Trégola 2012

Page 1

INSTITUTO SANTA IRENE. MAIO 2012. Nº 22 - ALUMN@S 1 € - PROFES 2€



EDITORIAL INSTITUTO SANTA IRENE. MAIO 2012. Nº 22 - ALUMN@S 1 € - PROFES 2€

Como cada ano nace un novo exemplar de Trégola, cheo de novidades, de artigos de opinión, reflexións sobre o mundo que nos rodea dende o punto de vista da mocidade. Este curso abordaremos os brutais recortes levados a cabo polo novo goberno, e temáticas máis locais aparte de múltiples opcións para divertirse na nosa cidade. Cobra un importante protagonismo a crise económica e a súa repercusión nas nosas vidas como as protestas

TRÉGOLA SOMOS

estudantís, o aniversario do movemento social 15 M, mais iso non nos impedirá escribir sobre outros temas, sen esquecernos das seccións que atinxen ao noso instituto como a excursión dos alumnos de cuarto da ESO,

Andrea García Antía González Ánxela Romero Claudia Román Fanny Pereira Guillermo Davila Iago Albés Irene Maldonado Isidrido Álvarez María Olivares Rocío Castillo Victor Fernández

2º Bach. B 3º E.S.O. A 1º Bach. E 2º Bach. A 2º Bach. B 1º Bach. C 1º Bach. C 3º E.S.O. A 3º E.S.O. C 1º Bach. C 3º E.S.O. C 2º E.S.O C

as fotos dos alumnos de segundo PORTADA: Adriana Arbizu 2º Bach. B

de bacharelato, o entroido, e aínda que botedes de menos algunha sección eliminada achegámosvos unha nova sección como a dos deportistas de elite que estudan no noso instituto.

Trégola Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene

FOTÓGRAFOS: Ángela Romero Bernardino Gándara COLABORADORES: Aldara Cidrás 2º Bach. E Antía Davila 4º ESO.-B Marta Mendia 4º ESO.-B COORDINADOR E ASESOR LINGÜÍSTICO: Sindo Fernández


T

régola 2

Recortes sanitarios

A

soberanía nacional deixou de selo. Ao menos a soberanía nacional española. Cada venres esperamos con temor as novas reformas anunciadas polo executivo, que non foran contempladas no seu programa electoral, e que parecen máis ben ditadas por instancias superiores da comunidade europea. Así, segundo a última enquisa Metroscopia para El País, a gran maioría (o 73%) rexeita a redución das prestacións sanitarias, incluíndo os recortes de gasto sanitario (esta porcentaxe inclúe tamén o 58% dos votantes do partido gobernante, o PP). Por primeira vez na historia de España os xubilados e pensionistas terán que pagar o 10% do custo das súas medicinas. Isto suporá segundo palabras de Echániz (presidenta da comunidade de Aragón) o gasto equivalente a “oito euros: catro cafés”, obviando un detalle tan insignificante como que o café é prescindible mentres que o Prometax (medicamento receitado para o alzheimer) non o é.

L e t ras G ale gas 2012

En comparación con outros países e en proporción co PIB España está no oitavo posto por detrás de Francia e Islandia entre outros

Os cidadáns activos que agora pagaban un equivalente ao 40% do prezo dos medicamentos receitados pasarán a pagar un 50%, mentres que aqueles que ingresen máis de 100.000€ anuais pagarán o 60%. Para que fagan unha idea: o soldo medio en 2011 en España segundo o INE (Instituto Nacional

de Estatística) é 22.511€. Cren que os asalariados con 100.000€ ao ano son os que engrosan as longas listas de espera? O próximo un de Xullo entra en vigor unha nova lei conforme aqueles inmigrantes en situación irregular non poderán ter unha asistencia médica gratuíta, aínda que actualmente algunhas comunidades autónomas como a do País Vasco se negaron a adoptar esta medida, e as próteses e transporte sanitario non urxente deixarán de ser totalmente gratuítos (que xa de por si non o son, xa que todos os españois os pagamos cos nosos impostos, incluídos os inmigrantes). Pode que pagar unha porcentaxe do custo dunhas muletas non nos pareza esaxerado, pero aqueles enfermos crónicos que precisen de transporte (para acudir á diálise, a rehabilitación) terán que buscar outras alternativas, como pedirlle a alguén que o leve ou pagar un taxi. Medidas semellantes a estas foron tomadas anteriormente pola Generalitat de Cataluña que


T

régola 3

A ministra Ana Mato pretende que os inmigrantes sen papeis sexan atendidos polas ONG

impuxo o euro por receita a modo de repago, convivindo coas novas medidas agora tomadas polo executivo. Este tesoiretazo implicará o aforro dun mínimo de 7.200 millóns de euros, pero suporá un grave atentado contra o estado de benestar social. Convencéronnos de que estivemos a vivir por riba das nosas posibilidades, e de que deberiamos estar agradecidos polo gran esfor-

zo que o Estado está a facer por proporcionar unha sanidade pública e de calidade.

O repago non é máis que un eufemismo do copago

Gráfico do gasto medio por habitante en sanidade na Comunidade Europea

A sanidade pública de España é das máis baratas e das máis eficaces. Por só 1.500 euros anuais por persoa, os españois temos un amplo abano servizos con cobertura universal. O grao de satisfacción dos españois co seu sistema público de saúde é altísimo. O número de persoas en España que declara en enquisas que non ten acceso á sanidade está no 0,2%, unha porcentaxe menor á de Francia, Italia e incluso Alemaña. O gasto público español non é excesivo. Contrariamente ao que nos pretenden vender estamos cinco puntos por debaixo da media europea incluso agora a distancia é menor debido ao alto número de parados. Ata o inicio da crise, entre 2001 e 2007, o gasto público español rondaba o 38% e agora é do 45,6% fronte ao 50,6% da UE. A sanidade pública e gratuíta é un dereito que os políticos deben facer prevalecer por riba dos intereses financeiros, non é algo que o cidadán deba agradecer, senón algo que debe reclamar.

Andrea Vilas 2º Bach. B

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 4

Pedra, papel e... TESOIRAS

E

ste curso que está a piques de rematar, se por algo se caracterizou foi polas numerosas folgas que se sucederon ao longo de todo o ano. Pero, realmente coñécense as razóns principais destas folgas? Admitámolo, moitos dos alumnos e alumnas aproveitaban as folgas e manifestacións para durmir, estudar ou, simplemente, por non ir a clase. Pero, acaso non hai razóns máis que de sobra para manifestarse? Ben, empecemos polo principio. Como todos sabemos, no pasado mes de novembro houbo unhas eleccións que supuxeron un cambio no goberno. O PSOE, tras case oito anos de goberno, foi desprazado do poder polo PP. Este cambio supuxo unha serie de reformas por parte do goberno, comunmente coñecidas como recortes. Recortes na sanidade e na educación son os máis soados. En

L e t ras G ale gas 2012

qué consisten os recortes na educación, que son os que a nós nos inflúen e a principal causa das folgas levadas a cabo este ano. Quizais unha das principais reformas que máis nos teñen alarmados a nivel de colexios e institutos, é o aumento de alumnado por clase. Se antes con 31 alumnos se tiña a oportunidade de facer dúas clases, agora non. Agora haberá 35 alumnos en clases de bacharelato, 30 en clases da ESO e 25 en primaria. Isto suporá un hándicap tanto para alumnos como para profesores, sobre todo para estes últimos xa que non é falta enfrontarse cada día a 35 adolescentes que están desexando rematar o curso. Ademais, para os profesores, aumentarán o número de horas lectivas, o que suporá o despido de moitos deles e non haberá contratación doutros novos, polo que las futuras

Recortes na sanidade e na educación son os máis soados

xeracións tamén o terán difícil para atopar traballo incluso no campo da docencia. Pero quizais a reforma que máis preocupa é o aumento das taxas para o acceso á universidade. Xa aumentaran os prezos para o acceso á universidade pero é que agora, ademais, haberá que pagar certa porcentaxe por matricularse nun curso se estás repetindo, variando esta segundo as


T

veces que repitas, chegando ao 90100% que haberá que pagar no caso de repetir por cuarta vez. Ademais, os alumnos que cheguen do estranxeiro, concretamente dun país que estea fóra da Unión Europea ou co que non se teña un convenio, terán que pagar o 100% do custo efectivo de cada curso no que se matricule.

Pero quizais a reforma que máis preocupa é o aumento das taxas para o acceso á universidade

régola 5

A situación económica actual é máis que sabido que é bastante preocupante. A cousa está difícil para atopar un traballo, e máis para aquelas persoas que non teñan estudos universitarios, graos e másters. Pero está claro que a este paso, a educación en lugar de ser un dereito, pasará a ser un privilexio que só algúns poderán costearse. Pero claro, non calquera pode permitirse pagar 1000 € de matrícula cada ano. Ou xa non só iso, senón aqueles que teñan que acceder a unha universidade privada, quizais non poidan permitirse pagar o necesario para rematar a carreira. Está claro que de onde non se pode quitar, non se pode quitar. Pero este, o noso goberno, prefire descontar cartos da educación das futuras xeracións do país, as xeracións que terán que vivir nun país complicado, que quitar cartos dalgunhas institucións como a Igrexa. Que xa non só non é recortar na Igrexa, senón que

ademais, se lle dá o que se nos está quitando na educación e na sanidade. Pero vaia, digamos que iso xa é outra historia.

Cludia Román 2ºBach.-A

A educación en lugar de ser un dereito, pasará a ser un privilexioe

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 6

O xiro europeo

P

arece que os cidadáns europeos se fartaron das políticas de austeridade impostas até o de agora polos políticos conservadores, e a nova palabra que entra no vocabulario político é crecemento, obviamente económico, xa non só dos presidentes republicanos. Así é que a axustada vitoria de François Hollande nas eleccións supón un cambio na mentalidade europea, que parece convencer ao electorado francés. A súa principal prioridade é a renegociación do tratado fiscal europeo incluíndo certos termos como os eurobonos e un cambio na política do Banco Europeo para que en vez de prestarlle diñeiro aos bancos o faga directamente aos Estados que o precisen unha idea que a chanceler alemá Angela Merkel rexeitou rotundamente durante a campaña de Hollande pero coa que agora parece mostrarse máis flexible ao aceptar a posibilidade de políticas

O FMI xa advertiu da posible suspensión de pagos que estimulen o crecemento xa que declarou que elaborará unha nova “axenda de crecemento para o cumio de Xuño do Consello europeo que reforce o Banco Europeo de Inversións e contemple a utilización dos fondos de infraestrutura da Unión Europea de xeito máis flexible para axudar ao crecemento europeo en Europa. Pero isto non lle evitou a terrible derrota electoral nas eleccións rexionais de Renania no norte de Westfalia onde os socialistas, alia-

dos con verdes gañaron, sumando ambos grupos, o 50,4% dos votos. O propio candidato rexional polo partido gobernante achacou esta derrota ás políticas de Angela Merkel. A esquerda tamén chega con forza ao parlamento grego, sendo o grupo de esquerda radical Syriza o segundo partido máis votado co 16,6% dos votos aínda que queda ensombrecido polo preocupante ascenso do partido neonazi, pero que mostra unha tendencia moi clara no pobo grego: o total rexeitamento das

Eurobonos e un cambio na política do Banco Europeo

L et ras G a le gas 2012


T medidas impostas pola comunidade europea tras o rescate económico, e que estaban sumindo á cidadanía nunha fonda recesión social na que servizo tan básicos como a atención médica eran de pago, cobrándose 5€ por consulta médica e 500€ por análise nun país no que o salario medio se viu reducido nun 30% nos últimos dous anos. Os resultados electorais non permiten a formación de goberno cun único partido, e aínda que os partidos gregos por excelencia (e ás ordes do FMI) formaran coalición, a suma dos seus escanos sería insuficiente. De aí as longas negociacións que se están levando a cabo estes días tentando de formar un gobernos de coalición que parece case imposible, vaticinándose así unhas novas eleccións que deixarían o parlamento aínda máis dividido. O FMI xa advertiu da posible suspensión de pagos do rescate internacional se o goberno grego resultante das negociacións non se compromete a seguir as medidas impostas pola comunidade europea. Ante esta situación Grecia só ten diñeiro suficiente para pagarlle aos seus empregados o salario este mes en caso de que a Eurozona suspenda o rescate.

régola 7

Ensombrecido polo preocupante ascenso do partido neonazi

E mentres toda Europa dá un xiro cara o crecemento en España mantense a agora dubidosa política de austeridade, cos recortes en servizo públicos e a inxección de liquidez nun sistema financeiro necesitado de reformas que ninguén se atreve a cometer. Senón parece incomprensible que tras unha semana das declaracións do Presidente alegando que o sistema bancario español estaba saneado, Bankia, un coñecido banco nacido da fusión de múltiples caixas, teña que ser nacionalizado, aínda que tecnicamente só o fora a súa matriz BFA. A nacionalización de BFA (ou Bankia, como vostedes prefiran) suporá unha inversión de 7.000 millóns de euros, cifra que desgrazadamente coincide co diñeiro aforrado en gasto sanitario e en educación (7.200 millóns de euros). Leccións de economía doméstica: de nada serve recortar por un lado se logo se malgasta polo outro.

Andrea Vilas 2º Bach. C

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 8

O cabaré do vicio

A

lumnas/os e profesoras/es do I.E.S. Santa Irene; permitídeme roubarvos uns minutos das vosas atarefadas vidas para facer unha pequena crítica desta gran sala de xogos que habitamos, este salón do ocio das debilidades e costumes máis repugnantes, O Cabaré do Vicio. Hoxe en día, todos vivimos nun mundo cada vez máis desigual e inxusto; nunha gran rede de fíos manipulados polos de sempre (a parte máis opulenta e rastreira da nosa sociedade), un mundo no cal saen adiante non sempre os máis preparados nin os máis emprendedores, se non os máis adiñeirados. Hoxe en día, a clase obreira parte o lombo todos os días para gañar un soldo que se ve reducido día a día, sempre en alerta pola lei do mercado, xa que actualmente a moitos nos pode botar doadamente á rúa; loitando continuamente para poder asegurar o seu futuro e o dos seus fillos, cando en realidade os que levan os beneficios son os que xa teñen moito máis do que precisan.

Dentro deste panorama tan negro, un dos grupos máis prexudicados da nosa sociedade, e en todas as sociedades en xeral ao longo da historia, son as mulleres. Na actualidade aínda existen algunhas culturas nas que se o

Dentro deste panorama tan negro, un dos grupos máis prexudicados da nosa sociedade, e en todas as sociedades en xeral ao longo da historia, son as mulleres

L e t ras G ale gas 2012

marido acusa de infidelidade á súa dona (aínda que só sexa por celos ou un presentimento) é da muller da cal se dubida, e non da cordura do home. As mulleres que non son fértiles son repudiadas e marxinadas pola sociedade, xa que ao non ter capacidade para procrear é considerado algo vergoñoso no xénero feminino. Ata o ano 1931 en España ás mulleres non se lles permitía votar. Todas elas eran denominadas como “A muller de…”, “A nai de…” ou “A filla de…” impedíndolles o valerse por si mesmas e ter unha identidade propia, xa que dependían sempre dun varón que tiña a obriga de responsabilizarse delas e da súa conduta. Tras a paréntese que supuxo a II República, o comezo da Guerra Civil e da ditadura de Franco desandou o andado durante o período anterior. Na actualidade no noso país, xa existen leis que prohiben este tipo de comportamentos, pero isto non quere dicir que se cumpran na práctica. A Enquisa Anual de Estrutura Salarial publicada no 2009 polo


T

régola 9

Mentalidade machista que nos acompaña a todos dende hai séculos

INE, desvela que hoxe en día, o home gaña un 22% máis cá muller. Isto indica que, aínda que xa se incorporou ao mercado de traballo, quédalle bastante camiño que percorrer para eliminar a masculinización do mundo laboral. O feito de que a muller se involucre no traballo fóra do fogar su pón, ademais dun avance; xa que o xénero feminino pode aportar moitas cousas, un cambio na forma de levar unha familia e da organización das tarefas do fogar; cousa que algúns homes aínda non son quen de aceptar. Xeralmente e por desgraza, é ao home a quen contratan para cargos de responsabilidade aínda que a muller aspirante ao posto estea igual ou incluso mellor preparada. A esta situación de desigualdade contribúen algunhas institucións

con moita influencia. Este sería o caso de Igrexa Católica, que bota man do seu poder para manipular as mulleres. Escravízaas a ser “A perfecta ama da casa” metendo nas súas cabeciñas pensantes dos seus adeptos, ideoloxías de séculos pasados; fomenta que se convertan en “máquinas incubadoras” condenando o uso de métodos anticonceptivos, e impide que ocupen cargos importantes dentro da súa organización relixiosa. Ademais, para esta institución só existe unha maneira posible de vivir a sexualidade de cada un: amando a unha persoa do sexo oposto. Xa que segundo afirma, “A homosexualidade non é unha preferencia, se non unha enfermidade contaxiosa, nalgúns casos curable”.

Todas estas actitudes e comportamentos, débense sobre todo a esa mentalidade machista que nos acompaña a todos dende hai séculos. E digo a todos porque non só os homes teñen a culpa, tamén a teñen en parte as nais que permiten que os seus fillo pensen e actúen dunha forma tan retrógrada. Porque non só consiste en ensinarlles a que nos queiran e nos respecten, se non que tamén debemos querernos e respectarnos nós mesmas. Debemos fomentar entre todos unha educación máis igualitaria, debemos erradicar ese costume de asignar personalidades e tarefas dependendo do sexo, debemos crear un mundo de todas/os e para todas/os, porque niso consiste a igualdade e o equilibrio.

Irene Maldonado Martínez 3ºESO A

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 10

Publicidade sexista

N

ovamente lles propoño un xogo, miren atentamente o televisor, e conten os anuncios. Colonias, xoguetes, electrodomésticos, deterxentes.. todo aquilo que se pode mercar chega a nós a través do que un día foi o tubo catódico e hoxe é unha longa ladaíña de compoñentes impronunciábeis. E agora ben, pensen cantos deses anuncios publicitarios aproveitan tópicos dun sexo ou outro para esgrimir o seu cometido: vender. O periódico dixital “Mujeres en Red” abarca este problema de sexismo publicitario e axúdannos a recoñecelo, dado que moitas veces nin nos decatamos. Anuncios que relacionan éxito con beleza, que presentan o corpo feminino como un espazo cheo de imperfeccións e que debe ser corrixido, roles profesionais de pouco prestixio ou a catalogación das mulleres como seres impulsivos e caprichosos son algúns dos exemplos. Tomemos o aromático mundo das colonias: o anuncio no que unha famosa actriz se despoxa das súas

L e t ras G ale gas 2012

O fomento de roles anticuados xa non vende

luxosas roupas ata rematar espida, provocando a asociación de beleza con éxito, sen esquecernos das interesantes vistas que ofrece, volvendo á utilización do corpo feminino como reclamo. Non esquezamos tampouco o anuncio no que un home é adulado por dúas impoñentes mulleres ás que é imposible mi rarlles aos ollos, e todo grazas a unha fragancia en cuestión, que parece

provocar o mesmo efecto que o celo animal. E de algo tan fino como a colonia pasamos aos desodorizantes, onde non é preciso mencionar a marca exacta que fai unha brutal apoloxía do machismo para venderse. A súa concepción publicitaria da muller é definible como o conxunto todos os tópicos denigrantes que un día unha sociedade ignorante e machista concibiu. E agora díganme: mantería este anuncio o sentido se cambiaran os papeis? Unha muller gozando do acoso (si, porque non ten outro nome) dun montón de cachas con sobredose de esteroides? Non quedaría moi crible. Como ben destaca a organización Colectivo femenino TV se un anuncio non tolera ou queda ridículo co cambio de sexo do seus protagonistas é un anuncio claramente sexista. A problemática recae en que cando moitos destes anuncios son denunciados a publicidade gratuíta que se lle fai á marca é inevitable. Das 49 denuncias que houbo de publicidade sexista no 2003 pasouse a 409 no último informe de 2011 do


T

régola 11

Se un nuncio non acepta o intercambio de papeis é un anuncio sexista

O 95% das denunciantes son mulleres

Instituto da muller, no que o 95% das denunciantes obviamente foron mulleres, e non se equivoquen non é unha cuestión de feminismo, é unha cuestión de dignidade, porque ningún home tampouco se sentiría cómodo se o tratasen de estúpido, frívolo, bruto ou como un compendio de músculos e sexualidade.

Outro tipo de publicidade é posible, no século XXI os homes non precisan dun graduado para poñer unha lavadora, cociñan, utilizan cosméticos, coidan dos fillos ao igual que mulleres, e non como un favor ou unha axuda doméstica, senón porque é o seu deber nunha parella. O fomento de roles anticuados lévannos á recesión social, e ademais xa non vende.

Senón aí temos o premio de Cannes ao mellor anuncio publicitario 2009, para a lavadora Ariston Aqualtis, que nos mergulla nun simpático microescosistema afastado dos típicos tópicos que acompañan ás tarefas no fogar. A orixinalidade vende.

Andrea Vilas 2º Bach. B.

Outro tipo de publicidade é posible no século XXI

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 12

Os museos de vigo modernízanse

M

oito máis preto do que nos imaxinamos temos unha gran oferta cultural e lúdica que nos ofrecen os nosos museos. Os museos, lonxe de seren lugares soporíferos, onde a arte quedou petrificada séculos ou décadas atrás, abandonan o tópico para converterse en lugares dinámicos, activos e sumamente divertidos. Aquí darémosvos unha opción para percorrer os que nos pareceron os máis interesantes. MuseO dO Mar Para que vos situedes o Museo do Mar está en primeira liña da costa, situada onde o antigo matadoiro, na avenida da Atlántida e reformado polo arquitecto vigués César Portela. O museo divídese en dúas grandes salas de exposición, a sala de exposicións permanente na que se afonda na nosa cultura, e en especial no que foi o medio de subsistencia galego durante case toda a nosa historia: a

Os museos, lonxe de seren lugares soporíferos, onde a arte quedou petrificada séculos ou décadas atrás

L e t ras G ale gas 2012

Toda unha oportunidade para ver como era a nosa cidade antes

pesca, e completándose cun bloque científico situado no soto do edificio. No outro grande bloque atopamos a sala de exposicións temporais, que agora mesmo está ocupada pola elaborada selección de oitenta e cinco fotografías temáticas sobre a costa galega centrándose en Bouzas e Vigo do Arquivo Pacheco feitas entre 1895 e 1960, toda unha oportunidade para ver como era a nosa cidade antes dos recheos e antes da brutal mutilación das nosas costas.

O VerbuM Deseñado tamén por César Portela o museo de aire cubista sitúase a escasos metros do Museo do Mar. O espazo divídese en catro grandes cubos, sempre relacionados coa temática da comunicación, estes son: Linguaxe e Comunicación, Literatura, Ciencias, e Tecnoloxía. Divididos cada un á súa vez en distintos subespazos temáticos. Proximamente na sección de Literatura haberá un espazo dedicado a Valentín Paz Andrade,


T con exposicións interactivas que nos achegarán á obra do autor. Ademais do edificio en si, o museo conta cun pequeno xardín onde se mostran algunhas obras escultóricas como a escultura en bronce de Sergio Portela O Susurro, ademais doutras de diferentes autores que se atopan á entrada do auditorio.

Desde unha sala

chea de globos,

régola 13

O MuseO dO MarCO É un museo situado na rúa do Príncipe no que cada certo tempo podemos gozar dunha nova exposición de arte. Desde unha sala chea de globos, a unha sala con mensaxes escritas en cartón incluso, produciuse o récord Guiness do solo de guitarra máis longo do mundo (pouco máis de sete horas). Este museo naceu en outubro do ano 2002, xa que anteriormente fora un cárcere, froito dunha asociación do Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra, Caixanova e a Xunta de Galiza, naceu a fundación Marco. Este museo está especializado na arte contemporánea e nas exposicións rupturistas e vangardistas ás que poucos museos da actualidade lle dedican algún espazo. a FundaCión nOVagaliCia banCO

a unha sala

con mensaxes escritas

en cartón incluso,

produciuse o récord Guiness

do solo de guitarra

máis longo do mundo

Actualmente, desde o 9 de febreiro ata o 2 de setembro deste ano podemos achegarnos á exposición Presenza Aciva. Acción, obxecto e público, na que atopamos distintas salas dedicadas a distintas actividades. Nunha delas podemos atopar unha gaiola e unha lámpada rota, noutra unha pista de tenis e noutra un proxector con distintas diapositivas que proporcionan mensaxes como “Our Day Will Come” (“Chegará o noso día”) ou “A Fight, a Victory” (“Unha guerra, unha vitoria”). É unha forma divertida de pasar a tarde na cidade de Vigo na que as actividades lúdicas e, á vez, entretidas para todos, escasean.

Este museo está situado en Policarpo Sanz nun edificio dos máis emblemáticos da cidade construído a finais do século XIX, ademais de ser un edificio que é utilizado para outros ámbitos públicos e privados, coma por exemplo, o auditorio que se pode utilizar para a proxección de películas, a realización de vídeo conferencias e a tradución simultánea a seis linguas distintas. Nel podemos atopar unha ampla retrospectiva dos nosos pintores galegos como Seoane e Castelao, pasando por todos os estilos pictóricos ata a arte vangardista como Maruxa Maio ou Leiro autor do coñecidísimo Sereo da Porta do Sol.

Claudia Román 2º BACH A

Andrea Vilas 2º BACH B

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 14

Esta nosa educación...

C

omezarei dicindo que este é un artigo de opinión, polo que non deberiades enfadarvos, senón facer unha crítica construtiva do artigo, no caso de que non comprendades o meu punto de vista. España é un país de costumes, que sempre intentou moverse ao ton da sociedade europea, pero en canto ao bacharelato ou mesmamente na ESO non adquirimos os mesmos sistemas que o resto de Europa. O sistema español é claramente cuestionable. Un sistema no que os alumnos fan continuas folgas e protestas, é a causa evidente de que hai un claro desacordo por parte da sociedade con mesmo. Realmente, paises como Inglaterra (no que o bacharelato conta con 3 materias) ou Portugal (o cal conta con 5 materias a elixir) teñen uns procedementos moito máis asequibles dende o meu punto de vista, xa que sería moito máis fácil para nós sacar mellores notas con 3 materias que co triple. Outra das cousas que me gustaría salientar é a forma na que se fan esa especie de “packs” de 4 asignaturas que se supón que son da especialidade que collerás pero realmente: un farmacéutico necesita as integrais para calcular canto lle debe devolver ao consumidor? Deberiamos cuestionarnos tamén a existencia dun sistema no que non podes escoller totalmente as materias que precisas para a carreira que che gustaría facer. Así, dende o meu punto de vista, todas as materias das especialidades deberian ser opcionais. Con relación ás materias opcionais, tamén teño a poderosa necesidade de mencionar qué lles pasou pola cabeza ás persoas que decidiron pór 5 materias de letras, no bacharelato de Ciencias. É algo francamente incomprensible segundo a meu humilde parecer. As persoas que

cursan un bacharelato de Humanidades é comprensible que teñan estas materias,pero xa que eles non teñen matemáticas, física ou bioloxía, por que “os de Ciencias” si que debemos ter estas materias?... Eu atreveriame a dar unha medida de cara a satisfacer as nosas necesidades educativas:unha especialización dende antes, é dicir, decidir nós mesmos dende un cursos anterior, como cuarto, podendo así estar más aliviados en canto ao volume de materia se refiere nos vindeiros cursos. A todas estas preguntas non lle encontro respota. Nós somos os vestixios dun sistema educativo anticuado e esquecido á cola de Europa no informe Pisa. Se tanta relevancia ten este documento e nós estamos nos limites inferiores, algo quere dicir...

Estefanía Pereira Pinto 2º Bach. B.

L e t ras G ale gas 2012


T

régola 15

Peche do Liste

C

erca dun centenar de pais, nais, persoal e alumnos do CEIP Altamar formaron unha cadena humana en torno ao edificio do Museo Liste para exixir ao Concello a súa reapertura. A institución cerrou as súas portas o 1º de febreiro ante a imposibilidade,

O Anpa do Altamar destacaba a importancia do Liste a nivel educativo e denunciaban que o seu peche

segundo os seus responsables, de “seguir acumulando débedas” e os problemas co Concello para cerrar a súa financiación. O Anpa do Altamar destacaba a importancia do Liste a nivel educativo e denunciaba que o seu peche supón a perda dunha ferramente didáctica para as escolas. A falta de fondo impídelles seguir traballando e, pese a que o goberno local se comprometeu a entregarlles uns 40.000 euros dos presupuestos do pasado ano e incluír no documento do 2012 unha partida de 147.000 euros, de momento non hai fondos para continuar. O Alcalde di: “O patronato non recibiu os 6.000 euros estipulados nin tampouco os 40.000 prometidos, xa que os proxectos do convenio de ambos aínda non foron aprobados pola xunta do goberno local, o pasado 30 de decembro, fora da orde do día”.

supón a perda dunha ferramente didáctica para as escolas Rocío Castillo 3º ESO C

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 16

12M

T

odo empezou hai un ano, cando dende un descontento social que necesitaba ser expresado dunha vez por todas naceu un novo movemento. Ata o 15 de maio do 2011 existía un pensamento xeral de que a xuventude estaba calada, durmida, de que non se interesaba polo seu futuro, pero quedou demostrado que non era así, fíxose ver que, por primeira vez dende facía varios anos, había ganas de loitar, e xente de todas as idades, ideoloxías, crenzas e razas uniuse á causa creando unha protesta global. O 15M suscitou un debate político que lles custou aos manifestantes moitas críticas, insultos e faltas de respecto, pero unha vez máis viuse que a unión fai a forza e a pesar das adversidades conseguiron estender os seus ideais a Berlín, Bélxica, Reino Unido, Francia, Islandia, Portugal, Xapón, México, USA, Argentina, Perú, Colombia... etc. Quizais o 15M non cambiou o sistema, pero si que recolleu ideas para intentar melloralo, para ser máis específicos unhas 14.700, que se escribiron de forma anóni-

Unha vez máis viuse que a unión fai a forza

ma e voluntaria polos cidadáns, e que logo se clasificaron en cinco bloques. A día de hoxe esas propostas están expostas na páxina web "http://madrid.tomalaplaza. net/2012/04/24/compilacion-final-de-propuestas/" para que todo o mundo poida consultalas libremente. Pasado un ano escolleuse o día 12 de Maio para celebrar o aniversario desta revolución e para protestar polos recentes recortes levados a cabo polo novo goberno nas materias, sobretodo, de sanidade e educación. O 12M obtivo unha participación multitudinaria a nivel nacional e unha certa recollida internacional, por exemplo: reuniu a 11.000 persoas en Vigo, é fálase de cifras entre 90.000 e 120.000 para referírmonos só á concentración de Madrid. A xente volveu saír as rúas de forma pacífica, e aínda que a hora legal para rematar a manisfestación madrileña era as 22:00, algúns indignados puxeron en entredito que fose ético pór horarios a unha revolución e decidiron quedarse alí como símbolo de protesta, ata que ás cinco da madrugada do día seguinte a policía decidiu tomar represalias contra as 200 persoas que aínda estaban alí, levando a cabo un desaloxo "pacífico" que rematou con 18 detidos; noutros lugares como en Barcelona os indignados tiñan permiso incluso para quedar acampados. Este non é o final do movemento, sen dúbida o 15M segue vivo, e non se rendirá ante as inxustizas do sistema, continuará a loitar contra os abusos e reivindicará as dignidades sociais.

Ángela Romero 1º Bach. E Iago Albés 1º Bach. C

L e t ras G ale gas 2012


T

régola 17

O mito do 2012

S

eguro que oístes falar do famoso mito maia sobre a fin do mundo en decembro de 2012, unha crenza que case ninguén traga, pero úsase para facer bromas como: "Se o mundo vai acabar en decembro, en abril pódese deixar de usar condón?" ou "Se o mundo vai acabar este ano, para que estudei toda a miña vida?" Pero que todo o mundo non se alarme xa que este é só un mito absurdo. Algunha xente afirma que é verdade polo feito de que a cultura maia fora a máis avanzada en canto a astronomía e cando Europa aínda utilizaba eses incómodos números romanos os maias xa eran capaces de utilizar os números que hoxe en día se utilizan incluíndo o 0. A base do mito no é nada máis nin nada menos que o feito de que o calendario maia acabe no ano 2012. Ata fixeron unha produción estadounidense valéndose dese mito, "2012", que trata sobre o tema, de ficción claro, pero baseada no mito ou tal vez valéndose del. Unha das causas máis probables sobre a fin do mundo sería a fin da vida do Sol: o sol. Como calquera

estrela ten unha vida útil e limitada e a súa enerxía vai acabar algún día.

Víctor Fernández 2º ESO C

Envelenamento de cans na avenida de Castelao Este súbito aumento de envelenamento nos cans domésticos sorprendeu ós veterinarios de zona. Algúns comezaron a investigar o porqué do acontecido e descubriron que os cans compartían unha característica común: comeran alimentos envelenados con matarratos no chan na avenida de Castelao e arredores. Os cans, seguindo o seu instinto, coméno e, por conseguinte envelenánse. Isto provócalles unha grande dor no estómago, pulmóns e no sistema nervioso. O caso xa está en mans da policía, pero aínda non se encontrou a ningún sospeitoso. Mentres máis cans continúan sendo envelenados neste momento, na tranquila cidade de Vigo.

N Vigo.

o pasado 2011, máis de cincuenta cans morreron por envelenamento e case cen foron ingresados de urxencia nas clínicas veterinarias de

Antía González 3º ESO A

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 18

VALENTÍN PAZ-ANDRADE 50 Aniversario das letras galegas

O

utro ano máis chega o día das Letras Galegas, este ano dedicadas a Valentín Paz Andrade, escritor pontevedrés do que falaremos a continuación. Este ano non é un ano calquera, pois hai 50 anos que se instaurou este día, concretamente en 1963, para homenaxear os cen anos que pasaran dende a publicación da Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Valentín Paz-Andrade naceu o 23 de abril de 1898 na parroquia de Lérez (Pontevedra) nunha familia ben coñecida da cidade. Iniciouse no xornalismo grazas ao seu tío Juan Bautista Andrade, comezou a interesarse pola literatura e coñeceu a Castelao, sen embargo, el sempre se definiu coma “Un mero xornalista”. Na súa vida exerceu moitos oficios: xornalista, avogado, economista, empresario, intelectual, político e investigador histórico. A partir do 1917 estuda leis en Santiago, e participa activamente no movemento galeguista. En 1921 despois de rematar a carreira marcha á guerra de África, unha experiencia que deixou moita pegada na súa

L e t ras G ale gas 2012

Adquiriu coñecementos do sector pesqueiro que deron como resultado a creación de Pescanova S.A.

novela. A partir do 1922 dirixiu o xornal Galicia, cun cáracter liberal, indipendente e galeguista. En 1924 pasou preso dous meses en Vigo, por enviar e publicar varios artigos criticando as industrias pesqueiras. En 1926 empeza a exercer como avoga-

do, e dous anos máis tarde publícase o seu primeiro libro Los puertos nacionales de pesca. Aportación de Vigo al estudio del problema. Nos anos trinta toma parte na elaboración do anteproxecto do Estatuto de Galicia e é candidato a deputado. En 1936 Valentín Paz-Andrade, foi desterrado a Verín e no ano seguinte


T

régola 19

DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2012 Otorgáronlle o Pedrón de Ouro, e a Medalla do Mérito Social Marítimo e a Medalla de Castelao

destérrano de novo a Requixo da Queixa, logo a Castro Caldelas e A Pobra de Trives, aí coñeceu a Pilar Rodríguez Prada, coa que casou en 1939. Durante a década dos corenta dedícase á súa actividade profesional, pero non abandona o xornalismo. Nos cincuenta, na súa xira americana, adquirirá coñecementos do sector pesqueiro que resultarían transcendentais para a nosa terra, como a creación de Pescanova S.A. No ano 1963 traballou no proxecto de creación do Banco Industrial de Galicia, un banco netamente galego orientado ao aforro e ao desenvolvemento do país, pero denegáronlle a autorización. Todas estas actividades non lle impiden seguir escribindo en diferentes medios, investigando e interesándose polos diversos eidos da cultura. En 1968 sae o seu segundo poemario Sementeira do vento” e no ano 1970 “La marginación en Galicia. Seis anos despois participa activamente na renacenza da democracia en España. Foi elixido membro da Real Academia da Lingua e das Ciencias, outorgáronlle o Pedrón de Ouro, e a Medalla do Mérito Social Marítimo e a Medalla de Castelao, entre outros moitos recoñecementos. Despois de loitar varios meses contra unha doenza cardiovascular, finou unha madrugada do 19 de maio de 1987. Foi enterrado no panteón familiar do cemiterio de Lérez, na súa Pontevedra natal, envolto na bandeira galega, segundo expreso desexo seu.

Iago Albés 1º Bach. C

Anxela Romero 1º Bach. E

María Olivares 1º Bach. C

Guillermo David 1º Bach. C

Na matrícula Galiza, sempre túa que dende a Torre de Hércules ao Miño un facho acenderá por cada illa, cando ti volvas polo mare; de toxo unha fogueira en cada monte; cando ti volvas polo mare; dos castros na coroa unha cachela, cando ti volvas polo mare; unha loura candea en cada pino, cando ti volvas polo mare; o seu cirio de frouma os alciprestes, cando ti volvas polo mare; luces de ardora branca en cada mastro, cando ti volvas polo mare; un farol mariñeiro en cada dorna, cando ti volvas polo mare; veliñas á xanela en cada casa, cando ti volvas polo mare; e as pérolas das bágoas derramadas, cando ti chegues polo mare; cando ti chegues polo mare Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 20

Despedida da Promoción

M

irade ben estes rapaces, poden ser as caras de calquera mozo ou moza de calquera instituto, pero estas son especiais. Son os vosos compañeiros, que se marchan dun instituto que practicamente fixo deles o que son agora, e aínda que nos marchemos

2º Bacharelato -A

2º Bacharelato -B

2º Bacharelato -C

L e t ras G ale gas 2012


T

régola 21

2006 - 2012 cunha gran mágoa esta pérdese ao pensar todo o que nos agarda, nese valor absurdo que caracteriza ás xeracións ben preparadas. Grazas a todos os profesores por axudarnos a ser quen somos, e unha gran aperta para todos os nosos compañeiros..

2º Bacharelato -D

2º Bacharelato -E

2º Bacharelato Adultos

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 22

Letras Galegas 2012 - Santa Irene Primeiro premio de narrativa categoría B (4º ESO e Bacharelato) do certame literario

Seis de doce, ou recordos soterrados "SON UN DRAMÁTICO, PERO É QUE A VIDA NON É MÁIS QUE PURO TEATRO" Os recordos afloraban sen cesar a medida que me ía acercando ao camposanto. Cantos de nós estariamos alí? Esta vez decateime da morte dun dos meus camaradas de pura casualidade, nunha esquela no periódico (chegara a unha etapa da miña vida na que tiña que revisalas todas as semanas para actualizar a axenda de teléfono), pero que sería dos outros? Dende aquela noite, o grupo disolvérase. Sei que Pardiñas emigrara a México e Verdía morrera non hai moito dun mal. Pero do resto, nada. Pode ser que Manuel se convertese no periodista que sempre soñara ser, que Armando conseguise vivir da súa música ou que Afonso volvese dos Estados Unidos. Mais eu non tiña noticias deles dende hai alomenos trinta anos. De ser o mundo un lugar no que vivir, xamais nos teriamos separado. Pero non o é. Iso descrubino cedo e dunha forma crúa. Estabamos nolos doce sentados arredor da enorme mesa de carballo no salón da casa dos pais de Verdía. Catro mulleres e oito homes. Eramos ben novos (apenas superabamos a vintena) e, polo tanto, megalómanos: criamos ter o mundo aos nosos pés. Falabamos de literatura, filosofía e música nunha animosa competición para demostrar quen sabía máis (e, nun esperpento, os que menos sabían eran os que máis falaban). Calmabamos a nosa sede con oporto, que nos ofrecía a sensación efémera dun futuro idílico. Para que non se escapase esta esfumegante euforia, bebiamos máis. A única que desentoaba no grupo era Amelia, miña Amelia (canto te quixen secretamente), cunha face pesarosa. Cando rematamos outra das botellas, ofreceuse ela ir buscar un par máis á cociña e acompañeina. Xa lonxe

L e t ras G ale gas 2012

do barullo que se estaba a formar no piso de arriba, pregunteille que Ile pasaba. Reticente ao principio, acabou contándome que recibira á mañá unha carta dos Estados Unidos na que Ile notificaban, dende o hospital no que estaba internado seu irmán Afonso, que este tivera unha recidiva da súa enfermidade. Aconsellábanlle viaxar ata alí para poder estar con el; o seu estado non era prometedor. Mais non podía permitirse os custos e, nun intento por reconfortala, díxenlle que a axudaría cos cartos (aínda que a verdade é que non sabía de onde os podería sacar). Fitoume directamente aos ollos durante uns longuísimos e doces segundos, en silencio, e logo ocultou os sabucos que comezaban a brotar cunha aperta que me extasiou. "Será mellor que levemos isto arriba axiña, parece que a xoldra está a amainar e iso non pode ser", dixo ela, e saímos da cociña. Chegamos á sala e non se miraba moito máis que o fulgor das cabichas fumegantes (vagalumes nefandos). Descorchamos unha das botellas que trouxemos e seguimos a falar. Maruxa e Toño desculpáronsee retiráronse a unha habitación alegando que xa estaban cansos. Despois de que marcharan, e cun irracional medo ao silencio que comezaba a abrirse camiño, puxemos un vinilo de Víctor Jara (non moi alto; aquilo non deixaba de ser mil novecentos setenta e dous) e a noite seguiu para nós. De súpeto, berros. A voz de napalm de Toño alzouse cun "puta" xurafaz, seguido do son dunha labazada e do un corpo caendo ao chan. Levantámonos todos e corremos cara aao dormitorio. Toño, co mirar anubrado, feito unha furia, saíu ao mesmo tempo do cuarto buscando a Gonzalo. As mulleres foron xunto a Maruxa, cuxa fazula esquerda semellaba estar en carne viva, e choraba desculpas. Entón entendín o que pasara. Maruxa confesáralle o seu namorisco con Gonzalo. Eu descubrira a súa relación


T

régola

había case seis meses e, teimoso, intentei convencelos de que aquilo acabaría tendo un final funesto. Que máis podería ter feito? Tamén é certo que había tempo que non se miraba á doce Maruxa tan leda e que o ollar de Gonzalo brillaba con faíscas de xúbilo. Supoño que xa non aguantarían máis o segredo, que os estaría a comer por dentro, que o alcohol lles fixera pensar que ese era o mellor momento para confesar. Toño precipitárase na busca do amante da súa moza e amigo dende a infancia, que estaba no baño do piso de abaixo. Intentei frealo pero el xa se abalanzara sobre Gonzalo, que porfiou un grito e despois, silencio. Un silencio terrible, intolerable, sen límites. Chegamos abaixo e vimos o corpo de Gonzalo no chan. Tumbado, boca arriba. Dunha brecha sobre a cella dereita brotaba sangue bordó. Estaba no coche, no aparcamento do cemiterio, intentando recompoñerme da vertixe dos recordos, cando un

23

home petou na ventá. Despois dun breve instante, recoñecín detrás de todos os anos o sorriso amable de Manuel. Saín e deille unha aperta. Quedamos calados, había demasiado por contar e á vez estaba todo dito. —Imos; creo que tamén viñeron Rosalía, Dolores e Lourenzo. Do resto non sei nada. Chegamos xusto cando estaban metendo o cadaleito no nicho. A miña alma encheuse de baleiro, dunha negrura existencial que me afogaba ata o tortuoso. Presenciamos os cinco todo o momento en silencio mentres marmañaba. Reencontro e último adeus de Amelia, miña Amelia, a quen tan covardemente amei.

XurElOS, XOuBAS... Aldara Cidrás Fuentes 2º Bach E

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 24

Primeiro premio de narrativa categoría A (1º, 2º 3º ESO ) do certame literario

¡Maldita crise! Aquela noite, Valentín, escoitou unha vez máis a discusión dos seus pais, MALDITA CRISE!, maldito goberno! A súa nai comentaba que maná tiña que pagar o recibo da comunidade, e preguntáballe ao seu home de onde ía sacar os cartos, –No banco non temos diñeiro, Temos que facer algo! O seu home facía uns silencios terroríficos, Valentín escoitaba e esperaba unha resposta do seu pai, pero o pai soamente comentou que había que alargar o

L e t ras G ale gas 2012

pago, non quedaba outra, contestou: –María, temos piso, temos coche, ben, todo a medias co banco, temos dous filos, pero non temos cartos, somos pobres, agora ímonos deitar e mañá xa veremos o que facemos. Valentín, achantado e preocupado pala conversa dos seus pais, pensou que algo había que facer e foi para a cama e empezou a maquinar, - mañá levantareime cedo, é sábado, non teño clase, e podo ir pescar.


T

régola

Ao día seguinte Valentín colleu todos os bártulos. A súa irmá, Castora, despertou, e el díxolle que volvese durmir que era moi cedo, e que lle dixese a súa nai que sobre as dúas estaría na casa que non se preocupase. Valentín foi camiñando ata o peirao, puso dúas canas entre as pedras, unha era para pescar luras, e outra contaba con que algunha faneca famenta mordera o anzol. As horas foron pasando, e algúns homes puxéronse á súa beira pescando, estaban en silencio, porque aos peixes non lles podes dar pistas de que os queres pescar, sonche moi listos! Valentín deuse conta que Femando, o home que pescaba a súa dereita, era o fontaneiro que un día viñera á casa a amañarlle a súa nai a lavadora, sabía que estaba no paro, escoitárallo dicir ao seu pai. Recoñeceu tamén a Xurxo, un rapaz duns vinte anos, que é adestrador de balonmán, que sabía que tampouco traballaba. Había tamén tres mulleres que coñecia do barrio, vivían nas "casas baratas" e todas elas tiñan fillos, tamén estaban outros homes que el non coñecía, pero que estaban desaliñados e con barba de días, era fácil pensar que todos necesitaban a pesca para comer ou para sacar uns cartos, pensou -¿Será isto o que Rajoy chama "economía sumergida"? Entre estes pensamentos deuse conta que era a unha e media pasada, fixo balance do que pescara, calculou un quilo de luras, seis fanecas e oito piardas; tiña que marchar. Primeiro pasou polo bar, onde nalgunha ocasión a súa nai lles axudaba na cociña. Ali atopou o señor Pepe, e tras saudarse amistosamente, comentoulle moi serio que viña facer negocios, e ofreceulle a súa pesca, pero antes de aceptar a compra, o señor Pepe preguntoulle se os seus pais seguían no paro, Valentín respostoulle que si, pero que o seu pai facía cholladas. O bo home mirou a bolsa, sacou as fanecas e as piardas para unha fonte de aluminio e colleu do bolsillo un billete de 50 euros, (logo entereime que fora moi ben pagado o peixe) e deixou as luras dicindo que mellor as levara para cociñar na casa porque enceboladas estaban moi boas, a túa nai é boa cociñeira, dille que volas prepare, (dicía unha gran verdade, a miña nai é moi boa cociñeira). Valentín, correu, (xa pasaban das dúas), chegou suando, o seu pai aínda non chegara, estaba na casa do seu tío pintándolle o garaxe, a súa nai estaba moi enfadada, empezou a berrarlle, faltaches ao teu partido de baloncesto!, sabes que iso non se fai, que che pasa Valentín? O teu adestrador e compañeiros contaban contigo. Valentín ensinoulle a bolsa coas luras e o diñeiro, explicoulle todo, e tamén lle pasou o recado da muller do señor Pepe, que

25

lle encargara a súa nai unha ducia de madalenas e unha torta de castañas para celebrar o día seguinte o aniversario do seu neto. A nai sonriu, e acariñou aquel billete, aínda que pola súa boca seguíalle berrando por non cumprir coas súas obrigas, Valentín pensou que era moi difícil entender os maiores, sabía que só tiña doce anos, mais ás veces dicíanlle que tiña que ter prioridades na vida e metas, xa non sabía se axudar a pagar débedas formaba parte das súas abrigas, ben... non quixo darlle máis voltas, e comezou a axudarlle a súa nai coas madalenas, porque a muller do señor Pepe pagáballes moi ben e a súa nai non paraba de repetir que había que estarlle moi agradecidos.

rECOrtES lois Pérez Ogando 1º ESO B

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 26

Primeiro premio de poesía categoría B do certame literario Noso Pob

Vestidos coa carriza

os campos

os piñeiros.

esmeraldinos,

Aínda rabuñado

cos alecríns

algún cume

cuspidos

nevado.

no monte.

Descobre o paporrubio Nosos tons

escuma branca e perlada. no niño, o ceo cuberto

de ouro

as cinzas

e trillado,

de prata,

Docemente

primavera. anúncian unha nova

L e t ras G ale gas 2012

Pingando

MArMElO Estefanía Pereiro Pinto 2º Bach B


T

régola 27

Primeiro premio de ilustración categoría B (4º ESO e Bacharelato)

COrY Irene Meréns Vázquez 2º Bach B

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 28

Que endexamais remate a farándula (Ábrese o telón. Non hai decorado. Luces tenues. Aparece ELA.) ELA.- (Sincera). Vertixe. Vertixe é o que sinto ao pensar, agora que xa está a piques de rematar a miña aventura no Santa Irene, que pasan tan rápido catro anos coma ler un guion de teatro. Éme imposible non facer balance do que foi case un cuarto da miña vida entre estes impertérritos muros de pedra. Recordo incriblemente ben o meu primeiro día aquí e non podo evitar sentir melancolía ao imaxinar o último. Penso en todos os profesores que tiven, en todos os meus amigos e compañeiros, en todas as anécdotas, nas voltas que dá a vida. Mais hai algo que aínda me entristece máis e non se me quita da cabeza: é a idea de ter que lle dicir adeus ao paraninfo, que vimos mudar, ter que lle dicir adeus aos abrasivos focos da escena, ter que lle dicir adeus aos nervios imposibles dos minutos antes de comezar e ao indescritible poder gratificante dos aplausos. Hai cousas que xamais se esquecen, que permanecen impasibles ao paso do tempo. E Spasmo será unha delas. O noso grupo conformouse hai xa cinco anos cunha obra para monicreques de Lorca na que emanábamos dunha saba xigantesca e parece que remata -ironicamente- xunto coa Vida de Braian, que cruz A maioría dos máis fermosos recordos que gardo destes últimos anos ocorreron entre bastidores, e alí quedarán para non aburrirvos. Máis que un monólogo intimista para recordar -aínda que xamais esquecerei- o vivido sobre as táboas, quero animar a todo aquel que estea a escoitar isto

L e t ras G ale gas 2012

-por certo, grazas- a que o ano que vén se acerque polo paraninfo e se atreva a subir ao escenario. Porque aínda que o que representamos alí sexa pura farsa, as amizades que se traban son auténticas. Tanto o reparto actual como os compañeiros que deixaron o grupo son a miña familia e Bernardino, Araceli e Sindo unha especie de Santísima Trinidade que ten que se facer fronte todos os anos a todas ás nosas hormonas adolescentes que non dan tregua, polo que son merecedores de toda a miña admiración. Nós, os veteranos, marchamos. Aproveitamos ao máximo a hora e cuarto que tiñamos todos os anos para evadirvos do que quixerades. Si, para nós péchase o telón, pero afortunadamente o espectáculo debe continuar, e quero pensar que as xeracións futuras revitalizarán este grupo que un día foi noso -noso, e doutros tantos-. O grupo dos pequenos será o grupo dos maiores, e así sucesivamente. Ou non? Pode ser que algún día esta crise manstesoiras faga morrer ao teatro coma pasou este inverno coa calefacción? Non sexades pasivos espectadores desta traxedia -non grega- e non permitades que isto ocorra. Xa o dixo Arthur Miller: o teatro non pode desaparecer porque é a única arte onde a humanidade se enfronta consigo mesma. Moita merda. (Fai mutis polo foro).

Aldara Cidrás Fuentes 2º Bach E


T

régola 29

Carta de Catusa ao Santa Irene Co motivo da súa xubilación (abril 2012)

M

eu ben querido e para sempre amado, Santa Irene: Agora que imos deixar de vernos acotío quero facerte partícipe dos meus sentimentos cara a ti. Lembras cando nos coñecemos? Coas súas vivencias ao lombo pasaba 1980, era setembro, eu tiña trinta anos e un embarazo de oito meses e ti, xa eras vetusto e importante. Desde entón ata hoxe, cantas experiencias compartimos, cantas confidencias che teño feito e canto acougo recibín dos teus muros e do teu contorno!

Axudáchesme a medrar no persoal, coas achegas de alumnos e compañeiros dos que non teño máis que bos recordos. Tantos anos, tanta xente... Por lei de vida deixarei este mundo antes ca ti, e desexo que entre o granito da túa fachada, nalgún dos teus momentos de saudade, sintas: Ela foi unha das moitas persoas que comigo conviviron, que sempre me levou no seu corazón, e á que eu tamén lle gardo un agarimoso recuncho no meu ser. Ata sempre, Santa Irene.

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 30

Excursión a Cullera O

s de 4º soñabamos coa nosa excursión de fin de curso. Catro foron os anos que compartimos e por fin chegaba o momento de despedírmonos por todo o alto dun dos máis importantes períodos das nosas vidas, e con el dos amigos cos que tantas experiencias vivimos. Xa non pediamos que nos levasen a Francia ou Italia, pero cando Vicente nos dixo que iamos visitar Galicia e os seus "interesantes" museos, caéusenos o alma aos pés. Deseguida tomamos medidas e, grazas a participación da xente, conseguimos que nos levasen a Valencia. Saímos o dia 26 ás sete da mañá, a viaxe ía ser longa. Dende as ventás do autobús viamos como pouco a pouco o verdor galego desaparecía deixando lugar á paisaxe seca e árida castelanense. Tras seis horas que deron para durmir, cantar un aniversario feliz, contar chistes e, coma non, coñecer a Tito, o noso magnífico condutor, paramos a xantar ás aforas de Madrid. Sete horas despois, anoitecía, e xa cansos, divisamos por fin o mar. Un letreiro na montaña, ao máis puro estilo hollywoodense, dábanos a benvida. Chegáramos a Cullera. Aloxámonos no Hotel Santa Marta, de catro estrelas e con vistas ao mar. Deseguida pasóusenos o cansazo e comezou un bule-bule entre as habitacións, que non cesaría ata o amencer.

L e t ras G ale gas 2012

Esta excursión serviunos para aprender algo máis de cultura, degustar nova gastronomía, gozar de diferentes paisaxes e, como non, vivir novas experiencias

Ao día seguinte, tras un café ben cargado, collemos o autobús en dirección Valencia para visitar a Cidade das Artes e das Ciencias. Primeiro percorremos o museo,


T

régola

con exposicións interactivas sobre o universo, o corpo humano e tamén sobre superheroes. Despois asistimos a unha película en 3D de dinosauros submarinos no Hemisfèric, que foi impresionante. Pasamos a tarde no Oceanográfico, o maior centro mariño de Europa, onde puidemos observar todo tipo de especies acuáticas e algunhas aves. Tamén gozamos dun divertido espectáculo de golfiños. Ao redor das seis, decidimos ir ao centro da cidade onde puidemos ir de compras e algúns, reencontrarnos con vellos amigos de Valencia. O terceiro día fomos a Sagunto...que lugar! Alí observamos as fermosas vistas dende o castelo. Tivemos tempo libre para comprar recordos e visitar a feira. Xantamos nun acolledor restaurante no centro do pobo, onde degustamos unha deliciosa paella valenciana. Pola tarde fixemos unha interesante visita guiada en barca polo interior das covas de Sant Josep, en Vall d'Uixó. Tras unha noite un pouco axitada, ao día seguinte decidimos relaxarnos en Cullera, xa que a folga xeral do 29 de marzo impediunos realizar a visita ao Biopark. Por sorte o tempo acompañábanos e puidemos gozar dun fantástico día de praia, onde xogamos ao volei e bañámonos nas augas mediterráneas, que non están tan quentes como din. Tras a cea, celebramos o aniversario

31

dunhas compañeiras e aproveitamos ao máximo a derradeira noite da nosa excursión. Á primeira hora do venres colliamos o autobús cara a Vigo. Esta excursión serviunos para aprender algo máis de cultura, degustar nova gastronomía, gozar de diferentes paisaxes e, como non, vivir novas experiencias. Non podemos deixar de mencionar a Tito, pois moi pouca xente é capaz de manternos con vida cantando tan mal. Agradecemos tamén a Vicente a súa implicación na viaxe dende o primeiro momento e a confianza que depositou en nós, sabendo o difícil que é aguantar a 21 rapaces e 21 rapazas en primavera. Tamén a Ana, por ofrecerse no último momento e facer posible a excursión. Foron uns 5 días xuntos incríbeis que non serían o mesmo, sen as noites na praia, sen esas risas, esas ceas, sen as cancións no autobús, sen o "cuadrado no" ou "tani, toni, tana...", sen as timbas de poker, sen o kemphor concentrado, sen eses bailes improvisados, pero, sobre todo, sen vós rapaces, porque sempre nos quedará Cullera!

Marta Mendía Antía Davila 4º ESO B

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 32

Entroido 2012

C

hega o entroido, e dende hai uns anos celébrase no Santa Irene o concurso de disfraces anual no que alumnos e profesores se reunen fronte a sala de profesores do primeiro andar, co motivo de premiar as mellores comparsas pola orixinalidade, coreografía, etc. Este ano ademais de participar os alumnos tamén participaron algúns profesores coma Celso ou Bernardino que, vestidos de señoras da limpeza, fixeron varias roldas de preguntas educativas aos alumnos e, os gañadores de cada rolda elixía unha das catro caixas sorpresa que contiñan agasallos moi…digamos... útiles, coma unha bola do mundo, papel de burbullas, etc. Os profesores escolleron as comparsas gañadoras de xeito totalmente obxectivo. Este ano os gañadores foron: • Ludus Luxuxiussimus(que como o seu nome indica a súa temática estaba basada nos cómics de Astérix e Obélix.) • Picapedras • Azafatas • Roqueiros Este ano unha persoa preguntoume se ía marchar ao comezar o concurso, e eu respondinlle que non. Por que non? Preguntarédesvos, pois por unha simple razón: hai cousa de 5 anos esta festa non existía no Santa Irene, non podías disfrazarte e había clase con normalidade, pero os

L e t ras G ale gas 2012

alumnos deste instituto finalmente lograron que se poidese celebrar o entroido. Por este motivo pídovos que non deixedes que esta tradición desapareza, non vos vaiades, gozade do desfile, e o máis importante, animádevos a participar.

María Olivares

Iago Albés 1º Bach C


T

régola 33

Vilamor

E

ste ano estreouse unha película galega do director Ignacio Vilar, nado en Petín, Ourense (1951). Este director traballa en cinema é anteriormente fixo películas tales como Padrolongo (2008) ou Un bosque de música (2003). Vilamor é unha película que foi estreada no 2012 cuxo rodaxe se fixo en Negueira de Muñiz, nos Ancares e na Fonsagrada. Antes da estrea da película en Vigo o director e mais os tres protagonistas presentaron o trailer no noso centro,onde nos explicaron as anecdotas, os custes, os procesos de realización , os lugares onde se rodaron, etc. ARGUMENTO: Está ambientada no ano 1976, despois do franquismo, e conta como Breixo,que é un rapaz que se prepara para converterse no cura da vila de Seoane, un día atópase cos membros dunha comuna hippie que se asentaron nos arredores da aldea. Seducido e embriagado do estilo de vida na comuna, decide colaborar con eles para recuperar as casas abandonadas de Vilamor e así crear un novo estilo de vida baseado no traballo da terra e o profundo contacto coa natureza, pero para Breixo sucedeu algo co que no contaba, namórase de Sonia, unha rapaza da comuna. El ao non aceptar nin as drogas, nin ser ateo nin o amor libre decide marchar.

Xa convertido nun escritor recoñecido, Breixo regresa ao lugar onde viviu os mellores anos da súa vida para enterrar a un dos seus compañeiros da comuna e atópase de novo con Sonia, coa que volve recordar momentos pasados.

María Olivares Lemos 1º Bach C

Webs preferidas –Rocío Castillo opina que é TuenTi, razón: “O tuenti permítenos aos usurios subir fotos das cousas que fan o día día, fotos deles, ata incluso permítenos subir vídeos e que os nosos amigos nos vexan, é chachi! –Isidro Álvarez opina que é TuMblr, razón: “Por que é un tipo de rede social, que nos permite maioritariamente subir fotos, música que nós mesmo fagamos, música dos nosos artistas/cantantes/autores preferidos, en resumo, Tumblr é unha mestura de todo o mellor dunha rede social xunta!..” –Antía González opina que é CuanTO Cabrón, razón: “É unha web que se fixo moi famosa desde que

saíu. Hai moitas viñetas graciosas, o máis coñecido dela son os chamados “Memes” pequenos bonecos, que identifican rostros ou situacións da vida diaria.”

Isidro Álvarez 3º ESO C Rocío Castillo 3º ESO C

Antía González 3º ESO A

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 34

Deportistas de Elite do Santa Irene badMinTón alejandro rivadulla 3º ESO

lebraba na localidade vallisoletana de Tordesillas no que Lucía Coello acada o terceiro posto individual. PALMARÉS: No ano 2011 – Subcampioa de dobres mixtos no Circuíto Nacional sub-15 (A Estrada) – 3º posto en dobres mixtos no Circuíto Nacional GP sub15 en Tordesillas – Campioa galega en dobres feminino sub-19 (Club do Mar, A Coruña) – Ranking 21º de España

PaTinaxe noelia Moguer arenosa 4º ESO PALMARÉS: – Campión galego de dobres mixtos sub-15 – 3º galego en individual sub-15 – 3º galego de dobres masculinos sub-17 – 3º galego de dobres mixtos sub-15 – 3º clasificado en individual e dobres mixtos no nacional de As Neves – 8º clasificado en individual no nacional de Tordesillas – 5º clasificado en dobres mixtos no nacional de Medina del Campo Actualmente 12º no ranking de individual de España e 6º no ranking de dobres mixtos lucía Coello 3º ESO do CB Rachaplumas

O CB Rachaplumas participaba con tres xogadores na13ª proba do Circuíto Nacional Sub-15 que se ce-

L e t ras G ale gas 2012

PALMARÉS: – ANO 2006 (alevín) Provincial: 3ª clasificada Autonómico: 3ª clasificada Nacional: 11ª clasificada – ANO 2008 (infantil) Provincial: 2º clasificada Autonómico: 1º clasificada Nacional: 5ª clasificada – ANO 2009(cadete) Provincial: 4ª clasificada Autonómico: 3ª clasificada Nacional: 12ª clasificada – ANO 2010(cadete) Provincial: 2ª clasificada Autonómico: 3ª clasificada


régola

De po rt is t a s de El i t e

d

T o S an t a Ir en e

Nacional: 16ª clasificada Copa de Europa: 3ª clasificada Grupos show galego: 1ª clasificada Grupos show nac.: 6ª clasificada – ANO 2011(cadete) Provincial: 3ª clasificada Autonómico: 1ª clasificada Nacional: 11ª clasificada Grupos show galego: 2ª clasificada Grupos show nac.: 6ª clasificada Trofeo internacional grupos show: 1ª clasificada – Ano 2012(xuvenil) Provincial: 2ª clasificada Grupos show galego: 2ª clasificada Grupos show nacional: 8ª clasificada

35

Xogadora da F.P.R. El Olivo da 1ª División de Fútbol Feminina desde a temporada (2009-2010) xogando na posición de extremo esquerdo. PALMARÉS: – Xogadora da selección galega sub 18 – Ascenso á Primeira División Feminina na temporada (2010-2011) – 4 veces convocada coa selección Española sub. 17 – Campioa de España na tempada (2007-2008) – Subcampioa de España (2006-2007) – Nomeada para mellor deportista da cidade de Vigo na sección de fútbol no ano 2008. lucía Camisón Fuentes 4º ESO

laura domínguez Más 1º Bach

Levo indo a campionatos de España desde os 12 anos. No ano (2007) quedei campioa de España. Nas competicións internacionais quedei terceira en 3 delas, unha o ano pasado en Burdeos (2011). Campioa galega no ano 2011.

Xogadora del FPR El Olivo (Primeira División Feminina) – Selección Galega (fútbol sala) temporada 2009-2010 – Selección de Vigo (fútol sala) temporada 2010-2011 – Selección Galega fútbol temporadas: 2009-2010, 20102011 e 2011-2012 – Selección Española (participando en varios entrenamentos) temporadas: 2010-201 e 12011-2012

FúTbOl

Clo garcía 2º Bach

Trial Jorge Casales Carrasco 4º ESO

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


régola

De po rt is t a s de El it e

do

T S an t a Ir en e

Web: www.jorgecasales.com Debutou na competición en abril de 2005 no Campionato de Asturias Xuvenil. – 2007: Campión Galego de Trial en categoría Cadete – 2008: Campión Copa de España Xuvenil 125 cc – 2009: Campión Galego de Trial en categoría junior e Campión Copa de España Cadetes 125 cc – 2010: Campión Galego Junior e Campión de Europa Youth 125cc – 2011: Campión de España Junior e campión de España TR2

36

Marta garcía Martínez 2º Bach

xiMnasia silvia Fernández Merchán 4º ESO 2004-2009 competicións en ximnasia rítmica 2009-2012 competicións en ximnasia estética Desde 2006 competición a nivel nacional Desde 2009 competición a nivel mundial PALMARÉS: – Clasificacións campionatos de España:no 2009 2ª, no 2010 2ª e no 2011 3ª. En 2012 primeia fase 5ª, segunda fase 2ª – Copas de España: 3ª nos tres últimos anos – Internacional de primavera 2009, 3ª – Campoinato mundial: 2010 clasificación por países 4ª 2011 clasificación por equipos 15ª Ximnasia rítmica e ximnasia estética PALMARÉS: – 2007: 2ª Clasificada no campionato galego de conxuntos ximnasia rítmica categoría alevín. Representación galega no campionato de España de conxuntos x. rítmica en Granada categoría alevín. – 2008: 2ª Clasificada no campionato galego de conxuntos x.rítmica categoría infantil. Representación galega no campionato de España de conxuntos x. rítmica en Zaragoza categoría infantil. – 2009: 2ª Clasificada no campionato de España de ximnasia estética en Gijón categoría infantil. 3ª Clasificada torneo internacional primavera de x. estética en Gijón categoría infantil. – 2010: 2ª Clasificada no campionato galego de conxuntos x. rítmica categoría junior. Representación galega no campionato de España de conxuntos x. rítmica en Logroño categoría junior. – 2011: 3ª Clasificada campionato de España de x. estética en Sagunto categoría junior. Representación española no mundial de x. estética en Vigo categoría junior.

L et ras G ale g as 2012

HiP HOP Marcia Vázquez ramírez 2º Bach

ESTUDOS – 3 anos na AA.VV. Val do Fragoso (baile moderno)3 anos.(hip hop ) – 1 ano na Escola de Danza Bruno Moro (hip hop) – 1 verán na escola “Media Punta” (hip hop, contemporáneo, clásico e moderno) –.Masterclass de Jandro (hip hop) – Masterclass de Víctor Ares (Sexy Style & Waaking)


régola

De po r t is t a s de El it e

do

T S an t a Ir en e

– Masterclass de Kanga Valls (Fusión danza urbana e mimo) do grupo Kulbik – Masterclass de Isaac Suárez (Hip hop) do grupo Kulbik – Masterclass de Bly Richards (Hip hop & House) campeón internacional 2011 EXPERIENCIA E ACTUACIóNS: – Membro do grupo "Independent Women"e actualmente profesora de Hip hop . – Actuacións nas discotecas Rass (Churruca) e Super Priveé (Bouzas). – Actuacións fóra de Vigo: Dancerveira e Ponte de Lima. – Competición Funk Lag 2012 León (5º posto) – Competición Promo Fitness Matosinhos 2012 (6º posto)

TaekwOndO Paula Chinchilla argibay 2º Bach

PALMARÉS: PRATA: Campionato de España, Exhibición Infantil 2009 PRATA: Campionato Galego, Técnica Senior 1 2012 BRONCE: Campionato Provincial Técnica 2009 Ouro: Campionato Provincial Exhibición 2009 BRONCE: Campionato Galego Técnica 2009 PRATA: Copa Pescanova Técnica 2011 Ouro: Campionato Galego Técnica Junior 2011 BRONCE: Campionato Europeo Exhibición 2009 PRATA: Campionato Internacional de Pontevedra BRONCE: Campionato España Exhibición Infantil 2010 PRATA: Campionato Galego Exhibición Infantil 2007 Ouro: Campionato Cidade de Ourense Técnica 2011 BRONCE: Copa Pescanova 2010 Ouro: Campionato Provincial Exhibición 2009 PRATA: Campionato Galego 2008 BRONCE: Campionato Provincial 2008 Ouro: Campionato Galego Exhibición Adulto 2011 PRATA: Campionato Galego Parellas 1 2012 BRONCE: Open Internacional Murcia 2012 Ouro: Campionato Internac. de Pontevedra Trio 1 Fem 2010 Ouro: Campionato Interna. de Pontevedra Técnica 2010 TAEKWONDO: Cinturrón negro 2º DAN

37

VOleibOl

Pablo Penedo sienes 4º ESO

PALMARÉS: Empeza a xogar con 7 anos nas filas do Club Vigo Voleibol. Con 12 anos sendo infantil foi convocado coa selección galega. Con 13 anos proclamouse xunto co seu equipo do que tamén é capitán campión galego por primeira vez, onde foi nomeado mellor xogador galego, estes dous títulos volveunos conseguir un ano máis tarde pero en categoría cadete. Na súa traxectoria disputou 9 campionatos de España conseguindo o mellor posto (quinto) da selección galega cadete masculina na súa historia sendo capitán. Tamén participou nunha convocatoria coa selección española. En canto ao volei praia conseguiu un campionato galego sub 15 e dous sub 17 sendo tamén campión en categoría sub 19 aos 15 anos. Tamén debutou na superliga con tan só 15 anos.

naTaCión sinCrOnizada

silvia alonso Costas 4º ESO

PALMARÉS: – Practico a natación sincronizada hai 4 anos, os dous últimos anos empecei no Real Club Náutico de Vigo. Entreno todos os días menos venres e domigos,dúas horas ao día. – O ano pasado( 2011 )competín en base 2 no campionato galego de natación sincronizada que foi en Lugo, na competicón de figuras, que é individual, quedei primeira de 90 partipantes, o que me combertiu en campiona galega de figuras de base 2. E logo na competición de rutinas é dicir dos bailes, o meu equipo no que participabamos 8 titulares quedamos tamén de primeiras

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 38

Series populares T

emos preguntado a moitas persoas do centro sobre que series ven habitualmente, algúns decídense por comedias e outros por "Americanadas" e algunha serie de debuxos animados pouco censurada: NO 4º posto "SOUTH PARK"

NO 2º posto "THE WALKING DEAD

(Ao fin unha que non é de debuxos) O que certo profesor chamou "Americanada" non é nada máis nin nada menos que a serie gañadora do premio globo de ouro á mellor serie dramática, en fin, trata dos danos producidos por unha "apocalipse zombie", e sobre os sobreviventes a este fenómeno antinatural que intentan escapar das hordas de zombies. NO 1º posto nada máis e nada menos que : “LA QUE SE AVECINA” Unha serie protagonizada por uns pequenos salvaxes que non teñen medo a dicir o que pensan (sexa o que sexa) esta serie conta con 16 temporadas, a serie normalmente trata sobre a versión máis graciosa e pouco censurada que teñen os personaxes do mundo actual. NO 3º posto "SHIN- CHAN"

Seguro que ao ler o título algún pensou: "¡Anda, o senvergoña este!". Aínda que sexas maior seguro que pola mañá velo, lector pillo. Esta serie de debuxos animados como a anterior vai dun neno de 5 anos sen pelos na lingua, que lle fai a vida imposible a todo aquel que se acerque a Shin-Chan xa sexa na súa casa, no parvulario ou na mesma rúa

L e t ras G ale gas 2012

Pouco lle faltou para perder ante The walking dead, nun vecindario pouco común chamado Mirador de Montepinar encontrase o noso protagonista “¡Antonio Recio, maiorista, no limpio pescado eh!” un divertido peixeiro que non dubida en confiscarlle o felpudo aos veciños, xunto a súa moi relixiosa muller Berta convive cos seus veciños de mala maneira, que están desesperados por encontrar parella, decatarse de todos os cotilleos e conseguir traballo.

Víctor Fernández 2º ESO C


T

régola 39

Gañadores dos EMA 2011

Sudocos Sinxelo 2 8 2

9

7

9 5 4

5

3

1 6

6

3 4

7

4 4

Listado dos nominados aos premios EMA 2011, celebrado en Belfast. MellOr CanCión – Lady Gaga “Born this way” MellOr aCTuaCión en direCTO – Katy Perry MellOr arTisTa POP – Justin Bieber arTisTa reVelaCión – Bruno Mars MellOr arTisTa FeMinina – Lady Gaga MellOr arTisTa MasCulinO – Justin Bieber MellOr arTisTa HiP HOP – Eminem MellOr arTisTa rOCk – Linkin Park MellOr VideO – Lady Gaga “Born this way” MellOr banda alTernaTiVa – 30 Seconds To Mars besT PusH – Lady Gaga MellOr wOrldwide aCT – Gañador (Bingbang, banda surcoreana)

3

4

5

2

5

7

2

5 8

7

2

5

3

4

9

4

Complicado 6

3

5

5 7

8 9

2

6 1

2

9 5

8

3

9

8

3

6

1

3 5

6

Rocío Castillo 3º ESO C

7 2

3 2

1

Moi complicado 4 4

8

9

9

8

3

7

5 2

4 7

6

3

4

2

5

6

7

Isidro Álvarez

8

3 7

3

5 6 8

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


régola

T

40

Pasatempos encrucillado 1. Labirinto-. Lugar con moitos camiños que se cruzan no que é moi difícil atopar a saída. 2. Orballo-. Chuvia fina e compacta. 3. Panxoliña-. Canción popular de tema relixioso, que se canta polo Nadal. 4. Lóstrego-. Liña de luz moi intensa, sinuosa e instantánea, producida polo raio 5. Inxectar-. Introducir (un fluído) a presión mediante un instrumento apropiado 6. Tinguir-. Dar a (algo) unha determinada cor distinta da que tiña, particularmente mediante tintura 7. Carqueixa-. Arbusto silvestre con moito ramallo, rastreiro, con flores amarelas que florecen polo verán, ao cal se lle atribúen moitas propiedades medicinais 8. Lucense-. Habitante de Lugo. 9. Vagalume-. Insecto da orde dos coleópteros, do que a femia se asemella a un verme por carecer de ás e élitros e por ter o abdome de forma alongada formado por aneis que emiten luz na escuridade.

solución Solución complicado

Solución moi complicado 4 7 6 3 5 1 2 8 9

5 1 9 8 6 2 7 3 4

3 8 2 7 4 9 1 6 5

8 2 1 4 3 5 9 7 6

6 5 4 1 9 7 3 2 8

9 3 7 2 8 6 5 4 1

9 4 7 5 2 6 1 8 3

1 5 3 9 4 8 7 2 6

6 8 2 7 1 3 5 4 9

4 6 1 8 3 2 9 5 7

3 7 5 6 9 4 8 1 2

2 9 8 1 7 5 3 6 4

5 3 6 2 8 9 4 7 1

7 2 9 4 5 1 6 3 8

8 1 4 3 6 7 2 9 5

4 6 2 8 7 1 3 5 9

8 3 9 5 4 2 7 1 6

1 5 7 3 9 6 2 4 8

6 8 4 2 5 7 9 3 1

2 9 1 4 8 3 5 6 7

5 7 3 1 6 9 4 8 2

3 1 8 9 2 4 6 7 5

9 4 6 7 1 5 8 2 3

7 2 5 6 3 8 1 9 4

L e t ras G ale gas 2012

7 9 3 6 1 8 4 5 2

Iago Albés 1º Bach C

2 6 5 9 7 4 8 1 3

Ánxela Romero 1º Bach E

1 4 8 5 2 3 6 9 7

Solución Sinxelo




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.