MEMORIA ANO 2019 FEDERACIÓN DE CINECLUBES DE GALICIA
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
Rúa Ramón Cabanillas 1, entrechán 32004 Ourense (Ourense, Galicia) Teléfono e Fax: +(34) 988 235 946 feciga@mundo-r.com www.cineclubes.gal
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
ÍNDICE Páxina
Introducción
3
Actividades realizadas
5
Ciclos de cinema Semanas de cinema Cineclubes 20
Nome do cineclube
Provincia de
Ádega
□ Pontevedra
6
Ateneo
□ Pontevedra
9
Bueu
□ Pontevedra
10
Calexa, A
□ Lugo
12
Cangas
□ Pontevedra
13
Carballiño
□ Ourense
16
Compostela
□ A Coruña
19
Dzine
□ Pontevedra
20
Groucho Marx
□ Ourense
21
Illa de Arousa, A
□ Pontevedra
24
Lanterna, A
□ Ourense
26
Liceo
□ A Coruña
29
Lumière
□ Pontevedra
30
Padre Feijoo
□ Ourense
34
Papeiros, Os
□ Lugo
39
Pensamento e Sementeira □ Lugo
43
Poleiro
□ Pontevedra
44
Pontevedra
□ Pontevedra
46
Valle-Inclán
□ Lugo
50
Val Miñor «Alice Guy»
□ Pontevedra
54
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
01
02
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
INTRODUCIÓN
A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» é unha asociación sociocultural independente e sen ánimo de lucro, constituída en 1984. Durante a década dos setenta producíronse varios intentos de constituír unha Federación de Cineclubes de Galicia. O máis relevante foi en 1977 cos cineclubes Padre Feijoo, Pontevedra e Valle Inclán, entre outros. Pero sería en 1983 no marco da «IX Semana de Cinema do Carballiño» (I Xociviga), cando se acordou poñer as bases da asociación, que se constituirá en xullo de 1984 na «I Semana de Cinema de Vilagarcía» co obxectivo de dinamizar o cineclubismo galego. A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» naceu da necesidade de aglutinar a tódolos cineclubes que viñan traballando no eido da cultura cinematográfica en xeral e moi particularmente na defensa e apoio do cine galego. É importante destacar o feito de que a maior parte das asociacións profesionais e entidades relacionadas coa cinematografía galega naceron, precisamente, no marco das xornadas de cine que organizaban os cineclubes. Eran os lugares de encontro e debate dos profesionais do cine: realizadores, actores, técnicos, historiadores, críticos de cine, etc. A «Feciga» cumpriu e cumpre unha recoñecida labor de difusión do cine galego non só a través da rede de cineclubes e das programacións a entidades públicas e privadas en Galicia, senón promovéndoa tamén en Portugal en colaboración coa Federação Portuguesa de Cineclubes (FPCC). Agrupa á práctica totalidade dos cineclubes existentes en Galicia, actúa como xestora destes, e ademais presta servizos de asesoramento e organización de proxectos a entidades oficiais e privadas; programas de proxeccións, talleres de cine, mesas de debate relacionadas co cinema, etc.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
03
Os cineclubes son a alternativa á exhibición comercial e motores da difusión cultural propia. Actualmente son a única expresión organizada do público cinematográfico con preocupacións culturais e ese público esixente é o que pode contribuír o avance da cinematografía do noso país.
04
No ano 1985 crease a Comisión Luso-Galaica do Audiovisual integrada polas Federacións de Cineclubes de Galicia e Portugal. Dentro dos habituais encontros cos responsables da Federación Portuguesa de Cineclubes, chegouse á conclusión, entre outras, da necesidade de crear un certame con carácter anual que sirva de proxección ás obras do cine independente e sobre todo aquelas realizadas polos xoves pertencentes ás escolas de imaxe de Galicia e Portugal. Ao mesmo tempo, preténdese que sirva como lugar de reunión, debate e intercambio de ideas de xente con máis experiencia no eido cinematográfico e os novos realizadores, técnicos, actores, etc.. Todo elo co único fin de promover e divulgar a nosa cinematografía conscientes das verdadeiras dificultades da súa exhibición nos canles habituais. A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» estivo integrada na Confederación de Cineclubs del Estado Español (CCEE). Na actualidade so quedan en España a Federació Catalá de Cineclubs (FCC) e a Galega (Feciga). Tamén formou parte da Federación Internacional de Cineclubes (FICC-IFFS)
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
ACTIVIDADES REALIZADAS
CICLOS DE CINEMA A Federación de Cineclubes de Galicia organiza e coordina programas para os cineclubes que a integran, financiando unha boa parte dos custos de aluguer das películas. Os ciclos organízanse por temáticas ou por meses dependendo do cineclube. No 2019 participaron nos ciclos de cine os cineclubes Padre Feijoo, Groucho Marx, Carballiño, Lumière - Vigo, Cangas, Pontevedra, Poleiro, Adega, Bueu, Liceo de Noia, ValleInclán, A Lanterna. 05
SEMANAS DE CINEMA Organizadas polos cineclubes, coa colaboración e o financiamento da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», teñen destacada transcendencia en cada localidade. Polo seu contido e calidade na organización, veñen acadando un gran nivel de aceptación. No que vai de ano fixeron Semanas de Cinema os cineclubes Valle Inclán de Lugo, Padre Feijoo de Ourense, Cineclube Adega de Vilagarcía, Cineclube Papeiros de Chantada, Cineclube Groucho Marx do Barco e Cineclube Cangas. Cineclube A Lanterna ten previsto facela no mes de novembro e Cineclube Carballiño no mes de decembro. No ano 2019 entra a formar parte da «Feciga» o Cineclube Val Miñor «Alice Guy» de Nigrán.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
CINECLUBE ADEGA
O Cineclube Ádega leva dende 1976 participando e dinamizando a vida cultural de Vilagarcía de Arousa. Ofreceu durante moitos anos múltiples e variadas actividades: proxección dun filme cada semana, concursos fotográficos, Semanas de Cine… etc. Dende marzo do 2015 a nova directiva retomou a actividade co fin de difundir a cultura cinematográfica en Vilagarcía e estimular o interese polo estudio e goce do cine acercándoo a sociedade dunha forma educativa e crítica. Os obxectivos que se marcan os membros da nova xunta directiva son: 06
Difundir a cultura cinematográfica e estimular o interese polo cine acercándoo a sociedade de forma educativa e crítica. Dotar a Vilagarcía dun canal de distribución estable e de calidade que converta a esta cidade nun lugar de referencia en Galicia, como o foi noutros tempos, con respecto a esta arte. Contribuír a unha mellora da cultura audiovisual galega convertendo o lugar de proxección nun punto de encontro, ademais de acercar ó público películas as que non terían acceso e ensinar o cine dun xeito educativo e crítico o público infantil e xuvenil da cidade. Para tentar conseguir todos os seus fins as actividades propostas serían:
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
Sesións do Cineclube: Celebraranse no Salón García de Vilagarcía de Arousa, os mércores as 21 horas. As proxeccións están reservadas a socios do Cine Club exclusivamente e será imprescindible presentar o carnet de socio. As proxeccións realizaranse en versión orixinal subtitulada e todas as películas deben estar fora do circuíto comercial e deberán ter un valor crítico de cine. A selección dos filmes correrá a cago da directiva que escollerá unha película actual e outra clásica podendo realizar ciclos (sobre a filmografía dun director, actor, país, etc.). Unha das películas escollese mediante unha votación entre los socios realizada polas redes sociais e web. Cabe a proxección de cine infantil en horario adaptado, cine de produción galega e sesións de curtametraxes. Outras actividades que levan a cabo son: • • • • •
07
Semana de Cinema Cinema na rúa no verán Maratón de fotografía Realización de obradoiros sobre cinema Seminarios de cinema con expertos e directores
Están nas redes sociais e teñen unha páxina web na que se pode consultar a historia, actividades, programación e noticias do Cineclube; nela tamén se poderá descargar o formulario de inscrición.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
Programación ano 2019 1.- Ciclos mensuais
08
09-01-2019- El sabor del sake 23-01-2019- Lo que hacemos en las sombras 06-02-2019- Amaneces que no es poco 20-02-2019- El insulto 06-03-2019- Trote 20-03-2019- El salario del miedo 10-04-2019- Cold war 24-04-2019- Confessions 08-05-2019- Dogman 29-05-2019- El tren 05-06-2019- Demain 19-06-2019- Un asunto de familia 10-07-2019- Lazaro feliz 18-09-2019- Locas de alegría 09-10-2019- No amarás 23-10-2019- Varda por Agnes 20-11-2019- Custodia compartida 11-12-2019- The guilty
2.- Semana de Cinema
29-07-2019- Border 30-07-2019- Entre dos aguas 31-07-2019- Leto 01-08-2019- Ruben Brand, coleccionista 02-08-2019- El maquinista de la general
3.-Sesións especiais Ciclo LGTBI+. En colaboración coa Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía. 11-07-2019- The miseducation of Cameron Post 18-07-2019- Laurence Anuways
Ciclo Psicocine
10-10-2019- Repusión 17-10-2019- Impulso criminal 24-10-2019- Gente corriente
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
CINECLUBE ATENEO
Os devanceiros do cineclube sitúanse fai máis de tres décadas no Ateneo Santa Cecilia coa presidencia de Pilar Calviño, xermolo da actividade fílmica na vila con filmes como «El Cochecito» (O Cocheciño) de Marco Ferreri, «Aguirre der Zorn Gottes» (Aguirre, A Cólera de Deus) de Werner Herzog ou «Jungfrukällan» (O Manancial da Doncela) de Ingmar Bergman.
Despois dun xaxún cinematográfico de máis de dúas décadas, a directiva do Ateneo Santa Cecilia comandita por Lois González, Isabel Martínez Epifanio, Paula Landín, Carolina Pesqueira e Xulio Pardellas procuran a reviviscencia do cineclubismo na vila marinense. En xullo do 2015 comezou unha nova xeira cos filmes de Wes Anderson «The Grand Budapest Hotel» (O Gran Hotel Budapest) e Alexander Payne «Nebraska» proxectados ao ar libre, co gallo das festas do Carme e a súa incorporación á Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga».
A teima da asociación e a súa actual directiva, aparte de tentar a dinamización cultural coas actividades que llen son propias, prender na sociedade a paixón polo cinema, deste xeito proxectando —de balde— até dúas sesións ao mes, no terceiro o cuarto xoves do mes segundo cadren cas outras actividades, na Biblioteca Pública Municipal «Vidal Pazos». Buscan físgoas que eviten de novo a súa desaparición, agardando que agrome na súa vila coma o fixo noutras da comarca do Morrazo, persoas entusiastas dos feitos cinematográficos.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
09
CINECLUBE BUEU
O Cineclube Bueu constituíuse o 13 de febreiro de 1999 da man dun grupo de obxectores de conciencia que estaban realizando a Prestación Social no Concello do Bueu. Colaboraban na proxección de películas en 16 mm ao aire libre, e con este estímulo decidiron darlle forma aos seus intereses cinematográficos pondo en marcha unha iniciativa a través da que dar saída aos títulos que non aparecían nas salas comerciais.
10
Con moi poucas interrupcións, o Cineclube Bueu vén facendo proxección dende entón, ao principio cada quincena e a partir do ano 2004 con periodicidade semanal. O obxectivo principal da asociación nesta etapa foi o de examinar a historia do cine para presentar ao público que o seguía o súa particular escolma da mitoloxía cinematográfica, tratando sempre de non reducila ao “discurso oficial” do cine norteamericano, de xeito que tiveran cabida propostas cuxa indubidable calidade é proporcional a súa escasa transcendencia mediática. A partir de outubro de 2015 estrean unha nova etapa onde a actualidade marca a pauta. Buscan o cine máis novo, as últimas propostas do chamado cine independente, alleo as canles de distribución masiva. As sesións desenvólvense no auditorio do Centro Social do Mar (Concello de Bueu). Normalmente programan un filme o mes. No ano 2016 entran a formar parte da «Feciga».
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
Programación ano 2019
1.- Ciclos mensuais
11-01-2019- Short term 12 01-02-2019- The Florida project 01-03-2019- El viaje de Nisha 05-04-2019-Loving Vincent 03-05-2019- Trinta lumes 07-06-2019- 120 pulsaciones por minuto 11-10-2019- Locas de alegría 01-11-2019- Train to Busan 29-11-2019- Figuras ocultas 06-12-2019- Apuntes para una película de atracos
2.- Outras actividades 28-06-2016. Proxección ao aire libre do documental “Ence, o futuro de Galicia en xogo”' no bar Aturuxo e debate con responsables do proxecto Savia Nova e da produtora Trece Amarillo. 20-07-2019. Participación na III Semana da Patria no Morrazo organizada por Galiza Nova, concretamente na mesa redonda 'Ocio alternativo e a importancia do traballo colectivo' que se desenvolveu na Alameda Vella de Cangas.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
11
CINECLUBE A CALEXA
Fai 23 anos que un grupiño do máis heteroxéneo, agás pola súa afección polo cinema, reuníronse ao redor dunha mesa, por mor dunha convocatoria nos medios de comunicación locais do xornalista Jorge Casanova; a súa inquedanza: acadar ver un cinema distinto ao presente nas carteleiras, sobre todo en vilas pequenas como a de Monforte de Lemos. Axiña se puxo en marcha unha modesta programación, organizada as veces en ciclos temáticos ou por directores. Estas primeiras proxeccións tiñan lugar na casa da Cultura e alongábase nun animado cinefórum.
12
Despois, pasaron a proxectar en 35mm, no «Teatro-cine Lemos», por un curto período de tempo, debido ao peche da sala en abril de 1998. A derradeira proxección da sala foi unha sesión especial na que se exhibiu «Tren de Sombras», de José Luis Guerín. Posteriormente, comezaron as sesións nos Multicines Hollywood, e o esquema de proxeccións é dun filme todos os últimos mércores do mes; ademáis de organizar anualmente, no mes de outubro, un pequeno festival de catro longametraxes como tamén, as proxeccións destinadas ao público infantil nas datas de vacacións. No ano 2005 grazas ao decidido apoio do concello de Monforte así como do comercio monfortino, acadaron un trienio intenso de actividades na súa nova historia até o ano 2009, que por mor da crise, viuse reducido a contadas colaboracións e actividades que a súa economía lles permita sufragar.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
CINECLUBE CANGAS Aínda que as actividades cinematográficas do Cineclube comezaron en 1977, fixéronse continuadas en 1983, coa constitución da Asociación Cívico Cultural Xiria. Desde entón, veu desenvolvendo un labor central de difusión e potenciación da cultura, dentro do concello de Cangas do Morrazo e a súa comarca. Entre as actividades da asociación destácase o cineclube (cunha programación regular de dúas películas mensuais), a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo, a organización de recitais e concertos, xornadas literarias e de debate, de banda deseñada, contacontos e lecturas teatrais. No ano 1997 o cineclube tivo que interromper a súa programación, ao reconverterse o cine de Cangas en multicines, e en 1998 recuperaron a súa actividade normal. No ano 2005, a actividade do cineclube veu determinada polo peche destes multicines, os únicos existentes en Cangas. Iso obrigou a unha inactividade forzada de medio ano, e conseguiuse reiniciar a programación grazas a un compromiso do concello de dotar o Auditorio Municipal de proxector de 35mm. Porén, a programación do Cineclube Cangas segue a estar determinada pola falla de dotación dese auditorio, xa que o acordo co concello para aboar o importe do aluguer do proxector resulta unha carga para manter unha programación continua. O 2009 foi para o Cineclube Cangas un ano de certa recuperación de público. A regularidade na programación a partir do segundo trimestre, a opción definitiva polo cinema dixital e unha elección axeitada de títulos permitiu recuperar unha parte do público que levaban perdido por mor das malas condicións nas que viñan desenvolvendo a actividade.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
13
Manteñen un blogue e un perfil no Facebook para difundir o máis posible as actividades. As sesións cinematográficas fanse no Auditorio Municipal de Cangas ás 21 h. As películas proxéctanse en versión orixinal con subtítulos en español. Normalmente proxectan un filme cada dúas semanas.
Programación ano 2019
1.- Ciclos mensuais 14
18-01-2019- Cold war 25-01-2019- The guilty 08-02-2019- Carmen y Lola 22-02-2019- Girl 15-03-2019- El silencio de otros 22-03-2019- Viaje al cuarto de una madre 29-03-2019- Un asunto de familia 05-04-2019- Border 26-04-2019- Yuli 03-05-2019- Petra 10-05-2019- Columbus 24-05-2019- Conociendo a Astrid 07-06-2019- Cafarnaum 18-10-2019- El despertar de las hormigas 25-10-2019- Pájaros de verano 15-11-2019- Dobles vidas 29-11-2019- Los días que vendrán
2.-Sesións especiais
24-04-2019- Ferdinand 26-11-2019- Serás hombre
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
3.- Semana de Cine. Cinemas Ocultos. 27-09-2019- Hamada 28-09-2019- El pan de la guerra 28-09-2019- Deixame caer 29-09-2019- Idéntidas 29-09-2019- Zog 30-09-2019- Hear stone 01-10-2019- Galicia en curta: Son unha tumba, A nena azul, Homomaquia, Zu 03-10-2019- Adam 04-10-2019- Buenos vecinos 05-10-2019- El viento entre las cañas 05-10-2019- La mujer de la montaña
15
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
CINECLUBE CARBALLIÑO O Cineclube Carballiño volveu á actividade en novembro de 2012 tras varios anos de «descanso» por diversos motivos, que deixaron sen cinema ao Carballiño, xa que a vila tampouco contaba xa con salas de exhibición cinematográfica. O feito de que o concello dotase ao auditorio municipal dos medios técnicos necesarios para proxectar tanto en 35 mm como en alta definición fai case dous anos fixo que un grupo de afeccionados ao cine pensaran moi seriamente en “resucitalo” e, finalmente, así foi: a mediados de novembro fan a primeira sesión desta nova etapa que esperamos sexa longa.
16
Desde entón manteñen unha programación regular, os venres, en dúas sesións, de 20:30 e 23 horas, e nalgúns casos tamén algún dos días da fin de semana. Traballan na maioría dos casos coa Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga, »que é quen coordina a petición das películas, a publicidade, a entrega e recollida, etc. Tamén teñen colaborado con outras institucións, como a Fundación Vicente Risco. Intentan darlle oportunidade a novos realizadores para que a súa obra sexa coñecida, polo que fixeron sesións dedicadas a cine de difícil distribución e exhibición, así como tamén cine de animación. Por ultimo, nun intento por achegar o cine aos máis xoves, téñense feito proxeccións para escolares nas que participaron diversos colexios e institutos da comarca. Tamén establecen contacto e colaboración con diversas asociacións culturais da vila, coas que organizan diferentes actividades: concertos, presentacións de libros, proxeccións de películas, conferencias e charlas, etc. Isto último foi unha gran satisfacción xa que permitiulles abrir o abano de accións máis aló da proxección cinematográfica, que loxicamente é o fundamento da existencia do cineclube.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
Programación ano 2019
1.- Ciclos mensuais.
18-01-2019- The guilty 25-01-2019- Cold war 01-02-2019- Los amores cobardes 08-02-2019- La noche de 12 años 15-02-2019- Un día más con vida 22-02-2019- Dogman 01-03-2019- En la sombra 08-03-2019- Girl 09-03-2019- 9 de novembro 10-03-2019- Carmen y Lola 15-03-2019- Las guardianas 22-03-2019- Isla de perros 29-03-2019- La mujer de la montaña 05-04-2019- Todos lo saben 12-04-2019- Infiltrado en el KKKlan 26-04-2019- Fahrenheith 11/9 03-05-2019-Cafarnaun 17-05-2017- Un asunto de familia 24-05-2019- Border 31-05-2019- Galveston 20-09-2019- Silvio y los otros 27-09-2019- Sauvage 04-10-2019- El cuento de las comadrejas 11-10-2019- El despertar de las hormigas 18-10-2019- La favorita 25-10-2019- La deseducación de Cameron Post 08-11-2019- Utoya 15-11-2019- Lola y sus hermanos 22-11-2019- El peral salvaje 29-11-2019- Donbass 13-12-2019- Los días que vendrán
17
2.- Ciclo Diversxs
08-03-2019- Girl 09-03-2019- 9 de novembro 10-03-2019- Carmen y Lola
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
3.- Para conmemorar o 50 aniversario do Cineclube Carballiño leváronse a cabo as seguintes actividades: - Ciclo integrado por 5 filmes, cada un dunha década da existencia do cineclube. 20-01-2019- Farhenteith 451 17-02-2019- Dersu Uzala 17-03-2019- Cinema Paradiso 28-04-2019- Secretos y mentiras 19-05-2019- 21 gramos -No mes de maio celebrouse a Asemblea anual da Federación de Cineclubes de Galicia en O Carballiño. Foi seguida dun acto de homenaxe aos socios fundadores da entidade no que se recoñeceu a súa labor hai 50 anos. Neses días tamén se fixeron dúas proxeccións coa presenza dos autores das películas: Vigo 1972, El método de los claros. 18
4.- Actividades paralelas. - Ciclo Poesía nas aulas. Levou a música e a poesía, un concerto-recital: Habelas hainas e un obradoiro-recital, Arancha Nogueira, aos estudantes dos centros da comarca: IES Nº1 e IES Chamoso Lamas, CPI Virxe da Saleta de Cea e CPI Terras de Maside. - Colaboración co IES Chamoso Lamas e coa Asociación fotográfica Potiños na realización dunha peza documental na que aparecen entrevistas con propietarios e traballadores de pequenos comercios da Rúa Principal do Carballiño, algúns deles xa desaparecidos. A primeiros de xuño presentarase o resultado deste traballo, un libro de fotos antigas destes establecementos acompañado de un DVD no que aparecen recollidas estes entrevistas. 5.-Semana de Cinema 20-12-2019- El hijo de Bigfoot 22-12-2019- Alpha 23-12-2019- Spiderman, un nuevo universo
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
CINECLUBE DE COMPOSTELA
A fundación do Cineclube de Compostela data da primavera de 2001, cando un grupo de mozos universitarios, estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación, comezaron a proxectar filmes en formato vídeo en dito centro. As proxeccións duraron tres meses; cada filme ía acompañado dunha recensión na que algún deles realizaba un estudo crítico da obra, práctica que continuou desde aquela. Esta experiencia inicial foi un ensaio do que chegaría a ser logo o cineclube, xa que nese tempo, unha vez confirmada a existencia dun público para as actividades, xurdiron as primeiras ideas e constituíronse como asociación cultural. En xaneiro do 2002 comezou a segunda xeira do cineclube, exhibindo xa filmes en formato cinematográfico, 16 ou 35mm, todos os martes no auditorio da Facultade de Xornalismo. Escomezoúse a formar un fondo de vídeo, de revistas e de libros, ao cal teñen acceso os socios e socias, e que sirve como canle alternativa de achegamento ao cinema; por aquel tempo acadaron acordos con diferentes entidades, como a «Alliance Française» ou co «Goethe-Institut». Na súa cuarta tempada houbo trocos importantes: amplioúse a duración da actividade a oito meses (de outubro a maio) e as proxeccións foron trasladadas á «sala Yago», aínda que se seguiron a facer actividades no auditorio de Xornalismo. Na actualidade as proxeccións do cineclube de Compostela realízanse no centro social O Pichel, por medio de videoproxección.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
19
CINECLUBE DZINE
O Cineclube Dzine xurdiu grazas ao empeño do escultor Javier Iván Hita Rodríguez, cun chamamento realizado por medio dunha rede social para crear «Un novo cinema en Lalín», onde acadou xuntar a un grupo de veciñas e veciños de Lalín que senten a mesma necesidade colectiva, a divulgación da sétima arte ou tamén coñecíbel, a semellanza da segunda arte —a escultura—, a expresión artística e plástica neste caso en movemento. O éxito que acadou a convocatoria propiciou a xénese dunha nova pantalla de cinema na capital da comarca do Deza e a nacenza do cineclube no ano 2014 como alternativa á ducia de cinemas (agora pechados) que chegou a acoller a comarca.
20
Resulta paradoxal que a corporación lalinense até o ano 2015, con Xosé Crespo Iglesias de rexedor e María Álvarez Paz de concelleira de Educación e Cultura, non amosaren o mesmo interese polo cineclube; con promesas e declaracións de boas intencións que á hora da verdade resultaron estériles, polo que ao non ter asegurado un local axeitado para realizar as proxeccións no concello que os viu nacer, acadaron cinéticas colaboracións nos concellos limítrofes de Rodeiro e Silleda. Inauguraron as súas proxeccións en xuño de 2014 cunha sesión de curtas na II edición de «Realiméntate» (Lalín) e uns días máis tarde (na casa da Cultura de Rodeiro), co filme de Hayao Miyazaki «Gake no Ue no Ponyo» (Ponyo no Cantil). A súa itinerante actividade rematou polo momento, cunha derradeira proxección no Círculo Recreativo (Casino) da vila, lugar que acolleu a programación máis estábel do cineclube (diante do desleixo das diferentes corporacións lalinenses). Agardamos, que entre o que foi o seu público, xurda algún día un compromiso coa divulgación cinematográfica e o desenvolvemento cultural na comarca para retomalo cineclube nunha nova xeira.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
CINECLUBE GROUCHO MARX
O Cineclube Groucho Marx inicia a súa andadura a principios do ano 1980. O seu obxectivo fundamental, amais da exhibición e o debate sobre o cine de calidade, é a introdución e a participación nos medios audiovisuais como soporte de gran transcendencia para a expresión e a defensa da nosa cultura a través da imaxe. Despois de numerosas dificultades nos primeiros anos, causadas polo peche intermitente da sala de cine onde realizaba as proxeccións, pasou a converterse nunha das entidades pioneiras co desenvolvemento de proxectos de carácter experimental e nos que participaban un bo número de persoas relacionadas co mundo audiovisual galego e español. Xa no ano 1985, crea a que se denominou «TV Groucho Marx», unha experiencia única no Estado español ata aquel ano, que se baseaba na participación de moitos profesionais que se acercaron ao Barco de Valdeorras a ensinar aos diferentes equipos formados para o proceso comunicativo. Así, eran realizados programas de produción propia, informativos e unha sección dedicada aos traballos de videocreación que se presentaban para a proxección nas xornadas da semana de cine. A introdución do cine no ensino foi un proxecto no que estaban implicados todos os niveles de todos os centros, EXB, Instituto de Bacharelato e FP, funcionando dun xeito coordinado con todos eles e desenvolvendo diversas experiencias pedagóxicas. Había grupos de debate nos que participaban os directores dos centros, mestres de diferentes materias, alumnos e membros do cineclube Groucho Marx. Deste xeito determinábase o programa a seguir.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
21
Os resultados destas e outras experiencias eran expostos en varios foros polos membros do cineclube convidados a tal efecto, como nas “Xornadas de Pedagoxía da Imaxe” organizadas polo Centro de Enseñanzas Integradas e a Generalitat Valenciana en Valencia, a participación no Festival Internacional da Infancia e a Xuventude de Xixón como xurado cualificador cun grupo de doce nenos pertencentes ao propio Cineclube Groucho Marx e que formaban parte do equipo redactor da publicación diaria do festival, e na produción dos talleres de imaxe en funcionamento.
22
Normalmente vén realizando máis de 100 proxeccións anuais, no salón de actos da Casa da Cultura do Barco. Debido ás obras de reforma a que estivo sometida a citada Casa da Cultura tivo que suspender temporalmente a súa actividade no ano 2005. En xuño de 2006 volven a recuperar a normalidade. A súa programación organizase en ciclos de cine mensuais, salvo nos meses de verán, e organiza unha semana de cinema na última semana de agosto e primeiros días de setembro.
Programación ano 2019
1.- Ciclos mensuais
03-01-2019- La sociedad literaria y el pastel de piel de patata 10-01-2019- El regreso de Ben 17-01-2019- Una receta familiar 24-01-2019- Un día más con vida 31-01-2019- Colette 07-02-2019- Sobre ruedas 14-02-2019- The guilty 21-02-2019- Silvio y los otros 28-02-2019- El gran baño
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
07-03-2019- Carmen y Lola 14-03-2019- MUG 21-03-2019- El orden divino 28-03-2019- Cafarnaum 04-04-2019- The old man and the gun 11-04-2019- El silencio de los otros 18-04-2019- La decisión 25-04-2019- El veredicto 02-05-2019- Mentes brillantes 09-05-2019- Las invisibles 23-05-2019- Profesor en Groenlandia 30-05-2019- Un pueblo y su rey 26-09-2019- Al agua gambas 03-10-2019-El cuento de las comadrejas 10-10-2019- El gran Buster 17-10-2019- Utoya 24-10-2019- El cocinero de los últimos deseos 07-11-2019- Rojo 14-11-2019- Un hombre y una mujer 21-11-2019- Los años más bellos de una vida 28-11-2019- Varda por Agnes 05-12-2019- Día de lluvia en Nueva York 12-12-2019- Pequeñas mentiras para estar juntos 19-12-2019- Los miserables
23
2.- Semana de Cinema 23-08-2019- Idénticas 24-08-2019- Sombra 24-08-2019- Mia y el león blanco 25-08-2019- Los hermanos sisters 26-08-2019- Tolkien 26-08-2019- El viaje de Chihiro 27-08-2019- El increible finde menguante 28-08-2019- Bikes 28-09-2019- El secreto de las abejas 29-09-2019- La portuguesa 30-08-2019- La biblioteca de los libros rechazados 30-08-2019- La princesa prometida 31-08-2019- Buñuel en el laberinto de las tortugas 01-09-2019- Dilili en París 01-09-2019- La favorita
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
CINECLUBE A ILLA DE AROUSA
A idea de pór en marcha o cineclube de A Illa parte desde o mesmo concello, do rexedor (até 2015) J. Manuel Vázquez Vázquez e seguramente outrora circunstante da Asociación Cultural e Deportiva Dorna, quen desenvolvesen unha lembrada actividade cineclubista facía máis de tres décadas; así pois, aproveitando a dotación no Auditorio Municipal, grazas á achega efectuada a partes iguais entre a Xunta de Galicia (Consellería de Cultura) e os recursos propios do Concello dun completo equipo audiovisual —con ciclorama, lentes e proxector profesional— acadando mellorar, por conseguinte, a oferta cultural para os habitantes (e turistas) da illa arousá na comarca do Salnés.
24
A súa primeira sesión celebrouse en novembro de 2013, inaugurando as proxeccións no Auditorio cun ciclo sobre o afundimento e a marea negra provocada polo petroleiro «Prestige», un desastre ecolóxico con especial incidencia na zona, sucedido facía xustamente 12 anos e que desencadeou en Galicia as maiores mobilizacións sociais que se lembran, (en protesta pola vertedura e a súa deficiente xestión na resolución); os primeiros traballos audiovisuais visionados foron: «Muxía, Política na Costa da Morte» de Ricardo Llovo, na que se abordan os resultados das primeiras eleccións municipais tras a catástrofe, a curta «A Cada Porco lle Chega o seu San Martín» de Juan Lesta e Belén Montero, adscrito á produción colectiva «Hai Que Bótalos!», onde se recompilan algunhas das declaracións dos políticos e autoridades naquel momento e o documental «Carcamáns» do director nado na Illa Marcos Nine, que reflicte a perspectiva de veciños e mariñeiros ante a traxedia medio–ambiental, como a do cidadán Nito Dios, membro activista das plataformas «En Defensa da Ría de Arousa» (PDRA) e «Nunca Máis», que outrora era, precisamente, o encargado das proxeccións do colectivo cultural Dorna (ACDD).
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
Coa implicación do creador arousán, gañador (no 2014) dun «Mestre Mateo», inician as súas sesións periódicas, programando un filme o último sábado do mes, en outubro de 2014 coa comedia galega «Crebinsky», contando coa presenza do propio cineasta coruñés Enrique Otero; etapa que duraría até xaneiro de 2016, cunha última proxección en recordo das vítimas do accidente ferroviario en Angrois (2013), «Frankenstein–04155» de Aitor Rei. Diferentes compromisos da xunta reitora que puxo en marcha o cineclube, provocou un parón na súa actividade; agardando que dita situación de provisionalidade sexa axiña resolta e retomen as actividades con certa regularidade, incorporando se fose posible, a máis voluntarios/as ao proxecto e conseguir que perdure o cineclube A Illa de Arousa, un dos máis novos dos asociados á «Feciga» 25
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
CINECLUBE A LANTERNA
O cineclube A Lanterna, xéstase en Viana do Bolo, nalgún momento do ano 2015 para nacer, case nove meses despois na mesma vila. Constitúese como asociación o 9 de Novembro de 2015, por 12 socias e socios, con moito que aprender sobre cinema. E este é un dos seus principais obxectivos, aprender sobre cinema a medida que participan activamente na procura e selección de filmes, redacción de sinopses, presentación das proxeccións...
26
Os tres primeiros filmes proxectados, relacionados coa emigración, reflicten o interese do Cineclube por sensibilizar e xenerar debate de maneira crítica sobre problemas que afecten á nosa sociedade. Procuran camiños para ligar o cinema coa terra sobre a que viven, o Oriente ourensán: a ruralidade, a natureza, o sector primario, estilos de vida alternativos, a demografía, a identidade propia... teñen que ser temas presentes na programación. Igualmente importante será a busca de colaboración con outras institucións localizadas na zona (Concellos, Comunidades de Montes, Asociacións culturais... etc.) As iniciais expectativas do cineclube en canto a súa capacidade de proxección víronse melloradas coas colaboracións da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», Institute Français, Institute Goethe e embaixadas de diversos países. Estas colaboracións permítenlle ao Cineclube unha regularidade na súa programación nunha sala da Casa da Cultura cedida polo Concello de Viana do Bolo; conta con mais de 150 butacas, pantalla, proxector e unha moderna instalación de son que permite que o Cinema regrese a Viana moitos anos despois.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
O logo do cineclube, un lanternista ambulante con pandeireta, ten algo de todo o que queren significar: cinema, apego á terra, historia, cultura... Imaxinan a ese mesmo lanternista chegando a algunha das nosas aldeas a finais do XIX, con centos de kilómetros nos zapatos, para proxectar imaxes en movemento nun fondo en branco. E esa é s súa aspiración, emulalo mais de cen anos despois. No ano 2016 entra a formar parte da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga».
Programación ano 2019
27
1.-Ciclos mensuais
28-01-2019- Jacquot de Nantes (Instituto Francés) 02-03-2019- Cinema e Entruido - Bombos e Bombeiros (CGAI) - Flour on Skin, Raj Yagnik 11-03-2019- Los paraguas de Cherburgo (Instituto Francés) 25-03-2019- Bagdad Café (Goethe Institute) 15-04-2019- Arrietty e o mundo dos diminutos 29-04-2019- Zucker Baby (Goethe Institute) 27-05-2019- Louise en Hiver (Instituto Francés) 24-06-2019- Les diaboliques (Instituto Francés) 29-07-2019- Milou en Mayo (Instituto Francés) 26-08-2019- Attila Marcel (Instituto Francés) 30-09-2019- Profesor en Groenlandia (Instituto Francés) 25-10-2019- Supa modo (Goethe Institute) 02-11-2019- Big fish 25-11-2019- La extraña (Goethe Institute) 26-12-2019- Aladdin 30-12-2019- Los hermanos Sisters
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
2.- Contacontos «Os tres ladróns de risos» con proxección de extractos de filmes de Buster Keaton, Charles Chaplin e Harold Lloyd. En colaboración co CEIP Bibei de Viana do Bolo. 3.- Semana de Cinema
15-11-2019- El cartero y Pablo Neruda 16-11-2019- Trinta lumes 16-11-2019- El techo del mundo 17-11-2019- Tierra de Dios
28
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
CINECLUBE LICEO O 28 de agosto de 1928 fúndase en Noia a Sociedade Artística, Cultural e Recreativa Liceo, xermolo do cineclube Liceo. Desde o principio a súa inquedanza foi programar filmes lonxe dos méritos nos que se desenvolve o cinema comercial, agás no suspenso da actividade desde os anos setenta, por mor dunha desavinza entre algúns socios, polo que eles entendían excesiva preferencia da súa programación polo cinema non comercial e de certo compromiso social ou político; até que en maio de 2014 no que acadan retomar a súa actividade. A nova xeira comezou coa proxección de «Encallados» de Alfonso Zarauza o 2 de maio de 2014, ca presenza e posterior coloquio co seu director, o actor Ricardo de Barreiro e Antonio Mourelos, presidente (nesa data) da Academia Galega do Audiovisual. Nese mesmo ano tamén solicitouse a incoporación do cineclube á «Feciga». Debido o arranxo do proxector e a cambios no equipo de coordinación, comeza unha nova tempada en abril de 2016
Programación ano 2019
1.- Ciclos mensuais 03-01-2019- Kubo y las cuerda mágicas 21-04-2019- Mustang 19-05-2019- El gran día 24-11-2019- En realidad nunca estuviste aquí 27-12-2019- Toy story 4
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
29
CINECLUBE LUMIÈRE O Cineclube Lumière foi creado en 1993 por un grupo de persoas de diferentes profesións co fin de incorporar á cidade outra canle cultural, inexistente ata ese momento, e outro xeito de ver o cinema. O nacemento do Lumière supuxo recuperar para a cidade olívica unha actividade que non tiña continuidade dende o ano 1982, data en que desaparecera o último dos cineclubes vigueses dos anos setenta. Ten como fins a difusión da cultura cinematográfica; a estimulación da vocación e o interese polo estudo e o goce do cine; o achegamento do cine á sociedade dun xeito educativo e crítico; e, ademais, a promoción dos realizadores novos, facilitando a produción e a posterior exhibición dos seus traballos. 30
Alén diso, ten como obxectivo xeral organizar e ofrecer ao público unha colección ampla de materiais bibliográficos, gráficos e audiovisuais, que permitan a todas as persoas interesadas acceder a unha información actualizada sobre temas específicos de cine. Entre as actividades realizadas ao longo da súa historia cabe destacar as colaboracións estables —organizando diversos ciclos de cine— con numerosas entidades de Vigo, promotoras de cultura, educación, integración social e veciñal, como as concellerías de Xuventude, de Educación e da Muller, a Universidade de Vigo, a Alianza Francesa de Vigo, a Escola Oficial de Idiomas, a Aula de Cultura de Caixa Galicia, a Obra Socio-Cultural do Centro Cultural Caixanova, o Colexio de Arquitectos de Vigo, a Fundación Érguete-Integración ou asociacións veciñais como o Plan Comunitario de Teis, Casco Vello, Val do Fragoso, etc.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
No ámbito estritamente cinematográfico, o Cineclube Lumière organizou o I Premio de Guións Chano Piñeiro, no ano 1995; ciclos de cinema galego-portugués, nos anos 1993 e 1994; un ciclo de cine cubano, no ano 1997; e mostras de curtametraxes de novos realizadores, entre os anos 1994 e 2003. Membros da súa directiva participaron como xurado no Festival Internacional de Cinema de Figueira da Foz (Portugal), no ano 1995, e no Festival Internacional Karlovy Vary (República Checa), no ano 2002. O Cineclube colaborou, ademais, na produción de curtametraxes, organizou exposicións, cursos, coloquios e mesas redondas, e participou en coloquios e entrevistas de radio e televisión. Dende o ano 2016 mantén unha colaboración co CGAI o que permite que se poida ver a programación da citada entidade na cidade de Vigo.
Programación ano 2019 1.- Ciclos mensuais - Ciclo Rachando regras!! Maldades e liberacións 07-01-2019- La revolución silenciosa 14-01-2019- Hotel salvation 21-01-2019- Purasangre
- Ciclo Realidades suspendidas 04-02-2019- Last days in shibati 04-02-2019- Prisoners of kanun 11-02-2019- Ouaga girls 21-02-2019-Grab and run
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
31
- Ciclo Desexos: Viaxes de ida e volta
04-03-2019- Porto 11-03-2019- Bienvenida a Montparnasse 21-03-2019- I am not a witch
- Ciclo Latinoamérica…(s)
01-04-2019- La quietud 08-04-2019- La familia 15-04-2019- Miriam miente 22-04-2019- La fracesita
- Ciclo Dereitos e intimidades
06-05-2019- Sofía 13-05-2019- Tres idénticos desconocidos 20-05-2019- People that are not me
- Ciclo Manuais de resilencia
32
03-06-2019- Dombass 10-06-2019- Miss kiet’s children 17-06-2019- Winterflies
- Ciclo Marxes, aristas e algunha crónica 02-09-2019- La carga 09-09-2019- Sauvage 16-09-2019- Artico 23-09-2019- Nahuel
- Ciclo Secretos e silencios
07-10-2019- Jesús 21-10-2019- Los informes sobre Sarah y Saleem
- Ciclo Familias: Estampas e nostaxias 04-11-2019- Ray & Liz 11-11-2019- Familia sumergida 18-11-2019- Perdidos en París
- Ciclo A vida por monteira
02-12-2019- Clara y Claire 09-12-2019- Déjame caer 16-12-2019- Bomb City 23-12-2019- El bailarín. Nureyev, el cuervo blanco
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
2.- Sesións de Filmoteca. En colaboración co CGAI 20-03-2019- Los amantes crucificados 27-03-2019- Sesión de curtas: Vai chover, Rust, Aysha 10-04-2019- La calle de la vergüenza 17-04-2019- La emperatriz Yang Kwei-Fei 16-05-2019- La mujer crucificada 30-05-2019- L’oeil impératif 18-09-2019- East of Eden 25-09-2019- Idénticas
3.- En setembro empezan unha colaboración coa Universidade de Vigo para proxectar un documental ao mes. 16-09-2019- Womanhood 07-10-2019- Push
4.- En outubro comenzan, tamén a colaborar coa Alianza Francesa para proxectar unha película ao mes ata decembro. 02-10-2019- Tout ce qu’il me reste de la revolution
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
33
www.cineclubes.gal
CINECLUBE PADRE FEIJOO O Cineclube Padre Feijoo (CCPF) naceu a principios do curso 1970-71, como actividade cultural dentro da Escola de Maxisterio de Ourense, e como herdeiro da tradición cineclubista da cidade que durante os sesenta foi representada polos cineclubes Ourense e Miño. Nos setenta, contribuíu ao xurdimento e desenvolvemento das Xornadas de Cinema en Ourense, que pasaron en 1978 a se denominar Xornadas do Cine das Nacionalidades, abandeirando así o nacente cinema galego entre os das outras comunidades históricas do Estado.
34
Durante os oitenta, e xa definitivamente separado da Escola, o Cineclube seguiu con ciclos como as Mostras Cinematográficas (oito edicións) ou, máis tarde, o titulado «Espacios Fílmicos» en colaboración co Cine Dúplex. A isto hai que engadir a organización de cursos de formación cinematográfica e conferencias, ciclos de cinema infantil, de humor, expresionismo alemán, cinema francés..., e a edición de folletos e catálogos en galego practicamente desde a súa fundación. As proxeccións do Padre Feijoo teñen pasado por multitude de salas durante estes anos, desde cinemas comerciais até salóns de actos públicos ou privados; coa inauguración a principios dos oitenta da Casa da Cultura, o seu salón de actos foi acondicionado mediante a instalación de dous vellos proxectores de 35mm, que seguiron en funcionamento até 2004, ano até o cal foi sede para as súas sesións —coa excepción do uso, a fins dos noventa e de forma intermitente, do Teatro Principal—. Desde 2004 veñen utilizando as salas comerciais, como o Cine Dúplex, agora xa pechado, e os multicines Cinebox.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
Un dos logros do Padre Feijoo foi a consecución da creación da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», con sede na cidade das Burgas. O Cineclube Padre Feijoo é un dos cineclubes en activo máis antigos de Galicia. No mes de outubro de 2013 volven a facer as súas proxeccións na Biblioteca Pública. Mantén unha programación regular dun filme semanal. Dende fai uns anos mantén unha colaboración co CGAI o que permite que se poida ver a programación da citada entidade en Ourense.
Programación ano 2019
1.-Ciclos de Cinema - Ciclo Europa 1
16-01-2019- Cold war 23-01-2019- Dogman 30-01-2019- Climax
- Ciclo Europa 2
06-02-2019- El capitán 13-02-2019- Mandy 20-02-2019- Girl 27-02-2019- The guilty
- Ciclo Converxencias
13-03-2019- Un asunto de familia 20-03-2019- Border 27-03-2019- Gutland
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
35
03-04-2019- Columbus 10-04-2019- Burning
- Ciclo Animación 08-05-2019- Un día más con vida 15-05-2019- Funan 22-05-2019- Crulic 29-05-2019- Mutafukaz 06-06-2019- Teheran taboo 12-06-2019- Akira 19-06-2019- Dumbo
- Ciclo Sesións de outono 16-10-2019- El peral salvaje 23-10-2019- Los hermanos Sisters 30-10-2019- Pájaros de verano 06-11-2019- Sauvage
36
- Ciclo Oriente/Occidente 13-11-2019- Hasta siempre hijo mio 20-11-2019- Los días que vendrán 27-11-2019- La ceniza es el blanco más puro 04-12-2019- Sorry we missed you 11-12-2019- Largo viaje hacia la noche 18-12-2019- La caída del imperio americano
2.- Semana de Cinema: Primavera musical 22-04-2019- Mar de terra 23-04-2019- Matangi/Maya/MIA 24-04-2019- Leto 25-04-2019- When you’re strange 25-04-2019- Namrud 26-04-2019- Quiero tener una ferretería en Andalucia
3.- V Ciclo Colexio de médicos 12-02-2019- Juno 26-02-2019- Un método peligroso 09-04-2019- Efectos secundarios 30-04-2019- El hombre elefante 28-05-2019- La doctora de Brest 04-06-2019- Días de vino y rosas Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
4.- Sesións especiais 23-02-2019- Trinta lumes 07-03-2019- Ouaga girls 14-03-2019- En América 21-03-2019- Bobby Jene 21-05-2019- Nocturno: Pantasmas de mar en porto 23-05-2019- Time trial 06-06-2019- Los reyes
5.- Marxes fílmicas. Unha viaxe por Tunisia. Proxeccións no Museo Etnolóxico de Ribadavia. 08-07-2019- La challat de Tunis 10-07-2019- Hedi 15-07-2019- Vent du nord 17-07-2019- La belle et la meute
6.- Cinema na praza
05-08-2019- After hours 12-08-2019- The kings of summer 19-08-2019- La vida de Brian 26-08-2019- Barbara
37
7.- Luns de filmoteca. En colaboración co CGAI
14-01-2019- Trote 21-01-2019- Las distancias 28-01-2019- Quien te cantará 04-02-2019- Zaniki 11-02-2019- Oreina 18-02-2019- Apuntes para una película de atracos 25-02-2019- Matar a dios 11-03-2019- Carmen y Lola 25-03-2019- El hombre de Londres 01-04-2019- El silencio de otros 08-04-2019- La calle de la vergüenza 29-04-2019- Cuentos de la luna pálida 06-05-2019- Pharos of chaos 13-05-2019- Dhogs 20-05-2019- Faces 27-05-2019- El asesinato de un corredor de apuestas chino
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
03-06-2019- La estrella errante 10-06-2019- An elephant sitting still 14-10-2019- East o feden 21-10-2019- Idénticas 28-10-2019- Los Angeles plays itself
38
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
CINECLUBE OS PAPEIROS Cineclube Os Papeiros nace en novembro de 1.990 co fin de divulgar o coidado da natureza a través do audiovisual, tendo programación ao longo destes case 30 anos con distintas propostas: - Semana de Cinema de Chantada, xa se pasa do cuarto de século. Dende a praza do cantón de Chantada con proxeccións, obradoiros, exposicións, concertos, creación audiovisual incluíndo a 20Semana Curta (Festival da curtametraxe). - Cinema Palleiriso. Proxecto de sala de cinema no contorno rural que naceu en 2.015 dentro dun vello pallar equipándose un cinema con pantalla enmarcada en madeira de bidueiro e con cadeiras de vellos cinemas e cedidas polo cineclube Padre Feijoo. 1.- Proxeccións cinema Palleiriso. Curtametraxes “A Casa Enchantada” 2019: “O mar de amar”, “Brancas donas da invernía”, “Pitas”, “Vacas”, “O barco da illa”, “Ons, ollos de mar”, “A nana das árbores”, “A meiga das penas”, “Lor, alma de río”, “1.912”, “Restos de un soño”, “A barca”, “Minueto”, “Baixo sobre o Miño”, “Marcos, o neno lobo”. Datas:
05-01-2019- Cinema de Nadal. Curtametraxes “A Casa Enchantada”. 13-02-2019- Proxección no centro penitenciario de Bonxe. Curtametraxes “A casa Enchantada”. 13-03-2019- Proxección de cinema para o proxecto de integración social dos reclusos do Centro Penitenciario de Bonxe. Curtametraxes A Casa Enchantada. 27-04-2019- Proxección de cinema para a Anpa de Bretoña. Curtametraxes “A Casa Enchantada”. 02-05-2019- Proxección alumnas do Ceip Xoán de Requeixo (Primeiro de primaria). Curtametraxes “A Casa Enchantada”. 07-05-2019- Proxección alumnas do Ceip Xoán de Requeixo (Segundo de primaria) Curtametraxes “A Casa Enchantada”.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
39
40
12-05-2019- Proxección de cinema para a Anpa dos Rosais. Curtametraxes “A Casa Enchantada”. 14-05-2019- Presentación de cinema para a mocidade do Sindicato Labrego. 21-05-2019- Proxección de cinema para o Ceip Amadeo Barroso. Curtas “A Casa Enchantada”. 22-05-2019- Proxección de cinema para o Ceip As Gandaras de Lugo. Curtas “A Casa Enchantada”. 27-05-2019- Proxección de cinema para o Centro de Educación Especial de persoas con diversidade funcional Infanta Elena de Lugo. 28-05-2019- Proxección de cinema para o Colexio Rural Agrupado Amencer de Ribadavia. Curtametraxes “ A casa Enchantada”. 30-05-2019- Proxección de cinema para o Ceip Colexio Novo de Monforte Curtametraxes “A Casa Enchantada”. 02-06-2019- Proxección de cinema para a Anpa do Ceip Quiroga Ballesteros de Lugo. Curtametraxes “A Casa Enchantada”. 03-06-2019- Proxección de cinema para o Ceip Concepción Arenal de Lugo. Curtametraxes “A Casa Enchantada”. 10-06-2019- Proxección de cinema para o Colexio Atocha de Arzúa dentro do programa de Escola e cinema. Curtametraxes “A Casa Enchantada”. 14-06-2019- Proxección de cinema para o Centro Ambar de persoas con diversidade funcional de Riveira. Curtametraxes “A Casa Enchantada”. 18-06-2019- Proxección de cinema para o Colexio Maria Auxiliadora “Salesianas” de Lugo. Curtametraxes “A Casa Enchantada”.
2.- Actividades paralelas
07-08-2019- Teatro e cinema a cargo de “Pereira de lobos” de Vilagarcía de Arousa. 02-06-2019- Sacra Festival 2.019 no Cinema Palleiriso. Presentación e coloquio da película cubana “Fuera de Escena” coa directora Alejandra Aguirre. 08-06-2019- Encontro de Cinema e Coral. Coas corais “Son Ribeirao” “Voces brancas” e “Lestonnac” de Cangas con proxección de “O mar de amar”. 28-07-2019- “Contos con Cine” con Raquel Queizas “Queliña” e a súas “Raposadas”. 12-08-2019- “Cántame un cine” versión de bandas sonoras a cargo de André Espiñeira Inzo.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
3.- CINECLETA. Construción dunha bicicleta de tres rodas, un ciclocarro de Dinamarca, con proxector e son. 01-06-2019- Presentación de “Contame un cine” coa Cinecleta no Teatro Principal de Santiago (4 sesións) nas Festas da Ascensión. 01-08-2019- Animación “Cóntame un cine” e a Cinecleta na Semana de Cinema de Vilagarcía en colaboración co Cineclube Ádega. 29-08-2019- Animación “Cóntame un cine” para a Asociación de Veciños Fontiña Bieita de Borela. 11-08-2019- Proxecto Muiñando Cinemas: “Tempo” coa Cinecleta no Muiño da Alameda.
4.- XXVI edición «Semana de Cinema» - Proxeccións: 12-08-2019- Christopher Robin 13-08-2019- Isla de perros 14-08-2019- Bohemian Rapsody 15-08-2019- La favorita
41
- Cinema “Horreoroso” proxeccións de terror dentro dun horreo dos filmes “Nosferatu” e “Frankestein”. - XX Festival da Curtametraxe. Curtametraxes do proxecto “VISIÓNS” dirixidas por mulleres sobre igualdade de xénero dentro das iniciativas da Deputación de Pontevedra: 20 anos de Bravío Norte coa presentación da directora Nazareth Feijoo O folión documentario sobre o Folión de Carros de Chantada - Obradoiro “Cinema en femenino” a cargo de Belén Veleiro coa asociación feminista Polamiuda.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
5.- II edición «Cinema para coidar a terra» Dándolle continuidade ao proxecto da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» encetado no ano 2.018 de compromiso do cine co coidado da natureza, Cineclube Os Papeiros coordinou en colaboración coa Federación de Cineclubes a organización dun novo encontro cinematográfico de “Cine para coidar a terra” o sábado día 7 de setembro, no espazo “Cinema Palleiriso”.
42
- Inauguración coa proxección do traballo elaborado na edición do 2018 “Marcos” de Manuel Valcarcel con membros dos cineclubes de Galicia. Eco-almorzo. - Presentación e mesa redonda “O audiovisual para coidar a terra na rede” con Mercedes Vazquez e Lorena da “Canle Ribeira Sacra”. - Proxección de traballos audiovisuais da Canle: “Cine na palleira”, “O home de madeira”, “O Ferreiro”, “Resineiros”. - Proxección en Super8 do documental escolar de animación dos anos 70 de Félix Rodriguez de la Fuente “El Lobo”. - Presentación de carteis dos cines de Chantada a cargo de Paco Cabezas (neto dos propietarios do Cine Yeca). - Obradoiro de Stop Motion con material da natureza a cargo de Belén Veleiro. - Obradoiro de xogo libre coas lianas da casa de “Tarzana”. - Xantar coa animación ciclomusical “A musicleta dos instrumentos máxicos” con Señor Lili e Pulpiño Viascón bandas sonoras co serrucho musical. - Presentación das plataformas de loita en defensa da terra. - Proxección da película “Estruturas, pel con pel” coa presenza dos directores Xosé Bocixa e Paco Gallego. - Roteiro audiovisual de filmación compartida ate o Carballo Grande de Pousada. - Proxeccións das curtametraxes “Miñoca”, “La pescadora”, “Restos de un soño”. - Avaliación e clausura a cargo do presidente da Federación de Cineclubes de Galicia.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
CINECLUBE PENSAMENTO E SEMENTEIRA
O cineclube Pensamento e Sementeira (PeS) agroma no colectivo do mesmo nome en Viveiro no ano 2013 e un ano despois incorpórase á «Feciga» O inzo do Colectivo xurdira da Agrupación Cultural Sementeira (1972—2003) e doutras asociacións culturais da mariña occidental, conservando algúns/algunhas das persoas vencelladas na actual comisión reitora. O nome do colectivo quere render honra ao xornalista viveirense máis destacado e uns dos fundadores das «Irmandades da Fala» Antón Vilar Ponte, co nome que leva unha das escolmas cos seus traballos xornalísticos. A defensa do noso patrimonio cultural no sentido máis amplo do termo, tanto o material como o inmaterial, a defensa do patrimonio natural, da nosa lingua asemade da súa promoción e, a divulgación do coñecemento en xeral son os eixos nos que sustentan a súa programación. A primeira proxección foi o 29 de xaneiro de 2014, un traballo de Seném Outeiro «A Fazaña da Liberdade», filme biográfico do intelectual galeguista Alexandre Bóveda.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
43
CINECLUBE POLEIRO
O Cineclube Poleiro, que naceu dentro da Asociación Cultural Eliseo Alonso, foi creado en marzo de 1998, aínda que os seus estatutos non se constituirán ata setembro do mesmo ano e a súa inscrición no Rexistro de Cineclubes de Galicia non se fixera efectiva ata marzo do 1999 no número C-43. A partir deste momento integrouse na Federación de Cineclubes de Galicia. O Cineclube Poleiro empezou coa mesma finalidade xeral ca propia asociación: servir como xerme de promoción cultural dentro da nosa comarca, o Baixo Miño, e propoñer puntos de encontro cultural dentro da nosa comunidade. Durante sete anos, ata o ano 2005, as súas actividades leváronse a cabo no Cine Avenida da Guarda. 44
Coa súa actividade quixeron achegar ó cine de calidade a unha comarca que durante as últimas décadas foi comprobando como os cines foron desaparecendo dos seus concellos. A selección de películas que fixeron constituíu unha boa forma de dar a coñecer unha representación do cine máis actual, lonxe moitas veces dos circuítos comerciais. O Cineclube Poleiro tivo que rematar a súa actividade cando o Cine Avenida pechou. Nestes intres, con peche tamén dos cines de Tui, non queda cine algún no Baixo Miño. O cine, entendido como unha actividade artística importante dos nosos días queda, deste xeito, unha vez máis alleo a unha comunidade só porque non constitúe un marco urbano grande ou está lonxe deste. Dende o fin da actividade, no ano 2005, ata agora procuran buscar un lugar onde poder reiniciar unha nova programación. Isto foi imposible. Aínda que apareceron novos espazos públicos estes non estaban dotados cos medios necesarios para unha actividade cinematográfica adecuada. Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
Coa dotación do Auditorio do Multiusos de Goián con medios de proxección audiovisual teñen de novo a oportunidade de reiniciar, en marzo de 2009, a actividade do Cineclube Poleiro. Neste comezo son gratamente sorprendidos por unha alta asistencia dos socios, entre 80 e 100 dependendo do filme. Manteñen unha programación regular dunha película o primeiro xoves de cada mes, de xaneiro a xuño e de outubro a decembro.
Programación ano 2019
1.- Programación ordinaria
10-01-2019- En cuerpo y alma 07-02-2019- Dhogs 07-03-2019- Cold war 04-04-2019- Amante por un día 09-05-2019- Western 13-06-2019- Frágil equilibrio 03-10-2019- El hilo invisible 07-11-2019- Sauvage 12-12-2019- El Cairo confidencial
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
45
www.cineclubes.gal
CINECLUBE PONTEVEDRA
O 24 de abril de 1954 presentouse no Goberno Civil de Pontevedra o Regulamento do Cineclube Pontevedra, regulamento que foi aprobado o día 2 de xullo do mesmo ano pola Dirección General de Política Interior do Ministerio de Gobernación. O 24 de abril de 1954 presentouse no Goberno Civil de Pontevedra o Regulamento do Cineclube Pontevedra, regulamento que foi aprobado o día 2 de xullo do mesmo ano pola Dirección General de Política Interior do Ministerio de Gobernación.
46
O día 13 de xuño de 1954 comezaron as actividades culturais, previa autorización gobernativa provisional, coa primeira sesión cinematográfica, que consistiu na proxección dos documentais France 4 saissons, Van Gogh, Versailles e ses fantômes e Balzac, que foron cedidos pola Embaixada de Francia. O domicilio social estableceuse, daquela, nas oficinas da Delegación Provincial de Información e Turismo de Pontevedra, cedidas polo Delegado Provincial, Sr. Álvarez Villar. A autorización definitiva data do 18 de agosto de 1954, e o Cineclube Pontevedra é inscrito no Rexistro de Asociacións do Goberno Civil co n.º 20. Entre as múltiples actividades desenvolvidas de forma regular están o Ciclo Cine de Actualidade, o Ciclo Historia do Cine, o Ciclo de Cinema dedicado á Muller, as Noites Abertas, o Ciclo de Cinema Galego, Cine na Rúa e, ultimamente, a Semana de Cinema Infantil.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
Despois de ter mantida a súa actividade de forma regular durante máis de 50 años, nestes últimos tempos as dificultades polas que está atravesando fan que a súa programación non manteña a regularidade doutras épocas. No ano 2015 chegan cambios ao cineclube: unha nova directiva, que ven cargada de ilusións, e unha nova sede na rúa Luís Braille-40, no Centro Sur que pertence ao Concello de Pontevedra; aí dispoñen dun despacho, no que se volverá a montar a biblioteca do cineclube, e de zonas comúns como pode ser a sala de reunións e salón de actos. Comparten as instalacións con outras asociacións coas que se pretende que haxa colaboracións.
Programación ano 2019
1.- Ciclos de Cinema - Xaneiro. Ciclo Theodor Dreyer. 283 espectadores 08-01-2019-La pasión de Juana de Arco 15-01-2019- Vampyr 22-01-2019-Dies irae 29-01-2019-Ordet
- Febreiro. 407 espectadores 05-02-2019- El fantasma de Ismael 12-02-2019- En cuerpo y alma 19-02-2019- The florida project 26-02-2019- Burning
- Marzo. 290 espectadores 12-03-2019- El libro de imagines 19-03-2019- High life 26-03-2019- Transit
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
47
- Abril. 128 espectadores 02-04-2019- 48 09-04-2019- Correspondencias
- Maio 21-05-2019- La ruleta china 29-05-2019- Un año con trece lunas
- Xuño 04-06-2019- Mon oncle 18-06-2019- Playtime
- Setembro. Ciclo Ramón Lluis Bande 03-09-2019- El nombre de los árboles 16-09-2019- Wscoreu, 24 d’avientu de 1937 24-09-2019- Cantares de una revolución 48
- Outubro 01-10-2019- Viaggio in Italia 08-10-2019- Copia certificada 15-10-2019- Sólo el cielo lo sabe
- Novembro. Ciclo Kurosawa 05-11-2019- Vivir 12-11-2019- Trono de sangre 26-11-2019- El infierno del odio
- Decembro 03-12-2019- Amazing Grace
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
2.- Sesións de Filmoteca. En colaboración co CGAI 393 espectadores entre marzo e xuño. 13-03-2019- Cuentos de la luna pálida 27-03-2019- Los amantes crucificados 03-04-2019- El intendente Sansho 10-04-2019- La calle de la vergüenza 15-05-2019- Trinta lumes 22-05-2019- Tódalas mulleres que coñezo 27-05-2019- Dhogs 12-06-2019- Pharos of chaos 26-06-2019- An elephant sitting still
3.- Colaboración co salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra 24-03-2019- El niño y el mundo 31-03-2019- Animaladas de cine 03-04-2019- Mulleres da raia 07-04-2019- O Grúfalo
49
4.- Obradoiros Obradoiro “Cinema expandido en súper 8” e “Telenoite” no programa de Noites Abertas da Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra (16 horas cada un). Obradoiro de Cinema para nen@s no Centro Cultural Xinzo de Ponteareas o día 20 de abril, con proxección do filme realizado.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
CINECLUBE VALLE-INCLÁN
O Clube Cultural Valle-Inclán de Lugo nace o 13 de febreiro de 1966. Celebrábase aquel ano o centenario do nacemento de D. Ramón María del Valle-Inclán e os fundadores deciden poñerlle ao novo clube o nome do insigne escritor galego. Terá como primeiro presidente a D. Julio Ulloa Vence.
50
O Valle-Inclán, como é coñecido popularmente en Lugo, nace primordialmente como cineclube (cousa ben axeitada, pois o mesmo literato Valle Inclán subliñou a importancia da nova Arte Cinematográfica como compendio doutras, as plásticas, as sonoras e as literarias), seguindo a tendencia de representativas asociacións culturais da época, unha das poucas maneiras de agochar dialécticas heterodoxas que a censura ollaba entón con gran xenreira. Así, xa o 4 de marzo do mesmo ano proxéctase nunha sala alugada a primeira das cintas, Os paraugas de Cherburgo, de J. Demy. Virá despois, durante anos, a mellor selección da sétima arte, nas pantallas do Cine España, Cine Kursal, Gran Teatro e Cine Victoria, hoxe desaparecidos. Aínda que o cinema e o teatro son os puntos de referencia para a súa actividade, de inmediato a programación verase encamiñada á difusión e creación cultural, especialmente na recuperación, potenciación e defensa da cultura e a lingua galegas. Despois dun tempo de silencio, o «Clube Cultural ValleInclán», inicia unha nova xeira no ano 1994. Reivindicacións e manifestos —Por unha cidade viva; defensa do Gran Teatro e Cuartel de San Fernando—. Proposta para Cronista Oficial da Cidade.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
E de destacar o traballo a prol do recoñecemento pola Unesco da Muralla de Lugo como Ben Patrimonio da Humanidade. Máis cine. Novos ciclos. Cuestións de sempre. Agora os escenarios serán o Auditorio Gustavo Freire, Fundación Caixa Galicia, Escola Universitaria de Formación do Profesorado, Galería Sargadelos e Biblioteca Pública. Ao longo do tempo o «Clube Cultural Valle-Inclán» ten programado actividades sobre historia, lingua e literatura, economía, desenvolvemento, educación, ecoloxía, saúde, tradición, vangarda, socioloxía, patrimonio cultural, arte, actualidade, presentación de libros, cursiños, música, poesía, Día das letras galegas, exposicións, viaxes culturais con rutas polas catro provincias galegas, limítrofes, Portugal e París... Nomes para á presidencia: D. Julio Ulloa Vence, D. José Manuel Otero Novás, D. Benxamín Casal Vila, D. Ovidio Vázquez Rodríguez, D. Carlos Varela Veiga, D. Camilo Gómez Torres, D. Francisco Arrizado Yañez, Dª Carmen Vázquez Vázquez, D. Xerardo Pardo de Vera e Dª Mª Antonina Gay Parga. O capítulo de cinema comprendeu —e comprende, pese á liberdade con que hoxe operan as empresas comerciais— a proxección de películas tanto de xeito illado como con periodicidade fixa, e atendendo, sempre que isto é posible, aos ciclos temáticos ou de autor, de maneira tal que en numerosas ocasións se tratou de harmonizar e xunguir os temas desenvolvidos —historia, literatura— en conferencias cos seus correspondentes no cine.
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
51
Programación ano 2019 1.- Ciclos de Cinema - Ciclo Novocine. En colaboración coa Embaixada de Brasil e a Fundación Cultural Hispano-Brasileña. 22-01-2019- O filme da miña vida 31-01-2019- Bingo, o rei das manhãs 07-02-2019- Alguma Coisa Assim 14-02-2019- Antes que eu me esqueça
- Ciclo Marzo de Muller 07-03-2019- La cazadora del águila 14-03-2019- Fátima 21-03-2019- En la sombra 04-04-2019- 1945 52
- Ciclo de Cinema Español 06-05-2019- Carmen y Lola 20-05-2019- Petra
- Ciclo de Outono 28-10-2019- Demain 04-11-2019- Varda por Agnes
2.- Semana de Cinema. Restrospectiva Costa Gavras: Cinema Político 20-02-2019- Z 21-02-2019- La confesión 25-02-2019- Sección especial 26-02-2019- La caja de música
3.- Sesións especiais
12-04-2019- Camino a la escuela 27-05-2019- Dreaming Nicaragua
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
4.- Sesións de Filmoteca. En colaboración co CGAI 13-03-2019- El intendente Sansho 20-03-2019- Cuentos de la luna pálida 27-03-2019- Los amantes crucificados 03-04-2019- El reverendo 10-04-2019- La leyenda del tiempo 24-04-2019- Maruxa e 13 estampas da traizon 08-05-2019- Almoina: o héroe infame 15-05-2019- Pelerinaxes 22-05-2019- Pharos of chaos 29-05-2019- Sombras 04-06-2019- Faces 11-06-2019- Opening night 02-10-2019- Hamada 09-10-2019- Doentes 16-10-2019- Largo viaje hacia la noche 30-10-2019- Hitchcock-Truffaut
53
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
CINECLUBE VAL MIÑOR «ALICE GUY»
O Cineclube Val Miñor «Alice Guy» de Nigrán comeza a súa andadura a finais de 2018. No ano 2019 entra a formar parte da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga». Fan unha proxección mensual que, normalmente, vai acompañada dunha presentación e coloquio.
Programación ano 2019 1.- Programación ordinaria
54
20-12-2018- Senderos de Gloria 24-01-2019- Taxi driver 21-02-2019- Riso amargo 21-03-2019- La ciénaga 25-04-2019- Les diaboliques 30-05-2019- Los olvidados 28-06-2019- 18 comidas 26-09-2019- Agenda oculta 24-10-2019- La caza 28-11-2019- Una jordada particular 19-12-2019- En un mundo mejor
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
FECIGA (cc) Creative Commons 3.0 España – BY-NC-SA Recoñecemento – Non Comercial – Compartir igual
55
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal
Memoria 2019 · Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»
www.cineclubes.gal