Avaliación fene

Page 1

AVALIACIÓN DO II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES

CONCELLO DE FENE 2016


Edita: Concello de Fene (A Coruña) - Concellaría de Benestar Social e Igualdade - 2016 Concelleira Delegada de Benestar Social e Igualdade: Mª Carmen Martínez Rodríguez Redacción e Elaboración: SENES Desenvolvemento Comunitario Dirección, Coordinación e Desenvolvemento: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade do Centro Municipal de Servizos Sociais

Agradecementos: • Grupos Políticos Municipais: BNG, EU, PP, PSOE, PDDdG Somos Fene. • Responsables técnicos municipais das Delegacións de Benestar Social e Igualdade, Cultura e Deportes, Formación e Emprego Pancho Allegue e Participación e Información Cidadán. • Radio Fusión – Radio Fene. • Biblioteca Municipal Xosé María Pérez Parallé. • Museo do Humor. • Policía Local. • Entidades colaboradoras: AV de Sillobre, AV de Perlío, CPS de San Valentín, AV Santa Eulalia de Limodre, Asociación Por + Vida, Club de Actividades Subacuáticas Nautilus, ASPANEPS-Fene, SC Airiños de Fene e ANPA CEIP Centieiras. • Centros escolares: CEIP Centieiras, CEIP Os Casais, CEIP O Ramo, IES de Fene e CPR Jorge Juan. • Escola Infantil Galiña Azul de Perlío. Rede Galega de Escolas Infantís 0-3 anos. • Responsable Técnica da Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014 – 2015 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Agradecer a todas aquelas persoas que fixeron posible levar a cabo a avaliación do II PIOMH, grazas á súa participación, ás súas achegas e ao seu firme compromiso coa igualdade de xénero no Concello de Fene.


Índice 03

PRESENTACIÓN

05 07 08 09 12 14

AVALIACIÓN DOS RESULTADOS Obxectivos Fases Descrición Metodoloxía Resultados

157 159 160 161

CONCLUSIÓNS E RECOMENDACIÓNS Valoración xeral Dificultades e facilidades Recomendacións

163

BIBLIOGRAFÍA



PRESENTACIÓN

O Concello de Fene, mantén un compromiso coas medidas de acción positiva cuxo obxectivo é modificar as actuacións discriminatorias e facer presión para a eliminación dos obstáculos que impiden a participación das mulleres en igualdade de condicións que os homes en calquera ámbito da vida. Como proba deste compromiso o 5 de novembro de 2009 aprobouse no Pleno do Concello de Fene, o II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do concello para os anos 2010 a 2013. Este plan recollía, ademais da experiencia do I PIOMH, un conxunto de accións que aspiraban a impregnar do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e do principio da transversalidade, a política municipal e a convivencia cidadá. Tras finalizar o proceso de implementación do II PIOMH, a etapa de avaliación resulta un proceso fundamental para determinar o grao de cumprimento do mesmo e o alcance ou impacto de xénero que tiveron as accións executadas. Para elo, contouse coa colaboración de SENES Desenvolvemento Comunitario, unha consultora especializada que realizou unha avaliación externa dos resultados do programado. Os logros deste II PIOMH son froito da suma dun claro reflexo da vontade política de seguir consolidando recursos dirixidos a promover o principio de Igualdade entre mulleres e homes, tanto na política municipal, como na convivencia cidadá; do tesón mantido día a día polo persoal do Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade do Centro Municipal de Servizos Sociais, que fixo posible a posta en marcha destas actuacións; así como as accións que realizaron o resto das áreas e servizos municipais co obxectivo de fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no municipio e convertela en eixo transversal de todo o Concello. A continuación resúmense neste informe as principais achegas, programas e actuacións que se puxeron en marcha no tempo transcurrido desde xaneiro de 2010 a xuño de 2016, enmarcadas en cada unha das 6 Áreas Temáticas nas que se estruturou o Plan de Acción do II Plan Municipal de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Fene: Área 1: Área 2: Área 3: Área 4: Área 5: Área 6:

Integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas e na Administración Municipal. Igualdade na vida económica: emprego, formación e conciliación. Educación, sensibilización e corresponsabilidade. Empoderamento, participación política e social, cultura, lecer e deporte. Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social. Loita contra a violencia de xénero.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

3


PRESENTACIÓN Tendo en conta que a avaliación dun PIOMH debería ir máis aló do proceso de recollida e exposición de datos, no presente documento relaciónanse os obxectivos a acadar coa avaliación do II PIOMH, a metodoloxía e as fases desenvoltas para a súa elaboración, os resultados acadados, tanto globais, como por áreas, e os extraídos das enquisas realizadas a persoal técnico e político municipal e a informantes clave; emitíndose ademais, un ditame técnico sobre o avaliado, formulando conclusións e expoñendo os principais obstáculos e facilitadores resultado do período de vixencia do II PIOMH, así como, a achega dunha serie de recomendacións cara á elaboración do III PIOMH do Concello de Fene.

4

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


AVALIACIÓN DOS RESULTADOS DO II PIOMH 01 OBXECTIVOS DA AVALIACIÓN DO II PIOMH

páx.07

02 FASES

páx.08

03 DESCRICIÓN DO II PIOMH

páx.09

04 METODOLOXÍA DE AVALIACIÓN

páx.12

05 RESULTADOS DA AVALIACIÓN

páx.14

05. 01 Análise Global 05.02 Análise por áreas 05.03 Enquisas

páx.14 páx.17 páx.123

5



01. OBXECTIVOS DE AVALIACIÓN

OBXECTIVO XERAL Realizar o estudio de avaliación do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Fene e elaborar un documento de recollida e exposición de resultados, de conclusións e recomendacións a ter en conta na elaboración do III PIOMH.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS Obter resultados do grao de cumprimento das accións positivas. Coñecer a opinión en materia de igualdade de oportunidades dunha mostra de poboación. Obter información e opinións das persoas responsables políticas da Concellaría. Obter resultados sobre o traballo técnico do conxunto da Administración. Obter datos, opinións e valoracións do persoal técnico de referencia na Área de Igualdade. Favorecer espazos de reflexión para recoller as opinións das asociacións. Coñecer opinións de técnicas e técnicos doutros recursos promotores de igualdade. Coñecer obstáculos existentes e as necesidades a ter en conta á hora de elaborar o seguinte plan de igualdade.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

7


02. FASES DO PROCESO DE AVALIACIÓN

FASE 1: PLANIFICACIÓN Constitución do comité técnico Definición do traballo co persoal técnico para facilitar a recollida de información Elaboración e consenso do calendario de traballo Elaboración e consenso dos instrumentos de recollida

FASE 2: ELABORACIÓN Definición de indicadores Recollida de datos e análises dos mesmos Análise de memorias de actividade Realización da enquisa poboacional. Realización de enquisas de satisfacción a informantes clave. Realización de enquisas a persoal técnico e político. Entrevistas en profundidade a persoal técnico de referencia en materia de Igualdade. Matriz DAFO. Elaboración do informe final.

8

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


03. DESCRICIÓN DO II PLAN

O II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Fene configurouse como a principal ferramenta estratéxica para o desenvolvemento da política municipal en materia de igualdade de oportunidades. Dito Plan recolleuse nun documento escrito, aprobado en Pleno o 5 de novembro de 2009 cunha vixencia de tres anos e prorrogado ata a actualidade. Organizouse en 2 apartados cun total de 18 capítulos e 18 subcapítulos: INFORME DE DIAGNOSE PARA O II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE FENE. 1. Introdución. 2. Metodoloxía. 3. Análise cuantitativa de variables sociodemograficas. Índice xeral Introdución Demografía Mercado de traballo e situación económica Educación Infraestruturas, servizos e equipamentos Saúde, benestar social, inclusión social e diversidade

4. Análise de entrevistas en profundidade. Mesa temática 1 Mesa temática 2 Mesa temática 3 Mesa temática 4 Mesa temática 5

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

9


03. DESCRICIÓN DO II PLAN

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES 2010 - 2013 1. Presentación. 2. Introdución. 3. Antecedentes. 4. Marco legal vixente en materia de Igualdade. 5. Elaboración do Plan de Igualdade: fases e metodoloxía. 6. Características, fundamentación e vixencia do Plan. 7. Institucións, entidades e persoas participantes. 8. A estrutura do Plan. 9. Plan de acción. Área 1: Integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas e na Administración Municipal. Área 2: Igualdade na vida económica: emprego, formación e conciliación. Área 3: Educación, sensibilización e corresponsabilidade. Área 4: Empoderamento, participación política e social, cultura, lecer e deporte. Área 5: Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social. Área 6: Loita contra a violencia de xénero. 10. Temporalización. 11. Sistema de seguimento e avaliación. 12. Difusión e comunicación do plan. 13. Bibliografía. 14. Anexo documental. O II PIOMH do Concello de Fene tivo asignado un obxectivo xeral e seis obxectivos específicos, que estruturaron o documento.

10

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


03. DESCRICIÓN DO II PLAN

O plan de acción configurouse en seis áreas temáticas: ÁREA 1: INTEGRACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NAS POLÍTICAS PÚBLICAS E NA ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL. ÁREA 2: IGUALDADE NA VIDA ECONÓMICA: EMPREGO, FORMACIÓN E CONCILIACIÓN. ÁREA 3: EDUCACIÓN, SENSIBILIZACIÓN E CORRESPONSABILIDADE. ÁREA 4: EMPODERAMENTO, PARTICIPACIÓN POLÍTICA E SOCIAL, CULTURA, LECER E DEPORTE. ÁREA 5: SAÚDE, SEXUALIDADE, CALIDADE DE VIDA, ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E INCLUSIÓN SOCIAL. ÁREA 6: LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Cada unha destas áreas de actuación tivo asignado un obxectivo de carácter xeral e varios obxectivos específicos que contemplaban distintas accións a realizar para acadalos. O II PIOMH do Concello de Fene desenvolveu as 6 áreas temáticas por medio de 6 obxectivos xerais e 34 obxectivos específicos concretados en 141 accións. Na posta en marcha das accións, contouse coa participación ou implicación dos seguintes organismos e entidades: Diferentes áreas do Concello especialmente SMAM, Servizos Sociais, Deporte, Educación, Cultura, Formación e Emprego, Desenvolvemento Económico, etc. Equipos directivos e departamentos de Orientación dos centros educativos do concello. Biblioteca Municipal. Casa da Cultura e Museo do Humor. Radio Fene. Representantes políticos. Centros de saúde de Fene e Maniños. Equipo directivo das Galiñas Azuis. Xulgado de Paz. Forzas de Seguridade. Persoas representantes das ANPAS dos centros educativos. Asociacións e clubs do Concello de Fene.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

11


04. METODOLOXÍA DE AVALIACIÓN Para a realización da avaliación do II Plan de Igualdade Municipal contouse coa asistencia técnica en materia de xénero e igualdade dunha empresa externa, responsable da redacción do informe avaliativo. Polo tanto, o equipo de traballo estivo conformado por persoal responsable técnico do Concello de Fene e persoal responsable técnico da consultora externa, SENES Desenvolvemento Comunitario. Deste xeito, levouse a cabo unha avaliación interna de carácter continuo liderada pola psicóloga do concello e os departamentos municipais implicados; e unha avaliación externa de tipo sumativa ou final realizada por un equipo experto na materia. As ferramentas avaliativas empregadas foron: cadros de recollida de datos sobre as medidas implementadas dende cada área ou departamento municipal, fichas das accións desenvoltas, informes de actividade, memorias de actividade e memorias técnicas anuais. Asemade, as fontes de verificación utilizadas foron: contactos co persoal técnico, revisión de documentación e entrevistas con distintas persoas implicadas. A avaliación realizada pretende dar resposta ás seguintes cuestións: Grao de execución e resultados do II PIOMH. Grao de consecución dos obxectivos propostos. Idoneidade das actuacións e dos recursos previstos para acadar os obxectivos. Eficacia dos mecanismos de difusión, coordinación e organización interna. Grao de satisfacción e pertinencia do Plan. Outros resultados non previstos, así como as variables que interveñen neles. Segundo o xeito de recompilación, xerouse información cuantitativa e cualitativa: A. CUANTITATIVOS: Obtivéronse datos numéricos de actuacións iniciadas e non iniciadas, actuacións sen finalizar, participación, satisfacción; estes datos se reflicten graficamente a continuación. B. CUALITATIVOS:

12

As bases da avaliación cualitativa foron as opinións e valoracións que a respecto do Plan, do seu desenvolvemento, cumprimento e impacto, aportaron as distintas persoas entrevistadas e a interpretación dos datos.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


04. METODOLOXÍA DE AVALIACIÓN A recollida de información realizouse a través de: entrevistas cos diferentes axentes implicados, enquisa ao persoal técnico e político municipal, enquisa a informantes clave, isto é, axentes socias municipais clave: asociacións (culturais, de veciños, de mulleres, ANPAS, etc.), persoal da área sanitaria do concello (centros de saúde), forzas e corpos de seguridade, equipos directivos dos centros educativos, clubs deportivos, etc.

enquisa á poboación en xeral, recompilación de informes de actividade, produtos xerados, datos de opinións, datos de participación, estudos, memorias dos servizos e departamentos implicados, bases de datos, datos económicos de inversión e estatísticas.

O primeiro paso consistiu en contabilizar todas as medidas de acción desenvolvidas en cada unha das seis áreas temáticas operativas do plan. Á vez o equipo técnico de avaliación activou as enquisas, fixo seguimento da participación e realizou entrevistas individuais ao persoal técnico e profesional que participou no proceso de execución da diversas accións do PIOMH.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

13


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise Global Na seguinte táboa se resume o número de ACCIÓNS DESENVOLTAS efectivamente por cada área temática de intervención proposta: ÁREAS TEMÁTICAS

OBXECTIVOS XERAIS

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

ACCIÓNS PROPOSTAS

ACCIÓNS % ACCIÓNS DESENVOLTAS DESENVOLTAS

1

8

31

7

22,58%

1

4

15

3

20%

1

5

21

6

28,57%

1

6

28

2

7,14%

1

5

24

8

33,34%

LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

1

6

22

9

40,91%

TOTAL

6

34

141

35

24,82%

ÁREA 1: INTEGRACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NAS POLÍTICAS PÚBLICAS E NA ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL. ÁREA 2: IGUALDADE NA VIDA ECONÓMICA: EMPREGO, FORMACIÓN E CONCILIACIÓN. ÁREA 3: EDUCACIÓN, SENSIBILIZACIÓN E CORRESPONSABILIDADE. ÁREA 4: EMPODERAMENTO, PARTICIPACIÓN POLÍTICA E SOCIAL, CULTURA, LECER E DEPORTE. ÁREA 5: SAÚDE, SEXUALIDADE, CALIDADE DE VIDA, ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E INCLUSIÓN SOCIAL. ÁREA 6:

No seguinte gráfico, reflíctese a comparativa onde se constata a intensidade dalgunhas accións nunhas áreas temáticas, áreas onde se fixo un esforzo importante, mentres noutras, propuxéronse poucas accións e, polo tanto, non se achegaron aos obxectivos.

14

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise Global

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

15


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise Global

A distribución porcentual das actuacións realizadas é a seguinte:

Se facemos a análise por porcentaxe observamos que a Área 6 de LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO representa un 26% ao concentrar unha importante carga de accións realizadas en canto a accións de sensibilización, prevención e loita contra as violencias de xénero. As Áreas 5 e 6 de SAÚDE, SEXUALIDADE, CALIDADE DE VIDA, ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E INCLUSIÓN SOCIAL e LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, concentra o 23% e o 26% das accións respectivamente. Se analizamos cualitativamente este dato, comprobamos o importante investimento tanto en actividades culturais como deportivas, educativas e de saúde e de sensibilización, prevención e loita contra as violencias de xénero.

16

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas e na administración municipal

Área 01

ÁREA 01: INTEGRACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NAS POLÍTICAS PÚBLICAS E NA ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL OBXECTIVO XERAL PROMOVER A INTEGRACIÓN GRADUAL DA PERSPECTIVA DE XÉNERO, OU MAINSTREAMING DE XÉNERO, NO CONCELLO: NA SÚA ORGANIZACIÓN XERAL, NAS SÚAS ESTRUTURAS E PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS E EN TODAS AS POLÍTICAS PÚBLICAS MUNICIPAIS. OBXECTIVO ESPECÍFICO 1 COÑECER EN PROFUNDIDADE A SITUACIÓN DO CONCELLO DESDE A PERSPECTIVA DE XÉNERO. Acción 1.1. Realizar unha diagnose en profundidade sobre a situación do mainstreaming de xénero na administración municipal. (Non constan accións) OBXECTIVO ESPECÍFICO 2 INCREMENTAR O COÑECEMENTO SOBRE A IGUALDADE DE XÉNERO EN FENE E A SÚA COMARCA. Acción 2.1. Promover desde o Concello de Fene a creación dun órgano comarcal específico de investigación e observación de xénero. (Non constan accións) Acción 2.2. Crear un premio anual, por parte deste órgano comarcal, ao mellor traballo de investigación de ámbito comarcal sobre a igualdade de xénero. (Non constan accións) Acción 2.3. Incorporación da variable sexo e doutras variables vinculadas ao xénero e análise de xénero en todas as estatísticas, enquisas, bases de datos e estudos do concello. (Non constan accións) Acción 2.4. Realizar un estudo cuantitativo completo sobre a situación da muller en Fene. (Non constan accións)

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

17


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 01

Integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas e na administración municipal

OBXECTIVO ESPECÍFICO 3 VISIBILIZAR E DIFUNDIR SOCIALMENTE O COMPROMISO POLÍTICO DO CONCELLO DE FENE COA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. Acción 3.1. Realizar e difundir unha declaración municipal na que se recolla o compromiso político ao máis alto nivel institucional (Alcaldía e Corporación Municipal) do Concello de Fene coa igualdade de oportunidades en xeral e co pleno desenvolvemento do II Plan de igualdade de oportunidades en particular. Esta acción debe levarse a cabo en coordinación coas accións contempladas para a difusión e comunicación do II Plan de igualdade. (Non constan accións) Acción 3.2. Procurar que no futuro outras entidades e organizacións de Fene se sumen á declaración institucional pola igualdade asumindo os seus propios compromisos. (Non constan accións) Acción 3.3. Elaborar un protocolo de actuación co obxectivo de desenvolver desde o concello unha comunicación non estereotipada na súa proxección externa a nivel social e interinstitucional. (Non constan accións)  OBXECTIVO ESPECÍFICO 4 DESEÑAR UNHA ESTRATEXIA DE INTRODUCIÓN GRADUAL DO MAINSTREAMING DE XÉNERO NO CONCELLO. Acción 4.1. Constituír unha comisión interdepartamental que impulse o desenvolvemento das accións recollidas nesta área e que faga un seguimento do seu cumprimento. (Non constan accións)  Acción 4.2. Definir unha estratexia de introdución do mainstreaming de xénero na institución municipal que identifique os cambios necesarios na súa organización, estrutura, procedementos administrativos e contidos, e os prazos e temporalización para levala a cabo. (Non constan accións)  Acción 4.3. Desenvolver un programa piloto de cambio organizativo en clave de xénero (CopEQ) nun departamento municipal. (Non constan accións)

18

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas e na administración municipal

Área 01

OBXECTIVO ESPECÍFICO 5 REDEFINIR OS PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS CO OBXECTIVO DE READAPTALOS Á PERSPECTIVA DE XÉNERO. Acción 5.1. Utilizar unha linguaxe non sexista en todos os documentos administrativos. A sección Concello Dixital da web municipal http://www.fenecidadan.gal/ está dedicada á xestión administrativa do Concello e dende a que se pode acceder, para a súa consulta ou descarga, á sede electrónica municipal, á normativa municipal; actas e acordos dos diferentes órganos de goberno; convocatorias de interese xeral promovidas polo Concello ou outras administracións; concursos e licitacións desde o perfil do contratante, etc. Inclúe, ademais, un sistema de avisos para notificacións informativas breves de carácter puntual sobre actos da axenda (convocatoria de eventos, etc.), convocatorias e concursos (avisos de alarma sobre remates de prazo, etc.) e de carácter xeral sobre problemas de mobilidade por causa de obras, alertas de protección civil ou requirimentos da seguranza cidadá. Un catálogo de xestións onde se recolle información sobre as principais xestións e trámites, tanto municipais como non municipais, de interese para a cidadanía (certificacións de empadroamento, trámites para expedición e/ou renovación do DNI, etc.) ordenados atendendo aos diferentes servizos municipais. Así mesmo, pódese atopar aquí, na sección de outras webs de interese, todo o necesario para realizar on-line trámites vencellados xa non coa administración local, senón coas administracións autonómica e estatal (solicitar a tarxeta sanitaria, pedir un informe de vida laboral, etc.) Nunha revisión pormenoriza dos diferentes documentos administrativos do Concello de Fene aos que se accede dende dita sección, pódese comprobar que a ampla maioría da documentación administrativa datada a partir do 2010 utiliza unha linguaxe non sexista. Acción 5.2. Impulsar o asesoramento lingüístico de xénero no Servizo de Normalización Lingüística municipal. (Non constan accións) Acción 5.3. Revisar e analizar todos os procedementos administrativos municipais e redefinilos tendo en conta a perspectiva de xénero. (Non constan accións)

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

19


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 01

Integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas e na administración municipal

Acción 5.4. Establecer mecanismos de participación das mulleres de Fene no deseño, implementación e avaliación de todas as políticas públicas municipais. (Non constan accións) Acción 5.5. Desenvolver unha intervención piloto nun departamento municipal que incorpore a perspectiva de xénero no proceso de deseño, implementación e avaliación das súas políticas públicas sectoriais: - análise previa do impacto de xénero de disposicións normativas e intervencións (plans, programas, proxectos) no ámbito das competencias do departamento que protagonice a experiencia piloto (emprego, promoción económica, urbanismo, servizos sociais, cultura, etc.) - deseño, implementación e avaliación das políticas públicas do departamento integrando a perspectiva de xénero. - facilitar a participación das mulleres de Fene no deseño, implementación e avaliación das políticas públicas do departamento seleccionado. (Non constan accións)

OBXECTIVO ESPECÍFICO 6 DESEÑAR E IMPLEMENTAR UN PROGRAMA XERAL FORMATIVO E DE SENSIBILIZACIÓN EN IGUALDADE PARA TODO O PERSOAL DO CONCELLO E PARA A CORPORACIÓN MUNICIPAL. Acción 6.1. Programa estable de cursos de formación do persoal: formación básica xeral para o conxunto do equipo e formación especializada que aborde a igualdade en diferentes ámbitos (educación, saúde, emprego, deporte, benestar social, violencia de xénero, etc.) para profesionais e persoal técnico dos distintos departamentos con necesidades específicas no tratamento e incorporación da igualdade de oportunidades. Aínda que non se desenvolveron actividades específicas nesta acción, cabe destacar que dende o concello facilitouse sempre a formación do persoal técnico en materia de xénero e igualdade.

20

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas e na administración municipal

Área 01

Acción 6.2. Programa estable de cursos de formación da corporación municipal: formación básica xeral para o conxunto da corporación e formación especializada que aborde a igualdade en diferentes ámbitos (educación, saúde, emprego, deporte, benestar social, violencia de xénero, etc.) ANO 2010 ACTIVIDADE: CURSO DE CAPACITACIÓN EN IGUALDADE PARA O PERSOAL POLÍTICO Proposto co obxectivo de promover unha visión de xénero nas distintas políticas públicas do concello cara a converter a problemática da igualdade nunha prioridade presente na axenda pública municipal.

PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: 14 e 15 de xullo de 2010 PARTICIPANTES:

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

21


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 01

Integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas e na administración municipal

Acción 6.3. Programa estable de formación avanzada para niveis e profesionais que teñen que afrontar procesos específicos de integración da perspectiva de xénero nas estruturas administrativas e nas políticas públicas municipais (estatísticas de xénero, ferramentas de intervención de xénero nas políticas públicas etc.) ANO 2010 ACTIVIDADE:

FORMACIÓN CONTINUA DO PERSOAL TÉCNICO DE IGUALDADE Asistencia á XII Xornada de Igualdade do Concello de Mugardos, enmarcada dentro da formación continua para capacitación e mellora do desenvolvemento das funcións da técnica municipal responsable de igualdade.

PROMOVE: DATAS: PARTICIPANTES:

Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade 4 e 5 de xuño de 2010 TOTAL: 1 MULLER.

ANO 2011 2011ACTIVIDADE:

FORMACIÓN CONTINUA DO PERSOAL TÉCNICO DE IGUALDADE Asistencia ás IV Xornadas sobre a Violencia de Xénero: “Intervir é Previr” do Concello de Ares, enmarcada dentro da formación continua para capacitación e mellora do desenvolvemento das funcións da técnica municipal responsable de igualdade.

PROMOVE: DATAS: PARTICIPANTES:

22

Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade 2 e 3 de xuño de 2012 TOTAL: 1 MULLER.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas e na administración municipal

Área 01

ANO 2013 2011ACTIVIDADE:

FORMACIÓN CONTINUA DO PERSOAL TÉCNICO DE IGUALDADE Asistencia ás VI Xornadas sobre a Violencia de Xénero: “Non é un segredo, é un delito” do Concello de Ares, enmarcada dentro da formación continua para capacitación e mellora do desenvolvemento das funcións da técnica municipal responsable de igualdade.

PROMOVE:

Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade

DATAS:

9 de maio de 2013

PARTICIPANTES:

TOTAL: 1 MULLER.

ANO 2014 2011ACTIVIDADE:

FORMACIÓN CONTINUA DO PERSOAL TÉCNICO DE IGUALDADE A formación continua para capacitación e mellora do desenvolvemento das funcións da técnica municipal responsable de igualdade durante o ano 2014 foi a seguinte: Asistencia ás VI Xornadas sobre a Violencia de Xénero: “Educar no Presente, Previr para o Futuro” do Concello de Ares. DATA: 8 de maio de 2014. Asistencia á invitación ao Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren Violencia de Xénero en Santiago de Compostela. DATA: 7 de setembro de 2014. Asistencia ao Seminario: Sensibilización e Intervención en Abuso Sexual Infantil en Santiago de Compostela. DATA: 3 de outubro de 2014. Asistencia ás Xornada sobre o Módulo de Maltrato Infantil de SIUSS en Santiago de Compostela. DATA: 14 de outubro de 2014.

PROMOVE: PARTICIPANTES:

Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade TOTAL: 1 MULLER.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

23


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 01

Integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas e na administración municipal

ANO 2016 2011ACTIVIDADE:

FORMACIÓN CONTINUA DO PERSOAL TÉCNICO DE IGUALDADE A formación continua para capacitación e mellora do desenvolvemento das funcións da técnica municipal responsable de igualdade durante o ano 2016 foi a seguinte: Asistencia á Xornada Técnica: Intervención con Menores Vítimas de Violencia de Xénero en Santiago de Compostela. DATA: 8 de xuño de 2016. Autorización para asistir ao X Congreso Mundial de Bioética: Las violencias contra las mujeres: aspectos socio-estructurales y legales en Xixón. DATA: 17, 18 e 19 de outubro de 2016.

PROMOVE: PARTICIPANTES:

Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade TOTAL: 1 MULLER.

Acción 6.4. Deseño dun curso específico para o persoal de recente ingreso na administración municipal que inclúa contidos relativos ao conxunto da política municipal de igualdade (Plan de igualdade, estratexia de mainstreaming, programas e intervencións en desenvolvemento, recursos, estruturas e persoal de igualdade, etc.) (Non constan accións) Acción 6.5. Elaboración dunha guía metodolóxica adaptada á realidade da estrutura municipal que sirva de apoio ao persoal técnico-profesional que ten que afrontar procesos específicos de integración da perspectiva de xénero no seu departamento e nas súas políticas públicas. (Non constan accións) Acción 6.6. Campaña de promoción de exercicios de dereitos de conciliación entre o persoal do Concello. (Non constan accións) Acción 6.7. Campaña de sensibilización en igualdade entre mulleres e homes orientada ao persoal do concello e á corporación municipal. (Non constan accións)

24

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas e na administración municipal

Área 01

OBXECTIVO ESPECÍFICO 7 CREAR UNHA ESTRUTURA DE IGUALDADE NO CONCELLO DOTADA DE PERSOAL, RECURSOS E COMPETENCIAS. Acción 7.1. Contratación estable dunha técnica de igualdade. (Non constan accións) Acción 7.2. Dotar dunha partida específica, recollida nos orzamentos municipais, destinada á execución anual das intervencións recollidas no II Plan de igualdade, sen prexuízo de que os distintos departamentos acheguen recursos económicos para as accións en materia de igualdade. TOTAL GASTO POR EXERCICIO NO EIDO DA IGUALDADE E DA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO ANO INVERSIÓN 2010 62.185,20€ 2011 66.812,02€ 2012 52.094,84€ 2013 28.511,29€ 2014 46.567,92€ 2015

37.000€

Acción 7.3. Consolidar de maneira estable os Servizos de Atención á Muller e o Punto de Información á Muller. SERVIZO MUNICIPAL DE ATENCIÓN Á MULLER O Concello de Fene subscribe convenio coa FEMP e o IMSERSO no mes de agosto de 2005 para poder ofrecer o Servizo de Teleasistencia Móbil a Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero (TAM-VG), de xeito totalmente gratuíto. Comezan a atenderse mulleres que solicitan o Servizo de Teleasistencia Móbil ou que veñen demandando axuda ante situacións de violencia de xénero, tanto física como psicolóxica. Tamén mulleres que, polas súas circunstancias, veñen buscando apoio psicolóxico, asesoramento xurídico ante situacións familiares, persoais, etc.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

25


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 01

Integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas e na administración municipal

Ante esta circunstancia, se decide crear o SERVIZO MUNICIPAL DE ATENCIÓN Á MULLER, que non é un Centro de Información ás Mulleres pero que desenvolve moitas das funcións propias del. O obxecto da creación deste Servizo non é outro que o de dar forma e estrutura ao traballo coas mulleres que xa viña realizando o persoal de Servizos Sociais dende hai anos. E é así como se crea oficialmente no mes de marzo de 2006 este novo Servizo Municipal de Atención á Muller (SMAM) A persoa responsábel do Servizo Municipal de Atención da Muller é a Psicóloga de Servizos Sociais. Atende as demandas sen cita previa, dando prioridade aos casos de violencia de xénero. Dependendo da situación ou problemática presentada, é quen fai a derivación ao resto do persoal que conforma o Servizo, a outros recursos non municipais da zona ou xestiona e aplica directamente o recurso máis axeitado. Ademais do descrito anteriormente, ofrécese á muller acompañamento para interpoñer denuncia contra o agresor, tanto á Garda Civil, Policía Local ou Nacional, tamén se acompaña, xunto coa avogada, ao xuízo se así o require a muller. Este feito soe ser moi valorado polas mulleres, que acoden maioritariamente soas e sen apoio familiar ou persoal. A continuación expóñense os datos anuais de atención do SMAM, estes datos reflicten unicamente as mulleres atendidas por problemática relacionada con violencia de xénero, separación, crise, etc. non están contabilizadas as atendidas por outro tipo de demanda:

26

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas e na administración municipal

Área 01

SERVIZO DE ASESORAMENTO XURÍDICO Servizo iniciado en setembro de 1999. Consiste nun servizo de información e asesoramento sobre asuntos relacionados con dereito de familia, menores, violencia machista, malos tratos, separacións, divorcios, discapacidades, etc. atendido por unha avogada. O servizo de asesoramento xurídico xurde a partir da demanda que presentan as familias nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Fene. Hoxe en día, tanto as traballadoras sociais de base como a psicóloga responsable do Servizo Municipal de Atención á Muller, tras entrevista personalizada e valoración, derivan ás familias á asesoría coa avogada. Para o estudo e seguimento de cada situación realízanse reunións de coordinación nas que tamén a avogada fai unha labor de asesoramento ao equipo técnico dos Servizos Sociais. Deste xeito, esta profesional está integrada no equipo multiprofesional permitindo un abordaxe interdisciplinario cando as situacións problema o requiren. No seu comezo este servizo destinouse exclusivamente ás mulleres do termo municipal de Fene. Posteriormente, observando a súa evolución, abriuse a algunha demanda presentada por homes, pois déronse casos nos que ambos proxenitores dunha mesma unidade familiar demandaron asesoramento xurídico respecto a problemáticas familiares. Esta apertura permitiu facer unha labor de mediación nalgunha situación de conflitividade familiar. Non obstante, este servizo é requirido e orientado fundamentalmente ás mulleres. Dende o 1 de xaneiro de 2010 ata o 31 de agosto de 2016, o SMAM atendeu un total de 231 mulleres. A continuación reflíctense graficamente os datos de atención anuais:

*Os datos de 2016 abranguen ata o 31 de agosto.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

27


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 01

Integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas e na administración municipal

O SERVIZO DE TELEASISTENCIA MÓBIL PARA AS VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO O Servizo de Teleasistencia Móbil, para as Vítimas da Violencia de Xénero (TAM-VG) é unha modalidade de servizo que, coa tecnoloxía axeitada, ofrece ás vítimas da violencia de xénero que conten con orde de protección e ou de afastamento, unha atención inmediata e a distancia, asegurando unha resposta rápida ás eventualidades que lles podan sobrevir, as 24 horas do día, os 365 días do ano e sexa cal sexa o lugar no que se atopen. O Servizo basease na utilización de tecnoloxías de comunicación telefónica móbil (GSM) e de telelocalización (GPS). Debe permitir que as mulleres en risco de sufrir violencia de xénero poidan entrar en contacto, ante situacións de emerxencia, cun Centro atendido por persoal especificamente preparado, para dar unha resposta axeitada á crise, ben por se mesmos/as ou mobilizando outros recursos humanos e materiais, propios da usuaria ou existentes na comunidade. O contacto co Centro de Atención pode establecerse en todo momento e dende calquera lugar, tan só premendo un botón e na modalidade de "mans libres". O Servizo non debe limitarse a atender as demandas que ocasionalmente podan suscitar as vítimas da violencia de xénero usuarias do mesmo, senón que tamén ha de contemplar actuacións programadas de carácter preventivo. Por elo, desde o Centro de Atención poderá contactarse periodicamente coas usuarias do servizo, con autorización destas, a fin de facer un seguimento permanente, manter actualizados os seus datos persoais e sociais, comprobar o adecuado funcionamento do sistema e intervir, se as circunstancias o aconsellan. Igualmente, as usuarias poderán comunicarse co Centro de Atención, cando o crean necesario e no só en situacións de crise. As persoas que cumpran os requisitos de acceso poderán solicitar a incorporación ao servizo de Teleasistencia Móbil, no SERVIZO MUNICIPAL DE ATENCIÓN Á MULLER dos Servizos Sociais Municipais. Dende o 1 de xaneiro de 2010 ata o 31 de agosto de 2016, o Servizo de Teleasistencia Móbil atendeu un total de 30 mulleres. Na páxina seguinte reflíctense graficamente os datos de atención anuais.

28

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas e na administración municipal

Área 01

*Os datos de 2016 abranguen ata o 31 de agosto.

Acción 7.4. Constitución dunha Unidade Municipal de Igualdade de Xénero integrada pola técnica de igualdade, unha técnica do departamento municipal de Servizos Sociais, e as persoas responsables do Servizo de Atención á Muller e o Punto de Información á Muller. (Non constan accións) Acción 7.5. Provisión de asistencias técnicas especializadas para a implantación da transversalidade de xénero cando se considere necesaria e tendo en conta os recursos municipais para a política de igualdade. (Non constan accións) OBXECTIVO ESPECÍFICO 8 INCLUÍR PROGRESIVAMENTE A PERSPECTIVA DE XÉNERO NA POLÍTICA DE RECURSOS HUMANOS DO CONCELLO. Acción 8.1. Puntuar nos procesos de acceso e promoción interna a formación en igualdade. (Non constan accións) Acción 8.2. Inclusión nos procesos de selección e nas probas de ingreso de contidos sobre igualdade de xénero e mainstreaming. O Concello de Fene esixe formación en xénero e igualdade a todas as empresas que levan a cabo actividades no Concello. Acción 8.3. Analizar con anterioridade á súa publicación, nas ofertas de emprego público municipal, se os requisitos esixidos ás persoas aspirantes determinan un prexuízo para as mulleres e, no caso de ser así, realizar as valoracións técnicas a cargo de persoal especializado das prazas, coa finalidade de comprobar se eses requisitos son absolutamente necesarios para o desenvolvemento das funcións. Se non o fosen, serán eliminados da oferta pública de emprego. (Non constan accións)

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

29


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 02

Igualdade na vida económica: emprego, formación e conciliación

ÁREA 02: IGUALDADE NA VIDA ECONÓMICA: EMPREGO, FORMACIÓN E CONCILIACIÓN OBXECTIVO XERAL CONTRIBUÍR A UNHA MAIOR IGUALDADE ENTRE AS MULLERES E OS HOMES DE FENE NA VIDA ECONÓMICA PROMOVENDO A DIMINUCIÓN DA PRECARIEDADE, APOIANDO O EMPRENDEMENTO ECONÓMICO FEMININO E MELLORANDO AS CONDICIÓNS DA OFERTA FORMATIVA E DOS SERVIZOS PARA A CONCILIACIÓN. OBXECTIVO ESPECÍFICO 1 INCLUÍR A PERSPECTIVA DE XÉNERO NOS PROCESOS DE ORIENTACIÓN LABORAL. Acción 1.1. Incluír nos temarios dos diferentes seminarios en materia de emprego contidos que fagan visible a participación de homes en ocupacións feminizadas e de mulleres en ocupacións masculinizadas. (Non constan accións) Acción 1.2. Seminarios para a busca de emprego con perspectiva de xénero que potencien a autoestima, a asertividade e as habilidades persoais básicas no desenvolvemento profesional das mulleres en profesións masculinizadas. (Non constan accións) Acción 1.3. Formación e sensibilización sobre perspectiva de xénero para o persoal técnico dos servizos municipais de emprego, promoción económica e formación. (Non constan accións) Acción 1.4. Desenvolvemento dunha campaña que anime as mulleres a participar nos cursos de formación en actividades tradicionalmente masculinizadas. (Non constan accións)

30

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Igualdade na vida económica: emprego, formación e conciliación

Área 02

AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Fene forma parte dunha infraestrutura de servizos, asesoramento e apoio impulsada pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, co obxectivo de contribuír á implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial e xeración de emprego. A través da AEDL municipal préstanse os seguintes servizos: Asesoramento e apoio para a creación de empresas. Acompañamento técnico na iniciación de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira. Orientación no acceso aos mecanismos de axudas e aos apoios financeiros a persoas emprendedoras. Incentivos e axudas para favorecer a creación de emprego. Liñas de financiamento subvencionadas, apoios financeiros e orientación no acceso a créditos e mecanismos de axuda para persoas emprendedoras. Formación para persoas emprendedoras e empresas. Formación para persoas desempregadas. Xestión de ofertas de emprego. Programas de Cooperación. Participación en proxectos da Unión Europea: PRODER II. Asociación Costa Ártabra: Deseño, montaxe e difusión do sendeiro circular. Recuperación senda peonil monte de Marraxón. Promoción do polígono industrial "Vilar do Colo".

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

31


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 02

Igualdade na vida económica: emprego, formación e conciliación

SERVIZO DE INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL O Servizo de Información e Orientación Laboral do Concello de Fene desenvolve as súas accións como Centro Colaborador do Servizo Galego de Colocación e ten como obxectivo o logro da inserción ou mellora laboral, segundo sexa o caso, das persoas usuarias. Desde o Programa de Información Profesional trabállanse os seguintes aspectos: Información as persoas usuarias das actuacións que leva a cabo o Servizo Público de Emprego Tratamento das demandas de emprego Revisión, actualización e modificación de datos no Curriculum do Servizo Galego de Colocación Solicitude de cursos de Formación Ocupacional ACCIÓNS QUE SE LEVAN A CABO DENDE O PROGRAMA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL As accións que se levan a cabo desde o Programa de Orientación Profesional teñen como finalidade establecer actuacións tendentes a adecuar os intereses e motivacións das e dos demandantes á situación actual do mercado de traballo e mellorar a súa ocupabilidade podendo quedar incluídas nos seguintes puntos: - Análise do mercado de traballo - Diagnose de empregrabilidade - Itinerarios de inserción laboral. Elaboración. Revisión - Técnicas de busca de emprego - Información formativa - Información profesional - Información sobre bolsas - Convocatorias públicas de emprego - Directorios de Empresas - Asesoramento sobre anuncios de ofertas, ofertas concretas e autocandidatura

32

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Igualdade na vida económica: emprego, formación e conciliación

Área 02

CRITERIOS BASE POLOS QUE SE RIXE O SERVIZO Os criterios que rexen o funcionamento do servizo son os seguintes: - Mercado laboral na comarca e ocupacións que son máis requiridas. - A dimensión de xénero nos procesos de inserción laboral. - Motivar a persoa demandante de emprego para que se implique de forma activa no deseño e consecución do seu proxecto persoal. - A necesidade dunha cualificación e especialización profesional. - A importancia da formación para acceder a un posto de traballo, tanto a nivel de adquisición dunha profesión como de reciclaxe. - A importancia das habilidades sociais no proceso de busca de emprego e posterior incorporación e mantemento do posto de traballo. ITINERARIOS PERSONALIZADOS DE INSERCIÓN LABORAL A elaboración de Itinerarios Personalizados de Inserción Laboral constitúe unha das accións de orientación laboral que se están a desenvolver coa persoa desempregada. Enténdese como tal o conxunto de actividades secuenciais que a persoa atendida debe percorrer. Desde o servizo trátase de facilitarlle os recursos necesarios para que xestione con autonomía o seu propio proceso de inserción sociolaboral. ACCESO AO SERVIZO O Servizo atende ao colectivo de persoas desempregadas ou en mellora de emprego en xeral en canto a sexo, formación, experiencia profesional e demandantes ou non de primeiro emprego. As vías que se están a seguir para que as e os demandantes coñezan e accedan ao servizo pódense concretar nos seguintes ámbitos: - Servizo Público de Emprego, ou ben a través de axenda do Servizo Galego de Colocación ou ben a través de direccionamento da Oficina de Emprego - Servizos Sociais do Concello de Fene - Entidades de carácter social da comarca - Entidades de carácter sanitario da comarca - Centros de ensino - Solicitude expresa da persoa demandante de emprego

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

33


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 02

Igualdade na vida económica: emprego, formación e conciliación

TABOLEIROS INFORMATIVOS O centro ten a disposición das persoas usuarias dous taboleiros informativos de consulta: - Taboleiro de información formativa dirixida a demandantes de emprego, traballadoras e traballadores en activo e empresariado no que se recolle a oferta pública e privada. - Taboleiro de información laboral no que se plasman artigos do ámbito laboral, ofertas de traballo, principalmente da comarca e empresas que solicitan autocandidaturas. Esta información actualizase semanalmente. PUNTO DE INFORMACIÓN DO SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN Desde o quiosco pódense realizar os seguintes servizos: - Renovación da demanda de emprego mediante a impresión dixital - Acceso as ofertas de emprego en difusión do Servizo Galego de Colocación - Acceso a información sobre Formación Ocupacional: cursos, programación, etc. - Acceso a páxinas web dos diferentes Servizos Públicos de Emprego nacionais e autonómicos. Persoas atendidas polo Servizo de Orientación Laboral Municipal durante os anos de vixencia do II PIOMH:

*Os datos de 2016 abranguen ata o 31 de agosto.

34

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Igualdade na vida económica: emprego, formación e conciliación

Área 02

A continuación expóñense os datos referidos ao Concello de Fene de persoas atendidas dentro do II Plan Galego de Inclusión Social (2007 - 2013) e da actual Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014 - 2020) do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Estes datos foron achegados polo Equipo comarcal de Inclusión de As Pontes, que atende a persoas participantes dos 21 concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, a excepción da cidade de Ferrol. O persoal técnico do Equipo de Inclusión realiza unha intervención individualizada con plan de formación e inserción sociolaboral, orientado a persoas con difícil empregabilidade, e tendo preferencia, entre outros colectivos, as mulleres vítimas de violencia de xénero. Indicar que os datos expostos son relativos aos expedientes que causaron alta durante os anos de vixencia do II PIOMH, aínda que o número de persoas atendidas foi superior, xa que prodúcese a continuidade dos expedientes que foron dados de alta en datas anteriores.

*Os datos de 2016 abranguen ata o 31 de agosto.

No relativo ao número de mulleres vítimas de violencia de xénero, indicar que no intervalo temporal 2010 a 2016 atendéronse 10 mulleres derivadas prioritariamente ao Plan Galego de Inclusión Social (2007 - 2013) e da actual Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014 - 2020) por este motivo.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

35


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 02

Igualdade na vida económica: emprego, formación e conciliación

ASESORAMENTO E APOIO A EMPRENDEDORAS O Concello de Fene presta asesoramento e apoio a persoas emprendedoras, é dicir a todas aquelas persoas que están pensando en crear a súa empresa. Para elo, pon a disposición da cidadanía información completa sobre: As formas xurídicas máis habituais para crear unha empresa. As axudas á creación de empresas. As axudas á contratación. Respecto das axudas á creación de empresas por mulleres, dende o ano 2010 ao 2015 o Concello de Fene difundiu e promocionou a campaña institucional da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia no ámbito do autoemprego feminino: Programa EMEGA.

ÁREA DE FORMACIÓN E EMPREGO PANCHO ALLEGUE No ano 1986 a Comisión de Servizos Sociais planificaba o primeiro proxecto de Escola Ocupacional, da que despois xurdían os primeiros cursos de Formación Ocupacional. No ano 1988 o INEM concedía a categoría de Centro colaborador e homologaba a maior parte das especialidades, creándose a comisión de Formación Ocupacional no organigrama do Concello de Fene. En 1993 a comunidade Autónoma de Galicia asume as funcións e servizos do Estado en materia de xestión da Formación Profesional Ocupacional, sendo dende entón o Concello de Fene Centro Homologado para impartir formación ocupacional. ACCIÓNS FORMATIVAS A continuación expóñense os datos comparativos correspondentes ás accións formativas desenvoltas pola Área de Formación e Emprego, durante o período de tempo de vixencia do II PIOMH ata a actualidade:

36

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 02

Igualdade na vida económica: emprego, formación e conciliación

ANO

ACCIÓN FORMATIVA

HOMES MULLERES TOTAL 22

6

28

8

6

14

13 0

0 8

13 8

0

2

2

CURSO AFD DE PINTOR

15

0

15

CURSO AFD DE TRABALLADOR/A FORESTAL

15

0

15

REDE XIANA 2

18

0

18

CURSO DE PINTOR PARA DESEMPREGADOS

15

0

15

PIE ARTABRIA EMPREGA I

11

17

28

PIE ARTABRIA EMPREGA II

14

14

PROXECTO REDE XIANA 2. ESPECIALIDADE MONTADOR/A DE ESTRUTURAS METÁLICAS.

28

17

1

18

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DE MAQUINARIA FORESTAL. MANEXO PRÁCTICO DE MOTOSERRA E ROZADOIRA

20

1

21

17

5

22

15

6

21

20

8

28

5

4

9

225

78

303

ESCOLA OBRADOIRO V

2010

PROGRAMA DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL: PARTICIPACIÓN NA ESPECIALIDADE EXPERTO EN LIMPEZA DE INMOBLES AULA PERMANENTE EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS REDE XIANA 2. CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA REDE XIANA 2. CURSO DE ACTIVIDADES DE MONITOR DE TEMPO LIBRE

2011

2012

2013

OBRADOIRO DE EMPREGO INICIA. ESPECIALIDADES: - OPERACIÓNS AUXILIARES DE ALBANELERÍA DE FÁBRICA E CUBERTAS. - ACTIVIDADES AUXILIARES E DE APOIO AO BUQUE EN PORTO.

OBRADOIRO DE EMPREGO REINICIA. ESPECIALIDADES:

2014

- ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDINERÍA. - ACTIVIDADES AUXILIARES E DE APOIO AO BUQUE EN PORTO. - ACTIVIDADES AUXILIARES DE AGRICULTURA.

OBRADOIRO DE EMPREGO INICIA. ESPECIALIDADES:

2015

- FÁBRICA E MONTAXE DE INSTALACIÓNS DE TUBARIA INDUSTRIAL. - PINTURA INDUSTRIAL EN CONSTRUCIÓN. - XARDINERÍA.

FORMACIÓN EN PRIMEIROS AUXILIOS TRABALLADORES DO SECTOR AGROGANDEIRO

TOTAL

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

37


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 02

Igualdade na vida económica: emprego, formación e conciliación

OBXECTIVO ESPECÍFICO 2 FOMENTAR A INICIATIVA EMPRESARIAL E DE AUTOEMPREGO FEMININO, CONCENTRANDO OS ESFORZOS DO CONCELLO NAS INICIATIVAS EMPRESARIAIS FEMININAS NOS SECTORES DE TRABALLO ARTESANAL, SERVIZOS AO FOGAR E ATENCIÓN ÁS PERSOAS DEPENDENTES, QUE EN FENE SE VEÑEN DESENVOLVENDO TRADICIONALMENTE DE FORMA IRREGULAR. Acción 2.1. Realizar un estudo sobre a viabilidade da comercialización de produtos artesanais de elaboración maioritariamente feminina. (Non constan accións) Acción 2.2. Desenvolver un programa integral de promoción de iniciativas empresarias de autoemprego nos sectores de traballo artesanal, servizos ao fogar e atención ás persoas dependentes que contemple accións formativas, asesoramento empresarial e axudas económicas. - Formación especializada en xestión empresarial. - Asesoramento e titorización do proceso de creación das iniciativas empresariais que se poidan crear (pequeno viveiro de empresas neste sector). - Axudas e subvencións municipais e xestión municipal doutras axudas. - Programa formativo para a adquisición de habilidades TIC. (Non constan accións)

38

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Igualdade na vida económica: emprego, formación e conciliación

Área 02

Acción 2.3. Desenvolver un programa de promoción da creación dunha empresa de servizos de atención á infancia de Fene que contemple as seguintes accións: - Formación especializada en xestión empresarial. - Asesoramento e titorización do proceso de constitución da empresa. - Programa formativo para a adquisición de habilidades TIC. - Compromiso por parte do concello de garantir á empresa de recente creación a contratación dos seus servizos durante un tempo determinado para a prestación dun servizo público municipal de atención á infancia. (Non constan accións) Acción 2.4. Desenvolver anualmente un curso de asesoramento a outras iniciativas empresariais femininas xerais. ANO 2011 2011ACTIVIDADE: SEMINARIO DE MOTIVACIÓN EMPRENDEDORA BIC Galicia organizou e impartiu un seminario de 3 horas na Casa da Cultura para a difusión da creación de empresas. O obxectivo desta sesión foi achegar ás persoas asistentes á realidade do mundo da empresa, valorizar a figura da empresaria/empresario e analizar o proceso que media entre a motivación, a xeración dunha idea e a súa conversión en empresa, destacando a importancia de elaborar un plano de viabilidade e dando a coñecer as ferramentas e axudas que teñen á súa disposición as persoas emprendedoras galegas. A metodoloxía baseouse nas experiencias do Banco de Proxectos Empresariais de BIC Galicia - IGAPE, unha extensa base con cerca de 200 experiencias de emprendemento galegas. PROMOVE: Concellería de Promoción Económica DATAS: 14 de outubro de 2010. Acción 2.5. Programa formativo en adquisición de habilidades TIC para mulleres demandantes de emprego. (Non constan accións)

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

39


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 02

Igualdade na vida económica: emprego, formación e conciliación

OBXECTIVO ESPECÍFICO 3 PROMOVER O ACCESO Á FORMACIÓN OCUPACIONAL DAS MULLERES CON DIFICULTADES ESPECÍFICAS PARA A SÚA INSERCIÓN LABORAL. Acción 3.1. Analizar a situación formativa e laboral das mulleres de Fene que teñen dificultades específicas para a súa inserción laboral. (Non constan accións) Acción 3.2. Desenvolver actividades formativas específicas para mulleres con dificultades de inserción laboral. ANO 2011 2011ACTIVIDADE: FORMACIÓN EN BUSCA DE EMPREGO: TRABALLAR AQUÍ Obradoiro de busca de emprego dirixido a mulleres inmigrantes extracomunitarias preferentemente vítimas de violencia de xénero. Dita actividade estivo enmarcada dentro das accións a desenvolver en torno ao 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero e foi unha actividade cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Emigración da Presidencia da Xunta de Galicia. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: 28 de novembro de 2011 Acción 3.3. Programa formativo en adquisición de habilidades TIC para mulleres con dificultades específicas para a súa inserción laboral. (Non constan accións) OBXECTIVO ESPECÍFICO 4 DESENVOLVER SERVIZOS QUE CONTRIBÚAN Á CORRESPONSABILIDADE E A CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL, FAMILIAR E LABORAL. Acción 4.1. Promover en colaboración cos centros educativos e as ANPA do Concello a apertura dos centros educativos en horario non lectivo. (Non constan accións)

40

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Igualdade na vida económica: emprego, formación e conciliación

Área 02

Acción 4.2. Desenvolver unha campaña de sensibilización co obxectivo de que os homes asuman maiores responsabilidades no coidado doutras persoas (fillas e fillos e persoas dependentes) exercendo os dereitos que en materia de permisos contempla a normativa vixente. ANO 2010 2011ACTIVIDADE: CAMPAÑA INSTITUCIONAL Durante o ano 2010, o Concello de Fene apoiou a difusión da campaña institucional desenvolta pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia a favor da corresponsabilidade: Podemos. Queremos.

PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade ANO 2014 2011ACTIVIDADE: BEN. ESTAR COIDANDO. GUIA DE APOIO ÁS PERSOAS COIDADORAS NO EIDO DA DEPENDENCIA Dende a Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade preocupándose pola formación, o benestar e o apoio ás persoas coidadoras de persoas dependentes do concello, editou no ano 2014 Ben.Estar Coidando: Guía Básica de Apoio a Persoas Coidadoras non Profesionais, coa que se pretendeu proporcionar unha serie de coñecementos e consellos útiles aos coidadores e coidadoras para, nunha primeira parte aprender a coidarse, e nunha segunda axudar a sobrelevar os coidados e atencións cotiáns a unha persoa dependente. PROMOVE: Área de Benestar e Igualdade DATAS: Ano 2014 Acción 4.3. Promover a creación dun Banco de Tempo Municipal. (Non constan accións)

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

41


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 03

Educación, sensibilización e corresponsabilidade

ÁREA 03: EDUCACIÓN, SENSIBILIZACIÓN E CORRESPONSABILIDADE

OBXECTIVO XERAL AUMENTAR O NIVEL DE SENSIBILIZACIÓN E O INTERESE DA POBOACIÓN FENESA SOBRE A IGUALDADE E CORRESPONSABILIDADE, VISIBILIZANDO E POSITIVANDO OS ROLES TRADICIONALMENTE FEMININOS. OBXECTIVO ESPECÍFICO 1 PROMOVER ENTRE O PERSOAL DO ENSINO UNHA FORMACIÓN DE CALIDADE EN TEMÁTICA DE XÉNERO E CORRESPONSABILIDADE. Acción 1.1. Realización de cursos específicos de coeducación, igualdade e prevención da violencia de xénero, dirixidos ao persoal docente. (Non constan accións) Acción 1.2. Creación dun programa de formación en coeducación dirixido ao persoal xeral dos centros de ensino no que se traballe a eliminación de estereotipos, prexuízos e roles asociados ao sexo. (Non constan accións) Acción 1.3. Elaboración e difusión dunha guía de coeducación de propostas concretas aplicables aos centros de ensino. (Non constan accións) Acción 1.4. Realización dunha campaña de concienciación que faga referencia a que calquera persoa, sexa cal sexa a súa función no ensino, pode influír na educación en igualdade do alumnado dos centros. (Non constan accións) Acción 1.5. Elaboración e difusión dunha guía de linguaxe non sexista específica para o ensino. (Non constan accións)

42

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Educación, sensibilización e corresponsabilidade

Área 03

OBXECTIVO ESPECÍFICO 2 PROMOVER A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES ESPECÍFICAS DE COEDUCACIÓN DIRIXIDAS AO ENSINO E Á SOCIEDADE FENESA EN XERAL. Acción 2.1. Realización nos centros de ensino de actividades escolares específicas de coeducación, igualdade de xénero e corresponsabilidade. ANO 2010 2011ACTIVIDADE:

OBRADOIROS DE EDUCACIÓN EN IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO PARA EDUCACIÓN INFANTIL. CONTACONTOS POLA IGUALDADE Contacontos de sensibilización, concienciación e prevención fronte ao tema da violencia de xénero e a igualdade. Desenvolvéronse 27 sesións, 3 para cada grupo de Educación Infantil dos cinco centros escolares de Fene (CEIP Plurilingüe O Ramo, CEIP Os Casais, CPI A Xunqueira, CEIP de Centieiras e CPR Plurilingüe Jorge Juan) e 2 para cada unha das tres Escolas Infantís do Municipio (Galiña Azul, Garabatos e Jorge Juan)

PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: Do 4 ao 27 de maio de 2010 PARTICIPANTES: 446 nenas e nenos de 2 a 6 anos.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

43


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 03

Educación, sensibilización e corresponsabilidade

2011ACTIVIDADE: OBRADOIROS DE EDUCACIÓN EN IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO PARA EDUCACIÓN PRIMARIA Traballo en aula con contidos de sensibilización, concienciación e prevención fronte ao tema da violencia de xénero e a igualdade co obxectivo de establecer relacións equilibradas, solidarias e construtivas coas persoas, apreciando os valores básicos que rexen a vida e a convivencia humana. Desenvolvéronse tres sesións de dúas horas de duración nun total de 12 grupos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria dos seguintes centros educativos: CEIP Plurilingüe O Ramo, CEIP Os Casais, CPI A Xunqueira e CEIP de Centieiras. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: Do 25 de outubro ao 10 de decembro de 2010 PARTICIPANTES: 257 nenas e nenos de 7 a 12 anos.

2011ACTIVIDADE: PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO PERSOAL PARA ADOLESCENTES: MÁIS CONVIVENCIA, MENOS VIOLENCIA Obradoiros dirixidos ao alumnado de ESO cara a fomentar a resolución pacífica de conflitos e a mediación entre iguais. Total 11 sesións. Adquisición e manexo de técnicas, habilidades sociais e estratexias para a resolución de conflitos de xeito pacífico.

44

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Educación, sensibilización e corresponsabilidade

Área 03

PROMOVE: Plan de prevención de drogodependencias e promoción da saúde. Subvención da Consellería de Sanidade DATAS: Novembro e decembro de 2010 De xaneiro a marzo de 2011 PARTICIPANTES: Alumnado de 1º e 2º de ESO: 142 rapazas e rapaces. Alumnado de PCPI: dous grupos de 15 rapazas e rapaces (13 rapaces e 2 rapazas) Intervencións individualizadas: 17 (7 alumnas e alumnos: 6 rapaces e 1 rapaza) Intervencións coas familias: 6 participantes Avaliación: equipo directivo, orientadora , titor e técnica do concello: 6 participantes. TOTAL: 169 PERSOAS ANO 2012 2011ACTIVIDADE: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: CONTACONTOS PREVINDO A DESIGUALDADE Actividade desenvolta na Praza da Escola da Asociación Veciñal de Perlío, na que se desenvolveu un espectáculo lúdico e interactivo de contos para a poboación infantil e as súas familias. O espectáculo desenvolveuno a actriz e contacontos Raquel Queizás e consistiu nunha serie de contos, actuacións e interpretacións na liña do fomento da igualdade, a corresponsabilidade e a visibilización de comportamentos sexistas e machistas cara a prevención da violencia de xénero. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: 11 de marzo de 2012 PARTICIPANTES: 130 persoas de todas as idades.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

45


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 03

Educación, sensibilización e corresponsabilidade

ANO 2013 2011ACTIVIDADE: OBRADOIROS DE EDUCACIÓN EN IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO PARA EDUCACIÓN INFANTIL. CONTACONTOS POLA IGUALDADE Contacontos de sensibilización, concienciación e prevención fronte ao tema da violencia de xénero e a igualdade. O reparto das tarefas domésticas, a corresponsabilidade e a coeducación, a eliminación dos estereotipos de xénero, entre outros foron os obxectivos e o groso das actuacións desta edición. Desenvolvéronse 30 sesións para o alumnado de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe O Ramo, CEIP Os Casais, CPI A Xunqueira, CEIP de Centieiras, CPR Plurilingüe Jorge Juan e a EI A Galiña Azul. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: Do 1 ao 29 de maio de 2013 PARTICIPANTES: 371 nenas e nenos de 2 a 5 anos.

2011ACTIVIDADE: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: TARDES IN FENE: OBRADOIRO GÚSTASME MOITO In Fene créase co obxectivo de ofrecer a mocidade unha serie de actividades de lecer para as tardes dos venres nun intento de que as rapazas e rapaces pasen un momento agradable e divertido coa súa xente e con outras mozas e mozos. Nesta ocasión, con motivo do Día Internacional da Muller,, os rapaces e rapazas de entre 12 e 14 anos participantes do programa, puideron participar nun obradoiro especial 8 de marzo sobre afectividade, Gústasme moito, desenvolveuse de 17:30 a 19:30 na AVV.de Perlío.

46

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Educación, sensibilización e corresponsabilidade

Área 03

PROMOVE: Servizos Sociais. Subvención Deputación da Coruña. DATAS: 8 de marzo PARTICIPANTES: 15 rapazas e rapaces ANO 2014 2011ACTIVIDADE: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: DE PEQUES A MAIORES OCIO XUVENIL: MIRADA NOVA. PRESENTACIÓN E PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL CONTAMOS Traballo audiovisual realizado integramente en Fene polos rapaces e rapazas do Programa de Ocio Xuvenil. Adolescentes guionistas, presentadores e presentadoras, enquisadoras e enquisadores, etc. Todo un reto que quedou plasmado no documental Contamos. No documental analízase, dende á súa perspectiva xuvenil, entrevistas e enquisas de rúa realizadas a persoas anónimas, a persoal político e técnico do concello, ás forzas de seguridade, ao clero, etc. sobre temas de actualidade que preocupan á mocidade como son: a crise, as drogas, as relacións sexuais, o seu trato cos maiores e iguais, a igualdade, as redes sociais, etc. PROMOVE: Servizos Sociais. Subvención Deputación da Coruña. DATAS: 14 de marzo PARTICIPANTES: 52 Rapazas e rapaces Participantes na elaboración directa do documental: 12 participantes (8 rapazas e 4 rapaces) Acción 2.2. Realización de obradoiros de nais e pais nos que se traballen as temáticas de educación non sexista, relacións afectivo – sexuais, prevención da violencia de xénero e reparto de responsabilidades. PROGRAMA DE PEQUES A MAIORES O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade e subvencionado pola Deputación da Coruña, leva a cabo o proxecto De peques a maiores: compartindo espazos, no que se enmarca o programa de ESPAZOS FAMILIARES, que consta de dous espazos de intervención:

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

47


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 03

Educación, sensibilización e corresponsabilidade

A. ESPAZOS COMPARTIDOS, constituídos por familias con fillas e fillos en educación primaria. A convocatoria desenvolvese en grupos reducidos nos centros educativos de referencia. B. SUMA E SEGUE, dirixidos a familias con fillas e fillos en educación secundaria e á poboación en xeral. A finalidade das sesións dos ESPAZOS FAMILIARES foron: 1. Ofrecer ás familias un espazo de intercambio, diálogo e reflexión. 2. Proporcionar ás familias ferramentas para intervir sobre a desmotivación, fracaso ou absentismo escolar de seus fillos e fillas. 3. Establecer unha vía de conexión entre as familias, a escola e os servizos do concello. 4. Mellorar a comunicación e as pautas de resolución de conflitos dentro das familias participantes. 5. Dar a coñecer estratexias positivas e eficaces na educación dos seus fillos e fillas. 6. Posibilitar a consulta individual. ANO 2013-2014 2011ACTIVIDADE: PROGRAMA DE PEQUES A MAIORES: ESPAZOS COMPARTIDOS Os temas a tratar durante o curso 2013 - 2014 foron o papel da familia no estudo, aprendizaxe e no crecemento dos nenos e nenas, así como no seguimento dentro dos grupos. PROMOVE: Servizos Sociais. Subvención Deputación da Coruña. DATAS: Curso académico 2013 – 2014 PARTICIPANTES: 59 persoas 2011ACTIVIDADE: PROGRAMA DE PEQUES A MAIORES: SUMA E SEGUE PROMOVE: Servizos Sociais. Subvención Deputación da Coruña. DATAS: Curso académico 2013 – 2014 PARTICIPANTES: 45 persoas

48

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Educación, sensibilización e corresponsabilidade

Área 03

ANO 2014-2015 2011ACTIVIDADE: PROGRAMA DE PEQUES A MAIORES: ESPAZOS COMPARTIDOS Os temas a tratar durante o curso 2014 - 2015 foron: - Diferenza entre educar e castigar e os distintos estilos educativos que ten a familia. - Como educar para o uso responsable das novas tecnoloxías. - Fomento de hábitos correctos de estudo, técnicas e métodos de estudo, organización, recursos educativos, como axudar guiar aos fillos e fillas nos deberes para a casa PROMOVE: Servizos Sociais. Subvención Deputación da Coruña. DATAS: Curso académico 2014 – 2015 PARTICIPANTES: 57 persoas 2011ACTIVIDADE: PROGRAMA DE PEQUES A MAIORES: SUMA E SEGUE PROMOVE: Servizos Sociais. Subvención Deputación da Coruña. DATAS: Curso académico 2015 – 2016 PARTICIPANTES: 36 persoas ANO 2015-2016 2011ACTIVIDADE: PROGRAMA DE PEQUES A MAIORES: ESPAZOS FAMILIARES Durante a segunda sesión do programa no curso 20152016, traballouse sobre: Xénero e educación: o valor da igualdade. PROMOVE: Servizos Sociais. Subvención Deputación da Coruña. DATAS: Curso académico 2015 – 2015 PARTICIPANTES: 36 persoas Acción 2.3. Realización de actividades abertas sobre coeducación e corresponsabilidade no fogar nos que poidan participar as familias no seu conxunto. (Non constan accións)

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

49


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 03

Educación, sensibilización e corresponsabilidade

Acción 2.4. Realización dunha campaña de sensibilización sobre a necesidade de traballar a igualdade tanto nos centros de ensino como nos fogares, xa antes de que as nenas e nenos vaian á escola. ANO 2010 2011ACTIVIDADE: CAMPAÑA INSTITUCIONAL

O Concello de Fene apoiou a difusión da campaña institucional de coeducación desenvolta pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para un uso non sexista dos xoguetes.

PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade ANO 2011 2011ACTIVIDADE: CAMPAÑA DE FOMENTO DA CORRESPONSABILIDADE NO EIDO EDUCATIVO, FAMILIAR E SOCIAL Elaboración e distribución da guía “ESPAZOS PARA EDUCAR EN IGUALDADE. GUÍA PRÁCTICA PARA NAIS E PAIS” Elaboración e distribución de material publicitario da campaña: bolsas, bragas polares, forros polares e fotos.

PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: 25 de novembro de 2011 PARTICIPANTES: 1.000 exemplares distribuídos.

50

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Educación, sensibilización e corresponsabilidade

Área 03

Acción 2.5. Recollida de propostas das ANPA, dos centros de ensino e das asociacións, para a realización de actividades sobre coeducación e igualdade que impliquen o resto da sociedade. Posteriormente as propostas terán que ser valoradas, e as viables, levadas a cabo. (Non constan accións) OBXECTIVO ESPECÍFICO 3 PROMOVER ACTITUDES DE TOLERANCIA, RESPECTO E REFLEXIÓN ENTRE A SOCIEDADE FENESA, FACENDO ESPECIAL FINCAPÉ NOS COLECTIVOS DE INFANCIA E XUVENTUDE. Acción 3.1. Realización de campañas dirixidas ao fomento do cambio de relacións de xénero e formación na autonomía persoal, como base da erradicación das diferenzas de xénero. ANO 2010 2011ACTIVIDADE: CAMPAÑAS INSTITUCIONAIS O Concello de Fene apoiou a difusión das diferentes campañas institucionais desenvoltas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia con motivo da conmemoración do: 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

15 DE OUTUBRO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER RURAL

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

51


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 03

Educación, sensibilización e corresponsabilidade

23 DE SEPTIEMBRE E 8 DE OUTUBRO: CONTRA EXPLOTACIÓN SEXUAL E TRATA DE PERSOAS

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade

52

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Educación, sensibilización e corresponsabilidade

Área 03

ANO 2011 2011ACTIVIDADE: CAMPAÑAS INSTITUCIONAIS O Concello de Fene apoiou a difusión das diferentes campañas institucionais desenvoltas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia con motivo da conmemoración do: 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

23 DE SETEMBRO, DÍA INTERNACIONAL EN CONTRA DA EXPLOTACIÓN E TRATA DE MULLERES E NENAS

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

53


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 03

Educación, sensibilización e corresponsabilidade

ANO 2012 2011ACTIVIDADE: CAMPAÑAS INSTITUCIONAIS O Concello de Fene apoiou a difusión das diferentes campañas institucionais desenvoltas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia con motivo da conmemoración do: 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

18 DE OUTUBRO: DÍA EUROPEO CONTRA A TRATA DE SERES HUMANOS

23 DE SETEMBRO, DÍA INTERNACIONAL EN CONTRA DA EXPLOTACIÓN E TRATA DE MULLERES E NENAS

54

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Educación, sensibilización e corresponsabilidade

Área 03

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade ANO 2013 2011ACTIVIDADE: CAMPAÑAS INSTITUCIONAIS Durante o ano 2013 o Concello de Fene apoiou a difusión das diferentes campañas institucionais desenvoltas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia con motivo da conmemoración do: 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

18 DE OUTUBRO: DÍA EUROPEO CONTRA A TRATA DE SERES HUMANOS

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

55


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 03

Educación, sensibilización e corresponsabilidade

23 DE SETEMBRO, DÍA INTERNACIONAL EN CONTRA DA EXPLOTACIÓN E TRATA DE MULLERES E NENAS

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade 2011ACTIVIDADE: CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO: HAY SALIDA Adhesión á Campaña de sensibilización en materia de violencia de xénero da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad:

PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade

56

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Educación, sensibilización e corresponsabilidade

Área 03

ANO 2014 2011ACTIVIDADE: CAMPAÑAS INSTITUCIONAIS O Concello de Fene apoiou a difusión das diferentes campañas institucionais desenvoltas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia con motivo da conmemoración do: 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

18 DE OUTUBRO: DÍA EUROPEO CONTRA A TRATA DE SERES HUMANOS

23 DE SETEMBRO, DÍA INTERNACIONAL EN CONTRA DA EXPLOTACIÓN E TRATA DE MULLERES E NENAS

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

57


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 03

Educación, sensibilización e corresponsabilidade

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade ANO 2015 2011ACTIVIDADE: CAMPAÑAS INSTITUCIONAIS O Concello de Fene apoiou a difusión das diferentes campañas institucionais desenvoltas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia con motivo da conmemoración do: 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

18 DE OUTUBRO: DÍA EUROPEO CONTRA A TRATA DE SERES HUMANOS

PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade

58

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Educación, sensibilización e corresponsabilidade

Área 03

Acción 3.2. Formación en técnicas de fomento da autonomía persoal dirixida a todas aquelas persoas que traballen con infancia e xuventude. (Non constan accións) OBXECTIVO ESPECÍFICO 4 AFIANZAR NAS ESCOLAS OS OBXECTIVOS DA COEDUCACIÓN E VISIBILIZAR A PRESENZA DOS CONTIDOS COEDUCATIVOS DOS PROXECTOS EDUCATIVOS DOS CENTROS. Acción 4.1. Incorporación de contidos específicos de coeducación en todos os niveis educativos, dentro da xornada escolar, xa sexa de forma transversal, xa mediante obradoiros ou actividades específicas. (Non constan accións) Acción 4.2. Desenvolvemento de campañas sobre igualdade nos centros de ensino, nas que o alumnado teña unha participación activa. (Non constan accións) Acción 4.3. Comunicación ás familias das actividades de coeducación e corresponsabilidade que se leven a cabo nos centros de ensino. (Non constan accións) Acción 4.4. Recompilación das propostas coas que os centros de ensino traballan os contidos sobre igualdade, para a posterior realización dunha publicación que sirva como difusión das actividades e guía de boas prácticas. (Non constan accións) Acción 4.5. Realización dun concurso de propostas de innovación en materia de igualdade na que participe o profesorado de todos os centros do concello. (Non constan accións)

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

59


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 03

Educación, sensibilización e corresponsabilidade

OBXECTIVO ESPECÍFICO 5 FOMENTAR A VISIÓN DE XÉNERO NO DESEÑO E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES PÚBLICAS. Acción 5.1. Formación específica en temática de xénero para todo o persoal do concello encargado da planificación, implantación e dinamización de actividades públicas e de participación cidadá. Esta acción non se desenvolveu na súa totalidade, posto que a formación específica en temática de xénero non se estendeu a todo o persoal municipal encargado de planificación, implantación e dinamización de actividades publicas e de participación cidadá, se non que esta formación so beneficiou á técnica responsable do Servizo Municipal de Atención á Muller (formación especificada na Acción 6.2. da Área 1) Acción 5.2. Reforzo da sensibilización do tecido asociativo e empresarial en temática de xénero, mediante campañas especificamente dirixidas a estas entidades. (Non constan accións) Acción 5.3. Realización dunha campaña para o fomento da igualdade de xénero na vida cotiá da sociedade fenesa. (Non constan accións) Acción 5.4. Incorporación da visión de xénero nas actividades de participación cidadá. A perspectiva de xénero contemplase en todas as actividades municipais.

60

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

Área 04

ÁREA 04: EMPODERAMENTO. PARTICIPACIÓN POLÍTICA E SOCIAL, CULTURA, LECER E DEPORTE OBXECTIVO XERAL FOMENTAR O EMPODERAMENTO DAS MULLERES E A SÚA PARTICIPACIÓN ACTIVA EN TODOS OS ÁMBITOS POLÍTICOS E SOCIAIS, COMO EXERCICIO DOS DEREITOS DE CIDADANÍA. OBXECTIVO ESPECÍFICO 1 REFORZAR O TECIDO ASOCIATIVO FEMININO DE FENE E AS ENTIDADES QUE TRABALLAN POLA IGUALDADE. Acción 1.1. Realizar unha diagnose sobre o grao de participación política e social das mulleres e a súa presenza nos procesos de toma de decisións e as estruturas de poder. (Non constan accións) Acción 1.2. Reconstituír o Consello Municipal da Muller dinamizando o seu funcionamento. (Non constan accións) Acción 1.3. Garantir a presenza de asociacións de mulleres nos órganos consultivos e de participación cidadá do concello. (Non constan accións) Acción 1.4. Compromiso por parte do concello de establecer canles de información, comunicación e consulta do asociacionismo feminino nos procesos de deseño, implementación e avaliación de todas as políticas públicas municipais. (Non constan accións) Acción 1.5. Desenvolver desde o concello unha liña de axudas para as entidades de Fene que traballan pola igualdade. (Non constan accións) Acción 1.6. Impulsar desde o concello a creación dunha Rede Municipal de Entidades pola Igualdade. (Non constan accións)

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

61


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 04

Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

Acción 1.7. Facilitar desde o concello apoio técnico para o deseño e desenvolvemento de proxectos e accións pola igualdade que leven a cabo o tecido asociativo feminino de Fene e as entidades que traballan pola igualdade. 2011ACTIVIDADE: COLABORACIÓN EN ACTIVIDADES E CESIÓN DE LOCAL Á MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES Colaboración en actividades no eido da igualdade e da erradicación da violencia de xénero. Cesión de local para a asociación e colaboración en gastos. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS:

Anos 2010, 2011, 2013, 2014, 2015 e 2016.

2011ACTIVIDADE: COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN POR + VIDA NA CARREIRA SOLIDARIA DA MULLER O Concello de Fene, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, colabora coa Asociación Por + Vida na organización, difusión e traslado de participantes á Carreira da Muller de A Coruña. A Carreira da Muller trátase dun evento de carácter deportivo e lúdico que se celebra anualmente para apoiar a loita contra o cancro de mama.

PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade

62

DATAS:

21 de setembro de 2014. 20 de setembro de 2015 18 de setembro de 2016

PARTICIPANTES:

Ano 2014: 134 mulleres. Ano 2015: 164 mulleres. Ano 2016: 156 mulleres.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

Área 04

Acción 1.8. Ligar o Programa de Voluntariado do concello coas accións que o tecido asociativo de Fene poida levar a cabo en materia de igualdade. (Non constan accións) OBXECTIVO ESPECÍFICO 2 FOMENTAR A PROGRESIVA INCLUSIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NO CONXUNTO DO TECIDO ASOCIATIVO DE FENE. Acción 2.1. Promover a creación de vogalías ou áreas da muller ou da igualdade nas asociacións veciñais, sociocomunitarias, etc. mixtas. (Non constan accións) Acción 2.2. Deseñar e desenvolver un programa formativo en igualdade para as entidades de Fene. (Non constan accións) Acción 2.3. Deseñar e desenvolver un programa de sensibilización en igualdade para as entidades de Fene. (Non constan accións) Acción 2.4. Desenvolver desde o concello unha liña de axudas para as entidades de Fene que leven a cabo actividades en clave de xénero ou orientadas á inclusión da perspectiva de xénero na súa estrutura ou actividades. (Non constan accións) Acción 2.5. Facilitar desde o concello apoio técnico para o deseño e desenvolvemento de proxectos e accións pola igualdade que leven a cabo as entidades de Fene. (Non constan accións) OBXECTIVO ESPECÍFICO 3 DESENVOLVER UN PROGRAMA DE ACCIÓNS ORIENTADO Á ADQUISICIÓN DE EMPODERAMENTO POR PARTE DAS MULLERES DO CONCELLO. Acción 3.1. Deseñar e desenvolver un programa formativo para a capacitación das mulleres que ocupan postos de responsabilidade: liderado, habilidades sociais en mundos masculinizados, estratexias de negociación, etc. (Non constan accións)

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

63


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 04

Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

Acción 3.2. Deseñar e desenvolver accións formativas e sensibilizadoras de educación cívico-política orientada a facilitar os coñecementos e habilidades para un exercicio completo e activo dos dereitos de cidadanía. (Non constan accións) Acción 3.3. Deseñar e desenvolver accións formativas para a adquisición de habilidades básicas TIC. (Non constan accións) OBXECTIVO ESPECÍFICO 4 ABRIR UNHA LIÑA DE TRABALLO POLA IGUALDADE ORIENTADA AOS HOMES DO CONCELLO. Acción 4.1. Promover o voluntariado e a participación dos homes nas entidades ou ámbitos moi feminizados. (Non constan accións) Acción 4.2. Deseñar e desenvolver seminarios formativos mixtos que teñan como eixo temático a diversidade do contido do rol de xénero. (Non constan accións) Acción 4.3. Impulsar desde o concello a creación de asociacións de homes pola igualdade. (Non constan accións) OBXECTIVO ESPECÍFICO 5 FOMENTAR A PROGRESIVA INCLUSIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA POLÍTICA DE CULTURA E LECER DO CONCELLO. Acción 5.1. Realizar e manter estatísticas que inclúan a variable sexo e que capturen información cuantitativa e cualitativa sobre a participación das mulleres nas actividades culturais e de lecer programadas desde o concello. (Non constan accións) Acción 5.2. Elaborar unha pequena guía metodolóxica que facilite a inclusión da perspectiva de xénero nas actividades culturais e de lecer programadas desde o concello. (Non constan accións)

64

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

Área 04

Acción 5.3. Dar continuidade á programación cultural e de lecer do concello que xa incorpora a perspectiva de xénero. (Non constan accións) Acción 5.4. Aumentar os fondos bibliográficos, audiovisuais e documentais sobre a temática de igualdade e xénero na biblioteca municipal. (Non constan accións) Acción 5.5. Difundir a obra de artistas, artesás, creadoras, escritoras, etc. de Fene. ANO 2010 2011ACTIVIDADE: ACTIVIDADES 8 DE MARZO: X MARATÓN DE LECTURA FENE LENDO MULLERES Por décimo ano consecutivo, organizouse o Maratón de Lectura Fene Lendo Mulleres. Actividade que se desenvolve na Biblioteca Municipal de Fene en dúas partes: Xornada de mañá de 9:00 h a 14:00 h. Inauguración coa lectura do Manifesto 2010 do Día da Muller Traballadora a cargo da fenesá Dulce Mª López Rivera e comezo do X maratón de lectura. O maratón de lectura é una actividade protagonizada polo alumnado e profesorado dos centros escolares de Fene, na que se da lectura ininterrompida a textos escritos por mulleres, ou mesmo outros textos que o alumnado participante traballou previamente nas aulas, elaborados por eles e coa colaboración do profesorado. Xornada de tarde, de 16:30 h a 19:30 h. Protagonizada pola poboación adulta de Fene e bisbarra que voluntariamente participou na lectura de textos escritos por mulleres ou mesmo creados polas persoas participantes. Unha vez rematado e clausurado o X Maratón, coa lectura do Manifesto por parte da propia autora Dulce Mª López Rivera, ás 19:30 horas comezou o espectáculo Palabras de Muller realizado e protagonizado por Charo Pita.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

65


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 04

Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

Espectáculo Palabras de Muller, ás 19.30 h. Actividade de contacontos para a poboación adulta. Espectáculo de historias, fábulas posibles e imposibles que inventan día a día os ritos máis fantásticos de cortexo, apareamento, traballo, convivencia. Desde o mundo das nosas bisavoas sometidas á tiranía da emigración e dunha sociedade fechada que as ataba ao home, ata a tarefa da muller de hoxe quen, dividida entre o doméstico, e o laboral, esquécese a si mesma, todas, heroínas anónimas, configuran o perfil do feminino, outra forma de ser, sentir e estar no universo. O espectáculo Palabras de Muller estivo subvencionado pola Xunta de Galicia dentro do programa Letras Vivas Animación. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: PARTICIPANTES:

66

8 de Marzo TOTAL: 300 alumnas e alumnos e 30 mulleres.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

Área 04

ANO 2011 2011ACTIVIDADE: ACTIVIDADES 8 DE MARZO: XI MARATÓN DE LECTURA FENE LENDO MULLERES

O 18 de marzo e por undécimo ano consecutivo, desenvolveuse o maratón de lectura Fene Lendo Mulleres, actividade desenvolvida con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora, na Biblioteca Municipal de Fene, en dúas partes: De 9:00 h a 14:00 h, inauguración e apertura coa lectura por parte da Concelleira de Benestar e Igualdade do manifesto do Día da Muller Traballadora, realizado este ano por Pilar Sampedro. Posteriormente deuse paso a actividade en si, protagonizada polo alumnado e profesorado dos centros escolares consiste na lectura ininterrompida de textos escritos por mulleres ou outros textos que trouxo o alumnado dos centros escolares. O XI maratón de lectura foi retransmitido en directo por Radio Fene. A xornada de tarde, de 16:30 h. a 20.00 h, estivo protagonizada pola poboación adulta de Fene e bisbarra que voluntariamente participou na lectura de textos escritos por mulleres. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS:

18 de Marzo

PARTICIPANTES: TOTAL: 300 alumnas e alumnos e 30 mulleres.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

67


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 04

Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

ANO 2012 2011ACTIVIDADE: ACTIVIDADES 8 DE MARZO: XII MARATÓN DE LECTURA FENE LENDO MULLERES

Este ano a actividade desenvolveuse só de mañá, coa participación do persoal docente, do alumnado dos centros escolares de Fene e do alumnado do taller ocupacional que ten a Asociación ASPANEPS en Perlío. O programa foi o seguinte: 9:15 h: Inauguración a cargo da Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade e lectura do Manifesto do Día da Muller Traballadora deste ano por parte da súa autora: Mercedes Vélez Vázquez, veciña de Fene, mestra de profesión, afeccionada á lectura, literatura e escritura e merecedora de varios premios literarios neste eido. Deste xeito continuouse na liña de dar visibilidade a mulleres anónimas de Fene e bisbarra que de xeito desinteresado achegaron un cacho da súa sabedoría e do seu arte literario. De 9:30 h. a 14:00 h. deuse paso a actividade en si, protagonizada polo alumnado e profesorado dos centros escolares e do taller ocupacional de ASPANEPS. Consistiu na lectura ininterrompida de textos escritos por mulleres, ou mesmo outros textos que o alumnado traballou nas aulas, elaborados por eles e coa colaboración do profesorado, sempre na liña do fomento da igualdade, da coeducación e da corresponsabilidade. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS:

68

8 de Marzo

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

Área 04

PARTICIPANTES:

ANO 2013 2011ACTIVIDADE: ACTIVIDADES 8 DE MARZO: XIII MARATÓN DE LECTURA FENE LENDO MULLERES

Un ano máis, a Concellería de Servizos Sociais, a través do Servizo de Atención á Muller do Centro Municipal de Servizos Sociais en colaboración coa Biblioteca Municipal Xosé María Pérez Parallé, conmemorou o 8 de marzo Día Internacional da Muller Traballadora. Na xornada da mañá tivo lugar o XIII Maratón de Lectura Fene Lendo Mulleres, unha actividade aberta ás familias e ao público en xeral có seguinte programa: 9:15 h: Inauguración a cargo da Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade e lectura do Manifesto do 8 de marzo polas súas autoras: As primeiras mulleres concelleiras de Fene da primeira corporación democrática (1979-1983): Marisol Peña Adeja, Mª Elena Buyo Naveiras e Mª Isabel Pereira Basoa. 9:30 a 14:30 h: Lectura ininterrompida de textos escritos por mulleres ou que tratan o tema da igualdade a cargo do alumnado dos centros escolares de Fene e do centro ocupacional de ASPANEPS, traballados previamente en aula.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

69


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 04

Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

Na xornada da tarde, desenvolveuse a Mesa Redonda A muller na política municipal de Fene nos anos 80, tertuliadebate a cargo das primeiras mulleres concelleiras de Fene durante a década dos anos 80: 1ª corporación: 1979-1983: Marisol Peña Adeja – Mª Elena Buyo Naveiras - Mª Isabel Pereira Basoa 2ª corporación: 1983-1987: Mª Carmen Feal Rey – María Sánchez Andrade 3ª corporación: 1987-1991: Pilar Vázquez Neira Este espazo serviu para compartir experiencias, lembrar acontecementos, falar sobre os cambios e o papel da muller na política municipal, no eido asociativo, etc. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS:

8 de Marzo

PARTICIPANTES:

70

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

Área 04

ANO 2014 2011ACTIVIDADE: ACTIVIDADES 8 DE MARZO: XIV MARATÓN DE LECTURA FENE LENDO MULLERES

Este ano o Manifesto do 8 de marzo realizárono Elena Ponte Prado, Patroa Maior da Confraría de Barallobre dende o ano 2013 e Marisol Arnoso Barro Patroa da Confraría de Barallobre anos 2000 a 2006. As actividades desenvoltas nesta ocasión foron: 7 DE MARZO: MESA REDONDA - HOMENAXE Á MULLER MARISCADORA Acto de recoñecemento ao labor e o esforzo das mulleres mariscadoras de Fene, onde se falou cun grupo representativo de mulleres da Confraría de Barallobre que fixeron e seguen facendo historia nun mundo que foi principalmente masculino. A historia, os logros, o posicionamento da muller nos postos de responsabilidade, o recoñecemento da valía profesional, os primeiros comezos, o momento actual, etc. 10 DE MARZO: XIV MARATÓN DE LECTURA FENE LENDO MULLERES 09:00 h.: Inauguración a cargo da Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade e lectura do Manifesto do 8 de marzo polas súas autoras: Elena Ponte Prado e Marisol Arnoso Barro. 9:10 h. a 14:00 h: Lectura ininterrompida de textos escritos por mulleres que tratan o tema da igualdade a cargo do alumnado dos centros escolares de Fene e do centro ocupacional de ASPANEPS en Fene.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

71


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 04

Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

11 DE MARZO: CHARLA NA ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA. A SITUACIÓN DAS MULLERES NO MOMENTO ACTUAL Análise e debate sobre o retroceso nos dereitos adquiridos polas mulleres e a repercusión que está provocando a crise económica na situación laboral, persoal, social e familiar das mulleres. Falarase tamén da responsabilidade social ante o grave número de asasinatos machistas no noso país. A importancia da educación como factor de prevención cara a eliminación da violencia contra as mulleres. Impartida por Eva Sayago Martínez, psicóloga e Mª José Paz Rodríguez, pedagoga, traballadoras do Centro Municipal de Servicios Sociais. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS:

7, 10 e 11 de marzo

PARTICIPANTES:

72

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

Área 04

ANO 2015 2011ACTIVIDADE: ACTIVIDADES 8 DE MARZO: XV MARATÓN DE LECTURA FENE LENDO MULLERES

O Alcalde de Fene, inaugurou xunto á Concelleira de Igualdade o Maratón de Lectura Fene Lendo Mulleres Un maratón, celebrado no Salón de Actos da Casa da Cultura, no que tomaron parte escolares dos centros de ensino do municipio durante toda a mañá. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS:

6 de marzo

PARTICIPANTES:

2011ACTIVIDADE: ACTIVIDADES 8 DE MARZO Pola tarde, ás 19 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura, o Concello organizaba a Mesa redonda Recoñecemento ás mulleres da Historia galega. Un acto de recoñecemento á forza e á loita de mulleres veciñas de Fene, que falaron sobre o seu “camiño percorrido” cargado de vivencias e marcado polas diferentes etapas sociais e políticas da historia do país. Os recordos da infancia, a evolución das súas vidas

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

73


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 04

Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

e os logros conseguidos, son dignos de recoñecemento para estas valentes rapazas, hoxe mulleres, que escribiron historia e mereceron que a súa voz fora escoitada. Participaron no mesmo: Flora Dorado (de Perlío); María do Carmen Hermida (San Valentín); Olimpia Barcia (Fene); Fina Allegue (Sillobre); Carmen Calvo (Sillobre) e Marina Seco Padín (Sillobre). PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: PARTICIPANTES:

6 de marzo TOTAL: 48 persoas. 36 mulleres e 12 homes.

ANO 2016 2011ACTIVIDADE: ACTIVIDADES 8 DE MARZO: XVI MARATÓN DE LECTURA FENE LENDO MULLERES O martes 8 de marzo, Día Internacional da Muller en horario de 9:00h a 14:00h a Biblioteca Municipal de Fene acolleu o XVI Maratón de Lectura Fene Lendo Mulleres. Para a elaboración do Manifesto do 8 de marzo este ano contouse coa colaboración da deputada Mónica Fernández Rodríguez, natural e residente en Fene. Muller implicada no movemento social e cultural de Fene, traballando activamente na Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA da que é socia e membro da directiva. Participaron neste acto os centros escolares de Centieiras, A Xunqueira, Os Casais, O Ramo, IES Fene, Jorge Juan e o alumnado dos obradoiros ocupacionais de ASPANEPS Fene. Cada un destes centros, a través do seu alumnado, traballou textos escritos por mulleres ou textos de elaboración propia que foron lidos por escolares designados nas aulas entre as compañeiras e compañeiros. A temática xirou en torno ao eido da igualdade entre homes e mulleres e/ou a visibilización da muller. As lecturas foron retransmitidas en Radio Fusión – Radio Fene nos días posteriores ao maratón, nun espazo que cada día ocupou un centro escolar.

74

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

Área 04

PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS:

8 de marzo

PARTICIPANTES:

OUTRAS ACTIVIDADES EDUCATIVAS, CULTURAIS E DE LECER DO CONCELLO DE FENE IN FENE O Concello de Fene dende a Área de Servizos Sociais, Igualdade e Educación, leva a cabo o programa De Peques a Maiores: Compartindo Espazos, no que se enmarca o programa de ocio xuvenil IN FENE subvencionado pola Deputación da Coruña. IN FENE créase co obxectivo de ofrecer á mocidade unha serie de actividades de lecer para as tardes nun intento de que as mozas e mozos participantes pasen un momento agradable e divertido coa súa xente. As actividades desenvólvense na tarde de dous venres de cada mes. A media de participación foi de 15 rapazas e rapaces. ESPAZOS EDUCATIVOS O Concello de Fene dende a Área de Servizos Sociais, Igualdade e Educación, leva a cabo o programa De Peques a Maiores: Compartindo Espazos, no que se enmarcan os ESPAZOS EDUCATIVOS, programa subvencionado pola Deputación da Coruña. Estes espazos teñen como obxectivo adquirir ferramentas necesarias para o estudio e o desenvolvemento persoal, potenciando as habilidades persoais e reforzando habilidades instrumentais básicas. Todo isto utilizando o xogo, a creatividade, concentración, atención, lectura, comprensión, etc. As sesións están destinadas ao alumnado de 6 a 12 anos.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

75


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 04

Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

SUMA E SEGUE O Concello de Fene dende a Área de Servizos Sociais, Igualdade e Educación, leva a cabo o programa De Peques a Maiores: Compartindo Espazos, no que se enmarca SUMA E SEGUE, subvencionado pola Deputación da Coruña. SUMA E SEGUE é un programa de apoio escolar, baseado na motivación e adestramento de técnicas que facilitan o estudo, potenciando as habilidades persoais, xestión do tempo, organización memorización, comprensión, etc. En definitiva o obxectivo é potenciar as capacidades persoais relacionadas coa aprendizaxe e o rendemento escolar. As sesións están destinadas ao alumnado de secundaria. A media de participación foi de 45 rapazas e rapaces. ESCOLAS CULTURAIS O Concello de Fene dende a Concellería de Cultura e Ensino organiza cada curso as Escolas e Obradoiros Culturais Municipais. Os datos de participación ao longo da vixencia do II PIOMH foron os seguintes:

76

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

Área 04

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

77


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 04

78

Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

Área 04

BIBLIOTECA MUNICIPAL XOSÉ MARÍA PÉREZ PARALLÉ A Biblioteca Pública Municipal de Fene Xosé María Pérez Parallé presta os seus servizos no primeiro andar da Casa da Cultura. A Biblioteca Municipal de Fene atópase adscrita á Rede de Bibliotecas de Galicia, dependentes da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Meiga, é a ferramenta que axuda a automatizar os procesos de xestión dos fondos da biblioteca. Logo dunha traxectoria de moitos anos, Meiga, configurase como un estándar da xestión bibliotecaria en Galicia. Meiga no tratamento dos datos, non segrega por sexos, polo tanto os datos achegados dende a Biblioteca Municipal de Fene inclúen a variable sexo nos seus resultados grazas á sensibilidade en materia de igualdade do persoal técnico responsable da mesma. Actualmente a biblioteca conta cuns fondos bibliográficos que superan os 41.000 exemplares que están integrados por varios tipos de materiais e soportes. Resulta moi interesante destacar que a Biblioteca Municipal conta cun Centro de Recursos da Muller, isto é unha sección específica conformada por obras de temática feminista e obras escritas por autoras. Os datos de persoas socias da Biblioteca Municipal de Fene ao longo dos anos de vixencia do II PIOMH son:

*Datos extraídos dos seis primeiros meses do ano

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

79


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 04

Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

OBXECTIVO ESPECÍFICO 6 FOMENTAR A PROGRESIVA INCLUSIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA POLÍTICA DE DEPORTE DO CONCELLO. Acción 6.1. Realizar e manter estatísticas que inclúan a variable sexo e que capturen información cuantitativa e cualitativa sobre a participación das mulleres nas actividades deportivas programadas desde o concello. (Non constan accións) Acción 6.2. Elaborar unha pequena guía metodolóxica que facilite a inclusión da perspectiva de xénero nas actividades deportivas programadas desde o concello. (Non constan accións) Acción 6.3. Deseñar e desenvolver unha campaña de sensibilización que denuncie o sexismo e a segregación na práctica deportiva e que promova valores igualitarios e a participación de homes en deportes feminizados e de mulleres en deportes masculinizados. (Non constan accións) Acción 6.4. Fomentar entre as mulleres de Fene a práctica deportiva e o exercicio físico como hábitos de vida que redundan nunha mellora da saúde, a autoestima e o benestar psicosocial e emocional, prestando especial atención ás mulleres adultas. (Non constan accións) ACTIVIDADES DEPORTIVAS DO CONCELLO DE FENE O Concello de Fene dende a Concellería de Deportes organiza cada curso unha ampla oferta de Escolas Deportivas, municipais ou conveniadas. Distribuídas por todo o Concello funcionan cunha media de 3 horas semanais durante o curso escolar. Completa a oferta formativa a organización de cursos e obradoiros específicos que se desenvolven basicamente nos períodos vacacionais. As escolas municipais, dirixidas á poboación de todas as idades. Teñen lugar nas instalacións deportivas municipais. As escolas conveniadas, promovidas polo asociacionismo deportivo en colaboración co concello. Teñen lugar no resto das parroquias e van dirixidas á poboación en xeral. A organización de cursos e obradoiros ten carácter puntual, por regra xeral en períodos vacacionais e a súa convocatoria anúnciase na web.

80

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

Área 04

Os datos de participación ao longo da vixencia do II PIOMH foron os seguintes:

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

81


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 04

82

Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

Área 04

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

83


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 04

84

Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

Área 04

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

85


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 04

86

Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Empoderamento. Participación política e social, cultura, lecer e deporte

Área 04

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

87


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 05

Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social

ÁREA 05: SAÚDE, SEXUALIDADE, CALIDADE DE VIDA, ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E INCLUSIÓN SOCIAL OBXECTIVO XERAL AUMENTAR A PRÁCTICA E DESFRUTE DOS DEREITOS E AS PRESTACIÓNS SOCIAIS EN MATERIA DE SAÚDE E CALIDADE DE VIDA, ASÍ COMO A INFORMACIÓN SOBRE ESTAS. OBXECTIVO ESPECÍFICO 1 INCREMENTAR A INFORMACIÓN EN MATERIA DE SAÚDE E AS SÚAS PROBLEMÁTICAS, ASÍ COMO DOS RECURSOS DISPOÑIBLES. Acción 1.1. Formación de mediadoras e mediadores en educación para a saúde. 2011ACTIVIDADE: PLAN MUNICIPAL DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS E PROMOCIÓN DA SAÚDE O concello de Fene mantén dende o ano 1994 un convenio de cofinanciamento coa Consellería de Sanidade, subdirección Xeral de Programas de fomento de estilos de vida saudables a través do Servizo de Drogodependencias e Trastornos Aditivos, para desenvolver programas nos que se leven a cabo accións nos ámbitos escolar, xuvenil, familiar, comunitario e de incorporación social co obxecto de ofrecer unha atención integral, que cubra os ámbitos fundamentais da prevención. O obxectivo da prevención é aprender a vivir nun mundo no que hai drogas sen necesitar recorrer compulsivamente a elas. ÁMBITO XUVENIL Cambio de sentido Programa de prevención do consumo de alcohol e outras drogas na condución de vehículos. Programa desenvolvido nas autoescolas. Contidos formativos sobre o impacto do consumo de alcohol e outras drogas na seguridade viaria. Activa Programa de prevención para a mocidade: Captación e selección de mediadores xuvenís Formación de mediadores Difusión de actividades

88

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social

Área 05

ANO 2010 CURSO DE MEDIACIÓN XUVENIL O 12, 13, 20, 27 de novembro e o 10 de decembro, desenvolveu un curso de mediación xuvenil que tivo como persoas destinatarias un grupo de mozos e mozas interesados en participar tras unha presentación realizada nas aulas na semana do voluntariado. A idea principal era crear unha rede de mediadoras e mediadores que servisen de nexo entre a administración local e a xuventude co fin de fomentar a participación xuvenil na comunidade, reforzar o tecido asociativo e desenvolver campañas de prevención e información de forma máis próxima e eficaz. As persoas destinatarias deste programa foron rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e 1º de bacharelato nos centros escolares de IES Fene, CPI A Xunqueira e CPR Jorge Juan. ANO 2015 CURSO DE MEDIACIÓN XUVENIL Os días 10, 11, 18 e 25 de abril impartiuse un curso de Mediación Xuvenil, que tivo como destinatarias rapazas e rapaces de entre 13 e 18 anos. A iniciativa formou parte do programa Mocidade Activa, subvencionado pola Consellería de Sanidade e, entre as súas liñas de actuación, está a creación dunha rede de mediadores xuvenís que sirvan de nexo de unión entre as administracións locais e a xuventude, co fin de fomentar a participación da mocidade na comunidade, reforzar o tecido asociativo e desenvolver campañas de prevención e información próximas.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

89


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 05

Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social

CURSO DE MEDIADORES SOCIAIS Dirixido a persoal das entidades deportivas, culturais ou ANPAS, entre outras, desenvolveuse un curso de Mediación Social os días 15, 22 e 29 de abril e 6, 13, 20 e 27 de maio. Abordáronse temas como a saúde comunitaria, o consumo de sustancias e outras adiccións, os primeiros auxilios, características e habilidades das persoas mediadoras, etc. Esta acción formativa desenvolveuse ao abeiro do programa de Prevención de Drogodependencias e Promoción da Saúde, que financia a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

PROMOVE: Área de Dinamización Social, Benestar e Igualdade DATAS:

Novembro de 2010 Abril e maio de 2015

PARTICIPANTES:

90

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social

Área 05

Acción 1.2. Realización de campañas de educación para a saúde nos centros de ensino, en todos os niveis educativos. 2011ACTIVIDADE: PLAN MUNICIPAL DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS E PROMOCIÓN DA SAÚDE O concello de Fene mantén dende o ano 1994 un convenio de cofinanciamento coa Consellería de Sanidade, subdirección Xeral de Programas de fomento de estilos de vida saudables a través do Servizo de Drogodependencias e Trastornos Aditivos, para desenvolver programas nos que se levan a cabo accións nos ámbitos escolar, xuvenil, familiar, comunitario e de incorporación social co obxecto de ofrecer unha atención integral, que cubra os ámbitos fundamentais da prevención. O obxectivo da prevención é aprender a vivir nun mundo no que hai drogas sen necesitar recorrer compulsivamente a elas. AMBITO ESCOLAR Materiais didácticos “A saúde na escola” materiais para primaria elaborados pola Xunta de Galicia. Dirixido a alumnado de 5 a 18 anos. “O segredo da boa vida” Axenda escolar elaborada polo Plan nacional sobre drogas. Dirixido a alumnado de 5º e 6º de primaria. Calendarios: “Divírtete sen aditivos”. Material complementario aos obradoiros de Bebidas saudables. Material elaborado polo concello. Dirixido á poboación escolar e locais de hostalería. Cinensino Programa de educación en valores a través do cine. Consiste no visionado dunha película e o desenvolvemento da súa correspondente unidade didáctica en cada trimestre do curso escolar. Dirixido a alumnado de 1º ciclo de ESO. Intervencións Socioeducativas na aula Programa complementario á aplicación dos materias didáctico de “Saúde na escola”. -Obradoiros de saúde e nutrición. Dirixidos ao alumnado de primaria. Colabora unha experta en nutrición.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

91


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 05

Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social

- Obradoiros de bebidas saudables. Dirixido ao alumnado de 1º e 3º de ESO. Colabora un especialista do centro de Hostalería Fragas do Eume de Pontedeume. - Desenvolvemento Persoal. Programa de manexo de normas e habilidades de afrontamento. Dirixido a alumnado de ESO no que se detectou algún problema relacionado co uso de drogas ou está en situación de risco. - Vídeo foro. Actividade na que se traballa a educación en valores a través de películas. Dirixido ao alumnado de primaria. - Actividades informativas e de sensibilización. Campañas de sensibilización e información sobre as consecuencias do uso das drogas legais e ilegais. Dirixido ao alumnado de secundaria. - Concurso Clases sen fume. Ten como obxectivo previr o inicio do consumo de tabaco. Dirixido ao alumnado de 1º e 2º de secundaria. En colaboración co programa Galego de Promoción de Vida sen Tabaco. Odisea Programa de prevención de drogas con alumnado de cursos de garantía social/ escola Obradoiro. ÁMBITO XUVENIL Cambio de sentido Programa de prevención do consumo de alcohol e outras drogas na condución de vehículos. Programa desenvolvido nas autoescolas. Contidos formativos sobre o impacto do consumo de alcohol e outras drogas na seguridade viaria. Activa Programa de prevención para a mocidade: Captación e selección de mediadores xuvenís Formación de mediadores Difusión de actividades

92

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social

Área 05

ANO 2010 OBRADOIRO DE SAÚDE E NUTRICIÓN: IOGURES E DERIVADOS LÁCTEOS Desde o 23 de marzo e até o 7 de abril desenvolvéronse nos centros escolares de Fene os Obradoiros de Saúde e Nutrición, que neste curso abordaron a temática dos iogures e os derivados lácteos. Esta actividade realizouse con alumnado do segundo e terceiro ciclo de primaria, por ser nestas etapas nas que se contempla o tema da alimentación no curriculum escolar e nos materiais didácticos de “Saúde na Escola”. Esta actividade programouse conxuntamente cos centros escolares e desenvolveuse en horario lectivo. Os centros educativos participantes foron: CEIP Centieiras, CEIP A Xunqueira, CEIP Os Casais, CEIP O Ramo e CPR Jorge Juan. A iniciativa non só ofreceu información, senón tamén recursos e estratexias para incrementar os factores de protección e reducir os factores de risco. ANO 2011 PROGRAMA EDUCAR EN SAÚDE: O ALCOHOL E A PRESIÓN DO GRUPO O 7 de abril, coincidindo co Día Mundial da Saúde, iniciáronse nos centros de ensino de Fene as intervencións “O alcohol e a presión do grupo”. Actuación enmarcada no programa de educar en saúde, dirixida ao alumnado de ESO Este proxecto desenvolvese interactuando coa mocidade participante dentro do grupo - aula, co fin de incidir sobre a esfera cognitiva e persoal a través da análise e transformación dos seus coñecementos e ideas previas así como sobre a importancia de ter bos hábitos para gozar dunha vida sa. Nas intervencións déuselles información sobre o alcohol e a adquisición de habilidades para a toma de decisións e o afrontamento de situacións de risco. Os obxectivos a tratar foron: - Coñecer a información que ten o alumnado sobre o alcohol. - Ofrecer información sobre o alcohol e lexislación vixente.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

93


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 05

Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social

- Desenvolver actividades relacionadas coa toma de decisións. - Favorecer a implicación da poboación xuvenil en actividades saudables, dando a coñecer bebidas sen alcohol. O obradoiro no que se deu a coñecer bebidas sen alcohol estivo guiado por un mestre de hostalería, onde as e os participantes realizaron distintos combinados sen alcohol, entregándose copias dos mesmos en cada obradoiro. Noutra sesión fíxose unha devolución dos cuestionarios facilitando información axeitada e fuxindo de tópicos. As profesionais que participaron nesta actividade foron a técnica municipal, responsable do programa e pedagoga, Mª José Paz, encargada de coordinar as distintas actividades e as intervencións directas co alumnado nas sesións teóricas, e o mestre de hostalería Samuel Pintos, do IES Fragas do Eume de Pontedeume. PROGRAMA EDUCAR EN SAÚDE: DECÍDETE POLOS BOS HÁBITOS Rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria dos centros educativos de Fene participaron nun obradoiro sobre a necesidade de realizar un bo almorzo no que degustaron unha rabañada de pan con aceite. Este obradoiro foi complementario a intervención “O alcohol e a presión do grupo”, enmarcado no programa de educar en saúde dirixido ao alumnado escolarizado en Primaria e en ESO dos centros educativos do concello de Fene. CINENSINO O Concello de Fene a través da Consellería de Servizos Sociais, enmarcado no Plan de Protección e Promoción de Saúde e en colaboración coa Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a FEGAM, desenvolve este programa nos centros escolares do concello aos que se lles facilita asesoramento, medios e formación imprescindible para que sexa impartido polo profesorado. Os obxectivos xerais do programa son: - Reducir a prevalencia e intensidade no consumo de alcohol en menores e adolescentes. - Racionalizar o uso das TIC previndo as adiccións sociais e condutas relacionadas

94

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social

Área 05

- Retrasar ou impedir o inicio de condutas aditivas no eido escolar. O programa “CINENSINO” englóbase dentro do tipo de prevención denominada universal e vai dirixido a poboación escolarizada do 1º ciclo de ESO con idades comprendidas entre os 12 e 14 anos. O 28 de novembro de 2011, o alumnado do CPI A Xunqueira visionou a primeira película do programa. ANO 2013 PROGRAMA EDUCAR EN SAÚDE: ALIMENTACIÓN SAUDÁBLE E BÓS HÁBITOS No mes de marzo de 2013 desenvolveuse nos centros escolares o Programa de Educar en Saúde, enmarcado no Plan de Prevención e promoción da saúde. As actividades a realizar desenvolvéronse interactuando co alumnado dentro do grupo-aula, a través da análise e reflexión dos seus coñecementos e ideas previas, incideuse sobre a importancia dunha boa alimentación e bos hábitos para ter unha vida sa, a importancia dos consumos axeitados e a adquisición de habilidades para a toma de decisións. Ademais houbo unha charla destinada ás familias sobre “Hábitos saudables nas familias” na que se trataron temas como: A importancia dun consumo saudable, a necesidade da hixiene alimentaria e o fomento de condutas axeitadas na mesa. ANO 2015 PROGRAMA CINE E SAÚDE No marco do programa Cine e Saúde, escolares de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO do CPR Jorge Juan e do IES de Fene asistiron ao pase da película “El camino de vuelta” no que se dá conta da autoestima como factor de protección fronte ao consumo. O cine é o fío condutor deste programa de prevención do consumo de alcohol e outros trastornos aditivos no eido escolar.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

95


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 05

Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social

Cine e Saúde é un programa apoiado pola Consellería de Sanidade que parte de que a intervención preventiva nos centros escolares debe comezar antes de que se establezan patróns de consumo que máis tarde serán difíciles de cambiar. EDUCAR EN SAÚDE: SAÚDE E NUTRICIÓN Os diferentes centros educativos do Concello de Fene acolleron as sesións do obradoiro de saúde e nutrición no marco do Programa Municipal Educar para a Saúde. O obradoiro constou de dúas sesións. A primeira, de sesenta minutos, sobre Nutrición e valoración funcional e, a segunda, de dúas horas, baixo a denominación Chef solar. O obxectivo do obradoiro foi adquirir hábitos, ferramentas e capacidades para a xestión da saúde e o coñecemento do estado da saúde física; fomentar a toma de decisións sobre a calidade dos produtos que comemos; coñecer, utilizar e elaborar distintos pratos con produtos frescos (froitas, verduras); favorecer e aumentar a participación na cociña da casa e introducir coñecementos prácticos das enerxías solares renovables e limpas. PROMOVE: Área de Benestar e Igualdade DATAS:

Marzo e abril de 2010 Abril de 2011 Novembro de 2011 Marzo 2013 Marzo e maio 2015

PARTICIPANTES:

96

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social

Área 05

Acción 1.3. Continuación das xornadas de educación para a saúde para persoas maiores. 2011ACTIVIDADE: PROGRAMA ENVELLECEMENTO ACTIVO E PARTICIPACIÓN SOCIAL O Concello de Fene dende a Área de Servizos sociais e Igualdade, leva a cabo o Programa de Envellecemento Activo no que se enmarca Tardes Activas, subvencionado pola Deputación da Coruña Dende esta perspectiva enténdese que o envellecemento é un proceso para o cal debemos ir preparándonos ao longo das diferentes etapas da vida. Un dos aspectos máis importantes para isto é manterse activo/a buscando o mantemento e desenvolvemento das nosas capacidades físicas, emocionais, mentais, educativas e sociais. Con este proxecto preténdese promover esta perspectiva ofertando actividades e experiencias para as persoas que se atopan na madurez co fin de que podan gozar dun tempo de lecer activo e satisfactorio contribuíndo a mellorar a imaxe social das persoas maiores e proporcione ás persoas adultas claves e oportunidades para acadar un envellecemento activo e satisfactorio. TARDES ACTIVAS nesta oferta de actividades conxuga o desenvolvemento da creatividade; o traballo do plano emocional e social; o reforzo das capacidades intelectuais, o compartir vivencias así como retardar o inicio ou avance de patoloxías de deterioro cognitivo. ACTIVIDADES As actividades de Memoria Activa desenvólvense de forma itinerante polas diferentes parroquias a través das entidades veciñais e culturais que representan a cada unha delas. Taller activación da memoria: Realízanse actividades para manter activa a mente e mellorar a memoria naquelas persoas con esquecementos cotiáns, utilízanse dinámicas de ocio e grupais para a realización de actividades. Taller educación para a saúde: a través das técnicas de relaxación pretendese aprender a controlar a ansiedade e os seus síntomas. Ademais haberá sesións de risoterapia que axudan igualmente a controlar a ansiedade e a mellorar a calidade de vida.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

97


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 05

Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social

Taller de recuperación da memoria: en grupo realizaranse actividades encamiñadas a mellorar a memoria, a linguaxe, a orientación, a atención, etc. Para retrasar o comezo dunha demencia ou mantela estable sen empeoramento. Ademais dos beneficios de pertencer a un grupo. Grupo de apoio: para familiares de persoas dependentes: un espazo no que se compartan experiencias, sentimentos e dúbidas. Trataranse temas de coidado e autocoidado. Construíndo Pontes: Espazo de recuperación da historia de Fene. As persoas participantes falarán sobre un tema elixido por elas relacionado coa historia de Fene e coas súas vivencias de tempos pasados. Así, xuntas construirán un documento que poderá ter diferentes formatos a través do cal compartirán e visibilizarán o seu proxecto coas demais xeracións. PROMOVE: Área de Benestar e Igualdade DATAS: Curso 2010 - 2011 | Curso 2011 - 2012 | Curso 2012 - 2013 Curso 2013 - 2014 | Curso 2014 - 2015 | Curso 2015 - 2016 PARTICIPANTES:

98

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social

Área 05

Acción 1.4. Elaboración dunha guía de recursos en materia de saúde que incorpore a perspectiva de xénero. 2011ACTIVIDADE: BEN. ESTAR COIDANDO. GUIA DE APOIO ÁS PERSOAS COIDADORAS NO EIDO DA DEPENDENCIA Dende a Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade preocupándose pola formación, o benestar e o apoio ás persoas coidadoras de persoas dependentes do concello editou no ano 2014 Ben.Estar Coidando: Guía Básica de Apoio a Persoas Coidadoras non Profesionais, coa que se pretendeu proporcionar unha serie de coñecementos e consellos útiles aos coidadores e coidadoras para, nunha primeira parte aprender a coidarse e, nunha segunda, axudar a sobrelevar os coidados e atencións cotiáns a unha persoa dependente.

PROMOVE: Área de Benestar e Igualdade DATAS: Ano 2014

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

99


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 05

Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social

Acción 1.5. Realización dunha campaña de concienciación sobre a importancia da saúde na calidade de vida, facendo especial fincapé na perspectiva de xénero na saúde. 2011ACTIVIDADE: CAMPAÑAS DIVULGATIVAS O Concello de Fene conta con dous Centros de Saúde dependentes do Servizo Galego de Saúde (SERGAS): Centro de Saúde de Fene: Rúa Tarrío s/n. Centro de Saúde de Maniños: Rúa Pombal s/n. Durante o período de vixencia do II PIOMH, dende os centros sanitarios do concello déronselle promoción e difusión ás seguintes campañas de Saúde Pública propostas polo Servizo Galego de Saúde, algunhas delas dirixidas prioritariamente ás mulleres:

Así mesmo, déronselle promoción e difusión tanto nos centros de saúde como noutros equipamentos municipais ás diferentes campañas de educación afectivo-sexual e prevención de transmisión de ETS e de embarazos non desexados propostas polo Servizo Galego de Saúde e os Centros Quérote.

PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade Acción 1.6. Realización dunha pequena guía de saúde de uso diario, que teña á poboación en xeral como grupo destinatario. (Non constan accións)

100 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social

Área 05

OBXECTIVO ESPECÍFICO 2 FOMENTAR ACTITUDES E HÁBITOS SAUDABLES E SEGUROS EN MATERIA DE SAÚDE E SEXUALIDADE, DANDO ESPECIAL IMPORTANCIA Á POBOACIÓN NOVA E Á POBOACIÓN FEMININA. Acción 2.1. Mantemento das actuais liñas de traballo existentes no concello en materia de sensibilización sexual e afectividade. (Non constan accións) Acción 2.2. Realización de xornadas interxeracionais de educación para a saúde e formación afectivosexual. ANO 2010 2011ACTIVIDADE: DIÁLOGOS CON NAIS E PAIS SOBRE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL A Área de Dinamización Social, Benestar e Igualdade do Concello de Fene organizou unha sesión de diálogos con nais e pais sobre educación afectivo sexual. Na sesión, que se impartiu pola entidade da rede social “Quérote”, reflexionouse sobre o papel das familias en relación á educación afectivo sexual dos seus fillos e fillas. Analizáronse as barreiras comunicativas existentes entre as familias e os menores para proporcionar ferramentas e poder rompelas, fomentando relacións de confianza e habilidades comunicativas. A sesión de carácter gratuíto estivo aberta a toda a poboación. A actividade enmarcouse no Programa Tempos e Espazos para familias: Máis que un Teito. Programa incluído no Plan de Prevención das Drogodependencias que o Concello de Fene desenvolve en convenio coa Consellería de Sanidade. PROMOVE: Área de Benestar e Igualdade DATAS: 15 de abril de 2010 Acción 2.3. Realización dunha guía específica sobre as consecuencias das relacións sexuais non seguras, na que se inclúan os diferentes riscos de mulleres e homes. (Non constan accións)

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

101


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 05

Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social

Acción 2.4. Fomento do uso do preservativo a través de campañas de información e distribución gratuíta de preservativos. (Non constan accións) Acción 2.5. Realización de obradoiros sobre métodos anticonceptivos, dirixidos á poboación en xeral. (Non constan accións) OBXECTIVO ESPECÍFICO 3 OPTIMIZAR OS SERVIZOS E RECURSOS SOCIAIS MUNICIPAIS, ESTENDENDO O SEU USO POR PARTE DAS MULLERES DO CONCELLO. Acción 3.1. Impulso dunha dinámica de comunicación permanente e fluída entre os servizos sociais do concello e o centro de saúde municipal. (Non constan accións) Acción 3.2. Realización dunha campaña de información sobre todos os recursos sociais dispoñibles a nivel municipal. (Non constan accións) Acción 3.3. Realización dunha guía de recursos sociais a nivel municipal e comarcal. (Non constan accións) OBXECTIVO ESPECÍFICO 4 PROMOVER A INCLUSIÓN SOCIAL DAS MULLERES EN RISCO DE EXCLUSIÓN. Acción 4.1. Mellora das facilidades de acceso das persoas inmigrantes aos servizos normalizados do concello, especialmente aos recursos dirixidos a mulleres. (Non constan accións) Acción 4.2. Creación dun programa específico de inclusión social para mulleres en risco de exclusión. (Non constan accións) Acción 4.3. Formación en técnicas de fomento da autonomía persoal dirixida a todas as persoas que traballen con mulleres en risco de exclusión social. (Non constan accións) Acción 4.4. Realización de obradoiros de desenvolvemento de autonomía persoal dirixidos ás mulleres en risco de exclusión social do concello. (Non constan accións)

102 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social

Área 05

Acción 4.5. Realización dunha campaña de sensibilización sobre as problemáticas existentes para este sector da poboación. (Non constan accións) OBXECTIVO ESPECÍFICO 5 IMPULSAR O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES QUE FAVOREZAN A CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL E MELLOREN A CALIDADE DE VIDA DA CIDADANÍA. Acción 5.1. Continuación das actuais actividades para a conciliación das que xa dispón o concello. ESCOLA INFANTIL DE FENE A Escola Infantil Municipal de Fene, inaugurouse no ano 2007 con 61 prazas para a atención de nenas e nenos de 3 meses a 3 anos. A Escola Infantil fenesa atópase adherida á Rede Galega de Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia. Os datos de atención a menores da Escola Infantil de Fene son os seguintes:

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

103


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 05

Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social

ESCOLA INFANTIL DE BARALLOBRE O 15 de outubro de 2016, tense previsto a inauguración dunha nova Escola Infantil Municipal na parroquia de Barallobre, constará de 41 prazas e na actualidade atópanse xa cubertas. Esta Escola Infantil de Barallobre estará adherida á Rede Galega de Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia. SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF) O Servizo de Axuda no Fogar constitúe un conxunto de actuacións levadas a cabo no domicilio das persoas en situación de dependencia, co fin de atender as necesidades básicas da vida diaria e incrementar a súa autonomía, posibilitando a permanencia no seu domicilio. O SAF proponse pois, non como un recurso substitutivo, senón como un recurso complementario aos coidados que a familia proporciona. Permitindo polo tanto, favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias, así como, permitir a integración e promoción social e laboral das persoas coidadoras non profesionais, principalmente mulleres. Os datos das persoas atendidas polo SAF municipal durante os anos de vixencia do II PIOMH son os seguintes:

*Datos extraídos dos seis primeiros meses do ano

104 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social

Área 05

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN: VERÁN MÁIS ALÁ! A Concellaría de Cultura e Ensino a través do Departamento de Cultura e Deporte, desenvolve o programa de conciliación da vida laboral e familiar Verán máis alá!, dirixido ao alumnado escolarizado en educación infantil e primaria, durante o mes de xullo. O Verán máis alá! de Fene é un espazo lúdico-educativo non regrado no que se practica e fomenta o galego como lingua de uso, amais de promovérense contidos transversais que respondan aos problemas sociais e que teñan presente a formación en valores: educación para a paz e a non violencia, a tolerancia, a solidariedade, a igualdade social, a igualdade entre mulleres e homes, etc.

ESPAZOS DE CONCILIACIÓN A través do Programa de Voluntariado Municipal, desenvolvéronse ao longo do ano 2010 os Espazos de Conciliación que consistiron na atención a menores fillos e fillas de familias que participaban nalgunha outra actividade para maiores: charlas, cursos, talleres, etc. Adoitaban levarse a cabo na zona infantil da Biblioteca Municipal ou nunha aula dalgún centro escolar, segundo o lugar onde se desenvolvese a actividade. O obxectivo principal era favorecer a conciliación da vida persoal coa familiar, para que ningunha nai ou pai deixase de asistir a unha actividade como consecuencia de ter que estar ao coidado dos seus fillos/as ou de non ter apoios familiares e/ ou sociais. Estes espazos son levados a cabo por persoas voluntarias rexistradas no Programa de Voluntariado Municipal.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

105


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 05

Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social

Acción 5.2. Impulso da difusión das actividades realizadas polo concello dirixidas á mellora da calidade de vida e á conciliación da vida familiar e laboral. (Non constan accións) Acción 5.3. Realización dunha campaña de concienciación sobre a importancia do reparto de tarefas domésticas. ANO 2010 2011ACTIVIDADE: CAMPAÑA INSTITUCIONAL Durante o ano 2010, o Concello de Fene apoiou a difusión da campaña institucional desenvolta pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia a favor da corresponsabilidade: Podemos. Queremos. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade Acción 5.4. Edición dunha guía de boas prácticas en empresas para a conciliación da vida persoal e laboral. (Non constan accións) Acción 5.5. Realización de xornadas sobre conciliación dirixidas á concienciación das persoas empresarias. (Non constan accións)

106 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Loita contra a violencia de xénero

Área 06

ÁREA 06: LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO OBXECTIVO XERAL MELLORAR A CALIDADE DA ATENCIÓN ÁS MULLERES VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO, ASÍ COMO POTENCIAR O AUMENTO DA SÚA PREVENCIÓN. OBXECTIVO ESPECÍFICO 1 POTENCIAR A SENSIBILIZACIÓN DA SOCIEDADE EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO. Acción 1.1. Visibilizar as situacións de violencia de xénero como parte da sensibilización da sociedade. 2011ACTIVIDADE: VISIBILIZACIÓN A TRAVÉS DA WEB MUNICIPAL Colocación dun lazo malva na cabeceira da web municipal como repulsa ante a violencia de xénero, cada vez que se produce un asasinato dunha muller en Galicia. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: Anos 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015 e 2016. 2011ACTIVIDADE: MANIFESTO INSTITUCIONAL Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, todos os grupos políticos fenenses aproban un manifesto institucional en pleno. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: Anos 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015 e 2016. 2011ACTIVIDADE: CONCENTRACIÓNS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA Sempre que sucede un acto de violencia machista en Galicia ou a vítima é unha muller galega, convócase na porta do Concello unha concentración de rexeitamento á violencia de xénero. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: Anos 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015 e 2016.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

107


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 06

Loita contra a violencia de xénero

Acción 1.2. Programación de actividades periódicas de expresión do rexeitamento da sociedade da violencia de xénero. ANO 2010 2011ACTIVIDADE: ACTIVIDADES 25 DE NOVEMBRO O 25 de novembro de 2010, Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero, ás 13:00 h no Salón de Plenos Municipal acolleu un acto no que se leu un manifesto realizado por todas as persoas con representación política do concello. O músico local, Joaquin Balado, acompañou este acto coa súa frauta traveseira interpretando un par de pezas musicais. PROMOVE: Área De Dinamización Social, Benestar e Igualdade. DATAS: 25 de novembro de 2010 ANO 2011 2011ACTIVIDADE: ACTIVIDADES 25 DE NOVEMBRO O acto estivo organizado pola Coordinadora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres e patrocinado pola Área de Igualdade do Concello de Fene. Deseñouse como acto reivindicativo co obxectivo de facer reflexionar sobre as diferentes formas de violencia contra a muller. A actividade consistiu nun espectáculo lúdico e interactivo de contos para a poboación infantil e as súas familias. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: 25 de novembro de 2011 PARTICIPANTES: TOTAL: 53 persoas. 36 mulleres e 17 homes.

108 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Loita contra a violencia de xénero

Área 06

ANO 2012 2011ACTIVIDADE: ACTIVIDADES 25 DE NOVEMBRO O domingo 25 de novembro de 11:30 h. a 13:30 h desenvolveuse no local da Asociación de Veciños e Veciñas de Perlío e na Praza da Escola, a Gran Xincana pola Igualdade e Contra a Violencia de Xénero. As familias, nenos e nenas e demais persoas interesadas puideron participar e pasar un rato divertido, facendo un percorrido por equipos ou de xeito individual onde deberon ir superando probas relacionadas coa corresponsabilidade no fogar, o bo trato entre as persoas, a igualdade sexual, a linguaxe non sexista etc. A medida que se ían superando as probas, irá visibilizándose o funcionamento piramidal da violencia de xénero. Con esta actividade lúdica e divertida, dirixida ás familias, pretendeuse identificar os comportamentos desiguais que indican o camiño da violencia de xénero, situándoos na propia práctica diaria: reparto de tarefas no fogar, atribucións sociais a ambos sexos, establecemento dunha relación sentimental ou de amizade igualitaria, etc. Este foi un espazo para traballar a transmisión das ideas sexistas no entorno familiar e social. Ao remate, sobre as 13:30 h. fíxose unha homenaxe a todas as mulleres asasinadas en España no ano 2012 e ás súas fillas e fillos, todas e todos vítimas da violencia machista, rematando coa lectura do manifesto institucional aprobado por todos os grupos políticos municipais. O xoves, 29 de novembro, desenvolveuse No Sólo Duelen los Golpes: obradoiro sobre violencia machista en adolescentes creado e realizado por Pamela Palenciano Jódar. Actividade organizada polo IES de Barallobre, coa colaboración do Concello de Fene. Dirixida ao alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos Formativos. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

109


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 06

Loita contra a violencia de xénero

DATAS: 25 e 29 de novembro de 2012 PARTICIPANTES:

ANO 2013 2011ACTIVIDADE: ACTIVIDADES 25 DE NOVEMBRO O domingo 24 de novembro a partir das 11:30 h. da mañá, Dani Ríos coa empresa A Guagua percorreu as rúas do feirón nun acto de dinamización e sensibilización á cidadanía ante os asasinatos da violencia machista. Na Praza da Escola colocouse unha pancarta cos datos das vítimas da violencia machista do ano 2013 e cunha vela prendida por cada muller asasinada. A actividade central tivo lugar ás 12:30 h, e estivo dirixida ás familias, nela un equipo de actrices, actores e monitorado con formación en xénero e igualdade, representou de xeito dinámico e interactivo a verdadeira historia da Bella e a Bestia, de-construíndo o conto clásico e tradicional e facendo reflexionar sobre o que realmente se transmite a través dos contos. Sobre as 13:30 h. fíxose unha homenaxe a todas as mulleres asasinadas en España no ano 2013 e ás súas fillas e fillos, vítimas da violencia machista, rematando coa lectura do manifesto institucional aprobado por todos os grupos políticos municipais e unha solta de globos.

110

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Loita contra a violencia de xénero

Área 06

PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: 24 de novembro de 2013 PARTICIPANTES: 170 persoas (nenas e nenos, familias e poboación en xeral) ANO 2014 2011ACTIVIDADE: ACTIVIDADES 25 DE NOVEMBRO O domingo 23 de novembro, a partir das 11:30 horas, a empresa A Guagua animou e sensibilizou á cidadanía asistente ao feirón. Repartíronse lazos malva como símbolo de loita contra a violencia machista e solidariedade coas mulleres e menores vítimas da violencia. Ás 12:00 horas realizouse unha dramatización do conto “La Cenicienta que no quería comer perdices” consistente nunha adaptación non sexista do conto clásico e análise dos roles sexistas que se transmiten ás nenas e nenos a través dos contos tradicionais. Máis tarde realizouse unha actuación do grupo de rapaces e rapazas das actividades dos Servizos Sociais Municipais. Para rematar, ás 13:00 horas, desenvolveuse un acto de lembranza ás mulleres asasinadas a mans das súas parellas no ano 2014 e ás fillas e fillos, todos eles vítimas da violencia machista, consistente na lectura do Manifesto Institucional do Concello de Fene acordado por todos os grupos municipais e nunha solta de globos en lembranza das vítimas de violencia machista: mulleres e fillas e fillos. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: 23 de novembro PARTICIPANTES:

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

111


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 06

Loita contra a violencia de xénero

2011ACTIVIDADE: ACTIVIDADES 25 DE NOVEMBRO: “IMPLÍCATE, RACHA COA INDIFERENCIA SOCIAL E LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA” O martes 25 de novembro, ás 20:00 horas na Praza Verde tivo lugar unha actividade organizada pola Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterrra coa colaboración do Concello de Fene. Este foi un acto reivindicativo no que a través dunha performance simbolizouse, de xeito artístico, o lema deste ano: “IMPLÍCATE, RACHA COA INDIFERENCIA SOCIAL E LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA”. Con esta posta escénica buscouse a implicación do público, principalmente as mulleres, a través da improvisación e a participación.

PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: 25 de novembro PARTICIPANTES:

2011ACTIVIDADE: ACTIVIDADES 25 DE NOVEMBRO: REPRESENTACIÓN DE “MULLERES NA SOCIEDADE, NENAS NA ESCOLA” Duración: 1h.15 minutos Dirixido a 5º e 6º de Primaria. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: 25 de novembro PARTICIPANTES: 212 alumnas e alumnos.

112

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Loita contra a violencia de xénero

Área 06

2011ACTIVIDADE: ACTIVIDADES 25 DE NOVEMBRO: OBRADOIROS DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO Duración: dúas sesións de 50 min. por grupo. (Número de grupos: 10) Dirixido a 1º e 2º de ESO. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: 25 de novembro PARTICIPANTES: 211 alumnas e alumnos. ANO 2015 2011ACTIVIDADE: CAMPAÑA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: NO AMOR NON TODO VALE O 27 de febreiro, entre as 16 e as 20 horas, celebrouse na Praza do Concello de Fene a iniciativa “No amor non todo vale”, unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero. Fene foi un dos oito municipios da provincia seleccionados pola Deputación da Coruña para acoller este acto, no que o Concello colaborou a través da Concellería de Igualdade Así, a xornada deu comezo cun photocall que tivo por lema “Plántalle cara ao maltrato”. Consistiu en invitar ao público participante a facerse unha foto coa mensaxe e difundila a través das redes sociais (en twitter co hashtg#nonaviolencia). Así mesmo, a xornada incluíu talleres de monicreques e marionetas para nenos e nenas, baixo o título: “Crecendo en Igualdade”. O seu obxectivo foi sensibilizar sobre a importancia das relacións en igualdade para previr a violencia de xénero. Tratouse dun taller grupal, onde os nenos e nenas participaron de maneira activa e creativa, aproveitando a ferramenta das marionetas para lograr a sensibilización e compromiso cara á igualdade entre mulleres e homes como medio para previr a violencia de xénero. Tratáronse os contidos transversais de igualdade, solidariedade, respecto e convivencia. Así mesmo, levouse a cabo un contacontos para os máis pequenos e pequenas e unha exhibición de zumba. Neste caso, quíxose impulsar de xeito divertido a reflexión sobre o

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

113


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 06

Loita contra a violencia de xénero

que cada persoa pode facer, a nivel individual ou colectivo, para construír unha sociedade onde as persoas sexan libres para decidir que queremos ser e facer, independentemente do sexo co que nacésemos. Por iso resulta imprescindible a implicación e participación de todos e todas. Outro dos alicientes da xornada foi o taller de defensa persoal que constou de dúas partes: a de sensibilización e motivación e outra máis práctica. Monólogos, actuacións musicais cun DJ e a lectura dun manifesto por parte do alcalde e da concelleira de Igualdade completaron a xornada. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: 27 de febreiro de 2015 PARTICIPANTES: Total 63 persoas, 35 nenas e 28 nenos. 2011ACTIVIDADE: ACTIVIDADES 25 DE NOVEMBRO “As fillas bravas” é unha obra de teatro na que tres mulleres tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos. Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero. Nesa liña de traballo, “As Fillas Bravas” veñen para reafirmar modelos empoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados. “As Fillas Bravas” é tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflectidos nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral publicados desde a segunda metade do século XIX. A obra representouse o 16 de novembro ao alumnado do IES FENE.

114

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Loita contra a violencia de xénero

Área 06

Días posteriores desenvolvéronse obradoiros de reciclaxe de xénero, complementarios á obra de teatro, como parte do traballo co alumnado en prol da igualdade e da prevención da violencia de xénero. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: 16, 17 e 18 de novembro de 2015 PARTICIPANTES: Alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato. TOTAL: 98 rapazas e rapaces. 2011ACTIVIDADE: ACTIVIDADES 25 DE NOVEMBRO Dende o martes 3 de novembro e ao longo de todo o mes, Radio Fene - Radio Fusión en colaboración co SMAM (Servizo Municipal de Atención á Muller), puxo en marcha unha campaña divulgativa, de información e sensibilización á poboación e referente ao tema da violencia de xénero e á importancia da educación en igualdade. A campaña consistiu en microespazos informativos que se emitiron diariamente entorno ás 11 da mañá dende o programa A Fenestra. Participaron: - Eva Sayago Martínez: psicóloga e responsable técnica do SMAM. -Manuela Real Rego: traballadora social do Centro Municipal de Servizos Sociais. -Dolores Rodríguez Amoroso, avogada do Servizo de Asesoramento Xurídico do Centro Municipal de Servizos Sociais. -Patricia de Lorenzo, actriz, compoñente da compañía “Chévere Teatro”, que representarán en Fene a súa obra “As Fillas Bravas” para o alumnado de bacharelato, dentro da liña de teatro con perspectiva de xénero que proxecta a compañía. -Alumnado do CEIP Centieiras. -Mulleres que atoparon saída á violencia de xénero dentro do concello e que de xeito anónimo compartiron o seu rexurdir a unha nova vida. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: Novembro de 2015

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

115


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 06

Loita contra a violencia de xénero

Acción 1.3. Realización de obradoiros de nais e pais nos que se traballen as temáticas de educación non sexista, relacións afectivo – sexuais, prevención da violencia de xénero e reparto de responsabilidades. Esta acción desenvolveuse a través do Programa DE PEQUES A MAIORES: COMPARTINDO ESPAZOS. Este programa está desenvolto na Acción 2.2. da Área 3. Acción 1.4. Organización de campañas de sensibilización dirixidas á poboación masculina, e encamiñadas ao reforzo do rexeitamento da violencia contra as mulleres. (Non constan accións) Acción 1.5. Organización de campañas periódicas de sensibilización dirixidas á poboación nova, resaltando o seu importante papel na loita contra os estereotipos sexistas e a violencia de xénero. ANO 2015 2011ACTIVIDADE: CAMPAÑAS INSTITUCIONAIS O Concello de Fene apoiou a difusión da campaña institucionais desenvoltas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e dirixida á mocidade con motivo da conmemoración do: 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

116

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Loita contra a violencia de xénero

Área 06

OBXECTIVO ESPECÍFICO 2 IMPULSAR O COÑECEMENTO DA POBOACIÓN DOS RECURSOS EN MATERIA DE ASISTENCIA ÁS MULLERES VÍTIMAS DA VIOLENCIA. Acción 2.1. Realización de campañas de información permanente dirixidas á poboación de Fene sobre os recursos e medidas de que dispoñen as vítimas da violencia de xénero. Acción 2.2. Difusión das posibilidades de intervención en caso de coñecemento dunha situación de violencia de xénero. ANO 2015 2011ACTIVIDADE: ACTIVIDADES 25 DE NOVEMBRO Dende o martes 3 de novembro e ao longo de todo o mes, Radio Fene - Radio Fusión en colaboración co SMAM (Servizo Municipal de Atención á Muller), puxo en marcha unha campaña divulgativa, de información e sensibilización á poboación e referente ao tema da violencia de xénero e á importancia da educación en igualdade. A campaña consistiu en microespazos informativos que se emitiron diariamente entorno ás 11 da mañá dende o programa A Fenestra. Participaron: - Eva Sayago Martínez: psicóloga e responsable técnica do SMAM. -Manuela Real Rego: traballadora social do Centro Municipal de Servizos Sociais. -Dolores Rodríguez Amoroso, avogada do Servizo de Asesoramento Xurídico do Centro Municipal de Servizos Sociais. -Patricia de Lorenzo, actriz, compoñente da compañía “Chévere Teatro”, que representarán en Fene a súa obra “As Fillas Bravas” para o alumnado de bacharelato, dentro da liña de teatro con perspectiva de xénero que proxecta a compañía. -Alumnado do CEIP Centieiras. -Mulleres que atoparon saída á violencia de xénero dentro do concello e que de xeito anónimo compartiron o seu rexurdir a unha nova vida. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: Novembro de 2015

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

117


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 06

Loita contra a violencia de xénero

Acción 2.3. Elaboración dunha guía de recursos dirixida a difundir a información sobre dereitos, servizos e recursos aos que poden acceder as vítimas da violencia de xénero e as súas familias (fillas, fillos, etc.) (Non constan accións) OBXECTIVO ESPECÍFICO 3 INCREMENTAR A CAPACITACIÓN TÉCNICA DAS PERSOAS PROFESIONAIS QUE ATENDEN, OU POIDAN ATENDER, SITUACIÓNS DE EMERXENCIA SOCIAL RELACIONADAS COA VIOLENCIA DE XÉNERO. Acción 3.1. Promoción de formación dirixida á comunidade educativa en temática de prevención de condutas violentas e resolución de conflitos, traballando a igualdade como ferramenta de base. (Non constan accións) Acción 3.2. Promoción da formación continua en materia de violencia de xénero de todo o persoal que atende estas situacións. Acción 3.6. Levar a cabo cursos de formación sobre atención psicolóxica ás persoas vítimas da violencia de xénero. ANO 2011 2011ACTIVIDADE: FORMACIÓN CONTINUA DO PERSOAL TÉCNICO DE IGUALDADE Asistencia ás IV Xornadas sobre a Violencia de Xénero: “Intervir é Previr” do Concello de Ares, enmarcada dentro da formación continua para capacitación e mellora do desenvolvemento das funcións da técnica municipal responsable de igualdade. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: 2 e 3 de xuño de 2012 PARTICIPANTES: TOTAL: 1 MULLER.

118

AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Loita contra a violencia de xénero

Área 06

ANO 2013 2011ACTIVIDADE: FORMACIÓN CONTINUA DO PERSOAL TÉCNICO DE IGUALDADE Asistencia ás VI Xornadas sobre a Violencia de Xénero: “Non é un segredo, é un delito” do Concello de Ares, enmarcada dentro da formación continua para capacitación e mellora do desenvolvemento das funcións da técnica municipal responsable de igualdade. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade DATAS: 9 de maio de 2013 PARTICIPANTES: TOTAL: 1 MULLER.

ANO 2014 2011ACTIVIDADE: FORMACIÓN CONTINUA DO PERSOAL TÉCNICO DE IGUALDADE A formación continua para capacitación e mellora do desenvolvemento das funcións da técnica municipal responsable de igualdade durante o ano 2014 foi a seguinte: Asistencia ás VI Xornadas sobre a Violencia de Xénero: “Educar no Presente, Previr para o Futuro” do Concello de Ares. DATA: 8 de maio de 2014. Asistencia á invitación ao Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren Violencia de Xénero en Santiago de Compostela. DATA: 7 de setembro de 2014. Asistencia ao Seminario: Sensibilización e Intervención en Abuso Sexual Infantil en Santiago de Compostela. DATA: 3 de outubro de 2014. Asistencia ás Xornadas sobre o Módulo de Maltrato Infantil de SIUSS en Santiago de Compostela. DATA: 14 de outubro de 2014. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade PARTICIPANTES: TOTAL: 1 MULLER.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

119


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 06

Loita contra a violencia de xénero

ANO 2016 2011ACTIVIDADE: FORMACIÓN CONTINUA DO PERSOAL TÉCNICO DE IGUALDADE A formación continua para capacitación e mellora do desenvolvemento das funcións da técnica municipal responsable de igualdade durante o ano 2016 foi a seguinte: Asistencia á Xornada Técnica: Intervención con Menores Vítimas de Violencia de Xénero en Santiago de Compostela. DATA: 8 de xuño de 2016. Autorización para asistir ao X Congreso Mundial de Bioética: Las violencias contra las mujeres: aspectos socio-estructurales y legales en Xixón. DATA: 17, 18 e 19 de outubro de 2016. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade TOTAL: 1 MULLER. PARTICIPANTES: Acción 3.3. Realización de formación específica en emerxencias sociais, dirixida ao persoal sanitario e ao persoal de servizos sociais. (Non constan accións) Acción 3.4. Realización, entre o persoal que traballa con casos de emerxencia social, dun estudo sobre as necesidades de formación que consideran ter. (Non constan accións) Acción 3.5. Realización de cursos de formación para o persoal que traballa con casos de emerxencia social, acorde ás súas necesidades. (Non constan accións)

120 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Loita contra a violencia de xénero

Área 06

OBXECTIVO ESPECÍFICO 4 GARANTIR E MELLORAR A COORDINACIÓN MUNICIPAL E INTERINSTITUCIONAL NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, COMO REFORZO DA ATENCIÓN ÁS MULLERES MALTRATADAS. Acción 4.1. Elaboración dun protocolo de actuación conxunto entre o concello, o centro de saúde municipal e as forzas e servizos de seguridade. 2011ACTIVIDADE: ELABORACIÓN DUN PROTOCOLO DE COORDINACIÓN, DETECCIÓN E INTERVENCIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO Consistiu na elaboración dun protocolo de coordinación para a prevención, detección e intervención en situacións de violencia de xénero a implantar e desenvolver polo Concello de Fene, así como a articulación de medidas e canles de participación e colaboración de organismos, entidades e profesionais de carácter público e privado de implantación no Concello de Fene e a súa zona de influencia. PROMOVE: Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade Acción 4.2. Mellora dos mecanismos de seguimento das medidas de protección para as mulleres vítimas de maltratos. (Non constan accións) Acción 4.3. Creación entre o concello, o centro de saúde municipal e as forzas e corpos de seguridade, dunha base de datos conxunta de persoas vítimas da violencia de xénero, na que se manteña en todo momento actualizada a súa situación. (Non constan accións) REDE DE ENTIDADES LOCAIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO En xuño do ano 2014, o Concello de Fene adheriuse á Rede de Entidades Locais Contra a Violencia de Xénero, asinando un Protocolo de Colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a FEGAMP para establecer unha Rede de Entidades Locais Contra a Violencia de Xénero e realizar outras accións de sensibilización social en contra da Violencia de Xénero.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

121


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Análise por áreas temáticas de intervención Área 06

Loita contra a violencia de xénero

OBXECTIVO ESPECÍFICO 5 CONSOLIDAR A REDE DE ATENCIÓN ÁS MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO. Acción 5.1. Promoción dos mecanismos de coordinación precisos para a consolidación da rede de atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero. Ao longo dos anos de vixencia do II PIOMH do Concello de Fene, mellorouse moito a colaboración e seguimento coa Garda Civil, existindo unha colaboración moi estreita e fluída cos Servizos Sociais Comunitarios. Acción 5.2. Realización dunha campaña de información á poboación sobre as características e funcións da rede de atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero. (Non constan accións) Acción 5.3. Presentación pública anual ou bianual das accións que se teñan previsto levar a cabo desde a rede de atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero. (Non constan accións) Acción 5.4. Realización dunha memoria anual da actividade levada a cabo pola rede de atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero. (Non constan accións) OBXECTIVO ESPECÍFICO 6 PREVIR O ACOSO SEXUAL EN TODOS OS ÁMBITOS DA VIDA CIDADÁ. Acción 6.1. Realización de campañas de información ás empresas e ao seu persoal sobre a prevención do acoso no eido laboral. (Non constan accións) Acción 6.2. Realización de campañas de información do acoso sexual para a poboación en xeral. (Non constan accións)

122 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA PERSOAL TÉCNICO E POLÍTICO DO CONELLO DE FENE

ENQUISAS DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA PERSOAL TÉCNICO E POLÍTICO DO CONCELLO DE FENE

O grupo maioritario de persoas participantes na enquisa de opinión foron mulleres. O grupo maior das persoas participantes situáronse na franxa de idade entre 40 e 44 anos, sobre todo pola participación de homes desta idade, seguido dos grupos de 35 a 39 anos, 50 a 54 anos e 55 a 59 anos.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

123


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA PERSOAL TÉCNICO E POLÍTICO DO CONELLO DE FENE

Nos gráficos precedentes observamos que de entre as persoas que contestaron ás enquisas, os homes teñen unha lixeira maior antigüidade traballando no concello; as mulleres teñen unha maior porcentaxe de xornadas laborais completas e os homes manifestan ter unha leve maior temporalidade na contratación.

124 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA PERSOAL TÉCNICO E POLÍTICO DO CONELLO DE FENE

A gran maioría das persoas que responderon a enquisa, consideran que é labor do concello asumir o liderado na promoción da igualdade no seu municipio. A continuación reflectimos todas as respostas xeradas na pregunta 5 (pregunta aberta) Cal é a finalidade que na súa opinión debe ter un Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal (en adiante PIOMH)? COMENTARIOS REALIZADOS: 1. Garantir a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes tanto no acceso ao traballo como no seu desenvolvemento. Establecer medidas que fomenten o exercicio real desta igualdade. 2. Mellorar a conciliación familiar e laboral; valorar posibles discriminacións; valorar a produtividade. 3. Impulsar cursos para os traballadores do Concello. E ter as mesmas oportunidades nos postos de traballo as mulleres e os homes. 4. A non discriminación de ningún tipo, para ningún dos sexos. 5. Promover a igualdade entre mulleres e homes tanto no acceso ao mercado laboral como na carreira profesional. 6. Ten que dar as mesmas oportunidades a mulleres como homes como ben recollido no artigo n°9 apartado 2 da Constitución Española. 7. Estudio da situación en Fene, definindo indicadores medibles para estudar a súa evolución. Establecer medidas correctivas. Establecer obxectivos cuantificables coas respectivas liñas de actuación. Difusión e concienciación. 8. A igualdade de oportunidades. 9. Avaliar as condicións de traballo e de trato por se houbera diferenzas nas condicións/trato entre homes e mulleres a nivel municipal. Realizar un diagnóstico e elaborar medidas para garantir a igualdade de trato e oportunidades entre homes e mulleres. 10. Erradicar a violencia de xénero, facilitar a equidade no traballo, promover campañas de igualdade e a conciliación familiar. 11. Informar e concienciar. 12. Conseguir o que esta redactado na Constitución Española no seu artigo 9 apartado 2 liberdade e igualdade. 13. A medio prazo que as mulleres e homes teñan os mesmos dereitos e deberes nos diferentes ámbitos: social, laboral, persoal, ... 14. Avanzar cara unha igualdade real da cidadanía e neste proceso as actividades a desenvolver non son exclusivamente femininas, xa que desigualdade é calquera xeito de discriminación. De aí a necesidade de implicar a toda a sociedade. 15. Dar as mesmas oportunidades a homes e mulleres. 16. Dar as mesmas oportunidades e non discriminación por razón de sexo.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

125


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA PERSOAL TÉCNICO E POLÍTICO DO CONELLO DE FENE 17. A igualdade é entre homes e mulleres. 18. Aplicar a igualdade de oportunidades na actuación municipal e sensibilizar á sociedade. 19. Establecer as medidas precisas para chegar á igualdade de oportunidades. 20. Concienciación e medidas de equidade para o fomento da igualdade. 21. Que todos/as traballadores/as teñan os mesmos dereitos. 22. Conseguir que nun futuro non sexa necesario ter un Plan de Igualdade mediante a realización de políticas para mellorar a educación da sociedade nesta materia.

Hai máis mulleres que homes que coñecen os contidos dos anteriores PIOMH, sen embargo, hai mais homes que mulleres informados dos resultados obtidos polo PIOMH anterior.

126 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA PERSOAL TÉCNICO E POLÍTICO DO CONELLO DE FENE

Vemos un elevado grado de coñecemento por parte do persoal do concello dos recursos municipais no ámbito da igualdade. Destaca ademais o equilibrio entre mulleres e homes sobre o coñecemento dos recursos.

No gráfico superior pódese comprobar que entre as mulleres hai unha maior actividade para obter e presentar datos desagregados por sexo, isto pode ter explicación no feito de que no concello hai más mulleres traballando nas áreas relacionadas coa atención ás persoas e servizos sociais.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

127


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA PERSOAL TÉCNICO E POLÍTICO DO CONELLO DE FENE

128 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA PERSOAL TÉCNICO E POLÍTICO DO CONELLO DE FENE

Chama a atención a diferente percepción de homes e mulleres con respecto aos temas de oportunidades de promoción profesional e políticas salariais. Estas percepcións coinciden con datos de outros estudos o Estudio “La mujer directiva en España. Women as Leaders de PwC e Isotés”

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

129


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA PERSOAL TÉCNICO E POLÍTICO DO CONELLO DE FENE

Resulta salientable destacar dúas cuestións, por un lado a unanimidade na resposta dos homes a este ítem e, por outro, que un 15, 38% de mulleres consideren que non é importante que se empregue a linguaxe non sexista desde os distintos departamentos municipais. COMENTARIOS REALIZADOS: 1. Penso que se debe xeneralizar un uso neutro de determinados termos sen sentirse ofendido. 2. Considero importante tanto para os homes como as mulleres, que ninguén se sinta discriminado. 3. Para igualar aos dous xéneros. 4. Considero importante realizar unha linguaxe non sexista en todos os ámbitos, non so o do traballo. 5. A linguaxe non debe connotar xénero. 6. Creo que a linguaxe non inflúe na igualdade das persoas. O que creo que importa é a igualdade de oportunidades, de salarios, etc. Eu emprego linguaxe non sexista, pero non o considero o máis importante dentro dunha política de igualdade. 7. No Departamento para o que traballo xa procuramos empregar unha linguaxe non sexista. Considéroo fundamental porque as políticas de igualdade débense promover especialmente dende os ámbitos da Cultura e o Ensino. 8. Para concienciar a sociedade da igualdade entre mulleres e homes. 9. Creo que a linguaxe non sexista debe ser o habitual e correcto en calquera lugar de traballo. 10. Para dar sentido á non discriminación por razón de sexo. 11. Creo que no Concello non pasa. Polo lo menos non me consta.

130 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA PERSOAL TÉCNICO E POLÍTICO DO CONELLO DE FENE

COMENTARIOS REALIZADOS: 1. Espero qué así sexa por mellorar o servizo. 2. Á hora de establecer discriminacións positivas na programación. 3. Imaxino que si. 4. Si, pero sempre para mellorar.

COMENTARIOS REALIZADOS: 1. Exclusivamente na elaboración dalgunha ordenanza. 2. Porque traballo para o departamento de servizos sociais. 3. Organízanse actividades para toda a poboación en xeral. non dispoñemos de estudos que fagan referencia ás desigualdades. No caso da situación económica, considero que debería haber exención de taxas, pero a ordenanza fiscal actual obriga a pagar as taxas e despois os usuarios, poden recuperar parte do pagado, pero no caso de non ter recursos económicos, xa non poden pagar a taxa inicial, polo que non poden participar na actividade. Creo que dende o Departamento de Servizos Sociais e Intervención e Tesourería deberían solucionar este aspecto. 4. Con carácter xeral trabállase en facilitar a conciliación da vida laboral e familiar. 5. Á hora de planificar as actividades, adoitamos fixarnos no entorno. Quizais non empregamos datos ou estudos pero si procuramos ter en conta a situación social e económica da zona. 6. Non hai desigualdade.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

131


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA PERSOAL TÉCNICO E POLÍTICO DO CONELLO DE FENE

COMENTARIOS REALIZADOS: 1. Todos menos servizos sociais. 2. Non existe unha coordinación entre departamentos. 3. Unicamente podo opinar do departamento no que traballo no que penso que si se coñecen tarefas en materia de igualdade.

Sete persoas das que responderon á enquisa teñen formación en materia de igualdade de xénero, todas elas son mulleres; a maioría traballan na area de igualdade ou teñen relación directa. O 100% dos homes e o 92,31% das mulleres comparten a importancia de recibir formación en materia de igualdade.

132 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA PERSOAL TÉCNICO E POLÍTICO DO CONELLO DE FENE

Pódese observar nos gráficos como as mulleres son mais coñecedoras de si se usan ou non as medidas de conciliación, aínda que existen moitas persoas que teñen dúbidas sobre o tema.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

133


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA PERSOAL TÉCNICO E POLÍTICO DO CONELLO DE FENE

Ao solicitar ao persoal técnico e político municipal que ordenaran de maior a menor importancia as causas que restan eficacia ao PIOMH, se consideramos as que aparecen entre as catro primeiras posicións, os resultados que obtemos son os seguintes:

Comprobamos que as mulleres consideran como causas principais de dificultade a falta de compromiso político, en primeiro lugar; a escasa credibilidade dos planes de igualdade, como segunda; como terceira empatan en porcentaxe a falta de recursos humanos e a ausencia de partida orzamentaria para o ámbito da igualdade e, en cuarto lugar a carencia de concreción nos obxectivos e accións. Mentres os homes consideran como causas principais de dificultade que restan eficacia aos PIOMH que se dea prioridade a outras áreas, en primeiro lugar; a carencia de concreción nos obxectivos e accións en segundo lugar; en terceiro lugar a escasa credibilidade dos planes de igualdade e, por ultimo , en cuarto lugar, a percepción social de que xa está acadada a igualdade.

134 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA PERSOAL TÉCNICO E POLÍTICO DO CONELLO DE FENE

A resposta que mais veces aparece en primeiro lugar para os homes é “Mulleres” para as mulleres é “Toda a poboación en xeral”. En segundo lugar para os homes é coa mesma porcentaxe “Homes”, “Xuventude” e “Infancia” e para as mulleres “Xuventude”. En terceiro lugar, a opinión mais repetida dos homes é coa mesma porcentaxe “Homes” e “Xuventude” e a opinión mais repetida das mulleres é “Homes”.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

135


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA PERSOAL TÉCNICO E POLÍTICO DO CONELLO DE FENE

Ao solicitar as persoas que ordenaran de maior a menor importancia os axentes sociais destinatarios das accións que se propoñan no III PIOMH, considerando os que aparecen entre as tres primeiras posicións, os resultados que obtemos son os seguintes:

Comprobamos que mulleres e homes coinciden en sinalar como primeira opción de axentes sociais destinatarios das accións do III PIOMH ao “Profesorado de centros educativos”. As mulleres elixen como segunda opción ao “Persoal político do Concello” e os homes ao “Monitorado de actividades dirixidas a menores”.

136 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA PERSOAL TÉCNICO E POLÍTICO DO CONELLO DE FENE

Na pregunta 30 do cuestionario: Ordene por nivel de importancia os ámbitos o eixes que debería incluír o seguinte plan de igualdade, obtemos os seguintes datos

Comprobamos que na opinión das mulleres a primeira opción en importancia dos ámbitos ou eixes para o III PIOMH está “Combater a violencia de xénero” como primeira opción e como segunda cun 25% empatan a “Conciliación corresponsable da vida persoal, familiar e profesional” e “Educar en Igualdade”. En canto á elección dos homes, como primeira opción en importancia dos ámbitos ou eixes para o III PIOMH está a “Sensibilización xeral en temas de igualdade” e a segunda opción elixen “Combater a violencia de xénero”.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

137


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA PERSOAL TÉCNICO E POLÍTICO DO CONELLO DE FENE Na pregunta número 31 do cuestionario: Enumere as cinco medidas ou accións principais que debe emprender nun futuro o Concello de Fene para conseguir unha maior igualdade entre os homes e mulleres, detallamos as respostas das persoas consultadas: As 1as medidas propostas segundo cada persoa foron:

As 2as medidas propostas segundo cada persoa foron:

Formación. Formar ao profesorado. Plan emprego destinado mulleres desempregadas. Formación. Combater violencia xénero. Formación. Difusión das políticas de igualdade.

Conciliación. Formar ao persoal municipal. Asesoramento empresas no eido igualdade entre homes e mulleres. Conciliación vida laboral e persoal. Campañas igualdade. Sensibilización. Formar a todo o persoal en materia de igualdade.

As 3 as medidas propostas segundo cada persoa foron:

As 4as medidas propostas segundo cada persoa foron:

Emprego. Concienciación política. Liña subvencións destinada a elaboración plans de conciliación, emprego, etc. Igualdade de oportunidades nos traballos. Actos culturais igualdade. Actuacións exemplares. Utilizar unha linguaxe non sexista.

Axudas a sociedades que promovan a igualdade. Formación. Educación nos nenos/as e xuventude. Actos deportivos igualdade. Premiar a xente que destaque en distintos eidos nesa materia. Difusión social de políticas de igualdade.

As 5 as medidas propostas segundo cada persoa foron: Colaboración municipal con sociedades que promovan a igualdade. Campaña divulgativa concienciación social. Combater violencia. Publicidade. Unión dos políticos e sociedade civil sen partidismos. Publicidade de accións positivas realizadas.

138 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA INFORMANTES CLAVE DO CONCELLO DE FENE

GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA A INFORMANTES CLAVE DO CONCELLO DE FENE

O grupo maioritario de persoas participantes na enquisa de opinión foron mulleres. O grupo maior das persoas participantes situáronse na franxa de idade entre 40 e 44 anos, sobre todo pola participación de mulleres desta idade.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

139


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA INFORMANTES CLAVE DO CONCELLO DE FENE

Nestes gráficos vemos que de entre as persoas que contestaron á enquisa a maioría descoñece os contidos dos anteriores PIOMH, existindo maior coñecemento entre as mulleres. O 100% das persoas participantes na enquisa descoñece os resultados obtidos polos mesmos. Á pregunta Cal é a finalidade que na súa opinión debe ter un Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal (en adiante PIOMH)? As respostas das persoas participantes foron as seguintes: 1. Fomentar a condución de xeito formativo e informativo e con accións prácticas, dentro das competencias municipais. 2. A finalidade debe ser contribuír a que homes e mulleres teñan as mesmas oportunidades na vida e que sexan considerados como persoas en igualdade de condicións en todos os ámbitos da sociedade. 3. Igualdade de oportunidades para ambos sexos. 4. Me parece unha opción moi válida. 5. Establecer unha serie de actuacións para alcanzar a igualdade de oportunidades, eliminar a discriminación e levar a cabo medidas de acción positiva para as mulleres en todos os ámbitos sociais. En definitiva, un Plan de igualdade municipal debe corrixir as desigualdades, impulsar cambios sociais e culturais que acaden e consoliden a igualdade de oportunidades e ao tempo, introducir a perspectiva de xénero en todas as actuacións e áreas municipais. 6. Evitar a discriminación da muller. 7. Que a igualdade sexa real. non simplemente unha oferta de oportunidades senón que o entorno sexa favorable a esa igualdade de oportunidades. 8. Introducir e xeralizar unha cultura de igualdade. 9. Facilitar boas practicas. 10. Paridade, igualdade nos salarios ... 11. Fomentar a igualdade real entre mulleres e homes, pois as mulleres se atopan en moitas situacións en desequilibrio co home. 12. Visibilizar e dar resposta ás necesidades reais que presentan neste momento. 13. Fomentar a igualdade real de xéneros nos diferentes eidos e traballo en prol da sensibilización e visibilización das desigualdades existentes. 14. Identificar os problemas que evitan que exista esa igualdade de oportunidades e trazar unha serie de estratexias para solucionar eses problemas.

140 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA INFORMANTES CLAVE DO CONCELLO DE FENE 15. Promover (e lograr) que homes e mulleres non teñan ningún tipo de trato laboral desigual por cuestión de xénero. Empezando pola casa, o concello e difundindo esa conciencia e modo axeitado de funcionamento tanto entre os que contratan como n@s traballador@s. 16. Promover a actuación/participación en tódolos ámbitos/traballos das persoas independentemente do seu sexo, condición sexual ou social. 17. Igualdade no ámbito familiar, laboral e social. 18. Dar resposta ás necesidades detectadas non só visibilizar unha situación de desigualdade.

Mentres que a maioría das persoas informantes clave participantes na enquisa descoñecen se os PIOMH cumpriron as súas finalidades; máis mulleres que homes responden afirmativamente, convencidas de que as actuación en igualdade teñen en conta a situación socioeconómica municipal.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

141


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA INFORMANTES CLAVE DO CONCELLO DE FENE

Nos gráficos anteriores apreciamos, por un lado que son maioritariamente as mulleres as que recoñecen no seu ámbito de actuación unha presenza desequilibrada de homes e mulleres e, por outro, pode observarse como as mulleres que consideran que na toma de decisións a presenza equilibrada entre mulleres e homes é considerablemente menor que os homes que opinan da mesma maneira.

Con respecto aos salarios, o 86% dos homes consideran que as mulleres cobran igual salario polo mesmo traballo, fronte ao 56% das mulleres que consideran que homes e mulleres cobran igual salario polo mesmo traballo.

142 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA INFORMANTES CLAVE DO CONCELLO DE FENE

É baixa, sobre todo no caso dos homes, a porcentaxe de persoas informantes clave con formación en materia de igualdade.

Todas os homes e un 89% das mulleres participantes na enquisa a informantes clave contestaron afirmativamente á importancia da formación en material de igualdade tanto do persoal municipal tanto técnico como político.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

143


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA INFORMANTES CLAVE DO CONCELLO DE FENE

Para obter determinadas subvencións, a Xunta e a Deputación requiren ter vixente un Plan de Igualdade. Sabía vostede que o Concello de Fene solicita e obtén ditas subvencións para programas de conciliación, de saúde, prevenciaón e intervención en materia de violencia de xénero e coeducación?

No gráfico anterior obsérvase un importante coñecemento sobre as subvencións en materia de igualdade das que se beneficia o concello, ademais as persoas participantes valoran positivamente estas vías de financiamento.

144 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA INFORMANTES CLAVE DO CONCELLO DE FENE

É maior a porcentaxe tanto de homes como de mulleres informantes clave, que indican que non desagregan os datos por sexo.

A opinión dos homes repártese ao 29% entre os que opinan que non teñen cuberta as necesidades de conciliación e os que si, mentres que un 43% non o saben. En cambio, entre as mulleres, a porcentaxe de descoñecemento e moito menor e discrepan cos homes, posto que maioritariamente consideran que non teñen cubertas as necesidades de conciliación.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

145


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA INFORMANTES CLAVE DO CONCELLO DE FENE

Dos gráficos anteriores podemos destacar que máis da metade das persoas descoñecen se hai medidas de conciliación no concello; sen embargo, a metade das persoas que responderon a enquisa consideran que estas medidas de conciliación son útiles ou non o saben. Por último, en concordancia coa primeira resposta, máis da metade das persoas non saben se as medidas de conciliación existentes son suficientes.

146 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA INFORMANTES CLAVE DO CONCELLO DE FENE A pregunta 16 do cuestionario, consistiu nunha pregunta aberta que formula: Que necesidades teñen as mulleres e homes non resoltas polo municipio para conciliar a vida laboral familiar e persoal? As respostas obtidas foron as seguintes: 1. Non sei. 2. Para conciliar hai que deixar que homes e mulleres non teñan problemas á hora de pedir reducións de xornada, que poidan traballar dende casa, que existan máis escolas infantís e máis comedores escolares nos centros de ensino, axudados polo Concello. 3. Traballo. 4. Servizos de canguraxe; servizo de madrugadores. Os campamentos de verán non teñen prazas suficientes para toda a infancia e o tempo de duración dos campamentos urbanos non cobren todo o período vacacional dos/as menores que o precisan, no caso de que as nais/pais teñan que acceder a formación ou emprego. 5. Acceso a garderías infantís públicas, comedores escolares ... 6. Un servizo público matinal para aqueles pais/nais que teñen fillos/fillas. 7. Todos teñan traballo. 8. Horarios flexibles. 9. Máis garderías ou centros de atención a maiores. 10. Non podo opinar porque non o sei. 11. Deben dar resposta ás necesidades detectadas no momento de aplicalas, deben estar adaptadas ao contexto no que se están a aplicar. Moitas veces se desenvolven actividades para xustificar subvencións pero non están adaptadas ao que se necesita neste momento. 12. Penso que a conciliación non só implica ter un lugar onde deixar ás crianzas mentres os proxenitores traballan. Os permisos de maternidade e paternidade deberían ser máis longos, as xornadas laborais dos proxenitores con fillos menores deberían permitir o seu coidado e atención directa, ... Unha sociedade que permite que as horas de estancia das crianzas cos pais se reduzan a unhas poucas horas, nas que tamén inclúen as tarefas domésticas e o tempo de durmir, non pode derivar en crianzas e mozos sans e estábeis emocionalmente. A familia ten que ser o primeiro elemento educador e como tal, necesita de tempo de compartir, gozar e medrar conxuntamente. 13. Supoño que a flexibilidade horaria. 14. Non coñezo moi ben o mapa social de Fene xa que levo pouco tempo aquí. O que vexo é que en xeral nais separadas con fillos a cargo teñen dificultades para poder conciliar. E tamén parellas novas que teñan fillos e traballen os dous. Eu penso que é un problema fundo, xa que a situación de emprego actual, se é que o hai, é normalmente esixente con horarios e traslados. E o asunto da atención aos fillos polos propios pais redúcese. Aínda que en lugares como Fene é mais doado que os nenos estean atendidos por familiares próximos. 15. NON SEI. 16. Implementación dunhas medidas reais adaptadas as necesidades que presentan as familias . Non poden estar supeditadas á existencia dunha subvención , precisarían dunha partida económica estable e revisable. Tampouco poden limitarse á realización de festas e eventos que non calan na conciencia cidadá, son “parches”.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

147


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA INFORMANTES CLAVE DO CONCELLO DE FENE

Unha gran maioría das persoas participantes na enquisa consideran importante erradicar a linguaxe sexista, aínda que descoñecen as medidas a tomar para erradicala.

O 100% das persoas informantes clave participantes na enquisa consideran que sería importante un axente de coordinación nos temas de igualdade.

148 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA INFORMANTES CLAVE DO CONCELLO DE FENE

Máis da metade das persoas participantes na enquisa coñecen o Servizo Municipal de Atención á Muller de Fene. A mulleres utilizaron e colaboraron ou divulgaron en maior medida os servizos ou actividades do SMAM.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

149


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA INFORMANTES CLAVE DO CONCELLO DE FENE

Pode observarse como, tanto na corresponsabilidade nas tarefas domésticas, como no coidado de menores e maiores dependentes as mulleres seguen a ter maiores cotas de responsabilidade. Así mesmo, vemos como as opinións das persoas que responderon á enquisa son distintas dependendo de se son homes ou mulleres.

150 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA INFORMANTES CLAVE DO CONCELLO DE FENE

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

151


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA INFORMANTES CLAVE DO CONCELLO DE FENE

Nos anteriores gráficos pode observarse como as mulleres dan como prioridade para a elaboración do III Plan Municipal de Igualdade o eixo “Combater a violencia de xénero”, mentres que os homes priorizan o eixo “Educar en igualdade a menores e mocidade”. En segundo lugar, as mulleres empatan en puntuación os eixes “Educar en igualdade a persoas adultas” e “Educar en igualdade a menores e mocidade”; mentres os homes sinalan coa mesma puntuación, os eixes: “Sensibilización xeral en temas de igualdade” e “Conciliación corresponsable da vida persoa, familiar e profesional”. En terceiro lugar, as mulleres sinalan o eixe “Conciliación corresponsable da vida persoa, familiar e profesional”, mentres que os homes, destacan “Educar en igualdade a menores e mocidade”.

152 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA INFORMANTES CLAVE DO CONCELLO DE FENE

Ao solicitar as persoas que ordenaran de maior a menor importancia a poboación destinataria das accións que se propoñan no III PIOMH, considerando os que aparecen entre as tres primeiras posicións, os resultados que obtemos son os seguintes:

A resposta que mais veces aparece en primeiro lugar para homes e mulleres é Toda a poboación en xeral. En segundo lugar para os homes é Xuventude e para as mulleres Infancia e Xuventude. En terceiro lugar, a opinión mais repetida dos homes e das mulleres é Xuventude.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

153


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA INFORMANTES CLAVE DO CONCELLO DE FENE

Comprobamos que os homes sinalan como primeira opción de axentes sociais destinatarios das accións do III PIOMH ao Profesorado de centros educativos. Mentres as mulleres consideran primeira opción ao Monitorado de actividades dirixidas a menores. En segunda opción os homes sinalan ao Monitorado de actividades dirixidas a menores (extraescolares, clubs deportivos, etc.); mentres que as mulleres elixen como axentes sociais destinatarios das accións do III PIOMH en igualdade de puntuación ao Persoal técnico do Concello e ao Empresariado. A terceira opción para os homes é Persoal político do Concello, mentres que para as mulleres é, de novo, o Monitorado de actividades dirixidas a menores (extraescolares, clubs deportivos, etc.)

154 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA INFORMANTES CLAVE DO CONCELLO DE FENE Na pregunta número 25 do cuestionario: Enumere as cinco medidas ou accións principais que debe emprender nun futuro o Concello de Fene para conseguir unha maior igualdade entre os homes e mulleres, detallamos as respostas das persoas consultadas: As 1as medidas propostas segundo cada persoa foron: Medidas de conciliación. Educar. Concienciar á xente. Fomentar emprego. Educación. Coeducación real en todos os eidos. Traballar a conciliación. Igualdade na contratación. Concienciación social. Educación. As 3 as medidas propostas segundo cada persoa foron: Acceso á formación para o emprego das mulleres. Conciliar. Becas formación. Campañas de calado. Difusión. Formar, promover e incentivar axentes voluntarios pola igualdade en todos os eidos. Atraer aos homes cara a conciencia da importancia da súa participación para que as cousas cambien. Transversalidade entre concello e cidadanía. Deporte.

As 2as medidas propostas segundo cada persoa foron: Sensibilización infancia e xuventude. Informar. Eliminar as barreiras. Concienciar empresarios. Prevención desigualdade. Emprego conciliador para familias. Investir en formación de formadores. Concienciación de todos os espectros sociais. Fomentar a igualdade. Emprego. As 4as medidas propostas segundo cada persoa foron: Loita pola erradicación da violencia de xénero e intervención integral. Protexer. Conciliación familiar e laboral. Premios a boas practicas. Promoción. Traballo con infancia e xuventude coma piares para unha sociedade futura igualitaria. Actos culturais atractivos que falen dos tema: igualdade en xeral, amor violencia de xénero. Concienciación dende a infancia. Formación.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

155


05. RESULTADOS DA AVALIACIÓN DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA Á ENQUISA INFORMANTES CLAVE DO CONCELLO DE FENE As 5 as medidas propostas segundo cada persoa foron: Participación social e empoderamento das mulleres. Vixiar. Verificación. Obradoiros para familias en prol da concienciación das desigualdades xeradas por unha educación sexista. Revalorizar a visión feminina e contar con ela para a ordenación da vida do concello (incluídos plans urbanísticos, por exemplo ...) Modificación horarios garderías. Benestar.

156 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


CONCLUSIÓNS E RECOMENDACIÓNS

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

157



CONCLUSIÓNS E RECOMENDACIÓNS Valoración Xeral A nivel xeral resumimos as principais conclusións: Debido ao longo período de tempo transcorrido entre a data de finalización do II PIOMH, ano 2013, e a data de avaliación, ano 2016, resultou especialmente dificultoso atopar datos dalgunhas das áreas sinaladas no II PIOMH. Coherencia e pertinencia entre os obxectivos formulados e as accións desenvoltas. O II Plan Municipal de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Fene estivo ben estruturado, organizado e con accións ben delimitadas, sen embargo, resultou excesivamente ambicioso no volume de accións propostas. En canto aos obxectivos específicos, observase concentración de actividades en parte de accións propostas, quedando outra parte destas accións sen actividades. Isto xera unha descompensación nos esforzos o que deberá terse en conta a hora de propoñer accións no seguinte PIOMH. Ausencia dunha metodoloxía de traballo clara e compartida, así como a falla de ferramentas sistematicamente organizadas e planificadas para o seguimento e avaliación do II PIOMH. Non existe constancia de terse recollidos os resultados previstos a acadar con cada actuación, nin os resultados finalmente acadados en moitas delas. Outro aspecto a mellorar ou fortalecer é a necesidade dun maior diálogo e compromiso con todos e cada un dos axentes con intereses no PIOMH. Faise, pois, preciso clarificar, artellar e pór en marcha os mecanismos de coordinación, participación e seguimento do Plan. A nivel político, a participación e implicación na avaliación do II PIOMH é mellorable, precisaríase máis respaldo e implicación. A nivel técnico - administrativo algúns departamentos implicáronse máis que outros, sendo os máis implicados aqueles departamentos máis “próximos” ás políticas de igualdade. Estabilidade no tempo dos programas e servizos de conciliación da vida laboral e familiar, así como unha oferta variada, aínda que mellorable: Verán máis Alá! (campamento de conciliación), Servizo de Axuda no Fogar e Escolas Infantís. PERTINENCIA DUN NOVO PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES. Neste senso, a nivel técnico, existe consenso na valoración positiva dos efectos dos PIOMH postos en marcha ata a data o que motiva a necesidade da elaboración do III Plan de Igualdade Municipal do Concello de Fene.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

159


CONCLUSIÓNS E RECOMENDACIÓNS Dificultades e facilidades para a execución e implementación do III PIOMH PRINCIPAIS DIFICULTADES DETECTADAS PARA A IMPLEMENTACIÓN DO II PIOMH Redución de recursos económicos. Sensibilidade e implicación política mellorable. Escaso nivel formativo e sensibilización en temática de igualdade do persoal político e técnico. Escaso nivel formativo e sensibilización en temática de igualdade en parte de axentes sociais significativos do concello. Desequilibrios nas actuacións con respecto as propostas no PlOMH. Falta de coordinación, planificación e metodoloxía compartida. Carencia dunha avaliación sistemática das accións levadas a cabo.

PRINCIPAIS FACILITADORES DO II PIOMH Implicación e vontade do persoal técnico de áreas implicadas directamente nas actuacións de xénero: Servizos Sociais, Educación, Cultura, Deportes, Formación e Emprego. Implicación e colaboración dalgunhas áreas do concello non involucradas directamente no proxecto. Implicación dalgúns axentes sociais da comunidade. Esforzo do persoal implicado de xeito directo a pesar das dificultades económicas e técnicas. Coherencia e pertinencia das accións propostas. Alta participación cidadán nas accións desenvoltas. Existencia e permanencia das políticas de Igualdade a través do Servizo Municipal de Atención á Muller do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Fene.

160 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


CONCLUSIÓNS E RECOMENDACIÓNS Recomendacións na elaboración do III PIOMH RECOMENDACIÓNS PARA A ELABORACIÓN DO III PIOMH DO CONCELLO DE FENE Dos resultados da avaliación do II PIOMH do Concello de Fene, despréndese a necesidade de propoñer un III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes que permita tanto continuar cos programas e accións exitosas, como que propoña novas actuacións que teñan como base a experiencia do PIOMH anterior. Nesta liña, a continuación expóñense unha serie de propostas orientativas cara á elaboración do III Plan de Igualdade Municipal do Concello de Fene. Implicar de xeito total, efectivo e normalizado ao persoal técnico e político do concello Continuar a proposta de formación ao persoal técnico e político do concello Fortalecer a visión estratéxica do III PIOMH Introducir a perspectiva de xénero nos orzamentos municipais Deseñar métodos, técnicas e ferramentas que permitan aplicar o enfoque integrado de xénero ou “mainstreaming de xénero” nas políticas públicas locais a través do propio plan Mellorar a coordinación entre os diferentes departamentos municipais Definir e delimitar responsabilidades, funcións e competencias entre o persoal técnico e político do concello no ámbito da igualdade Planificar e describir metodoloxicamente as distintas fases do III PIOMH Temporizar as medidas ou actuacións Asinar Concellerías, Departamentos ou Áreas municipais responsables das medidas ou actuacións Dotar de instrumentos de recollida de información e avaliación a todos os axentes implicados (persoal técnico e político do concello, axentes sociais, educadores, etc.) Programar e desenvolver reunións periódicas para planificar e coordinar a execucións das accións do PIOMH que fomenten a colaboración interdepartamental do concello Mellorar os sistemas e instrumentos de seguimento e avaliación das actuacións. Reforzar as relacións de colaboración nesta materia coas asociacións e entidades municipais en xeral, e coas de mulleres en particular

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

161


CONCLUSIÓNS E RECOMENDACIÓNS Recomendacións na elaboración do III PIOMH

Actuar naqueles obxectivos non acadados e/ou con mínimas actuacións no II PIOMH Adaptar os obxectivos, áreas e actuacións aos retos da realidade social e política actual Facer unha avaliación anual interna do PIOMH, co obxecto de priorizar actuacións en función das necesidades e grado de cumprimento do Plan Incrementar a participación, receptividade e implicación dos homes na elaboración e participación do III PIOMH.

162 AVALIACIÓN II PIOMH FENE


BIBLIOGRAFÍA

BIBLIOGRAFÍA 100 PALABRAS PARA LA IGUALDAD. GLOSARIO DE TÉRMINOS RELATIVOS A LA IGUALDAD ENTRE HOMBRES Y MUJERES. Comisión Europea. 1999. II PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL DO CONCELLO DE FENE. Concello de Fene. 2008. AYALA CASTRO, M.C.; GUERRERO SALAZAR, S. Y MEDINA GUERRA, A. M.: “Guía para un uso igualitario del lenguaje administrativo”. Diputación de Málaga. Málaga. 2004. DOCUMENTO MARCO PARA LA GESTIÓN DE LAS POLÍTICAS LOCALES DE IGUALDAD. Federación Española de Municipios y Provincias. 2005. EVALUACIÓN DE LAS POLÍTICAS DE IGUALDAD. Instituto de la Mujer. 2000. GUÍA PARA ELABORAR PLANES LOCALES DE IGUALDAD ENTRE MUJERES Y HOMBRES. Federación Española de Municipios y Provincias. 2005. GRUPO DE ESPECIALISTAS EN MAINSTREAMING: “Mainstreaming de Género. Marco conceptual, metodología y presentación de buenas prácticas”. Instituto de la Mujer. Madrid. 2003. INSTITUTO DE LA MUJER. “Módulo de sensibilización y formación continua en igualdad de oportunidades entre mujeres y hombres para persoal de la Administración Pública”. Ministerio de Igualdad. 2009. JORNADAS “POLÍTICAS DE IGUALDAD Y PLANES INTERNOS DE IGUALDAD DE OPORTUNIDADES Y EMPLEO EN LAS ADMINISTRACIONES PÚBLICAS” Madrid, 13 y 14 de diciembre 2010 SITUACIÓN ACTUAL DE LAS POLÍTICAS Y PLANES DE IGUALDAD EN EL ÁMBITO MUNICIPAL. Federación Española de Municipios y Provincias. 2001.

AVALIACIÓN II PIOMH FENE

163


BIBLIOGRAFÍA

164 AVALIACIÓN II PIOMH FENE




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.