Contidos: Paloma Seijo Anca Nuria Revuelto Crespo Damián Vázquez Lavandeira Deseño e maquetación: Eva Bello Alonso 2
Indice: I. II. III. IV. V.
VI. VII. VIII. IX. X. XI. XII
INTRODUCIÓN. MARCO XURÍDICO DA IGUALDADE PRINCIPIOS REITORES METODOLOXÍA E FASES DE ELABORACIÓN DIAGNOSE: - Datos e gráficos - Análise DAFO ÁMBITOS DE ACTUACIÓN PERÍODO DE VIXENCIA SEGUIMENTO E AVALIACIÓN GLOSARIO DE TERMOS BIBLIOGRAFÍA WEBGRAFÍA TELÉFONOS DE INTERESE
5 7 11 15 19
53 89 91 99 103 103 104
3
4
Introdución : Aínda que se ten avanzado moito e o aporte das mulleres ao desenvolvemento social, económico e cultural da sociedade ten sido amplamente recoñecido, na sociedade actual seguen presentes tanto as desigualdades por razón de xénero, como a violencia sobre as mulleres. O principio de igualdade e o dereito a vivir sen violencia son cuestión de dereitos humanos e constitúen unha condición fundamental para o logro da xustiza social. Faise, polo tanto precisa, unha intervención pública integral dirixida a eliminar os obstáculos que se opoñen á igualdade real e efectiva entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida e da Administración. Conscientes de que na nosa sociedade aínda permanecen pautas culturais e estruturas sociais que lexitiman a negación e a subordinación que historicamente padeceron as mulleres en relación cos homes, é preciso asumir que a igualdade de oportunidades non será posible se non ven acompañada de cambios e medidas correctivas na organización do traballo e do tempo, no propio concepto de actividade, nos modelos de familia e de participación social e política, así como nas actitudes, as condutas e os modelos de relación entre mulleres e homes. Por este motivo, o Concello de Cesuras da un paso máis e presenta este II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, para que constitúa unha resposta eficaz ás necesidades da poboación cesurense e logre unha igualdade real entre homes e mulleres. O II Plan de Igualdade do Concello de Cesuras é un documento marco de actuación para o período 2.011 – 2.014 e se presenta como un instrumento de traballo onde se recollen as actuacións dirixidas a mellorar as situacións de desigualdade entre mulleres e homes, integra a experiencia que supuxo o I PIOM municipal como instrumento de promoción e fomento da política de igualdade e ratifica o compromiso do Concello de Cesuras coa Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. 5
O II Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Cesuras, constitúe unha ferramenta para procurar cambios sociais, cuxo obxectivo xeral é promover a igualdade entre mulleres e homes, integrando de maneira efectiva, a igualdade en todos os ámbitos que afecten á vida cotiá das mulleres, fomentando a modificación de actitudes, comportamentos e normas que supoñen un obstáculo para a consecución da igualdade real das persoas, o II PIOM cesurense ten as seguintes características:
1. É unha guía para un proceso de actuación, unha ferramenta dinámica e flexible.
2. Representa un compromiso do Concello de Cesuras coa igualdade entre homes e mulleres.
3. Implica a participación de todas as concellerías, departamentos e áreas municipais no desenvolvemento e execución do II PIOM de forma coordinada.
4. A posta en práctica destas medidas precisa de implicación política e técnica e a
materialización de cambios estruturais que posibiliten a transversalidade, principio básico no que se sustenta este II PIOM.
5. A Concellería de Familia, Muller e Servizos Sociais ten un papel fundamental
no asesoramento e impulso do Plan, sen embargo, a responsabilidade é compartida. A súa execución e avaliación en todas as fases é tarefa de todas as concellerías, departamentos e áreas. Así mesmo, o nivel de avance no camiño cara á igualdade que implique este Plan será un logro de todas as persoas que traballen no Concello.
6. A estrutura do Plan responde a unha proposta posibilista baseada na experien6
cia do I PIOM. Os obstáculos postos en evidencia no balance do I PIOM e os estudos posteriores fan preciso un esquema de traballo aberto, centrado na busca duns mínimos de consenso.
7
O dereito á igualdade entre mulleres e homes está garantido en numerosos marcos referenciais que se tiveron en conta para a elaboración e deseño deste II Plan de Igualdade de Oportunidades, estes son: MARCO INTERNACIONAL Declaración Universal dos Dereitos Humanos Convención para a Eliminación de todas as Formas de Discriminación contra a Muller de 1979 (CEDAW) IV Conferencia Mundial sobre as Mulleres de Beijing no ano 1995 Resolución da Comisión dos Dereitos Humanos de 1997
UNIÓN EUROPEA Tratado de Amsterdam de 1997 Programas de acción comunitaria para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes Recomendación do Comité de Ministros sobre a protección das mulleres contra a violencia Directiva 2002/73/CE do Parlamento Europeo e do Consello, relativa á igualdade de trato entre mulleres e homes nas condicións de traballo Informe da Comisión ao Consello, ao Parlamento Europeo, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións, do 22 de febreiro de 2006, sobre a igualdade entre mulleres e homes, 2005 Recomendacións do Consello de Europa de Lisboa Folla de Ruta da Unión para o 2006-2010, no ámbito do emprego e política social Programa comunitario de Fomento do Emprego e da Solidariedade Social (Progress) Programas de acción comunitaria, Daphne I (200-2003) e Daphne II (2004-2008)
8
ÁMBITO ESTATAL Constitución española Lei 27/2.003, do 31 de xullo, reguladora da orde de protección das vítimas de violencia doméstica Lei 30/2.003, do 13 de outubro, sobre medidas para incorporar a valoración do impacto de xénero nas disposicións normativas que elabore o Goberno Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero Real Decreto 355/2.004 polo que se crea un rexistro central para a protección das vítimas da violencia doméstica Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes Plan estratéxico de igualdade de oportunidades 2008-2011 Anteproxecto de Lei integral para a igualdade de trato e a non discriminación
ÁMBITO GALEGO Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galiza Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia. Pacto Galego polo emprego, asinado no 2007 Plan de atención integral á saúde da muller de Galiza Plan de fomento da corresponsabilidade V Plan do Goberno Galego para a igualdade de mulleres e homes 2007-2010
ÁMBITO LOCAL I Plan de Igualdade de Oportunidades das Mulleres de Cesuras
9
10
Principios Reitores
11
12
Principios Reitores Entendemos os principios reitores como liñas estruturadoras básicas e mandatos de optimización para promover e adoptar as medidas necesarias que garantan a plena eficacia. Os principios reitores deste II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Cesuras son os seguintes: PRINCIPIO DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES: Os poderes públicos deben adoptar as medidas oportunas para garantir o exercicio efectivo por parte de mulleres e homes, en condicións de igualdade, dos dereitos políticos, civís, económicos, sociais e culturais e do resto dos dereitos fundamentais que poidan ser recoñecidos nas normas, incluído o control e o acceso ao poder e aos recursos económicos e sociais. PRINCIPIO DE TRANSVERSALIDADE Institucionalizar a perspectiva de xénero en todas as Concellerías, Departamentos e Áreas municipais. PRINCIPIO DE PARTICIPACIÓN Sen participación non é posible a transversalidade. Participar supón involucrar a distintos actores municipais: políticos, sociais, culturais, educativos, etc. no desenvolvemento do II PIOM. PRINCIPIO DE COLABORACIÓN E COORDINACIÓN Os poderes públicos teñen a obrigación de colaborar e coordinar as súas actuacións en materia de igualdade na procura de intervencións máis eficaces e acordes cunha utilización racional dos recursos. PRINCIPIO DE OPTIMIZACIÓN E RENDABILIDADE: Optimizar e rendibilizar os recursos públicos locais e supramunicipais, debe resultar un investimento económico, eficaz e eficiente mediante o uso racional de recursos públicos. 13
14
e fases de elaboraci贸n 15
O II Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Cesuras elaborouse ao longo de cinco fases:
FASE 1 CONSTITUCIÓN DO GRUPO DE TRABALLO
FASE 2 INVESTIGACIÓN E ANÁLISE
16
Configurouse o grupo de traballo para a elaboración do II PIOM, conformado por persoal técnico do Concello de Cesuras e persoal técnico da consultora contratada. A primeira actividade desenvolvida foi consensuar o procedemento metodolóxico para a elaboración do II PIOM e deseñar as ferramentas axeitadas para levar a cabo a proposta metodolóxica. A fase II de investigación e análise consistiu na identificación e recompilación de fontes documentais de información. Para a elaboración do II PIOM tívose en conta como primeira fonte documental os resultados recollidos na avaliación do I Plan de Igualdade de Oportunidades para as Mulleres do Concello de Cesuras 2.005 – 2.007. A iso engadiuse un estudo pormenorizado das recentes normas lexislativas, acordos, etc. de ámbito internacional, europeo, estatal e nacional en materia de igualdade. Ademais, consultáronse e analizáronse datos cuantitativos e información de tipo cualitativo provinte de diversas fontes oficiais: Concello de Cesuras, Centro de Información á Muller de Curtis, Instituto Galego de Estadística (IGE), Instituto Nacional de Estadística (INE), Instituto Galego das Cualificacións, Instituto de Mayores y Servicios Sociales (IMSERSO), Sistema para la Autonomía y Atención a la Dependencia (SAAD), etc. Enriquecido todo isto coa consulta de fontes bibliográficas de referencia.
FASE 3 PARTICIPACIÓN
Nesta fase contactouse e informouse do proceso de elaboración do II PIOM, invitando a participar directamente ás diferentes concellerías, áreas e departamentos do Concello de Cesuras, as entidades e asociacións do municipio e, indirectamente a toda a cidadanía cesurense. Pretendeuse que todas as persoas do Concello se implicasen na elaboración do Plan e que o asumisen como propio, de cara a reforzar tanto a transversalidade do enfoque de xénero como a posta en valor da igualdade. Todo elo a través de: • Entrevistas semiestructuradas con persoal político, técnico e axentes socioeconómicos do Concello de Cesuras. • Enquisa á poboación. O obxectivo desta enquisa foi o de facer aflorar actitudes, condutas e modelos en materia de igualdade das e dos cidadáns de Cesuras. A enquisa recolleu datos cuantitativos e cualitativos.
FASE 4 ELABORACIÓN E CONSULTA
FASE 5
DEFINITIVA
Fase consistente na recompilación e baleirado das ferramentas de traballo e análise das informacións e dos resultados obtidos, atendendo a: prioridades, obxectivos e actuacións. Consistiu na planificación estratéxica do II PIOM a partir das diferentes situacións e condicións de vida de mulleres e homes de Cesuras, respondendo á realidade diagnosticada, priorizando e decidindo as actividades cuxos resultados sexan máis viables para acadar un impacto maior sobre os problemas detectados na diagnose. Para rematar coa redacción do Plan definitivo, tal e como se presenta agora.
17
18
Diagnose:
investigaci贸n e analise 19
20
Diagnose
Para elaborar o II Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Cesuras, realizouse un análise da realidade local desde unha perspectiva de xénero que permitise:
• Identificar as necesidades, debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades do Concello de Cesuras en materia de Igualdade. • Establecer prioridades e obxectivos estratéxicos prácticos.
Os datos obtidos extraéronse de: • Diversas fontes oficiais: Concello de Cesuras, Centro de Información á Muller de Curtis, Instituto Galego de Estadística (IGE), Instituto Nacional de Estadística (INE), Instituto Galego das Cualificacións, Instituto de Mayores y Servicios Sociales (IMSERSO), Sistema para la Autonomía y Atención a la Dependencia (SAAD), etc. • Da propia poboación cesurense á que se lle invitou a participar a través dunha enquisa específica. •E da realización de entrevistas semiestruturadas ao persoal técnico e político do Concello, profesionais da educación, da sanidade, do Centro de Información á Muller de Curtis e diversos axentes socioeconómicos e culturais do Concello.
21
As conclusións máis significativas preséntanse a continuación estruturadas nos seguintes bloques: • Datos e gráficos de Poboación. • Datos e gráficos do Concello. • Datos e gráficos de Emprego. • Datos e gráficos de Educación. • Datos e gráficos de Cultura, Deporte, Lecer e Asociacións. • Datos e gráficos de Servizos Sociais. • Datos e gráficos de Resposta a Enquisa á Poboación: - Actitudes ante a presenza da muller na sociedade. - Actitudes ante a intervención na área de igualdade. - Actitudes de tolerancia e apertura afectivo-sexual. - Actitudes e opinións referentes a estereotipos de xénero. - Actitudes sobre corresponsabilidade. - Actitudes sobre diversificación profesional. • Análise DAFO
22
Datos e GraFicos
23
24
DATOS E GRÁFICOS DE POBOACIÓN
25
26
Como podemos observar nos grรกficos, a poboaciรณn masculina e feminina de Cesuras estรก equilibrada, sen embargo imos apreciando un aumento da poboaciรณn feminina segundo envellece a poboaciรณn.
27
Como consecuencia do aumento de poboación maior do Concello, o índice de dependencia global increméntase, e aínda que o índice de dependencia xuvenil decrece, aumenta a dependencia senil.
28
Nestes momentos a inmigración supón case un 0,22% da poboación do Concello, aumentando a emigración masculina e diminuindo notablemente a feminina. En todo caso, apréciase unha importante diminución de poboación inmigrante do Concello, sendo este descenso maior en mulleres que en homes.
29
DATOS E GRÁFICOS DO CONCELLO
Tanto a representación política, como o persoal técnico do Concello de Cesuras, está maioritariamente constituída por homes.
30
DATOS E GRÁFICOS DE EMPREGO
Podemos observar nas gráficas precedentes, como a afiliación á seguridade social é maior nos homes en todos os tramos de idade, a excepción do tramo de idade maior de sesenta anos, no que puntúan levemente por riba as mulleres.
31
Nos datos do paro, vemos como os homes acumulan mรกis taxa de desemprego en todos os sectores.
32
Como vemos en este grĂĄfico, o total de contratos firmados durante o ano 2010 foron 49, dos cales 28 corresponderon a homes e 21 a mulleres.
Durante o ano 2.010, os homes firmaron mĂĄis do dobre de contrato temporais a xornada completa que as mulleres, sendo estas ademais as Ăşnicas asinantes de contratos temporais a tempo parcial. 33
DATOS E GRÁFICOS DE EDUCACIÓN
34
DATOS E GRÁFICOS DE CULTURA, DEPORTE E LECER Ac#vidades depor#vas municipais 2.011
Homes
17
11
Mulleres
17
11
TAEKWONDO
16 11
NATACIÓN
XIMNASIA DE MANTEMENTO
Na gráfica das actividades deportivas observamos que o número de nenos e nenas participantes no taekwondo e na natación é similar ou moi significativa, no caso dos homes e mulleres participantes en ximnasia de mantemento. Sen embargo, na gráfica das actividades culturais podemos percibir por un lado, dous obradoiros de actividades tradicionalmente femininas, nos que participan exclusivamente mulleres e, por outro, o obradoiro de informática con asistencia de homes e presenza predominantemente feminina. Nas conversas con representantes das diferentes asociacións culturais, de veciños, de mulleres rurais, amas de casa, club deportivo, etc. comprobouse que existe unha participación paritaria en canto ao xénero, se ben, e aínda que dende as diferentes entidades non se pretende, mantense unha clara diferenciación entre actividades tradicionalmente masculinas e femininas. Interrogadas sobre a realización de actividades no ámbito da promoción da igualdade ou da perspectiva do xénero, ningunha das asociacións promoveu, nin ten pensalo facelo actividades neste ámbito nun futuro próximo.
35
DATOS E GRÁFICOS DE SERVIZOS
Nos datos e gráficos de Servizos Sociais advertimos que as intervencións realizadas e as prestacións tramitadas polo Servizos Sociais do Concello son percibidas maioritariamente por mulleres. Recoñécese ás mulleres con idades comprendidas entre os 66 e os 76 anos, como o colectivo socialmente máis vulnerable do Concello de Cesuras.
36
DATOS E GRÁFICOS DE RESPOSTA DA ENQUISA Á POBOACIÓN
Obsérvase unha maior participación das mulleres na enquisa de opinión. A idade media das persoas participantes foi de 39,1 anos as mulleres e de 43,6 anos a dos homes - Actitudes ante a perspectiva da presenza da muller na sociedade - Actitudes ante intervención na área de igualdade - Actitudes de tolerancia e apertura afectivo-sexual - Actitudes e opinións referente a estereotipos de xénero - Actitudes sobre corresponsabilidade - Actitudes sobre diversificación profesional
37
ACTITUDES ANTE A PERSPECTIVA DA PRESENZA DA MULLER NA SOCIEDADE 4. Creo que hoxe en día a muller pode acceder a calqueira posto de traballo
1. Creo que hoxe en día a muller ten os mesmo dereitos que o home 100%
100%
80%
80% 60%
60% Mulleres
40%
Homes
Homes
20%
20%
0%
0% CD
D
¿?
A
CD
CA
D
¿?
A
CA
23. Penso que unha muller pode ser bombeira, policía, futbolista, toreira, etc.
7. Aínda existen profesións que son parcela exclusiva de homes ou de mulleres 100%
100%
80%
80% 60%
60% Mulleres
40%
Homes
Mulleres
40%
Homes
20%
20%
0%
0% CD
D
¿?
A
CD: Completamente en desacordo D: En desacordo ¿?: Indiferente A: De acordo CA: Completamente de acordo
38
Mulleres
40%
CA
CD
D
¿?
A
CA
31. Penso que si as mulleres non ocupan os postos de responsabilidade é porque non están suficientemente preparada 100% 80% 60% Mulleres
40%
Homes
20% 0% CD
D
¿?
A
CA
As gráficas amosan que as mulleres teñen unha percepción peor da realidade con respecto aos seus dereitos, sen embargo, consideran que teñen as mesmas oportunidades, facilidades e opcións para acceder a calquera posto de traballo. E aínda que os homes non aprecian estas dificultades, si asumen que hai moitas profesións que están unidas ao xénero.
39
ACTITUDES ANTE A INTERVENCIÓN NA ÁREA DE IGUALDADE 5. O traballo en igualdade de oportunidades non é necesario 100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0%
6. Isto da igualdade é unha moda
Mulleres Homes
CD
D
¿?
A
100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0%
Mulleres Homes
CD
CA
9. Neste concello nunca se fixo nada en área de igualdade 100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0%
Mulleres Homes
CD
D
¿?
A
CD: Completamente en desacordo D: En desacordo ¿?: Indiferente A: De acordo CA: Completamente de acordo
40
CA
D
¿?
A
CA
11. As desigualdades desaparecen por si solas 100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0%
Mulleres Homes
CD
D
¿?
A
CA
18. Desde os concellos non se pode facer nada para mellorar a situación 100% 80% 60% Mulleres
40%
Homes
20% 0% CD
D
¿?
A
CA
24. Isto do traballo en igualdade non sirve de nada 100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0%
Mulleres Homes
CD
D
¿?
A
CA
Pódese concluír das seguintes gráficas que as mulleres son as que perciben en maior medida o beneficio das accións que proveñen da intervención para corrixir as desigualdades por parte das administracións.
41
ACTITUDES DE TOLERANCIA E APERTURA AFECTIVO-SEXUAL
21. É normal que os mozos se vinguen das súas mozas se lles “pon os cornos” 100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0%
Mulleres Homes
CD
D
¿?
A
CD: Completamente en desacordo D: En desacordo ¿?: Indiferente A: De acordo CA: Completamente de acordo
42
CA
30. As mulleres non deberían ser tan ac4vas sexualmente como os homes antes do matrimonio 100% 80% 60% Mulleres
40%
Homes
20% 0% CD
D
¿?
A
CA
Obsérvase nas gráficas que existe una gran apertura e tolerancia con respecto á liberdade sexual e aos estereotipos sexuais nas persoas que cumprimentaron a enquisa.
43
ACTITUDES E OPINIÓNS REFERENTES A ESTEREOTIPOS DE XÉNERO 3. Os coidados as persoas enfermas deben facelo por igual os homes e as mulleres 100% 80% 60% Mulleres
40%
Homes
20% 0% CD
D
¿?
A
10. Valoro o traballo domés0co como un traballo máis 100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0%
Mulleres Homes
CD
CA
D
¿?
A
CA
12. Creo que hoxe se anima igual aos nenos e nenas na colaboración das tarefas domés;cas
13. As nais son as que deben coidar aos fillos e fillas
100% 90% 80% 70% 60% 50%
Mulleres
40%
Homes
30% 20% 10% 0% CD
D
¿?
A
CD: Completamente en desacordo D: En desacordo ¿?: Indiferente A: De acordo CA: Completamente de acordo
44
CA
100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0%
Mulleres Homes
CD
D
¿?
A
CA
15. Cando compro xoguetes a un neno ou nena, penso e elixo aqueles que son propios do seu sexo
14. Creo que a muller está máis capacitada que o home para os traballos domés8cos 100%
100%
80%
80% 60%
60% Mulleres
40%
Homes
Mulleres
40%
Homes
20%
20%
0%
0% CD
D
¿?
A
CD
CA
19. Os homes conducen mellor que as mulleres 100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0%
Homes
D
¿?
A
¿?
A
CA
22. Penso que unha muller debe casarse e ser nai
Mulleres
CD
D
100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0%
Mulleres Homes
CD
CA
D
¿?
A
CA
32. Creo que o home en xeral comparte coa muller o traballo domés8co e os problemas derivados da educación cos fillos/as 100% 80% 60% Mulleres
40%
Homes
20% 0% CD
D
¿?
A
CA
De novo apreciamos que as persoas que participaron na enquisa, non están de acordo con moitos dos estereotipos e prexuízos sexistas: rol de maternidade, coidado, educación, etc; Aínda que os homes son menos extremos e creen máis neles. 45
46 Axudar aos fillos/as coas tarefas
AMBOS HOMES MULLERES
Nos diagramas de barras apréciase que moitas das labores do fogar son compartidas ou pensan que deberían compartirse, algunhas delas persisten moi unidas aos roles de xénero. Obsérvase como a maioría dos homes asumen tarefas de levar o coche ao taller ou facer arranxos na casa, mentres que as mulleres pasar o ferro maioritariamente. Pasar o ferro
Pasar o ferro
AsisFr a reunión con mestres/as
Conducir
Levar os nenos/as ao médico/a
AsisGr a reunión con mestres/as
Opinión das mulleres sobre quen fai estas tarefas nas súas casas
Ler
100.00% 90.00% 80.00% 70.00% 60.00% 50.00% 40.00% 30.00% 20.00% 10.00% 0.00% Ler
Conducir
MULLERES
Xogar cos fillos/as
HOMES
Levar os nenos/as ao médico/a
Xogar cos fillos/as
Levar aos fillos/as ao colexio
Ocuparse dos papeis e xesFóns da casa
Ir a compra
Facer arranxos na casa
Cambiar os pañais
Levar o coche ao taller
Varrer
Axudar aos fillos/as coas tarefas
AMBOS
Levar aos fillos/as ao colexio
Ocuparse dos papeis e xesGóns da casa
Ir a compra
Facer arranxos na casa
Cambiar os pañais
Levar o coche ao taller
Varrer
ACTITUDES SOBRE CORRESPONSABILIDADE 100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0%
Opinións dos homes sobre quen fai estas tarefas nas súas casas
ACTITUDES SOBRE DIVERSIFICACIÓN PROFESIONAL Opinión das mulleres sobre quen pode exercer estas profesións 100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10%
Opinión dos homes sobre quen pode exercer estas profesións 100%
AMBOS
HOMES
Darlle de comer ao gando
Varrer as rúas
Chapista
Avogacía
Contabilidade
Secretaría
Sastrería
Medicina
Pilotaxe de avións
Conducir o tractor
Inxeneiría
Limpeza
Carpintería
Enfermería
Baile
Cocina
Mecánica
Perruquería
0%
MULLERES
90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10%
AMBOS
HOMES
Darlle de comer ao gando
Varrer as rúas
Chapista
Avogacía
Contabilidade
Secretaría
Sastrería
Medicina
Pilotaxe de avións
Conducir o tractor
Inxeneiría
Limpeza
Carpintería
Enfermería
Baile
Cocina
Mecánica
Perruquería
0%
MULLERES
Chama a atención, que tanto homes coma mulleres opinen que aínda existen profesións que entenden tradicionalmente “de homes”, máis que profesións tradicionalmente “de mulleres”. Se observamos o cadro de opinión das mulleres, apreciamos a escasa presenza doutros colores que non corresponda a opción de “ambos”, aínda que persisten algunhas profesións máis estereotipadas de homes como a mecánica e a carpintería. 47
48
Analise DAFO O Análise DAFO é un método de análise sinxelo e eficaz para facer diagnósticos de organizacións. Este procedemento foi creado a principios da década dos setenta e foi moi aceptado no campo da estratexia empresarial, estendéndose posteriormente ao sector social. O seu obxectivo é atopar os factores estratéxicos claves para apoiar neles os cambios. Cos datos obtidos da diagnose, expoñemos a continuación, por un lado, cales son as FORTALEZAS e as DEBILIDADES detectadas no Concello de Cesuras para propoñer e acadar obxectivos; e por outro, subliñamos cales son as OPORTUNIDADES e AMEAZAS externas ao Concello que poden favorecer ou frear a definición e consecución dos mesmos.
49
ORIXEN INTERNO (AO CONCELLO)
FORTALEZAS •Implicación política dos/as representantes municipais de Cesuras. •Sensibilización da poboación feminina e xuvenil. •Implicación da Comunidade Educativa. •Implicación da Comunidade Sanitaria. •Tecido asociativo que pode contribuír a difusión e execución de actividades. •Igualdade de número entre homes e mulleres. •Solicitude e participación das mulleres en actividades sociais en beneficios sociais de lecer. •A taxa de paro feminino, aínda que se incrementou, fíxoo en menor medida que a dos homes. •Participación equilibrada de nenos e nenas en actividades deportivas ata os seis anos. •O Concello promove e se implica en actividades culturais, deportivas e de lecer para a poboación.
50
DEBILIDADES
• Envellecemento da poboación • Maior índice de dependencia senil • Diminución de poboación activa • Falta de sensibilización no ámbito de igualdade por parte dos homes do concello • Incremento de taxa de paro • Asunción de roles estereotipados de xénero na maioría da poboación • Baixa participación dos homes en actividades sociais e beneficios sociais de lecer. • Baixa representación política das mulleres no concello. • Menor número de afiliación á seguridade social das mulleres con respecto aos homes. • Desigualdade na asunción das cargas familiares e tarefas domésticas. Escaso grao de desenvolvemento do concepto de corresponsabilidade que reforza o perfil feminino da rede informal de apoio familiar que limita as oportunidades das mulleres .
ORIXEN EXTERNO (AO CONCELLO)
OPORTUNIDADES
AMEAZAS
• A lexislación nacional e autonómica en materia de • A crise económica. • Os recortes orzamentarios. muller e igualdade de oportunidades. • Existencia de boas prácticas dos Centros de Información • A persistencia de barreiras invisibles para o empoderamiento das mulleres, de forma mais intensa nos á Muller. • Incremento progresivo do nivel educativo e formativo concellos con estrutura social mais tradicional. da muller. • Desigualdades entre mulleres e homes no mercado de • Participación crecente das mulleres no mercado laboral. traballo (salarios, desemprego, etc.) • Incremento paulatino da concienciación social en mate- • Existencia de segregación por xéneros en materia formativa/ocupacional e subrepresentación da muller en ria de igualdade de oportunidades. • Maior visualización dos temas de igualdade nos medios determinadas profesións e sectores. • Insuficiente desenvolvemento e falta de apoio (prinde comunicación. • Experiencias de coordinación positiva en materia de cipalmente por parte do empresariado e das adminisviolencia de xénero. traciós)así como un enfoque, en ocasións sexista, das políticas de conciliación a vida laboral, persoal e familiar.
51
52
Ambitos de Actuaci贸n 53
54
O II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Cesuras é unha ferramenta técnica de traballo estruturada arredor de dous eixes fundamentais: 1. A posta en marcha de accións positivas que contribúan a erradicar a discriminación e as desigualdades sociais que aínda sofren as mulleres. 2. O desenvolvemento dunha política transversal de igualdade en todas as áreas sociais do Concello e en todos os procesos da xestión municipal. Para elo o II PIOM propón oito ámbitos de actuación que precisan da implicación de toda a cidadanía para que se produzan cambios cara a igualdade real entre mulleres e homes, estes son: Cooperación e colaboración interinstitucional.
1. 2. Información, Comunicación e Sensibilización Institucional e a cidadanía. 3. Emprego. 4. Educación. 5. Saúde. 6. Cultura, Deporte e Lecer. 7. Conciliación da Vida Familiar, Persoal, Profesional e Corresponsabilidade. 8. Violencia contra as Mulleres.
Dos oito ámbitos de actuación do II PIOM, os dous primeiros son de carácter transversal e os seis seguintes de intervención específica.
55
56
1.Cooperaci贸n e Colaboraci贸n Institucional
57
58
1. COOPERACIÓN E COLABORACIÓN INTERINSTITUCIONAL Liñas de actuación 1.1 Establecer sistemas de comunicación entre o Concello e as distintas Institucións, tanto do propio Concello coma supramunicipais, tendo en conta que o concello de Cesuras é o organismo encargado do impulso, asesoramento, planificación e avaliación das accións recollidas neste II PIOM. Accións Crear a Unidade de Xénero no Concello, necesaria para a posta en marcha do Plan e establecer a composición e réxime de funcionamento. Esta unidade será a responsable das políticas de igualdade cuxo persoal político e técnico actuará ademais como interlocutor directo no ámbito de igualdade. Establecer sistemas de comunicación entre a Unidade de Xénero do Concello de Cesuras cos CIMs de Curtis e Coirós, de xeito que se unan esforzos, dinamicen actividades e rendibilicen e axusten recursos. Establecer sistemas de comunicación entre a Unidade de Xénero do Concello de Cesuras con outras entidades e institucións do Concello (Centro Educativo, Centro de Saúde, empresas, club deportivo, asociacións, etc.) Impulsar a incorporación do enfoque de xénero tanto na planificación estratéxica do Concello, como en cada unha das Áreas municipais que o compoñen. 1.2. Impulsar o compromiso coas Entidades Locais Accións Fomentar a coordinación interinstitucional co obxectivo de difundir e intercambiar boas prácticas respecto da introdución do enfoque de xénero nos diferentes ámbitos e programas desenvolvidos tanto no Concello de Cesuras, coma nos CIM de Curtis e Coirós e con outros Concellos e Centros de Información á Muller. Promover mecanismos de coordinación das actuacións realizadas por diferentes entidades e asociacións, evitando no posible a duplicidade de actividades. 59
60
2. Informaci贸n, comunicaci贸n e sensibilizaci贸n institucional e a cidadania
61
62
2. INFORMACIÓN, COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN INSTITUCIONAL E Á CIDADANÍA Liñas de actuación 2.1 Sensibilizar e capacitar ao persoal político e técnico do Concello para a incorporación do Principio de Igualdade. Accións Deseñar e desenvolver plans de sensibilización en materia de igualdade dirixidos ao persoal político da Administración Local. Establecer os mecanismos que promovan unha formación básica, progresiva e permanente en materia de igualdade de oportunidades dirixida ao persoal técnico que garanta a súa competencia para integrar adecuadamente a perspectiva de xénero na actuación administrativa. Impulsar a creación de redes de traballo e colaboración entre profesionais que faciliten a difusión de boas prácticas, o aprendizaxe e o intercambio de experiencias e metodoloxías.
2.2. . Incorporar a perspectiva de xénero na recollida, elaboración e difusión da información ao persoal técnico e político do Concello Accións Incluír de xeito sistemático a variable sexo nas estadísticas, nas bases de datos de seguimento de programas e na recollida de datos propios de cada ámbito de competencia. Establecer nos pregos de condicións técnicas para a realización de estudos, proxectos de investigación, informes, publicacións e publicidade por terceiras entidades que pola súa natureza o requiran, un requisito que garanta a consideración da análise desde a perspectiva de xénero.
63
2.3. .Transmitir e difundir boas prácticas e valores sobre a igualdade para mulleres e homes Accións Revisar e corrixir a documentación administrativa máis usual e elaborar instrumentos para a corrección da linguaxe sexista Abrir un proceso de debate e reflexión institucional sobre o compromiso de impulsar a igualdade entre mulleres e homes desde todas as Áreas do Concello e outras institucións da localidade. Abrir un debate social sobre a situación da igualdade de oportunidades entre as mulleres e os homes do Concello de Cesuras, concienciando á cidadanía sobre o compromiso compartido para mellorar e facilitar o cambio cara a igualdade. Programar sesións informativas e formativas de sensibilización nesta materia dirixidas a toda a poboación. Apoiar a organización e xestión das redes de asociacións de mulleres, potenciando encontros entre asociacións de mulleres dentro e fora do territorio de Cesuras.
64
3. Emprego
65
Areas de Intervención EspeciFica 3. EMPREGO Liñas de actuación 3.1 Promover economicamente o emprego feminino adecuando as políticas e os servizos ao Principio de Igualdade de Oportunidades Accións Formar en igualdade de oportunidades ao persoal responsable de programas e servizos de asesoramento para o autoemprego e a creación de empresas. Fomentar a profesionalización e revalorización do traballo relacionado co coidado e a atención a persoas. Sensibilizar ao empresariado do Concello e ao persoal das empresas responsables da selección de persoal para a eliminación de estereotipos que dificultan o acceso e promoción das mulleres no mundo laboral. Informar ao empresariado acerca das medidas de apoio á contratación de mulleres ou á mellora das condicións laborais destas. Sensibilizar ao empresariado sobre a responsabilidade social das empresas en materia de conciliación da vida laboral, familiar e persoal e outros temas de especial relevancia en relación ás condicións e mellora do emprego das mulleres. Fomentar, incentivar e apoiar a continuidade das iniciativas empresariais promovidas por mulleres a través da oferta de axudas, asesoramento, formación e acompañamento no proceso de definición e consolidación da idea empresarial. 3.2. Formar para o emprego e o desenvolvemento de competencias clave
66
Accións Incrementar a través da formación e a orientación personalizada as posibilidades de acceso ao mercado laboral das mulleres tendo en conta as situacións e necesidades específicas de cada colectivo, así como da zona onde residen. Levar a cabo programas como obradoiros de emprego, escolas obradoiro, etc. que permitan ás mulleres adquirir capacitación e práctica naqueles sectores nos que se atopan subrepresentadas e nos sectores emerxentes de emprego.
Ofertar formación coas competencias clave das profesións de cara a fomentar a formación oficial. Mellorar a formación das mulleres nas novas tecnoloxías da información e da comunicación e noutros campos innovadores das novas tecnoloxías que axuden ás mulleres a superar o seu illamento. 3.3. .Diversificación profesional Accións Informar e orientar ás rapazas sobre posibilidades de emprego tradicionalmente de ámbito masculino, pero con mellores condicións laborais, de cara a fomentar a verdadeira independencia económica. Difundir entre as nenas novos modelos de mulleres con responsabilidade empresarial, política e sindical. Facilitar a nenas e mulleres novas, a aprendizaxe de habilidades e actitudes sobre liderado, empoderamento persoal, autoafirmación, asertividade, traballo en equipa, etc
67
68
4. Educaci贸n e promoci贸n
69
4. EDUCACIÓN E PROMOCIÓN Liñas de actuación 4.1 Sensibilizar á Comunidade Escolar sobre a necesidade de traballar arredor da igualdade de oportunidades para mulleres e homes. Accións Levar a cabo acciones de sensibilización dirixidas ao profesorado, persoal non docente, alumnado e familias sobre igualdade de oportunidades para mulleres e homes . Promover no centro educativo fondos de materiais coeducativos e materiais de apoio á introdución da perspectiva coeducativa nas distintas materias. Impulsar a utilización non sexista da linguaxe e imaxes non estereotipadas. 4.2. Incluír o enfoque de xénero e a perspectiva coeducativa nos procesos de orientación educativa e/ou profesional. Accións Formar en coeducación e igualdade de oportunidades ao conxunto de persoas implicadas en orientación co obxectivo de promover a diversificación de opcións académicas e profesionais do alumnado en función das súas capacidades, intereses, motivacións e expectativas desde una perspectiva coeducativa. Divulgar no centro educativo boas prácticas e orientacións para deseñar e desenvolver os proxectos de orientación desde unha perspectiva coeducativa. Deseñar e facilitar ferramentas que permitan avaliar os resultados dos programas de orientación desde o enfoque de xénero 4.3. Fomentar a adaptación da educación de persoas adultas ao Principio de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes. Accións Planificar a formación de persoas adultas tendo en conta a necesidade de adecuar o acceso e os horarios dos cursos ás responsabilidades familiares. Planificar a formación de persoas adultas do Concello, empresas, asociacións, etc. incluíndo módulos transversais en igualdade de oportunidades e incluír ac70
tividades dirixidas a potenciar a corresponsabilidade dos homes nas actividades domésticas. Deseñar e desenvolver programas formativos dirixidos a mulleres pertencentes a colectivos máis susceptibles de sufrir exclusión social.
71
72
5. Saude
73
5. SAÚDE Liñas de actuación 5.1 Promover a saúde integral e o benestar das mulleres ao longo do seu ciclo vital. Accións Fomentar a educación para a saúde individual e grupal, en relación coas distintas etapas da vida e con enfoque de xénero. Promover e facilitar as revisións de saúde para a muller protocolarizadas no Servizo Galego de Saúde. Elaborar programas de información, educación e atención afectivo-sexual, desde unha perspectiva de xénero, dirixidos ás diferentes idades e grupos de poboación (mozos e mozas, poboación adulta e poboación maior) Realizar campañas de sensibilización entre as mulleres sobre a importancia do autocuidado, a prevención e a detección precoz das enfermidades. Realizar campañas de prevención de embarazos non desexados e enfermidades de transmisión sexual. Fomentar a presenza e participación activa dos pais nos cursos e programas prenatais de preparación ao parto e coidados posteriores ás criaturas co fin de implicarlles nunha paternidade máis activa e corresponsable. Informar a mozos e mozas, familias, profesorado, educadores e educadoras sobre pautas para a detección precoz de trastornos alimenticios, os seus riscos e consecuencias. 5.2. Dependencia e discapacidade Accións Identificar as necesidades das persoas coidadoras no contorno familiar, a partir das cales se poidan deseñar programas e servizos orientados ao asesoramento, a rehabilitación e fisioterapia, o apoio ao coidador, o respiro familiar en fines de semana e períodos vacacionais, etc. e á necesaria corresponsabilidade de homes e mulleres. Realizar campañas para previr os riscos para a saúde derivados da sobrecarga na realización de traballos domésticos e do coidado de persoas dependentes. 74
5.3. SaĂşde laboral das mulleres AcciĂłns Abordar a saĂşde laboral tanto das mulleres que forman parte do mercado laboral, como das que traballan no fogar e/ou noutros traballos.
75
76
6. Cultura, deporte e lecer
77
78
6. CULTURA, DEPORTE E LECER Liñas de actuación 6.1 Introducir o enfoque de xénero no ámbito da cultura, o deporte, o lecer e o tempo libre Accións Incluír de xeito sistemático a variable sexo nas estadísticas, nas bases de datos de seguimento de programas de lecer e tempo libre, actividades deportivas e culturais. Incluír na programación dos servizos culturais e/ou deportivos actividades para mulleres, atendendo ás necesidades e intereses das mesmas. Nos criterios de programación prestarase especial atención a aspectos relacionados co coidado das persoas dependentes,horarios e accesibilidade. Formar en enfoque de xénero ao persoal directivo e técnico, responsable do deseño, programación e/ou planificación de actividades e programas culturais, de actividade física e deportiva, lecer e tempo libre tanto do Concello como das asociacións. Tratar de equilibrar a participación de mulleres e homes en todos os órganos de dirección e xestión, así como nos tribunais e xulgados que se constitúan en actos culturais, deportivos e artísticos. Solicitar ás entidades que reciben subvencións públicas para a realización de actividades culturais e deportivas que nas memorias de actividades recollan os datos desagregados por sexo co fin de coñecer a participación e a achega das mulleres en devanditas actividades. Desenvolver accións positivas nos procedementos de admisión e subvención para a participación en actividades como campamentos, obradoiros e todo tipo de actividades de lecer co fin de facilitar a participación ás familias monoparentais con escasos recursos.
79
80
7. Conciliaci贸n da vida familiar, persoal, profesional e corresponsabilidade
81
82
7. CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR, PERSOAL, PROFESIONAL E CORRESPONSABILIDADE Liñas de actuación 7.1 Sensibilizar á poboación de Cesuras sobre a necesaria corresponsabilidade de mulleres e homes no desempeño do traballo doméstico e de coidado de persoas Accións Realizar campañas e outras actividades dirixidas ao conxunto da poboación, orientadas a difundir a necesidade de que homes e mulleres se corresponsabilicen na realización de labores do fogar, coidado de persoas e educación dos fillos e fillas. Incentivar a utilización, por parte dos homes, de permisos e licenzas para o coidado de persoas dependentes. Difundir entre o empresariado e sindicatos do Concello, experiencias de boas prácticas en materia de corresponsabilidade e conciliación levadas a cabo no ámbito laboral. Fomentar o desenvolvemento de programas de formación e reciclaxe para aquelas persoas que abandonaron o seu traballo por asumir o coidado familiar e agora desexan reincorporarse ao mundo laboral. 7.2 Continuar coas actividades culturais, educativas, deportivas e de lecer para nenos e nenas fora do horario escolar e en períodos de vacacións. Accións Desenvolver actividades culturais, educativas, deportivas e de lecer para nenos e nenas fora do horario escolar e en períodos de vacacións, tendo en conta a perspectiva de xénero, o fomento da corresponsabilidade e a resolución pacífica de conflitos. 7.3 Promover o servizo de axuda no fogar Accións Continuar coa profesionalización do servizo, priorizando candidatos ou candidatas do propio Concello con interese en formarse e facer desta labor unha profesión. Definir e implantar mecanismos de acción positiva no acceso ao servizo a favor daquelas persoas que teñan ao seu cargo de forma individual o coidado de persoas dependentes. 83
84
8.Violencia contra as mulleres
85
86
A Secretaría Xeral de Igualdade considera que os concellos son os axentes idóneos para desenvolver iniciativas tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes, previr a violencia de xénero e favorecer as condicións de conciliación da vida persoal e profesional, por ser as administracións máis próximas á cidadanía e máis coñecedoras da situación específica da súa poboación. Liñas de actuación 8.1 Previr a violencia contra as mulleres Accións Dar continuidade á difusión do traballo que desenvolven nos CIM de Curtis e Coirós na prevención da violencia de xénero. Poñer en marcha acciones de sensibilización contra a violencia de xénero dirixidas á cidadanía en xeral, prestando especial atención ás situacións das mulleres nas diferentes idades. Facer intervención en sensibilización e formación a nivel escolar, adaptando os contidos segundo as idades e traballando sobre a resolución pacífica de conflitos, reforzando o valor da igualdade entre homes e mulleres, tolerancia e respecto. Formar ás mulleres na detección de sinais de violencia de xénero no noivado e insistir na conveniencia de actuar ante as primeiras sinais. Formar ao persoal técnico de servizos sociais, persoal sanitario, persoal docente, educadores e educadoras de diferentes actividades deportivas, culturais, etc. na detección precoz de situacións de violencia, especialmente entre os colectivos de mulleres máis vulnerables (mulleres con discapacidade, persoas dependentes, persoas inmigrantes, personas prostituídas, etc.) Dar continuidades á realización de actos no día 25 de novembro: Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. 8.2 . Detectar e actuar ante situacións de violencia de xénero e violencia familiar Accións Dar continuidade á difusión do traballo que desenvolven nos CIM de Curtis e de Coirós na detección e atención da violencia de xénero. Favorecer a inserción laboral das vítimas de violencia de xénero dándolles prioridade no acceso a cursos de formación e programas de emprego. 87
88
Periodo de Vixencia O II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Cesuras establece un perĂodo de vixencia de tres anos, o transcorrido do 2.011 ao 2.014.
89
90
Seguimento e avaliaci贸n
91
92
Seguimento e Avaliación O seguimento e avaliación do II PIOM de Cesuras permite coñecer o grao de funcionamento da proposta de traballo, así como, flexibilizar os seus contidos para adaptalo ás necesidades que poidan xurdir durante a súa realización. Ao mesmo tempo, a avaliación permítenos coñecer o nivel de realización acadado e o impacto que o II PIOM vai tendo na sociedade. Para elo, establécense unha serie de indicadores que determinarán que factores se van a medir, como e cando se medirán. Tipos de indicadores: • Indicadores de cumprimento: Recollen datos cuantitativos de cumprimento, por exemplo: índices e porcentaxe de conclusión, cumprimento horario, temario, asistencia, etc. Estes indicadores actúan como control nas avaliacións intermedias. • Indicadores de valoración: Identifican fortalezas e debilidades do Plan de Igualdade. Pretenden medir o nivel de acertos e erros, si responde ás expectativas tanto das persoas destinatarias, como de outras persoas involucradas, etc. • Indicadores de eficiencia: Miden os tempos empregados nas diferentes accións, os medios, materiais e recursos utilizados, se foron suficientes e/ou axeitados para acadar os obxectivos, etc. • Indicadores de eficacia: Avalían o nivel de consecución de obxectivos das distintas actividades, se estas foron coherentes, eficientes, etc.
A avaliación do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes será continua e se desenvolverá ao longo de toda a vixencia do mesmo. A unidade de Xénero do Concello será a responsable de administrar axeitadamente os instrumentos, ben porque os cumprimenta directamente ou porque informe, recolla e custodie dito material.
93
INSTRUMENTOS Definimos a continuaci贸n os dous instrumentos de recollida de datos, un dirixido a instituci贸ns e outro a participantes das acci贸ns:
Dirixido a instituci贸ns:
94
Dirixido a participantes:
95
INDICADORES ÁREA ESTRATEXICA DE INTERVENCIÓN E TIPO DE ACCIÓN
RESPONSABILIDADE DA EXECUCIÓN
OBXECTIVO/S QUE PERSEGUE PÚBLICO OBXECTIVO E ÁMBITO DE ACTUACIÓN
ORZAMENTO
96
• Nº de accións por cada unha das área de intervención • Nº de cursos • Nº materiais elaborados • Nº de estudos • Nº de campañas • Nº de actuación de intervención • Nº de reunións de coordinación • Nº de programas • Quen convoca • Quen executa • Quen controla • Quen dinamiza • Nº de obxectivos • Definición de obxectivos • Nº de participantes femininas • Nº de participantes masculinos • Tramos de idade • Profesións • Postos que ocupan • Nº de departamentos • Nº de asociacións, clubes ou entidades • Nº de empresas • Organismo que finanza • Orzamento desglosado ou destino de cada partida.
RENDABILIDADE
• Custo final da actividade • Custo final por destinataria/a directo/a • Custo final por destinataria/o indirecto/a
TEMPORALIZACIÓN
• Nº de horas • Nº de días (á semana, ao mes, ao trimestre, ao ano)
PROFESIONAIS ENCARGADOS DAS ACTIVIDADES
• Nº de profesionais diferenciados por sexo • Profesión • Posto de traballo
SITUACIÓN ANTES DA ACCIÓN SITUACIÓN POSTERIOR A ACCIÓN
•Descrición ou avaliación anterior a acción
•Descrición ou avaliación posterior a acción
97
98
Glosario de Termos
99
100
Acción positiva:
Son medidas específicas, a favor das mulleres, para corrixir situacións patentes de desigualdade de feito respecto dos homes, co fin de facer efectivo o dereito constitucional da igualdade. Tales accións, que serán aplicables en tanto subsistan as devanditas situacións, haberán de ser razoables e proporcionadas en relación co obxectivo perseguido en cada caso. (LOIEMH, art.º 11).
Barreiras Invisibles:
Conxunto de actitudes, prexuízos, estereotipos, normas, valores, comportamentos ou expectativas que asumen ou cos que se identifican implicitamente as persoas en virtude dunha educación e dunha socialización condicionadas pola súa pertenza a un sexo ou outro e que impiden ou dificultan o seu desenvolvemento pleno e integral como persoas suxeito de dereitos e liberdades, así como a súa capacitación para integrarse nunha actividade asociada ao outro sexo.
Coeducación
É un termo utilizado comunmente para referirse á educación conxunta
de dous ou máis grupos de poboación netamente distintos: aínda cando foi ás veces aplicado á educación conxunta de grupos formados sobre a base de características de diversos tipos (clase social, etnia, etc.) o seu uso habitual fai referencia á educación conxunta de dous colectivos humanos específicos: os homes e as mulleres.
Conciliación da vida persoal, laboral e profesional:
Supón propiciar as condicións para lograr un axeitado equilibrio entre as responsabilidades persoais, familiares e laborais.
Corresponsabilidade:
Concepto que vai máis alá da mera “conciliación” e que implica compartir a responsabilidade dunha situación, infraestrutura ou actuación determinada. As persoas ou axentes corresponsables posúen os mesmos deberes e dereitos na súa capacidade de responder polas súas actuacións nas situacións ou infraestruturas que están ao seu cargo.
101
Desigualdade de xénero
Conxunto de condicións e situacións diferenciais e de desigual valor entre mulleres e homes debidas á diferenza de roles masculino - feminino que subsiste pesa a terse acadado a igualdade xurídica forma.
Diversidade de xénero
necesidade de incorporar os valores de xénero como un modo útil de abordar a complexidade e ambigüidade de diferentes contornos. As mulleres non son consideradas coma un grupo desfavorecido, coma un colectivo que reivindica dereitos, senón coma suxeitos que teñen valores que aportar á sociedade en xeral.
Enfoque de xénero
Visión que teñen os homes e visión que teñen as mulleres ante un mesmo feito, o que determina unha interpretación diferente entre uns e outras.
Empoderamento
Desenvolvemento das capacidades persoais para dirixir a propia vida e participar na comunidade en todos os termos sociais, culturais e económicos. 102
Estereotipos de xénero
Idea preconcibida e común que se lles impón aos homes e mulleres; refírese a atributos físicos, de personalidade, de comportamento e tamén de actitude.
Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres
Ausencia de toda barreira sexista para a participación económica, política e social.
Mainstreaming de xénero
Transversalidade. Acción de integrar a perspectiva de xénero nas políticas públicas.
Plan de igualdade entre mulleres e homes
É un instrumento de traballo no que se establecen actuacións dirixidas a mellorar as situacións de desigualdade das mulleres en todos os ámbitos da vida, encamiñadas a lograr unha igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.
• Plan Estratégico de Igualdad de Oportunidades 2008-2011 (Ministerio de Igualdad). • Plan de Fomento da Corresponsabilidade (Xunta de Galicia). • V Plan do Goberno Galego para a igualdade de mulleres e homes 2007-2010. • Guía para o traballo en igualdade (Xunta de Galicia). • Guía de sensibilización y formación en igualdad de oportunidades entre hombres y mujeres (Ministerio de Igualdad). • Guía Familia y reparto de responsabilidades (Ministerio de Igualdad). • I Plan de Igualdade de Oportunidades das mulleres de Cesuras. Jornadas de la Unidad de igualdad y Género “Maisntreaming de género: conceptos y estrategias políticas y técnicas”. Dávila Díaz, Mónica 26 y 27 de oct. de 2004, p. 4 y siguientes. • Rafael García Pérez, María Angeles Rebollo Catalán, Olga Buzón García, Ramón González-Piñal, Raquel Barragan Sánchez, Estrella Ruiz Pingo (2010).Actitudes del alumnado hacia la igualdad de genero. Departamento de Métodos de Investigación y Diagnóstico en Educación. Universidad de Sevilla. RIE, vol. 28-1 • Miguel Moya, Francisca Expósito, Jose Luis Padilla.(2006) Revisión de las propiedades psicométricas de las versiones larga y reducida de la escala sbore ideología de género. International Journal of Clinical and Health Psycchology, 6 (3), 709-727.
• http://igualdade.xunta.es/ • http://www.migualdad.es/ • http://www.inmujer.es/ • http://www.mujeresenred.net/ • http://traballoebenestar.xunta.es/ • http://matiass.xunta.es/
• http://www.fundacionmujeres.es/ • http://www.ige.eu/ • http://www.ine.es/ • http://emprego.xunta.es/cualificacions/ • http://www.imserso.es/ • http://www.dependencia.imserso.es/ 103
Telefonos de Interese: Servizo de Información e Asesoramento a 016 mulleres vítimas de violencia de xénero Teléfono da Muller 24 horas 900 400 273 (permanente e gratuíto) Garda Civil EMUNE 062 (Equipo da muller e do neno) Emerxencias 112 Concello de Cesuras 981 790 001 Servizos Sociais 981 790 001 Centro de Información á Muller (CIM) de 981 789 003 Curtis Centro de Información á Muller (CIM) de 981 796 088 Coirós Xulgado de Primeira Instancia e Instrución 881 881 404 nº 1 de Betanzos 881 881 405 Xulgado de Primeira Instancia e Instrución 881 881 413 nº 2 de Betanzos 881 881 414 Garda Civil de Curtis 981 786 073
104
Centro de Saúde de Cesuras 981 777 777 981 770 405
Entidades Participantes • Todas as Áreas Municipais e persoal técnico do Concello de Cesuras. • Colexio de Educación Infantil e Primaria Forte Bragade. • Centro de Saúde de Cesuras. • Centro de Información á Muller de Curtis. • Asociacións e Club Deportivo de Cesuras.
105
106