Trégola
nº 24. Maio 2014 Revista do IES Santa Irene
6 lorem ipsum
TRÉGOLA
nº problema, fecha
REDACCIÓN Antía Davila Pérez Marta Mendía Sertal Miguel González Vaz
EDITORIAL
Carlota Pérez Carpio Antía González Cartea
É unha enorme ledicia poder dar a benvida á nova andaina da Revista Trégola. A elaboración dunha revista escolar é unha tarefa colectiva na que teñen participado moitos alumnos e moitas alumnas do Instituto Santa Irene, sempre co entusiasmo propio da mocidade e aportando unha experiencia de grande valor formativo. Aínda contando coa colaboración doutro profesorado, é xusto recoñecer que sen a constancia e o empeño dun profesor como Sindo Fernández, os vinte anos ininterrompidos de Trégola probablemente non se acadasen. Non é de estrañar, polo tanto, que a súa xubilación xerara dúbidas sobre a continuidade da revista. Porén, a revista sae impresa con renovado contido, sumándose á celebración da festa das Letras Galegas como cada cada primavera. Trégola cambia de maneira substancial no fondo e na forma. A este formato impreso engádese agora o formato dixital, un blog que permite que ao longo do todo o curso se poidan publicar contidos, converténdose nunha actividade permanente. Como corresponde a unha ferramenta TIC, ofrece unha información ampla, interactiva e só limitada ao interese que poida espertar no lector. Interese que non ofrece dúbida, tal como se desprende das mais de 1.000 visitas que ten recibido no curto período de tempo que leva activa. E por último, moi importante destacalo, é unha ferramenta mantida polo propio alumnado e nótase nada máis entrar pola frescura do formato que agradece este Santa Irene cos seus 69 anos nas costas. En definitiva, segue a Revista Trégola, ademais renovada e convertida nunha ferramenta ao servizo da comunidade. Participade, lédea e gozádea. O director, José María Martínez Blanco
1
Irene Maldonado Martínez Rocío Castillo Pérez Víctor Fernández Benito Ana Paula Borges Diez Lara Iglesias Goberna Susana Pérez Gômes FOTOGRAFÍA Itsaso Fernández Riveiro PORTADA Antía González Cartea
COORDINADORES Bernardino Gándara Manuel Rosales
TRÉGOLA Trégola
[Fecha]
Aliquam Donec leo tortor, semper ut, pellentesque sed, ornare ullamcorper, leo. Duis sit amet ante.
Nulla sed mauris quis elit Donec imperdiet. Sed dapibus quis quam. Aenean sed risus.
Página 2
Curabitur Fusce vitae purus sed lectus egestas dignissim. Morbi in pede a justo posuere ornare.
Página 3
I Concurso Literario Gustavo Adolfo Bécquer
Consello de redacción
Página 5
I Concurso Literario Gustavo Adolfo Bécquer 20 novembro de 2013
"As bibliotecas son máxicas: as súas baldas agochan dende os soños máis doces ata os máis terribles pesadelos. E cada un deses soños, cada un deses pesadelos, cada palabra e cada páxina, forman as pezas dun xigantesco puzle que, reconstruído, amosa a nosa Historia" Esta cita de Olalla Aldazábal constitúe a presentación da páxina web da Biblioteca do noso instituto que, neste curso 2013-2014, encheuse de vida e de movemento. Esta remodelación, que foi posible grazas ao traballo da bibliotecaria e dos departamentos de Lingua Castelá e Galega e Relixión, vese reflectida na gran cantidade de actividades, eventos e concursos que se celebraron na biblioteca do centro, sempre decorada de xeito orixinal e acorde coa ocasión. Neste apartado da revista, ao equipo de redación gustaríanos agradecerlle ao profesorado o labor que levaron a cabo durante todo o ano e animalos a que o sigan facendo en anos vindeiros, mantendo a mesma ilusión que contaxiou ao alumnado do IES Santa Irene. Parabéns tamén para o alumnado gañador dos premios literarios deste ano (exceptuando o das Letras Galegas, que se mencionará noutro artigo da revista).
MODALIDADE I (1º e 2º bacharelato) -Primeiro Premio: "E entón... cumpriuse a xustiza" de Laura Domínguez Romo (1º bach. B) − Segundo premio: "Los platillos" de Brais Barreiro Prego (2º bach. B) MODALIDADE II (3º e 4º de ESO) Premio: "Ella" de Adrián Koukoulis (3º ESO B) − -Segundo Premio: "El sueño del asesino" de Irene Domínguez Fonseca (4º ESO A)
− Primeiro
MODALIDADE III (1º e 2º da ESO) -Primeiro Premio: "Ellos" de Yago Barcea Collazo (2º ESO B) -Segundo Premio: "El misterio de una santa" de Paula Pérez Campos (2º ESO A) I Concurso Literario Cyrano de Bergerac 7 de marzo de 2014 -Primeiro premio: Irene Maldonado -Segundo Premio: Adrián Koukoulis -Accésit: Brais Barreiro, Tamara González e Ana Fernández Na páxina web da Biblioteca atópanse os textos gañadores e as imaxes da entrega de premios. Recomendamos a visita!
2
lorem ipsum dolor
TRÉGOLA
problema, fecha
INMIGRACIÓN Antía Davila Pérez
Europa. Que é Europa agora? Para moitos europeos, é unha corda que sufoca a economía dos seus países; para outros , o soño de que se poden traspasar as fronteiras nacionais. E que é Europa para un inmigrante? Un mundo de oportunidades, onde as persoas traballan para unha vida mellor e pódena conseguir, onde a pobreza é lonxana, onde a xustiza e os dereitos son iguais para todos. Nada máis lonxe da realidade, por suposto. A Europa dos cumes é a Europa duns poucos, non a da maioría dos europeos, pero todos os anos millóns de persoas de África e Asia arriscan as súas vidas para bater na súa porta: España. Aquí eles fanse inmigrantes de segunda clase, inferiores aos doutros países ricos, pasan a ser persoas ilegais sen cometer ningún delito, simplemente porque non teñen documentos. O escepticismo europeo creou infinidade de prexuízos que rodean a figura destes inmigrantes: que veñen para quitarnos o traballo, que pola súa culpa baixaron os salarios, etc , cando esta situación é o resultado do estoupido da burbulla, e precisamente os que máis o pagan son inmigrantes, aos que ser de fóra cústalles parte do seu soldo. Pero o prexuízo principal é que son diferentes a nós. Estamos convencidos ata o punto de que ler nun xornal "Morren quince inmigrantes" aféctanos menos que ler “Morren quince persoas”; ata o punto de creer que o abuso e a violencia (incluso a policial)
contra eles non só está xustificada, senón que é lexítima. E así os poderes que controlan o mundo conseguen dividir o pobo, minando os nosos dereitos e privándonos da voz dos máis fortes, de aqueles que descubriron o que é ter máis que gañar que que perder. Agora, é todo culpa dos líderes mundiais? Constantemente chegan aquí persoas do continente africano que se atopan con que teñen máis dereitos no seu país de orixe e que esta terra non ten as oportunidades que prometían as películas. O inmigrante debe sensibilizar o seu pobo, para informarlles de que Europa non é como a imaxinaban. Non pode ser só vítima, abandonarse ao paternalismo co que o reciben aquí os que se senten culpables do pasado ao que o mundo capitalista os someteu: a escravitude, o colonialismo, as misións civilizadoras de cristiáns ... Non pode deixar que isto o arrastre nin consentir que a historia se repita , non pode permitir que os seus mozos deixan os seus países en risco de perder as súas vidas para chegar a unha Europa idealizada. E para isto dende logo non podemos contar coa axuda da cúpula do poder, debe ser unha actuación de base, unha actuación conxunta. Debemos entender que un inmigrante é toda persoa que se despraza dende o seu país de orixe ata outro no que espera atopar unha vida mellor.
O resto de interpretacions están suxeitas a unha cultura xenófoba da que debemos desfacernos, e de repartírmonos as responsabilidades será máis doado cambialo.
“os poderes que controlan o mundo conseguen dividir o pobo, minando os nosos dereitos e privándonos da voz dos máis fortes”
3
2
TRÉGOLA
Irene Maldonado Martínez, 1º B
Xosé María Díaz Castro foi un tradutor, poeta e escritor en lingua galega encadrado dentro da Xeración de 1936 (a carón de poetas coma Ricardo Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesia Alvariño). Naceu o 19 de febreiro de 1914 en Guitiriz, Lugo, no seo dunha familia labrega cun certo nivel económico. Vivía cos seus pais, unha tía celibata, e os seus catro irmáns.
PENÉLOPE
Xa dende pequeno sentiu un grande interese pola natureza: animais e plantas espertaban nel a curiosidade innata e facía o posible para coñecer todo sobre eles: dende buscar en libros e enciclopedias específicas ata ir onda os seus veciños para preguntarlles o que sabían sobre os especimes que atopaba.
Xosé María Díaz Castro é un escritor que, segundo explicou o presidente da RAG no anuncio da súa elección como poeta homenaxeado no Día das letras Galegas, «é un poeta evidente, non é hermético».
Con 9 anos xa facía versos e aos 15, ingresou no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo, onde estudou ata cumprir os 22. Alí seguiu escribindo e axiña gañou o alcume de “O poeta”, xa que gustaba de participar en veladas e festas literarias. Tamén no Seminario, xorde nel un grande interese polos idiomas: primeiro as linguas clásicas e despois o francés, inglés, alemán…
Na xustificación desta elección tamén indicou Alonso Montero que Díaz Castro é un poeta «telúrico, máis telúrico que paisaxista, aínda que algúns insistan máis nesta última definición».
Así, no ano 1968, acada o diploma de Tradutor de lingua inglesa na Escola de Idiomas Modernos da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Madrid e, posteriormente, tamén en lingua alemá.
LETRAS GALEGAS
2014
“Nimbos” Si é que o poema é só un nimbo de lus que os ollos cegos póñenlles ás cousas soñadas, ou amadas nas tebras, das cousas que xa foron e se foron pro siguen sendo e non se van xa máis. Das sombras que, xogando cos meus ollos, na miña vida en lume se enxeriron, Eu deixo equí os nimbos, coma cinza De rosas que onte encheron de perfume O mundo, morto xove, dalgún soño.
4
TRÉGOLA
T
(Continúa) En agosto de 1954, á idade de 40 anos, Xosé María casa con María Teresa Zubizarreta Bengoechea, coa que tivo tres fillos: José María, Maite e Íñigo. A pesar de estaren empadroados en Madrid, foi vontade da súa muller que nacesen en Villarreal de Urretxu.
“Penélope”
Sete anos máis tarde, a editorial Galaxia publica o único libro de Castro: Nimbos.
"Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove.
Foi moi ben recibido pola crítica e escritores da talla de Otero Pedrayo, Anxel Fole, Cunqueiro, Xosé María Álvarez Blázquez adicáronlle varios artigos.
Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envolveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva.
O 6 de outubro de 1990, Xosé María Díaz Castro morre na cidade de Lugo á idade de 76 anos. Considerado unha figura fundamental da literatura galega (pese a ter una obra tan breve), é bo merecedor de que se lle dedicase o Día das letras Galegas, 2014.
Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
O “O poema máis editado e traducido de Díaz Castro, “Penélope”; constitúe unha denuncia á pasividade e á somnolencia na que esta sumida o país fronte os abusos externos da época, ademais dun xeito de concienciar a poboación dunha forma máis doada de entender que as teorías sociopolíticas.”
5 2 “O
TRÉGOLA
! ENTROIDO NO SANTA IRENE Lara Iglesias Goberna 28 de Febreiro de 2014 no Instituto Santa Irene. Centos de mozos e mozas esperan ansiosos o inicio do Entroido para interpretar, aínda que sexa só por unhas poucas horas, un papel moi distinto ao que están acostumados.
na amizade De seguido, foron dúas rapazas de 2º A e 2º C de ESO as que tomaron o escenario con “Xoguetes”. Unh boneca de corda e un pelu che. A actuación estaba baseada na amizade e, de fondo, ía acompañada da canción da película de animación “Toy Story”, chamada “Hai un amigo en min”. A súa actuación, que nos traía vellas lembranzas, valeulles o premio a “Mellores recordos da infancia”. Tras rematar esa actuación fíxose unha paréntese. Tres alumnos escollidos ao chou foron levados ao escenario para decidir, a través de tres probas diferentes, cal deles era máis encantador para o xurado. A primeira delas era pór a mellor cara despois de ser tapados cunhas mantas que, probablemente, cheirasen moi mal. Os ttres conse o e puideron pasar á seguinte proba. Debían ir á sala de profesores e pedir varias cousas con educación, posto que un alumno encantador sempre é educado. Os tres cunha linguaxe moi coidada cumpriron o que debían facer, pero o xurado tiña que pensar cal deles o fixera peor para deixar soamente dous alumnos para o final. Mentres, foron retomadas as comparsas. “Sweet Dreams” estaba composta por catro rapazas de 3º C da ESO
As voces fanse cada vez máis altas ata que un profesor, ataviado como se estivese na Idade Media, colle o micrófono e inicia a festa. Todos nos preguntamos quen serán os primeiros, ata que comeza a actuación. Outros profesores con traxes medievais sitúanse na zona de baile e déixanse levar pola música típica dos castelos. Esta era a súa maneira de protestar, en certo modo, contra a reforma educativa. Aínda que a cousa non quedaría soamente aí. Nada máis acabar dita actuación, entrou a primeira comparsa: VMA 2013 de 2º A e 2º B da ESO. A música de Miley Cyrus inundou o corredor e unha rapaza ocupou o improvisado escenario imitando a cantante na gala de premios. Pero non estivo soa. Acompañouna Robin Thicke coa súa canción “Blurred Lines”. Foi unha moi realista actuación que acabaría gañando o premio a “Mellor Coreografía”. De seguido, foron dúas rapazas de 2º A e 2º C da ESO as que tomaron o escenario con “Xoguetes”. Unha boneca de corda e un peluche. A súa actuación estaba baseada na amizade De seguido, foron dúas rapazas de 2º A e 2º C de ESO as que tomaron o escenario con “Xoguetes”. Unh boneca de corda e un pelu che. A actuación estaba baseada
6
THE LOREM IPSUMS
TRÉGOLA
que bailaron unha mestura de diferentes cancións coma se todo fose un estupendo soño. Os seus innumerables cambios de vestiario valéronlles o premio de “Mellor Vestiario”.
PRIMAVERA 2016
Xa non había máis comparsas, pero quedaba aínda por decidir o alumno máis encantador dos tres xa presentados. O xurado tomou a decisión de non eliminar a ningún dos tres, polo que a final sería aínda máis difícil.
Retomando os medievais profesores, estes inventaron un pequeno romance para acompañar unha representación que propoñía que a educación fose completamente pública, dando mostras da loita existente no ámbito do ensino.
A última proba consistía en memorizar un poema o máis fielmente posible. Os dous primeiros fixérono ben, pero o último (o máis aclamado polo público) foi o que conseguiu recitar un número maior de versos; polo que foi proclamado o alumno máis encantador e coroado cun gran gorro.
E deixando atrás os alumnos da ESO, déuselles paso aos de Bacharelato. O grupo “Village Campo” de 1º B e 2º D ataviados de bombeiros, mariñeiros e obreiros bailaron, ao igual que as rapazas anteriores, un repertorio de cancións moi distintas cunha gran cantidade de accesorios (como unha gran bola simulando o tan criticado vídeo clip “Wrecking Ball” de Miley Cyrus) que lles deu unha chea de aplausos e os coroou como os gañadores por votación popular.
A festa rematou coa actuación, de novo, dos “Village Campo” tras ser os máis aclamados. A música saíu polos altofalantes para animar a todo aquel que estivese ou non estivese disfrazado a acompañar a comparsa. Foi un día para a lembranza.
Pero non foron os últimos, non. Aínda faltaban os “Guiris” de 2º B, C e D que tiñan moitas ganas de verán, festa, praia e boa música; sen esquecer a crema solar e as floridas camisetas. O seu xesto de darlles galletas ao xurado fixo que o premio acadado fose polo “Mellor Suborno” e, tamén, pola “Mellor Música”.
7 2
TRÉGOLA
VINTE E CATRO HORAS lorem llo ore rem ip iipsum pssu um do d dolor ollo or
problema, fecha
FALANDO GALEGO Propuxéronnos nas clases de Lingua Galega facer este exercicio, anotar as nosas impresións e posteriormente facer unha análise valorativa. Á miña familia pareceulle ben que falase galego, pero sorprendeulles o feito de que fose un exercicio de clase, pois non cren que a lingua galega vaia mal (aínda que agora cambiasen de parecer). Como dixo o meu pai: “se teñen que mandar exercicios de fala como se aprenderades inglés, a cousa non vai ben”.
viva en Barcelona) e, como non, as fins de semana na aldea. O máis difícil é falalo coas xentes descoñecidas da cidade, cos profesores que empregan castelán ou cos que a súa materia está en galego e eles falan o “castrapo”, pois, polo menos a min, dáme vergoña.
A min o traballo tamén me sorprendeu, pois nunca crin que nos farían este tipo de exercicios, e chamoume a atención recoller unhas impresións que non eran as que eu esperaba.
O galego é unha lingua para min doce, que ten a calor do fogar, recórdame a miña aldea, a casa da miña avoa, o meu defunto avó e relaciónoa cos bos momentos do que eu considero o meu fogar e aos meus seres queridos.
Na casa foi fácil falar en galego porque é a lingua empregada pola familia. Así que foi moi agradable. Cos amigos tamén foi fácil, pois ás veces falan galego e isto axudoume, aínda que teño que recoñecer que cando falaban castelán íame cara esta lingua sen querer. Unha amiga miña, galegofalante desde os catro anos, axudoume moito coa tarefa. Falar cos profesores só en galego non é doado. Cando se dirixen a ti en castelán, parece que che dá vergoña por medo a que non te entendan, así que se agradece cando usan o galego. Falar con xente que descoñeces é o máis difícil de todo, pois algunha xente quédaseche mirando cunha expresión de estrañeza e de sorpresa que te bota para atrás. En conclusión, para min o máis fácil foi usar galego coa familia, cos amigos, co meu tío (aínda que
Irene Domínguez Fonseca (4º A) O traballo comecei a facelo o venres ás 21.00 h. Resultoume doado falar en galego aínda que dixen algún castelanismo e houbo, unha media hora máis ou menos, que falei castelán sen querer. O que máis difícil me resultou foi cando falas galego con persoas que non o fan, entón trabúcaste algunha vez. Polo demais foi todo moi sinxelo. Gustoume moito este traballo porque aprendes máis palabras e colles soltura, que para min foi unha experiencia moi divertida. Pásase ben, non? Porque te ris moito cando, por exemplo, dis un castelanismo ou “inventas” palabras. Se fose por min falaría outro día galego, e gustaríame que o fixésemos todos, eu e os meus compañeiros, porque é moi divertido e gracioso.
8
Os meus pais e o meu irmán tamén o falaron, corrixiámonos uns aos outros pero, en xeral, tivemos poucos erros. Pablo Cerviño Asorey (1º A de ESO) Eu decidín facer o traballo o venres despois da clase de galego e Sofía, unha compañeira, tamén. Así, xuntas, comezamos coa intención de
“Falar cos profesores só en galego non é doado. Cando se dirixen a ti en castelán, parace que che dá vergoña por medo a que non te entendan” aguantar ata o sábado ás 11 da mañá. Como o día escolar non rematara falei en galego nas seguintes horas e durante o recreo. A primeira clase na que falei foi na de matemáticas e a nosa profesora, Marian, pareceulle unha idea excelente e, ao mesmo tempo, orixinal. Continuei en francés, pero como non veu a profesora resultoume máis fácil. Ao chegar a casa, pola tarde, xa estabamos afeitas a falar galego. Ao meu pai pareceulle unha idea interesante. Máis tarde cheguei 2a clase de patinaxe e alí tiven máis problemas, xa que houbo xente que non me entendeu. A miña profesora non sabe falar apenas. Logo fun ao cine, pero o problema foi que a película estaba en castelán e estragou un pouco os meus plans. Paula Rodríguez Fernández (1º A de ESO)
TRÉG O LA
PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS M.ª dos Anxos López Otero
Tomar a decisión de falar galego para un rapaz ou unha rapaza de cidade e castelán falante non é tarefa doada, se quere acadar o seu obxectivo ha de ter moi presente que precisará de grandes doses de vontade, paciencia, máis moito sentido do humor. Isto non se debe a que o galego sexa unha lingua extremadamente difícil, nin tampouco a que non posúa capacidade suficiente para acadar a tarefa, senón á vitalidade de certos prexuízos lingüísticos na nosa sociedade. A primeira dificultade coa que se atopará quen queira comezar a falar galego será a falta de fluidez e seguridade en si mesmo. Notará que “non sabe ben como expresarse”, que “non se lembra das palabras a empregar”, que “ten que ir moi devagar para pensar o que vai dicir sen trabucarse”… Todas estas situación son comúns na aprendizaxe de calquera lingua diferente á propia e, tras un tempo continuado no uso desta nova lingua, desaparecen moito antes do que inicialmente pensabamos. Pero o problema principal co que se atopará quen desexe empezar a falar galego ha de ser os prexuízos lingüísticos, é dicir, ás interpretacións erróneas de estereotipos sociais. Todos concordamos en que, ata hai unhas décadas, quen falaba galego eran os grupos sociais ligados ao rural e con carencias económico-culturais, De aí que a lingua empregada por este grupo “adoptase” os mesmo adxectivos cos que eran cualificados os seus falantes: lingua non apta para rexistros formais ou para tratar temas de certa transcendencia, propia para o emprego só en ámbitos familiares e coloquiais. As linguas son linguas e, máis habitualmente do que deberiamos, atribuímoslle inxustamente as características que sinalamos para os seus falantes. Que os pais galego falantes prefiran que os seus fillos falen castelán é debido á convicción do beneficio que isto lles reportará no futuro, interpretando que estarán a salvo de ser asociados ao estereotipo anteriormente explicado (situación pola que probabelmente eles pasaron). Tamén é certo, especialmente nas cidades, que moitos pais xa foran educados segundo a situación anterior, na familia e na escola, pasando a ser o castelán a súa lingua habitual e, como tal, esta é a que lle transmiten aos fillos.
9
TRÉG O LA
Ademais do entorno próximo de familia e amigos, existen outros factores que dificultan moito a aprendizaxe do galego: na veciñanza, nos centros comerciais, no instituto, nos medios de comunicación, nas redes sociais … o castelán está moi estendido. O máis fácil sería entón comezar a falar galego con descoñecidos, nun entorno que non sexa o teu, para poder evitar ser cuestionado constantemente ou evitar pensar que es cuestionado constantemente polos demais. Porque non hai que esquecer que, como parte do entorno ao que se pertence, un mesmo non está libre de portar os mesmos prexuízos que, máis comodamente, lle atribuímos aos demais.
Un rapaz ou rapaza castelán falante na cidade, cando comeza a falar galego, co primeiro que topará dentro do entorno máis próximo será a pregunta: “por que hablas ahora gallego?” É unha resposta do tipo: “Porque si” non agrada, máis ben provoca desconfianza. Antes de asumir con naturalidade o cambio lingüístico, a sociedade (as persoas máis achegadas a nós) cuestiona esta decisión e, debido á estreita relación entre identidade propia e fala empregada, tamén cuestiona ao falante. Por tanto, ás dificultades propias á adquisición dunha lingua nova, ao comezar a falar galego, engadímoslle a presión de ter que xustificar o porqué da decisión.
“ás dificultades propias á adquisición dunha lingua nova, ao comezar a falar galego, engadímoslle a presión de ter que xustificar o porqué da decisión”
Que un rapaz ou rapaza de cidade fale galego só é posíbel, segundo os prexuízos sociais, a que: primeiro, que sexa de aldea; segundo, que sexa nacionalista; terceiro, que estea a facer un traballo da materia de lingua galega …
STOP
Despois de superar este obstáculo, o rapaz ou rapaza que aínda decida falar galego vai atopar unha boa aceptación por parte dos demais; é dicir, a ninguén lle vai importar que o fales pero, sempre e cando, non pidas que os demais tamén o fagan. De feito, non o farán, e este é outro problema maior, xa que non se verá apoiado por ninguén, ou case ninguén, no proceso de adquisición do galego. 10 2
lorem ipsum :: [Fecha]
TRÉG O LA
Lara Iglesias Goberna, 1º C
O mundo sen nosoutros Ás veces preguntámonos como sería a vida sen nosoutros. É estraño. boa persoa” “Botareina de menos; non falabamos moito, pero lembrareina sempre”.
Gustaríanos desaparecer por uns instantes e comprobar como se comportaría esa xente á que tanto queremos e se, por algún casual, alguén nos botaría de menos ou nos recordaría con cariño. E saber se deixamos pegadas, porque iso é para o que, en certo modo, estamos aquí.
Por que unha persoa morra, non temos que finxir unha relación que non existiu. Podemos sentilo, si, pero non demostrar un cariño cara a esa persoa que antes non se tiña. Ou é que só imos falar ben dunha persoa cando morra?
O noso propósito na vida é alcanzarmos os nosos soños e deixar parte deles aquí, para cando xa non esteamos. O recordo é algo moi importante para nosoutros, as persoas; é unha forma de seguir aquí abaixo cando xa non poidamos facelo.
Iso pasa moito no mundo da fama. Si, quizais tamén se recoñece en vida ao que se está no cume dunha carreira artística; pero teñamos en conta todos eses premios conmemorativos que se entregan despois de morrer, todas esas honras. Eu pregúntome: para quen son? Para o artista que acaba de morrer e non vai poder gozalos e verse compensado por todo o seu esforzo?
E acaso alguén non se preguntou nunca como sería desaparecer por un instante? Deixar a nosa vida, de súpeto, e ver a reacción daqueles que nos rodeaban. Seguirán coa súa rutina? Manterán o noso recordo? Ou seremos simples e pequenas partículas de po que se van sen deixar rastro ningún?
Lamentablemente, nunca poderemos ver o que repercutirá a nosa morte nun futuro. Ou quizais si, nunca se sabe.
O certo é que non sería xusto que a xente tivese que cargar co noso peso ás costas, recordarnos día si e día tamén ou incluso chegar a sentirse culpables cando nin sequera nos coñecían o suficiente. Moitas veces vemos pola televisión, cando ocorre algunha traxedia, que a xente dá a súa opinión do tipo de: “É horrible; era moi
Pero, creo que o mellor que podemos facer non é pensar quen iría ao noso funeral e cantos chorarían bágoas de verdade. Non. O mellor que podemos facer é vivir o presente, non adiantarnos aos acontecementos futuros e gozar os momentos que estamos a vivir. Carpe Diem, non?
11
TRÉG O LA
FRANKENSTEIN DO MITO Á ACTUALIDADE
Consello de redacción
Víctor Frankenstein na novela de Mary Shelley é a encarnación da figura de Prometeo, titán da mitoloxía grega creador orixinal da especie humana moldeada con arxila e animada co lume roubado aos deuses. Con este lume, segundo Esquilo, trouxo aos homes as artes e as ciencias. Emulando a Prometeo, esa figura complexa e contraditoria do Progreso, Víctor aparece como o científico que usa o coñecemento racional do século XIX para sacar a vida do inerte, xerar a vida a partir da morte para dar ao ser humano a vida eterna aquí na terra. Pero, como sabemos, o produto da súa creación foi un monstro, que manifestaba principalmente o seu conflito na condición de saberse artificio. Esta criatura, pola súa fealdade inasumible e pola soidade infernal á que se ve inxustamente condenado por ser diferente, revólvese contra o seu creador. A morte como castigo divino, a rebelión contra o creador, a ansia de eternidade son temas míticos ben coñecidos. Presente na tradición épica mesopotámica (lémbrese o poema de Gilgamesh), deixa a súa pegada na literatura bíblica e na obra de Hesíodo.
12
O mito sempre atopou na ficción unha das estratexias da humanidade para acceder ao universal e a participar do seu devir. Neste artigo podemos ver como en Frankenstein se dá este paso á ficción.
Pero a diferenza de Prometeo, Víctor non é símbolo da rebeldía contra o despotismo dos deuses; tampouco o monstro é un Anxo Caído, o primeiro rebelde que ousou enfrontarse á autoridade divina. O monstro só se enfronta contra o seu creador polo rexeitamento de que é vítima. O que se debate fundamentalmente na obra de Mary Shelley é a necesidade da “simpathy”, definida por Adam Smith.
TRÉG O LA
Volvendo á novela, aínda sendo un experimento en cuxa narración se tocan temas míticos de gran calado narrativo e filosófico, hai un que importa moito aos homes e mulleres do século XXI: a reivindicación ao dereito á diferenza neste planeta tan globalizado. As reflexións da criatura, as queixas ao seu creador, poden ser puntos de apoio para comprendermos mellor que o diferente, baixo distintas formas (lingua, raza sexo…), ten dereito a ser.
Frankenstein, clásico que bebe do mito, abre tamén liñas de argumento á modernidade e chega mesmo a conectar coa ciencia-ficción. O tema da rebelión das máquinas contra os seus creadores (que habería de ser denominado “complexo de Frankenstein” por Asimov), nun mundo distópico na que a humanidade parece sucumbir á súa propia soberbia tecnolóxica, aportou títulos cinematográficos tan significativos como Blade Runner, Terminator ou Matrix. Pero quizá sexa Blade Runner a que ofrece unha maior correlación coa obra de Shelly. Mergullada nese complexo de Frankenstein, na película de Ridley Scott vemos como son científicos, enxeñeiros xenéticos, os creadores de “replicantes”, seres de aparencia humana, con maior destreza e forza física, pero carentes de pasado e de emocións. Por medo a que cos anos poidan acadar unha intelixencia superior á dos humanos, implántanlles como medida de seguridade que só poidan vivir catro anos. A rebelión por parte de cinco replicantes contra esta medida desencadea a persecución e posterior elimación a cargo de policías chamados “blade runner”.
Hai que construír novas categorías e integrar dentro delas a todo o que ata agora fora inxustamente excluído.
Esta condición de artificio, ser diferentes aos humanos e estar privados de familia e de infancia, ten puntos comúns co monstro creado por Frankenstein. Rachael, a replicante de Blade Runner, vive nese baleiro absoluto no que vive o monstro. Os seus recordos son meras implantacións. A procura do amor, do afecto, será un medio de procurar as emocións necesarias para desenvolver a súa personalidade e sentirse humana.
13
TRÉGOLA
A sociedade perfecta
Lara Iglesias Goberna, 1º C
A vida non está feita para contar calorías pero, por desgraza, moita xente vive a base diso. E todo é debido ao sistema. Todo é posible e aceptable para alcanzar o obxectivo proposto.
Día tras día, observamos como os canons de beleza establecidos pola sociedade se estreitan cada vez máis. A aparencia externa acaba tendo máis valor que o interior dunha persoa; cobra maior importancia o corpo que a personalidade e, con isto, chegan os problemas. Os adolescentes estamos rodeados de toda clase de publicidade que establece un ideal moi claro na nosa cabeza e provoca que vivamos completamente atados: “Quero ser tan alta como esa modelo, quero ter a musculatura dese deportista...”. Ese tipo de desexos poden parecer inofensivos pero non o son en absoluto.Establécense na nosa cabeza e non queren abandonala ata que se cumpren por completo; aínda sendo imposibles. Así chega a frustración. É cando a publicidade fai o seu efecto, provoca non o que tiña pensado, senón todo o contrario. Leva ás persoas ao límite, á corda frouxa, a xogar coa súa vida sen ter en conta as consecuencias ata que as temos diante dos nosos narices: os cortes, o non querer comer, o odiar o noso reflexo no espello, os vómitos, etc.
Unha rapaza vomitando pode chegar a ser algo normal hoxe en día. Cada vez máis, aumentan os casos de rapaces con desordes alimentarios, todos eles provocados por esa idea equivocada creada por nós mesmos. Queremos conseguir a “sociedade perfecta” sen decatarnos de que dita sociedade se consegue sendo nós mesmos, cada un coas súas características persoais. De que nos serve ser todos iguais? Ter todos as mesmas medidas perfectas vai ser o noso propósito na vida? Non poño en dúbida que as modelos puideron nacer co corpo que teñen, pero outras aliméntanse só a base de leituga dando un modelo de desnutrición. Para que se ensina, entón, aos nenos a comer ben dende pequenos? Para iso démoslles verduras día si e día tamén e non nos teremos que preocupar por se padecen desordes alimenticios nun futuro. Aínda que logo non poderemos queixarnos de que non levan unha boa dieta. Todo o que facemos repercute sobre nós mesmos e ser a sociedade perfecta non é nada sinxelo. Menos aínda durante a adolescencia.
14
TRÉGOLA
lorem ipsum dolor
problema, fecha
Jorge González Comesaña
ENTREVISTA A DOUGLAS RIBAS
Douglas Ribas é un rapaz de 1º C de ESO que comezou a practicar voleibol aos 8 anos, nas escolas do Xuvenil de Teis. Dous anos despois foise ao Club Vigo Voleibol, e neste quedou convocado coa selección galega para o Campionato de España, no que conseguiron o bronce. En primeiro lugar, gustouche a experiencia? Si, pasar cinco días vivindo cos teus compañeiros axuda a coller moita amizade con eles. Levabámonos todos moi ben, non só entre nós, senón tamén cos integrantes das outras seleccións galegas. Ademais da experiencia deportiva, xogar contra xente de toda España axuda a aprender
moito e así conseguir un bronce histórico para a nosa delegación e só perder contra os dous que chegaron á final. Como che pareceu o nivel no campionato? Teño que afirmar que antes de ir pensei que ían ser todos moito mellores, pero si que me encontrei con xente moi boa e que había un bo nivel competitivo. Cóntanos algunhas experiencias de equipo. Pois entre as máis significativas foi a de gañar a Madrid nos cuartos cun 3-2 (15-13 o último set), algo moi emotivo, xa que conseguimos un partido moi difícil que supuña ter xa o primeiro obxectivo
proposto. O momento máis triste foi perder contra Valencia nas semifinais; tampouco tiñamos moitas posibilidades de gañar… sabiamos que nos enfrontabamos a un equipo moi bo. Aínda así, despois da derrota, facendo unha conclusión do partido, saímos satisfeitos. Xogamos moi ben e non nos rendemos en ningún momento, mais non puido ser. Outra experiencia importante foi a entrega de medallas. Subir ao pódium é un momento moi satisfactorio; sentes que xa acabou todo e que o traballo da tempada valeu. O que o fai mellor aínda é facelo co teu equipo.
“Foi convocado coa Selección Galega para o Campionato de España, no que conseguiron a medalla de bronce” Como era a relación adestrador e xogadores?
entre
O primeiro seleccionador era moi estricto: quitábanos o móbil, mandábanos comer todo, quedar na habitación moitas horas descansando… Aínda así sabía animarnos e facernos crer que podiamos con todo. As súas charlas antes de cada partido axudábannos moito, así como os comentarios durante o mesmo. Co segundo adestrador tiñamos unha
relación máis de amigo, sempre estaba encima nosa e facíanos rir e estar de bo humor. Como foi o regreso a Vigo? Moi alegre. Felicitacións, abrazos, moitas preguntas… Que expectativas tes para o ano que vén?
haber selección alevín, non coñecemos a maioría da xente desta categoría que vai vir para o ano. Este ano ninguén esperaba unha boa selección e ao final non foi así. Espero que para o ano volva acontecer o mesmo e volver, aínda que non sexa con outra medalla, cunha boa posición.
Non sei moi ben. O problema da categoría infantil é que, ao non
15
2
TRÉGOLA
Fin de etapa
2º A 2º A
2º B 2º B
2º C 16
TRÉGOLA
THE LOREM IPSUMS
2º D
2º E
Este ano deixounos no haber despedidas de profesores e profesoras cuxa pegada neste instituto lembrarase por moito tempo. Como eles, tamén nosoutros, os grupos de 2º de bacharelato, marchamos. O Santa Irene deixounos un recordo inolvidable xunto con moitas amizades. Tamén nos axudou a madurar e a enfrontármonos ás dificultades, que non foron poucas. Moitas grazas por estes anos e por tantas experiencias. Sorte para os que veñan.
17 2
INVIERNO 2016
Lorem Ipsum Dolor
TRÉGOLA
Nº problema, Fecha
1º PREMIO DE NARRATIVA LETRAS GALEGAS 2014 ENGAIOLADO Irene Maldonado Martínez Eu non sei que me quere dicir esta rapaza. Sinala que te sinala co dedo, pondo cara de parva. De súpeto pega un alarido e ponmo diante, debe de querer que me suba. Pois vai boa! A min a berros non se me piden as cousas. Vale que non falo o seu idioma pero non son xordo! Ao pouco, cansa e marcha... xa era hora! Vai xunto dunha muller e dille: "Mamá, este periquito es muy aburrido!" "Aburrido", así, con todas as letras! Esta estame a tomar as plumas... Xa me gustaría vela a ela divertíndose encerrada nunha gaiola chea de merda, porque nin a botarlle unha auga se molesta! Menos mal que teño unha gran xanela xusto diante, eu distráiome mirando aos veciños entrar e saír do patio. De vez en cando falo cos meus irmáns do 3º (antes vivía un canario no 5 º, pero escapou haberá unha semana). Meus irmáns fálanme das súas vidas, segundo me din non lles vai nada mal: os seus donos danlles de comer ben, revisan que teñan o bebedoiro sempre cheo e límpanlles a gaiola cada dous días... pero a cambio teñen que aprender a falar unha lingua nova, un idioma estraño que empregan tanto os seus donos coma os meus , claro. A verdade é que non lles fai moita graza, pero dinme que lles paga a pena. Ademais, están tan afeitos a empregalo que probablemente xa non volvan usar máis a nosa lingua. -Pero entón, con quen vou falar eu?- pregúntolles preocupado. -Oe, sempre podes aprender a nova lingua- dinme. Eu non o teño tan claro, non sei ata que punto sería capaz de abandonar á lingua nai... Coma todas as tardes, apareceume un neno diante da gaiola. Pero esta vez, apartoume a comida e a auga podres e ofreceume un anaco de leituga fresca. A min caíame a baba, achegueime a botarlle unha
mordedela e apartoumo un centímetro. Estireime un pouco e apartoumo outro centímetro... Quedei quieto fitándoo de arriba a abaixo, entón berroume unhas verbas noseu idioma, era algo coma: Holaaa!, Que digas hola, pajarraco! Este seguro que quere que llo repita, pensei. Mátame de fame e logo pretende que faga o pallaso para el... Nin en broma, por isto si que non paso! Nese intre, metinlle unha picada con todas as ganas e a forza que poden caber nun paxariño. Acto seguido, o rapaz comezou a chorar os sete chorares e a correr por toda a casa. Mentres, eu miraba apesadumado coma a leituga se esnaquizaba nas súas mans. De súpeto, apareceu unha muller pequena e engurrada que chamou moito a miña atención. Dende hai tempo, aprendín a odiar as persoas con toda a miña alma, pero esa muller era diferente... O neno botouse aos seus brazos e balbuciulle unhas palabras intercaladas cuns sons como "hip", "hip" ou "buaaaah". -Oh!, ese paxariño é moi malo.-dixo a muller- Voulle ensinar que iso non se lle fai ao meu neto, non. Voulle botar unha boa rifa! Ti vai xunto da túa nai, que xa me encargo eu... O neno, un pouco máis animado, marchou polo corredor e desapareceu da miña vista. O que me faltaba!, Quítanme a comida, búrlanse de min e agora isto! Unha rifa di, unha ri...! Nese intre decateime do que estaba a ocorrer. Eu, que o pouco que conseguín entender do idioma dos humanos aprendino mediante os seus xestos e movementos corporais, comprendín perfectamente o que dixo a anciá. Non sei moi ben como, pero esa muller falaba a miña lingua! De súpeto a avoa entrou no cuarto e pechou a porta. -Ola, paxariño! Meu garrulo... así que ti es o famoso Suco! Pero mira que es bonitiño...
18
Lorem Ipsum Dolor
TRÉGOLA
Nº problema, Fecha
(Continuación)
- Por pouco esváranme as bágoas de ledicia, nunca na miña vida me falaran dese xeito. Todo eran berros, insultos, burlas... E agora escoito esas verbas doces e delicadas que saían daqueles beizos sorrintes... e a melodía da súa voz, aínda que vella e desgastada, suave e fermosa...
Dende a xanela, mirábaa pechar a porta do patio dende fóra, mentres se me rompía en anaquiños o corazón. Entón, decidino: “Eu marcho! Voume de aquí, non o aturo máis!" Collín impulso e saín voando pola xanela, sen mirar atrás, sen pensar nos nenos, nin natal "mamá" nin nos meus irmáns do 3º... Que os zurzan a todos! Eu só quero vivir nun lugar onde me entendan, onde poida vivir libre e feliz!
Oh, por que me miras con esa cariña, meu rei? Ah , xa sei, ti has de ter fame. Xa sei eu xa... Sube ó meu dediño garrulo, que che vou dar un agasallo. Nese intre, abriu a súa man e ante os meus ollos larpeiros apareceu unha gran mazá vermella, zumenta e perfectamente torada. Lanceime desesperado a por ela, aterrábame a idea de que a muller pechara a man e liscara con ese delicioso manxar... Pero non o fixo, quedou quieta mirando como engulía a mazá, sen deixar de sorrir nin un intre:
Unha vez que me afastei o suficiente, sentín a brisa acariñándome a plumaxe, a euforia e a adrenalina correndo polas veas e o peito baténdome con latexos de felicidade. Non sei onde vou ir, non sei que vai ser de min... Con sorte, atopareime co canario do 5º e, tal vez, intentemos buscar xuntos a casa daquela anciá risoña e agarimosa.
Peguei o empacho da miña vida, comín coma se non houbese un mañá, comín tanto que pensei que ía rebentar... Ao acabar, apenas era capaz de bater as ás, pero conseguín, a duras penas, voar ata o ombro daquela vella riquiña e canteille tan alto e tan forte coma me daban os pulmóns....
Pode que non o consiga, o máis probable é que morra de fame antes de que pase sequera os primeiros días en liberdade, pero hai unha cousa que teño moi clara:
- Pois si que te puxeches contento! Isto gústame máis.... A verdade é que non sei porque che teñen metido neste curruncho tanto tempo, os paxaros non poden vivir engaiolados! Ademais, coas ás tan bonitas que tes, é unha pena que non as estires de vez en cando... Sentínme moi loado. Se puidese arroibarme de verdade que o faría. Pasou un tempo comigo, faloume do seu fogar, da súa xente, a paisaxe, o tempo... Segundo me contou, creo que é un lugar marabilloso... Mentres, renovou a comida e a auga, limpoume a gaiola e cubriuna de frescas e fermosas follas de leituga. Durante uns minutos eu fun feliz... pero nada dura para sempre: Ben, xa é hora, debo marchar... Encantada de coñecerte, Suquiño! Cóidate moito, parrulo! Nese momento o corazón deume unha volta Vaise?! Así, sen máis? E non me leva... De verdade vaime deixar aquí?
"Denantes morto que engaiolado!”.
-Oxalá puidese levarte, meu rei- dixo coma se me lese o pensamento- pero é que vivo tan lonxe... e eu xa son demasiado vella, xa sabes que alá de onde veño vai moito frío en inverno, non querería que enfermaras, bonitiño. Pero non te preocupes, que ti estarás ben aquí! Os meus netos tratarante de marabilla! Parecíame que a pobre muller non sabía o que dicía... - Síntoo de verdade, parruliño. Deume un último agarimo e marchou igual que veu.
19
TRÉGOLA
2º Premio de Narrativa “016” Ana Fernández Berrocal, 1º E Vai vir. Non fago outra cousa que repetir iso. Vai vir. Vai vir. Vai vir! Non sei que facer. Quedar aquí ou coller as nenas e marchar? Di que nunca lle faría nada a elas, mais como podo sabelo? Dicía que nunca mo faría a min e agora o meu ollo vermello di todo o contrario. Como puido chegar a isto? Que foi o que fixen mal? Sempre tratei de pensar na súa felicidade; na felicidade de todos. Intento ser unha boa nai, pero nunca é suficiente para el, nunca o será. Procuro pensar na felicidade das nenas, xa que elas o queren moitísimo e non poderían vivir nunha casa onde non estivese el. Menos mal que non saben nada, que son pequeniñas, que non son conscientes aínda da crueldade do mundo...
Non. Non podo permitir que isto continúe, teño que marchar coas nenas, elas entenderano cando sexan maiores. Teñen que entendelo. Oio que chega. Está subindo as escaleiras, noto que os seus pasos vanse achegando cada vez máis e máis. Non quero que me toque, non quero sufrir máis, penso que xa está ben, que xa foi dabondo. Treman as miñas pernas, as miñas mans. Todo o meu corpo. Non podo máis. Noto a súa presenza tras a porta de entrada. Podo ver a súa sombra por debaixo dela. Estou conxelada, non podo moverme. Mete a chave na fechadura e entra cambaleándose, deixando tras si a porta cun golpe. Achégase a min bruscamente... Achégase... e deixo de sentir o meu corpo. Todo está moi escuro, demasiado escuro. Os meus ollos non ven, non vexo nada. As nenas, as nenas! Onde están as nenas? Onde están as miñas neniñas? Noto como choran nalgunha parte da casa. Escoito os seus berros, os seus salaios... Trato de mover os meus membros, mais non responden. Non podo facer nada... Nada. Déixome levar e, de súpeto, todo é silencio.
Recordo cando eramos noviños, cando chegamos a esta casa e cando todo era ledicia e amor. Pasabamos o día escachando a rir deitados no chan... Non me deixaba nin respirar coas súas caricias e os seus bicos... Axudábame con todo: pasaba o ferro, lavaba a roupa, limpaba a casa... todo. Eu traballaba de mestra, mais isto cambiou cando quedei embarazada. Embarazada da miña primeira filliña. Logo da gran noticia, os xefes dixéronme que prescindían dos meus servizos. Así, sen máis. Dende alí todo cambiou. Todo cambiou e non sei se volveremos a estar ben, se todo volverá a ser como antes... De verdade que non o sei... Sempre se arrepinte, arrepíntese de todo o que fai, mais logo volve a facelo, volve a facerme dano Sei que se viu na obriga de procurar un traballo mellor para poder pagar as facturas; que iamos facer coas dúas meniñas?... mais ninguén o quería, ninguén o quere aínda. Comezou a ir ao bar da esquina con frecuencia. Sempre volvía bébedo a casa. E foi cando a miña primeira nena cumpriu os dous aniños cando comezaron os golpes. Con elas comportábase de forma cariñosa e iso convencíame de que ía ser algo temporal, de que el volvería a ser cariñoso. Algo temporal... Só era cuestión de tempo. Semanas, días quizais. Volvo á realidade e miro o reloxo. En punto. Dun momento a outro vai vir. Vai vir.
“foi cando a miña primeira nena cumpriu os dous aniños cando comezaron os golpes. Con elas comportábase de forma cariñosa e iso convencíame de que ía ser algo temporal”
20
Lorem Ipsum Dolor
TRÉGOLA
Nº problema, Fecha
1º Premio Letras Galegas
#
Donec
5
Laura Domínguez Romo, 1º B
“GAIOLA” Dádeme ondas do mar,
Mostrando sempre temor,
dádeme vento ao soprar,
ocultando os meus desexos,
quero a vosa liberdade
ocultando as miñas emocións.
para voar e voar,
Mostrando ser quen non son.
para nadar e nadar. Cando chegará quen me axude? Quen puidese ser gota de auga,
Quen me poderá liberar?
para polo mundo poder viaxar.
Sacarme desta vida
Quen puidese ser estrela na noite
na que xa non podo respirar.
para polo espazo poder navegar.
Mais eu sigo aquí apresada, neste cárcere de cristal, nesta gaiola sen barrotes da que non podo escapar.
21
TRÉGOLA
Autoavaliación da Actividade Escolar (en %) 2º Bacharelato Fago sempre os traballos que se me indican Asisto a clase Pregunto os temas que non chego a entender Participo activamente nas clases Estou satisfeito/a do meu traballo As cualificacións obtivas nas miñas avaliacións son xustas Observo e respecto as normas de convivencia Teño unha actitude positiva cara á aprendizaxe Considero que estou aprendendo
Home
Pouco Muller
2,4 0,0
8,2 0,0
31,7 7,3
35,1 8,8
43,9 34,1
37,1 24,5
22,0 58,5
24,4 22,0 19,5
20,0 15,0 20,2
39,0 31,7 31,7
36,0 37,0 34,3
22,0 39,0 36,6
30,0 41,0 34,3
7,3
7,0
29,3
34,0
53,7
0,0
0,0
2,4
4,0
2,5 14,6
4,0 8,0
17,5 26,8
18,2 27,0
Autoavaliación da Actividade Escolar (en %) 4º ESO Fago sempre os traballos que se me indican Asisto a clase Pregunto os temas que non chego a entender Participo activamente nas clases Estou satisfeito/a do meu traballo As cualificacións obtivas nas miñas avaliacións son xustas Observo e respecto as normas de convivencia Teño unha actitude positiva cara á aprendizaxe Considero que estou aprendendo
Home
Regular Muller
Pouco Muller
Pouco
Regular
Bastante Global
19,6 66,7
5,3 0,0
33,4 8,1
40,5 29,3
20,8 62,6
14,6 7,3 12,2
14,0 7,0 11,1
22,2 18,5 19,9
37,5 34,4 33,0
26,0 40,0 35,5
14,3 7,2 11,7
43,0
9,8
16,0
7,2
31,6
48,3
12,9
51,2
35,0
46,3
61,0
0,0
3,2
43,1
53,7
52,5 39,0
50,5 42,0
27,5 19,5
27,3 23,0
3,3 11,3
17,8 26,9
51,5 40,5
27,4 21,3
Home
Bastante Muller
Regular
Home
Muller
Home
Bastante
Home
Muller
Moito Muller
Moito
Home
Muller
Pouco
Regular
Home
Bastante
Moito
Moito
Global
5,9
4,4
29,4
28,9
41,2
51,1
23,5
15,6
23,5
27,8
26,5
22,2
5,6
2,2
0,0
2,2
27,8
17,4
66,7
78,3
16,7
9,8
33,3
40,2
16,7
17,4
33,3
39,1
44,4
32,6
5,6
10,9
30,6
25,0
19,4
25,0
5,6
13,3
50,0
46,7
38,9
35,6
5,6
4,4
22,2
24,4
27,8
25,6
16,7
15,2
38,9
34,8
33,3
39,1
11,1
10,9
25,0
27,2
25,0
22,8
0,0
11,1
5,9
11,1
52,9
48,9
41,2
28,9
26,5
30,0
23,5
20,0
0,0
0,0
0,0
10,9
27,8
30,4
72,2
58,7
13,9
15,2
36,1
34,8
0,0
0,0
11,1
11,1
61,1
62,2
27,8
26,7
30,6
31,1
19,4
18,9
11,1
10,9
5,6
8,7
44,4
50,0
38,9
30,4
27,8
30,4
22,2
19,6
22
TRÉGOLA
Estatísticas da actividade escolar e extraescolar do alumnado, e da actividade docente do profesorado, en 4º de ESO e 2º de Bacharelato (diúrno)
23
TRÉGOLA
Actividade Docente do Profesorado
M
2º Bacharelato Explican a programación da materia e os criterios de avaliación ao inicio do curso. Cumpren co programa e o plan de traballo previsto. O material de apoio (textos, exercicios, aulas virtuais...) resúltanme útiles para preparar as materias do curso. Motivan a participación crítica e activa dos estudantes no desenvolvemento da clase. Organizan ben as clases e explica con claridade. Resolven as dúbidas que se lle formulan. Entregan os exames para que o alumno/a observe os erros cometidos e poida facer, se fose preciso, a oportuna reclamación. Teñen actitudes receptivas que facilitan a comunicación cos estudantes. A axuda recibida polo titor/a éme de utilidade. A dirección do centro atende ás demandas do alumnado e resolve os seus problemas.
Activiade Docente do Profesorado 4º ESO Explican a programación da materia e os criterios de avaliación ao inicio do curso. Cumpren co programa e o plan de traballo previsto. O material de apoio (textos, exercicios, aulas virtuais...) resúltanme útiles para preparar as materias do curso. Motivan a participación crítica e activa dos estudantes no desenvolvemento da clase. Organizan ben as clases e explica con claridade. Resolven as dúbidas que se lle formulan. Entregan os exames para que o alumno/a observe os erros cometidos e poida facer, se fose preciso, a oportuna reclamación. Teñen actitudes receptivas que facilitan a comunicación cos estudantes. A axuda recibida polo titor/a éme de utilidade. A dirección do centro atende ás demandas do alumnado e resolve os seus problemas.
H
M
Pouco
M
H
M
H
Bastante
M
Global
H
Bastante
Moito
0
0
11
12
15
34
17
22
0
23
49
39
0
1
9
13
25
45
9
9
1
22
70
18
5
11
10
19
21
29
7
9
16
29
50
16
6
18
16
33
15
16
2
1
24
49
31
3
3
1
18
34
18
31
4
2
4
52
49
6
0
3
8
12
28
35
7
18
3
20
63
25
0
0
5
4
13
26
25
38
0
9
39
63
9
3
22
24
11
28
1
13
12
46
39
14
12
17
13
20
14
26
4
5
29
33
40
9
13
32
14
10
15
20
1
6
45
24
35
7
M
Pouco
H
Regular
H
M
Regular
H
Moito
M
Bastante
Pouco
Regular
H
Global Pouco Regular
Moito
Bastante Moito
0,0 5,3
2,9 2,9
10,5 31,6
14,3 31,4
42,1 47,4
40,0 54,3
47,4 15,8
42,9 11,4
1,4 4,1
12,4 31,5
41,1 50,8
45,1 13,6
0,0
0,0
10,5
34,3
47,4
54,3
42,1
11,4
0,0
22,4
50,8
26,8
15,8
28,6
52,6
45,7
31,6
20,0
0,0
5,7
22,2
49,2
25,8
2,9
15,8 5,3
17,1 8,6
47,4 36,8
51,4 45,7
36,8 52,6
31,4 37,1
0,0 5,3
0,0 8,6
16,5 6,9
49,4 41,3
34,1 44,9
0,0 6,9
5,3
0,0
21,1
5,7
15,8
22,9
57,9
71,4
2,6
13,4
19,3
64,7
15,8 0,0
5,7 8,6
31,6 26,3
42,9 22,9
42,1 47,4
40,0 40,0
10,5 26,3
11,4 28,6
10,8 4,3
37,2 24,6
41,1 43,7
11,0 27,4
36,8
22,9
10,5
40,0
47,4
25,7
5,3
11,4
29,8
25,3
36,5
8,3
24
TRÉGOLA
25
TRÉG O LA
PELÍCULAS DOS OSCARS Ana Paula Borges
1
Doce anos de escravitude
Comezamos falando da premiada como mellor película cunha estatuíña dourada. Narra a historia real de Salomon Northup, na década de 1850. El é un músico respectable que vive en New York coa súa familia. Unha noite vai tomar algo con dous homes e sen darse conta drogano e é apresado para vendelo como escravo noutro estado. El observa nos seus 12 anos de escravitude a desesperación dos demais e a actitude destes ante tal situación, mentres que el resiste ata conseguir a súa liberdade. A película estaba nominada a 9 premios e gaña 3 deles, entre os que encontramos mellor película, como dixemos antes, mellor guión adaptado e mellor actriz secundaria. A película trata un tema duro e interesante, pero non é tan boa como para gañar o Oscar á mellor película; eu creo que as outras películas (como as que veñen a continuación) merecían o premio por diante desta, por seren temas diferentes e innovadores. Con todo cabe destacar a actuación dos protagonistas como “Chiwetel Ejiofor” (Salomon Northup) e “Michael Fassbender” (Edwin Epps), que é brillante.
3
2
Her
A seguinte na lista é sen máis ni máis, unha película innovadora; pero posible nun futuro non moi afastado. “Her” cóntanos a vida de Theodore, un home que nun futuro non moi lonxano, ten unha vida rodeada de tecnoloxía. O protagonista encóntrase nos trámites do seu divorcio e traballa nunha empresa de escritura de cartas para outras persoas, pero todo cambia cando consegue un novo sistema operativo cunha intelixencia artificial chamada Samantha. Theodore, que é un home que se sente só, descobre en Samantha unha “persoa” que se interesa polo mundo no que vive e acaba mantendo unha relación romántica coa voz. Este film estivo nominado a 5 estatuíñas, entre as que se encontraba á de mellor película, pero só conseguiu a destinada a mellor guión orixinal. Pode definirse como inédita, xa que trata un tema novo ou case sen utilizar (para todo aquel que en algún momento vise “Black Mirror” (serie TV) supoño que observará algunha relación cun dos episodios da 2º tempada. Ademais a película conciéncianos de que ás
O lobo de Walss Street
E chegamos a película das controversias, por todos os que esperaban premios para ela, e para o actor principal “Leonardo DiCaprio”. A película é a autobiografía de Jordan Belfort, un corredor de bolsa norteamericano. Comeza a súa carreira nos 80 como un mozo honrado que seguía os seus valores, ata que aprende que o realmente importante e gañar unha boa comisión, e o seu papel comeza a cambiar pasando por drogas, diversas mulleres, ademais do poder e o diñeiro conseguido. Nominada a 5 oscars entre os que encontramos mellor película ou mellor actor pero sen ningunha “alegría”. A historia é un descontrol; a pesar de pasar a ser lembrada como unha comedia, xa que o que se conta nalgúns momentos poida parecer esaxerado, é todo, segundo o mesmo Jordan Belfort, unha historia real. O film merecía algún premio, sobre todo, o de mellor actor xa que a actuación de Leonardo DiCaprio como Jordan Belfort é absolutamente incrible. En xeral, unha película que aínda que teña unha longa duración está perfectamente realizada, ademais de ser entretida e mostrar en profundidade a vida deste singular home. 26
TRÉGOLA
Gravity
4
Aínda que as miñas expectativas foran baixas é unha película sorprendente. En resumo: mentres reparan un satélite fóra da súa nave, un par de astronautas sofren un grave accidente e quedan apartados e perdidos. Matt e Ryan son os protagonistas que procuran a salvación e volver á Terra. Este film é gañador de 7 oscars, de 10 aos que estaba nominado, entre os que encontramos mellor director e mellores efectos visuais. A película parece, pola historia, que non é moi interesante, pero para ser un tema difícil do que falar ou realizar, conseguiron crear algo entretido e atractivo. Ademais da gran actuación de “Sandra Bullock” como Ryan, que chega a transmitir a súa desesperación, os efectos especiais xogan un papel moi importante xa que conseguen nalgúns momentos a sensación de mareo na gravidade. Cabe destacar o detalle de que a duración da película non é excesiva, senón que dura o que ten que durar, e non a estenden con elementos superfluos.
5
“Dallas Buyers Club”
Esta é a menos coñecida de todas as presentadas. Xa que non destacou dentro do ámbito xuvenil, o que non quita que sexa ou non unha boa película. Sumándose a “O lobo de Wall Street” e “12 anos de escravitude” tamén se trata dunha autobiografía, neste caso de Ron Woodroof, un home drogadicto e mullereiro ao que, ao ser diagnosticado de VIH, se lle dá como máximo un mes de vida. Este comeza a tomar unha medicación que non o axuda, senón que empeoran os seus síntomas. E tras investigar, busca outra solución comezando a coñecer o trasfondo da farmacéutica americana na que só subministran aqueles elementos que os favoreceran economicamente. Ademais empeza a vender medicamentos doutros países que melloran ou realentizan, realmente, os efectos da enfermidade. Nominada e gañadora de 3 oscars, mellor actor, mellor actor secundario e mellor maquillaxe. A película utilízase como crítica a todo o sistema médico estadounidense, neste caso centrada na década dos 80-90 coa aparición dos primeiros casos de VIH. Esta análise ao sistema de EEUU ocorre dende dentro, ensinándonos todos aqueles detalles que non coñecíamos sobre esta enfermidade e sobre as formas de tratamento. Cabe destacar as actuacións magníficas tanto de “Matthew McConaughey” no papel protagonista como de “Jared Leto” no secundario, que mostraron unha gran profesionalidade á hora de facer crible o seu papel (como por exemplo chegar á extrema delgadez provocada pola enfermidade).
27
TRÉGOLA
DISCOS DO ANO Ana Paula Borges Díez
AM – Arctic Monkeys: (9 Setembro 2013) Empezamos o curso coa estrea do novo disco, que ocupa o posto número cinco, da banda inglesa coñecida como Arctic Monkeys. Este novo álbum está composto por 12 cancións nas que destacan “Do I wanna know?”, “R U mine?”, “Why’d You Only Call Me When You’re High?”. O grupo coa publicación deste álbum conseguíu colocarse entre un dos discos máis vendidos do ano 2013. Aínda que agora teña máis éxito que nos seus comezos, esta banda comezou sendo unha banda de Rock, e agora, máis coñecida por todos e nas listas de mellor vendidos, pasa a ser Indie, a “moda”, o que provoca a transformación dun bo grupo en algo comercial, coa simple intención de vender discos, deixando atrás a aqueles seguidores fieis que dende o seu comezo apreciaban o seu estilo orixinal. Estilo: indie rock.
Pure Heroine – Lorde: (27 Setembro 2013) O seguinte disco, creo que todos recoñeceredes a autora, Lorde, xa que o single do disco é “Royals” , moi coñecido polo anuncio do móbil “Samsung” ou simplemente por escoitalo na radio. Ademais do xa mencionado, o disco contén outras famosas cancións como “Tennis Court” e “Team”. En total dez cancións preséntanse no primeiro disco desta cantante revelación, ademais das seis engadidas na versión estendida. Conseguiu unha moi favorable crítica, para ser a súa presentación como artista. Estilo: indie pop-electrónica.
Reflektor – Arcade Fire: (28 Outubro 2013) Continuando a Arctic Monkeys e Lorde, chega a publicación do cuarto álbum de estudo da banda canadense Arcade Fire. Consta de dous discos, con 7 e 6 cancións respectivamente en cada un, nos que destacan “Reflektor” e “Afterlife”. Tamén recibiu boas críticas por parte de revistas como Rolling Stone que lle deu 4 estrelas e media sobre 5. Para estar dentro do ámbito indie rock, podería dicirse que Arcade Fire en moitos casos pasa a ser bastante comercial, sobre todo neste disco. Estilo: indie rock-disco-rock alternativo.
28
THE LOREM IPSUMS
TRÉGOLA
PRIMAVERA 2016
Swings Both Ways – Robbie Williams: (18 Novembro 2014) Cabe destacar o disco do artista británico, Robbie Williams, que se converteu no noveno da súa longa carreira en solitario. Moitas críticas danlle unha puntuación de tres estrelas sobre cinco, que non é algo malo, pero paréceme pouco e creo que o disco merece bastante máis xa que supón un cambio na súa carreira dentro do pop, pasándo polo “Swing”, cousa que non fai nada mal. Contén versións como “Dream a little dream” cantada con Lily Allen ou “I Wan’na Be Like You” con Olly Murs, ademais doutros títulos principais como “Go Gentle”, “Swings both Ways” coa participación especial de Rufus Wainwright ou “Soda Pop” con Michael Bublé. Estilo: Swing – Pop.
High Hopes – Bruce Springsteen: (13 Xaneiro 2014)
Pasamos ao rock por parte de Bruce Springsteen, co seu décimo oitavo disco conformado por 12 novas cancións mesturadas con cancións antigas como é o caso de “High Hopes” pertencente a un LP anterior publicado en 1995. Destacamos “American Skin (41 Shots)” e “The Ghost of Tom Joad”. Conseguiu unha boa crítica representada con catro estrelas, e a Rolling Stone definiuno como algo parecido aos seus concertos, cheo de sorpresas, no bo sentido. Estilo: Rock.
Going to Hell – The Pretty Reckless: (12 Marzo 2014) Chegando ao final, cabe destacar o segundo disco do grupo The Pretty Reckless, creador de controversias dende os inicios, polo carácter de rebeldía da cantante “Taylor Momsen” nos concertos e a súa liberalidade no caso da sexualidade reflectida nos vídeos eróticos, ou mesmo na portada do seu álbum. Destacan os temas principais do álbum: “Going to Hell” e “Heaven Knows”. O álbum consta de 12 cancións. Conseguiu estar entre os discos máis vendidos nas primeiras semanas, e pasa de grandes críticas a outras non tan boas; as miñas, polo contrario, son favorables. Estilo: Rock
Caustic Love – Paolo Nutini: (14 Abril 2014) E rematamos co último disco do cantante escocés, Paolo Nutini, o terceiro dentro da súa discografía. É un álbum diferente aos anteriores o que non quere dicir peor, senón máis variedade no estilo músical, engadindo un toque de Funk e R&B ao seu soul característico. Como single recoñecemos "Scream (Funk My Life Up)". En total está formado por 13 cancións. No ámbito das críticas tivo boas recepcións, cunha media de catro estrelas e media como no caso de Arcade Fire, ademais de recibir afagos por compañeiros de profesión -como a cantante Adelena súa gravación en directo de “Iron Sky” no estudo de Abbey Road. Estilo: R&B – Soul – Funk.
29
2
TRÉG O LA
Lecturas recomendadas TÍTULO: Chamádeme Simbad AUTOR: Francisco Castro. EDITORIAL E ANO DE PUBLICACIÓN: Galaxia, Colección Árbore, 2009. XÉNERO LITERARIO: narrativa. NÚMERO DE PÁXINAS: 162 páxinas.
TÍTULO: Contos por palabras. AUTOR: Agustín Fernández Paz. EDITORIAL E ANO DE PUBLICACIÓN: Xerais, Colección Merlín, 2001. XÉNERO LITERARIO: narrativa (relato curto). NÚMERO DE PÁXINAS: 128 páxinas.
TÍTULO: Ollos de auga. AUTOR: Domingo Villar EDITORIAL E ANO DE PUBLICACIÓN: Galaxia, 2006. XÉNERO LITERARIO: novela policial. NÚMERO DE PÁXINAS: 248 páxinas.
30
A novela conta a historia dun neno, chamado Paulo, que ten un avó que fai cousas raras e esquécese de todo. O avó sempre chama a Paulo co nome de Simbad. Tamén lle fala moito dun tal tío Bernardino, que o pai de Paulo di que non existe. Un día o avó vaise da casa ás agachadas en busca do tío Bernardino. Paulo, como quería moito ao avó, seguiu unha serie de pistas para dar con el. A partir deste momento comezan a suceder unha serie de cousas que non as podo dicir porque tedes que ler o libro …
Contos por palabras é un libro moi especial, pois está dividido en once contos diferentes. Pero o estraño é que todos os contos naceron a partir dalgún dos anuncios por palabras que se atopan nos xornais. Neles aparecen diferentes personaxes como: un spiderman habilidoso, un unicornio solitario, un vampiro sen emprego…
Esta novela é a segunda entrega das aventuras do inspector Leo Caldas e do seu axudante Rafael Estévez. Nesta entrega hai un asasinato na illa de Toralla e, para resolve-lo crime, percorren as zonas que, se se coñece Vigo, son de visita obrigatoria.
TRÉG O LA
Ninguén, é un libro actualizado, moderno, que reflicte á perfección os nosos problemas do día a día, os cales están directamente relacionados coas novas tecnoloxías e o noso xeito de empregalas no marco social. Neste libro, fálanse dos pros e dos contras de vivir interconectados, integrados nun xeito de vida no que dende que te ergues ata que te deitas non tes un minuto de soidade nin intimidade e no que, grazas a dita interconexión, estás continuamente informado do que pasa ao teu redor… tanto se che interesa coma se non. As historias dos numerosos protagonistas deste libro, mostran os variopintos problemas cos que se enfrontan e os seus distintos xeitos de solucionalos. É una lectura breve e amena coa que te sentirás identificado: Non deixa a ninguén indiferente!
Anaíd é unha nena de 14 anos, nada popular e pouco desenvolvida fisicamente para a súa idade, que vive nunha vila do Pirineo. Cando se revela que a chegada da bruxa elixida pola profecía está próxima, Anaíd ten que afrontar a misteriosa desparición da súa nai, Selene. Entre todo o caos de acontecementos que lle suceden á protagonista, hai un roce amoroso co seu ex - amigo da infancia que lle vai dar valentía para afrontar a orixe da súa familia e un acontecemento que terá un grande impacto na rapaza. O clan da loba é o primeiro título da triloxía A guerra das bruxas. A lectura debe ser completada cos outros dous títulos: O deserto de xeo e A maldición de Odi.
31
TRÉGOLA
Pasatempos
Sudoku
Labirinto
32
AETRAVI Galería Comercial Gran Vía, 176 - Local, Nº 7 36211 Vigo Tel. y Fax. : 986 23 65 46 aetravi@mundo-r.com Visite a nosa web: aetravi.com
RAZÓNS PARA ASOCIARSE E VANTAXES ASESORAMENTO PERSONALIZADO sobre xestións relativas á actividade económica de cada comerciante. Información sobre AXUDAS Y SUBVENCIÓNS. Comunicación interna para CUESTIÓNS de interese. Acordos con ENTIDADES FINANCEIRAS. Participación en CAMPAÑAS PROMOCIONAIS da zona. Apoio PUBLICITARIO Cursos de FORMACION gratuítos.
Librerías Nobel C/ Gran Vía, 184 Vigo (Pontevedra) Teléfono 986231892 Horarios ma-sa: 10:00-20:00