Autores e autoras: 4º EP Castro, Jesús Antonio Baneira García, Ainoa Bermúdez Blanco, Javier Charlín Chans, Tania Freijeiro Ordóñez, Aroa Lema Rodríguez, Esther Rodríguez Bugallo, Carlota Parga Pombo, Lara Rojo Castro, Zulema Romar Saleta, Noelia Vidal Gundín, Noel
5ºEP Mato Bello, Minerva Méndez Méndez, Mauro Romero Castro, Delia Tasende Varela, Manuel 6ºEP Burón Puñal, Gema García Facal, Roque Mariño Doldán, Lorena Méndez Méndez, Martín Nuñel Ferreiro, Manuel Parga Pombo, Amanda
Agradecementos: Presidente da Deputación Provincial da Coruña: Diego Calvo Pouso Alcalde de Ponteceso: José Luis Fondo Aguiar Presidenta da Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística: Zaira Rodríguez Pérez Concellería de Cultura, Servizos Sociais, Educación e Normalización lingüística: D. Óscar Rey Calo Educadora familiar: Mª Dolores Blanco Verdía
Director C.E.I.P “As Forcadas”: Aurelio Pombo Neira Conserxe: Nicolás Torrado Bermúdez Colaboración documental I: Manuela Neira Figueroa Colaboración documental II: Carmen Carabel Ferreiro Colaboración documental III: Aurelia Cousillas Álvarez Colaboración documental IV: Enma Sofía Vidal Suárez
Edita: Concello de Ponteceso, Deputación Provincial da Coruña Desenvolvemento e execución do proxecto: SENES Desenvolvemento comunitario
Director do proxecto: Damián Vázquez Lavandeira Coordinadora do proxecto: Fátima Fernández Sánchez Ilustracións e Maquetación: Eva Bello Alonso
Déposito legal: C 1047 – 2013
Manuel
Javier
Jesús Antonio
Ainoa
Tania Manuel
Javier
Minerva
Mauro
Aroa
Mauro
Aroa
Manuel
Manuel
Javier
Zulema
Tania
Mauro
Ainoa
Ainoa Lara
Martín
Delia
Manuel
Roque Carlota
Aroa Delia
Martín
Martín
Noel
Zulema
Lorena
Zulema
Mauro
Delia Roque
Gema
Gema
Esther
Carlota Delia
Minerva
Minerva
Noel
Carlota
Manuel
Lorena Roque
Carlota
Lara Lara
Lorena
Noelia
Esther
Tania
Minerva
Gema
Noel Esther
Roque
Javier
Jesús Antonio
Manuel
Aroa
Esther
Tania Noelia
Lorena
Conto Contigo: Corme A presencia das mulleres no mar de Corme A relación das mulleres galegas co mar é unha constante nas vilas costeiras. A súa presenza como colleitadoras, cultivadoras, coidadoras do recurso, comercializadoras e, en xeral, partícipes en todos os procesos de produción, constitúe un elemento diferenciador, así como a base de certa autonomía persoal. Polo tanto podemos afirmar despois dunha primeira mirada que as mulleres si teñen unha importante presenza no mar, pero unha mirada máis polo miúdo evidencia unha importante discriminación nesta presenza, onde os traballos que están a realizar son menos valorados, estereotipados e cunha menor visibilidade con respecto ao traballo realizado polos homes, así o noso estudo centrouse na “presenza REAL das mulleres no mar”, esta investigación levada a cabo polo alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP “As Forcadas” de Corme consistiu nun traballo reflexivo, de documentación e análise detallada de datos obxectivos e complementada cun pequeno estudo de campo utilizando a técnica de enquisas ás mulleres e homes da Vila de Corme, tanto en Corme Porto que conta con unha poboación de 1289 habitantes (654 homes e 635 mulleres) como en Corme Aldea que conta cunha poboación de 442 habitantes (228 homes e 214 mulleres) datos extraídos do censo municipal.
Así amosamos a continuación as conclusións en forma de matriz DAFO:
ANÁLISE DAFO: DEBILIDADES
AMEAZAS
Barreiras ideolóxicas (aínda hai unha gran parte da poboación que pensa que as mulleres non poden saír ao mar.
Redución orzamentaria nas políticas de igualdade debido á crise económica.
Baixo recoñecemento dos traballos relacionados co mar relacionados coas mulleres (invisibilización dos traballos como: redeiras, percebeiras, mariscadoras ... )
Dificultades de conciliación da vida familiar e laboral.
Crenza dunha incompatibilidade da vida laboral vinculada ao mar cos coidados da familia e o fogar.
Baixa rendabilidade do sector.
Pouca atracción do sector na poboación xuvenil.
Consideración de poucas habilidades físicas e emocionais para o duro traballo no mar.
FORTALEZAS
OPORTUNIDADES
Condutas reivindicativas de visibilización do traballo das mulleres a través do asociacionismo e cooperativismo.
Maior dotación de medios técnicos e tecnolóxicos nas embarcacións.
Sentimento de capacidade da muller actual. Maior autonomía e maior coñecemento para introducirse no sector. Sentimento dunha responsabilidade compartida no eido familiar.
Recoñecemento autonómico respaldado pola Lei 6/2009, do 11 de Decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia. Formación Profesional vinculada ao sector. Preocupación de determinadas organizacións sociais e culturais pola necesidade de chegar a unha igualdade de oportunidades respecto ao traballo no mar.
Manuel
Javier
Jesús Antonio
Ainoa
Tania Manuel
Javier
Minerva
Mauro
Aroa
Mauro
Aroa
Manuel
Manuel
Javier
Zulema
Tania
Mauro
Ainoa
Ainoa Lara
Martín
Delia
Manuel
Roque Carlota
Aroa Delia
Martín
Martín
Noel
Zulema
Lorena
Zulema
Mauro
Delia Roque
Gema
Gema
Esther
Carlota Delia
Minerva
Minerva
Noel
Carlota
Manuel
Lorena Roque
Carlota
Lara Lara
Lorena
Noelia
Esther
Tania
Minerva
Gema
Noel Esther
Roque
Javier
Jesús Antonio
Manuel
Aroa
Esther
Tania Noelia
Lorena
Maruxa a mari単eira
M
M
ariñeiro ponte a cuberta!, Coidado a babor! Non poderás comigo Mar de fóra!, Mar de fóooora!!! ...
aruxa seguía soñando cos ollos abertos coma pratos, ata se podía ver o que pensaba nas súas grandes pupilas.
- MARUXA, MARUXA!! Queres espertar?
- Maruxa! Maruxa! Queres espabilar? Levas toda a mañá pasmando! . Ti o que tes que facer é atopar un bo home polo que has de esperar cada noite, e formar unha gran familia á que has de coidar!
- Eh? eh? - Estabas a falar durmindo outra vez!- Decíalle Lita, unha muller redeira admirable e a presidenta da Asociación de Mulleres Redeiras. - Oi Lita! Que mágoa que espertara ... estaba a soñar que navegaba no “Praia de Corme” entre as ondas do mar de fóra. Qué emoción! - Pero Maruxa!!!Cando vas deixar de fantasear? - Si Lita e , sabes que? Eu era a patroa do “Praia de Corme”, estaba dirixindo o barco dende o meu timón e ... - Maruxa!!!! déixate de soños...non ves que nós non nacemos para levar barcos! Nós, as mulleres, non temos forza nin temos coraxe para andar por eses mundos, para iso Maruxa están os homes.
- Lita, sabes que? Eu vou ser MARIÑEIRA!- Maruxa levantouse coma un lóstrego e facía que tiña un timón nas mans- Vou navegar ata os Azores, e serei o barco máis admirado de Corme! - Ai Maruxiña! O teu non ten remedio, pásame esa rede anda...
L
ita recolleu as redes e marchou mentras que Maruxa ficou alí de pé mirando para o mar e sentindo unha gran admiración.
P
olo horizonte aparecen “Os Tinochos” nun barco verde, precioso. Maruxa fica esperando ata que chegan ao Porto e baixan Tino, Manolo e Lucho, tres aguerridos mariñeiros curtidos polas longas e moitas xornadas no mar.
- Ola Maruxa!. - Ola Lucho! Como vos foi? - Bueno ... unhas poucas fanecas , xurelo, algunha xarda, pescada , pincho... pouca cousa... - Que sorte!!
- Que sorte? Isto non dá nin para o gasóleo! ... Maruxa esta vida non é vida... - Sabes que? Lucho... Eu quero ir con vós!! - jjajajajaja, Manolo, escoitaches iso? - jajajajjaja... Lucho dille que o mar non esta feito para princesiñas!
M
aruxa comezou a chorar e marchou correndo. Lucho que é un bo home, quedou sorprendido e arrepentido do que dixera e comentou: - Manolo, esta rapaza vive o mar! Lévao dentro! - Si, Lucho pero esto non é un xogo, para navegar, hai que ter ferro nos brazos e xeo na cabeza… Lucho queda pensando - … un día vou levar a Maruxa comigo nos “Tinochos” para que cumpra o seu soño e se decate que o mar non está feito para mulleres.
M
aruxa, cose e canta unha canción de mar…
“A Corme non vou, que dormen no chan, levántanse os homes ás 06.00 da mañá, ás 06.00 da mañá, ás 06.00 da mañá a Corme non vou que dormen no chan...” - Maruxaaaa, Maruxaaaa…ven botarme unha man!berrou Lucho dende o barco.
M
aruxa levantouse mesmo coma un resorte e correo tanto que batía coas patas no cu. - Maruxa bótame ese cabo e cando euuu… - Si, cando ti vires a estribor xa eu solto a … e ... - atallou Maruxa.
M
aruxa fixo todo nun plis-plas. Lucho quedou abraiado, mirou para ela e díxolle… - Maruxa, ti un día vas vir navegar con nós nos “Tinochos”. - Que dis Lucho! Non me tomes o pelo! - Si, Maruxa, tes que probar a ver si de verdade che gusta, eu vouche dar esta oportunidade.
M
aruxa deulle un abrazo taaan grande que ata Lucho se puxo roibo.
P
ara a semana seguinte pola mañá moi cedo, tan cedo que aínda non espertaran os galos … Maruxa saiu navegar con Lucho, Tino e Manolo nos “Tinochos”.
- Lucho, eu non estou nada convencido disto, ... xa sabes o que din ... - Que din Manolo? - Pois iso! - O que? Fala claro!! - Que unha muller nun barco dá mala sorte!!! - Déixate de parvadas Manolo … iso non se di en Corme, é cousa doutros lados, aquí unha muller é coma un home.
- Lucho bótalle unha man a Maruxa para que suba. - Non fai falta Manolo, xa salto eu soa…- pegou un brinco que chegou ao medio do barco. - Jajajjajajajajja- ría Tino- … así Maruxa, así se fala!
D
espois de tres horas navegando, Maruxa comezou a marearse, xa non vía ben e todo comezou a xirar. - Pero Maruxa, atópaste ben?- preguntou Tino mentres a suxeitaba. - Está máis mareada que unha buxaina. Non ves Maruxa que o mar non é un chiste… e iso que hoxe…
- Cala Manolo! Non me fagas recordar como comezaches ti, que parecías un neno roñando… Levádeme para casa! Levádeme para casa! - É verdade, jajaja - Teño que... - e Maruxa caeu mareada antes de rematar a frase.
L
ucho levantouse moi rápido, colleuna polos brazos e meteuna na cama. Maruxa quedou durmindo e cando espertou, xa estaban de novo no porto.
A
briu os ollos, pero aínda lle seguía dando todo voltas, e berrou… - LUCHO, LUCHO! LUCHOOO! - Espertaches??? - Onde estamos?? - No porto, Maruxa.
M
aruxa levantouse coma un lóstrego ...
- NO PORTO???? - Sí, Maruxa durmiches tres horas. Agora vaite para casa, xa descubriches que o mar non é unha cousa doada!! - Non! Non! Eu quero voltar! - Vai para cama Maruxa, non ves que o mar non esta feito para ti! - Esta muller ten agallas!- berroulle Lucho a Manolo.
A
o día seguinte Maruxa estaba cosendo nas redes, triste e decaída… - Pero que che pasa hoxe Maruxa? Seica onte nos “Tinochos” non o pasaches moi ben?- encirráballe Lita.
M
aruxa levantouse, recolleu as redes e marchou … cando de súpero escoitou - Maruxa, Maruxa, Maruxa!!!!- Era Lucho.
M
aruxa foi correndo , tirou coas redes e … - Maruxa, mañá Tino non pode vir ao mar con nós... Atréveste a vir?
M
aruxa non o podía crer, foi correndo e pegoulle un abrazo tan forte que caeron enriba das nasas, entre os aparellos… - Pero Maruxa, estás tola? - Esta noite vas ver a verdadeira Maruxa, a redeira mariñeira!!E Maruxa marchou outra vez correndo. - A esta muller non hai quen a pare!- quedou pensando Lucho.
A
o día seguinte embarcaron e navegaron dúas horas e foi entón cando escoitaron pola radio: - Auxilio! Auxilio! Auxilio!- un sinal dun barco con problemas. Lucho colleu a radio. - Quen fala? Cambio. - Somos o “Virxe do Carme” temos unha vía de auga e o mar parece que se está levantando. Cambio. - Dime as coordenadas! Cambio. - 43º 13’ 236”N e 008º 57’ 333”W. Cambio. - Imos para alá, cambio e corto.
L
- Temos que ir á axuda do Vixe do Carme!
M
aruxa quedou calada e mirando fixamente para cada un e armándose de valor ... dixo:
S
- odes mariñeiros, ou non? Sodes parte do mar, ou non?
L
Tendes ferro nos brazos, ou non?
ucho estaba nervioso, mesmo suaba e Maruxa miraba para el, vendo que era cousa seria.
Tendes xeo na cabeza, ou non? Hoxe tocoulle ao “Virxe do Carme” e mañá pode ser aos Tinochos.
- Unha urxencia, Maruxa, axúdalle a Manolo a recoller as redes.
Así que non hai máis que pensar!
- Ves Lucho, os ditos existen por algo. - Cala Manolo!
ucho mirou a cada un, e despois dun silencio dixo:
Vamos para aló!
L
ucho mirou para Manolo, esperando un xesto de aprovamento e os dous xuntos exclamaron: - Vamos, Pepe e Xan precisan hoxe de nós!
A
sí navegaron cara o Roncudo, onde se atopaba o “Virxe do Carme”. O mar era moi bravo, as ondas sobrepasaban o barco e facíano mover coma se fora unha cortiza ante a inmensidade da auga embravecida. - Maruxa! ponte a cuberto e non te movas ata que…- comezou a dicir Lucho, pero Maruxa, dun chimpo, xa estaba na cuberta do “Virxe do Carme”. - Maruxaaa, Maruuuxaaa!! - Berrou, impotente. Nese intre un golpe de mar separou as dúas embarcacións e Maruxa perdeu de vista aos Tinochos.
Q
ue fas aquí! - Escoitouse entre os aparellos do “Virxe do Carme”, era Pepe. - Déixate de parvadas Pepe, que agora non hai tempo que perder, trae a rede que tés aí e axúdame a atala con eses bidóns de gasóleo! Temos que facer unha embarcación máis lixeira que flote máis có “Virxe do Carme”, non podemos esperar a que o mar nos trague aquí paralizados sen facer nada! - Tendes bengalas? E os chalecos?
X
a subidos ao bote salvavidas tal e como dixera Maruxa, Xoán e Pepe viron afundirse ao “Virxe do Carme” e con el todas as súas lembranzas e soños. Foi nese intre cando se escoitou un forte ruido e unha voz que berraba: - Maruxaaaaa, Maruxaaaaaaa! ... Peeeepeeee! Xoáaaaaaan!
E
ra Lucho, dende a proa dun remolcador que viña ao seu rescate.
D
ez anos máis tarde Maruxa fixo o seu soño realidade e converteuse na primeira armadora e mariñeira galega que tiña mariñeiros ao seu cargo, co paso dos anos o “Praia de Corme”, que así se chamaba o seu barco, convertiríase nunha das embarcacións máis respetadas da Costa Da Morte.
Fin