1
2
Carta do Alcalde O Concello de Val do Dubra, comprometido coa igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, presenta o seu I Plan Municipal de Igualdade como unha ferramenta necesaria para impulsar a igualdade no municipio, na medida en que entendemos que toda iniciativa posta en marcha nesta materia ten unhas repercusións moi positivas no conxunto da sociedade, tanto a nivel de compensación de situacións específicas de discriminación por razón de xénero como de actuación sobre a base mesma da estrutura social, facendo posible a construción, entre todos e todas, dunha sociedade máis xusta e igualitaria. Este I Plan Municipal de Igualdade que presentamos no Concello nos permitirá, a través dunha serie de accións, conseguir un impacto na sociedade. Non se trata pois dunha declaración de intencións nin dunha enumeración dos problemas que hai que resolver para conseguir a igualdade, senón dun plan de traballo limitado no tempo (4 anos) e no espazo (Val do Dubra neste caso). Para garantir a utilidade desta ferramenta este I Plan Municipal de Igualdade elaborouse tendo en conta as características do Concello, a súa poboación, a súa economía, a participación da cidadanía… establecendo metas realistas e adaptadas ao contexto. A igualdade entre homes e mulleres é unha realidade imparable, e dende o Concello de Val do Dubra entendemos que agora tócanos a nós, homes e mulleres, mozos e mozas, nenos e nenas, cos nosos comportamentos do día a día, mostrar e demostrar que ese cambio social é tamén o noso cambio individual. Alcalde: Juan Manuel Baleato Iglesias.
3
Val do Dubra
I.O Concello: Presentación Xeografía O Concello de Val do Dubra atópase no corazón da provincia da Coruña, no corredor que une as poboacións de Santiago de Compostela e Carballo. Limita ao sur cos Concellos de Santiago de Compostela e Ames, ao oeste cos Concellos de Santa Comba e A Baña, ao norte cos Concellos de Coristanco e Tordoia e ao leste co Concello de Trazo.
4
Caracterízase a xeografía de Val do Dubra pola unidade morfolóxica que lle dá o seu val. Á súa vez, a conca do val, pechada polos catro costados, serve para organizar o territorio definindo os seus límites municipais. Desde o punto de vista xeolóxico inscríbese na foxa meridiana que vai dende Carballo a Tui e que percorre o extremo occidental da comarca de Ordes. Na fermosa paisaxe que alberga este val destacan formacións montañosas como o monte Castelo. Non significa isto, porén, que esteamos ante unha paisaxe exclusivamente montañosa, xa que Val do Dubra ofrece unha variedade paisaxística digna das máis feiticeiras terras.
Chairas e zonas abruptas e accidentadas configuran un espectacular horizonte no que predominan as superficies forestais, formadas principalmente por pinos, eucaliptos e pequenas manchas de especies autóctonas coma o castiñeiro, o carballo...etc. Cómpre salientar logo a importancia ecolóxica e a beleza paisaxística e natural das Ribeiras do Dubra, declaradas Espazo Natural de Interese.
5
Val do Dubra
Historia Val do Dubra conta cunha singular historia marcada pola relixión e pola realeza, que define o carácter dos seus pobos e das súas xentes. Existen no municipio restos e vestixios de antigas fortalezas e numerosos castros que permiten coñecer a antigüidade do seu poboamento. Pero é o Cronicón Iriense o primeiro documento histórico no que aparece o nome de “Tierra de Dubriam”, e onde o rei suevo Miro asignou esta terra á sede de Iria. Este reparto de terras chegou ao Antigo Réxime coas parroquias do Concello divididas en dúas xurisdicións: a de Buxán, sobre a que impoñía o seu señorío o marqués de Alcañizares e ao mosteiro de San Martiño Pinario, o cal recibiría os mellores tributos en trigo e centeo da parroquia de Buxán, despois de que o cabaleiro Arias César doara a este cenobio a súa igrexa. De aí
6
que o primeiro nome que recibira o Concello non fora outro que o de Buxán. E xa no ano 1.835 o municipio pasou a depender do partido xudicial de Ordes e recibe o nome de Santiago de Buxán ata o ano 1.960, data na que cambia o seu nome polo de Val do Dubra.
Poboación Segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (2009) o Concello de Val do Dubra ten un total de 4.423 habitantes, 2.137 homes (48,32 %) e 2.286 mulleres (51,68 %). Se atendemos aos grupos de idade, no tramo de 0 a 15 anos hai en Val do Dubra 212 homes e 186 mulleres; de 16 a 64 anos de idade hai 1.399 homes e 1.341 mulleres, e de 65 anos en adiante hai 526 homes e 759 mulleres.
51,68% Mulleres
O maior número de mulleres que de homes no tramo de idade dos 65 ou máis responde a que é maior a lonxevidade das mulleres cá dos homes, dato que se vén a repetir en toda a nosa xeografía, aínda que non é un dato ligado á desigualdade real entre o sexo feminino e o sexo masculino.
48,32% Homes
Distribución da poboación de Valdodubra segundo sexos
7
Val do Dubra
Economía A poboación activa do Concello adícase maiormente aos sectores da construción e servizos, aínda que a base da economía está no sector agropecuario. A industria ten pouca presenza no municipio, limitándose a pequenos talleres e fábricas. O sector servizos concéntrase nas parroquias de Bembibre e Portomouro, onde se atopan os servizos educativos, sanitarios, etc.
8
Se atendemos aos datos publicados polo Instituto Galego de Estatística, segundo a condición xurídica das empresas temos en Val do Dubra 196 persoas físicas, ningunha sociedade anónima, 72 sociedades de responsabilidade limitada, 3 cooperativas e 21 empresas doutra condición xurídica. Se atendemos á súa actividade, hai en Val do Dubra 28 empresas do sector industrial, 50 de construción, e 214 do sector servizos.
Datos de actividade A taxa de actividade é dun 46,7%, pero, se no caso dos homes se corresponde cun 57,2 %, no das mulleres só acada o 37%. En canto á taxa de paro, estamos a falar, segundo os últimos datos publicados, dun 9,5%, sendo para os homes dun 10,1% e para as mulleres dun 8,6%.
46,7%
57,2%
37%
Distribución da taxa de actividade de Valdodubra segundo sexos.
Total Homes Mulleres
Se atendemos ás cifras de ocupación por sectores, na agricultura temos 224 homes e 257 mulleres; na pesca temos 1 home e 1 muller; na industria temos 143 homes e 128 mulleres; na construción temos 264 homes e 10 mulleres e no sector servizos temos 419 homes e 347 mulleres.
9
Val do Dubra
Conclusións: Todos estes datos referidos á poboación do Concello, e agás o referido ao número de mulleres e homes, que varía en cada un dos concellos de Galicia, son datos que se veñen a repetir en toda a nosa xeografía e que refiren ás desigualdades reais que aínda están presentes na nosa sociedade, especialmente no marco da incorporación ao mundo do traballo produtivo. Así, no Concello de Val do Dubra os datos son claros, as taxas de actividade e de paro veñen a reproducir o que se está a dar na meirande parte dos concellos galegos, cun papel secundario da muller no marco laboral e con máis dificultades có home á hora de incorporarse ao mercado de traballo, aínda que os avances son cada día maiores, e isto estase a notar tamén nas características da nosa poboación. En canto á ocupación por sectores de actividade, continúanse a manter os estereotipos por razón de sexo, así temos unha maior presenza dos homes en sectores como a construción ou a industria, en tanto que noutros como a agricultura non hai esas diferenzas, ao seren en Galicia un sector con elevados índices de ocupación feminina.
10
Sociedade: O paso do tempo non cambiou os costumes e tradicións, que permanecen vivas entre as xentes do Concello de Val do Dubra, que se esforzan por non ter que abandonar as terras que os viron nacer, e pouco a pouco estano a conseguir. Falar de Val do Dubra é sinónimo de falar de Buxán. Desde o ano 1.960 o municipio recibe o nome de Val do Dubra, trátase dun logro dos/das veciños e veciñas que, tras o devir da historia e conscientes de que o elemento definitorio xeográfica e morfoloxicamente do Concello é o val formado polo río Dubra, optaron por este nome para designar un territorio cuxos límites municipais coinciden cos da conca deste río. Veciños e veciñas que viven repartidos/as entre as doce parroquias que constitúen o
municipio: Arabexo, Bembibre, Buxán, Coucieiro, Erviñou, Niveiro, Paramos, Portomeiro, Portomouro, Rial, San Román e Vilariño, aínda que son os núcleos de Bembibre e Rial os que maior poboación concentran. Teñen tamén sona as súas festas, non só as de cada unha das parroquias do Concello, que se celebran ao longo do ano, senón outras como a Festa do Emigrante, que dende o ano 1984 estase a celebrar o primeiro venres e sábado de Agosto, en honra dos/das emigrantes do Concello que, tiveron que deixar a súa terra para labrar o seu futuro noutros lugares lonxanos; ou as Feiras do Abril, que se celebran na primeira semana do dito mes e nas que se pretende resaltar a agricultura ecolóxica, a gandería de razas autóctonas en perigo de extinción e promocionar o comercio local da zona.
11
Val do Dubra
Tamén destacamos o movemento asociativo do Concello, asociacións veciñais como AAVV “A Carballeira”, de San Román; AAVV “Pedra do Home”, de Portomouro; AAVV “San Vicente de Rial”, de Rial; AAVV “San Pedro de Vilariño”, de Vilariño; AAVV “Virxe do Carme”, de Rebordelos e Vilar; AAVV “Santa María de Arabexo”, de Arabexo e AAVV “A Pontella”, de Erviñou, son características no Concello, cunha destacada participación veciñal. Tamén temos asociacións de carácter deportivo como a Sociedade Deportiva “Dubra”, en Bembibre; o Clube de Fútbol “Portomouro”; a Agrupación deportiva “Dubra – Tambre”, en Portomouro; a Asociación de Pescadores “Ranqueiro”, en Bembibre; a Asociación Local de Medio Ambiente de Caza, de Val do Dubra, en Bembibre; a Asociación Deportiva Baloncesto Xuventude Dubresa; e o Clube de Piragüismo “Dubra”, en Bembibre.
12
Os veciños e veciñas participan tamén en numerosas asociacións culturais como a Asociación Sociocultural “San Estevo de Malvarez” en Rial; a Asociación Xuvenil “Regueifa”, en Arabexo; a Asociación Cultural “Río Tambre”, en Portomouro; a Asociación “Aires Novos”, de Portomouro; a Asociación “Moto Club Rebordelos”, en Arabexo; a Asociación “Moto Club Val do Dubra”, en Bembibre; a Asociación Cultural de Mulleres Rurais, en Bembibre; a Confraría Virxe das Dores, en Bembibre; a Asociación Cultural de Tempo Libre “Larada”, en Bembibre; Asociación sociocultural “Ribeiras do Dubra”, en Bembibre; Asociación de Mulleres de Buxán; e a Asociación Xuvenil e de Tempo Libre de Coucieiro; Asociación Cultural de Veciños “Blanco Amor” de Coucieiro.
E destacamos tamén as asociacións de pais e nais de alumnos/ as “Trastamara”, do CEIP Xacinto Amigo Lera, en Portomouro, e a de pais e nais do CPI de Bembibre, “Terra Dumbriam”. Hai tamén unha Asociación de Minusválidos de Val do Dubra e Comarca: “AVANTE”, con sede en Nairiño; a Comunidade de Regantes de Rebordelos, en Arabexo .
Os/as empresarios do Concello pertencen á Asociación de Empresarios e Autónomos de Val do Dubra (ADEA).
13
Val do Dubra
O CONCELLO EN IMAXES
ouro
ponte de portom
14
pazo de Bembibre
igrexa de Arabexo
pazo de Ca単otas
15
Val do Dubra igrexa de Rial
16
capilla de Abelenda
a
igrexa Pรกramos
17
Val do Dubra 18
19
IGUALDADE
II.A Igualdade Qué entendemos por igualdade? A IGUALDADE é o principio que concede idénticos dereitos a todos os seres humanos, con independencia da súa raza, sexo, relixión, condición social, ideoloxía ou circunstancias persoais. Este concepto de igualdade inclúe, á súa vez, a igualdade de oportunidades, a igualdade de acceso aos recursos, a igualdade de trato, a igualdade diante da lei, a igualdade de remuneración, a igualdade na realización das tarefas domésticas. As políticas de igualdade de oportunidades son medidas que se poñen en marcha, sobre todo desde as institucións, coa finalidade de mellorar a situación de discriminación de persoas e de grupos. Neste marco, interprétase a igualdade de oportu-
20
nidades entre mulleres e homes como a ausencia de barreiras sexistas para a participación plena, sobre a base da igualdade, nas diferentes esferas e actividades sociais, económicas e políticas. Para que mulleres e homes poidamos desenvolvernos como persoas libres e independentes, debemos compartir, pois, obrigas e dereitos. As desigualdades entre mulleres e homes non resultan beneficiosas para ninguén, porque dificultan o desenvolvemento das cualidades das persoas, e, polo tanto, manteñen unha situación inxusta e frean o desenvolvemento da nosa sociedade.
As políticas de igualdade: Unha das principais vías para a promoción da igualdade de xénero é o establecemento de políticas de igualdade. A súa aplicación permite a posta en marcha de: - As medidas de acción positiva, que supoñen unha estratexia temporal destinada a remover situacións, prexuízos, comportamentos e prácticas que impiden a un grupo discriminado por razón de sexo acadar unha situación real de igualdade de oportunidades. - O mainstreaming ou transversalidade de xénero, que é a acción de integrar a perspectiva de xénero nas políticas públicas, de tal forma que, como se sinala no texto da Plataforma de Acción de Beijing (párrafo 79) “os gobernos e o resto de actores deberían promover unha política activa e visible para integrar a perspectiva de xénero en todas as políticas e programas”.
21
IGUALDADE
Os plans de igualdade: Os plans de igualdade comprenden un conxunto de medidas interrelacionadas coas que se pretende combater as desigualdades entre mulleres e homes en distintos ámbitos (económico, social, cultural…). Un PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE é un instrumento de traballo no que se establecen actuacións dirixidas a mellorar as situacións de desigualdade das mulleres en todos os ámbitos da vida, e encamiñadas a lograr unha igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.
22
Persoal do Concello de Val do Dubra SEXO Posto
Mulleres
Homes
Alcaldía
0
1
Secretaría
0
1
Arquitecto/a
1
0
Intervención
1
0
Normalización lingüística
1
0
SS.SS
2
1
Técnico/a de emprego
1
0
Aux. Admnistrativo
1
0
Información Xuvenil
0
1
Animación Deportiva
0
1
A igualdade no Concello: A corporación municipal do Concello de Val do Dubra está formada por nove homes (5 do PP, 2 do BNG, 1 do PSOE e 1 de Terra Galega) e dúas mulleres (1 do PP e 1 do BNG), o que nos permite afirmar que hai unha maior participación dos homes que das mulleres na vida pública, dato que se vén a repetir en numerosos concellos galegos. En canto ao persoal do Concello na actualidade hai 18 mulleres e 14 homes:
Persoal do Concello de Val do Dubra SEXO Posto
Mulleres
Homes
Gardería
4
0
Axuda Domicilio
2
0
Orientación laboral
1
0
Recollida lixo
0
3
Punto limpo/Pavillón
1
0
Tractor limpeza
0
1
Aux. Biblioteca
1
0
Obras
0
4
23
IGUALDADE
En canto á participación dos/das veciños e veciñas nas actividades organizadas dende o Concello, destacamos nas actividades de ximnasia a participación de 195 homes e 46 mulleres; nas actividades de pavillón a participación de 223 homes h omes e 67 mulleres; nas actividades de piscina a participación de 84 homes e 53 mulleres; nas actividades do campo de fútbol a participación de 16 homes e 3 mulleres; noutras actividades 123 homes e 70 mulleres. Tamén podemos destacar a participación segundo o sexo nas actividades organizadas polas distintas asociacións, a modo de exemplo poremos as actividades desenvoltas pola ANPA “Terra de Dumbriam”: patinaxe, con 9 nenas e 3 nenos; guitarra, con 5 nenas e 3 nenos; informática, con 6 nenas e 7 nenos; piscina, con 8 nenas e 18 nenos; danza moderna, con 38 nenas; pintura, con 18 nenas e 7 nenos; francés, con 3 nenas e 2 nenos; inglés, con 8 nenas e 11 nenos; e aeróbic, con 7 mozas. Como podemos observar aínda estamos a falar de actividades nas que a participación está moi vencellada ao sexo (por exemplo en aeróbic ou danza moderna, actividades nas que non hai ningunha presenza do sexo masculino, dato que vén corroborar unha realidade que se está a dar na meirande parte dos concellos de Galicia e que fai imprescindible unha actuación cara a favorecer a participación indistinta de nenos e nenas, mozos e mozas, homes e mulleres en actividades ata agora con máis presenza dun ou doutro sexo.
24
III.Xustificación Este I Plan Municipal de Igualdade constitúe un instrumento de acción positiva que o Concello de Val do Dubra pon en marcha coa finalidade de continuar coa promoción das condicións que fagan real e efectiva a igualdade de oportunidades entre os homes e mulleres do Concello en diferentes ámbitos da vida (emprego, familia, educación, saúde, etc). Non é pois unha mera declaración de intencións, senón unha ferramenta práctica de orientación da política municipal con perspectiva de xénero. A desigualdade é un feito real que non só se manifesta en termos de condicións obxectivas (desemprego, peores condicións laborais, invisibilidade pública, falta de poder económico, ausencia nos espazos de decisión, escaso reparto de tarefas no fogar,etc), tamén en termos de relacións de poder; hábitos e comportamentos; administración e distribución dos tempos; oportunidades e espazos profesionais, sociais ou culturais; modelos de vida e de construción da identidade baseados na supremacía dun sexo e na subordinación doutro, etc. E o papel da administración local, neste caso do Concello de Val do Dubra, en materia de igualdade de oportunidades é fundamental, xa que é a máis próxima á poboación e actúa no ámbito municipal, no que se pode traballar sobre necesidades concretas.
25
FUNDAMENTACI
IV.Fundamentación legal O dereito á igualdade entre mulleres e homes está garantido en numerosos marcos referenciais que se tiveron en conta para a elaboración e deseño deste I Plan Municipal de Igualdade do Concello de Val do Dubra, así: - Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1.948), que no seu artigo 2 sinala que: “cada individuo é titular de todos os dereitos e liberdades fixadas nesta declaración, sen distinción de ningún tipo, xa sexa raza, cor, sexo…”. - IV Conferencia Mundial sobre as Mulleres de Beijing (China, 1.995), na que se adopta unha Plataforma de Acción que ten como obxectivo “eliminar todos os obstáculos que dificultan a participación activa da muller en todas as esferas da vida pública e privada mediante a participación plena e en pé de igualdade no proceso de adopción de decisións nas esferas económica, social, cultural e política”.
26
- Estratexias Marco Comunitarias sobre Igualdade de Mulleres e Homes. - Programas de Acción Comunitaria para a Igualdade entre Mulleres e Homes. - Constitución española (artigos 14 e 9). - Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. - Plan estratéxico de igualdade de oportunidades 2008-2011. - Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.
- Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevenci贸n e o tratamento integral da violencia de x茅nero. - Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galiza. - V Plan do Goberno Galego para a igualdade de mulleres e homes 2007-2010.
27
V.Obxectivos Obxectivos xerais - Consolidar unha estrutura municipal para promover e integrar a dimensión da igualdade de oportunidades nas políticas municipais. - Impulsar un modelo social e de convivencia entre ambos sexos baseado na igualdade entre homes e mulleres e nun reparto equitativo e negociado das responsabilidades familiares e domésticas. - Ofrecer formación laboral ás mulleres e incrementar as súas posibilidades de emprego e inserción laboral. - Promover a participación das mulleres e dos homes nas actividades socioculturais, deportivas e de desenvolvemento persoal. - Sensibilizar e formar en educación para a igualdade entre homes e mulleres á comunidade escolar. - Atender ás necesidades e ás demandas de prestacións sociais e de saúde das mulleres.
28
Obxectivos específicos - Establecer pautas e criterios de igualdade para facilitar a súa aplicación nos organismos e servizos municipais, así como nas entidades e colectivos sociais. - Incrementar a ocupabilidade das mulleres. - Fomentar a creación de iniciativas empresariais para as mulleres. - Reducir as desigualdades na corresponsabilidade no coidado de fillos/as e persoas dependentes. - Incrementar a participación das mulleres na vida pública do Concello. - Modificar os estereotipos de xénero. - Fomentar a creación de servizos e infraestruturas que faciliten a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. - Dar apoio e fortalecer o asociacionismo das mulleres. - Promover e implantar a coeducación involucrando aos diferentes axentes implicados. - Aumentar as posibilidades de igualdade entre homes e mulleres. - Previr situacións de desigualdade para as mulleres. - Mellorar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. - Sensibilizar sobre todo tipo de violencia e informar sobre os recursos existentes para asistir ás mulleres afectadas.
29
PRINCIPIOS
VI.Principios Inspiradores O ámbito municipal presenta vantaxes importantes para establecer medidas de igualdade. A principal delas é que é a institución máis próxima aos cidadáns/as, e por iso constitúe un espazo óptimo para coñecer as necesidades e recursos da poboación e, a partir dese coñecemento, elaborar políticas de igualdade efectivas. Ademais, é no ámbito municipal onde con máis facilidade pode solicitarse a participación e colaboración dos/as cidadáns/as e das entidades sociais no deseño das medidas, así como a súa posta en práctica e a súa avaliación. Os principios inspiradores do noso I Plan Municipal de Igualdade son:
Xustiza Social As institucións teñen que intervir para evitar as interferencias sociais que dificultan a liberdade, integridade e dignidade das mulleres a nivel social, e impiden o seu avance.
30
Desenvolvemento Democrático A ausencia ou infra-representación das mulleres nos centros de decisión política é un déficit democrático.
Eficacia Económica A participación de homes e mulleres de igual forma nos recursos económicos e na riqueza dos territorios é unha cuestión de eficacia económica.
Complementariedade
Participación As políticas de Muller deben ser obxecto de consensos o máis amplos posibles, tanto nos ámbitos políticos como dos diferentes sectores sociais implicados, ben sexan do movemento asociativo, veciñal, empresarial, etc.
Este I Plan Municipal de Igualdade cubrirá os espazos non directamente atendidos polas actuacións doutras Administracións.
Coordinación Coa aprobación do I Plan coordinaranse aínda máis todas as actuacións municipais no sector da muller.
31
ESTRUTURA
VII.Estrutura
O documento deseñouse de forma que se poida visualizar de forma simulttánea ánea toda a información asociada a cada una das medidas do Plan, así, cada área á rea cunha diagnose constituída por aqueles elementos que a conforman. En cada área indicase ademáis o obxectivo estratéxico a acadar, ao que se asignan unha ou varias medidas de actuación e as accións correspondentes a cada medida. Atopamos tamén a relación de indicadores de avaliación e seguimento de cada unha das accións a desenvolver. As áreas de actuación recollidas estrutúranse partindo dunha área transversal e seis áreas específicas de actuación:
32
• Área 1: Área transversal de xénero. • Área 2: Conciliación da vida laboral e familiar. • Área 3: Emprego. • Área 4: Violencia de xénero. • Área 5: Coeducación. • Área 6: Participación activa na vida do Concello. • Área 7: Saúde e deporte.
VIII.Áreas de actuación
Área transversal de xénero 33
XÉNERO
A perspectiva de xénero introduce a posibilidade de examinar desde outra óptica a realidade que nos rodea e percibir así a existencia dos obstáculos que atopa o desenvolvemento do principio de igualdade nos distintos escenarios sociais. Así mesmo permite deseñar medidas que tendan a eliminar eses obstáculos. Agora ben, o xénero separado do conxunto de categorías sociais de comprensión da realidade non é suficiente, senón que require ter en conta outras variables interpretativas tales como a pertenza a unha etnia, os grupos de idade, a condición socioeconómica, sexual, etc.
Por iso proponse no I Plan para a Igualdade unha Área na que o xénero constitúe unha variable central que achega e completa información. A transversalidade de xénero require neste I Plan Municipal para a Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de Val do Dubra un eixo específico que guíe a actuación municipal en materia de igualdade.
34
VIII.Areas de actuación Esta área transversal permitirá mellorar e incrementar a coordinación institucional interna, co fin de integrar a perspectiva de xénero no maior número posible de actuacións municipais. Con iso optimízanse os recursos e poderase xerar un clima cooperativo e facilitador para a adopción deste principio. Existen outras temáticas non recollidas neste Plan, que están sendo desenvolvidas por outras áreas municipais. É neses espazos onde a perspectiva de xénero poderá achegar un caudal de información importante para avanzar nesta materia.
Obxectivo É obxectivo destas actuacións propor medidas tendentes a impulsar a transversalidade de xénero en distintas áreas municipais, para dar paso paulatinamente á estratexia máis ampla do mainstreaming de xénero.
35
Accións
1.
Dar a coñecer os contidos do I Plan de Igualdade do Concello de Val do Dubra a todas as áreas de goberno e Departamentos municipais. Indicadores: • Número de actividades realizadas. • Resultados.
2. Promover
a creación dunha cláusula nos pregos de prescricións técnicas para a baremación de criterios nas terceiras entidades que garantan o respecto e a observancia do principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Indicadores:
3.
Propiciar a mellora na recollida de rexistros estatísticos, incorporando sistematicamente a variable sexo nos indicadores sociais do Concello de Val do Dubra. Indicadores: • Número de recomendacións realizadas. • Resultados.
• Número de pregos con criterios de baremación en igualdade. • Resultados.
4. Velar por que as ofertas de emprego público do Concello de Val do Dubra non conteñan elementos sexistas ou discriminatorios. Indicadores:
XÉNERO
• Número de recomendacións realizadas.
36
• Resultados.
VIII.Areas de actuaci贸n
1.Conciliaci贸n da vida laboral e familiar 37
38
VIII.Areas de actuación A necesidade da conciliación da vida laboral e familiar é cada día máis significativa para a sociedade. As mulleres foron recobrando un protagonismo activo na vida pública, e polo tanto, a conciliación da vida laboral e familiar é un asunto que concerne de igual forma á unidade familiar e a sociedade en xeral, xa que non é un asunto soamente das mulleres.
Obxectivo Fomentar cambios de actitudes favorables á corresponsabilidade de función sociais no ámbito doméstico, privado e público, e potenciar os servizos de apoio a persoas dependentes.
39
Accións
1. Medidas de sensibilización sobre a importancia da conciliación da vida familiar e laboral:
Sensibilizar á poboación do Concello sobre a necesidade de favorecer un reparto equilibrado das responsabilidades entre homes e mulleres, especialmente no marco das tarefas do fogar e a atención a fillas/os e persoas dependentes. Indicadores: • Número de campañas realizadas. • Número de persoas asistentes por sexo. • Variación anual.
CONCILIAC 2. Medidas de formación en conciliación:
Realizar xornadas informativas sobre os dereitos laborais que asisten ás mulleres do Concello (baixas por maternidade/paternidade, recursos económicos, permisos de lactancia …) Indicadores: • Número de xornadas realizadas. • Número de persoas asistentes por sexo. • Horas planificadas/ Horas executadas. • Variación anual
40
VIII.Areas de actuación
3. Medidas de oferta de servizos para a conciliación: Potenciar dende o Concello a información e axudas para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Indicadores: • Número de axudas postas en marcha. • Número de persoas beneficiadas por sexo.
Garantir a apertura dos centros educativos fóra do horario lectivo con actividades anteriores ao inicio do horario escolar, actividades de acompañamento durante o horario de comedor escolar, e actividades posteriores á finalización do horario lectivo.
ACIÓN
Indicadores: • Número de centros educativos abertos/Número de centros educativos do Concello. • Número de nenos/as beneficiadas por sexo. • Variación anual.
Desenvolver actividades lúdicas, deportivas e didácticas para os nenos e as nenas do Concello durante os períodos vacacionais para favorecer a conciliación persoal, familiar e laboral. Indicadores: • Número de actividades realizadas • Número de nenos/as beneficiadas por sexo • Variación anual
41
42
VIII.Areas de actuaci贸n
2.Emprego
43
EMPREGO
Fomentar o emprego entre as mulleres no Concello de Val do Dubra xustifica por si mesmo a existencia de medidas tendentes a favorecer este obxectivo. Non cabe dúbida de que dispoñer dun emprego ou desempeñar una profesión constitúen elementos fundamentais para favorecer a autonomía das mulleres e evitar que estas caian en situacións de dependencia. A feminización do desemprego de larga duración, a temporalidade nos empregos ocupados por mulleres, as dificultades de promoción profesional das mulleres en distintos colectivos e postos de traballo, fan necesarias políticas de emprego que favorezan e impulsen una cultura empresarial igualitaria que teña como consecuencia a contratación de máis mulleres en postos cualificados e estables.
Obxectivo Mellorar as oportunidades de acceso ao emprego e promoción laboral das mulleres do Concello de Val do Dubra.
44
VIII.Areas de actuación
Accións
1.
Medidas de formación en conciliación:
Favorecer o desenvolvemento de accións formativas incluídas no marco da formación continuada para as mulleres traballadoras do Concello. Indicadores: • Número de accións formativas realizadas. • Número de persoas asistentes. • Horas planificadas/ Horas executadas. • Variación anual. Promover no Concello o desenvolvemento de programas de formación ocupacional que contribúan á facilitar a incorporación das mulleres ao mercado laboral. Indicadores: • Número de accións formativas realizadas. • Número de persoas asistentes por sexo. • Horas planificadas/ Horas executadas. • Variación anual. Realizar seminarios de creación de empresas, cooperativismo, asociacionismo, e vantaxes e inconvenientes do emprego autónomo. Indicadores: • Número de seminarios realizados • Número de persoas asistentes por sexo • Horas planificadas/ Horas executadas • Variación anual
45
46
VIII.Areas de actuaci贸n
3.Violencia de X茅nero 47
VIOLENCIA DE
A violencia de xénero constrúese sobre as relacións desiguais características dun modelo de organización social propio do patriarcado, onde as relacións de xénero están xerarquizadas e asignan valor e autoridade aos homes. Por isto, o tratamento do problema require un enfoque integral e a adopción de medidas capaces de modificar as relacións entre mulleres e homes. Esta área de actuación plantexa un conxunto de medidas que responden a dous plantexamentos: a prevención (actuar antes de que as condutas violentas se manifesten) e a atención ás mulleres vítimas desta violencia.
Obxectivo Impulsar a prevención da violencia contra as mulleres e reforzar a asistencia ás vítimas.
48
XÉNERO
VIII.Areas de actuación
Accións
1.
Medidas para a prevención:
Realizar Obradoiros de autoestima e defensa persoal para as mulleres do Concello. Indicadores: • Número de obradoiros realizados. • Número de persoas asistentes. • Horas planificadas/ Horas executadas. • Variación anual.
Conmemorar o Día da non violencia contra a Muller, o 25 de Novembro, con actividades varias. Indicadores: • Número de obradoiros realizados. • Variación anual.
49
50
VIII.Areas de actuaci贸n
4.Coeducaci贸n 51
COEDUCACIÓ
A educación en valores de igualdade é unha das grandes demandas dunha sociedade onde os valores individuais foron impoñéndose aos de cooperación e apoio mutuo. A través da coeducación nas escolas, preténdese incorporar valores que inflúan na mellora da convivencia, a non discriminación e o non sexismo, ocupando estes un papel protagonista no proceso educativo. Por outra banda, salientable é aínda o feito de que as mulleres elixan estudos e polo tanto carreiras profesionais máis enfocadas a roles tradicionalmente femininos, como as carreiras de ciencias sociais e as profesións de coidados a outras persoas, mentres que elixen en menor medida estudos de ciencias puras. Isto deixa entrever como o xénero inflúe na toma de decisións, sendo outro aspecto a traballar nos procesos coeducativos. Outro aspecto preocupante é o feito que se está a observar nos centros educativos de novos comportamentos violentos, moitos deles con raíces en pensamentos sexistas.
Obxectivo Impulsar a coeducación para a igualdade de xénero.
52
VIII.Areas de actuación
Accións
1. Medidas de sensibilización: Impartición de Obradoiros para nenos e nenas de educación infantil e primaria promovendo a corresponsabilidade. Indicadores: • Número de obradoiros para nenos e nenas. • Número de centros educativos implicados. • Número de nenos e nenas participantes. • Variación anual. Impartición de Obradoiros para o alumnado de Educación secundaria promovendo valores igualitarios de tolerancia e respecto. Indicadores: • Número de obradoiros en Educación Secundaria. • Número de centros educativos implicados. • Número de alumnos e alumnas participantes. • Variación anual.
2. Medidas de actuación ante a violencia escolar: Realización de charlas informativas dirixidas aos pais e ás nais sobre acoso escolar con raíces sexistas (bullying). Indicadores: • Número de charlas impartidas. • Número de persoas asistentes por sexo. • Horas planificadas/ Horas executadas. • Variación anual.
53
54
VIII.Areas de actuaci贸n
5.Participaci贸n activa na vida do Concello
55
PARTICIPACI
Nun Concello como Val do Dubra resulta preciso adoptar medidas que fagan deste un contorno sostible e participativo para as persoas que viven nel. Nesta área destacamos aquelas que teñen que ver con facer visible as achegas das mulleres á cultura e a vida social do Concello.
Obxectivo Impulsar a vida activa das mulleres de Val do Dubra.
56
VIII.Areas de actuación
Accións
1. Medidas para o fomento da participación social: Impartir accións formativas dirixidas ás mulleres para a promoción do asociacionismo e a mellora do nivel de organización, xestión e coordinación das asociacións xa existentes. Indicadores: • Número de accións formativas realizadas. • Número de participantes. • Variación anual.
2. Medidas para o fomento do empoderamento das mulleres: Favorecer a participación das mulleres do Concello en xornadas e actividades que teñan como obxecto avanzar na igualdade e o empoderamento das mulleres. Indicadores: • Número de actividades realizadas. • Variación anual. Incentivar a realización de obradoiros, programas de lecer e formativos en xeral que favorezan o desenvolvemento de habilidades sociais, asertividade, autoestima e creatividade das mulleres do Concello en función do pleno desenvolvemento das súas capacidades. Indicadores: • Número de obradoiros e programas implementados por tipo • Número de persoas participantes • Variación anual
57
58
VIII.Areas de actuaci贸n
6.Sa煤de e Deporte 59
60
VIII.Areas de actuación O estado de saúde é un dos indicadores que miden a evolución da calidade de vida dunha sociedade. En termos globais, os homes e as mulleres, perciben a súa saúde como boa, pero seguen a ser as mulleres as que a perciben coma un pouco peor. Un dos aspectos nos que nos centraremos nesta área é o escaseo de prácticas de autocoidados. Por outra banda, a salientar o problema que vén representando o convencemento de que os cánons de beleza son moito máis esixentes coas mulleres que cos homes, o que pode xerar comportamentos anómalos como a anorexia ou a bulimia. Por regra xeral as mulleres practican menos deporte cós homes, o que pode deberse a un diferente uso do tempo ou o deseño das actividades deportivas.
Obxectivo Promover hábitos saudables e deportivos entre a poboación feminina.
61
1. Medidas para favorecer a saúde sexual:
Accións
Realizar unha campaña anual de saúde afectivo-sexual dirixida a mozos e mozas do Concello en centros educativos. Indicadores: • Número de obradoiros en Educación Secundaria. • Número de centros educativos implicados. • Número de alumnos e alumnas participantes. • Variación anual.
SAÚDE
2. Medidas para favorecer a saúde das mulleres: Realizar Charlas informativas sobre os diferentes ciclos vitais das mulleres (adolescencia, menopausa), por grupos de idade, e as patoloxías que afectan singularmente ás mulleres nestes ciclos vitais: osteoporose, trastornos hormonais, trastornos depresivos … etc Indicadores: • Número de charlas impartidas. • Número de participantes. • Variación anual.
Sensibilizar á poboación, especialmente á mocidade, sobre os perigos para a saúde que entrañan os estereotipos sobre a beleza feminina e a esixencia en torno a ela (bulimia, anorexia…).
62
Indicadores: • Número de charlas impartidas. • Número de participantes. • Variación anual.
VIII.Areas de actuación
3. Medidas relacionadas coa práctica deportiva: Alentar a participación feminina en competicións deportivas, tanto individuais coma colectivas. Indicadores: • Número de actividades desenvoltas por tipo. • Variación anual.
DEPORTE 63 6 3
METODOLOXÍ
IX. Metodoloxía
O I Plan Municipal de Igualdade do Concello de Val do Dubra formúlase como un instrumento para actuar en materia de igualdade nos distintos ámbitos de actuación municipal. Preséntase coma un conxunto de actuacións coas que se pretende sensibilizar e concienciar aos veciños e veciñas do Concello, homes e mulleres, mozos, nenos e nenas, da necesidade de incorporar a igualdade de oportunidades á vida cotiá, ao ámbito doméstico, ao ámbito educativo, ao ámbito social… favorecendo actitudes responsables, solidarias e corresponsables. A metodoloxía empregada na elaboración deste I Plan Municipal de Igualdade ten un carácter participativo, activo, dinámico, construtivo, analítico e flexible. A nosa pretensión, dende o Concello, é construír o coñecemento a partir da propia realidade dos veciños e veciñas, reflexionando sobre a súa situación ante a igualdade, a violencia de xénero, a educación, o traballo, a corresponsabilidade.
64
E para garantir a calidade e a efectividade das actuacións recollidas neste I Plan, establecerase un protocolo de actuación para o desenvolvemento de cada unha destas actuacións, protocolo que implica seguir varios pasos:
1) Presentación/difusión da acción. En todas as accións haberá unha difusión inicial que incluirá:
- Dípticos/Trípticos informativos a disposición da po boación destinataria da acción.
- Información adicional nos taboleiros de anuncios do Concello, dos centros sociais das distintas parroquias, na casa da cultura…etc.
2) Ficha de inscrición para cada unha das accións. Que inclúa como mínimo:
- Nome e apelidos. - DNI. - Enderezo. - Teléfono de contacto. - Estudos. - Profesión.
65
METODOLOXÍ 66
3) Elaboración da relación dos e das participantes en cada unha das accións. 4) Cuestionario de avaliación inicial antes do inicio da acción: Todas as accións a desenvolver incluirán un cuestionario inicial no que se detectarán as ideas previas dos e das participantes nas distintas accións para adaptar estas ás súas necesidades.
5) Cuestionario de avaliación continua que se presentará aos e ás participantes durante o desenvolvemento da acción, e que permitirá comprobar como se vai desenvolvendo esta, que obxectivos propostos se van conseguindo e que dificultades nos atopamos, para, no seu caso, proceder a emendalas. 6) Cuestionario de avaliación final no que formularemos distintas cuestións: motivación dos e das participantes, aproveitamento da acción, interese da acción, etc. Así mesmo, a valoración das distintas accións terá varios aspectos, un individual e outro grupal en canto a incidencias, organización, ritmo de traballo, intereses e actitudes.
7) Informe de incidencias. 8) Extrapolación e volcado de datos. 9) Memoria final do desenvolvemento da acción.
Finalmente sinalar que este I Plan Municipal de Igualdade do Concello de Val do Dubra elaborouse tendo en conta:
a. Os resultados da fase de diagnose previa á elaboración do Plan. b. A realidade do Concello. c. A implicación dos e das representantes da administración local. d. A implicación doutros sectores: centros educativos, asociacións,…etc.
67
IMPLEMENTAC
X. Implementación do Plan A finalidade última do Plan e conseguir un Concello máis igualitario entre homes e mulleres, á vez que facer da administración local un modelo e exemplo de implementación do “mainstreaming” de xénero, para o que sabemos é imprescindible o compromiso, a vontade e o consenso político. Este I Plan Municipal de Igualdade implica un proceso de actuación, non é un documento pechado senón que se concibe coma unha ferramenta dinámica e flexible que representa o compromiso do Concello de Val do Dubra coa igualdade de oportunidades, polo que entendemos que a responsabilidade é compartida por todos e todas. Nesta liña consideramos necesario para a implementación do Plan:
68
o Impulsar todas as medidas e actuacións contempladas no vixente
Plan para a súa execución de conformidade coas finalidades e obxectivos establecidos.
o Impulsar a creación dunha Comisión de Representantes de todos os
servizos municipais coa finalidade de introducir a perspectiva de xénero no deseño, impulso e avaliación de todas as políticas a desenvolver no seu ámbito competencial.
o Contar coa colaboración activa dos centros de ensino do Concello. o Contar coa colaboración activa das asociacións do Concello.
XI. Vixencia do Plan O Plan de Igualdade terá o seguinte período de vixencia: 2009-2012.
69
SEGUIMENTO
XII. Seguimento e Avaliación Na elaboración dun Plan de Igualdade é necesario diferenciar o seguimento e a avaliación.
Seguimento O propósito do seguimento é reconducir as actividades que dende o Concello iremos realizando, para que se acheguen, na medida do posible, ao obxectivo/s que se pretende/n.
Avaliación
Á hora de poñer en marcha este I Plan Municipal de Igualdade quédanos, por último, explicar o seu proceso de avaliación, que proporcione información sobre o seu alcance en canto aos obxectivos propostos e no que se refire ao seu desenvolvemento.
70
O método que propoñemos dende o Concello para o seguimento do Plan baséase no uso de enquisas para cada actividade realizada, que conterán, como mínimo, os seguintes indicadores:
1. Organismo/Entidade responsable. 2. Área de actuación. 3. Obxectivo xeral e específico/s. 4. Tipo de actividade. 5. Denominación da actividade. 6. Poboación destinataria. 7. Nº de asistentes ou persoas beneficiarias. 8. Ámbito xeográfico. 9. Colaboracións. 10. Data de realización. 11. Valoración (aspectos positivos e negativos da actividade).
Os datos das enquisas serán analizados polos/polas responsables designados/as e, ao final do ano, elaborarase unha memoria onde se reflectirán a súa pertinencia, eficacia e utilidade en función dos datos obtidos. A avaliación será cuantitativa (contabilización do actuado) e cualitativa. Así, esta avaliación dos resultados vainos proporcionar, por unha banda, datos sobre as actuacións realizadas (cuantitativo) e, pola outra, datos sobre o impacto e repercusión que acadamos con estas actuacións (cualitativo).
71
SEGUIMENTO
Tomando en consideración os indicadores tanto cualitativos como cuantitativos, así como os obxectivos específicos, establecemos a seguinte temporalización da avaliación: 1. Avaliación a priori: A modo de diagnose da situación de partida, detección de necesidades das mulleres do Concello. 2. Avaliación intermedia: Seguimento da consecución dos obxectivos fixados en cada área de actuación. 3. Avaliación a posteriori: Valoración final do Plan, tanto en termos cuantitativos como cualitativos. Grao de obxectivos cumpridos e satisfacción de expectativas e necesidades. A avaliación integral do Plan inclúe: - Traballo de campo: • Analizar e dixitalizar as enquisas realizadas. • Analizar e tratar informaticamente os datos de participación e estatísticos. • Realizar enquisas telefónicas sobre:
72
a) Grao de coñecemento da existencia dun Plan Municipal de Igualdade. b) Grao de coñecemento das actividades realizadas no marco do Plan Municipal de Igualdade.
c) Grao de satisfacción. d) Opinión Pública.
- Tratamento informatizado dos resultados do traballo de campo:
• Conclusións estatísticas. • Gráficas (táboas, diagramas). • Análise de puntos críticos.
- Elaboración de Informe Avaliativo ou Memoria.
• Redacción. • Deseño e maquetación.
Para a realización da memoria e posterior avaliación do Plan é fundamental o Protocolo de Actuación, e, consecuentemente, o emprego de ferramentas informáticas axeitadas, que faciliten a consecución da memoria final e posteriormente, a avaliación das actuacións desenvoltas.
73
GLOSARIO DE TERMOS:
GLOSARIO
1. ACCIÓN POSITIVA: Medida dirixida a un grupo de poboación específico mediante a que se pretende corrixir, compensar ou previr unha situación de desigualdade de feito en relación con outro grupo, sen que esta medida resulte prexudicial para ningún grupo. 2. BARREIRAS INVISIBLES: Conxunto de actitudes, prexuízos, estereotipos, normas, valores, comportamentos ou expectativas que asumen ou cos que se identifican implicitamente as persoas en virtude dunha educación e dunha socialización condicionadas pola súa pertenza a un sexo ou outro, e que impiden ou dificultan o seu desenvolvemento pleno e integral como persoas suxeito de dereitos e liberdades, así como a súa capacitación para integrarse nunha actividade asociada ao outro sexo. 3. COEDUCACIÓN: O termo «coeducación» é utilizado comun-
74
mente para referirse á educación conxunta de dous ou máis grupos de poboación netamente distintos: aínda cando foi ás veces aplicado á educación conxunta de grupos formados sobre a base de características de diversos tipos -clase social, etnia, etc.-, o seu uso habitual fai referencia á educación conxunta de dous colectivos humanos específicos: os homes e as mulleres. 4. CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL, LABORAL E PROFESIONAL: Supón propiciar as condicións para lograr un axeitado equilibrio entre as responsabilidades persoais, familiares e laborais. 5.CORRESPONSABILIDADE: Sistema de asunción compartida de responsabilidades que implica a existencia dun equilibrio na toma de decisións, na repartición das responsabilidades e na distribución do tempo e é a única vía posible para que toda persoa poida desenvolverse plenamente
tanto no eido persoal como no profesional, sen ter que renunciar a ningunha das dúas esferas. 6.DESIGUALDADE DE XÉNERO: Conxunto dunhas condicións e situacións diferenciais e de desigual valor entre mulleres e homes debidas á diferenza de roles masculino-feminino que subsiste pesa a terse acadado a igualdade xurídica forma. 7. DIVERSIDADE DE XÉNERO: Necesidade de incorporar os valores de xénero como un modo útil de abordar a complexidade e ambigüidade de diferentes contornos. As mulleres non son consideradas coma un grupo desfavorecido, coma un colectivo que reivindica dereitos, senón coma suxeitos que teñen valores que achegar á sociedade en xeral. 8. ENFOQUE DE XÉNERO: Visión que teñen os homes e visión que teñen as mulleres ante un mesmo feito, o que determina unha
interpretación diferente entre uns e outras. 9. EMPODERAMENTO: Desenvolvemento das capacidades persoais para dirixir a propia vida e participar na comunidade en todos os termos sociais, culturais, económicos. 10. ESTEREOTIPOS DE XÉNERO: Idea preconcibida e común que se lles impón aos homes e mulleres, refírese a atributos físicos, de personalidade, de comportamento e tamén de actitude. 11. IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE HOMES E MULLERES: Ausencia de toda barreira sexista para a participación económica, política e social. 12. MAINSTREAMING DE XÉNERO: Acción de integrar a perspectiva de xénero nas políticas públicas. Transversalidade.
75
BIBLIOGRAFÍA
BIBLIOGRAFÍA: - Plan Estratégico de Igualdad de Oportunidades 2008-2011 (Ministerio de Igualdad). - Plan de Fomento da Corresponsabilidade (Xunta de Galicia). - V Plan do Goberno Galego para a igualdade de mulleres e homes 2007-2010. - Guía para o traballo en igualdade (Xunta de Galicia). - Guía de sensibilización y formación en igualdad de oportunidades entre hombres y mujeres (Ministerio de Igualdad). - Guía Familia y reparto de responsabilidades (Ministerio de Igualdad).
PÁXINAS WEB:
76
www.benestargaliza.org www.migualdad.es www.mujeresenred.net www.xuventude.net www.educarenigualdade.org www.igualdadegaliza.org
TELÉFONOS DE INTERESE: - SERVIZO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO A MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO: 016. - TELÉFONO DA MULLER 24 HORAS (permanente e gratuíto): 900 - GARDA CIVIL EMUNE (EQUIPO DA MULLER E DO NENO): - CONCELLO DE VAL DO DUBRA: 981889000 - GARDA CIVIL: 981581611 - CENTRO DE SAÚDE:
400 273.
062.
// 981889185.
// 981581289.
981889114 // 981889415.
77
78