Conto chorimasissuu

Page 1


Proxecto socioeducativo desenvolvido por


Autores e autoras: Alumnos e alumnas de 6º de primaria do C.P.I de Bembibre Paula Fernández Cancela Gisela Fraga Antelo Ashley Freire Díaz Mencía García Castro Joaquín Goris Abelenda Adriana Martínez Fernández David Sebastián Mercado Callaú José Adrián Muíño Gómez Raúl Nieto López Ismael Noya García Marta Parcero Remuiñán Andrea Pensado Guillín Alejandro Pérez Domínguez Martín Ramas Muiño Lucía Requejo Banzas Sofía Señarís Cajaraville Agradecementos:

CONCELLO DE VAL DO DUBRA Alcaldía: Antonio Negreira Noya Concellería de Servizos Sociais: Rosa Mª Domínguez Rial Educadora familiar : Carmen Noya Iglesias C.P.I DE BEMBIBRE Profesora: Lucinda Andrade Cives Edita: Concello de Val do Dubra Desenvolvemento e execución do proxecto: SENES Desenvolvemento comunitario

Directora do proxecto:

Coordinadora do proxecto: Fátima Fernández Sánchez

Ilustracións e Maquetación: Eva Bello Alonso

Déposito legal: C 1150 - 2016

María Vázquez Lavandeira


Paula

Martín

Mencía

Joaquín Adriana

Raúl

Gisela

Martín

Marta

Sofía Marta

Ashley Raúl

David

Gisela

Gisela

Joaquín

Ismael

Alejandro

David Marta

Adriana Paula

Alejandro

David

José

Ashley Lucía

Sofía

Ismael

Lucía

Martín José

Andrea

Alejandro

Andrea Ismael

Sofía

Lucía Ashley

Raúl

David

Adriana Mencía

Mencía José

Andrea

Joaquín


Introdución: No conto que tés nas túas mans aparecen mulleres que viviron en diferentes épocas históricas e que tiveron vidas moi diferentes. Hai moitas mulleres que cambiaron a historia grazas á súa valentía, e aínda que aquí só falamos de seis, houbo e segue habendo moitas que seguen loitando para acadar os mesmos dereitos que os homes en todo o mundo.

Sabías que ... A muller celta era relativamente independente en relación

ao home en moitos casos. Entre os celtas era normal que as mulleres desempeñaran as funcións de guerreiras, e demais tarefas de reponsabilidade igual cós homes. A muller celta era libre e dona do seu destino e se casaba non entraba na familia do marido, senon na súa de orixe. Os celtas tiñan o costume chamado “casamento temporeiro” ou “casamento anual”. Este tiña o mérito de salvagardar a independencia e liberdade da muller.

Cleopatra (69 a.C-30 a. C) foi a última raíña do Antigo Exipto.

A pesar de ser coñecida pola súa beleza, algúns gravados e debuxos afirman que a súa verdadeira beleza estaba na súa intelixencia e personalidade máis ca no seu aspecto físico. Ademais foi a primeira da dinastía en falar o exipcio, e tamén grego, hebreo, sirio, arameo e pode que tamén latín.


Xulia Augusta

(59 a.C-29 d. C) caracterizouse por participar activamente en política e por boa administradora. A pesar de ser moi popular en Roma nunca levou excesiva xoiería nen vestidos moi luxosos. Ocupabáse dos labores domésticos e facía ela mesma a súa roupa.

As mulleres chinesas dos “pés de loto” (dende o

século X ata o ano 1949) tiñan os pés vendados para impedir que lles medrasen. Foi unha práctica que se orixinou nas bailarinas de clase alta no século X e pasou a estenderse entre a clase alta e a burguesía. As clases máis baixas non o practicaban porque impedía que as mulleres traballasen. O vendado de pés volveuse moi popular porque para os homes era moi atractivo, polo que moitas familias de clase baixa comezaron por vendarlle os pés á filla maior co propósito de convertela en dama. A intención era que a filla lograra un matrimonio avantaxado para poder manter á familia. O declive desta práctica comezou a principios do século XX e foi no 1949 cando foi prohibida.

A muller galega (1914-1985)

que traballaba na mina de Varilongo traballou xunto cos homes na mina na extracción de Wolframio para a II Guerra Mundial. Sabemos que traballaron igual cós homes por fotografía e tradición oral. Moitas das mulleres galegas saíron a traballar á mina e ao chegar á casa tiñan que seguir traballando en tarefas domésticas atribuídas tradicionalmente á muller, polo que a penas tiñan descanso.


Amelia Earhart (Xullo de 1897- Xullo de 1937) Foi unha

aviadora estadounidense coñecida polas súas marcas de vó e por intentar realizar a primeira viaxe ao redor do mundo. Foi a primeira muller en cruzar o Atlántico ela soa, e sempre impulsou a participación das mulleres na aviación. Desapareceu no pacífico nun dos seus vós e nunha das súas cartas dicía :

«Son consciente dos perigos, quero facelo porque o desexo. As mulleres deben intentar facer cousas como o fixeron os homes. Cando eles fallaron os seus intentos deben de ser un reto para outros ». Amelia Earhart


Paula

Martín

Mencía

Joaquín Adriana

Raúl

Gisela

Martín

Marta

Sofía Marta

Ashley Raúl

David

Gisela

Gisela

Joaquín

Ismael

Alejandro

David Marta

Adriana Paula

Alejandro

David

José

Ashley Lucía

Sofía

Ismael

Lucía

Martín José

Andrea

Alejandro

Andrea Ismael

Sofía

Lucía Ashley

Raúl

David

Adriana Mencía

Mencía José

Andrea

Joaquín



Paula

Martín

Mencía

Joaquín Adriana

Raúl

Gisela

Martín

Marta

Sofía Marta

Ashley Raúl

David

Gisela

Gisela

Joaquín

Ismael

Alejandro

David Marta

Adriana Paula

Alejandro

David

José

Ashley Lucía

Sofía

Ismael

Lucía

Martín José

Andrea

Alejandro

Andrea Ismael

Sofía

Lucía Ashley

Raúl

David

Adriana Mencía

Mencía José

Andrea

Joaquín


Era un día soleado da primavera do 2004. Lidia e Marcos paseaban polo Picoto, o punto máis alto de Val do Dubra. Estaban collendo chorimas para facer un ramo e ao tirar dunha póla con espiñas pero suave, viron que era tan longa que parecía non ter fin. E de súpeto unha luz coma un lóstegro pasou e quedaron patas arriba.


E

rguéronse e descubriron un pasadizo. - Lidia, onde estamos? Que foi iso? Teño medo!- di Marcos tremendo. - Non sei Marcos. Estás ben? Levaches golpe? - Non, non me doe nada, pero teño medo. - Mira, mira, aí hai unha luz! - Ai si! Mira, mira! É unha máquina. Mira cantos botóns ten!

Nese momento achegáronse amodiño e comezaron a tocar os botóns e saíu unha mensaxe nunha pantalla.

“INTRODUCE UNHA CHORIMA NA CÁPSULA B51”


M

eteron a flor no burato da porta e de súpeto cun vento moi forte foron a rastro ata un túnel onde empezaron a dar voltas como un calcetín nunha lavadora.

Cando a máquina parou e conseguiron erguerse, escoitaron:

“ACABADES DE ENTRAR NA MÁQUINA DO TEMPO. SE NUNHA HORA NON LOGRADES CAMBIAR UNHA CHORIMA DO RAMO POR FLORES DOUTRAS ÉPOCAS HISTÓRICAS, A MÁQUINA DESINTÉGRARASE E NON PODEREDES VOLTAR Á VOSA CASA”


M

arcos e Lidia miráronse con moito medo. Tiñan un mareo enorme e non sabían onde se atopaban. Era un pobo moi diferente cunhas casiñas pequenas redondas e con tellado de palla rodeadas dunha muralla mirando ao mar. - Que facemos? - Pregunta Marcos. E Lidia moi nerviosa dille - Marcos, que imos facer? Buscar outras flores! E empezaron a camiñar a ver se atopaban a alguén - Quen vivirá aí?- Pregunta Marcos. - Marcos, non o sei! Pero temos que conseguir as flores! Veña! Imos!


- Lidia,mira! Unha rapaza! - Onde? Eu non vexo a ninguén! - Alí está! Detrás da árbore. E tamén está collendo flores que semellan chorimas. A medida que se van achegando ven que hai flores parecidas ás chorimas. - Mira Marcos! Non teñen espiñas. A rapaza parece que ten medo e agóchase detrás da árbore. -Ola! Ola! - di Marcos dirixíndose cara á rapaza. Pero a rapaza non contesta. - Ola! Ola!- achégaselle Lidia - Que flores tan bonitas tés! Nós tamén temos un ramo. Queres unha? Entón a rapaza vaise achegando e dálle unha flor.

- Como se chaman? - Pregunta Marcos - Son Xestas. E cando Marcos coloca a xesta no ramo das chorimas comezaron a xirar..

... e xira que xira xirando ...


E

Chegaron a un lugar moi fermoso, parecía un templo, onde se escoitaba unha música - Lidia, que é iso? Nunca escoitei esa música! - Ohhh! Canta xente! Mira como vai vestida aquela muller! Mira que leva na cabeza! - Sssshhhhhhh Cala Lidia! Que nos van ver.


Estaba todo o mundo calado, sen facer barullo, e Lidia e Marcos sen dicir nin pío ata que se escoitou unha voz … - “ Estamos aquí presentes para a unión matrimonial entre Cleopatra e Marco Antonio” Marcos e Lidia quedaron coa boca aberta mirando o que facían e cando todo rematou e Cleopatra e Marco Antonio saían para fóra ... - Imos, imos detrás! - Di Marcos. Marcos, atolondrado pola beleza de Cleopatra, caeu de cú enriba da cola do seu vestido. Cleopatra mirou para atrás, e levantando a man esquerda berrou - GARDAS ... GARDAS!! Nese momento caeulle o ramo de flores da man.

Lidia, moi avispada, lanzouse a por el, e no aire, intercambiou unha flor de loto pola chorima e nese intre comenzaron a xirar

... e xira que xira xirando ...


A

topáronse no medio dunha loita romana. Marcos e Lidia, aínda co susto no corpo, viron unha muller cunha fermosa rosa na cabeza. - Mira! Mira! Marcos!

E sen pensalo comezaron a correr para achegarse á muller que tiña a rosa, pero os gardas detéñenos.


- Quen sodes? Que facedes aquí? Entón romperon a chorar. A muller que escoita o seu choro achégase e pregúntalles. - Que buscades? Por que chorades? E Lidia dille. - Temos que cambiar esta chorima por outra flor para poder chegar á nosa casa.

E ela, sacando a rosa da cabeza, entregoullela. E cando Marcos coloca a rosa no ramo das chorimas comezaron a xirar...

... e xira que xira xirando ...


PLAFF!!

bateron de morros contra unha parede de pedra - Ai!, Ai!, Ai! o meu nariz! - di Marcos. - Ai!, Ai!, Ai! o meu pé! - di Lidia. - ¿Haberá alguén dentro desta casa? - pregunta Marcos. -Espera Marcos, mira!! é incrible!! esta parede non ten fin, parece a muralla de Lugo! - A de Lugo será a irmá pequena, porque mira ata onde chega, os meus ollos non alcanzan a ver onde remata! Veña imos, que nos queda pouco tempo.

- Ai, ai, non podo camiñar! creo que me manquei no pé. - Ola, precisades axuda?- achegóuselles unha muller chinesa. - Onde estamos? - pregunta Marcos. - Estades na China. Lidia non podía sacar os ollos dos pés da muller. - Estás a mirar os meus pés, verdade? - dixo a muller. Lidia non falaba.

- Mira, vouche amosar, aquí de onde somos nós, canto máis pequenos teñen os pés as mulleres, máis fermosas son. Mira o meu zapato que pequeno é. -Ooooh- dixo Lidia abraiada.


- Veña, imos que temos que atopar flores e non chegamos- di Marcos. -Buscades flores? - di a muller -dentro da muralla está o gran xardín, aí atoparedes cantas queirades, veña que vos acompaño. Alí foron e atoparon unha fermosa flor, unha peonía que xuntaron co seu ramo.

... e xira que xira xirando ...


C

aeron nun burato! Estaban ata arriba de pó!

- Ai Lidia, isto móvese! Onde estamos? SOCORROOOO A xente que estaba ali traballando ao escoitar os berros foi correndo. - Estades ben? Esperade! Non vos asustedes que vos imos sacar de aí!


U

nha vez fóra preguntaron - Onde podemos atopar flores? E a muller que levaba un cesta de pedras na man, díxolles. - Ai non … Aquí non hai flores. Esta é a mina de Varilongo. Para atopar flores tedes que ir a fóra da mina.


E

ntón comezaron a camiñar por uns camiñiños estreitos ata que viron unhas árbores altas, e, ao chegar a esas árbores, viron moitas flores de cores, e Lidia agachouse para coller unha margarida. De súpeto Marcos escoita un ruído e ve un camión. - Apura Lidia que vén un camión! - Lidia colle a margarida e comeza a correr. Marcos subindo ao camión berra - Lidiaaaaaa! -Marcooos! non me deixes aquí! - Corre Lidia, agárrate da miña man! Nun chimpo Lidia alcanzou a man de Marcos. - Marcos, non podo máis, non son quen de subir. - Vamos Lidia, non te rindas! - Non podo Marcos, sóltame! -Non Lidia, ti sempre fuches moi forte, veña, á de tres: unha, dúas, TRES!

- Ben Lidia, ben feito!, buff que susto. Oh! só quedan tres segundos! Lidia xunta a margarida co ramo. Nese intre a camioneira acelera a toda velocidade e o camión comeza a voar, transformándose nun helicóptero.


C

ando chegan ao Picoto a piloto, mirando para eles, sorrí e dilles: - Misión cumprida! -Oh! pero se é Amelia Earthart! -Pois sí Marcos, non sei de que te estranas despois do día que levamos!! Lidia, Marcos e Amelia comezaron a escachar coa risa.


C

ando tocan terra, baixando do helicรณptero, ven despegar a mรกquina do tempo levando un pรณ de estrelas detrรกs dela. Empeza a desintegrarse e... desaparece.


D

éitanse no chan, mirando cara ó ceo que lles parece máis luminoso ca nunca. Respiran fondo despois da angustia que acaban de pasar.


E

nese momento escoitan - Lidia! Marcos! - Era a súa familia que andaba na súa procura. - Pero, onde vos metestes? Marcos levanta o ramo de flores - E ese ramo de flores tan bonito?

- É unha longa historia... - Si, eu diría que é unha Historia con maiúscula - di Lidia.


E

así, comezan a camiñar falando da súa gran aventura onde aprenderon como vivían mulleres e homes en distintas civilizacións.


I

sto explica por quĂŠ hai chorimas polo mundo adiante e conviven con orquĂ­deas, peonias, flores de loto, rosas... En fin, todas flores distintas, como as mulleres de cada ĂŠpoca e lugar, pero igual de fermosas e merecedoras de ser respectadas e queridas.




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.