Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
“O mestre que intenta ensinar sen inspirar no estudante o desexo de aprender está forxando un ferro frío” Horace Mann
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional
IES Leixa
|1
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
Documento orixinal: 09.12.2013 Revisión 1: 04.03.2014 Revisión 2: 25.09.2014 Revisión 3: 23.11.2014
Aprobado por: Ana Roel Ares, Directora
Data: 09.12.2013
2 |I E S
Leixa
Redactado por: Francisco José Teijido López, Xefe de estudos
Data: 09.12.2013
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
Índice Definicións e requisitos ....................................................................................... 5 Capítulo 1. Validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato .... 7 1.1. Validacións no bacharelato ........................................................................... 7 1.1.1. Procedemento de solicitude de validacións ...................................... 8 1.2. Traslado de cualificacións no bacharelato .................................................... 8 1.3. Exención de Educación Física ........................................................................ 8 1.4. Exención de Lingua Galega ........................................................................... 8 Capítulo 2. Validación, traslado de cualificacións e exencións na FP .................... 13 2.1. Xeneralidades ............................................................................................... 13 2.2. Solicitude de validación e/ou traslado de cualificacións .............................. 14 2.3. Casuística para a validación de estudos de formación profesional .............. 14 2.3.1. Validación nos ciclos de Artes Gráficas ............................................. 16 2.3.2 Validación nos ciclos de Sanidade ...................................................... 18 2.3.3 Validacións nos ciclos de Servizos Socioculturais e á Comunidade .... 29 2.3.4 Casos especiais de validación ............................................................. 32 2.3.5 Exemplos de casos que deben trasladarse á CCEOU .......................... 33 2.3.6 Exemplos de casos que deben trasladarse ao MECD ......................... 33 2.4. Traslado de cualificacións en formación profesional .................................... 34 2.5. Exencións en formación profesional ............................................................. 34 2.6. Acreditación de competencias ...................................................................... 34 2.7. Solicitude de validación a través da Sede electrónica do MECD .................. 35 2.8. Acreditación da formación en riscos laborais de nivel básico ...................... 35 Capítulo 3. Certificados CELGA ............................................................................. 39 3.1 Organismos responsables da emisión dos certificados CELGA ...................... 39 Capítulo 4. Procedemento interno ....................................................................... 43 4.1 Protocolo de recollida, rexistro e xestión documental .................................. 43 4.2 Recursos ......................................................................................................... 44 Capítulo 5. Normativa .......................................................................................... 45 Impreso de solicitude de validación de módulos profesionais (Galicia).................... 47 Impreso de solicitude de validación de módulos profesionais (Ministerio) .............. 49 Impreso de solicitude de exención do modulo de FCT .............................................. 51 Modelo de resolución ................................................................................................ 53
IES Leixa
|3
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
4 |I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
Definicións e requisitos Aos efectos desta Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional, considéranse as definicións que se mostran no seguinte cadro. Validación
Recoñecemento académico dunha materia/módulo pola súa correspondencia por outra ou outras cursadas anteriormente, distintas das que se pretenden validar, e obtivesen cualificación positiva. A validación queda recollida no expediente do/a estudante coas siglas CV ou o termo VALIDADA. A validación dunha materia ou módulo implica que non ten cualificación e, polo tanto, non se considera aos efectos de cálculo de medias.
Traslado de cualificacións
Recoñecemento académico da cualificación positiva dunha materia/módulo pola súa correspondencia por outra cursada anteriormente coa que coincide en código, denominación e contidos. O traslado de cualificacións queda recollido no expediente do/a estudante coa cualificación obtida cando se cursou anteriormente e, polo tanto, ten todos os efectos para o cálculo de medias.
Exención
Liberación da obriga de cursar unha determinada materia/módulo por cumpriren os requisitos que regulan a dita exención. A exención queda recollida no expediente do /a estudante coas siglas EX. A exención dunha materia/módulo implica que non ten cualificación e, polo tanto, non se considera aos efectos de cálculo de medias.
Procedemento de validación, traslado de cualificacións e exención
Procedemento administrativo polo que se recoñece a validación, traslado de cualificacións e/ou exención dunha ou máis materias/módulos. O procedemento de validación, traslado de cualificacións e exención iníciase a instancia do/a interesado coa presentación, nos prazos establecidos, dunha solicitude ao efecto. A presentación dunha solicitude de validación, traslado de cualificacións ou exención require a formalización de matrícula na materia/módulo que se pretende validar, adaptar ou eximir.
Recurso de reposición
Trámite de reclamación contra unha resolución administrativa, dirixida á persoa/órgano que ditou a dita resolución.
Recurso de alzada
Trámite de reclamación contra unha resolución administrativa, dirixida ao superior xerárquico daquel que ditou a resolución.
Recurso contencioso-administrativo
Denuncia xudicial presentada nun xulgado do contenciosoadministrativo contra unha disposición, acto, inactividade ou actuación da Administración.
Matrícula Solicitude Resolución administrativa
IES Leixa
|5
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
6 |I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
Capítulo 1. Validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato 1.1 Validacións no bacharelato A Orde de 27 de marzo de 2009 pola que se ditan instrucións para as validacións académicas entre as ensinanzas profesionais de música e danza e a educación secundaria obrigatoria, o bacharelato e as ensinanzas de educación secundaria para as persoas adultas inclúe varias validacións de materias da ESO e bacharelato por ensinanzas profesionais de Música ou de Danza. No que respecta ao bacharelato deben terse en conta as seguintes validacións: Materia do bacharelato que se valida
Materia das ensinanzas profesionais de Música coa que se valida
Análise musical I
2º curso de Harmonía
Análise musical II
1º curso de Análise ou 1º curso de Fundamentos de composición ou 1º curso dunha materia de contido semellante
Anatomía aplicada
1º e 2º cursos dunha materia de contido semellante
Artes escénicas
1º e 2º cursos dunha materia de contido semellante
Cultura audiovisual
1º e 2º cursos dunha materia de contido semellante
Historia da música e a danza
1º e 2º cursos de Historia da musica ou dunha materia de contido semellante
Historia da arte
1º e 2º cursos dunha materia de contido semellante
Linguaxe e práctica musical
3º curso de instrumento principal ou voz
Literatura universal
1º e 2º cursos dunha materia de contido semellante
Optativa de 1º
1º das materias de orquestra, banda ou coro
Optativa de 2º
2º das materias de orquestra, banda ou coro
Validacións de diversas materias de bacharelato con determinadas materias das ensinanzas profesionais de Música Materia do bacharelato que se valida
Materia das ensinanzas profesionais de Danza coa que se valida
Anatomía aplicada
1º e 2º cursos de Anatomía aplicada á danza ou dunha materia de contido semellante
Artes escénicas
1º e 2º cursos dunha materia de contido semellante
Cultura audiovisual
1º e 2º cursos dunha materia de contido semellante
Historia da música e a danza
1º e 2º cursos de Historia da musica ou dunha materia de contido semellante
Historia da arte
1º e 2º cursos dunha materia de contido semellante
Linguaxe e práctica musical
3º curso de Música
Literatura universal
1º e 2º cursos dunha materia de contido semellante
Optativa de 1º
1º curso de acondicionamento físico
Optativa de 2º
2º curso de acondicionamento físico
Validacións de diversas materias de bacharelato con determinadas materias das ensinanzas profesionais de Danza IES Leixa
|7
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
1.1.1 Procedemento de solicitude de validacións A solicitude de validación de ensinanzas de bacharelato polas correspondentes das ensinanzas profesionais de Música ou Danza debe acompañarse dun certificado académico onde figuren as materias polas que se pretenden validar as materias do bacharelato. O prazo de presentación das solicitudes de validación é o seguinte: Estudantes que se matriculan en bacharelato e xa teñen superadas no momento da matrícula as materias coas que se pretende validar: deben presentar a solicitude no momento da matrícula. Estudantes que están a simultanear estudos profesionais de Música ou Danza co bacharelato e están pendentes de superar as materias coas que se pretende validar: poden presentar o certificado en calquera momento do curso, antes da celebración da avaliación final extraordinaria dos estudos de bacharelato. De non facelo así, a materia do bacharelato será cualificada como pendente. A resolución destas solicitudes de validación corresponde á dirección do centro.
1.2 Traslado de cualificacións no bacharelato A Orde do 28 de xullo de 2009 pola que se establecen medidas para facer efectiva a aplicación da sentenza do 2 de febreiro de 2009 da Sala Terceira do Tribunal Supremo sobre a avaliación e promoción en primeiro de bacharelato (DOG de 03.08.2009), determina que os estudantes de 1º de bacharelato que suspendan máis de 2 materias deben repetir o curso completo e ser avaliados en todas as materias, pero deixa a consideración do equipo docente que nos casos en que a repetición se produza por ter 3 ou 4 materias suspensas, se poida manter a cualificación das materias superadas cando a cualificación no novo curso sexa inferior á outorgada no curso académico anterior. Neste caso estamos a falar dun traslado de cualificacións das materias aprobadas anteriormente que sendo avaliadas novamente, obtivesen unha cualificación inferior.
1.3 Exención de educación física A Orde de 27 de marzo de 2009 pola que se ditan instrucións para as validacións académicas entre as ensinanzas profesionais de música e danza e a educación secundaria obrigatoria, o bacharelato e as ensinanzas de educación secundaria para as persoas adultas regula a exención parcial ou total da materia de educación física no bacharelato para aqueles estudantes que cursan as ensinanzas profesionais de Danza. O/A estudante pode optar por solicitar a exención da parte práctica da materia de educación física. Neste caso estará exento/a de realizar as actividades prácticas pero deberá realizar todas as outras actividades de aprendizaxe e avaliación que non requiran os coñecementos adquiridos nas sesións prácticas. O/A estudante pode optar por solicitar a exención total e nese caso non será avaliado na materia de educación física, polo que tampouco será considerada aos efectos do cálculo da nota media. Pola súa banda, tamén está regulado que poden solicitar a exención da materia de educación física os/as estudantes de bacharelato que ao mesmo tempo teñan a consideración de deportistas de alto nivel ou alto rendemento.
Como nos casos das validacións, corresponde á dirección do centro resolver as solicitudes de exención de Educación Física.
1.4 Exención de lingua galega A Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, con relación á exención da materia de lingua galega, establece os requisitos para solicitar a exención temporal da materia
8 |I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
de lingua galega, exención que pode solicitar o alumnado procedente doutras comunidades autónomas ou dun país estranxeiro que se incorpora ao sistema educativo galego no 3º ciclo de educación primaria, na ESO ou no bacharelato. O procedemento iníciase mediante a presentación dunha solicitude segundo o modelo ao efecto dirixida ao Director/a do centro educativo entre o 1 de setembro e o 20 de outubro (para estudantes de bacharelato) agás que se trate dun traslado de matrícula doutra comunidade, en cuxo caso o prazo é de vinte días naturais dende a incorporación ao centro. O centro debe resolver a solicitude nun prazo de 10 días.
A solicitude de exención debe facerse para cada curso cun máximo de dous cursos. O terceiro curso e seguintes, se é o caso, o estudante debe cursar a materia de lingua galega.
Solicitude de exención de lingua galega •Segundo o impreso normalizado asinado polo estudante ou, no caso de menores de idade, os seus representantes legais, ou ben mediante formulario da sede electrónica da Xunta de Galicia en https://sede.xunta.es. •Documento de identidade ou, no seu defecto, autorización para comprobación de datos de identidade.
Condicións •O/A estudante debe asistir ás clases de lingua galega a fin de adquirir a competencia lingüística ao remate do prazo de exención. •A inasistencia a clase ou a falta de interese na consecución dos obxectivos propostos podería determinar a revogación da exención previo informe docente e unha vez oída a persoa interesada ou, de ser o caso, os seus proxenitores, titores/as ou representantes legais.
https://sede.xunta.es
IES Leixa
|9
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
10 | I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
IES Leixa
| 11
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
12 | I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
Capítulo 2. Validacións, traslado de cualificacións e exencións na FP 2.1 Xeneralidades Debido aos moitos cambios que se veñen producindo nos últimos anos na lexislación que afecta á formación profesional e á coexistencia de dous sistemas educativos (LOXSE e LOE), as situacións que se poden dar para a validación, traslado de cualificacións e exención de módulos de formación profesional inclúen casuísticas moi diversas que complican os procedementos de validación, traslado de cualificacións e exención. En grandes trazos, neste apartado vanse analizar estas situacións para ver que procedemento se debe seguir en cada caso, tendo en conta que cando existe unha normativa específica é responsabilidade das direccións dos centros resolver as solicitudes que se lles fagan. Cando non existe unha normativa reguladora, as direccións deben trasladar a solicitude aos órganos competentes da Consellería de Cultura, Educación e O.U. ou do Ministerio de Educación segundo corresponda, tal e como se verá de seguido. Os módulos validados computan para o cálculo de cualificacións medias cun 5. Un módulo validado non pode ser utilizado como causa para validar outro módulo.
Hai que ter en conta que cada un dos títulos LOE incorpora dous anexos, numerados como IV e V, que establecen as correspondencias entre módulos LOXSE-LOE así como a correspondencia entre unidades de competencia e módulos profesionais de ciclos LOE, tal e como se ve, a modo de exemplo, na seguinte imaxe dun título LOE.
IES Leixa
| 13
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
2.2 Solicitude de validación e/ou traslado de cualificacións O procedemento de validación e/ou traslado de cualificacións iníciase tras a solicitude do/a estudante unha vez que formalizou a matrícula.
Inicio do procedemento • A solicitude de validación ou recoñecemento esixe a matrícula previa do estudante. Non se poden validar ou recoñecer módulos nos que o/a estudante non está matriculado/a. • A solicitude debe tramitarse na secretaría do centro educativo, aportando toda a documentación esixida, nos 20 días tras o comezo das clases. • A dirección do centro debe resolver, ou no seu caso tramitar á Consellería ou Ministerio se procede, antes do 5 de decembro. • Mentres que non se resolve o procedemento, os/as estudantes están obrigados a asistir ás clases dos módulos pendentes de validar ou ser recoñecidos.
2.3 Casuística para a validación de estudos de formación profesional Nos seguintes cadros móstranse as diversas circunstancias que se poden dar nas peticións de validación de módulos de formación profesional que están regulamentadas e que, polo tanto, corresponde á dirección do centro a súa resolución. Formación que se quere validar
Módulos profesionais de títulos LOE en xeral, incluído o módulo de FCT, se procede
Formación que se achega para a validación
Procedemento
Caso 1: Certificado de estudos con módulos LOXSE superados
Segundo estableza o anexo IV de cada título LOE ou a Orde ECD/2159/2014
Caso 2: Certificado de ter superadas unidades de competencia polo sistema de acreditación das competencias ou por estar en posesión dun certificado de profesionalidade
Segundo estableza o anexo V.A ou no seu caso o IV.A de cada título LOE, sempre que no certificado de profesionalidade, se é o caso, non apareza a unidade de competencia correspondente como exenta
Cadro de validacións de estudantes matriculados/as en ciclos LOE
Formación que se quere validar
Formación e orientación laboral dun ciclo LOE
Formación que se achega para a validación
Procedemento
Caso 1: Formación e orientación laboral de calquera ciclo LOXSE máis certificación de prevención en riscos laborais de nivel básico
Procede
Caso 2: Ciclo completo de grao superior de Prevención de Riscos Profesionais
Procede
Caso 3: Formación e orientación laboral de calquera ciclo LOE
Procede en calquera ciclo LOE
Cadro de validacións de formación e orientación laboral en ciclos LOE
Formación que se quere validar
Empresa e iniciativa emprendedora dun ciclo LOE
14 | I E S
Leixa
Formación que se achega para a validación
Procedemento
Caso 1: Ciclo formativo de grao medio en Xestión Administrativa
Procede
Caso 2: Ciclo formativo de grao superior en Administración e Finanzas
Procede
Caso 3: Módulo de Administración, xestión e comercialización na pequena empresa de calquera ciclo LOXSE
Procede en calquera ciclo LOE
Caso 4: Módulo de Administración e xestión dun pequeno establecemento comercial
Procede en calquera ciclo LOE
Caso 5: Módulo de Organización e xestión dunha explotación agraria familiar
Procede en calquera ciclo LOE
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
Formación que se quere validar
Empresa e iniciativa emprendedora dun ciclo LOE
Formación que se achega para a validación
Procedemento
Caso 6: Módulo de Administración, xestión e comercialización na pequena empresa de calquera ciclo formativo
Procede en calquera ciclo LOE
Caso 7: Módulo de Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas
Procede en calquera ciclo LOE
Caso 8: Módulo de Organización e control en axencias de viaxes
Procede en calquera ciclo LOE
Caso 9: Módulo de Administración de establecementos de restauración
Procede en calquera ciclo LOE
Caso 10: Módulo de Administración e xestión dunha unidade/gabinete de próteses dentais
Procede en calquera ciclo LOE
Caso 11: Módulo de Organización e xestión dunha unidade/gabinete de próteses dentais
Procede en calquera ciclo LOE
Caso 12: Módulo de Administración e xestión dun gabinete audioprotésico
Procede en calquera ciclo LOE
Caso 13: Módulo de Organización e xestión dunha empresa agraria
Procede en calquera ciclo LOE
Caso 14: Empresa e iniciativa emprendedora de calquera ciclo LOE
Procede en calquera ciclo LOE
Cadro de validacións de Empresa e iniciativa emprendedora en ciclos LOE
Formación que se quere validar Módulos profesionais de títulos LOXSE Módulos profesionais do ciclo de grao medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría: Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente Técnicas básicas de enfermaría Módulos profesionais do ciclo de grao medio de Atención Sociosanitaria: Atención sanitaria Hixiene
Formación que se achega para a validación
Procedemento
Certificado de estudos de ciclos LOXSE
Valídanse os módulos establecidos nos anexos I e II da Orde de 20 de decembro de 2001
Ciclo formativo de grao medio en Atención Sociosanitaria
Procede
Ciclo formativo de grao medio en Coidados Auxiliares de Enfermaría
Procede
Cadro de validacións de estudantes matriculados/as en ciclos LOXSE
Formación que se quere validar Módulo profesional 0020 Primeiros auxilios de calquera ciclo LOE
Formación que se achega para a validación Certificado de estudos do ciclo formativo de grao medio de Emerxencias Sanitarias
Procedemento Procede
Cadro de validación de Primeiros auxilios de estudantes matriculados/as en ciclos LOE
IES Leixa
| 15
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
2.3.1 Validación nos ciclos de Artes Gráficas De seguido móstranse as táboas coas validacións nos ciclos de Artes Gráficas.
Orde do 16 de xullo de 2002 pola que se regula a avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional específica de réxime xeral na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 13.09.2002)
Orden ECD/2159/2014, de 7 de noviembre, por la que se establecen convalidaciones entre módulos profesionales de formación profesional del Sistema Educativo Español y medidas para su aplicación y se modifica la Orden de 20 de diciembre de 2001, por la que se determinan convalidaciones de estudios de formación profesional específica derivada de la Ley Orgánica 1/1990, de 3 de octubre, de Ordenación General del Sistema Educativo (BOE de 20.11.2014).
16 | I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
IES Leixa
| 17
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
2.3.2 Validación nos ciclos de Sanidade De seguido móstranse as táboas coas validacións nos ciclos de Sanidade.
Orde do 16 de xullo de 2002 pola que se regula a avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional específica de réxime xeral na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 13.09.2002)
18 | I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
IES Leixa
| 19
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
20 | I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
IES Leixa
| 21
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
22 | I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
IES Leixa
| 23
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
24 | I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
IES Leixa
| 25
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
Orden ECD/2159/2014, de 7 de noviembre, por la que se establecen convalidaciones entre módulos profesionales de formación profesional del Sistema Educativo Español y medidas para su aplicación y se modifica la Orden de 20 de diciembre de 2001, por la que se determinan convalidaciones de estudios de formación profesional específica derivada de la Ley Orgánica 1/1990, de 3 de octubre, de Ordenación General del Sistema Educativo (BOE de 20.11.2014).
26 | I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
IES Leixa
| 27
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
28 | I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
2.3.3 Validación nos ciclos de Servizos Socioculturais e á Comunidade De seguido móstranse as táboas coas validacións nos ciclos de Servizos Socioculturais e á Comunidade.
IES Leixa
| 29
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
30 | I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
IES Leixa
| 31
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
2.3.4 Casos especiais de validación Hai dous casos especiais de validación, que resultan por un “cruce”, que se deben ter en conta: Se un módulo dun título LOXSE valida outro módulo doutro título LOXSE e a súa vez calquera deles valida un módulo dun título LOE, ambos os dous módulos LOXSE validan o módulo LOE.
Exemplo: O módulo de Materiais de produción en artes gráficas do ciclo de Deseño e produción editorial valida o módulo de Materias primas en artes gráficas de calquera ciclo medio de artes gráficas (Orde de 20 de decembro de 2001); a súa vez, o módulo de Materias primas en artes gráficas de calquera ciclo medio en artes gráficas valida o módulo de Identificación de materiais de preimpresión no ciclo de Preimpresión dixital (Anexo IV do título); polo tanto o módulo de Materiais de produción en artes gráficas do ciclo superior de Deseño e produción editorial tamén valida o módulo de Identificación de materiais de preimpresión do ciclo de Preimpresión dixital.
Imaxe obtida de www.edu.xunta.es
Se un módulo LOXSE valida un módulo dun ciclo LOE e a súa vez este módulo LOE pode ser obxecto de traslado de cualificación noutro ciclo LOE, o módulo LOXSE tamén valida o módulo do outro ciclo LOE. Exemplo: O módulo de Administración pública do ciclo superior de Administración e finanzas (LOXSE) valida o módulo MP0647 Xestión da documentación xurídica e empresarial do ciclo superior de Administración e finanzas (LOE); como este módulo tamén aparece no ciclo superior de Asistencia á dirección (LOE) pode ser obxecto de traslado de cualificación, polo que o módulo de Administración pública do ciclo superior de Administración e finanzas (LOXSE) tamén valida o de Xestión da documentación xurídica e empresarial do ciclo superior de Asistencia á dirección (LOE).
Imaxe obtida de www.edu.xunta.es
Calquera outro caso non contemplado nestas táboas debe ser trasladado pola dirección do centro á Subdirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (ver o punto 2.3.5) ou á Subdirección General de Orientación y Formación Profesional do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (ver o punto 2.3.6), despois de revisar a documentación achegada polo/a solicitante.
32 | I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
2.3.5 Exemplos de casos que deben trasladarse á Subdirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Como as comunidades autónomas teñen transferidas competencias en materia de educación, poden introducir no desenvolvemento curricular dos ciclos formativos módulos propios ou ben desenvolver case completamente algúns dos módulos xa especificados nos títulos. Así, a Orde de 30 de xullo de 2013 inclúe un anexo X no que se especifican os módulos cuxa validación depende da Subdirección Xeral de Formación Profesional e que son os seguintes. Módulos profesionais
Ciclo formativo LOXSE
Proxecto integrado
De todos os ciclos de grao superior LOXSE nos que se imparte o proxecto integrado
Tecnoloxías da información e comunicación na empresa
Prevención de riscos profesionais
Segunda lingua estranxeira
Comercio internacional
Validacións de módulos LOXSE competencia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Exemplo: Un/ha estudante matriculado no ciclo superior de Dietética solicita a validación do módulo Proxecto integrado e presenta un certificado de ter superado o ciclo superior de Laboratorio de Diagnóstico Clínico A dirección á que hai que tramitar ditas solicitudes é: O teléfono da Xefatura de Validacións, Homologacións e Equivalencias do Servizo de Ordenación e Formación Profesional é o 981 54 65 35
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Subdirección Xeral de Formación Profesional Servizo de Ordenación e Formación Profesional San Caetano s/n 15771 Santiago de Compostela A Coruña
2.3.6 Exemplos de casos que deben trasladarse á Subdirección General de Orientación y Formación Profesional do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte Como norma, o centro educativo onde se fixo a solicitude debe trasladar á Subdirección General de Orientación y Formación Profesional do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte todas as solicitudes de validacións que non sexan competencia da dirección do centro ou da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Exemplo: Un/ha estudante matriculado nun ciclo LOXSE solicita validación de módulos e achega un certificado de estudos dun ciclo LOE Exemplo: Un/ha estudante matriculado nun ciclo LOE solicita validación de módulos e achega un certificado de FP1 ou FP2 e certificado de formación básica en riscos laborais Exemplo: Un/ha estudante matriculado nun ciclo LOE solicita validación de módulos e achega formación universitaria Exemplo: Un/ha estudante matriculado nun ciclo LOE solicita validación de módulos e achega certificados de cursos de formación IES Leixa
| 33
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
No caso de solicitude de validación de módulos de formación profesional por estudos universitarios, sempre hai que enviar a documentación ao Ministerio de Educación pero hai que ter en conta que se deben acompañar certificados de estudos orixinais (non admiten fotocopias cotexadas) e os programas das materias universitarias alegadas para a validación. Estes programas debe emitilos a Universidade correspondente e deben estar selados pola unidade administrativa da Universidade. A dirección á que hai que tramitar as solicitudes dirixidas ao Ministerio é: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte Subdirección General de Orientación y Formación Profesional Convalidaciones c/ Los Madrazo, 15-17 28014 Madrid
2.4 Traslado de cualificacións en formación profesional Son obxecto de traslado de cualificación en formación profesional os módulos co mesmo código e denominación, independentemente do ciclo ao que pertenzan. Exemplo: O módulo de Anatomofisioloxía e patoloxía básicas ten o código MP0061 e aparece tanto no ciclo de Farmacia e parafarmacia como no ciclo de Emerxencias sanitarias, polo que calquera estudante que o aprobe nun destes ciclos o tería aprobado no outro coa mesma cualificación.
Imaxe obtida de www.edu.xunta.es
2.5 Exencións en formación profesional Pódese solicitar a exención parcial ou total do módulo de formación en centros de traballo pola súa correspondencia laboral relacionada cos estudos profesionais respectivos a tempo completo equivalente a un ano. A acreditación faise cun certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou da mutualidade laboral correspondente ademais dun certificado da empresa onde se faga constar a duración do contrato, as actividades desenvolvidas e o período en que se realizaron ditas actividades.
Matrícula
•É necesario formalizar matrícula nun ciclo formativo
Solicitude
•Hai que facer a solicitude na secretaría do centro entregándoa polo menos 20 días antes de comezar o período de formación en centros de traballo •O titor/a de FCT, xunto co equipo docente, revisará a documentación e debe emitir un informe e unha proposta sobre a concesión ou non da exención parcial ou total, que será comunicada ao interesado/a nun prazo de 10 días.
Resolución
2.6 Acreditación de competencias Tal e como se especifica no anexo IV.A de cada título de formación profesional, as persoas que acrediten as unidades de competencia asociadas a un módulo profesional poden solicitar a validación deses módulos profesionais. Do mesmo xeito e tal e como contempla o anexo IV.B do correspondente título, a superación dun módulo profesional implica a acreditación da unidade de competencia ou unidades
34 | I E S
Leixa
O teléfono da Subdirección General de Orientación y Formación Profesional do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte é o 91 701 82 93
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
de competencia ás que está asociado ese módulo polo que calquera estudante de ciclos formativos pode solicitar que se emita pola secretaría do centro un certificado que acredite as unidades de competencia asociadas aos módulos superados. Pola súa banda, a normativa establece que a acreditación de todas as unidades de competencia dunha cualificación asociada a un título pode validar o módulo de Formación e orientación laboral se ademais se acredita un ano de actividade laboral e se está en posesión do certificado de formación de prevención de riscos laborais de nivel básico (ver o punto 2.8). Isto é especialmente interesante no caso dos estudantes matriculados/as no réxime de adultos, modalidade modular, ben porque xa acreditaron unidades de competencia nun proceso de acreditación, ou ben porque completaron todas as unidades de competencia cunha matrícula oficial; neste caso poden solicitar a validación do módulo de Formación e orientación laboral se cumpren o requisito de estar en posesión dun certificado de formación en riscos laborais de nivel básico (ver o punto 2.8). Exemplo: Un traballador matricúlase no ciclo de Emerxencias sanitarias na súa modalidade modular achegando certificados de tres anos completos de experiencia laboral no sector e de ter superadas todas as unidades de competencia, por un proceso de acreditación de competencias, agás a de Manter preventivamente o vehículo sanitario e controlar a súa dotación material, polo que se matricula nos módulos de Mantemento mecánico preventivo do vehículo e de Dotación sanitaria, ademais dos módulos de Anatomofisioloxía e patoloxía básicas, Teleemerxencias e Empresa e iniciativa emprendedora. Na avaliación final supera todos os módulos nos que está matriculado/a polo que solicita o certificado de acreditación da unidade de competencia Manter preventivamente o vehículo sanitario e controlar a súa dotación material e ao seguinte ano se matricula e solicita a validación do módulo de Formación e orientación laboral, achegando un certificado de experiencia laboral e de prevención de riscos de nivel básico, así como a exención do módulo de Formación en centros de traballo pola súa correspondencia coa actividade laboral.
2.7 Solicitude de validación a través da Sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte Calquera persoa pode realizar a xestión de presentación de solicitudes de validación a través da Sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte se cumpre os requisitos de estar matriculado/a nun centro educativo nas ensinanzas que se pretenden validar. O rexistro na Sede electrónica permite imprimir a solicitude que posteriormente hai que presentar na secretaría do centro educativo onde se está matriculado/a xunto con toda a documentación acreditativa. Este procedemento axiliza a xestión daqueles casos que deba resolver a Subdirección General de Orientación y Formación Profesional do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
2.8 Acreditación da formación en riscos laborais de nivel básico Os niveis de cualificación en riscos laborais están regulados polo Real decreto 39/1997 (BOE de 31.01.1997), que no seu artigo 35, punto 2 di o que segue: 2. Para desenvolver as funcións referidas no apartado anterior será preciso: a) Posuír unha formación mínima co contido especificado no programa a que se refire o anexo IV e cuxo desenvolvemento terá unha duración non inferior a 50 horas, no caso de empresas que desenvolvan algunhas das actividades incluídas no anexo I, ou de 30 horas no resto dos casos, …
IES Leixa
| 35
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
b) Posuír unha formación profesional ou académica que capacite para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ou semellantes ás que precisan as actividades sinaladas no apartado anterior, ou c) Acreditar unha experiencia non inferior a dous anos nunha empresa, institución ou Administración pública que leve consigo o desenvolvemento de niveis profesionais de responsabilidade equivalentes ou semellantes aos que precisan as actividades sinaladas no apartado anterior. No anexo I do citado Real decreto indícanse os traballos para cuxo desenvolvemento se precisa unha formación de 50 horas e que inclúe: a) Traballos con exposición a radiacións ionizantes en zonas controladas segundo Real Decreto 53/1992, de 24 de xaneiro, sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes. b) Traballos con exposición a axentes tóxicos e moi tóxicos, e en particular a axentes canceríxenos, mutáxenos ou tóxicos para a reprodución, de primeira e segunda categoría, segundo Real Decreto 363/1995, de 10 de xaneiro, que aproba o Regulamento sobre notificación de substancias novas e clasificación, envasado e etiquetado de substancias perigosas, así como Real Decreto 1078/1993, de 2 de xullo, sobre clasificación, envasado e etiquetado de preparados perigosos e as normas de desenvolvemento e adaptación ao progreso de ambos. c) Actividades en que interveñen produtos químicos de alto risco e son obxecto de aplicación do Real Decreto 886/1988, do 15 de xullo, e as súas modificacións, sobre prevención de accidentes maiores en determinadas actividades industriais. d) Traballos con exposición a axentes biolóxicos dos grupos 3 e 4, segundo a Directiva 90/679/CEE e as súas modificacións, sobre protección dos traballadores contra os riscos relacionados a axentes biolóxicos durante o traballo. e) Actividades de fabricación, manipulación e uso de explosivos, incluídos artigos pirotécnicos e outros obxectos ou instrumentos que conteñan explosivos. f) Traballos propios de minería a ceo aberto e de interior, e sondaxes en superficie terrestre ou en plataformas mariñas. g) Actividades en inmersión baixo a auga. h) Actividades en obras de construción, escavación, movementos de terras e túneles, con risco de caída de altura ou sepultamento. i) Actividades na industria siderúrxica e na construción naval. j) Produción de gases comprimidos, licuados, disolvidos ou utilización significativa dos mesmos. k) Traballos que produzan concentracións elevadas de po silíceo. l) Traballos con riscos eléctricos en alta tensión. Ao respecto dos axentes biolóxicos especificados no punto d), a directiva 90/679/CEE di que se trata de:
Axente biolóxico de grupo 3: Axente patóxeno que poida causar unha enfermidade grave no home e presente serio perigo para os traballadores; existe o risco de que se propague á colectividade pero existen xeralmente profilaxe ou tratamentos eficaces. Axente biolóxico de grupo 4: Axente patóxeno que poida causar unha enfermidade grave no home e presente serio perigo para os traballadores; existen moitas probabilidades de que se propaguen á colectividade; non existen xeralmente profilaxe ou tratamentos eficaces.
En canto aos contidos da formación e o tempo de dedicación que deben ter, vense na seguinte táboa (os contidos son os mesmos; só cambia o tempo dedicado a eles):
36 | I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
Contidos da formación de cursos de 50 horas
Contidos da formación de cursos de 30 horas
I. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo: a) O traballo e a saúde: Os riscos profesionais. Factores de risco. b) Danos derivados do traballo. Os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. Outras patoloxías derivadas do traballo. c) Marco normativo básico en materia de prevención de riscos laborais. Dereitos e deberes básicos nesta materia. 10 horas
I. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo: a) O traballo e a saúde: Os riscos profesionais. Factores de risco. b) Danos derivados do traballo. Os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. Outras patoloxías derivadas do traballo. c) Marco normativo básico en materia de prevención de riscos laborais. Dereitos e deberes básicos nesta materia. 7 horas
II. Riscos xerais e a súa prevención: a) Riscos ligados ás condicións de seguridade. b) Riscos ligados ao medio ambiente de traballo. c) A carga de traballo, a fatiga e a insatisfacción laboral. d) Sistemas elementais de control de riscos. Protección colectiva e individual. e) Plans de emerxencias e de evacuación. f) O control da saúde dos traballadores. 25 horas
II. Riscos xerais e a súa prevención: a) Riscos ligados ás condicións de seguridade. b) Riscos ligados ao medio ambiente de traballo. c) A carga de traballo, a fatiga e a insatisfacción laboral. d) Sistemas elementais de control de riscos. Protección colectiva e individual. e) Plans de emerxencias e de evacuación. f) O control da saúde dos traballadores. 12 horas
III. Riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade da empresa. 5 horas
III. Riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade da empresa. 5 horas
IV. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos: a) Organismos públicos relacionados coa seguridade e saúde no traballo. b) Organización do traballo preventivo: “rutinas” básicas. c) Documentación: recollida, elaboración e arquivo. 5 horas
IV. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos: a) Organismos públicos relacionados coa seguridade e saúde no traballo. b) Organización do traballo preventivo: “rutinas” básicas. c) Documentación: recollida, elaboración e arquivo. 4 horas
V. Primeiros auxilios.
V. Primeiros auxilios. 5 horas
2 horas
Acceso a un manual de PRL de 50 horas en: http://issga.xunta.es/portal/contido/documentacion/materi al-formativo/manuais/material_0003.html
Acceso a un manual de PRL de 30 horas en: http://issga.xunta.es/portal/contido/documentacion/materi al-formativo/manuais/material_0001.html
http://issga.xunta.es
IES Leixa
| 37
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
38 | I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
Capítulo 3. Certificados CELGA O Consello da Unión Europea publicou no ano 2001 o Marco europeo común de referencia para as linguas (MECRL) e deu instrucións para que os Estados membros creasen sistemas de homologación e recoñecemento das competencias lingüísticas tomando como base o citado marco. En virtude das súas competencias, a Comunidade Autónoma de Galicia creou os Certificados de Lingua Galega (CELGA) que establecen cinco niveis de competencia segundo se ve no seguinte cadro. Descrición xeral do nivel
Equivalencia co MECRL
CELGA 1
A persoa cun nivel 1 ten un dominio que lle permite satisfacer as necesidades máis primarias da comunicación: capaz de comprender frases e expresións de uso frecuente, relacionadas con áreas que lle son especialmente relevantes (información elemental sobre si mesmo e a súa familia, compras, lugares de interese, ocupacións, etc.); sabe relatar, describir, expoñer e demandar, en termos sinxelos, aspectos relacionados coa súa experiencia persoal, co seu contorno ou con interaccións sociais básicas; sabe comunicarse para levar a cabo tarefas cotiás que non requiran máis ca intercambios simples e directos de información sobre cuestións que lle son coñecidas ou habituais e en situacións de comunicación previsibles, etc.
A2
CELGA 2
A persoa cun nivel 2 ten un dominio que lle permite participar con relativa seguridade e eficacia en distintas situacións de comunicación cotiá, do traballo e do estudo, que requiran un uso da lingua fundamentalmente previsible. Comprende sen dificultade mensaxes orais e escritas referidas a ese tipo de contextos e é quen de producir textos breves, tanto oralmente coma por escrito, para describir, relatar, preguntar ou responder sobre cuestións que se refiran a eses ámbitos.
B1
Nivel CELGA
CELGA 3
CELGA 4
CELGA 5
A persoa cun nivel 3 ten un dominio da lingua que lle permita intervir nun conxunto variado de situacións de comunicación. As estruturas gramaticais e léxicas que utiliza proporciónanlle a suficiente flexibilidade e capacidade para usar a lingua en situacións menos previsibles. Pode desenvolverse sen moitas dificultades en contextos en que o galego é lingua de traballo e interacción, polo que estará en condicións, por exemplo, de participar en cursos académicos ou en intercambios universitarios en Galicia. A persoa cun nivel 4 é capaz de comprender unha ampla variedade de textos orais e escritos extensos e cun alto nivel de dificultade. Pode expresarse de forma bastante fluída e espontánea en distintos contextos comunicativos (persoal, público e académico), sen mostrar moita dificultade para encontrar as expresións máis axeitadas. A persoa cun nivel 5 é capaz de comprender calquera tipo de texto oral e escrito, independentemente da súa extensión, temática ou tipoloxía e recoñece mesmo os sentidos implícitos, os valores connotativos e os que se poidan asociar ao contexto comunicativo. Desde o punto de vista da emisión, é quen de expresar oralmente e por escrito de forma fluída e espontánea situacións diversas, fai un uso correcto da norma ortográfica e morfosintáctica, emprega axeitadamente os mecanismos de organización e cohesión textual e escolle o vocabulario e as expresións máis axeitadas ao nivel e á finalidade de cada discurso. Porén, pode identificar manifestacións lingüísticas e sociolingüísticas do contacto idiomático, comprende as súas causas e o proceso de estandarización e normalización.
B2
C1
C2
Cadro realizado coa información contida na publicación “Niveis de competencia en lingua galega” editada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. ISBN: 978-84-453-4306-7. http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/NIVEIS%20DE%20COMPETENCIA.pdf
3.1 Organismos responsables da emisión dos certificados CELGA O recoñecemento e certificación CELGA pode facerse por tres órganos administrativos distintos dependendo da formación que se alegue e o nivel de certificación: Secretaría dos centros educativos. Inspección educativa provincial. Secretaría Xeral de Política Lingüística. No seguinte cadro vense as posibles validacións e os órganos responsables de resolver e, no seu caso, emitir a correspondente certificación.
IES Leixa
| 39
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
Nivel CELGA
CELGA 1
Validacións 1.a) Certificado do curso de nivel elemental de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras impartido polas universidades de Galicia, ata o 1 de setembro de 2007
SXPL
1.b) Certificado do curso de lingua galega para persoas non galegofalantes impartido polas universidades galegas, ata o 1 de setembro de 2007
SXPL
1.c) Certificado do nivel básico dos estudos de galego da UNED, ata o 1 de setembro de 2007
SXPL
1.d) Certificación oficial de ter superado o nivel básico (A2) das ensinanzas de galego das EOI
Secretaría da EOI
1.e) Certificado oficial de ter cursadas e aprobadas as materias de lingua galega (optativas de 1º, 2º e 3º) da ESO no Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres 1.f) Persoas que cursasen e superasen en Galicia de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos da educación primaria ou en seis cursos da EXB
CELGA 2
CELGA 3
40 | I E S
Órgano que valida
SXPL
2.a) Persoas que cursasen e superasen en Galicia de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos da EXB ou, de ser o caso, que superasen a materia de lingua galega nas probas libres tendentes a esta titulación, e que estean en posesión do título de graduado escolar
Secretaría do centro onde se cursou Secretaría do centro onde se cursou --Inspección educativa no caso de probas libres
2.b) Persoas que obteñan o título de graduado escolar por equivalencia para efectos académicos cos estudos de 2º da ESO, sempre que se cursase e aprobase a materia de lingua galega en todos os cursos (Real decreto 986/1991, do 14 de xuño)
Secretaría do centro onde se cursou
2.c) Persoas que cursasen e superasen en Galicia de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos da educación primaria e máis en dous cursos da ESO
Secretaría do centro onde se cursou
2.d) Persoas que estean en posesión do certificado do curso do nivel medio de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras impartido polas universidades de Galicia, ata o 1 de setembro de 2007
SXPL
2.e) Persoas que estean en posesión do certificado do nivel medio dos estudos de galego da UNED, ata o 1 de setembro de 2007
SXPL
2.f) Persoas que conten coa certificación oficial de ter superado o nivel intermedio (B1) das ensinanzas de galego das EOI
Secretaría da EOI
2.g) Persoas que conten co certificado de ter cursadas e aprobadas as materias de ciencias sociais e as materias optativas de galego de ESO nos centros do Bierzo e de Sanabria
SXPL
2.h) Persoas que conten co certificado de ter cursada e aprobada a materia optativa de lingua galega en 1º e 2º de bacharelato no Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, sempre que teñan superadas as materias optativas de lingua galega en 1º, 2º e 3º da ESO ou que estean en posesión do CELGA 1
SXPL
2.i) Persoas que conten co certificado de ter cursadas e aprobadas nos sete cursos do nivel primario as materias de lingua galega e lingua e literatura galega que correspondan en cada un deles, e co certificado de ter cursadas e aprobadas nos tres primeiros cursos do nivel secundario as materias de lingua e literatura galega, xunto coas de historia de Galicia e xeografía de Galicia que correspondan a cada un deles, no Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires
SXPL
3.a) Persoas que cursasen e superasen en Galicia de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos que indica o currículo da ESO ou de FP I (ou, de ser o caso que superasen a materia de lingua galega nas probas libres tendentes á titulación de FP I) e que estean en posesión do título de graduado en ESO ou técnico auxiliar (FP I). Poderase obter igualmente a validación aínda que se cursase un dos cursos da ESO fóra de Galicia, sempre e cando este non sexa o último; en todo caso, haberá que ter cursada e aprobada a materia de lingua galega nos demais cursos e estar en posesión do título respectivo
Secretaría do centro onde se cursou --Inspección educativa no caso de probas libres
3.b) Persoas ás que se lles recoñeza a equivalencia co título de graduado en ESO, segundo a Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, por ter estudos parciais do bacharelato unificado e polivalente da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa, sempre que cursasen e superasen a materia de lingua galega en 7º e 8º de EXB a partir do curso 1979-1980, segundo o previsto no Real decreto 1981/1979, do 20 de xuño, polo que se regula a incorporación da lingua galega ao sistema educativo en Galicia, e que ningunha das dúas materias que se admiten ter pendentes nos dous primeiros cursos do dito bacharelato unificado e polivalente sexa a de lingua galega.
Secretaría do centro onde se cursou
3.c) Persoas que teñan aprobado o ámbito de comunicación –no que estea incluída a materia de lingua galega– en todos os cursos académicos da etapa de educación secundaria para persoas adultas da educación básica para adultos e que estean en posesión do título de graduado en ESO.
Secretaría do centro onde se cursou
3.d) Persoas que teñan aprobado o ámbito de comunicación –no que estea incluída a materia de lingua galega– nas probas libres para a obtención do graduado en ESO realizadas na Comunidade Autónoma de Galicia e que estean en posesión do título de graduado en ESO.
Inspección educativa
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
CELGA 3
CELGA 4
3.e) Persoas que teñan aprobado o ámbito de comunicación –no que estea incluída a materia de lingua galega– dos módulos formativos de carácter voluntario conducentes á obtención do título de graduado en ESO do Programa de cualificación profesional inicial e que estean en posesión do título de graduado en ESO.
Secretaría do centro onde se cursou
3.f) Persoas que cursasen e superasen en Galicia de maneira oficial a materia de lingua galega en primeiro e segundo da ESO, o ámbito lingüístico e social –no que estea incluída a materia de lingua galega– do Programa de diversificación curricular, e que estean en posesión do título de graduado en ESO. Se o alumno ou a alumna se incorpora ao Programa de diversificación curricular en cuarto da ESO, ademais de cumprir estes requisitos, deberá ter aprobada a materia de lingua galega en 3º da ESO.
Secretaría do centro onde se cursou
3.g) Persoas que conten coa certificación oficial de ter superado o ciclo elemental de galego expedido polas escolas oficiais de idiomas, ao abeiro do Real decreto 47/1992, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os contidos mínimos correspondentes ao ensino especializado das linguas españolas impartidas nas escolas oficiais de idiomas.
Secretaría da EOI
3.h) Persoas que conten coa certificación oficial de ter superado o nivel avanzado (B2) das ensinanzas de galego das escolas oficiais de idiomas, expedida consonte o Decreto 239/2008, do 25 de setembro, polo que se establece o currículo de nivel avanzado das ensinanzas de réxime especial de idiomas, de conformidade co Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro.
Secretaría da EOI
3.i) Persoas que conten co certificado de ter cursadas e aprobadas as materias optativas de galego no bacharelato nos centros do Bierzo e Sanabria, acollidos ao programa de formación previsto no Convenio para a promoción do idioma galego nos territorios limítrofes das comunidades autónomas de Galicia e Castela e León, subscrito entre ambas as dúas comunidades, sempre que conten co certificado de ter cursadas e aprobadas as materias de ciencias sociais e as materias optativas de galego da ESO, ou que estean en posesión do Celga 2 ou da súa validación.
SXPL
3.l) Aquelas persoas que conten co certificado de ter cursadas e aprobadas as materias de lingua e literatura galega en 4º e 5º do nivel secundario (equivalente ao bacharelato de Galicia), no Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires, sempre que conten co certificado requirido na letra i) do punto 2 do presente anexo para obteren a validación polo Celga 2, ou que estean en posesión do Celga 2 ou da súa validación.
SXPL
4.a) Persoas que cursasen e superasen en Galicia de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos que indica o currículo dos estudos de bacharelato ou FP II ou, de ser o caso, que superasen a materia de lingua galega nas probas libres tendentes á titulación correspondente, e que estean en posesión do título de bacharelato (LOXSE ou BUP) ou técnico de FP II. Poderase obter igualmente a validación aínda que se cursase un curso de bacharelato fóra de Galicia, sempre e cando este non sexa o último, se estea en posesión do título de bacharelato e non se solicitase a exención da materia de lingua galega en ningún dos cursos anteriores.
Secretaría dos centros onde se cursou --Inspección educativa no caso de probas libres
4.b) Aquelas persoas que conten coa certificación do curso de especialización en lingua galega para profesores de EXB. 4.c) Aquelas persoas que conten co certificado do nivel C1 de lingua galega do Marco europeo común de referencia para as linguas que, se é o caso, fose expedido polas escolas oficiais de idiomas, consonte o que regulamente o organismo responsable en materia de educación no ámbito das súas competencias, segundo o previsto na disposición adicional segunda do Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro.
CELGA 5
SXPL
Secretaría da EOI
5.a) O título de licenciado en Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección de galegoportugués).
SXPL
5.b) Os títulos de grao en Lingua e Literatura Galega, en estudos de Galego e Español e en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.
SXPL
5.c) Calquera outro título de licenciatura, diplomatura ou grao, sempre que se acompañe da certificación de que se cursaron, polo menos, 18 créditos de lingua galega, e se estea en posesión do Celga 4. Para os efectos de computar o número de créditos de lingua galega conducentes a unha validación Celga, poderanse sumar os créditos das licenciaturas, diplomaturas ou equivalente cos créditos dos graos ou mestrados oficiais.
SXPL
5.d) O certificado de aptitude do ciclo superior do primeiro nivel do idioma galego expedido polas escolas oficiais de idiomas, conforme o programa previsto no Real decreto 47/1992, do 24 de xaneiro.
SXPL
5.e) O certificado do nivel C2 de lingua galega do Marco europeo común de referencia para as linguas que, se é o caso, fose expedido polas escolas oficiais de idiomas, consonte o que regulamente o organismo responsable en materia de educación no ámbito das súas competencias, segundo o previsto na disposición adicional segunda do Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro.
SXPL
No caso de estudos de bacharelato e/ou formación profesional cursados en centros privados, certifican as secretarías dos centros públicos aos que estean adscritos os correspondentes centros privados. No resto das ensinanzas distintas das anteriores a solicitude debe tramitarse no centro privado e este a remitirá á inspección educativa, organismo que debe resolver.
IES Leixa
| 41
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
Subdirección Xeral de Política Lingüística R/ Pastoriza, 8 15871 Santiago de Compostela sxpl.formacion@xunta.es
42 | I E S
Leixa
O teléfono da Subdirección Xeral de Política Lingüística é o 981 54 44 24
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
Capítulo 4. Procedemento interno Os/as estudantes que queiran solicitar unha validación, traslado de cualificacións, exención ou un certificado CELGA poden informarse sobre o procedemento ben nesta guía, que estará dispoñible na web do instituto, ou a través do departamento de Orientación do centro. Os impresos de solicitude estarán a disposición dos/as estudantes na secretaría do instituto e na páxina web. Ademais, dependendo do procedemento, tamén estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.
4.1 Protocolo de recollida, rexistro e xestión documental O persoal administrativo recollerá a documentación comprobando que se achegan todos os documentos necesarios:
Solicitude (pode facerse a través da páxina web do instituto) Fotocopia compulsada do DNI (agás os que autoricen a consulta telemática dos datos de filiación) Certificados que acrediten os requisitos para validar, adaptar ou eximir segundo corresponda Unha vez revisada a documentación, selarase entregando copia ao/á solicitante. A documentación gardarase nunha carpeta de “Solicitudes de validación, traslado de cualificación e/ou exención” e mecanizarase segundo proceda. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o persoal administrativo trasladará a carpeta de “Solicitudes de validación, traslado de cualificación e/ou exención” ao secretario/a do centro nun prazo de dous días hábiles. O secretario convocará unha reunión de dirección nun prazo máximo de tres días hábiles. Na dita reunión valoraranse as solicitudes:
Nos casos en que resolva a dirección, consignarase na solicitude a resolución adoptada xunto coa data e sinatura do director/a e daranse instrucións ao persoal administrativo para que emita as resolucións nun prazo máximo de dous días hábiles. Nos casos de exención do módulo de formación en centros de traballo, darase traslado ao titor/a quen deberá achegar resolución no prazo máximo de tres días hábiles. Unha vez recibida a resolución, a dirección resolverá segundo proceda e dará instrucións ao persoal administrativo para que se traslade a resolución ao interesado/a nun prazo máximo de dous días hábiles. No prazo de cinco días publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web unha resolución provisional das validacións concedidas e denegadas (indicando as causas e abrindo un período de cinco días para achegar documentación nos casos en que falte), así como as que deben enviarse á Consellería de Educación ou Ministerio. Neste último caso, os solicitantes deberán cubrir o impreso de solicitude de validación dirixido ao Ministerio de Educación cando proceda. Pasados os cinco días indicados no parágrafo anterior, publicarase unha resolución definitiva das validacións concedidas e denegadas así como a listaxe das que son enviadas á Consellería ou Ministerio segundo proceda. A partir da publicación desta listaxe os estudantes poderán deixar de asistir ás clases dos módulos/materias validadas. Publicada a resolución definitiva, e nun prazo máximo de dez días, comunicarase por escrito a resolución a cada interesado utilizando o modelo mat301. No caso de solicitude de exención de lingua galega e da FCT, o proceso debe rematarse en dez días hábiles.
IES Leixa
| 43
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
4.2 Recursos Contra a resolución da dirección pódese elevar recurso de reposición no prazo dun mes dende a data da comunicación. Contra a resolución do recurso de reposición pódese elevar recurso de alzada dirixido ao xefe territorial de Educación da provincia da Coruña no prazo dun mes dende a comunicación da resolución do recurso de reposición.
44 | I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
Capítulo 5. Normativa Normativa estatal:
Real Decreto 39/1997, de 17 de enero, por el que se aprueba el Reglamento de los Servicios de Prevención (BOE de 31.01.1997) Orden de 20 de diciembre de 2001, por la que se determinan convalidaciones de estudios de formación profesional específica derivada de la Ley Orgánica 1/1990, de 3 de octubre, de Ordenación General del Sistema Educativo (BOE de 09.01.2002) Real Decreto 1147/2011, de 29 de julio, por el que se establece la ordenación general de la formación profesional del sistema educativo (BOE de 30.07.2011) Orden ECD/2159/2014, de 7 de noviembre, por la que se establecen convalidaciones entre módulos profesionales de formación profesional del Sistema Educativo Español y medidas para su aplicación y se modifica la Orden de 20 de diciembre de 2001, por la que se determinan convalidaciones de estudios de formación profesional específica derivada de la Ley Orgánica 1/1990, de 3 de octubre, de Ordenación General del Sistema Educativo (BOE de 20.11.2014).
Normativa galega:
Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística de Galicia (DOG de 14.07.1983) Orde do 16 de xullo de 2002 pola que se regula a avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional específica de réxime xeral na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 13.09.2002) o Orde de 8 de outubro de 2002 pola que se rectifican erros advertidos na de 16 de xullo de 2002 pola que se regula a avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional específica de réxime xeral na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 17.10.2002) Orde do 1 de abril de 2005 pola que se regulan os cursos de formación en lingua galega e as súas validacións (DOG de 14.04.2005) o Corrección de erros.- Orde do 1 de abril de 2005 pola que se regulan os cursos de formación en lingua galega e as súas validacións (DOG de 21.04.2005) o Corrección de erros.- Orde do 1 de abril de 2005 pola que se regulan os cursos de formación en lingua galega e as súas validacións (DOG de 21.06.2005) Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 08.03.2007). o Corrección de erros.- Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 09.03.2007) Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) (DOG de 30.07.2007) o Corrección de erros.- Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) (DOG de 13.09.2007) Orde do 28 de xullo de 2009 pola que se establecen medidas para facer efectiva a aplicación da sentenza do 2 de febreiro de 2009 da Sala Terceira do Tribunal Su-
IES Leixa
| 45
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
premo sobre a avaliación e promoción en primeiro de bacharelato (DOG de 03.08.2009) Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia (DOG de 12.07.2010) Orde do 7 de xullo de 2010 pola que se establecen medidas de ordenación académica para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral (DOG de 15.07.2010) Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de formación profesional inicial (DOG de 15.07.2011) Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) (DOG de 19.02.2014)
46 | I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
IES Leixa
| 47
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
48 | I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
IES Leixa
| 49
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
50 | I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
IES Leixa
| 51
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
52 | I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
IES Leixa
| 53
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
54 | I E S
Leixa
Guía básica de validacións, traslado de cualificacións e exencións en bacharelato e formación profesional - IES Leixa
IES Leixa
| 55
Guía do/a docente en formación - Prácticum - IES Leixa
56 | I E S
Leixa