apoio intermitente ou limitado para a súa autonomía funcional. Grao II. Dependencia severa: cando a persoa precisa axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria dúas ou tres veces ao día, pero non quere o apoio permanente dunha persoa que o coide
Grao III. Gran dependencia: cando a persoa precisa axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria varias veces ao día e, pola súa perda total de xudas técnicas: son todas as axudas autonomía física, mental, intelectual ou que permiten ou facilitan á persoa con sensorial precisa do coidado indispenlimitacións funcionais a realización de de- sable e continuo doutra persoa ou ten terminadas accións, de tal maneira que necesidade de apoio xeneralizado para a sen o seu uso, estas tarefas serían im- súa autonomía funcional. posibles ou moi difíciles de realizar nunha Cada un dos tres graos de dependencia situación determinada. clasificarase en dous niveis, en función da O termo axuda técnica estase a substituír autonomía das persoas e da intensidade polo de produto de apoio, entendendo do coidado que require. este por calquera produto (incluídos dispositivos, equipos, tecnoloxía e software) fabricado especialmente ou dispoñible no mercado para previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar deficiencias, limitacións na actividade e restricións na participación.
A
94
GLOSARIO DE TERMOS
NORMATIVA DE INTERESE
NORMATIVA AUTONÓMICA SERVIZOS SOCIAIS Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia (DOG nº 245 do 18/12/2008) Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (DOG nº 63 do 30/03/2012) Decreto 148/2014, do 6 de novembro, polo que se modifica o Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (DOG nº 228 do 27/11/2014)
Orde do 13 de abril de 2007 pola que se modifica a do 18 de abril de 1996 pola que se desenvolve o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, no relativo á regulación das condicións e requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención a persoas maiores (DOG nº 80 do 25/04/2007) Decreto 195/2007, do 13 setembro polo que se regula o Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes (DOG nº 202 do 18/10/2007) Orde do 25 xuño de 2008 pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de día e as unidades de atención social para persoas que padecen Alzheimer e outras demencias (DOG nº 138 do 17/07/2008)
Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar Orde do 9 de setembro de 2008 pola que se (DOG nº 22 do 2/02/2009) desenvolve o Decreto 195/2007, do 13 NORMATIVA de setembro, polo que se regula o Servizo AUTONÓMICA PERSOAS MAIORES Galego de Apoio á Mobilidade Persoal Decreto 253/2000, do 5 de outubro, polo para persoas con discapacidade e/ou que se crea o Consello Galego das Persoas dependentes e se aproba o Catálogo de Maiores (DOG nº 207 do 25/10/2000) prestacións do servizo (DOG nº 179 do Orde do 18 de abril de 1996 pola que se de- 16/09/2008) senvolve o Decreto 243/1995, do 28 de Orde do 16 de abril de 2014 pola que se xullo, no relativo á regulación das conregulan as condicións dos ingresos e dicións e requisitos específicos que deben traslados en servizos prestados en centros cumpri-los centros de atención a persoas propios ou concertados, no ámbito da maiores. (DOG nº 88, do 06/05/1996). atención á dependencia e da promoción Modificada pola Orde do 20 de xullo de 2010 da autonomía persoal (DOG nº 91 do (DOG nº 145 do 30/07/2010) 14/05/2014) Orde do 16 de outubro de 2006, pola que se Decreto 99/2014, do 24 de xullo, polo que aproba a carta de servizos básica para as se regula o Servizo Galego de Apoio á residencias de persoas maiores da rede Mobilidade Persoal para persoas con dispública da Xunta de Galicia (DOG nº 207 capacidade e/ou persoas en situación de do 26 de outubro de 2006) dependencia (DOG nº 149 do 07/08/14) NORMATIVA DE INTERESE
95
LEXISLACIÓN DEPENDENCIA NORMATIVA ESTATAL DEPENDENCIA
Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención a Persoas en Situación de Dependencia (BOE no 299 do 15/12/2006). Modificada a disposición final primeira polo art. 5 do Real Decreto Lei 8/2010, de 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público.
Real Decreto 569/2011, de 20 de abril, polo que se determina o nivel mínimo de protección garantido ás persoas beneficiarias do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia para o exercicio 2011 (BOE nº 112 do 11/05/2011)
Real Decreto 570/2011, de 20 de abril, polo que se modifica o Real Decreto Real Decreto 615/2007, de 11 de maio, 727/2007, de 8 de xuño, sobre criterios polo que se regula a Seguridade Social para determinar as intensidades de dos coidadores das persoas en situación protección dos servizos e a contía das de dependencia (BOE nº 114 do prestacións económicas da Lei 39/2006, 12/05/2007). Corrección de erros (BOE de 14 de decembro, de Promoción da nº 140 do 12/06/2007) Autonomía Persoal e Atención ás Real Decreto 1198/2007, de 14 de se- persoas en situación de dependencia e se tembro, polo que se modifica o R.D establecen as prestacións económicas 504/2007 de 20 de abril, en materia de da Lei 39/2006, de 14 de decembro, recoñecemento de descanso por mater- de Promoción da Autonomía Persoal nidade nos supostos de discapacidade e Atención ás persoas en situación de do fillo e de recoñecemento da necesi- dependencia para o exercicio 2011 (BOE dade de asistencia de terceira persoa nº 112 do 11/05/2011) nas prestacións non contributivas. (BOE Real Decreto - Lei 20/2012, de 13 de nº 237 do 3/10/2007) xullo, de medidas para garantir la Real Decreto 7/2008, de 11 de xaneiro, estabilidade orzamentaria e de sobre as prestacións económicas da fomento da competitividade (BOE nº Lei 39/2006 de 14 de decembro, de 168 do 14/07/2012). Corrección de Promoción da Autonomía Persoal e erros. (BOE nº 172 do 19/07/2012) Atención ás persoas en situación de Artigo 22. Modificación da Lei 39/2006, dependencia para o exercicio 2008 (BOE de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás nº 11 do 12/01/2008) persoas en situación de dependencia. Real Decreto 174/2011, de 11 de febreiro, (páx 35-39). Incorpora distintas polo que se aproba o baremo de medidas, como: redución das contías valoración da situación de dependencia máximas das prestacións económicas establecido pola Lei 39/2006, de 14 de para coidados na contorna familiar e decembro, de Promoción da Autonomía redución das contías do nivel mínimo Persoal e Atención ás persoas en de financiamento do Sistema para a situación de dependencia (BOE nº 42 de Autonomía e Atención á Dependencia. 18/02/2011) 96
NORMATIVA DE INTERESE
Real Decreto 1050/2013, de 27 de decembro, polo que se regula o nivel mínimo de protección establecido na Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia (BOE nº 313 do 31/12/2013) Real Decreto 1051/2013, de 27 de decembro, polo que se regulan as prestacións do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, establecidas na Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia (BOE nº 313 do 31/12/2013) NORMATIVA AUTONÓMICA DEPENDENCIA Decreto 15/2010, do 4 de febreiro polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 34 do 19/02/2010). Modificado polo Decreto 148/2011, do 7 de xullo (DOG nº 141 do 22/07/2011) Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 9 do
13/01/2012). Corrección de erros (DOG nº 42 do 29/02/2012). Corrección de erros (DOG nº 67 do 9/04/2012) Orde do 9 de agosto de 2012 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG 157 do 20/08/2012) Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 86 do 6/05/2013). Corrección de erros da Orde do 19 de abril de 2013 (DOG nº 94 do 20/05/2013) Orde do 1 de abril de 2013 pola que se aproba o modelo de informe social unificado para a área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal e se aproba a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 69 do 10/04/2013). Corrección de erros (DOG nº 74 do 17/04/2013)
NORMATIVA DE INTERESE
97
Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo (DOG nº 182 de 24/09/2013) Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá (DOG nº 244 do 23/12/2013) Orde do 27 de marzo de 2014 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 64 do 2 2/04/2014). Orde do 16 de abril de 2014 pola que se regulan as condicións dos ingresos e traslados en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal (DOG nº 91 do 14/05/2014) Orde do 12 de novembro de 2014 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro (DOG nº 222 do 19/11/2014).
98
NORMATIVA DE INTERESE
BIBLIOGRAFÍA Centeno Soriano C. Cuidar a los que cuidan. Qué y cómo hacerlo. Jaén: Formación Alcalá, 2004. Choque S. e Choque J. Actividades de animación para la tercera edad. 1ª Edición. Barcelona: Editorial Paidotribo; 2002. Fernández de Trocóniz MI, Montorio Cerrato I, Díaz Veiga P. Cuando las personas mayores necesitan ayuda. Guía para cuidadores y familiares. Madrid: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. IMSERSO; 1997. Izal Fernández de Trocóniz M. Montorio Cerrato I. e Díaz Veiga P. Cuando las Personas Mayores Necesitan Ayuda. Guía para cuidadores y familiares. 1ª Edición. Madrid: IMSERSO; 1999. López de Munain A. e Mendioroz Iriarte M. Síntomas Conductuales y Psicológicos de la demencia: Aspectos clínicos y etiológicos [Internet] Agosto de 2001 [23-82008] www.matiaf.net/profesionales/articulos. Adobe Acrobat Reader Mace N.L. e Rabins P.V. Cuando el día tiene 36 horas. Una guía para cuidar a enfermos con pérdida de memoria, demencia senil y Alzheimer. 2ª Edición. México: Editorial Pax México. 2002. Peña-Casanova J. Enfermedad de Alzheimer. Del diagnóstico a la terapia: conceptos y hechos. 1ª Edición. Barcelona: Fundación “La Caixa”; 1999. Peña-Casanova J. Las alteraciones psicológicas y del comportamiento en la enfermedad de Alzheimer. Definición, descripción, guías de intervención y consejos. 1ª Edición. Barcelona: Fundación “La Caixa”; 1999. Peña-Casanova J. Intervención cognitiva en la enfermedad de Alzheimer. Fundamentos y principios generales. 1ª Edición. Barcelona: Fundación “La Caixa”; 1999. Pérez E. e Serrano A. Auxiliar de Enfermería. 2ª Edición. Madrid: Mc Graw-Hill/Interamericana de España SA; 1996. Rodríguez Rodríguez P. e Valdivieso Sánchez C. El servicio de Ayuda a Domicilio. Programación del Servicio. Manual de formación para auxiliares. 2ª Edición. Madrid: Panamericana; 1999. BIBLIOGRAFÍA
99
Vila Miravent, J. Guía práctica para entender los comportamientos de los enfermos de Alzheimer. 1ª Edición. Barcelona: Eumo Octaedro; 1999. VVAA. Técnicas Básicas de Enfermería. 1ª Edición. Madrid: Editex; 2002. VV.AA. Los cuidados informales a un enfermo de Alzheimer. Madrid: AFALcontigo; 2006. VV.AA Prevención, tratamiento y manejo del estrés en situaciones de dependencia. Madrid: AFALcontigo; 2007. VV.AA. Intervención psicosocial en Gerontología: manual práctico. Madrid: Cáritas; 1998.
100
BIBLIOGRAFÍA
MÁIS INFORMACIÓN CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE 981 342 607 / 981 492 706
Horario de atención: de luns a venres de 8:00 a 21:00 e sábados de 9:00 a 14:00 Teléfono de información e cita previa dos servizos sociais do Concello de Fene.
MÁIS INFORMACIÓN
101
102
MÁIS INFORMACIÓN
SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE