Negreira definitivo

Page 1

VX

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA A ATENCIÓN INTEGRAL ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO C O N C E L L O D E N E G R E I R A





M

oitos son os retos e obxectivos que a sociedade actual nos plantexa no noso fin de acadar un mundo mellor, pero sen dúbida un dos principais desafíos a erradicar é o que supón a discriminación sexista, nunha das súas peores vertentes que é a violencia de xénero, sendo sempre a muller a peor parada. Unha lacra de sempre, pero que especialmente nos nosos días estase a converter nun dos grandes e graves problemas e conflitos ós que a Administración debe, e ten o deber de darlle solución; especialmente se temos en conta que a trascendencia é tal que está penetrando incluso nas nosas aulas, nos nosos xoves e nenos. De ahí a importancia da elaboración deste Protocolo de Actuación para a Atención Integral das vítimas de violencia de xénero, que se ben nun principio se plasma nun simple documento de obxectivos e intencións, supón para os que hoxe o asinamos moito máis, nada máis e nada menos que o compromiso de todos os asinantes de levar a cabo unha actuación á hora de ofrecer unha atención integral ás vítimas de violencia de xénero, na que se fai imprescindible a coordinación e o traballo conxunto de tódolos organismos implicados: dende as forzas e corpos de seguridade (Policía Local e Garda Civil), pasando polos organismos xudiciais e sanitarios, os propios servicios sociais do concello, CIM, e por suposto, tendo en conta en todo este proceso a experimentada opinión das respectivas institucións educativas, as cales poden arroxar moita luz.

1


Este protocolo nace con ese importante cometido, froito da colaboración de todos eses axentes e dun esforzo colectivo, precedido dun traballo coordinado, falado e discutido, moi proveitoso, o cal supuxo ante todo unha forma de coñecernos mellor a todos e entre todos, entendendo os diferentes xeitos de actuar de cada un; pero ante todo, o propósito de traballar xuntos en pro de acadar un ben común. Para rematar, simplemente salientar de xeito especial, a importancia dos centros educativos en todo este proceso, constituindo en moitos casos un referente de primeira man para coñecer a pura e dura realidade, que directamente se ve reflectida nos nosos rapaces e xoves, lamentablemente como puidemos constatar, os grandes olvidados xeralmente neste proceso. Dende o noso Concello, manifestamos a firme vontade de cumprir este protocolo, amosando o noso interese e preocupación por este tipo de políticas sociais, exemplo delo é a elaboración e publicación do II Plan de Igualdade municipal; así mesmo comprometémonos a traballar man a man cos diferentes axentes sociais responsables no ámbito da violencia de xénero, non só de cara a unha intervención eficaz, senón e principalmente, na prevención de futuros casos como o mellor legado que lle podemos deixar a vindeiras xeneracións.

María Jesús Veiga Hortas, Concelleira de Educación e Cultura

D. Jorge Tuñas Caamaño, Alcalde-Presidente de Negreira

2


ÍNDICE

I. INTRODUCCIÓN.....................................................................4 II. QUÉ É UN PROTOCOLO.............................................................5 III. XUSTIFICACIÓN.................................................................6 IV. FUNDAMENTACIÓN XURÍDICA..................................................7 V. OBXECTIVOS.........................................................................9 V.I. XERAIS V.II. ESPECÍFICOS. VI.PROFESIONAIS IMPLICADOS/AS NA SÚA ELABORACIÓN.................11 VII. SESIÓNS DE TRABALLO.......................................................13 VIII. ITINERARIOS DE ACTUACIÓN VIII.I. ITINERARIO SERVIZOS SOCIAIS..........................39 VIII.II. ITINERARIO EDUCATIVO...................................49 VIII.III.ITINERARIO SANITARIO...................................55 VIII.IV. ITINERARIO DAS FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE...............................................................67 VIII.V. ITINERARIO XUDICIAL......................................75 IX. COMPROMISOS GUÍA DE RECURSOS ESPECÍFICOS DO CONCELLO DE NEGREIRA.

3


I. INTRODUCCIÓN

A

violencia de xénero non é un problema que afecte ao ámbito privado. Ao contrario, maniféstase como o símbolo máis brutal da desigualdade existente na nosa sociedade. Trátase dunha violencia que se dirixe sobre as mulleres polo feito mesmo de selo, por ser consideradas polos seus agresores carentes dos dereitos mínimos de liberdade, respeto e capacidade de decisión. Na nosa realidade as agresións sobre as mulleres teñen unha especial incidencia, existindo hoxe en día unha maior concienciación que en épocas anteriores, grazas, en boa medida, ao esforzo realizado polas organizacións de mulleres na súa loita contra todas as formas de violencia de xénero. Xa non é un “delito invisible”, senón que produce un rexeitamento colectivo e unha evidente alarma social. Neste contexto os poderes públicos non poden ser alleos á realidade da violencia de xénero, que constitúe un dos ataques máis flagrantes a dereitos fundamentais proclamados na nosa Constitución, como a liberdade, a igualdade, a vida, a seguridade e a non discriminación. Eses poderes públicos teñen a obriga de adoptar medidas de acción positiva para facer reais e efectivos os devanditos dereitos, removendo os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude.

4


II. ¿QUÉ É UN PROTOCOLO?

U

n Protocolo de actuación en materia de violencia de xénero é un instrumento para coordinar todos os esforzos e poñer en común os medios materiais e persoais para poder loitar eficazmente contra esta problemática, desenvolvendo unha acción coordinada que permita o tratamento integral na asistencia ás mulleres vítimas de violencia e ás súas familias. Un Protocolo ten que ser un documento de referencia, práctico e útil, para todos/as os/as profesionais que interveñen ante supostos de violencia cara á muller. Unha ferramenta para unha actuación máis eficaz que redunde na consecución do fin último que todos e todas pretendemos: acabar coa violencia de xénero. A iniciativa do Concello de Negreira para a elaboración dun Protocolo de actuación para a atención integral ás vítimas de violencia de xénero busca dar resposta ás diferentes situacións que se poden producir no marco dos malos tratos, así como establecer a coordinación e colaboración necesarias entre os organismos, servizos e institucións que forman parte do circuíto de atención ás vítimas de violencia de xénero.

5


III. XUSTIFICACIÓN

D

iferentes institucións públicas deseñan Protocolos de actuación ante situacións de violencia de xénero en distintos ámbitos: educativo, sanitario, xudicial, etc. Pero a idiosincrasia de cada localidade e a realidade coa que se atopan as persoas que participan nos organismos e institucións implicadas no ámbito da loita contra a violencia de xénero fan que sexa necesario adaptar as diferentes propostas ou mandatos a cada zona, xa que en cada zona os procesos e resultados de ditos Protocolos conquiren un carácter único. Iniciar un proceso de diálogo con todas as partes implicadas xa é de por si un motivo máis que suficiente para elaborar un Protocolo. O contacto que se mantén entre os/as profesionais de diferentes ámbitos fomenta o autocoñecemento e o coñecemento mutuo, e vislumbra as problemáticas e os logros na atención ás vítimas de violencia dende perspectivas diferentes. O consenso de diferentes organismos e institucións na aprobación dun Protocolo de atención redundaría positivamente na calidade de atención ás vítimas de violencia e ás persoas que con ela/s convivan e/ou dependan.

6


IV.FUNDAMENTACIÓN XURÍDICA

E

n 1980 a ONU, na súa II Conferencia Internacional sobre as Mulleres, declarou, por primeira vez, que “a violencia que se exerce contra as mulleres na familia é o crime máis encuberto do mundo” e destacou a importancia de visibilizar públicamente esta problemática que afecta a un grande número de mulleres. A partir de entón son moitas as referencias á violencia de xénero no marco internacional: Conferencia mundial para o exame e a avaliación dos logros do decenio das Nacións Unidas para as mulleres. (Nairobi, 1985). Declaración sobre a eliminación da violencia cara a muller. (Asamblea Xeral da ONU, 1993). Declaración de Beijing. (1995). Tamén a nosa Constitución proscribe toda discriminación por razón de sexo e consagra a obriga dos poderes públicos de promover as condicións para que a igualdade do individuo e dos grupos nos que se integra sexa real e efectiva. Con

posterioridade

7

á

Constitución

producíronse


adiantos lexislativos en materia de loita contra a violencia de xénero que culminan coa Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. En Galicia destacamos a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que pretende dotar aos poderes públicos e á sociedade galega dun instrumento acaído para prever, tratar e erradicar a violencia de xénero e conseguir así unha verdadeira realización do principio de igualdade.

8


V.OBXECTIVOS

V.I. OBXECTIVOS XERAIS Mellorar a atención das mulleres vítimas de violencia de xénero e das persoas que dependen delas poñendo á súa disposición os servizos e recursos que lles permitan unha vida sen violencia.

Incrementar a coordinación interprofesional (equipo interdisciplinar de servizos sociais, centros educativos, centro de saúde, forzas e corpos de seguridade e xulgado) como elemento necesario para a mellora da atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero, fillos e fillas e outras persoas dependentes das mesmas.

V.II. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS Deseñar circuítos de atención que se adapten ás características sociodemográficas e organizativas do Concello de Negreira.

Aumentar a colaboración e coñecemento mutuo entre diferentes organismos e institucións que traballan no

9


ámbito da violencia de xénero.

Xerar espazos comúns de consenso dende os que avanzar cara a modelos de atención máis eficaces dende un enfoque interdisciplinar.

10


VI. PROFESIONAIS IMPLICADOS

N

o proceso de elaboración do Protocolo de actuación para a atención integral a vítimas de violencia do Concello de Negreira contouse coa participación

activa de: D. Jorge Jesús Tuñas Caamaño (Alcalde de

Negreira). Dª. Mª Jesús Veiga Hortas (Concelleira de Educación e Cultura). Dª. Pilar Pérez Pensado (Concelleira de Servizos Sociais, Sanidade e Atención ao veciño). Dª. Mª Josefa Vázquez Alende (Concelleira de Muller, Emprego e Formación). Dna. Rosa Fuentes Cambeiro, Directora do Servizo e Asesoramento Xurídico do Centro de Información á Muller. Dna. Azucena Antelo García, Psicóloga do Centro de Información á Muller | Educadora Familiar. Dna. Marta Capeán Outeiro, Traballadora Social do Concello. Dna. Rosario Cajuso Barbazán, Traballadora Social do Concello. Dna. Ana Rodríguez Piorno, Xuíza do Xulgado de

11


Primeira Instancia e Instrucción de Negreira D. Daniel Lamazares Varela, Sarxento da Garda Civil. D. Euloxio Cives Martínez, Sarxento da Policía Local. Dna. Lucrecia Zugaza Gurruchaga, Coordinadora do Centro de Saúde. D. Cipriano Núñez Rodríguez, Xefe de Estudios do IES Xulián Magariños. Dna. Begoña Cortés Ferro, Orientadora do IES Xulián Magariños. D. Xosé Colmeiro, Orientador do CEIP de O Coto. Dna. Iria Rodríguez Fernández (Traballadora Social da empresa SENES CIT SL). Dna. Dulce Rodríguez Anido (Licenciada en Dereito e Técnica de Igualdade da empresa SENES CIT SL).

12


VII.SESIÓNS DE TRABALLO

O

primeiro paso na elaboración do Protocolo de actuación para a atención integral a vítimas de

violencia de xénero do Concello de Negreira pasa

por facer un estudio da realidade do Concello a través da diagnose da situación de partida en relación á realidade das mulleres no ámbito da violencia de xénero, a tipoloxía dos recursos existentes, a normativa existente, os axentes implicados, etc. Esta análise faise a través do estudio de documentación e entrevistas co persoal das diferentes institucións, asociacións e persoas implicadas:

Responsables do Concello.

Centro de Información á Muller. Servizos Sociais: unidades sociais de base, servizos sociais específicos, servizos de

prevención

de

drogodependencias,

servizo de atención á infancia, etc.

Operadores xurídicos: Xulgado.

Corpos e Forzas de Seguridade: Policía Municipal e

13


Garda Civil

Centro de Saúde de atención primaria.

Urxencias sanitarias.

Centros Educativos.

A través desta análise da situación obtemos datos relevantes relacionados coa estructura do sistema de atención ás vítimas de violencia de xénero, analizamos os métodos de traballo, as persoas que traballan nos diferentes departamentos, os vínculos entre elas, etc.

Esta primeira toma de contacto xa supón en sí mesma unha

sensibilización

dos/as

axentes

participantes

ao

favorecer a interacción á hora de abordar a elaboración e posta en marcha dun Protocolo de actuación integral para a atención integral a vítimas de violencia de xénero.

Unha vez obtida a información base da actuación cara á elaboración do Protocolo constitúese un grupo de traballo integrado

por

todos

e

todas

os/as

profesionais

con

responsabilidades relacionadas coa realidade das mulleres vítimas de violencia de xénero e das súas familias.

13 14


SESIÓN 1: PRESENTACIÓN DA INICIATIVA AOS AXENTES IMPLICADOS. ------------------------------------ACCIÓNS: ::Presentación do proxecto de elaboración do Protocolo de atención integral ás vítimas de violencia de xénero do Concello de Negreira. ::Constitución das mesas de traballo. ::Posta en participantes).

común

(mesa

redonda

cos/coas

---------------------- OBXECTIVOS ACADADOS: ::Presentar a todos os axentes implicados no ámbito da violencia de xénero a iniciativa do Concello de Negreira para a elaboración dun Protocolo de actuación para a atención das vítimas e das súas familias. ::Fomentar a participación e implicación dos axentes implicados na detección e prevención da violencia de xénero.

15


::Concienciar da importancia e utilidade dun Protocolo de actuación no eido da atención integral ás vítimas de violencia de xénero.

16


SESIÓN 2: ESTUDO DA REALIDADE DENDE O PUNTO DE VISTA DA COORDINACIÓN. ------------------------------------ACCIÓNS: :: Reunión da mesa de traballo: Definición e aclaración de conceptos no eido da violencia de xénero. ::Planificación das sesións de traballo. ::Cuestionario de DIAGNOSE DA SITUACIÓN. 1.Aspectos a abordar nas s e s i ó n s d e traballo para a elaboración do Protocolo de actuación para a atención integral das vítimas de violencia de xénero. 2.Actuacións e métodos profesionais que crees que deberían modificar na túa área de traballo na abordaxe da violencia de xénero.

17


3. Aspiracións profesionais que crees podes acadar coa elaboración deste protocolo de actuación para a atención integral das vítimas de violencia de xénero. 4.Necesidades detectadas en materia de violencia de xénero na túa área de traballo. 5. Suxestións. ----------------------------------OBXECTIVOS: ::Aproximar a todos os axentes implicados ás distintas perspectivas da realidade da violencia de xénero no Concello. ::Visualizar necesidades e problemáticas existentes no ámbito da violencia de xénero no Concello. ::Promover as relacións profesionais entre os diferentes axentes implicados na detección, intervención, e prevención da violencia de xénero.

18


::Xerar un espazo de debate sobre as expectativas conxuntas no ĂĄmbito da violencia de xĂŠnero.

19


20


SESIÓN 3: ESTUDO DA REALIDADE DENDE O PUNTO DE VISTA DA COORDINACIÓN.

-------------------------------------ACCIÓNS: :: Reunión da mesa de traballo social (Equipo interdisciplinar de Servizos Sociais – CIM): ITINERARIO DE SERVIZOS SOCIAIS 1.

nos

2.

no

Estudo dos pasos a seguir casos de sospeita de malos tratos. Estudo dos pasos a seguir caso de confirmación de malos tratos. 3.Plantexamento

das posibles coordinacións co resto de axentes implicados (Centros Educativos, Centro de Saúde, Forzas e d e S e g u r i d a d e , Xulgado). 4. Suxestións.

21


----------------------------------OBXECTIVOS:

?

::Estudar o protocolo de actuación establecido en materia de servizos sociais.

::Planificar a actuación interna con vítimas de violencia de xénero. ::Coñecer e avaliar os instrumentos e técnicas profesionais que se utilizan na intervención con vítimas de violencia de xénero. ::Coñecer os recursos sociais de carácter municipal e supramunicipal no eido da violencia de xénero.

22


SESIÓN 4: ESTUDO DA REALIDADE DENDE O PUNTO DE VISTA DA COORDINACIÓN

-------------------------------------ACCIÓNS: ::Reunión da mesa de traballo educativa: ITINERARIO DE EDUCACIÓN 1.

nos

2.

no

Estudo dos pasos a seguir casos de sospeita de malos tratos. Estudo dos pasos a seguir caso de confirmación de malos tratos. 3.

Plantexamento das posibles coordinacións co resto de axentes implicados (Servicios Sociais|CIM, Centro de saúde, Forzas e Corpos de Seguridade, Xulgado). 4. Suxestións.

23


----------------------------------OBXECTIVOS: ::Analizar e estudar as actuacións existentes e as competencias de Educación no eido da violencia de xénero. ::Analizar os instrumentos e ferramentas de traballo no ámbito da violencia de xénero. ::Establecer as vías e canles de coordinación da área de educación na prevención, detención e intervención cos restantes axentes implicados. ::Coñecer os recursos sociais de carácter municipal e supramunicipal no eido da violencia de xénero.

24


SESIÓN 5: ESTUDO DA REALIDADE DENDE O PUNTO DE VISTA DA COORDINACIÓN. -------------------------------------ACCIÓNS: :: Reunión da mesa do centro de saúde ITINERARIO SANITARIO 1. Estudo dos pasos a seguir casos de sospeita de malos tratos.

nos

2. Estudo dos pasos a seguir caso de confirmación de malos tratos.

no

3. Plantexamento das posibles coordinacións co resto de axentes implicados (CentrosEducativos, Servicios Sociais|CIM, Forzas e Corpos de Seguridade, Xulgado). 4. Suxestións.

25


----------------------------------OBXECTIVOS:

::Analizar e estudar as actuacións existentes e competencias do ámbito de sanidade no eido da violencia de xénero. ::Analizar os instrumentos e ferramentas de traballo no ámbito da violencia de xénero. ::Coñecer o protocolo sanitario existente en materia de violencia de xénero. ::Coñecer os recursos sociais de carácter municipal e supramunicipal no eido da violencia de xénero.

26


SESIÓN 6: ESTUDO DA REALIDADE DENDE O PUNTO DE VISTA DA COORDINACIÓN

-------------------------------------ACCIÓNS: :: Reunión da mesa dos Corpos e Forzas de Seguridade: ITINERARIO DE SEGURIDADE 1. Estudo dos pasos a seguir nos casos de sospeita de malos tratos. 2. Estudo dos pasos a seguir no caso confirmación de malos tratos.

de

3. Plantexamento das posibles coordinacións co resto de axentes implicados (Centros Educativos, Servicios Sociais|CIM, Centro de Saúde, Xulgado). 4. Suxestións.

27


----------------------------------OBXECTIVOS: ::Analizar e estudar as actuacións existentes e competencias do ámbito da seguridade no eido da violencia de xénero. ::Analizar os instrumentos e ferramentas de traballo no ámbito da violencia de xénero. ::Coñecer o protocolo existente na área de Garda Civil e Policía Local en materia de violencia de xénero. ::Coñecer os recursos sociais de carácter municipal e supramunicipal no eido da violencia de xénero.

28


SESIÓN 7: ESTUDO DA REALIDADE DENDE O PUNTO DE VISTA DA COORDINACIÓN. -------------------------------------ACCIÓNS: :: Reunión da mesa xurídica: ITINERARIO XUDICIAL 1. Estudo dos pasos a seguir nos casos de sospeita de malos tratos. 2. Estudo dos pasos a seguir no caso de confirmación de malos tratos. 3.

Plantexamento das posibles coordinacións co resto de axentes implicados (Centros Educativos, Servicios Sociais|CIM, Centro de saúde, Forzas e corpos de seguridade). 4. Suxestións.

29


----------------------------------OBXECTIVOS: ::Analizar e estudar as actuacións existentes e competencias do ámbito xurídico no eido da violencia de xénero. ::Analizar os instrumentos e ferramentas de traballo no ámbito da violencia de xénero. ::Coñecer o protocolo xudicial en materia de violencia de xénero. ::Coñecer os recursos sociais de carácter municipal e supramunicipal no eido da violencia de xénero.

30


SESIÓN 8: ESTUDO DA REALIDADE DENDE O PUNTO DE VISTA DA COORDINACIÓN. -------------------------------------ACCIÓNS: ::Reunión da mesa de traballo. :Posta en común. :Coordinacións que coordinacións posibles.

xa

hay/outras

----------------------------------OBXECTIVOS: ::Coñecer as actuacións coordinadas que xa existen e ampliar esa coordinación nos ámbitos: social, educativo, sanitario, de seguridade e xudicial, para abordar dun xeito máis coordinado en problemática da violencia de xénero. ::Elaborar estratexias de actuación integral e interdisciplinar en materia de violencia de xénero no Concello. ::Plasmar as actuacións de carácter preventivo e asistencial no eido da violencia de xénero dende

31


unha perspectiva transversal. ::Consensuar e elaborar unha metodoloxĂ­a integral na abordaxe do fenĂłmeno da violencia de xĂŠnero no Concello.

32


SESIÓN 9: ESTUDO DA REALIDADE DENDE O PUNTO DE VISTA DA COORDINACIÓN. -------------------------------------ACCIÓNS: ::Reunión da mesa de traballo. :Posta en común. :Coordinacións que xa hay/outras coordinacións posibles. :Puntos en común dos itinerarios /inter relacións. ----------------------------------OBXECTIVOS: ::Coñecer as actuacións coordinadas que xa existen e ampliar esa coordinación nos ámbitos: social, educativo, sanitario, de seguridade e xudicial, para abordar dun xeito máis coordinado en problemática da violencia de xénero. ::Elaborar estratexias de actuación integral e interdisciplinar en materia de violencia de xénero no Concello.

33


::Plasmar as actuacións de carácter preventivo e asistencial no eido da violencia de xénero dende unha perspectiva transversal. ::Consensuar e elaborar unha metodoloxía integral na abordaxe do fenómeno da violencia de xénero no Concello.

34


SESIÓN 10: ESTUDO DA REALIDADE DENDE O PUNTO DE VISTA DA COORDINACIÓN. -------------------------------------ACCIÓNS: ::Reunión da mesa de traballo. :Posta en común. :Coordinacións que xa hay/outras coordinacións posibles :Peche dos itinerarios /interrelacións ----------------------------------OBXECTIVOS: ::Coordinar a actuación dos implicados no ámbito da violencia de xénero. ? ::Recoller as estratexias definitivas de actuación integral e interdisciplinar en materia de violencia de xénero no Concello. ::Consensuar e elaborar unha metodoloxía integral na abordaxe do fenómeno da violencia de xénero no Concello.

35


36


VIIi. ITINERARIOS DE ACTUACIÓN

37


38


VIII.I. ITINERARIO DA EQUIPA INTERDISCIPLINAR DE SERVICIOS SOCIAIS

PRESENTACIÓN

O

s Servizos Sociais de atención primaria son os que se atopan máis preto dos cidadáns, do seu ambiente familiar e social, e están ubicados en todos os municipios. Desenvolven unha actuación globalizadora e polivalente sobre toda a poboación dun ámbito determinado, buscando favorecer o benestar social de todos/as os/as cidadáns que alí residen. Son a porta de acceso ó sistema e orientan e derivan ás persoas atendidas, segundo o seu dispositivo social, a outros servizos da rede e ós Servizos Sociais de atención especializada.

Son os/as profesionais destes servizos os/as que actuarán en moitos casos no inicio dunha actuación de intervención con vítimas de violencia de xénero, polo que a fase de acollida e recepción da vítima ten tanta importancia para os/as axentes sociais. Son tamén os/as encargados/as de proporcionarlle á muller información precisa e clara sobre os seus dereitos, e sobre todos os recursos cos que conta, e os trámites e documentación necesarios en cada caso.

39


Os Servizos Sociais Especializados constitúen, en materia de violencia de xénero, o nivel de atención específica para a programación, implantación e xestión de aquelas actuacións que non están encomendadas ós Servizos Sociais de Base.

O Centro de Información á Muller (CIM) é un servizo de información á muller destinado a proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e axudas, e calquera outra información cara á consecución da igualdade para as mulleres do Concello que o soliciten.

Especialmente proporciona atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero; desenvolvemos actividades de sensibilización e difusión do principio de igualdade e non discriminación por razón de sexo; información e realización de actividades en materia de igualdade de oportunidades (emprego, asociacionismo, formación…etc).

No

CIM

inclúense as seguintes áreas:

:: Área Xurídica: Conta cunha avogada que informa e asesora sobre dereito de familia (separacións, divorcios, pensión alimenticia, impago de pensións, custodia dos/das fillos/fillas, incumprimento do réxime de visitas), dereito penal (malos tratos, agresións sexuais, denuncias), xustiza

40


gratuíta, e outros aspectos do dereito civil (parellas de feito, adopcións, herdanzas), dereito laboral (dereitos laborais, discriminación laboral e acoso no traballo); recursos e prestacións sociais…etc.

:: Área Psicolóxica: Conta cunha Psicóloga que presta apoio e atención psicolóxica personalizada, intervención en casos individuais (depresión, ansiedade, maltrato, baixa autoestima, adiccións, problemas de conduta), apoio e asesoramento a vítimas de violencia de xénero, mediación familiar, apoio grupal ás persoas afectadas por enfermidades crónicas…etc.

:: Área de formación e recursos: A Directora do CIM ofrece asesoramento e orientación laboral e formativa (cursos para persoas en situación de desemprego, cursos para persoas ocupadas, búsqueda activa de emprego, información sobre bolsas de emprego), e información variada (aluguer de vivenda, axudas ás familias numerosas, axudas económicas ás vítimas de violencia de xénero, recursos para favorecer a conciliación da vida familiar, persoal e laboral, asociacionismo…etc).

:: Área de actividades: O CIM organiza para todos os/as veciños e veciñas do Concello, especialmente para as mulleres, charlas, xornadas, talleres, campañas de sensibilización…etc.

41


:: Área de atención específica: Dende o CIM préstase atención, asesoramento e información a grupos específicos da nosa poboación (emigrantes e inmigrantes retornadas/os, persoas con diversidade funcional, vítimas de violencia doméstica, prostitución, familias monoparentais, etc).

ACTUACIÓNS

SOSPEITA DE MALOS TRATOS :: Comézase cunha investigación para confirmar ditas sospeitas. Poderemos obter datos grazas á coordinación co Centro Educativo, co Centro de Saúde, cos Corpos e Forzas de Seguridade (Policía Local/Garda Civil), co Xulgado, e grazas tamén ás testemuñas da presunta vítima, dos seus familiares, e dos/das veciños/as. :: Se os datos obtidos nestas actuacións de “investigación” non confirman os malos tratos farase un seguimento do caso.

:: Se os datos obtidos confirman a sospeita de existencia de malos tratos terase unha entrevista coa muller vítima de violencia na que se lle informará dende o Equipo Interdisciplinar de Servizos Sociais dos seus dereitos e dos recursos cos que conta.

42


ACTUACIÓN CANDO OS MALOS TRATOS ESTÁN CONFIRMADOS

::Fase de asesoramento.

acollida,

información,

orientación

e

:: Valoración do risco.

::Ofrecemento da posibilidade de denunciar:

MULLER QUE QUERE DENUNCIAR:

:: En primeiro lugar, se a muller presenta lesións derivarase ao Centro de Saúde para a revisión destas e a emisión do correspondente parte de lesións. Se é necesario recolleráselle a denuncia no propio Centro de Saúde, solicitando a presenza dos Corpos e Forzas de Seguridade (Garda Civil, Policía Local).

:: Unha vez rematadas as actuacións no Centro de Saúde, se a denuncia non se recolleu no mesmo informarase á vítima para que poña a denuncia nas dependencias da Garda Civil ou no propio Xulgado.

:: Solicitarase a presenza policial para a protección da vítima ante unha posible agresión e para seu acompañamento ó domicilio se existen indicios de que a súa vida corra perigo.

43


:: Se a muller planea saír do seu domicilio se lle lembrará que reúna a seguinte documentación:

- DNI.

). uller inmigrante Residencia (m - Permiso de eiro da vivenda mpra ou alugu - Copia da co familiar.

e dos/das nitarias, dela - Tarxetas sa seu cargo. pendentes ao fillos/as ou de crédito. - Tarxetas de milia. - Libro de Fa traballo. - Contrato de

r inmigrante). traballo (mulle - Permiso de lesións os de posibles - Partes médic seu cargo. pendentes ao anteriores.* de

:: Se a vítima necesita un lugar de aloxamento de urxencia, tramitaráselle a entrada nunha casa de acollida. :: Se valoramos a necesidade de acudir a un servizo especializado procederemos á súa derivación. :: Se lle tramitarán as axudas económicas que sexan necesarias unha vez valorada a situación. :: Se levará a cabo un seguimento do caso para ver a súa evolución, en coordinación co Centro de Saúde, co Centro Educativo, cos Corpos e Forzas de Seguridade (Policía

44


Local / Garda Civil) e co Xulgado.

MULLER QUE NON QUERE DENUNCIAR: :: Información sobre os seus dereitos e sobre os recursos sociais, económicos, técnicos e xurídicos cos que conta. :: Valorarase o risco polo Equipo Interdisciplinar de Servizos Sociais. Risco alto. Risco medio/baixo. :: Información á vítima de que a situación de maltrato ten que ser posta en coñecemento da autoridade competente, mediante a remisión dun informe técnico. Pódese retrasar este proceso cando a situación de risco non sexa alta e se prevexan consecuencias negativas para a muller (Código Deontolóxico dos/das Diplomados/as en Traballo Social, artigos: 35, 36, 40). Se continúa sen querer denunciar farase o :: seguimento do caso e existirá coordinación entre as institucións e organismos implicados (Centro de Saúde, Centros Educativos, Xulgado, Forzas e Corpos de Seguridade, etc). Emitimos informe técnico ó Xulgado ou ao :: Ministerio Fiscal. :: Se denuncia se seguirán os trámites xa vistos.

45


46


E Q U I P O INTERDISCIPLINAR DE SERVICIOS SOCIAIS-CIM SOSPEITA DE MALOS TRATOS

MALOS TRATOS CONFIRMADOS

INVESTIGACIÓN / SEGUEMENTO

VALORACIÓN DOS R E S U LTA D O S P O L O E Q U I P O INTERDISCIPLINAR DE

N O N H A I MALOS TRATOS

S Í H A I MALOS TRATOS

SEGUIMENTO

M U L L E R Q U E NON QUERE DENUNCIAR

MULLER QUE QUERE DENUNCIAR

I N V E S T I G A C I Ó N / SEGUIMENTO/VALORACIÓN

VALORACIÓN

SEGUIMENTO, COORDINACIÓN DOS/AS MENORES

INFORMAR Á MULLER DOS RECURSOS LOCAIS

SOLICITAR SI FORA PRECISO PRESENCIA POLICIAL

EMISIÓN DUN INFORME TÉCNICO

DERIVACIÓN CONTROL DE SAÚDE

FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE CENTRO DE SAÚDE CIM SERVIZOS SOCIAIS XULGADO CENTROS EDUCATIVOS INDICACIÓN DE CONTINUIDADE

CHEGADA A UN ITINERARIO

47


48


VIII.II. ITINERARIO EDUCATIVO

N

os centros educativos a violencia de xénero manifestase, xeralmente, a través das outras vítimas, os/as fillos e fillas que viven estas

situacións.

¿Qué podemos facer dende a escola? a) b)

Prevención. Intervención

PREVENCIÓN

D

ende os centros educativos é necesaria a promoción de accións encamiñadas a que a educación sexa un elemento fundamental de prevención da violencia de xénero e da promoción da igualdade entre os homes e as mulleres, atendendo aos contidos curriculares para a resolución pacífica de conflicto.

ACTUACIÓNS Entre as actuacións que dende o centro educativo pódense levar a cabo destacamos: :: Actividades encamiñadas a fomentar os valores de

49


respecto e igualdade entre os homes e as mulleres, así como todos os aspectos relacionados coa prevención da violencia de xénero. :: Colaborar co Concello en actividades relacionadas coa prevención da violencia de xénero e que se oferten aos diferentes estamentos escolares (pais/nais, alumnado e profesorado). :: Informar ao alumnado dos diferentes recursos que existen no Concello para as vítimas de violencia de xénero e ás súas familias. :: Lembrarlles aos/ás pais e nais e/ou titores/as, nas reunións que se fan ao inicio do curso escolar, a importancia que ten que proporcionen ao centro educativo toda información que consideren relevante sobre a súa situación legal polas posibles consecuencias que poidan derivarse para os/as fillos e fillas, consecuencias persoais e/ou académicas que poderán ser abordadas polos profesionais do centro educativo dende unha perspectiva máis efectiva se coñecen a situación na que se atopan os/as nenos e nenas.

INTERVENCIÓN

SI EXISTE UNHA SOSPEITA

C

ando existe unha sospeita de que o/a neno/a pode estar vivindo unha situación de violencia de xénero na súa casa:

50


:: O/a profesor/a e o/a orientador/a informarán ao Equipo directivo. :: Contactar co equipo interdisciplinar de servizos sociais do Concello, co que se iniciará o seguimento oportuno. :: No caso de confirmación das sospeitas porase en marcha un proceso de actuación coordinado no que intervirán, no marco das súas responsabilidades, os distintos axentes implicados no marco da loita contra a violencia de xénero.

SI EXISTE DENUNCIA

C

ando existe denuncia dunha situación de violencia:

:: No caso de que o Centro Educativo no estea informado pola denunciante, pero si coñeza ou sospeite a situación, poderá informarse no teléfono 062 ou no Xulgado de Negreira da existencia dalgunha medida de protección que poida afecta ao/á alumno/a. :: Coordinación co equipo interdisciplinar de servizos sociais do Concello sobre as necesidades educativas que poidan ter os/as fillos e fillas de familias nas que hai unha situación de violencia de xénero. :: No caso de que o/a alumno/a precise axuda psicolóxica procederá, dende o centro educativo, a súa derivación ao centro de saúde coa consabida coordinación

51


para informar acerca da súa situación no centro e da súa posterior evolución. :: Seguimento da familia cos diferentes profesionais implicados para ver a súa evolución, especialmente no que afecta aos/ás menores implicados/as.

52


ITINERARIO EDUCATIVO

CENTRO EDUCATIVO

SEGUIMENTO DOS/AS MENORES

SITUACIÓN CONFIRMADA D E M A L O S T R AT O S NA FAMILIA

INFORME/SEGUIMENTO

FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE CENTRO DE SAÚDE CIM SERVIZOS SOCIAIS XULGADO CENTROS EDUCATIVOS

INDICACIÓN DE CONTINUIDADE

CHEGADA A UN ITINERARIO

53

SOSPEITA DE MALOS TRATOS NA FAMILIA


54


VIII.III. ITINERARIO SANITARIO INTRODUCCIÓN

O

s equipos de atención primaria poden actuar na detección precoz e na atención integral ás mulleres que sofren violencia de xénero. As características de accesibilidade, contacto directo e continuado coas pacientes e o feito de contar con equipos interdisciplinares poden facilitalo. É interesante, neste contexto, proporcionar aos e ás profesionais sanitarios/as do Concello de Negreira unhas pautas de actuación que complementen o “Protocolo común para a actuación sanitaria ante a violencia de xénero” favorecendo xunto coa atención, seguemento, prevención e detección precoz dos casos de violencia de xénero, unha maior coordinación cos restantes organismos e institucións implicados no ámbito da violencia, especialmente co equipo interdisciplinar de servizos sociais do Concello e cos Centros Educativos. Respecto á detección precoz, sabemos que o persoal sanitario debe ter unha actitude de alerta ante a presenza de condutas e síntomas ou signos de sospeita. O correcto e que no inicio de cada historia clínica se realicen preguntas exploratorias de abordaxe psicosocial.

55


Na atención ás mulleres que sofren maltrato ademais da atención e seguemento da paciente é necesario, se hai fillos/as ou persoas dependentes ao seu cargo, a coordinación con pediatría, co equipo multidisciplinar de servizos sociais do Concello e cos centros educativos. Tamén é importante facer un seguemento especial das mulleres embarazadas, das mulleres con discapacidade, das mulleres en situación de exclusión social (prostitución, alcoholismo, drogadicción) e das que viven na contorna rural, pois son mulleres mais vulnerables ao maltrato.

FASES DO ITINERARIO SANITARIO

O

s equipos de atención primaria poden actuar na detección precoz e na atención integral ás mulleres que sofren violencia de xénero

.

DETECCIÓN E VALORACIÓN INDICADORES DE SOSPEITA. Ante unha situación concreta, si existen indicadores de sospeita que poidan facer pensar que unha muller sofre violencia de xénero porase en funcionamento o protocolo. É importante que o persoal sanitario coñeza e manteña unha actitude de alerta na consulta para identificar os casos.

56


IDENTIFICACIÓN Ante a sospeita por parte do persoal sanitario de que unha muller pode ser vítima de maltrato prantéxase a necesidade de realizar unha “entrevista clínica específica” que nos permita confirmar ou descartar esa situación de violencia.

VALORACIÓNS Unha vez finalizada a entrevista clínica específica, na que a muller pode recoñecer ou non a situación de violencia, débese proceder a realizar unha exploración das lesións e do seu estado emocional, facilitándolle información das exploracións que se realizan e da súa finalidade. :: Valoración biopsicosocial: lesións e síntomas físicos, situación familiar, situación laboral, económica e ocupacional, rede de apoio social da muller, situación emocional. ::Valoración da situación da violencia. ::Valoración da seguridade e avaliación do risco.

57


ACTUACIÓNS

A

confirmación dunha sospeita de malos tratos a unha muller non pon fin á actuación do persoal sanitario, senón que a partir dese momento débese desenvolver unha importante labor de información, de atención e de traballo na consulta, así como a derivación cando as características do caso o requiran. A actuación do persoal sanitario será distinta se a muller recoñece ou non a situación de violencia de xénero, e tamén según a situación de perigo na que se atope.

ACTUACIÓN CANDO A MULLER PRESENTA INDICADORES DE SOSPEITA PERO NON RECOÑECE O MALTRATO :: Rexistrar na historia clínica a sospeita e a actuación realizada . :: Informar á muller dos recursos cos que conta dende o Concello. É convinte que no centro de saúde dispóñase duns dípticos que recollan información dos recursos para ás mulleres vítimas de violencia de xénero. :: Informar ao Equipo Interdisciplinar de Servizos Sociais do Concello sempre contando co consentimento da muller.

58


:: Facer un seguemento da situación da muller na consulta (en coordinación co Equipo Interdisciplinar de Servizos Sociais do Concello sempre que a muller preste o seu consentimento). : Atención integral/disciplinar. : Atención dos problemas físicos/psíquicos/sociais atopados. : Ofertar visitas de seguimento. : Ofertar, se é posible, en intervencións grupais.

a

participación

ACTUACIÓN CANDO A MULLER RECOÑECE SUFRIR MALOS TRATOS PERO NON SE ATOPA EN PERIGO EXTREMO. :: Rexistrar na historia clínica. :: Informar á muller da situación na que se atopa e dos recursos cos que conta dende o Concello. *É convinte que no centro de saúde dispóñase duns dípticos que recollan os recursos para ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

:: Facer un seguemento da situación da muller na consulta (en coordinación co Equipo Interdisciplinar de Servizos Sociais do Concello sempre previo consentimento da muller). :Atención integral/disciplinar. :Atención dos problemas físicos/ psíquicos/

59


sociais atopados. :Prantexar a elaboración dunha estratexia de seguridade ante unha posiblesituación extrema (coordinación co Equipo Interdisciplinar de Servizos Sociais do Concello; as Forzas e Corpos de Seguridade (Garda Civil/Policía Local) e, no seu caso, Centros Educativos e Xulgado). : Establecer un seguimento para:

plan

de

consultas

de

- Prantexar e favorecer a toma de decisións para iniciar cambios na situación. - Acompañar á muller no afrontamento da situación. - Previr novas situacións de violencia. - Ofertar, se é posible, a participación en intervencións grupais. ::Emitir parte de lesións cando proceda (Naqueles casos nos que a muller négase a denunciar e o persoal sanitario ten fundadas sospeitas da existencia de malos tratos físicos ou psíquicos, pero non existe constatación clara da orixe das lesións como para poder emitir un parte de lesións é recomendable comunicar á Fiscalía esta situación, e Fiscalía decidirá en base aos indicios que se poidan aportar ou ampliar,

60


cal é a situación procesal axeitada). (En función da coordinación que no seguemento da situación da muller terase co Equipo Interdisciplinar de Servizos Sociais do Concello porase no seu coñecemento esta actuación sempre contando co consentimento previo da muller). ::Actuación cos fillos/as e persoas dependentes da muller se os/as houbera (en coordinación co Equipo Interdisciplinar de Servizos Sociais do Concello e, de ser o caso, co Centro Educativo, sempre previo consentimento da muller).

ACTUACIÓN CANDO A MULLER RECOÑECE SUFRIR MALOS TRATOS E ATÓPASE EN PERIGO EXTREMO. ::Informar á muller da situación de perigo na que se atopa e platexarlle as posibles estratexias a seguir. :: Informar con carácter urxente ao Equipo Interdisciplinar de Servizos Sociais do Concello, ás Forzas e Corpos de Seguridade (Policía Local e/ou Garda Civil) e ao Xulgado. (*As Forzas e Corpos de Seguridade (Garda Civil, Policía Local) farán o acompañamento da muller ao domicilio se é o caso). ::Rexistrar na historia clínica o episodio e as actuacións realizadas. Este rexistro pode servir de proba nun proceso xudicial. ::Emitir o parte de lesións e informe médico,

61


entregando unha copia á muller e informándoa das súas implicacións. ::Coñecer a situación familiar (fillos/as, persoas dependentes) e os recursos cos que conta (é fundamental para decidir ás medidas a adoptar de cara á súa posible volta ao domicilio familiar ou plantexar o traslado a unha casa de acollida ou piso tutelado).

ACTUACIÓN EN URXENCIAS. As mulleres que sofren violencia de xénero poden acudir tamén aos servizos de urxencias, donde normalmente os síntomas e lesións que presentan son máis graves. En principio recomendamos seguir as pautas de actuación anteriores, agás o seguimento na consulta: ::Detección da violencia: : Manter unha actitude de alerta e prestar atención aos signos e síntomas que poidan facer pensar que a muller sofre malos tratos (indicadores de sospeita). : Nos casos de que así se sospeite realizar unha “entrevista clínica específica” para detectar os malos tratos. : Atender á muller nun clima de confianza axeitado. ::Actuación asistencial:

62


En primeiro lugar deberase atender ao estado de saúde da muller, tanto físico coma psicolóxico, e establecer un diagnóstico e atención axeitados. A atención farase en función das lesións e síntomas presentados. Igualmente indagarase acerca da existencia de menores ou persoas dependentes que tamén poidan estar padecendo a violencia por si fóra necesario tomar medidas inmediatas. O informe de alta deberá recoller as lesións que presenta e o seu estado psicolóxico.

::Valoración da seguridade: Sempre que se atenda un caso de violencia de xénero en urxencias é necesario realizar unha valoración da seguridade e do risco no que se atopa a muller. :: Información e derivación: Unha vez proporcionada a atención e coidados asistenciais realizaranse as actuacións de información e derivación oportunas en función do caso (Equipo Multidisciplinar de Servizos Sociais do Concello e Forzas e Corpos de Seguridade). ::Actuación legal: Obriga de poñer en coñecemento do Xulgado a existencia de lesións ante a constatación de malos tratos, notificando o parte de lesións e informe médico que o

63


acompaña, informando previamente á muller da remisión do mesmo e rexistrándoo na historia clínica.

64


CENTRO DE S A Ú D E

SÍ HAI CONFIRMACIÓN DE MALOS TRATOS

NON HAI CONFIRMACIÓN DE MALOS TRATOS

EMITIR PARTE DE LESIÓNS

REXISTRAR NA HISTORIA CLÍNICA

SEGUIMENTO

INFORMAR Á MULLER DOS RECURSOS LOCAIS

SOLICITAR, SE É O CASO, A PRESENZA POLICIAL

FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE CENTRO DE SAÚDE CIM SERVIZOS SOCIAIS XULGADO CENTROS EDUCATIVOS

65

INDICACIÓN DE CONTINUIDADE

CHEGADA A UN ITINERARIO


66


VIII.IV. ITINERARIO DAS FORZAS CORPOS DE SEGURIDADE

E

INTRODUCCIÓN

A

lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, establece no seu artigo 31

que:

“1. O Goberno establecerá, nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, unidades especializadas na prevención da violencia de xénero e no control da execución das medidas xudiciais adoptadas”. “2. O Goberno, co fin de facer máis efectiva a protección das vítimas, promoverá as actuacións necesarias para que as Policías Locais, no marco da súa colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, cooperen en asegurar o cumprimento das medidas acordadas polos órganos xudiciais cando estas sexan algunhas das previstas na presente Lei ou no artigo 544 bis da Lei de Enxuizamento Criminal ou no artigo 57 do Código Penal.” “3. A actuación das Forzas e Corpos de Seguridade haberá de ter en conta o Protocolo de Actuación das Forzas e Corpos de Seguridade e de Coordinación cos Órganos Xudiciais para a protección da violencia doméstica e de xénero.”

67


“4. O disposto no presente artigo será de aplicación nas Comunidades Autónomas que conten con corpos de policía que desenvolvan as funcións de protección das persoas e bens e o mantemento da orde e a seguridade cidadá dentro do territorio autónomo, nos termos previstos nos seus Estatutos, na Lei Orgánica 2/1986, de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade, e nas súas leis de policía, e todo iso coa finalidade de facer máis efectiva a protección das vítimas.” E o citado Protocolo de Actuación das Forzas e Corpos de Seguridade e de Coordinación cos Órganos Xudiciais para a protección da violencia doméstica e de xénero fai fincapé, entre outros aspectos, na necesaria colaboración e coordinación cos órganos xudiciais, e dende o Concello de Negreira extendemos esta colaboración e coordinación aos Servizos Sanitarios do Centro de Saúde, ao Centro Educativo e ao Equipo Interdisciplinar de Servizos Sociais, en aras de favorecer unha atención preferente ás mulleres vítimas de violencia de xénero, e dentro dos límites das súas competencias.

ACTUACIÓNS

A

s Forzas e Corpos de Seguridade, desde o mesmo momento no que teñan coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de infracción penal en materia de violencia de xénero realizarán as seguintes actuacións:

68


FASE DE INVESTIGACIÓN POLICIAL ACCIÓNS DE AVERIGUACIÓN PARA DETERMINAR A EXISTENCIA E A INTENSIDADE DA SITUACIÓN DE RISCO PARA Á MULLER ::Toma de declaración da vítima, dos/as testigos se os houbera…etc. ::Coñecemento da situación da muller: :Informes de seguimento dende o E q u i p o Interdisciplinar de Servizos Sociais do Concello. :Informes de seguimento dende o Centro de Saúde. :Informes de seguimento dende o Centro Educativo, se fóra o caso.

:Existencia de intervencións dos corpos (Garda Civil, Policía Local) e/ou denuncias anteriores. : Existencia de medidas de protección establecidas con anterioridade dende o Xulgado.

69


INFORMACIÓN Á MULLER DOS RECURSOS DOS QUE DISPÓN:

SOCIAIS,

ECONÓMICOS,

DE

SEGURIDADE

E

XURÍDICOS. É convinte que nas dependencias da garda civil ou policía local dispóñase duns dípticos que recollan os recursos para ás mulleres vítimas de violenciade xénero que hai no Concello.

DETENCIÓN DO PRESUNTO AGRESOR SI É OPORTUNO No seu caso, e cando a entidade dos feitos e/ou a situación o aconselle, procederase á detención e posta a disposición xudicial do presunto agresor.

FASE DE DENUNCIA E ELABORACIÓN DO ATESTADO Recollida da denuncia e elaboración do atestado. Deberán recoller no atestado as dilixencias e contidos mínimos seguintes: -Manifestacións da vítima. -Datos da vítima e do seu agresor. -Datos do grupo familiar. -Datos da vivenda e patrimoniais. -Feitos (descripción, lugar, data…etc).

70


-Solicitude de orde de protección. -Comparecencia e manifestacións do denunciado. -Manifestacións dos/das testigos. -Declaración dos/as Gardas Civís//Policías Locais que interviron no auxilio da vítima. -Dilixencias de verificación e comprobación da denuncia. -Dilixencia de detención e información de dereitos. -Dilixencia de incautación de armas. -Dilixencia de aportación de antecedentes referidos ao agresor. -Dilixencia de remisión de informe médico. -Dilixencia de medidas cautelares adoptadas de protección da vítima. -Dilixencia de avaliación do risco. - Dilixencia de remisión ao órgano xudicial. -Documentos que se adxuntan.

71

do

atestado


FASE DE CONTROL E SEGUEMENTO DUNHA ORDE DE PROTECCIÓN OU DUNHA MEDIDA DE ALONXAMENTO ACORDADA POLO ÓRGANO XUDICIAL. Unha vez recibida a comunicación da resolución xudicial debería entrar en xogo a coordinación para o seguimento co Equipo Interdisciplinar de Servizos Sociais do Concello, o Centro Educativo e o Centro de Saúde, informando en todo momento das actuacións ao Xulgado. NOTA: A colaboración entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os Corpos de Policía Local nesta materia guiarase, en todo caso, por os seguintes criterios: :: Proporcionar ás vítimas unha resposta policial rápida e eficaz nas situacións de risco. ::Proporcionar unha resposta policial da máxima sensibilidade, calidade e eficiencia na atención e protección ás vítimas e evitar as actuacións que supoñan un incremento da vitimización, especialmente a duplicidade de intervencións. :: Proporcionar á vítima a información clara e accesible sobre os dereitos recoñecidos na Lei Orgánica 1/2004 e os recursos existentes para a efectividade de tales dereitos no ámbito territorial correspondente. ::Facilitar a transmisión entre Forzas e Corpos de Seguridade e os órganos xudiciais de toda a información relevante para a protección da vítima. ::Garantir a coordinación e colaboración policial cos recursos públicos e non gobernamentais dedicados ao apoio xurídico e psicosocial ás vítimas.

72


73

CHEGADA A UN ITINERARIO

INDICACIÓN DE CONTINUIDADE

COORDINACIÓN E/OU DERIVACIÓN

CENTROS EDUCATIVOS

XULGADO

CIM SERVIZOS SOCIAIS

CENTRO DE SAÚDE

FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE

INFORMAR Á MULLER

INVESTIGACIÓN

DETENCIÓN DO AGRESOR CANDO A SITUACIÓN O ACONSELLE

FEITOS CONSTITUTIVOS DA INFRACCIÓN PENAL

F O R Z A S E C O R P O S DE SEGURIDADE

CONTROL E SEGUEMENTO DUNHA ORDE DE PROTECCIÓN OU DUNHA MEDIDA DE AFASTAMENTO

ELABORACIÓN DO ATESTADO É REMISIÓN DO MESMO AO XULGADO(ENTREGA DUHNA COPIA Á VÍTIMA)

RECOLLIDA DA DENUNCIA


74


VIII.V. ITINERARIO XUDICIAL

INTRODUCCIÓN

O

Xulgado poderá actuar:

Ante un caso de sospeita de maltrato, cando a muller négase a denunciar é recomendable comunicar á Fiscalía esta situación, e Fiscalía decidirá en base aos indicios que se poidan aportar ou ampliar, cal é a situación procesal axeitada.

No caso dunha agresión, o Xulgado, informado da mesma (dende o Equipo Interdisciplinar de Servizos Sociais do Concello, dende o Centro de Saúde, dende os Corpos e Forzas de Seguridade, dende Fiscalía ou pola propia muller vítima de violencia) e unha vez iniciadas as dilixencias oportunas, ordenará as dilixencias de investigación e protección. Se procede entón a un específico ofrecemento de accións á perxudicada e se informa de inmediato á Fiscalía para o exercicio das súas propias competencias e accións de protección. Se a denuncia se presentara directamente ante o Ministerio Fiscal, este se coordina co Xulgado para a iniciación

62 75


do proceso previsto.

ACTUACIÓNS ACTUACIÓNS ANTE A XURISDICCIÓN PENAL

O

delito de malos tratos é público polo que se persegue de oficio sen necesidade de que a vítima formule a denuncia, aínda que dado o ámbito tan restrinxido no que adoita producirse este tipo de delitos, é necesaria a súa cooperación, así como a das persoas que conviven na unidade familiar ou dos veciños e de calquera acodes que presencien os malos tratos. Dentro do ámbito da violencia de xénero a responsabilidade penal do agresor non se extingue co perdón da vítima, ao estar expresamente excluída a mediación pola LO 1/2004. Cando a violencia de xénero no ámbito familiar, isto é, as agresións que se produciron, se poñen en coñecemento da autoridade policial ou xudicial, a través dunha denuncia, dáse inicio a un procedemento penal no que é posible solicitar medidas de protección e no que, tras diversos trámites, se celebrará un xuízo e se ditará unha sentencia. :: Pode denunciarse toda situación de ameazas, coaccións, insultos, agresións físicas (produzan ou non

76


lesións) ou agresións sexuais. :: A denuncia pode presentarse ante a Garda Civil de Negreira ou no Xulgado de Garda (ante a Policía Local cabe nos casos de urxencia). :: Pode denunciar a muller vítima dunha agresión ou calquera persoa que teña coñecemento dela. :: Cando a denuncia se presenta ante o Xulgado de Garda o Xuíz/Xuíza pode adoptar medidas cautelares ou de protección á vítima de forma inmediata.

ACTUACIÓNS ANTE O XULGADO DE GARDA 1.RECEPCIÓN DE DENUNCIAS POR MALOS TRATOS. :: Unha vez que o Xulgado de Garda ten coñecemento do

delito

procederase

á

incoación

do

procedemento

correspondente, do que se dará traslado ao Ministerio Fiscal, a fin de que poida asistir á vítima desde o primeiro instante e estar presente nas dilixencias posteriores.

::

Debe

solicitarse

con

carácter

urxente

os

antecedentes que con relación ao denunciante e denunciado figuren no Rexistro informático de vítimas de violencia.

:: Á vítima facilitaráselle a asistencia legal que necesite

77


desde o momento da denuncia, utilizando, no seu caso, os recursos e mecanismos previstos para a asistencia xurídica gratuíta.

:: Recoñecemento médico forense, tanto físico como psicolóxico, das persoas implicadas e declaración da vítima e do denunciado, así como das testemuñas.

:: Declaración da vítima ante o/a Xuíz/Xuíza. Debe poñerse especial atención na recollida de datos relativos a agresións precedentes, circunstancias en que se produciu a agresión que motiva a denuncia, consecuencias físicas e psicolóxicas da agresión para a persoa e bens da vítima ou para outros membros do grupo familiar, identificación das testemuñas daquela, así como a opinión da vítima sobre as medidas de protección que considera necesarias.

:: Declaración do denunciado. Deberá levar a cabo unha declaración completa do denunciado en calidade de imputado pedíndolle que de testemuña acerca da realidade da agresión denunciada, a súa versión dos feitos, os motivos daquela, os antecedentes de violencia no seo familiar e as circunstancias

persoais

daquel

-drogadicción,

paro,

alcoholismo, etc.- que puidesen ser relevantes para o caso.

78 62


:: Recollida de probas polas Forzas e Corpos de Seguridade. Ordenarase ás Forzas e Corpos de Seguridade dispoñibles a inmediata e completa recollida de probas da agresión e o seu exame físico. Gardaranse e protexerán debidamente

aquelas

probas

do

delito

que

puidesen

desaparecer. Recollerase e porase en custodia todo aquilo que deba comprobarse ou que permita identificar ao agresor. As probas e demais documentación que se recolle entregarase ao Xulgado.

2.ADOPCIÓN DE MEDIDAS CAUTELARES Unha vez realizadas as actuacións anteriores, o/a Xuíz/Xuíza de Garda resolverá o procedente respecto da adopción ou non da medidas cautelares que fosen precisas no caso concreto, atendendo ás seguintes circunstancias: o perigo do agresor, a gravidade do feito denunciado, e a necesidade de protección da vítima e demais integrantes do núcleo familiar.

As medidas cautelares adoptadas -prisión preventiva, aprehensión de armas, comparecencia do denunciado con periodicidade protección prohibicións,

acorde

física etc.-

da

ás

circunstancias,

vítima

con

comunicaranse

79 62

medidas

protección persoalmente

de

policial, polo/a


Xuíz/Xuíza á vítima e ao denunciado, así como aos Corpos de Policía e Garda Civil que proceda para a adopción de medidas de protección ou, no caso de tratarse de medidas acordadas no marco dunha orde de protección, aos puntos de coordinación

designados

correspondente,

que

pola

Comunidade

constituirán

a

canle

Autónoma única

de

comunicación destas resolucións os centros e organismos competentes en materia de protección social.

Remisión do actuado polo Xulgado de Garda. Unha vez concluídas as primeiras dilixencias practicadas polo Xulgado de Garda, este enviará con carácter urxente todo o actuado ao Xulgado especializado.

3.PRIMERAS ACTUACIÓNS NO XULGADO Unha vez presentada á denuncia o Xulgado notificará á persoa denunciante a citación para que compareza para practicar algunha/s dilixencias, tomar declaración, facer o recoñecemento forense, intervir na comparecencia para decidir sobre a solicitude de orde de protección…etc.

Tamén nesta primeira comparecencia pedirase á denunciante que se ratifique na súa denuncia e ábrese a posibilidade de exercer a acción penal e civil por medio de

80 62


avogado/a ou procurador/a, e intervir de forma activa no procedemento penal.

O Xulgado, nas súas actuacións, actúa en coordinación co Centro de Saúde e coas Forzas e Corpos de Seguridade (Garda Civil e Policía Local), pero a coordinación co Equipo Interdisciplinar de Servizos Sociais é menor, polo que neste Protocolo

favorecerase

unha

maior

coordinación

no

seguemento da situación de mulleres que sofren malos tratos, solicitando en todos os casos Informe Técnico ás/aos profesionais de Servizos Sociais da situación da muller (persoal, familiar, social, laboral…etc).

ESPECIAL MENCIÓN Á ORDE DE PROTECCIÓN . A orde de protección constitúe un novo instrumento legal deseñado para protexer á vítima da violencia doméstica e/ou de xénero fronte a todo tipo de agresións. Para iso, a orde de protección concentra nunha única e inmediata resolución xudicial (un auto) a adopción de medidas de natureza penal e civil, e activa ao mesmo tempo os mecanismos de protección social establecidos a favor da vítima polo Estado, as Comunidades Autónomas e as Corporacións Locais.

81 62


Así, nos casos en que, existindo indicios fundados da comisión dun delito contra a vida das vítimas de delitos violentos, contra a súa integridade física ou moral, a súa liberdade sexual, liberdade ou seguridade dalgunha das persoas que poden ser vítimas de delitos de violencia doméstica e/ou de xénero, prodúzase unha situación de risco para a vítima que requira a adopción dalgunha medida de protección.

A concesión da orde de protección outorga á vítima de violencia doméstica/violencia de xénero unha protección integral que incluirá medidas cautelares de orde civil e penal (as cales adóptanse na orde mesma de protección) e aquelas outras medidas de asistencia e protección social establecidas nos seguintes ámbitos:

a) Protección física. Pretende evitar que o agresor poida achegarse no futuro á vítima e cometer novas agresións. Trátase dunha serie de medidas penais cuxo obxectivo é lograr a seguridade da vítima.

b) Protección xurídica. Posibilita que a vítima obteña inmediatamente seguridade xurídica, a través dunha serie de medidas civís. As medidas civís poderán consistir na atribución do uso e goce da vivenda familiar, a determinación e retirada do réxime de

82 65


custodia, suspensión do réxime de visitas, réxime de comunicación e estancia cos fillos, fixación do réxime de prestación de alimentos e calquera disposición que se considere oportuna a fin de apartar ao menor dun perigo ou de evitarlle prexuízos. Estas medidas son de natureza provisional (terán unha vixencia temporal de trinta días), debendo ser posteriormente ratificadas, modificadas ou deixadas sen efecto polo Xuíz civil. Se dentro do prazo de duración destas medidas iniciásese un proceso de familia ante a xurisdición civil (separación, divorcio ou nulidade), as medidas adoptadas permanecerán en vigor durante os trinta días seguintes á presentación da demanda. As medidas civís acordadas remitiranse ao Xulgado de Primeira Instancia que coñeza ou deba coñecer do procedemento civil correspondente para a súa ratificación, modificación ou cesación.

c) Protección social. A orde de protección acordada polo Xuíz de Garda activa os instrumentos de protección e asistencia social á vítima, previstos polas Administracións Públicas (estatal, autonómica e local).

83 62


84 62


ITINERARIO X U D I C I A L

MULLER VÍTIMA DE MALOS TRATOS

INICIO TRAMITACIÓN ACTUACIÓN FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE Práctica de dilixencias / Entrega de atestado ao Xulgado de Garda.

DILIXENCIAS URXENTES ANTE O XULGADO DE GARDA Participación activa do Ministerio Fiscal.

AUDIENCIA. AUTO ORAL Posibilidade de solicitude de Medidas Cautelares. Práctica de probas que non poidan realizarse no xuizo oral.

SOBRESEIMENTO

C O N T I N U A C I Ó N DO PROCEDEMENTO COMO DILIXENCIAS PREVIAS

FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE CENTRO DE SAÚDE CIM SERVIZOS SOCIAIS

INDICACIÓN DE CONTINUIDADE

XULGADO CENTROS EDUCATIVOS

CHEGADA A UN ITINERARIO

85 62

C O N T I N U A C I Ó N DO PROCEDEMENTO (non susceptible de recurso)


86 62


COMPROMISOS

N

este Protocolo de actuación para a atención integral ás vítimas de violencia de xénero do

Concello de Negreira, que presentamos coma un

instrumento de coordinación e posta en común dos medios materiais e persoais das distintas institucións e organismos implicados

para

poder

loitar

eficazmente

contra

esta

problemática, desenvolvendo unha acción coordinada que permita o tratamento integral na asistencia ás mulleres vítimas de violencia, adóptase o seguinte compromiso de actuación:

TRABALLAR CONXUNTAMENTE DENDE O CONCELLO, DENDE OS SERVIZOS SOCIAIS | CIM, DENDE O CENTRO DE SÁUDE, DENDE A GARDA CIVIL, DENDE A POLICÍA LOCAL, DENDE O CENTRO EDUCATIVO E DENDE O XULGADO:

::Na posta en funcionamento deste Protocolo para a atención integral ás vítimas de violencia de xénero do Concello de Negreira.

::No favorecemento da coordinación dos/das profesionais en todas as actuacións que se leven a

87


cabo con mulleres vítimas de violencia de xénero.

::Na facilitación de información á muller vítima de violencia acerca dos recursos existentes a nivel local, autonómico e estatal, e dos dereitos que a asisten en todo momento.

CONSTITUÍR A “COMISIÓN LOCAL DE VIOLENCIA DE

XÉNERO”

COORDINACIÓN

COMO NO

INSTRUMENTO

DE

DESENVOLVEMENTO

DO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA A ATENCIÓN INTEGRAL A VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO.

CELEBRACIÓN DE REUNIÓNS SEMESTRAIS DA COMISIÓN LOCAL DE VIOLENCIA DE XÉNERO PARA ABORDAR

A

SITUACIÓN

DA

VIOLENCIA

NO

CONCELLO (ANÁLISE DE NOVAS CASUÍSTICAS, AVALIACIÓN

DO

GRAO

DE

IMPLANTACIÓN

DO

PROTOCOLO, INCORPORACIÓN DE PROPOSTAS E MELLORAS, NOVAS, CASOS PROBLEMÁTICOS…ETC). MANTEMENTO

DA

PARTIDA

PRESUPOSTARIA

MUNICIPAL PARA ATENDER DISTINTAS SITUACIÓNS EXCEPCIONAIS QUE POIDAN DARSE NO MARCO DA VIOLENCIA DE XÉNERO (TRASLADOS, ACOLLEMENTO

88


DE URXENCIA, ETC) E QUE NON ATOPEN UNHA RESPOSTA CLARA, RÁPIDA E EFICAZ PARA A MULLER VÍTIMA DE VIOLENCIA NO MARCO LEXISLATIVO E COMPETENCIÁL ACTUALMENTE VIXENTE.

TRABALLAR NO DESEÑO DE ESTRATEXIAS PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO NO CONCELLO.

89


90


GUÍA DE RECURSOS ESPECÍFICOS DO CONCELLO DE NEGREIRA

Concello de Negreira: 981885250 981 885 250/ /981885550 981 885 .550.

CIM de Negreira: 981 981886320 886 320

Centro de Saúde de Negreira : 981 886 378/ 981 881 808. Policia Local de Negreira: 981 885 250 .

Garda Civil de Negreira: 981 885 001 .

Xulgado de Primera Instancia e Instrucción de Negreira: 981 885 032 CEIP O Coto: 981 885 336 IES Xulián Magariños: 981 885 349

91


92


CONTIDOS: DAMIÁN VÁZQUEZ LAVANDEIRA. DULCE RODRÍGUEZ ANIDO. IRIA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ. DESEÑO: DAMIÁN VÁZQUEZ LAVANDEIRA. PAULA NAVEIRA FERNÁNDEZ. MAQUETACIÓN: PAULA NAVEIRA FERNÁNDEZ. COLABORA: CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN E CULTURA CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS,SANIDADE E ATENCIÓN AO VECIÑO. CONCELLERÍA DE MULLER, EMPREGO E FORMACIÓN. CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER. COFINANCIA: XUNTA DE GALICIA.



O

s/as abaixo asinantes foron axentes activos na elaboración do Protocolo de actuación para a atención integral das vítimas de violencia de xénero do Concello de Negreira. D. Jorge Jesús Tuñas Caamaño. (Alcalde de Negreira).

Dª. Mª Jesús Veiga Hortas. (Concelleira de Educación e Cultura).

Dª. Pilar Pérez Pensado. (Concelleira de Servizos Sociais, Sanidade e Atención ao veciño).


Dª. Mª Josefa Vázquez Alende. (Concelleira de Muller, Emprego e Formación).

Dna. Rosa Fuentes Cambeiro (Directora e Asesora Xurídica do CIM).

Dna. Azucena Antelo García (Psicóloga do CIM | Educadora familiar).

Dna. Marta Capeán Outeiro (Traballadora Social do Concello).


Dna. Rosario Cajuso Barbazán (Traballadora Social do Concello).

Dna. Ana Rodríguez Piorno (Xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira).

D. Daniel Lamazares Varela (Sarxento da Garda Civil).

D. Euloxio Cives Martínez (Sarxento da Policía Local).


Dna. Lucrecia Zugaza Gurruchaga (Coordinadora do Centro de Saúde).

D. Cipriano Núñez Rodríguez (Xefe de Estudios do IES Xulián Magariños).

Dna. Begoña Cortés Ferro (Orientadora do IES Xulián Magariños).

D. Xosé Colmeiro (Orientador do CEIP de O Coto).





VX


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.