Laura
Autores e autoras: Laura Amado Martínez Noela Dosil Romero Miguel Leis Lema Gabriel Lema Domínguez Zaira Montero Villar Salomé Olveira Rivas Paula Vilariño da Silva
Adrián Abeijón Priegue Manuel Insua Nimo María Beatriz Lires del Río Paula Luhía Bouzas Raúl Oliveira Rivas Alba Sendón Rey Antía Torea Rey Aarón Torrejón Fernández Joel Varela Castro Fabián Villar Lourido
Agradecementos:
Fabián
Salomé
Joel
Adrián
Paula V.
Centro de Información ás Múlleres de Outes: Mª Jesús Lourido Vidal- Asesora Xurídica Dolores Mayán Vilariño- Psicóloga
Miguel
Zaira
Titoras de 1º e 2º de Educación Primaria do CEIP Emilio Navasqüés:
Alba
Marian Paredes Villaronga- Titora de 1º de Educación Primaria Mercedes Cereijo Tuñas- Titora de 2º de Educación Primaria Edita: Concello de Outes. Concellería de Muller, Igualdade e Educación
Antía
Desenvolvemento e execución do proxecto: SENES Desenvolvemento comunitario
Director do proxecto: Damián Vázquez Lavandeira Coordinadora do proxecto: Fátima Fernández Sánchez Ilustración e Maquetación: Eva Bello Alonso
Déposito legal: C 3117-2011
Noela
Salomé
Noela
Bea
Paula V.
Aarón
Laura
Noela
Fabián
Salomé
Joel
Adrián
Paula V.
Antía
Alba Antía Noela
Gabriel Manuel
Miguel
Paula L.
Zaira
Raúl Paula V.
Aarón
Bea
Manuel
Miguel
Zaira
Salomé
Aarón
Raúl
Paula L. Laura
Joel
Fabián Bea
Introdución: O Concello de Outes a través do Centro de Información ás Mulleres no marco das actividades de promoción da igualdade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia, desenvolveu durante o ano 2011 o programa de coeducación “Conto contigo”. Este proxecto foi executado por SENES Desenvolvemento comunitario no primeiro ciclo de primaria do CEIP Emilio Navasqüés durante os meses de setembro, outubro e novembro. “Conto contigo” asentouse no papel das familias como axente fundamental do proceso educativo e socializador das nenas e nenos e consistiu na elaboración dun conto que permitise ás familias amosar ás súas fillas e fillos as desigualdades entre homes e mulleres, nun paso previo á superación destas. O conto foi obra do alumnado e titoras de 1º e 2º de Educación Primaria do CEIP Emilio Navasqüés, e foron as creadoras e creadores, inventoras e inventores das historias, dos personaxes, dos diálogos, das paisaxes… e desta abundancia de ilusión común naceu: “Floy e a xanela do colexio”, un conto por e para a igualdade. É un conto para ler en familia, pais e nais, fillos e fillas, avós e avoas, netos e netas, para imaxinar xuntos realidades diferentes, fantásticas, coloristas, divertidas, … cheas de situacións próximas e coñecidas … en definitiva, un conto que, como recurso didáctico, ofrece múltiples posibilidades no ámbito da coeducación.
Floy é un paxariño de cores ao que lle gusta moito voar. Dar viravoltas e pinchacarneiros no aire é o seu pasatempo favorito, por iso lle encanta percorrer os viraventos do monte Tremuzo, onde un día decidiu poñer a súa casiña.
Cando se cansa de dar voltas, observa todo o que acontece na vila, porque ĂŠ un paxariĂąo curioso e sempre quere aprender cousas novas.
Nun día de outono, cando as árbores mudan as follas, Floy albiscou un brillo estrano, e decidiu achegarse para ver o que era. Viña da xanela do colexio! Quedou mirando dende fóra e viu que iso que brillaba tanto eran as pulseiras que estaban a facer nenas e nenos por igual.
Floy: Que cousa tan bonita! Emocionouse tanto que chocou co peteiro na xanela. Bateu tan forte que ata se moveu a b贸la do mundo, esa na que as rapazas e rapaces aprenden onde se atopan os pa铆ses!
De súpeto xiraron as cabezas e viron a Floy! Paula: Mirade, un paxaro de cores! Aarón: Siiiiii, que fermoso! A profesora abriu a xanela; Floy entrou de súpeto na aula e colleu unha das pulseiras co peteiro. Fabián: Ei! volta aquí, devólveme a miña pulseira da igualdade!
Floy: Gústame moito!... Igualdade dis? E iso que é? …Quero saber máis cousas. Merche: Ai si? Pois entón queda con nós. Verás como nos divertimos!
Floy axudou a rematar as pulseiras, e viu como nenas e nenos as facían e lucían por igual! Floy pasouno tan ben, que non marchou sen antes deixar unha nota escrita na folla dunha árbore.
Nese momento uns peliños de cores esparexéronse por toda a aula e toda a clase sentiu unhas cóxegas na barriga. Que nervios!!! Noela: Oh, oh ... El sabe o que andamos a facer. É máxico! Bea: Un paxaro máxico que nos espía! Manuel: Si! E que quere falar de igualdade!
Así foi como comezaron a escribirlle cartas a FLoy, tal e como lles pedira. Falaron coa profesora para convencer a Abelardo, o condutor do autobús e organizar unha excursión ao monte Tremuzo. Joel: Que ilusión! Salomé: Si! Imos coñecer a Floy e onde vive! Cando subiron ao bus, fixáronse nun detalle, Abelardo levaba bolso!!! Igual que as mulleres!
Dende o alto do monte Floy!
puideron verse igual que os vía
Manuel: Mirade, dende aquí arriba podemos ver toda a ría! Zaira: Si, que bonito é onde vivimos Adrián: Mirade os barcos das nosas nais e pais! Aarón: Floy!, Floooy! Antía: Non, non é, ohhhh Raúl: Mira, mira… aquel si que parece Floy! Paula: Seguro que é unha amiga de Floy, non credes? Floy sabe que estamos aquí, é máxico! Laura: Temos que seguir investigando sobre a igualdade, foi o que nos dixo. Lembrades?.
Ao día seguinte un ambiente de tristeza inundaba as aulas do primeiro ciclo … pero, de súpeto, a profesora espirrou. Ao mirar ao chan decatouse dun regueiro de peliños de cores, que saían dende a aula e se perdían polo corredor. Marian: Alaaa, seguro que aquí estivo Floy mentres que iamos de excursión! Imos seguir a pista, a ver se o atopamos! Seguiron o camiño de cores e chegaron ata a biblioteca. Aló viron moreas de libros e algún ata tiña algunha esquiniña peteirada.
Puxéronse a lelos e atoparon cousas moi curiosas! Homes guerreiros, xuíces, curas e homes con gaitas que vestían saias. Abraiados descubriron que mulleres moi elegantes puñan garavatas … a roupa non tiña por que ser unha diferenza entre as persoas!
Aquela noite sentiuse un eco que se estendeu por toda a vila. Era Floy entrando nos soños das nenas e nenos de Outes! Os soños eran de cores! Floy pintábaos de rosa, amarelo, azul… e lembráballes as cousas que viran nos libros.
Esa noite durmiron mรกis felices que nunca.
Pola mañá a clase estaba moi alborotada! Gabriel: Floy entrou nos meus soños. Alba: E nos meus! Paula:Dixo que tiñamos que voltar a ler os contos de sempre! Manuel: E por que será? Imos ver!
Cando chegaron á biblioteca e foron abrindo un por un os contos, decatáronse de que todos tiñan a última folla peteirada e comida…
Salomé: Alaaa Miguel: Este Floy! Fátima: Pois nada, teremos que inventarnos o final, a ver que pasa!!
Dito e feito! Entre todas e todos puxéronse a trocar os contos coa imaxinación. Descubriron que a Cincenta non quería poñer zapatos de tacón nunca máis porque prefería unhas deportivas. Tamén se decataron de que a princesiña de Aladino non quixo casar con el. Ela ía rematar os seus estudos de Química para ser unha famosa cientifíca! Ahhh … e sorprenderónse ao ver como a Bela decidira saír coas súas amigas e amigos porque se aburría bailando coa besta.
Floy escoitaba as historias dende a xanela e gozaba co moito que aprenderan nenas e nenos. Para despedirse deixoulles unha mensaxe mรกxica no ceo:
lloso i b a r a o m e m r i escubr d r o ldade P a u g i da mundo ico.
Un
x รก m o abraz
Floy