FEDENOVA Boletín informativo da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia NOVEMBRO DE 2021
Nesta publicación . Limiar: Persoas buscadoras de pezas perdidas . O IEF comeza a bo ritmo | Ateibo . Xincana para inaugurar a Ronda Don Bosco | Abertal . Inauguracións no 35 aniversario | Amencer . Novos aires e novos retos no albergue de Allariz . Relevos no centro xuvenil | Abeiro . Acompañamento educativo no ocio dixital | Don Bosco . Celebramos activamente o Día dos Dereitos da Infacia
FEDENOVA - Novembro 2021
© Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia
Ano de edición: 2021 Coordinación: Xulio César Iglesias Redacción: Manu Barreiro, Beatriz Dosío, Xesús Vilas, Paula Filgueira, Xulio Vilar Revisión e maquetación: Adrián Rodríguez
FEDENOVA - 1
Persoas buscadoras de pezas perdidas EQUIPO REDACCIÓN - OURENSE Iniciamos un subliñado poético e metafórico de animadores e animadoras que non poden faltar nos nosos centros xuvenís de tempo libre don Bosco. Texto totalmente inspirado en O libro dos outros oficios, de Rafa Villar, XVI Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez.
Un xogo que nunca falta nas nosas salas abertas ou mozas é o quebracabezas. Na maioría dos que temos, como podedes supoñer, falta algunha peza. Precisamos de persoas animadoras que teñan como tarefa a procura de pezas perdidas. É unha misión que implica paciencia e tranquilidade. Temos que esperar até completar o quebracabezas para descubrir a peza que falta; e uns son capaces de completalo nun intre, outros tardan horas e hai xente que tarda meses ou anos. Non podemos deixarnos vencer polo nerviosismo nin forzar. A auténtica persoa buscadora ten que esperar, acompañar, animar a que a rapazada (e non tan rapazada) trate de completar o seu quebracabezas por si mesma, ou coa axuda de amigas e amigos de corazón. Cando esa persoa descobre que falta unha peza é cando aparece a nosa “persoa buscadora”. Nin antes (adiantándose, quitándolle protago-nismo, sen deixala descubrir o seu potencial e enerxía ao dar co paternalismo ou maternalismo da persoa animadora coa
que se atope) nin despois (cando xa está de todo afundida, queimada, depresiva, desanimada). Aparecerá no momento xusto, ese que se descobre estando a carón deles, empatizando. É aí cando xorde a misión da persoa buscadora de pezas. Non hai que ter medo a manchar as mans na procura de pezas. Non é tempo perdido. Son co “momentos-reto”, "Colaboramos “momentos-aventura”, momentos nos que iremos descubrindo movemento social como é ese auténtico e completo lucense que quebracabezas que moitas veces por un eses estar incompleto procura non nos xerar descobre matices, esas pezas ocultas ou perdidas, sentimento de algunhas delas sorprendentes, ese xeito amor e respecto “integral persoal” de vivir a vida. patrimonio, Que gozada polo supón contemplara un quebracabezas feito por unha natureza e ospersoa quen, coa axuda espazos doutras, públicos" se completa e nos fascina o resto coa súa mensaxe visual! Ese é o gran premio das persoas buscadoras de pezas perdidas de quebracabezas.
FEDENOVA - 2
O IEF comeza a bo ritmo ATEIBO - LUGO O 15 de outubro comezabamos as actividades do IEF no noso Centro Xuvenil e de que maneira! Pola tarde os Saltimbanquis, Andaina e ADS uníronse para xogar un Catán xigante moi divertido. Non vexades o que nos costou conseguir construir por estos lares! Pola noite a incrible Festa Hortera dos grupos de Iniciación e Catecumenado. O vestiario era a cal máis divertido e rematamos a noite con moito ritmo. E comezando así trataremos de manternos no máis alto de ledicia e encontro todo o curso. Unha aperta dende Lugo!
Estreamos nova camiseta
FEDENOVA - 3
Xincana para inaugurar a Ronda Don Bosco ABERTAL - VIGO
Moi significativa foi a nosa presenza na “festa veciñal” de inauguración para o barrio da Ronda don Bosco, que celebramos o sábado 16 de outubro sobre todo con “Alternativa Vaivén”. Foi unha gozada a nosa xincana de probas lúdicas e onde había que averiguar datos da historia do barrio e das asociación de colectivos que o formamos.
Ocio inclusivo De entre todas as actividades, un momento moi esperado para todas, pero sobor de todo para as familias, rapaces e rapazas do Club de Ocio foi o sábado 23 de outubro onde puidemos retomar o proxecto de “ocio inclusivo” onde atendemos o tempo libre de persoas con discapacidade.
Festa tradicional E agora andamos xa metidos no mes de novembro preparando o magosto rock, o torneo da operación quilo, a participación no donbosco.com-tigo e no campobosco e outras iniciativas que isto sexa un “non parar” ben xeitoso e educativo.
FEDENOVA -4
Inauguracións do curso no que facemos 35 anos AMENCER- OURENSE Cando iniciamos un novo curso gústanos convidar a nosa xente para compartir ese momento tan importante para nós. Por iso facemos catro inauguracións para públicos distintos: A inauguración con entidades e administracións públicas un venres pola mañá na que presentamos a nosa memoria anual, a revista, a presentación audiovisual e moitas palabras diante da exposición de fotos da campaña de verán. A segunda inauguración é a máis festiva e ruidosa: é a xuvenil, un venres pola noite para a rapazada de Catecumenado e amizades onde reinan a música, o baile, os xogos de mesa, oración, compromisos e sobre todo encontro e alegría. A terceira é para o equipo animador de Amencer: un xantar ao aire libre o sábado a mediodía. Xantar tranquilo, con abundante charla e sorrisos, con boa sobremesa caseira made in Pablo, café e relax... Algo que sempre buscamos as animadoras e animadores en Amencer. E a cuarta e última inauguración é co IEF infantil e as súas familias con quen celebramos unha reunión de benvida, presentación das actividades e motivación para participar; en paralelo, xogos de acollida para Saltimbanquis, Andaina e ADS. Despois, participamos todos xuntos no “xesto do paso”, xogos populares galegos para a rapazada e persoas adultas e rematamos cunha potente merendola para todos e todas. Así comezamos este curso tan incerto pero cheo de esperanza en Amencer.
FEDENOVA - 5
Novos aires e novos retos no albergue FEDERACIÓN- ALLARIZ Por fin, despois de tanto tempo pechado pola pandemia, o Albergue de Allariz, abriu as suas portas no mes de xuño para acoller durante todo o verán a grupos de varios lugares de Galicia e doutras partes de España. Pasaron por aquí, tanto grupos das nosas entidades como grupos de outras e aloxáronse nos últimos meses máis de 300 persoas, incluin-do peregrinos de todas partes do mundo que están facendo a Vía da Prata, ou o Camiño Portugués.
Un marco a disposición dos nosos centros xuvenís
Un dos últimos grupos que nos visitou foi o Centro Xuvenil Don Bosco de Santiago que estivo aquí para celebrar a súa asamblea anual e encontro de animadores coincidindo coa fin de semana de Samaín.
FEDENOVA - 6
Relevos no Centro Xuvenil Abeiro ABEIRO - A CORUÑA Os días 1 e 2 de outubro, os integrantes de Abeiro celebramos en Santiago a nosa asemblea de inicio de curso, na que ademáis de acordar os obxectivos e de elixir nova xunta directiva, tivemos as presentacións do novo director (Chema Blanco) e do novo coordinador (Manu Barreiro).
NOVA COMPOSICIÓN DA XUNTA DIRECTIVA Presidente: Alberto García Vicepresidenta: Lucía Peteiro Secretaria: Soraya González Tesoureiría: Samu Castiñeiras Vogais: Rodrigo López, Chema Blanco e Manu Barreiro
Paso no IEF e Samaín na apertura da sala aberta
O 16 de outubro comezamos o programa do IEF neste curso coa Actividade de Paso e o 29 reabrimos a Sala Aberta coa Festa de Samaín organizada polo grupo de INI - II.
FEDENOVA - 7
EN BREVE . Cen participantes de Amencer nos campamentos do IEF 2021 . Don Bosco celebrou a súa asamblea de programación anual en Allariz o 30 e 31 de outubro.
Acompañamento educativo tamén no ocio dixital DON BOSCO- SANTIAGO O noso proxecto de ocio dixital educativo é froito dunha colaboración entre Centro Xuvenil Don Bosco e o equipo de esports Kings Dragon e ten como obxectivo procurar que o tempo libre protagonizado polas pantallas, consolas, videoxogos, dispositivos móbiles ou redes sociais sexa tamén educativo e rico en proposta valores. É unha liña de traballo iniciada nos momentos previos á pandemia e que cobrou aínda máis sentido cos cambios provocados pola crise sanitaria. Unha proposta nova na que se busca utilizar o videoxogo, o gran protagonista do tempo libre dixital, como elemento educativo e de transmisión de valores: para aprender a xestionar as emocións, para traballar a perspectiva de xénero, para comprobar a importancia do traballo en equipo e da capacidade superación persoal, para poñer en valor os videoxogos como desfrute e non tanto como competición... Introducir o concepto do acompañamento tamén no ocio dixital, ese é o noso reto.
. O grupo scout Khanhiwara tivo a súa acampada de inicio de xeira 2021-22 en A Coruña.
. O centro xuvenil reforza o seu compromiso co voluntariado internacional coa incorporación de dúas mozas do Servizo Universal Italiano.
FEDENOVA - 8
CampoBosco e DonBosco.contigo FEDERACIÓN - OURENSE A fin de semana do 26-28 de novembro teremos un encontro para os mozos participantes nos grupos xuvenís de Iniciación e Catecumenado. Trátase do CampoBosco e DonBosco.contigo e, como ven sendo habitual, será no centro xuvenil Don Bosco de León. Participaremos mozas e mozos de Asturias, Castela e León, e Galicia. Encontro ilusionante, xa que se trata do primeiro gran encontro proposto para estas idades dende que comezamos coa crise sanitaria.
Para o encontro DonBosco .contigo (15-16 anos) ten como un dos seus obxectivos que os adolescentes reflexionen e compartan sobre a súa vida, e que esta sexa comprometida. No encontro do CampoBosco (1718 anos) pretende que cada participante interprete a súa propia vida en referencia ás opcións de Xesús, sempre dende a sinxeleza e alegría. O prazo de inscrición remata o 21 de novembro, ao través do teu centro xuvenil.
FEDENOVA - 9
Foro de participación infantil e xuvenil CONFEDERACIÓN- MADRID Durante a fin de semana do 20 e 21 de novembro terá en Mohernando o VII Foro de Participación infantil e xuvenil, ademais dunha formación para animadores sobre o tema. O encontro é a nivel estatal, organizado dende a Confederación de Centro Xuvenís Don Bosco, e dende a ederación galega participaremos 2 rapazas no Foro, e 4 animadores na Formación.
A POI de Galicia celebra o Día da Infancia
FEDERACIÓN- SANTIAGO A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, entidade da que somos membros e presidimos, celebrou distintos actos con motivo do Día dos Nenos e das Nenas (20 de novembro). Presentouse un informe que elaboramos sobre o cumprimento dos Dereitos da Infancia en Galicia, ante a Valedora do Pobo e tamén ao Parlamento de Galicia Tamén se constituiu o primeiro grupo de participación infantil e adolescente da plataforma, que será o encargado de dar voz á rapazada e adolescencia galegas ante as entidades e administracións públicas.
FEDENOVA - 10
Na nosa axenda - 26-28 novembro: CampoBosco e DonBosco.contigo en León - 5 decembro: Día internacional do Voluntariado
Gústanos Enquisa para o estudo do voluntariado en Galicia. Podes cubrila premendo aqui
A Federación coa mocidade emprendedora
FEDERACIÓN - SANTIAGO Un grupo de animadores dos Centros Xuvenís foi o encargado de atender o noso stand no encontro de Xuventude creativa e emprendedora MO_CIDADE, que se celebrou o pasado 22-23 de outubro na Cidade da cultura.
www.fedboscogal.org